Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
07/01/2016

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PONTEVEDRA. PERSONAL LABORAL (36004222012008) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión Validez desde 22 de Octubre de 2015 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 26-31)

MODIFICACION DE ARTIGOS DO CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Boletín Oficial de Pontevedra num. 3 de 07/01/2016)

Vista a acta de acordo entre a administración municipal e as organizacións sindicais para a modificación de diversos artigos do III Acordo Regulador para o Persoal Funcionario e do III Convenio Colectivo para o Persoal Laboral DO CONCELLO DE PONTEVEDRA, subscrita en data 22 de outubro do 2015.

Primeiro.-Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 26 de outubro do 2015.

Segundo.-Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.-Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.-Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)

Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

ACORDO ENTRE A ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA A MODIFICACIÓN DE DIVERSOS ARTIGOS DO III ACORDO REGULADOR PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E DO III CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA.

En Pontevedra, a vintedous de outubro de dous mil quince, coa finalidade de dar efectividade ao disposto no punto séptimo, oitavo, noveno, décimo e undécimo, do 'CONCERTO SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O ANO 2015 ' asinado entre a Administración municipal e as Organizacións Sindicais municipais (CC.OO, CIG e CSI-CSIF), que representaban a maioría absoluta dos órganos unitarios do Concello de Pontevedra no momento de asinarse o Concerto sobre as condicións de traballo do persoal do Concello de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o ano 2015, reúnense na sala de xuntas da Casa do Concello:

Dunha parte, en representación da Administración municipal, don Vicente García Legísima, concelleiro de persoal, réxime interior e patrimonio,

De outra, en representación das organizacións sindicais asinantes:

Don Vicente Ferrería Balchada, en representación da organización sindical CC.OO.

Don José Carlos Souto González, en representación da organización sindical CIG.

Don José Luis García Couto, en representación da organización sindical CSI-CSIF.

Ambas partes, Administración municipal e Organizacións Sindicais asinantes, asinan o acordo de modificación do III Acordo Regulador para o persoal funcionario (BOP núm. 93 do 14/05/2007) e do III Convenio Colectivo para o persoal laboral (BOP núm. 212 do 02/11/2007) do Concello de Pontevedra, nos termos acordados pola Comisión Negociadora (Mesa Xeral Conxunta de Negociación) e plasmados no 'CONCERTO SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O ANO 2015 ', nos termos seguintes.

'Sen prexuízo da vixencia do resto do seu articulado, modificar os seguintes artigos do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra e do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra:

Primeiro.-O artigo 67 do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra e o artigo 73 do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, quedan redactados nos seguintes termos :

'Os funcionarios/as e traballadores/as do Concello de Pontevedra poderán recibir anticipos de ata catro (4) mensualidades dos seus haberes cun máximo de ata 5.700 euros. Con tal fin, o Concello habilitará anualmente unha partida global de 120.000 euros no orzamento xeral do Concello destinada a todos/as os/as traballadores/as e funcionarios/as acollidos ao convenio.

A partir do mes seguinte á data de percepción do anticipo detraerase da nómina do funcionario/a ou traballador/a en cuestión a cantidade que resulte de dividir a contía global do anticipo entre o número de mensualidades que correspondan ao importe que teña solicitado, de acordo coa seguinte escala:

- Anticipo de unha mensualidade: Reintegro en 12 mensualidades

- Anticipo de dúas mensualidades: Reintegro en 16 mensualidades

- Anticipo de tres mensualidades: Reintegro en 20 mensualidades

- Anticipo de catro mensualidades: Reintegro en 28 mensualidades

Estes anticipos solicitaranse a través do Rexistro Xeral do Concello e concederanse con arranxo á data de entrada neste.

Non se tramitarán novas solicitudes de anticipos ata que o interesa teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade.

Serán incompatibles a percepción simultánea de anticipo e préstamos, salvo caso extraordinario e xustificado que apreciará libremente a Alcaldía.

Sen prexuízo do anterior, o persoal interino e o persoal laboral temporal poderán solicitar a concesión de anticipos de nómina, cos requisitos que se sinalan no artigo correspondente, e coa limitación de que o prazo de devolución destes non pode exceder da duración prevista para a súa relación funcionarial ou laboral con esta Administración'.

Segundo.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 41.3 do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'3. Nocturnidade. Establécese unha retribución do traballo realizado en horario nocturno cun complemento de produtividade de 20 euros por turno de noite realizado. O complemento de nocturnidade será aboado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a funcionario/a ao que corresponda servizo no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en horario nocturno, xa que estas prevén un incremento por esa circunstancia. O seu abono será bimestral'.

Terceiro.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 48.3 do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'3. Nocturnidade. Establécese unha retribución do traballo realizado en horario nocturno cun complemento de produtividade de 20 euros por turno de noite realizado. O complemento de nocturnidade será aboado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a traballador/a ao que corresponda servizo no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en horario nocturno, xa que estas prevén un incremento por esa circunstancia. O seu abono será bimestral'.

Cuarto.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 41.2 do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'2.Festividade. Establécese unha retribución do traballo realizado en período festivo cun complemento de produtividade de 36 euros/día. A estes efectos, entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22,00 horas da véspera e as 22,00 horas de cada domingo ou festivo. Consecuentemente con isto, poderanse establecer un número máximo de domingos a traballar en xornada ordinaria de 1 de cada 2, en cómputo anual, segundo determinen as necesidades do servizo. O complemento de festividade será aboado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a funcionario/a ao que corresponda servizo no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en días festivos, xa que estas prevén un incremento por ese carácter festivo. O seu abono será bimestral'.

Quinto.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 48.2 do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'2.Festividade. Establécese unha retribución do traballo realizado en período festivo cun complemento de produtividade de 36 euros/día. A estes efectos, entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22,00 horas da véspera e as 22,00 horas de cada domingo ou festivo. Consecuentemente con isto, poderanse establecer un número máximo de domingos a traballar en xornada ordinaria de 1 de cada 2, en cómputo anual, segundo determinen as necesidades do servizo. O complemento de festividade será aboado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a traballador/a ao que corresponda servizo no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en días festivos, xa que estas prevén un incremento por ese carácter festivo. O seu abono será bimestral'.

Sexto.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015,os Anexos I do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra e a do III Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, quedan redactados nos seguintes termos:

'A N E X O I

HORAS EXTRAORDINARIAS

TÁBOA DE IMPORTE DE HORAS NORMAIS

O valor/hora do importe das horas extraordinarias será o seguinte,as que serán incrementadas nun 50% cando foran realizadas en día festivo ou horario nocturno:

NIVEL CONTÍA EN EUROS

12 12,10

13 12,76

14 13,46

15 13,87

16 14,17

17 14,47

18 14,80

20 15,46

22 16,81

24 18,11

25 18,47

26 18,83

28 19,49

30 20,18'

Sétimo.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 43.c) do III Acordo regulador do persoal funcionario do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'Indemnización especial: Os funcionarios/as que efectúen comparecencias, na súa condición de funcionarios/as, para prestar declaracións perante autoridades xudiciais ou fiscais fora das horas de servizo serán compensados cunha indemnización por importe do valor de tres horas extraordinarias.

Inclúense, nas mesmas condicións que as comparecencias perante autoridades xudiciais ou fiscais, as comparecencias de carácter oficial con motivo do seu cargo realizadas fóra de servizo, que requerirán a previa autorización expresa do Concelleiro responsable da área de persoal para seren aboadas'.

Oitavo.-Con efectos do 1 de xaneiro de 2015, o artigo 47.c) do Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, queda redactado nos seguintes termos:

'Indemnización especial: Os traballadores/as que efectúen comparecencias, na súa condición de traballadores/as, para prestar declaracións perante autoridades xudiciais ou fiscais fora das horas de servicio serán compensados cunha indemnización por importe do valor de tres horas extraordinarias.

Inclúense, nas mesmas condicións que as comparecencias perante autoridades xudiciais ou fiscais, as comparecencias de carácter oficial con motivo do seu cargo realizadas fóra de servizo, que requerirán a previa autorización expresa do Concelleiro responsable da área de persoal para seren aboadas'.

No lugar e data no encabezamento reflectidos, asinan a antedita modificación do III Acordo Regulador para o persoal funcionario e do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, o representante da Administración municipal e os representantes das Organizacións Sindicais asinantes.

Pola Administración municipal,Vicente García Legísima. Por CC.OO, Por CIG, Por CSI-CSIF.

Vigo, 21/12/2015.-O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.