Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORA...12011995) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
24/01/2009

Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS. PERSOAL LABORAL (32000612011995) de Ourense

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Convenio colectivo para o persoal laboral o servicio do Concello do Barco de Valdeorras (codigo de convenio n.º 3200612) (Boletín Oficial de Ourense num. 278 de 04/12/2001)

Unha vez visto o texto da acta da sesión ordinaria da mesa negociadora do convenio colectivo para o persoal laboral o servicio do Concello do Barco de Valdeorras (código de convenio n.º 3200612 - publicado no BOP núm. 194 do 24 de agosto de 2000) con entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31 de outubro de 2001, na que se acorda a modificación do artigo 30 do citado convenio, subscrita o 18 de outubro de 2001 polos integrantes da comisión negociadora deste, esta delegación provincial, de conformidade co disposto no art. 90.2 e 3 do Estatuto dos Traballadores, texto refundido aprobado polo RD 1/1995, do 24 de marzo, RD 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e deposito de convenios colectivos de traballo e RD 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común acorda:

Primeiro.- Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de medianción, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.- Dispoñe-la súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 20 de novembro de 2001.- O delegado provincial. Asdo.: José Lage Lage.

Acta da sesión ordinaria da mesa negociadora para o convenio colectivo do persoal laboral ó servicio do Concello do Barco de Valdeorras.

Sres. asistentes.

D. Alfredo García Rodríguez

D. Ervigio López Sánchez

D. José M. Fernández Escuredo

Secretario:

D. José Romero Cid

No Concello do Barco de Valdeorras, no día dezaoito de outubro de dous mil un, reúnese a mesa negociadora para o convenio colectivo do persoal laboral deste Concello, integrada polos señores arriba nomeados, para trata-los asuntos incluídos na orde do día.

1.- Firma da nova redacción do artigo 30 do convenio.

* Por unanimidade de tódolos membros presentes, o artigo 30 do convenio colectivo quedará redactado así: "No caso de que o IPC a 31 de decembro de cada un dos anos de vixencia do convenio, resultase superior ás previsións feitas polo Goberno, a diferencia resultante aplicaráselles ás retribucións do persoal laboral, con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro dese ano".

* Como medida transitoria neste ano 2001 aboarase unha única paga por importe do 2% que se consolidará no soldo a 31 de decembro de 2001.

E ó non haber asuntos que tratar, o Sr. alcalde procede a levanta-la sesión, sendo as dez horas e trinta minutos do día dezaoito de outubro de dous mil un, do que eu como secretario dou fe.

R. 3.019