Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITERIAS, PASTELER...85011999) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de OBRADOIROS E DESPACHOS DE CONFEITERIAS, PASTELERIAS, REPOSTERIAS E PRATOS COCIÑADOS (32000785011999) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1998

Tiempo de lectura: 13 min

Tiempo de lectura: 13 min

Resolución do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de pastelería, confeitería, bolería, repostería e pratos precociñados de Ourense para os anos 1998 e 1999. (Diario Oficial de Galicia num. 10300 de 01/06/1998)

Preambulo

>

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de pastelería, confeitería, bolería, repostería e pratos precociñadas (código nº 3200785) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación de Empresarios de Confitería y Pastelería de Ourense

e, da parte social, pola central sindical UGT, todas con capacidade suficiente para asinalo, na xuntanza celebrada o día 3-2-1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R. D. 1/1995, do 24 de marzo, R. D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R. D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 29 de abril de 1998. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do sector de pastelería, confeitería, bolería, repostería e pratos precociñados na provincia de Ourense para os anos 1998 e 1999.

 

1. Disposicións xerais.

 
Artigo 1º.-Ámbito funcional e territorial.

O presente convenio regula as relacións laborais nas actividades industriais de pastelería, confeitería, bolería, repostería e pratos precociñados na provincia de Ourense. Así mesmo, quedan incluídas as actividades comerciais, tanto maiorista coma retallista, derivadas das reguladas anteriormente.

Artigo 2º.- Ámbito persoal.

Comprenderá as empresas indicadas no artigo anterior a a tódolos seus traballadores. Rexerá igualmente para aquelas empresas que, reunindo tales

condicións, se establezan no futuro dentro do campo de aplicación deste convenio.

Artigo 3º.- Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor, para tódolos seus efectos, o día 1 de xaneiro de 1998,e a súa duración será de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 1999. Rematada a súa vixencia inicial, entenderase prorrogado por períodos dun ano se calquera das partes non o denuncia por escrito ante a outra con tres meses de antelación á data de remate da súa vixencia, expresándose na denuncia as cuestións obxecto de negociación.

Artigo 4º.- Compensación e absorción.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude do presente convenio serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que tiñan concedidas as empresas, tanto se son aboadas en metálico como en especie e habitación, ou incentivos sobre vendas ou á producción, calquera que sexa o sistema aplicado, así como as producidas ou as que se produzan en disposicións legais a partir da data de entrada en vigor do convenio.

Sen prexuízo de que se poidan estender a calquera situación as melloras establecidas neste convenio nin a facultade de amplialas, as empresas que lle veñan aboando ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplica- las elevacións que se fixen nas presentes estipulacións, salvo a contía necesaria para suplir diferencias.

Artigo 5º.- Garantía ad personam.

Tódalas melloras concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas. Respectaranse a título individual as condicións económicas que fosen superiores ás establecidas neste convenio.

Artigo 6º.- Comisión paritaria.

Segundo o disposto no artigo 91 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria integrada por catro membros da Asociación de Empresarios de Confitería y Pastelería de Ourense por parte empresarial, e catro membros de UGT, central sindical asinante do presente convenio, pola parte social, fixando a parte empresarial o seu domicilio no parque de San Lázaro, 12, 5º; 32003 Ourense e no parque de San Lázaro 12, 1º, 32003 Ourense, a parte social.

Os acordos ós que se chegue na comisión paritaria en cuestións relacionadas co presente convenio consideraranse parte deste e terán a súa mesma eficacia e obrigatoriedade. Tales acordos remitiranse á autoridade laboral para o seu rexistro.

II. Réxime de traballo.

 
Artigo 7º.- Xornada.

A xornada de traballo para as empresas e traballadores afectados polo presente convenio será de 40 horas semanais de traballo efectivo de media en cómputo anual.

Dadas as especiais características do ciclo productivo anual das empresas do sector, en virtude das cales se adoita acumula- la producción en determinados períodos do ano, en detrimento doutros nos que a producción baixa considerablemente, acórdase establecer unha distribución horaria heteroxénea para o sector, que contribúa a unha mellora da productividade.

Polo tanto, ámbalas partes acordan que a xornada diaria máxima para os traballadores do sector será de 9 horas diarias, e o dito exceso de xornada compensarase en períodos de menor producción.

Así mesmo, as empresas disporán dun máximo de doce días ó ano nos que a xornada poderá alcanzar un máximo de doce horas diarias, compensando o exceso de xornada diaria en períodos de menor producción, todo isto tendo en conta as normas legais vixentes sobre descanso entre xornadas.

Artigo 8º.- Traballo en festivos.

As catorce festas anuais legalmente establecidas compensaranse cada unha delas cun día laborable para desfrutar segundo acordo entre a empresa e o traballador e, en caso de desacordo, dentro dos quince días inmediatamente posteriores. Todo isto sen menoscabo dos acordos que teñen pactados na dita materia as empresas afectadas e os seus traballadores.

Dentro das normas establecidas no presente convenio, a fixación do horario de traballo será facultade da empresa.

Artigo 9º.- Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que se realicen sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo. As horas extraordinarias poderán retribuírse ou compensarse con descansos nos catro meses seguintes á súa realización.

Artigo 10º.- Vacacións.

O persoal incluído no ámbito de aplicación do presente convenio gozará dun período anual de vacacións de 30 días naturais que se desfrutarán, salvo pacto en contrario, en dous períodos de quince días. O período ou períodos do seu desfrute fixarase de común acordo entre o empresario e o traballador, tendo en conta que as datas de desfrute non poderán producirse nos períodos de maior productividade.

Debido ás necesidades productivas das empresas, as vacacións desfrutaranse en dous períodos de quince días; as de verán desfrutaranse nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e as de inverno nos meses restantes. Se a empresa leva a cabo o peche por vacacións, as vacacións dos traballadores desfrutaranse durante as ditas datas.

O traballador coñecerá as datas que lle correspondan de vacacións dous meses antes, polo menos, do comezo do seu desfrute.

Artigo 11º.- Período de proba, cesamentos e sistemas de contratación.

As admisións do persoal consideraranse provisionais durante un tempo de proba variado, segundo a índole do labor a que cada traballador sexa destinado, que non poderá exceder do sinalado na seguinte escala:

-Titulados: 6 meses. -Persoal non titulado: 3 meses. Transcorrido o período de proba sen denuncia de ningunha das partes, o traballador continuará na empresa baixo as condicións establecidas no seu contrato de traballo. O cesamento na empresa deberá ser comunicado polos traballadores por escrito cunha antelación mínima de quince días. Se faltase este requisito, a empresa poderá descontar da liquidación do traballador afectado o importe das retribucións diarias por cada día de atraso no aviso.

Sistema de contratación: durante a vixencia do presente convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada acollerase ó disposto no apartado b) , parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida, en virtude da cal os ditos contratos quedan incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 12º.- Contrato en formación laboral.

Debido ás necesidades de cualificación dos traballadores do sector, tanto no que se refire ós labores de obrador coma ó persoal mercantil e administrativo, e de acordo co establecido no apartado c) do parágrafo segundo do artigo 11 do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada polo Real decreto lei 8/1997, a duración máxima dos contratos de formación laboral realizados ós traballadores afectados polo presente convenio será de tres anos.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós contratos asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio coma ós xa vixentes con anterioridade.

Artigo 13º.- Contrato eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecida polo Real decreto lei 8/1997, poderá ter unha duración máxima de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses.

A dita duración máxima será aplicada tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da súa entrada en vigor.

Artigo 14º.- Licencias retribuídas.

O persoal terá dereito a desfrutar da licencia retribuída nos casos que a seguir se establecen, así como naqueles casos que determine a lexislación vixente:

a) Quince días naturais por matrimonio

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

c) Un día por traslado do domicilio habitual

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo.

III. Condicións económicas.

 
Artigo 15º.- Salarios.

Será o que se estableza exclusivamente para cada categoría na correspondente columna do anexo I para o ano 1998.

O salario para o segundo ano de vixencia do presente convenio, é dicir, para 1999, será acordado por ámbalas partes en reunión celebrada durante o mes de xaneiro de 1999.

Artigo 16º.- Pagas extraordinarias.

Os traballadores comprendidos no ámbito de aplicación deste convenio desfrutarán anualmente dúas pagas extraordinarias, integradas por 30 días de salario base maila antigüidade consolidada. Estas pagas percibiranse o 15 de xullo e o 23 de decembro .

Así mesmo, en concepto de paga de beneficios, os traballadores percibirán dúas pagas extraordinarias constituídas por 15 días de salario base maila parte proporcional de antigüidade consolidada, que se aboarán nos cinco primeiros días do mes de marzo e do mes de outubro.

A empresa poderá ratear mensualmente as pagas extraordinarias. Nos casos de traballador de nova incorporación, reingreso ou cesamento na empresa, a contía das pagas extraordinarias calcularase en proporción ó tempo traballado durante o ano.

Artigo 17º.- Antigüidade.

As partes acordan que, co fin de potencia- la creación de emprego no sector, o concepto económico de antigüidade quede establecido do seguinte modo:

Tendo en conta a data do seu ingreso na empresa, ningún traballador percibirá unha antigüidade superior a 6 trienios.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, é dicir, desde o 1 de xaneiro de 1998, por cada trienio se percibirá a cantidade de 1.600 pesetas, cun máximo de seis trienios.

Os traballadores que xa estivesen percibindo algunha cantidade en concepto de antigüidade, verán a súa contía conxelada en anos sucesivos, situándose o importe percibido ata a data nun recadro da folla de salarios creado para o efecto, baixo o concepto de antigüidade consolidada, aínda que a antigüidade que teñan consolidada terase en conta para os efectos de recoñece- lo período máximo computable en concepto de antigüidade que quedou fixado en seis trienios, é dicir, en dezaoito anos.

Artigo 18º.- Axudas de custo.

Terán dereito a elas tódolos traballadores que, mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente, se vexan obrigados a realizar viaxes ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que imposibiliten o seu regreso e nos que sexa necesario efectuar comidas fóra do seu domicilio habitual, ou cando teñan necesidade de desprazarse a localidades nas que a misión encomendada esixa unha permanencia que obrigue a aloxarse.

Para o pagamento das axudas de custo utilizarase o sistema de gastos que xustificar, sen que a súa contía poida exceder do seguinte:

Axuda de custo completa: 3.000 pesetas, e media axuda de custo: 1.500 pesetas.

Non se considerarán comprendidos nestes casos os traballadores afectos ós servicios de transporte e reparto en localidades distintas a aquela na que radique a fábrica ou depósito.

IV. Disposicións diversas.

 
Artigo 19º.- Sumisión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA) , asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC. OO. e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos nos que están formuladas.

Artigo 20º.- Partes asinantes.

O presente convenio foi concertado pola Asociación de Empresarios de Confitería y Pastelería de Ourense e pola central sindical UGT. Artigo 21º.- Dereito supletorio. Para o non establecido no presente convenio, as partes remítense ó establecido no acordo marco estatal de pastelería, confeitería, bolería, repostería e pratos precociñados, publicado no Boletín Oficial del Estado do 11 de marzo de 1996 e ó Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I Táboa salarial

Encargado xeral 105.173 Mestre de obrador 100.872 Encargado de sección 85.000 Oficial 1ª 85.000 Oficial 2ª 75.000 Axudante obrador 70.000 Xefe de administración 105.173 Administrativo 1ª 85.000 Administrativo 2ª 80.000 Auxiliar 75.000 Dependente 70.000 Axudante de dependenta 68.200