Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
10/04/2007

Revision. Convenio Colectivo de Sector de EDITORIAIS (82000425011996) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2007

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 49-50)

Resolucion do 28 de febreiro de 2007, da Direccion Xeral de Relacions Laborais, pola que se dispon o rexistro e a publicacion, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comision mixta do convenio colectivo galego de editoriais, relativo a aprobacion da taboa salarial para o ano 2007. (Diario Oficial de Galicia num. 69 de 10/04/2007)

Preambulo

Visto o acordo subscrito o 26 de xaneiro de 2007, pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo galego de editoriais, relativo á aprobación da táboa salarial para o ano 2007, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro

Ordenar a inscrición do devandito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2007. Pilar Cancela Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

 

CONVENIO COLECTIVO GALEGO DE EDITORIAIS

En Vigo, na sede da Asociación Galega de Editores sendo as 10.30 horas do día 26 de xaneiro de 2007, coa asistencia de Pilar Sampil Sánchez e Carlos del Pulgar Sabín, en representación da Asociación Galega de Editores e de Fernando Fernández González e Jesús Costa Argibay, en representación do sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), celébrase a reunión da comisión mixta paritaria do convenio galego de editoriais coa seguinte orde do día:

1º Táboa salarial ano 2007.

Adóptanse os seguintes acordos:

1º Táboa salarial ano 2007.

Salario base de convenio.

Durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007 o salario base de convenio será de 13,6011 euros por día e punto de cualificación, o que supón un aumento salarial do 2% con respecto ao vixente no ano 2006.

Complemento lineal do convenio.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2007 o importe do complemento lineal do convenio será de 3.836,51 euros anuais, o que supón un aumento do 2% con respecto ao vixente no ano 2006.

Xúntase, como anexo I, as táboas de salarios vixentes para este período para o persoal con retribución mensual e diaria.

O que en conformidade con esta acta asinamos en Vigo, 26 de xaneiro de 2007.

Pola organización sindical CIGPola Asociación Galega de Editores

Jesús Costa ArgibayPilar Sampil Sanchez

Fernando Fernández GonzálezCarlos del Pulgar Sánchez

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI