Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORA...12011995) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORAL (32000612011995) de Ourense

Tiempo de lectura: 16 min

Tiempo de lectura: 16 min

Resolución do 20 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Concello do Barco de Valdeorras (persoal laboral) . (Diario Oficial de Galicia num. 17500 de 08/09/2000)

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Capítulo VIII Dereitos sociais

Artigo 33º.Créase un fondo social único tanto para o acordo como para o convenio, dotado cunha cantidade anual de 4.000.000 de ptas. non acumulables para o exercicio seguinte. Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Para a solicitude das axudas sociais abrirase un período comprendido entre o 1 e o 31 deNadal de cada ano, facéndose efectivas durante o primeiro trimestre do ano seguinte.

A conta da axuda do fondo social será proporcional ó tempo traballado durante o ano; en caso de que as axudas solicitadas excedan a contía do fondo, este repartirase proporcionalmente.

Non se cargarán neste fondo social as contías por anticipos, primas de seguros e xubilacións anticipadas.

Artigo 34º.O concello designará ó seu cargo a defensa do traballador que como consecuencia do exercicio das súas funcións sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo as custas e gastos que se deriven de actuacións fronte a terceiros, incluídas fianzas, menos nos casos en que se recoñeza na sentencia dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe.

O tempo que o persoal laboral empregue nas actuacións xudiciais derivadas da súa función fóra da xornada laboral será considerado para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

Oconcello garantirá a adscrición do persoal laboral público que preste os seus servicios como conductor a un posto de traballo axeitado ós seus coñecementos, en caso de retirada temporal ou definitiva do carné de conducir, cando esta se derive do exercicio das súas funcións e non exista dolo ou culpa do persoal laboral.

Artigo 35º.A pedimento do interesado e logo de informe da comisión de control, o concello concederá ós seus empregados anticipos de ata 4 mensualidades, cun tope máximo de 500.000 ptas., devolvéndose estes mediante deduccións mensuais en nómina, sen xerar ningún xuro. O prazo para a devolución será fixado polo interesado dentro dos seguintes máximos: 14 meses para os anticipos de 1 mensualidade; 24 meses para os anticipos de 2 mensualidades; 36 meses para os de 3; e 48 meses para os anticipos de 4 mensualidades. A cancelación dun anticipo antes da data de remate de devolución, implicará para o interesado unha espera de 6 meses antes da concesión doutro novo anticipo.

Todo iso enténdese en función das posibilidades orzamentarias e tralo preceptivo informe da intervención municipal. A partida que o concello asignará para anticipos, fíxase en 1.500.000 ptas. anuais.

As solicitudes destes anticipos serán fundamentadas en necesidades e faranse entre o día 1 e o 31 de decembro de cada ano.

Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Artigo 36º.Establécese unha axuda por natalidade (ou adopción legal) , e nupcialidade na contía de 25.000 ptas.

Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en servicio activo, na contía de 150.000 ptas., que se aboará á presentación da solicitude.

Estas axudas son independentes das que poidan conceder outros organismos.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de odontoloxía, consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita axuda poida supera-la contía de 25.000 ptas. por beneficiario.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de oftalmoloxía (lentes ou lentes de contacto) consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita axuda poida supera-la contía de 25.000 ptas. por beneficiario e só se aboará cando os gastos se deriven de modificacións das condicións oculares, debidamente acreditadas e on cando se deriven de perdas ou deterioración.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de adquisición e implantación de próteses ortopédicas, auditivas, etc., e que non sexan cubertas pola Seguridade Social ou seguro de accidentes. A dita axuda será do 50% da factura oficial e non poderá supera-la contía de 20.000 ptas./ano por beneficiario.

As facturas deberán ser orixinais. Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Artigo 37º.O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servicios nel, polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na súa determinación será oída a comisión de control.

Artigo 38º.Establécese unha axuda para os empregados públicos que cursen estudios en centros de ensino oficial, consistente no 80% do importe da matrícula. Esta axuda enténdese para estudios relacionados co seu posto de traballo. En caso de asignaturas repetidas non asistirá tal dereito. Esta axuda é incompatible con calquera outra que teña a mesma finalidade. Así mesmo, establécese unha axuda de escolaridade que percibirá o persoal laboral público en servicio activo e por cada fillo matriculado en centro de ensino oficial e polas contías seguintes: ensino infantil e primario 20.000 ptas./ano; ensino secundario obrigatorio, ensino secundario, ensino secundario profesional, COU e acceso á universidade: 30.000 ptas./ano; universidade ou escola técnica: 60.000 ptas./ano.

Tamén se establece unha axuda para sufraga-los gastos de fillos menores de 3 anos de 4.000 ptas./mes.

Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Artigo 39º.O persoal laboral público con cónxuxe ou fillo en situación de minusvalidez, incapacidade absoluta ou parcial superior ó 33% e que non realice traballos retribuídos, percibirá mensualmente a cantidade de 20.000 ptas., salvo que perciba pensión de minusvalidez ou incapacidade de organismo oficial, superior ó 75% do SMI.

Artigo 40º.O concello subscribirá un seguro coas seguintes coberturas: morte ou invalidez permanente absoluta ou total, sempre e cando neste último suposto o traballador afectado non poida ser destinado a outro posto dentro dos existentes no concello, por calquera causa, durante as 24 horas do día, cobertura nacional e capital asegurado de 5.000.000 de ptas. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na determinación del será escoitada a comisión de control. O prazo para a súa concertación será de 3 meses desde a publicación do convenio; entrementres, prorrogarase o anterior ata que o novo produza efectos.

Artigo 41º.O concello garantirá, en todo caso, o quebranto de moeda, sempre que non exista dolo ou culpa grave do traballador.

Artigo 42º.Todo aquel traballador que teña prestado servicios no Concello do Barco, durante 25 anos, percibirá ó cumprimento destes e por unha soa vez e en concepto de premio á constancia a cantidade de 600.000 ptas. e 15 días de licencia. Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Se calquera empregado se xubilara antes dos 25 anos de servicios pero ten máis de 20 traballados neste Concello do Barco percibirá polo mesmo concepto e no momento de xubilarse a cantidade de 350.000 ptas. Esta cantidade incrementarase todolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Artigo 43º.-Xubilación anticipada. Os empregados municipais terán dereito a percibir unha prima por xubilación voluntaria anticipada de acordo coa seguinte escala: ós 60 anos; 3.000.000 de ptas., ós 61: 2.000.000 de ptas.; ós 62; 1.500.000 ptas; ós 63: 1.000.000 de ptas. e ós 64: 500.000 ptas. Esta cantidade incrementarase tódolos anos na porcentaxe do IPC que fixan os orzamentos xerais do Estado.

Esta prima poderá ser efectiva a pedimento do solicitante nun ou en varios prazos.

O concello comprométese a cubrir tódalas vacantes que se produzan no seu cadro de persoal como consecuencia de xubilacións anticipadas, unha vez que teña feita a clasificación dos postos de traballo prevista na cláusula adicional a) desde convenio.

Capítulo IX Saúde laboral

Artigo 44º.O concello dotará a esta entidade dun servicio de medicina de empresa e dun comité de seguridade e saúde.

Artigo 45º.O servicio de medicina de empresa, nunha primeira fase, estará constituído por un médico que controle as baixas por enfermidade e todo o relacionado coas condicións médico-sanitarias dos empregados públicos, colaborando directamente co comité de seguridade e saúde. Este tipo de asistencia poderá ser concertada.

Artigo 46º.Con carácter xeral anualmente efectuarase un recoñecemento médico a tódolos empregados públicos, do que se lles deberá dar coñecemento. Quedará a xuízo do servicio médico o tipo de recoñecemento a que deba someterse o persoal laboral. Este recoñecemento, que será voluntario, realizarase preferentemente na xornada laboral.

Poderanse realizar tamén revisións periódicas e específicas ó persoal que realice unha actividade que a faga conveniente.

Ademais do recoñecemento voluntario, os maiores de 50 anos poderán solicitar, con carácter voluntario, a realización dun exame cardiovascular.

Artigo 47º.O comité de seguridade e saúde é instrumento legal ó servicio do concello para o cumprimento das prescricións legais nesta materia.

Artigo 48º.Estará constituído por dous representantes do grupo de goberno e dous dos traballadores (un funcionario e un laboral) e como presidente o concelleiro de réxime interior ou persoa en quen delegue.

Artigo 49º.As súas funcións serán:

a) Promove-lo coñecemento e a observancia da normativa nesta materia

b) Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

c) Estudia-las situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analiza-las súas causas e realizar propostas motivadas de prevención.

d) Confeccionar un ficheiro de locais do concello e estudia-las súas condicións de seguridade e salubridade, para o que deberá contar co máximo apoio da corporación.

e) Realizar campañas de mentalización e prevención de accidentes.

f) Poñer en coñecemento dos órganos competentes as situacións de perigosidade e risco que se produzan de xeito eventual e con carácter de urxencia.

g) Promove-la paralización profesional de traballos ante a presencia dun risco grave e inminente.

h) Realizar plans de evacuación.

i) Estudio do tipo e número de uniformes. Artigo 50º A competencia do comité de seguridade e saúde acada a tódolos centros de traballo propios ou dependentes do concello.

As conclusións deste comité trasladaranse á comisión de control.

Artigo 51º.O concello proporcionará uiformes de traballo en concordancia co posto e a función que se realice. O comité de seguridade e saúde informará antes sobre esta materia. Só terán dereito a uniforme os postos de traballo que esixan un vestiario especial.

Artigo 52º.Cada centro de traballo contará imperativamente cos medios precisos de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento.

Artigo 53º.Os membros do comité de seguridade e saúde disporán do tempo necesario para asistir ás reunións ou para realiza-los cometidos sinalados polo propio comité. O réxime de control será o mesmo que para o comité de empresa ou delegados de persoal.

Capítulo X Dereitos sindicais

Artigo 54º.A corporación e os representantes legais dos empregados comprométense a desenvolve-las condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

Artigo 55º.A representación do persoal desenvolverase de conformidade co Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica de liberdade sindical e cantas disposicións desenvolvan esta materia.

Artigo 56º.É competencia dos representantes dos empregados a defensa dos intereses xerais e específicos dos empregados públicos e en particular a negociación das súas condicións salariais, sociais e sindicais. Os representantes dos empregados deberán ser informados:

a) Das cuestións que afecten o persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal. Enviarase orde do día e acta da reunión anterior. Permitirase na devandita comisión a presencia dos representantes legais dos empregados, para que expoñan as súas opinións, pero non estarán presentes na deliberación e votación.

b) Darase audiencia en materia de sancións e expedientes disciplinarios.

c) Informarase dos contratos de conformidade coa lexislación vixente.

d) Da asignación de complementos, gratificacións, honras e distincións.

Artigo 57º.Os representantes dos empregados terán a capacidade xurídica que o ordenamento xurídico lles outorga para o exercicio das accións administrativas ou xudiciais que procedan, no ámbito das súas competencias.

Artigo 58º.Os representantes dos empregados deberán ser consultados preceptivamente en relación cos cambios de horarios e roldas, agás modificación transitoria, así como na reestructuración do cadro de persoal e reorganización deste.

Artigo 59º.Recoñécese o dereito de folga, de conformidade coa Constitución, e a súa normativa de desenvolvemento, se ben as partes se comprometen a exercelo en último caso.

Artigo 60º.Os representantes legais dos empregados non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles pode ser trasladado nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, por motivos sindicais.

Cada un dos membros dos órganos de representación, así como o secretario xeral da sección respectiva e os delegados sindicais, disporán de 18 horas mensuais para a realización das súas actividades, coas seguintes especificacións:

a) Quedan fóra de cómputo as empregadas en negociación colectiva ou por proposta da Administración.

b) A comunicación do seu uso realizarase con 24 horas de antelación, 48 horas se se ten traballo a quenda, ante o servicio de réxime interior e no propio servicio. No caso de que non poida facerse así, respectaranse as necesidades do servicio, pasando posteriormente notificación a réxime interior.

c) Tamén, coa antelación que sexa posible, os membros de comisións negociadoras comunicarán nos seus servicios as devanditas ausencias.

d) Mensualmente poderanse acumula-las horas dos empregados presentes nos distintos órganos de representación, así como as do delegado da sección sindical, nun ou varios dos compoñentes das seccións sindicais, dando coñecemento diso con antelación suficiente á dirección de persoal, con expresión de quén acumula, de quén proceden e sempre por decisión do sindicato ó que pertenzan.

Artigo 61º.As reunións nos centros de traballo autorízanse fóra da xornada laboral, agás acordo en contrario. Neste caso concederanse autorizacións ata un máximo de 36 horas anuais: destas, 15 horas corresponderán ás seccións sindicais e o resto ó comité de empresa. En calquera caso, a realización de reunións non prexudicará a prestación dos servicios públicos e procurarase que coincida coa entrada ou saída dos empregados.

Artigo 62º.Os representantes dos empregados públicos deste concello obríganse expresamente a:

a) Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa corporación.

b) Desenvolver labores de estudio e asistencia ó labor sindical

c) Notificar á corporación calquera cambio de membros que se produza no seu seo.

Artigo 63º.Calquera conflicto colectivo que xurda no ámbito desde convenio, requirirá para a súa consideración de licitude, o previo coñecemento da comisión de control, a que deberá arbitra-la solución do conflicto. No caso de que non se chegue a unha solución a comisión poderá determina-las condicións e persoas que someterán á arbitraxe a cuestión controvertida. Tamén se poderá acudir ás vías da Lei 7/1990 e outras vías legais que poidan ser de aplicación.

Capítulo XI Formación profesional

Artigo 64º.O persoal laboral público poderá acceder á realización de calquera curso relacionado co seu posto de traballo convocado polo concello ou calquera outro organismo, respectándose o principio de igualdade de oportunidades. A asistencia ós cursos terase en conta para a promoción profesional, sempre e cando se expida certificación que amose o aproveitamento das materias impartidas. Anualmente a comisión de control elaborará un programa destinado á formación permanente do persoal laboral público.

Capítulo XII Réxime disciplinario

Artigo 65º.O réxime disciplinario, e o procedemento para a imposición de sancións, con plena observancia e en defecto do disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral que sexa de aplicación, será o previsto para os funcionarios da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cláusulas adicionais.

a) O concello comprométese a realizar unha clasificación de postos de traballo ó longo da vixencia deste convenio regulador.

b) O calendario laboral anual, as vacacións e o calendario escolar do Conservatorio de Música e da Escola de Gaitas virán determinados polas ordes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que regulan o funcionamento dos conservatorios públicos de música.

c) O persoal adscrito ás brigadas realizará a xornada laboral continuada entre as 8 h e as 15 h, adiantándose este horario nunha hora nos meses de xuño, xullo e agosto.

d) Táboa salarial .

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

As seguintes categorías verán incrementadas as súas retribucións a partir do 1 de xaneiro de 2001 e ata o 31 de decembro de 2005 nas seguintes cantidades:

Peón, conserxe e subalterno en 252.000 ptas. distribuídas en 14 mensualidades de 3.600 ptas. durante 5 anos, que se aplicarán ás táboas salariais unha vez revisadas co IPC de cada ano.

Oficial de 1ª, 2ª, operador de cine, encargado en 294.000 ptas. distribuídas en 14 mensualidades de 4.200 ptas. durante 5 anos, que se aplicarán ás táboas salariais unha vez revisadas co IPC de cada ano.

e) As retribucións mensuais correspondentes ó desempeño de cargos directivos do Conservatorio de Música e da Escola de Gaitas serán: dirección (37.991 ptas.) , xefatura de estudios (37.991 ptas.) e secretaría (37.991 ptas.) .

f) Independentemente do anterior a tódolos traballadores laborais se lles incrementará a súa retribución na porcentaxe que marquen os orzamentos do Estado.

g) Os uniformes de traballo daqueles traballadores que teñan dereito a eles serán entregados cada 6 meses.

O Barco de Valdeorras, 6 de xullo de 2000.