Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
02/11/2007

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PONTEVEDRA. PERSONAL LABORAL (36004222012008) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión Validez desde 01 de Marzo de 2007 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Convenio Colectivo
Tipo:
C. Colectivo
F. Publicación:
2007-11-02 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2007-03-01 12:00:00
Convenio afectado por
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2016-01-07 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2015-10-22 12:00:00
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2010-08-02 12:00:00
Boletín:
Boletín Oficial de Pontevedra
F. Vigor:
2010-08-02 12:00:00

Convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, con numero de codigo 3604222 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 212 de 02/11/2007)

Visto o texto do convenio colectivo para o persoal laboral do CONCELLO DE PONTEVEDRA, con número de código 3604222, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 30- 05- 2007, asinado pola Mesa Xeral de Negociación do día 22- 02- 2007, e a modificación do seu art. 2.1. c) o día 10- 08- 2007, e de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro. Dispoñer a súa publicación, no Boletín Oficial da provincia.

III CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE PONTEVEDRA

En Pontevedra, a vinte e dous de febreiro de dous mil sete, para a sinatura do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra que foi aprobado, por maioría, na sesión da Comisión Negociadora que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2007, reúnense na sala de xuntas da Casa do Concello, dunha parte:

En representación da Administración Xosé Luis Veiga Lage, Concelleiro de Goberno delegado a Área de Réxime Interior.

De outra, en representación das organizacións sindicais asinantes, que forman parte da Comisión Negociadora:

Juan José Graña Novegil en representación da organización sindical UGTFS.

Rosa Campos Briones, en representación da organización sindical CSICSIF.

Ambas partes, Administración municipal e organizacións sindicais asinantes, asinan o texto do convenio negociado e aprobado na Comisión Negociadora, que a continuación se reproduce literalmente.

LIMIAR

As partes asinantes do presente III Convenio Colectivo para persoal laboral do Excmo. Concello de Pontevedra, queren deixar constancia de:

1) Que o mesmo foi posible grazas ó clima de diálogo e consenso que presidiu todas e cada unha das reunións que tiveron lugar con tal finalidade.

2) Que este espírito de diálogo, respecto das relacións laborais, no seu máis amplo sentido, e o que as partes pretenden que presida todas e cada unha das actuacións durante a vixencia do mesmo; o que sen dubida representa unha proba de madurez e modernidade dos negociadores, organizacións e institucións que representan as persoas que interviron na súa elaboración.

3) Que o presente Convenio Colectivo pretende dotar ó Concello e os/as traballadores/as ó seu servicio, dun instrumento útil, actualizado e eficaz que faga que esta institución municipal sirva con obxectividade os intereses xerais, actuando de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, coordinación, etc. que unha sociedade de dereito e democrática proclama en aras dun servicio público acorde coa sociedade do século XXI, considerando que é unha tarefa conxunta responder axeitadamente as demandas da sociedade.

4) Que a eficacia do mesmo dependerá do ánimo construtivo e da recíproca responsabilidade, non só de quenes os negociaren e acordaren, senón tamén de todos aqueles/as que de unha ou outra maneira, houberan de ter relación co mesmo durante a súa prolongada vixencia.

CAPÍTULO I ÁMBITO DE APLICACIÓN E VIXENCIA

ARTIGO 1. CONSIDERACIÓNS XERAIS

Este documento constitúe o III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra no cal se regulan as relacións, condicións de traballo, dereitos e obrigacións pactados entre o Concello e mailos sindicatos con representación no Comité de Empresa, ó abeiro do establecido na Lei orgánica de liberdade sindical 11/85, de 2 de agosto e Real Decreto Lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como aqueloutras disposicións que as desenvolven.

ARTIGO 2. ÁMBITO DE APLICACIÓN

1) O presente Convenio Colectivo aféctalle única e exclusivamente ó persoal laboral dependente do Concello de Pontevedra que a continuación se relaciona:

a) Persoal laboral fixo.

b) Persoal laboral con contrato de duración indefinida.

c) O persoal laboral con contrato de duración determinada ou con contrato realizado ó amparo de convenios con outras administracións públicas.

d) O persoal laboral dos organismos autónomos locais do Concello de Pontevedra.

2) Quedan expresamente excluídos deste Convenio Colectivo:

a) O persoal eventual que desempeñe un posto de traballo de confianza ou asesoramento especial.

b) Os que fosen autorizados para realizar prácticas en centros dependentes deste Concello con carácter voluntario e gratuíto.

c) Os que teñan unha bolsa de formación posgraduada, de investigación ou docencia en centros dependentes do Concello.

ART. 3. PERÍODO DE VIXENCIA

1. Vixencia: O acordo entrará en vigor ó día seguinte da publicación no BOP, abranguendo o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2008, con efectos económicos dende o 1 de marzo de 2007, considerándose prorrogado por anos naturais ata a entrada en vigor dun novo acordo que o substitúa.

2. Denuncia: Ámbalas dúas partes poderán denunciar o acordo por escrito, cunha antelación de tres meses á data de vencemento ou calquera das súas sucesivas prorrogas.

3. Prórroga: Denunciado o Convenio Colectivo e ata tanto non se logre un novo expreso, manterase en vigor o seu contido normativo.

ARTIGO 4. OBXECTO

Este Convenio Colectivo ten por obxecto regular e establecelas normas que han de desenvolvelas condicións de traballo do persoal laboral do Concello de Pontevedra, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións, no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma.

Esta normativización lévase a cabo suxeitándose ó ordenamento xurídico e de conformidade cos principios de legalidade e eficacia.

ARTIGO 5. CARÁCTER

O Convenio Colectivo ten un carácter mínimo, necesario e indivisible a tódolos efectos, no sentido de que as condicións nel pactadas constitúen un todo orgánico unitario, e serán consideradas global e conxuntamente, vinculado á totalidade.

As normas nel establecidas considéranse máis beneficiosas para os traballadores/as cás contidas nas disposicións legais de aplicación xeral, actualmente vixentes.

De producirse algunha alteración nestas disposicións que modificase a situación legal, no sentido de incrementar as retribucións ou mellorar as condicións sociais ou de emprego pactadas no presente convenio, procederase a revisar o que nel se estipula, aplicando de inmediato as condicións mais favorables para os traballadores/as deste Concello.

ARTIGO 6. APLICACIÓN PREFERENTE

As disposicións que contén este Convenio Colectivo, con base no equilibrio das recíprocas prestacións ás que se obrigan ámbalas partes, aplicaranse con preferencia a calquera outra, garantíndose as potestades da Administración municipal exercidas neste Convenio Colectivo, en canto non vulnere disposicións estatais ou autonómicas con rango de Lei de obrigado cumprimento polas entidades locais.

CAPÍTULO II SEGUIMENTO E DESENVOLVEMENTO

ARTIGO 7. COMISIÓN PARITARIA MIXTA

Dentro do mes seguinte ó da entrada en vigor deste Convenio Colectivo constituirase a Comisión Paritaria Mixta, de interpretación, vixilancia, estudio e aplicación daquel.

Esta Comisión estará composta por un (1) membro por cada un dos sindicatos asinantes e un número igual de membros designados polo Concello. Ámbalas partes poderán designar titulares e suplentes.

A Comisión reunirase con carácter ordinario unha vez cada seis meses, e con carácter extraordinario sempre que xustificadamente o estime preciso algunha das partes para analizaren temas concretos, no prazo de un mes dende que foi solicitada a reunión.

O Concello, dentro das súas posibilidades, comprométese a facilitalos medios persoais e materiais para que a Comisión poida desenvolvelo seu traballo.

Na sesión constitutiva procederase á designación do presidente e do secretario, que serán o Alcalde e o Secretario da Administración Municipal, se recaban para sí estas funcións, ou o concelleiro e funcionario/a nos que deleguen. O secretario non terá voto. De non recabar para sí as funcións da presidencia e da secretaría, procederase a elección de presidente e secretario entre os membros compoñentes da Comisión Paritaria. As partes poden en calquera das súas reunións estar asistidos por asesores, nunca en número superior a dous por cada parte.

As partes tamén poderán poñer en coñecemento da Comisión Paritaria cantos conflitos, irregularidades e discrepancias poidan suscitarse na interpretación e aplicación do III Convenio Colectivo, a fin de que a Comisión emita o seu ditame sobre o particular e, consecuentemente, poida utilizalas accións ou os medios ós que fai referencia o título V da Lei orgánica de liberdade sindical.

Os acordos adoptaranse por unanimidade entre as dúas representacións, serán recollidos en acta e daráselle publicidade no taboleiro de edictos e nos sindicais. Cando se considere necesario debido á súa transcendencia e incidencia publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.

Os acordos interpretativos vinculan ás partes e incorporaranse ó Convenio Colectivo como Anexo, previa ratificación dos mesmos polo órgano competente cando resulte preciso por supoñer alteración substancial do Convenio Colectivo.

Correspóndelle á Comisión Paritaria, especificamente, as seguintes funcións:

a) A interpretación da totalidade do articulado ou cláusulas do Convenio Colectivo.

b) A análise ou estudio das denuncias por incumprimento do Convenio Colectivo.

c) A vixilancia do pactado, tanto a nivel individual coma colectivo.

d) A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes, sen prexuízo da posterior ratificación do órgano competente do Concello de resultar precisa.

Denunciado este Convenio Colectivo e ata a entrada en vigor dun novo, a Comisión Paritaria Mixta continuará exercendo as súas funcións.

A Comisión Paritaria Mixta, a través da Alcaldía, poderá solicitar toda clase de información relacionada coas cuestións da súa competencia, que lles será facilitada polo Concello.

TÍTULO I PERMANENCIA E ASISTENCIA Ó TRABALLO

CAPÍTULO I XORNADA E HORARIO

Art. 8. Calendario laboral O calendario laboral será o establecido con carácter oficial pola Xunta de Galicia, coas peculiaridades propias do Concello de Pontevedra.

ARTIGO 9. XORNADA LABORAL

1. A xornada laboral ordinaria de traballo efectivo queda establecida en (será de) 1. 589 horas en cómputo anual.

2. A xornada semanal será, con carácter xeral, de 35 horas de traballo efectivo, distribuídas de luns a venres, salvo que non o permita a organización do traballo de cada centro.

3. Para os efectos, considerarase traballo efectivo o prestado dentro do horario establecido polo órgano competente e o que corresponde polos permisos retribuídos polos créditos de horas retribuídas para funcións sindicais.

4. En determinados supostos poderá establecerse a posibilidade de xornada superior á ordinaria co límite das 1. 824 horas en cómputo anual. En ditos supostos, os traballadores/as terán dereito a percibir os complementos que correspondan.

5. Naqueles casos en que resulte compatible coa natureza do posto e coas funcións do centro de traballo, o traballador/a poderá solicitarlle ó órgano competente o recoñecemento dunha xornada reducida continua e ininterrompida de cinco (5) horas diarias, percibindo un 75% do total das súas retribucións.

6. Os horarios específicos de cada servicio serán establecidos polo órgano competente, previa audiencia dos representantes sindicais ó través dos órganos de negociación correspondentes, segundo a natureza e necesidade do mesmo; para a súa modificación será necesaria a negociación cos representantes sindicais nos órganos de negociación.

7. O horario normal de tódolos traballadores/as do Concello será de 07,50 a 15,00 horas de luns a venres con unha marxe de dez minutos á entrada.

8. Para aqueles servizos que teñan un horario irregular a Administración, previa negociación coa Comisión paritaria, poderá dispoñer como xornada ou horario flexible de ata 96 horas cada ano de vixencia do Convenio que, consideradas de natureza ordinaria, malia o seu carácter irregular, formarán parte do cómputo anual da xornada.

9. Todo o persoal afectado por este Convenio Colectivo, sen excepción, estará sometido ós sistemas de control horario e asistencia mediante o sistema de control que se estime conveniente en cada centro de traballo e que serán organizados polo Concello de xeito fiable.

10. Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo de xornada normal de traballo comezará a partires do lugar de recollida ou reunión establecido ou centro de control tanto na entrada como na saída do traballo.

O Rexistro Xeral e aquelas outras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles, caso no cal a atención será rotatoria e compensada mediante acordos cos representantes do persoal na Comisión Paritaria Mixta. En compensación poderán disfrutar un día de descanso, a elixir polo traballador/a, prioritariamente o luns seguinte, dentro dos 15 días seguintes.

ARTIGO 10. PAUSA DURANTE A XORNADA

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo, sempre que a duración da xornada diaria sexa de, cando menos, cinco horas e media, terá dereito a unha pausa de vinte e cinco (25) minutos durante a xornada de traballo, computable como de traballo efectivo. Esta pausa farase efectiva, agás necesidades do servicio, entre as 11,00 e 12: 00 horas, establecendo dúas quendas de xeito que os servizos se encontren sempre atendidos.

ARTIGO 11. XORNADA DE VERÁN

Durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, naqueles centros ou servizos en que as circunstancias e a organización do traballo así o permitan, establecerase unha xornada intensiva, a razón dun mínimo de seis (6) horas continuadas diarias de traballo efectivo. Nos servizos nos que non se poida aplicar o persoal terá dereito a súa acumulación en xornadas laborais completas segundo os días efectivamente traballados neste período.

Este mesmo horario de traballo será de aplicación entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro (ambos inclusive).

ARTIGO 12. TRABALLO NOCTURNO

Considérase traballo nocturno o efectuado entre as vinte e dúas (22,00) horas e as oito (8,00) horas da mañá.

Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal, a realización dos traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal, unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifestala súa opción, polo menos con dous meses de antelación e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano. Así mesmo, poderase eximir tamén de prestar servicio en horario nocturno a aqueles traballadores/as que así o soliciten e xustifiquen con informe médico de facultativo especialista do Servicio Público de Saúde indicando as repercusións negativas que temporalmente tales servizos poidan ter en procesos de enfermidades psíquicofísicas.

ARTIGO 13. ABSENTISMO

O Concello de Pontevedra, coa colaboración do Comité de Empresa, potenciará os instrumentos de control e de redución do absentismo laboral a través, entre outras, de adopción de medidas de mellora dos sistemas de medición do absentismo laboral e do seu seguimento, realizando os estudios necesarios sobre as súas causas, que deberá debater a Comisión Paritaria Mixta, por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa redución, e adoptando, caso de que haxa lugar, as medidas procedentes para a súa redución.

ARTIGO 14. COMUNICACIÓN DE AUSENCIAS

As ausencias e as faltas de puntualidade, de permanencia do persoal en que se aleguen causas de enfermidade, incapacidade temporal e outras de forza maior, requirirán avisar, o antes posible, ó responsable do servicio ou do centro no que figure adscrito, así como a súa ulterior xustificación regulamentaria acreditativa, que se presentará ante o órgano competente en materia de persoal.

CAPÍTULO II VACACIÓNS

ARTIGO 15. VACACIÓNS ANUAIS

1. As vacacións anuais retribuídas serán dun mes natural por cada ano completo de servicio, ou o proporcional ó tempo de servizos efectivos, e o persoal colleraas de forma obrigatoria dentro do ano natural, preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, sempre que as necesidades do servicio o permitan ou salvo que se solicite expresamente collelos fóra deste período, caso no que quedará sometido o seu aproveitamento ás necesidades do servicio, así como á cobertura do seu posto de traballo. As vacacións poderán collerse en meses naturais completos ou ben desde os días 16 a 15 de meses sucesivos. Poderán así mesmo fraccionarse en dous períodos de quince días: do 1 ó 15 ou do 16 a fin de mes. Excepcionalmente, unha das quincenas poderase partir en 2 semanas de 7 días naturais consecutivos, sempre que a natureza do servicio o permita e non implique unha redución da xornada laboral anual.

Alternativamente, as vacacións poderán ser de 22 días hábiles por ano completo de servicio e colleranse en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos ata completar 22 días hábiles naturais, séndolles de aplicación as normas citadas anteriormente.

Así mesmo, terán dereito a un día hábil adicional ó cumprir quince anos de servicio e engadíndose un día hábil ó cumprir os vinte, vinte e cinco e trinta anos de servicio, respectivamente, ata un máximo de catro. Os días hábiles por anos de servizos recollidos na Lei 9/2003, do 23 de decembro, de medidas tributarias e administrativas, (ata catro), deberán collerse unidos a un dos períodos de vacacións, ben ao seu inicio, ben ao seu remate, pero nunca de maneira independente. Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ao cumprimento da antigüidade referenciada.

2. Nos Servizos onde se poida producir colisión de intereses respecto ó aproveitamento das vacacións organizaranse as quendas de xeito rotatorio.

3. Antes do día 1 de abril de cada ano tódolos servizos e centros dependentes do Concello elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó servicio de persoal para que o aprobe a Alcaldía, responsabilizándose o xefe do servicio de que este queda atendido convintemente.

Calquera variación do cadro deberá serlle comunicada cun mes de antelación, excepto os casos de urxencia excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cada un dos servizos e centros.

En todo caso, o persoal poderá coñecer con, polo menos, dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible a causa das quendas ou das necesidades do servicio debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizalo exercicio deste dereito.

4. No suposto de que a baixa sobreviñera con anterioridade ó inicio das vacacións e subsistise no día sinalado para o comezo das mesmas, estas non comezarán a correr para o interesado, previo informe e baixo control dos servizos médicos.

De producirse unha colisión de intereses entre o traballador/a que se encontraba afectado pola enfermidade ou accidente, e aqueles outros do mesmo servicio que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aqueles.

5. As vacacións no poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, agás cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación laboral, sexa declarado en situación de excedencia o de suspensión de funcións e aínda non disfrutase ou completase na súa totalidade o aproveitamento do período de vacacións.

6. O período de aproveitamento das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servicio así o esixisen ou cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o/a afectado/a, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completalo seu aproveitamento aínda que teña rematado o ano natural a que correspondan.

7. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia da elección de mulleres e homes con fillas ou fillos menores de seis anos ou maiores dependentes ao seu coidado, segundo modificación introducida pola Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, que engade un novo paragrafo ao Artigo 69. 3 da Lei 4/88 de 26 de maio.

8. Poderanse acumular ó período de vacacións os permisos derivados do nacemento, adopción ou acollemento, maternidade, paternidade e lactancia aínda tendo expirado xa o ano natural ó que tal período corresponda.

CAPÍTULO III PERMISOS E LICENCIAS

ARTIGO 16. PERMISOS

1) Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, establécese o seguinte réxime de permisos.

a) Polo nacemento, acollida ou adopción dun fillo e polo falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.

Con carácter excepcional poderase conceder permiso ata quince días en casos de enfermidade grave ou accidente grave de membros da unidade familiar de convivencia previa acreditación e sendo debidamente apreciada polo Alcalde ou concelleiro delegado de persoal. A concesión do permiso queda supeditada ao ingreso hospitalario do familiar, polo que de producirse a alta hospitalaria con anterioridade á data fin do permiso concedido éste quedará sen efectos automaticamente.

Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso de produza na mesma localidade e catro días hábiles cando sexa en distinta localidade.

b) Por traslado do domicilio habitual, dous (2) días naturais. Este permiso non se poderá aproveitar máis de unha vez ó ano.

c) Para realizar exames prenatais e/ou técnicas de preparación ó parto que deban realizarse dentro da xornada laboral, o tempo indispensable. Debe xustificarse a necesidade da súa realización dentro da xornada laboral.

d) Para concorrer a exames finais ou parciais eliminatorios e demais probas de aptitude e avaliación definitivas en centros oficiais, durante os días ou tempo da súa celebración, previa solicitude con 72 horas de antelación, debendo presentar un xustificante ó respecto. Este permiso entenderase para participar en exames e probas en centros oficiais.

e) Para cumprir deberes inescusables de carácter público e persoal, o tempo que resulte indispensable, debendo acreditar documentalmente o motivo e o tempo investido.

Para tal efecto considéranse deberes de inescusable carácter público e persoal os seguintes:

Expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais.

Citacións de xulgados, comisarías, Subdelegación do Goberno, concellos, etc.

O exercicio do cargo efectivo de concelleiro, deputado, conselleiro, parlamentario autonómico, estatal ou europeo.

As consultas, tratamentos ou exploracións durante a xornada de traballo, sempre que estas asistencias estean debidamente xustificadas. Este permiso será extensivo ó acompañamento do cónxuxe, fillos, pais e daqueles outros que, sen estaren comprendidos en tal graduación, constitúan a unidade familiar de convivencia previamente acreditada e apreciada pola Alcaldía ou concelleiro delegado de persoal, e terá a duración precisa para que o traballador/a sexa atendido debidamente, sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

f) Por asuntos particulares o longo do ano, ata nove (9) días, non recuperables, sen xustificación e respectando sempre as necesidades do servicio. Estes días solicitaranse formalmente e poderán engadirse ós días de descanso de fin de semana. Cando non sexa posible aproveitar do referido permiso antes de finalizar o mes de decembro do ano en curso, só poderán concederse durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En caso de coincidir días de vacacións ou días de descanso semanal con días de asuntos particulares, terá preferencia o persoal que dispoña de días de vacacións ou de descanso semanal pendentes. Os días de asuntos propios non poderán acumularse ós días de vacacións.

A solicitude deste permiso por asuntos persoais seguirá o procedemento establecido con carácter xeral para os permisos regulados neste artigo, salvo que afecte ó persoal das Brigadas, caso no que a conformidade lle corresponde ó encargado da brigada.

g) Por matrimonio de pais, irmáns e fillos concederase permiso o día no que se celebre.

h) Para a mellorar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos/ as traballadores/as introdúcense as seguintes medidas:

Pola lactancia dun fillo menor de doce meses, unha hora de ausencia na súa xornada de traballo, podendo este reducirse nunha hora ou dividirse en dúas fraccións de media hora ó inicio e ó final dela. Este permiso poderá ser aproveitado indistintamente pola nai ou polo pai no suposto de que ambos traballen por conta allea e concederáselles con plenitude de dereitos económicos. Este permiso poderá ser substituído, con carácter voluntario, por un permiso de catro semanas que se acumulan ó permiso de maternidade.

No suposto de adopción ou acollida se o menor ten menos de nove meses, a traballadora aproveitará dos mesmos dereitos recollidos no parágrafo anterior, a partir da súa acollida no seo familiar.

Nos casos de nacementos de fillos prematuros ou que, por calquera causa, deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a traballadora terá dereito a ausentarse do traballo durante unha hora. Así mesmo terá dereito a reducir a xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.

O traballador terá dereito a un permiso de paternidade de oito días naturais de dura

ción ou dez se o parto é múltiple, que se computará dende o nacemento, con independencia da situación laboral da nai. O devandito permiso será acumulable a calquera outro dereito recoñecido na normativa aplicable, inclusive ao permiso de nacemento.

O pai non terá dereito ao permiso se os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade ou se non se lle recoñeceu, en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio iniciado antes do disfrute do permiso, a garda do recen nacido. En todos eses casos a nai, se fose persoal ao servizo do Concello de Pontevedra, poderá empregar, calquera que sexa a situación laboral do pai, este permiso con carácter ininterrompido dende a finalización do permiso de maternidade. Tamén poderá empregalo, en iguais termos, se o pai finase antes do disfrute íntegro do dito permiso ou se a filiación paterna non estivese determinada.

Se se tratase dunha adopción ou dun acollemento preadoptivo ou permanente, o permiso será de catro días a favor do pai e/ou nai que fosen persoal ao servizo do Concello de Pontevedra ou cinco no suposto de adopción ou acollemento múltiple. O devandito permiso contarase, a elección da persoa titular, dende a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou de acollemento preadoptivo ou permanente, e será intransferible pero acumulable a calquera outro dereito recoñecido na normativa aplicable. Cando a persoa adoptante ou acolledora fose única, o permiso será de oito días de duración e de dez días se a adopción ou acollida son múltiples.

O sometemento a técnicas de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa realización e previa xustificación da necesidade dentro da xornada de traballo.

Nos casos en que as traballadoras vítimas de violencia de xénero tiveran que ausentarse por elo do seu postos de traballo, estas faltas de asistencia, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención a saúde, segundo proceda.

As traballadoras vítimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a redución da xornada con diminución proporcional da retribución, ou á reordenación do tempo de traballo, ó traverso da adaptación de horario, da aplicación dun horario flexible ou de outras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, sempre que as necesidades do servicio e a estrutura de funcionamento da propia administración así o permitan. Nos casos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó pais de orixe, poderán disfrutar dun permiso de ata dous meses de duración, percibindo durante este período exclusivamente as retribucións básicas. Excedencia por razón de violencia sobre a

muller traballadora As traballadoras vítimas de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a solicitar a situación de excedencia sen necesidade de ter prestado un tempo mínimo de servizos previos e sen que resulte de aplicación ningún prazo de permanencia na mesma. Durante os seis primeiros meses terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaran, sendo computable dito período a efectos de ascensos, trienios e dereitos pasivos.

Excedencia por coidado de familiares. Os traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender ó coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo, que se contará desde a data do nacemento ou, no seu caso, da resolución xudicial ou administrativa. Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, para atender ó coidado dun familiar que se encontre ó seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e non desempeñe unha actividade retribuída. O período de excedencia será único por cada suxeito causante. Cando un novo suxeito causante dera orixe a unha nova excedencia, o inicio do período desta porá fin ó que se viñera disfrutando. Esta excedencia constitúe un dereito individual dos traballadores/as. No caso de que dous traballadores/as xerasen dereito a disfrutalo polo mesmo suxeito causante, a Administración poderá limitalo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas, relacionadas co funcionamento dos servizos. O período de permanencia nesta situación será computable para efectos de trienios, consolidación do grao persoal e dereitos pasivos. Durante os dous primeiros anos os traballadores/as terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñaron. Transcorrido este período a dita reserva serao ó posto na mesma localidade e de igual nivel e retribución.

O Concello de Pontevedra, sempre que as necesidades do servicio, o funcionamento da propia administración e o horario de apertura de oficina o permitan facilitará que os traballadores/as poidan flexibilizar a súa xornada de traballo nunha hora para quenes teñan ó seu cargo persoas maiores, fillos menores de 12 anos ou con discapacidade. A súa concesión ten carácter excepcional e requirirá a previa acreditación e será apreciada polo Alcalde ou Concelleiro Delegado de Persoal que poderá solicitar os informes que considere precisos. Non será aplicable, en todo caso, ós postos de traballo de carácter rotatorio por medio de quendas de traballo.

O Concello de Pontevedra facilitará que os traballadores que teñan fillos con discapacidade psíquica, física ou sensorial, teñan ata dúas horas de flexibilidade horaria diaria a fin de conciliar os horarios dos centros de educación especial e outros centros onde o fillo ou a filla discapacitados reciban atención, cos horarios dos propios postos de traballo. A concesión requirirá previa acreditación e será apreciada polo Alcalde ou Concelleiro Delegado de Persoal que poderá solicitar os informes que considere precisos. A concesión deberá asegurar a cobertura das necesidades do servicio e a compatibilidade coa prestación dos servizos por parte da administración, podendo adoptar a forma dunha reordenación do tempo de traballo.

Os traballadores que teñan fillos con discapacidade psíquica, física ou sensorial terán dereito a ausentarse do traballo polo tempo indispensable para asistir a reunións de coordinación do seu centro de educación especial, onde reciban tratamento ou para acompañalos/as se han de recibir apoio adicional no ámbito sanitario

2) Calquera traballador/a que por necesidades reais solicite un intercambio de quincena, quenda ou franqueo lle será autorizado sen necesidade de xustificación sempre e cando o solicite con 48 horas de antelación e sexa con outro traballador/a da súa mesma categoría profesional e compatible por razón de destino.

3) Os permisos solicitaranse en impreso oficial coa conformidade do xefe do servicio ou centro, e presentaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, agás aqueles servizos que contan con unha regulación propia, con, polo menos, tres (3) días hábiles de antelación, agás nos casos de urxencia.

Estas solicitudes deberán resolverse con polo menos 24 horas de antelación ó día solicitado.

Transcorrido este prazo sen que se ditase resolución expresa entenderase que o permiso foi concedido.

ARTIGO 17. LICENCIAS

1. Licenza por asuntos propios Conforme o previsto no Artigo 142 do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril, e Artigo 68. 3 da Lei da función pública de Galicia e demais disposicións concordantes, a licenza por asuntos propios sen retribución será concedida pola Alcaldía ou concelleiro delegado, no seu caso, previo informe do xefe do servicio correspondente. A concesión da dita licenza estará supeditada ás necesidades do servicio e a súa duración acumulada non poderá exceder de tres (3) meses cada dous (2) anos. A petición cursarase con, polo menos, un mes de antelación á data prevista para o seu aproveitamento e a denegación, no seu caso, deberá ser motivada e resolta no prazo de 20 días desde a súa recepción no servicio de persoal. Transcorrido o dito prazo sen resolución denegatoria entenderase estimada. Ó persoal laboral temporal non lles será de aplicación a licenza sen soldo dado o carácter da súa relación

O tempo de aproveitamento desta licenza computarase para efectos de antigüidade.

2. Licenza por garda legal Quen por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de doce anos, unha persoa de idade avanzada que requira especial adicación ou un diminuído físico ou psíquico, que non desempeñe actividade retribuída ou non perciba ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terá dereito a unha diminución da xornada laboral nun tercio ou nun medio coa redución proporcional das retribucións. Terá o mesmo dereito o traballador/a que precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

3. Licenza por maternidade Parto ou adopción de menores de seis anos e maiores de seis anos discapacitados ou minusválidos.

A maternidade da traballadora terá unha duración máxima de 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto do parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do período de suspensión.

Non obstante o anterior, no suposto de que o pai e a nai traballen, esta, ó iniciarse o período por descanso de maternidade, poderá optar por que o pai disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato debera permanecer hospitalizado a continuación do parto, o permiso poderá computarse, a instancia da nai ou, no seu defecto, do pai, partir da data de alta hospitalaria. Exclúense deste cómputo as primeiras seis semanas posteriores ó parto, de descanso obrigatorio para a nai.

Nos casos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de ata 16 semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contados a elección da traballadora, ben a partir da decisión xudicial ou administrativa de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será así mesmo de 16 semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade, cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos, ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por viren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas. No caso de que o pai e a nai traballen, o período de suspensión distribuirase segundo a opción dos interesados, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos supostos de aproveitamento simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das 16 semanas, previstas nos apartados anteriores, ou das que regulamentariamente se determinan en caso de parto múltiple.

Os permisos a que se refire o presente apartado poderán disfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, a solicitude dos funcionarios e se o permiten as necesidades do servizo, nos termos que regulamentariamente se determine.

4. Licenza por matrimonio Por razón de matrimonio propio o persoal traballador/a terá dereito a unha licenza de quince (15) días naturais de duración, que poderá aproveitar con anterioridade ou posterioridade ó día que teña lugar, incluído este, podendo tamén disfrutarla sen solución de continuidade coas vacacións anuais regulamentarias. Esta licenza concederase con plenitude de dereitos económicos.

5. Licenza por estudios

a) Poderá concederse licenza para realizar estudios ou cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude presentada no Rexistro Xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia, variedade de cursos ós que asistiu o/a interesado/a e á necesidade ou non para o servicio que preste o traballador/a. A súa autorización correspóndelle ó Alcalde ou, no seu caso, o concelleiro delegado de persoal e, no caso de concederse, o/a funcionario/a terá dereito a percibir toda a súa remuneración e a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licenza terá un límite de 60 horas, que poderá ser ampliado polo Alcalde.

Tamén poderán concederse licencias para realizar másters que se encontren directamente relacionados co contido do posto de traballo sen dereito a ningún tipo de axuda económica nin indemnización.

b) Igualmente poderá concederse licencias para asistir a cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo por un tempo máximo de ata tres (3) meses, sen dereito a percibilas retribucións correspondentes. O tempo transcorrido en tal situación computarase para efectos de antigüidade e durante ese período o traballador/a permanecerá de alta no réxime xeral da Seguridade Social e terá dereito a que lle reserven o posto de traballo.

6. Estas licencias solicitaranse por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servicio ou do centro onde o traballador preste servizos.

7. As parellas de feito debidamente inscritas como tales no Rexistro oficial seralles de aplicación, no seu caso, as disposicións sobre permisos e licencias no presente Convenio para os traballadores/as.

CAPÍTULO IV REINCORPORACIÓN E RECUPERACIÓN

ARTIGO 18. REINCORPORACIÓN A QUENDAS DESPOIS DUNHA SITUACIÓN DE BAIXA POR ENFERMIDADE

Todo o persoal que cause baixa por accidente laboral ou enfermidade profesional manterá o dereito de incorporación ó servicio e nas súas quendas correspondentes, sen merma dos días de descanso establecidos neles, transcorrido o período de baixa.

Nos restantes casos de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, cando o/a traballador/a presente a alta reincorporarase ó servicio e na súa quenda correspondente, disfrutando na semana da súa reincorporación a parte do descanso semanal que puidera corresponderlle, como consecuencia do tempo traballado con anterioridade á situación de baixa.

No caso de accidente laboral, terá dereito ás retribucións íntegras durante o primeiro ano e, caso de non ser posible a súa reincorporación como consecuencia do accidente, tramitarase expediente de xubilación por invalidez, mantendo o dereito ás retribucións íntegras ata o momento en que se produza a resolución.

TÍTULO II ACCESO, PROMOCIÓN E PROVISIÓN

CAPÍTULO I VALORACIÓN DE POSTOS

ARTIGO 19. VALORACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

A implantación polo Concello de Pontevedra da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local supón un incremento das funcións e responsabilidades que deben asumir os traballadores/as e que se derivan dun funcionamento da administración mais aberto cara ós cidadáns e da necesaria introdución das novas tecnoloxías da información e de cambios nos medios de produción.

Con este motivo, realizarase unha nova valoración de postos de traballo que entrará en vigor ó longo do período de vixencia do presente Convenio Colectivo. Esta valoración de postos de traballo recollerase nas Relacións de Postos de Traballo correspondentes ós anos 2007 e 2008 destinándose a tales efectos unha contía de 800 por traballador/a no ano 2007 e de 400 por traballador/a no ano 2008 que se distribuirá segundo se estableza, cada ano, na mesa xeral de negociación.

CAPÍTULO II INGRESO

ARTIGO 20. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

As necesidades de persoal que non poidan ser cubertas cos efectivos existentes, incluiranse na oferta de emprego público do ano correspondente.

O Concello, previa negociación cos representantes sindicais, aprobará e publicará anualmente dentro do prazo dun mes desde a aprobación do orzamento a oferta de emprego público, axustándose ós límites que estableza a lexislación básica do Estado sobre función pública e ós criterios que regulamentariamente se sinalen en desenvolvemento da normativa básica estatal para a súa debida coordinación coas ofertas de emprego do resto das administracións públicas.

En todo caso, a Corporación haberá de reservar na oferta de emprego público o número de prazas que a lexislación prevé para minusválidos cumprindo desta forma o preceptuado na Lei 13/82, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e art. 5 apartados 1 e 2 do Real decreto 152/85, do 6 de febreiro. Con tal fin farase constar na oferta o número, a denominación e as características das prazas de que se traten.

ARTIGO 21. SISTEMA DE SELECCIÓN

Toda selección do persoal laboral deste Concello deberá realizarse conforme a oferta de emprego público, mediante convocatoria pública, e a través dos sistemas de concurso, oposición ou concursooposición, nos que se garantan os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade de acordo coa lexislación vixente.

O acceso á función pública será a través do sistema de oposición, salvo que pola natureza das funcións que se han desempeñar resulte máis adecuada a utilización do concursooposición e, excepcionalmente, do concurso.

Os procedementos de selección coidarán especialmente a conexión entre o tipo de probas que se terán que superar e a adecuación os postos de traballo que se vaian desempeñar, incluíndo para tal efecto as probas prácticas que sexan precisas, procurando que estas se desenvolvan en primeiro lugar.

En ningún caso, o desempeño dun posto de traballo reservado a persoal eventual constituirá mérito para o acceso á función pública ou á promoción interna.

As bases das convocatorias tanto para a quenda restrinxida como para a libre deberán ser aprobadas unha vez oída o correspondente órgano de negociación.

ARTIGO 22. ÓRGANOS DE SELECCIÓN

Son órganos de selección os tribunais. Na súa composición haberá de terse en conta que o número de membros non poderá ser inferior a sete e estarán integrados por un presidente, un secretario, dous concelleiros, un representante da Xunta de Galicia, proposto pola Consellería competente; un representante da Universidade, escolas ou colexios profesionais ou un experto na materia, designado polo presidente, e un representante designado polo Comité de Empresa. Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes. No caso de non ser nomeado algún membro do tribunal polas entidades citadas anteriormente, será o Alcalde quen nomee a

un funcionario ou experto na materia para cubrir esa praza.

A súa composición será predominantemente técnica e tódolos vocais deberán posuír unha titulación, grupo ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

Poderase designar un ou máis asesores cando así o esixa a especialización da materia.

ARTIGO 23. PERSOAL LABORAL TEMPORAL

A selección de persoal laboral temporal farase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. O referido sistema deberá permitir a máxima axilidade na selección, en razón da urxencia requirida. En todo caso, o persoal laboral temporal deberá reunir os requisitos xerais de titulación e as demais condicións esixidas para participar nas probas de acceso ós correspondentes postos fixos.

Para a selección do persoal laboral temporal, crearanse listas de agarda cos aspirantes que teñan superado as probas de oposición a un posto de laboral fixo ou a unha praza de funcinario/a convocada polo Concello de Pontevedra sen que obtivesen posto ou praza, tendo en conta a estes efectos as puntuacións obtidas nos procesos selectivos. Cando non se teñan convocado oposicións poderase facer unha convocatoria específica para a súa constitución. As cidades listas decaeran nos seus efectos cando se remate outro proceso selectivo.

Recorrerase ós Servizos Públicos de Emprego (INEM ou Servicio Galego de Colocación) para as contratacións previsibles polo seu carácter estacional e sempre que as características das tarefas que se han desempeñar así o aconsellen. Corresponderalles ós Servizos Públicos de Emprego preseleccionalos candidatos/as de acordo cos perfís definidos polo órgano convocante.

Para tal efecto, coa finalidade de garantir unha maior transparencia e obxectividade, constituirase unha comisión para que efectúe a selección do candidato/a máis idóneo entre aqueles/as que fosen preseleccionados polo INEM ou polo Servicio Galego de Colocación.

Igualmente poderán utilizarse os procesos selectivos previstos para o persoal laboral de carácter fixo, procedendo a unha simplificación do procedemento que posibilite unha cobertura máis áxil das necesidades.

ARTIGO 24. PERÍODO DE PROBA DAS CONTRATACIÓNS LABORAIS

O persoal laboral de novo ingreso estará sometido a un período de proba no que non se computará o tempo de incapacidade temporal, a duración do mesmo será fixada tendo en conta o sinalado no Artigo 14 do Estatuto dos Traballadores

Transcorrido o período de proba, quedará automaticamente formalizada a admisión e computaráselle ó traballador este período para tódolos efectos.

Durante este período tanto o Concello coma o traballador/a poderán poñer fin á relación laboral, sen que ningunha das partes teña por iso dereito a ningunha indemnización. Da extinción das relacións laborais reguladas neste Artigo informaráselles ós representantes dos traballadores/as

Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador/a xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade, baixo calquera modalidade de contratación, dentro do ámbito de aplicación do presente convenio.

ARTIGO 25. PROMOCIÓN INTERNA

A promoción interna supón a posibilidade de ascender dun posto inferior ó inmediato superior mediante a superación de probas determinadas establecidas para os efectos.

En todo caso, os traballadores/as que participen nas referidas probas deberán ter unha antigüidade de polo menos dous anos no posto á que pertenzan, e posuíla titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó posto ó que aspiren ingresar.

A promoción realizarase a través do sistema de oposición ou concursooposición, sen prexuízo de que se limite o número de temas previstos regulamentariamente en función dos coñecementos esixidos para o acceso ó posto de traballo de orixe.

Con carácter xeral as convocatorias realizaranse conxuntamente coas de quenda libre, agás que como consecuencia da planificación xeral dos recursos humanos se poidan realizar convocatorias independentes. Cando a promoción interna se realice en convocatorias independentes ou mediante plans de emprego, os postos de novo ingreso serán cubertos exclusivamente por oposición libre.

No baremo de méritos incluiranse os seguintes:

a) Antigüidade no posto.

b) Cursos de formación e perfeccionamento impartidos polo INAP, EGAP, Concello ou calquera organismo oficial na súa función de formación permanente do persoal.

c) Titulacións académicas superiores ás esixidas para o acceso ó posto.

d) Coñecemento do idioma galego, segundo o nivel de titulación que se posúa e segundo a regulación específica de cada convocatoria.

e) Calquera outro esixido pola lexislación vixente ou derivado da natureza e características dos postos e incluído nas bases, que non poderá exceder dun tercio do total.

A puntuación por cada apartado determinarase nas bases da convocatoria e non poderá ser superior ó 40% nin inferior ó 10% da total.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e nos exercicios da oposición nun mínimo de dous, un teórico e outro práctico, determinará a orde da relación de aprobados sen prexuízo do que determine a lexislación específica para cada tipo de proceso.

No caso de empate, este resolverase a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persistir, o de maior antigüidade e por último, o de maior idade.

O traballador/a que obtivese posto por esta quenda terá preferencia para elixir destino respecto ós provenientes da quenda libre.

CAPÍTULO III PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO

ARTIGO 26. O DEREITO Ó CARGO

Asegúraselles ós traballadores/as do Concello o dereito ó cargo sen prexuízo da súa adscrición a uns ou outros postos de traballo efectuado dentro das súas competencias polos distintos órganos do Concello en materia de persoal, de conformidade co regulado neste capítulo e a lexislación vixente.

ARTIGO 27. PROCEDEMENTO DE PROVISIÓN

Os postos de traballo vacantes, antes da celebración das probas de novo ingreso, proveranse de acordo cos procedementos de concurso ou libre designación de conformidade co que determinen as relacións de postos de traballo en atención á natureza das súas funcións.

A convocatoria será aprobada polo Alcalde e nela incluiranse tódolos postos de traballo vacantes non cubertos con carácter definitivo.

Nestas convocatorias só poderán participar os traballadores/as do Concello que se encontren en servicio activo e permanecerán un mínimo de dous anos no seu posto de traballo de destino definitivo.

As solicitudes para tomar parte nestas convocatorias dirixiranse ó Presidente da Corporación e, no suposto de ser varios os postos solicitados, deberán especificala orde de preferencia para a súa adxudicación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios do Concello.

Finalizado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello a Resolución pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos e excluídos, cos motivos da exclusión, a composición da Comisión de Valoración e a data e maila hora de constitución de dito órgano, co fin de que, nun prazo de cinco días hábiles, os interesados poidan efectualas reclamacións que estimen oportunas, que serán resoltas por Resolución da Alcaldía no mesmo prazo de cinco días hábiles.

Non existirá Comisión de Valoración cando o sistema de provisión sexa a libre designación.

A Comisión de Valoración constituirana un mínimo de catro membros designados polo Presidente da Corporación, da que tamén formará parte un representante do Comité de Empresa.

Na provisión de postos polo sistema de concurso, a Comisión de Valoración proporá o/a candidato/a que obteña a maior puntuación.

O prazo para resolvelas convocatorias polo sistema de concurso será de dous meses e polo sistema de libre designación dun mes, contados en ambos supostos a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes, salvo que a propia convocatoria estableza outro distinto.

Nos procedementos de provisión polo sistema de concurso valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, segundo o seguinte baremo:

a) Antigüidade. Por anos de servicio, computándose os recoñecidos, prestados con anterioridade á adquisición da condición de traballador laboral.

b) Cursos de formación e perfeccionamento relacionados co contido do posto de traballo obxecto de provisión, impartidos polo INAP, EGAP, Concello ou organismos oficiais.

c) Titulacións académicas superiores, distintas á esixida para o ingreso, ou outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto de traballo.

d) Coñecemento do idioma galego, de selo caso, nas mesmas condicións sinaladas para o ingreso.

A puntuación de cada un dos conceptos enunciados nos apartados anteriores non poderá exceder en ningún caso do 40 % da puntuación máxima total, nin ser inferior ó 10 % dela.

No caso de empate na puntuación acudirase para dirimila á outorgada nos méritos enunciados no apartado a) e, de persistilo empate, terá preferencia o aspirante de maior idade.

ARTIGO 28. REINGRESO Ó SERVICIO ACTIVO

Os traballadores/as que non teñan reserva de posto e de destino reingresarán ó servicio activo mediante adscrición provisional ó posto de traballo do posto que se encontre vacante, tendo a obriga de participaren no primeiro concurso de provisión de postos de traballo que se convoque, sempre que reúnan os requisitos esixidos. O posto de traballo cuberto provisionalmente incluirase necesariamente no seguinte concurso.

ARTIGO 29. TRABALLADORES/AS DE NOVO INGRESO

Resoltos os procedementos de provisión indicados nos artigos anteriores, os postos de traballo que resulten vacantes ofertaranse ó traballador/a de novo ingreso, segundo a seguinte orde de prelación:

a) Traballadores/as que accederan a outro posto a través de promoción interna: adscribiranse ós postos de traballo vacantes por rigorosa orde de puntuación, sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

b) Traballadores/as que accederan ó seu posto en propiedade a través da quenda libre: adscribiranse por rigorosa orde de puntuación sempre que cumpran os requisitos esixidos para desempeñala.

ARTIGO 30. OUTROS SISTEMAS DEFINITIVOS DE PROVISIÓN

Tamén será de aplicación ó Concello de Pontevedra outros sistemas de provisión previstos na normativa de función pública local.

ARTIGO 31. COMISIÓN DE SERVIZOS

En caso de urxente e inaprazable necesidade, o Alcalde poderá cubrilo posto de traballo vacante en comisión de servicio ou adscrición provisional por un traballador/a que reúna os requisitos establecidos para o seu desempeñalo.

A extensión temporal desta comisión será de un (1) ano e o posto de traballo cuberto temporalmente deberá incluírse necesariamente na seguinte convocatoria de provisión. Se o posto continuase vacante podería prorrogarse a comisión de servizos por un ano máis.

O empregado/a en calquera destas situacións percibirá as retribucións básicas correspondentes ó grupo de titulación no que esté incluído o seu posto e as complementarias dos posto de destino.

ARTIGO 32. TRABALLOS DE SUPERIOR CATEGORÍA

En caso de necesidade o órgano competente poderá habilitar ós traballadores/ as para a realización de funcións propias de postos de traballo de superior categoría profesional dando conta desto ó Comité de Empresa.

O traballador/a que desempeñe un posto de traballo de superior categoría percibirá as retribucións complementarias do posto de traballo que desempeñe.

ARTIGO 33. POSTOS DE TRABALLO DE SEGUNDA ACTIVIDADE

Por razóns da saúde ou idade os traballadores/as poderán prestar os servizos dentro dun posto de traballo adecuado a súa condición.

O Concello, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, poderá crear postos de traballo de segunda actividade nos servizos que cubrirá o persoal adscrito ó propio servicio ou a outros, previo informe dos servizos médicos especializados se se considerase necesario, tendo en conta a idade e o estado físico do traballador/a. En todo caso, estes destinos serán voluntarios. Así mesmo, terase en conta o disposto no art. 19 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo.

Recoñecese a posibilidade de obtar a un posto de traballo de segunda actividade, conservando as súas retribucións integras, ós traballadores municipais cunha idade igual ou superior a 55 anos ou minúsvalia recoñecida que o incapacite para o desenvolvemento do posto de traballo e que así o solicite. Sempre que exista dispoñibilidade de postos e non podendo permanecer nesta situación unha vez cumpran 65 anos e poidan xubilarse.

ARTIGO 34. EMPRESAS DE TRABALLO TEMPORAL

O Concello de Pontevedra compromete a súa vontade de non proceder á contratación de persoal a través das empresas de traballo temporal.

CAPÍTULO IV MOBILIDADE E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

ARTIGO 35. DEREITO Á INAMOBILIDADE

Como principio xeral, o traballador/a terán dereito á inamobilidade, sempre que o servicio o consinta. Ós traballadores/as que ocupen postos de traballo polo procedemento de concurso poderalles ser de aplicación o sistema de remoción prevista no art. 50 do Real decreto 364/95, do 10 de marzo.

ARTIGO 36. MOBILIDADE

Considérase un dereito dos traballadores/as do Concello a mobilidade sinalada no art. 17. 2 da Lei 30/84 en relación co art. 101 da Lei 7/85 e os artigos 42 e 27. 3 da Lei da función pública galega, que debe aplicarse en tódalas convocatorias, regulando un sistema de mobilidade dos traballadores/as entre as distintas Corporacións locais e coa Comunidade Autónoma, coordinando para o efecto as ofertas de emprego público. O Concello comprométese a defender este dereito dos seus traballadores/as.

ARTIGO 37. PERMUTAS

O Concello comprométese a autorizalas permutas internas entre traballadores/ as de idéntica categoría a petición de ambos sempre que veñan avaladas polos respectivos xefes de servicio previa audiencia o Comité de Empresa.

Poderánselles conceder permutas ós traballadores/as do Concello, de acordo coa normativa vixente, cando concorran as seguintes circunstancias:

a) Que os postos de traballo que ocupan sexan de igual natureza e idéntica forma de provisión.

b) Que os traballadores/as que pretenden a permuta conten respectivamente cun número de anos de servicio que non difira entre si en máis de cinco.

c) Que se emita un informe previo por parte das corporacións afectadas.

d) Que non lles falte ós traballadores/as afectados menos de dez anos para a súa xubilación forzosa.

A partir da concesión dunha permuta non se lle poderá autorizar ó interesado/a unha nova permuta ata que transcorran polo menos dez anos.

ARTIGO 38. SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

As situacións administrativas do persoal traballador/a rexeranse polo disposto no Real decreto 365/95, do 10 de marzo, ó que remite o Artigo 150 do Real decreto lexislativo 781/86, do 18 de abril; capítulo II da Lei 4/88 da función pública de Galicia; Artigo 29 da Lei 30/84, do 2 agosto, de reforma da función pública, e demais disposicións concordantes e de pertinente aplicación

TÍTULO III CONDICIÓNS ECONÓMICAS

CAPÍTULO I PERSOAL LABORAL

ARTIGO 39. PRINCIPIOS XERAIS

Considérase salario a totalidade das percepcións económicas dos traballadores/as, en cartos ou especie, pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea, xa retribúan o traballo efectivo, calquera que sexa a forma de remuneración, xa os períodos de descanso computables co traballo.

ARTIGO 40. ESTRUTURA SALARIAL E CLASIFICACIÓN

A estrutura retributiva do persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo configúrase a través do seguintes conceptos:

a) Salario base

b) Antigüidade (trienios)

c) Pagas extraordinarias

d) Complemento salario ou do posto de traballo

e) Complemento de produtividade

f) Gratificacións especiais

O persoal laboral estará asimilado na contía das súas retribucións totais ó persoal funcionario/a do Concello.

ARTIGO 41. SALARIO BASE

O importe do salario base será o equivalente ó establecido para o persoal funcionario/a do grupo de titulación que se corresponda cos cinco grupos profesionais nos que se clasifica o persoal laboral.

ARTIGO 42. ANTIGÜIDADE

A antigüidade do persoal laboral devengarase por trienios segundo o importe aplicable ó persoal funcionario/a do grupo de titulación equivalente ó grupo profesional do persoal laboral, quedando exceptuados aqueles traballadores/as que, por dereitos adquiridos, teñen recoñecida outra antigüidade.

O trienio consiste nunha cantidade igual para cada grupo profesional por cada tres anos de servizos neste Concello nunha determinada categoría profesional.

Se un traballador/a presta servizos sucesivamente en categorías de distintos grupos de clasificación, terá dereito a seguir percibindo os trienios devengados nos grupos anteriores.

Cando un traballador/a cambia de grupo profesional antes de completar un trienio, a fracción de tempo transcorrida considerarase como tempo de servizos prestados no novo grupo.

ARTIGO 43. PAGAS EXTRAORDINARIAS

As pagas extraordinarias, que serán dúas ó ano, de acordo coa normativa vixente, devengaranse nos meses de xuño e decembro.

ARTIGO 44. COMPLEMENTO SALARIAL DO POSTO DE TRABALLO

O importe do complemento salarial do posto de traballo virá determinado pola suma das cantidades correspondentes ó nivel do complemento de destino e específico aplicable a funcionarios/as de igual grupo de clasificación, categoría profesional e titulación. Este complemento absorbe todos aqueles conceptos retributivos que definen o posto de traballo, como responsabilidade, dedicación, incompatibilidade, especial dificultade técnica, perigosidade, penosidade e toxicidade.

ARTIGO 45. RETRIBUCIÓN POR XORNADA INFERIOR Á ORDINARIA OU POR HORAS

Os traballadores/as que presten servizos en xornada inferior á ordinaria ou por horas percibirán o salario base, as pagas extraordinarias, a antigüidade e o complemento salarial ou do posto de traballo en proporción á xornada que efectivamente realice.

ARTIGO 46. CÁLCULO DE DEDUCIÓNS

Para practicalas deducións de haberes así como nos casos de reingreso ou excedencias e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que deban liquidarse por días ou con redución ou dedución proporcional de retribucións, aplicaranse as mesmas regras de cálculo previstas na normativa vixente para funcionarios/as públicos.

ARTIGO 47. PERCEPCIÓNS NON SALARIAIS: AS INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVICIO

Os traballadores/as terán dereito a percibilas seguintes indemnizacións por razón do servicio:

a) Axudas de custo. Enténdese por axudas de custo a cantidade diariamente devengada para satisfacelos gastos que orixinan a estancia ou a manutención fóra do posto de traballo habitual. Considerarase como axuda de custo enteira se se pernocta fóra da residencia habitual. As contías serás as sinaladas na lexislación vixente aplicable en cada momento.

b) Gastos de desprazamento. Consideraranse gastos de desprazamento a cantidade que se lle aboe ó traballador/a polos gastos que se ocasionan pola utilización de calquera medio de transporte en función do servicio encomendado, e procurando que este se realice en servizos regulares de transporte.

A contía dos gastos de desprazamento en transportes regulares, aéreos, terrestres ou doutro tipo será aboada integramente.

Nos casos de utilización de vehículo particular, a indemnización devengarase sobre a base de 0,19 euros/quilómetro percorrido.

Cando así o solicite o persoal, o aboamento das cantidades correspondentes realizarase con antelación ó seu desembolso polo interesado, con cargo a un anticipo a conta, coa obriga de xustificar posteriormente a realización do servicio encomendado.

c) Indemnización especial: Os traballadores/as que efectúen comparecencias, na súa condición de traballadores do concello, para prestar declaracións perante autoridades xudiciais ou fiscais fora das horas de servicio serán compensados cunha indemnización por importe do valor de dúas horas extraordinarias.

d) Remuneración especial. Consideraranse servizos extraordinarios aquelas xornadas de traballo que realice o persoal o que lle corresponda por quenda e que se presten efectivamente os días 25 de decembro e 1 de xaneiro e compensaranse mediante gratificación aplicando o baremo establecido para o valor da hora extraordinaria, incrementada nun 100 por 100 con un máximo de cento vinte euros con vinte céntimos (120,20).

ARTIGO 48. COMPLEMENTO DE PRODUTIVIDADE

O complemento de produtividade remunerará o especial rendemento e a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa co que o traballador/a desempeña as súas funcións. Neste senso, considéranse dentro do complemento de produtividade as seguintes retribucións:

1. Establecese un complemento de produtividade, unha vez ó ano, por importe de dúas mensualidades do complemento de destino que teña asinado cada posto de traballo polo rendemento no desempeño do posto que estará vinculada a asistencia e se abonará no mes de outubro. O importe da paga de produtividade anual estará condicionada pola valoración das circunstancias obxectivas relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo, dende o 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño do ano no que se abona.

O importe da paga de produtividade que corresponde a cada traballador/a será o integro de dúas mensualidades do complemento de destino que teña asinado o seu posto de traballo cando o traballador non falte ningún día ó traballo, deducíndose un 1% por cada día de ausencia, quedando exentos sete días naturais en computo anual, agás que esta ausencia sexa xustificada polos seguintes supostos:

Accidente laboral, enfermidade profesional, baixas vinculadas á violencia de xénero ou protección da maternidade.

Permisos, licenzas ou dispensas reguladas no Convenio Colectivo ou compensacións por horas traballadas fora da xornada laboral.

Cada día de ausencia non xustificada dará lugar a unha dedución do 20% do importe da paga de produtividade, sen prexuízo da correspondente dedución da nómina mensual que corresponda legalmente nin da posible responsabilidade disciplinaria que corresponda.

Aqueles/as traballadores/as que por calquera circunstancia non prestaran servizos durante o ano natural completo aplicaráselles a parte proporcional da contía inicial da paga.

2. Festividade. Establecese unha retribución do traballo realizado en período festivo con un complemento de produtividade de 30 euros/día no ano 2007 e seguintes. A estes efectos, entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22,00 horas do véspera e as 22,00 horas de cada domingo ou festivo. Consecuentemente con isto, poderanse establecer un número máximo de domingos a traballar en xornada ordinaria de 1 de cada 2, en computo anual, segundo determinen as necesidades do servicio. O complemento de festividade será abonado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a traballador/a ó que corresponda servicio no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en días festivos, xa que estas prevén un incremento por ese carácter festivo. O seu abono será bimestral.

3. Nocturnidade. Establecese unha retribución do traballo realizado en horario nocturno con un complemento de produtividade de 12 euros por turno de noite realizado. O complemento de nocturnidade será abonado cando as quendas de traballo teñan carácter ordinario e só por aquel/a traballador/a ó que corresponda servicio no día sinalado, sendo incompatible co cobro de horas extraordinarias en horario nocturno, xa que estas prevén un incremento por esa circunstancia. O seu abono será bimestral.

4. Especiais dedicacións. Compensaranse por este concepto os servizos ou actividades extraordinarias que teñan carácter individual. Corresponderá ó Pleno da Corporación trala negociación coa mesa xeral, determinar no orzamento a cantidade global destinada a asignación de complemento de produtividade e ao órgano competente, a súa asignación individualizada.

ARTIGO 49. TRABALLOS REALIZADOS FÓRA DA XORNADA LABORAL

Teñen a consideración de servizos extraordinarios os realizados fora da xornada ordinaria de traballo de cada servicio. Con carácter xeral, é criterio deste Goberno Municipal suprimir a realización de horas extraordinarias estruturais e substituílas progresivamente por prazas fixas no cadro de persoal.

Poderanse realizar servizos extraordinarios fóra da xornada ordinaria de traballo por razóns de prevención ou reparación de sinistros ou danos, imprevistos, ausencias, acumulación de tarefas, interrupcións do servicio, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias excepcionais derivadas das actividades propias do servicio público, cando non sexa posible atender estas situacións coa redistribución dos efectivos do cadro de persoal, mediante modificación dos horarios ordinarios ou, cando pola súa duración, non sexa aconsellable recorrer á contratación temporal en calquera das modalidades existentes na lexislación vixente.

Os servizos prestados fóra da xornada laboral non poderán exceder de 60 horas mensuais, salvo que se produzan acontecementos imprevistos ou algunha circunstancia de carácter excepcional.

As gratificacións que remuneren estes traballos non serán en ningún caso fixas na súa contía nin periódicas no seu devengo e aboaranse de acordo coa contía establecida nas bases de aplicación de retribucións do orzamento do Concello de cada exercicio.

As horas extras aboaranse segundo as contías que figuran no anexo I.

TÍTULO IV DEREITOS SINDICAIS

CAPÍTULO I DEREITOS DE REPRESENTACIÓN,

ASOCIACIÓN E REUNIÓN

ARTIGO 50. A REPRESENTACIÓN SINDICAL

De conformidade co disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de Liberdade Sindical, así como no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores e demais disposicións concordantes, os empregados públicos terán dereito a constituír órganos de representación dos seus intereses ante o Concello de Pontevedra e, no seu caso, outras administracións ou entes públicos.

ARTIGO 51. O COMITÉ DE EMPRESA

De conformidade coa lexislación vixente no Concello de Pontevedra o Comité de Empresa é o órgano específico de representación dos traballadores/as que actúa con capacidade xurídica e de obrar en defensa dos intereses que lle son propios.

O Comité de Empresa ademais das sinaladas no Real decreto lexislativo 1/95, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos Traballadores e Lei 11/85, de 2 de agosto, de Liberdade Sindical, terá as seguintes competencias:

a) Recibir información sobre política de persoal ó servicio do Concello de Pontevedra, estatística sobre o índice de absentismo e as súas causas.

b) Ter coñecemento dos expedientes que se refiran a materia de persoal e que se sometan a acordo da Xunta de Goberno Local ou do Pleno.

c) Recibir información de cantos datos consideren necesarios do orzamento xeral do Concello e de tódolos documentos xerais sobre as condicións de traballo do persoal.

d) Coñecer e consultalo rexistro de accidentes de traballo en calquera momento, controlando e vixiando a actuación do Comité de seguridade e saúde laboral.

e) Designar ó representante que asista ós tribunais de oposicións ou concursos para a selección ou promoción do persoal laboral.

f) Presentar e negociar ante os órganos correspondentes da corporación cantos asuntos procedan en materia de persoal, réxime e condicións de traballo, réxime de asistencias, seguridade e previsión social no que sexa competencia da corporación, sen prexuízo das competencias propias da mesa xeral de negociación.

g) Colaborar, a requirimento do Concello de Pontevedra, en cantas medidas establezan para manter e incrementala produtividade. As liñas xerais serán negociadas cos representantes do persoal.

h) Os membros do Comité de Empresa observarán sixilo profesional en todo o legalmente establecido, aínda despois de expirar o seu mandato. Ningún documento reservado e entregado polo Concello poderá ser utilizado fóra do seu estrito ámbito ou para fins distintos ós que motivaron a súa entrega.

ARTIGO 52. DEREITOS E GARANTÍAS SINDICAIS

a) Dereito á libre sindicación e acción sindical. Garántese o dereito á libre sindicación e organización dos traballadores/as, así como á folga e á non discriminación, prexuízo ou sanción por razóns de afiliación e exercicio dos dereitos sindicais de conformidade co disposto na Lei orgánica 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical e no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores.

Garántese, polo tanto, o dereito á libre sindicación e organización dos traballadores/as de conformidade co establecido no Título IV da Lei 11/85 de liberdade sindical reguladora da acción sindical, de tal forma que ós traballadores/as afiliados a un sindicato se lles atribúe, no ámbito do Concello de Pontevedra, as seguintes facultades:

Constituír seccións sindicais de conformidade co establecido nos estatutos do seu sindicato.

Celebrar reunión, previa notificación á Presidencia do Concello. Recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas de traballo sen perturbala actividade normal da prestación do servicio.

Recibila información que lle remita o seu sindicato.

b) As seccións sindicais deberán poñer en coñecemento do Concello quén ocupa a súa representación.

c) Os delegados/as sindicais terán acceso á mesma información e documentación que o Concello poña a disposición do Comité de Empresa; poderán asistir con voz pero sen voto ás reunións do Comité de seguridade e saúde laboral ou dos órganos de representación que puideran establecerse, e ser oídos con carácter previo á adopción das medidas de carácter colectivo que lles afecten ós traballadores/as en xeral e ós afiliados ó seu sindicato en particular. Teñen, así mesmo, o deber de gardar sixilo profesional nos mesmos casos e supostos cós membros dos órganos de representación.

d) Os membros do Comité de Empresa e seccións sindicais disporán no exercicio da súa función representativa das seguintes garantías e dereitos:

a) O acceso e libre circulación polas dependencias e centros de traballo do Concello de Pontevedra, sen entorpecemento do normal funcionamento dos servizos.

b) Libre publicación e distribución de todo tipo de publicacións, de interese profesional ou sindical sen entorpecemento do normal funcionamento dos servizos.

c) Libre expresión das súas opinións nas materias referentes á esfera da súa representación, que efectuará colexiadamente se se trata do Comité de Empresa.

d) Ser oído o órgano de representación nos expedientes disciplinarios a que puideran ser sometidos, durante o tempo do seu mandato e durante o ano inmediatamente posterior, sen prexuízo da audiencia do interesado regulado no procedemento sancionador.

ARTIGO 53. HORAS DE LIBRE DISPOSICIÓN

Fíxanse 30 horas mensuais de libre disposición sindical para cada un dos membros do Comité de Empresa. O uso destas horas deberá comunicarse por escrito dirixido ó Alcalde a través do servicio de persoal con carácter previo. Tales horas disporanse dentro da xornada de traballo e serán retribuídas como traballo efectivo.

Non terán a consideración de horas sindicais aquelas que se invistan en reunións do órgano de negociación ou de carácter informativo que sexan preceptivas legalmente, Comisión Paritaria Mixta, asistencia a tribunais de selección do persoal e asistencia a órganos de xestión en centros asistenciais.

Por cada organización sindical ou candidatura con representación no Comité de Empresa, poderase acumular as horas nos seus distintos compoñentes ata o máximo total establecido, sempre e cando previamente se dea conta á Alcaldía cunha antelación mínima de cinco (5) días, especificando as persoas e o período para o que se acumulan.

Igualmente comunicaráselle á Alcaldía o cesamento por calquera motivo nas citadas funcións.

Cada Sección sindical poderá designar dous (2) delegados/as sindicais mentres se manteña o número do vixente cadro de persoal.

ARTIGO 54. GARANTÍAS PERSOAIS

De conformidade co sinalado na Lei 1/95, Lei 11/85 e neste Convenio Colectivo, os membros do Comité de Empresa non poderán ser sancionados nin despedidos durante o exercicio das súas funcións nin nos dous anos seguintes ó seu cesamento, como consecuencia da súa actividade sindical, salvo que incorra en causa de responsabilidade administrativa ou laboral; neste suposto deberá oírse, previamente á incoación do expediente, ó Comité de Empresa.

Os membros do Comité de Empresa tampouco poderán ser trasladados de servicio, grupo, centro ou posto de traballo en contra da súa vontade expresa durante o período citado no parágrafo anterior. Se o traslado non se basease na acción do traballador/a no exercicio da súa representación, deberá darse en todo caso previa audiencia á Comisión Paritaria e contar coa aprobación do Comité de Empresa.

Os membros do Comité de Empresa non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional, en razón, precisamente, do desempeño da súa representación.

ARTIGO 55. LOCAIS

O Concello de Pontevedra comprométese, dentro das súas posibilidades, a dotar ó Comité de Empresa e Seccións sindicais legalmente constituídas dun local idóneo para realizalas súas funcións e a mantelo nas condicións que fagan posible a súa utilización para os fins da súa actividade (acceso ó BOE, DOG, BOP, etc.).

Así mesmo, o Concello de Pontevedra comprométese a facilitar un local onde poidan ter lugar as asembleas xerais ou de centro, na medida en que non existan locais axeitados para iso fóra do horario normal de traballo.

ARTIGO 56. REUNIÓNS

1. A realización de asembleas en cada centro de traballo deberán garatizalo normal funcionamento dos servizos.

Así mesmo poderán realizarse asembleas de carácter extraordinario sempre que exista acordo entre o Alcalde e os órganos de representación dos/as traballadores/as que estean lexitimados.

2. As reunións en cada centro de traballo autorizaranse fóra das horas da xornada laboral, salvo acordo entre a Alcaldía e quen estea lexitimado para convocalas reunións extraordinarias. Neste último caso só se concederán autorizacións, segundo a Lei 9/1987, ata un máximo de 36 horas anuais, correspondéndolles 18 destas ás Seccións Sindicais e o resto ós órganos de representación dos traballadores/as.

3. Cando as reunións vaian ter lugar dentro da xornada de traballo, a convocatoria deberá referirse á totalidade do colectivo do que se trate, salvo nas reunións das Seccións Sindicais.

4. Serán requisitos formais necesarios para convocar unha reunión os seguintes:

a) Comunicar por escrito a súa celebración cunha antelación, alomenos, de 48 horas.

b) Indicar nese mesmo escrito a hora e lugar de celebración, a orde do día e mailos datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convocala reunión.

5. Se antes das 24 horas anteriores á data da celebración da reunión a Alcaldía non formulase obxeccións, mediante Resolución motivada, poderá celebrarse sen outro requisito posterior.

6. Están lexitimados para convocar unha reunión:

a) As organizacións sindicais directamente ou a través dos delegados sindicais.

b) O Comité de Empresa.

c) Calquera funcionario/a do Concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% do colectivo convocado e, en todo caso, ó 33% do cadro de traballadores/as.

d) Calquera asociación de traballadores/as do Concello legalmente constituída.

7. Os convocantes serán responsables do normal desenvolvemento da reunión e, en calquera caso, esta non prexudicará a prestación dos servizos.

ARTIGO 57. TABOLEIRO DE ANUNCIOS

En tódolos centros de traballo terán que existir lugares adecuados para a exposición, con carácter exclusivo, de tódolos avisos e comunicacións de carácter sindical.

O número e distribución dos taboleiros será o axeitado canto ó tamaño e estrutura do centro, de maneira que se garanta a publicidade máis ampla dos anuncios que se expoñan. En todo caso, as unidades administrativas con localización independente, calquera que sexa o seu rango, deberán dispoñer de, polo menos, un taboleiro de anuncios.

ARTIGO 58. COTA SINDICAL

De conformidade co establecido no art. 11 da Lei orgánica 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, a requirimento de calquera sindicato e previa conformidade dos traballadores/as afectados, o Concello descontaralles na súa nómina mensual a cota sindical que proceda e realizará a transferencia a favor do sindicato, xunto coa relación nominal correspondente.

Para facer efectivo este desconto deberá remitírselle á Alcaldía un escrito no que conste expresamente a conformidade del sobre a orde de desconto, o sindicato ó que proceda facela transferencia e o número da conta corrente á que debe facerse efectiva, así como a contía da cota.

CAPÍTULO II NEGOCIACIÓN COLECTIVA

ARTIGO 59. COMISIÓN NEGOCIADORA

Segundo o establecido no Real Decreto Lexislativo 1/95, de 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos Traballadores, a comisión negociadora constituirase non só para a negociación ou revisión do convenio colectivo, senón tamén para a participación e determinación das condicións de traballo do persoal traballador/a deste Concello.

Por acordo das partes esta comisión constituirase en órgano colexiado de participación das organizacións sindicais, nas materias relacionadas co sistema retributivo e o réxime do persoal ó seu servicio.

1. Serán obxecto de negociación no ámbito da comisión negociadora do Concello de Pontevedra:

a) O incremento das retribucións dos traballadores/as que proceda incluír no orzamento anual con base no orzamento xeral do Estado de cada ano, así como o incremento das demais retribucións que se han establecer nos proxectos normativos correspondentes no ámbito autonómico e local.

b) A determinación e aplicación das retribucións dos traballadores/as.

c) A preparación e o deseño dos plans de oferta de emprego público.

d) A clasificación e catalogación dos postos de traballo.

e) A determinación dos programas e dos fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) Todo o relativo ás prestacións da Seguridade Social e todas aquelas materias dentro do ámbito competencial da Corporación municipal que afecten dalgún xeito á mellora das condicións de vida dos traballadores/as.

g) Os sistemas de ingreso e promoción profesional dos traballadores/as do Concello, con audiencia durante a confección das bases de promoción de traballadores/as.

h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

i) Medidas sobre saúde laboral.

j) Tódalas materias que afecten dalgunha maneira o acceso ó cadro de persoal, promoción e seguridade social, ou ás condicións de traballo dentro do ámbito competencial do Concello e con suxeición á normativa que, con rango de lei, se dite de acordo co Artigo 32 da Lei 7/90, do 19 de xullo, sobre negociación colectiva e participación na determinación das condicións de traballo dos empregados/as públicos

k) As materias de índole económica, de prestación de servizos, sindical, asistencial e, en xeral, cantas outras afecten ás condicións de traballo e ó ámbito de relacións dos traballadores/as do Concello e as súas organizacións sindicais co Concello, de conformidade co sinalado no citado Artigo 32 da Lei 7/90, do 19 de xullo

2. Quedan excluídas da obrigatoriedade da negociación, no seu caso, as decisións do Concello que afecten ás súas potestades de autoorganización, ao exercicio do dereito dos cidadáns ante os traballadores públicos e ao procedemento de formación dos actos e disposicións administrativas

A comisión negociadora reunirase, como mínimo, unha vez ó ano e, en todo caso, para os efectos de negocialos aspectos daquelas materias que sexan susceptibles para a negociación anual da aplicación das retribucións, valoración de postos de traballo para efectos retributivos e da preparación do plan de oferta de emprego público.

Ó amparo do previsto na adicional sexta da Lei 7/90 poderá constituírse unha mesa xeral de negociación para aquelas condicións de negociación comúns a funcionarios e traballadores laborais que substitúa ás respectivas mesas negociadoras.

TÍTULO V CAPÍTULO I FORMACIÓN E CAPACITACIÓN PROFESIONAL

ARTIGO 60. FORMACIÓN CONTINUA

De conformidade co IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas de 21 de setembro de 2005, o Concello de Pontevedra dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias e con cargo ás axudas ou subvencións que concedan anualmente o INAP, a FEMP, FEGAMP, EGAP, ou outros organismos oficiais, desenvolverá o plan de formación continua en congruencia cos obxectivos e a prioridade da organización, garantindo a participación dos Sindicatos na programación das accións formativas e na xestión e execución do plan.

A capacitación profesional constitúe un factor básico para incrementala produtividade dos traballadores/as, ademais da súa motivación e integración, polo que deben establecerse os plans específicos para desenvolvela en cada un dos servizos.

Para os efectos e dentro das posibilidades orzamentarias do Concello, facilitarase a asistencia a cursos de capacitación profesional convocados por outras institucións ou organismos oficiais con competencia para a súa impartición.

Os empregados públicos poderán recibir e participar en cursos formativos durante os permisos de maternidade, paternidade, así como durante as excedencias por motivos familiares.

ARTIGO 61. COMISIÓN PARITARIA DE FORMACIÓN

Para a programación e execución do plan de formación crearase unha comisión paritaria de formación.

Estará integrada paritariamente por representantes do Concello e dos sindicatos representados no Concello.

A Comisión estará presidida polo Alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Exercerá as funcións de secretario, con voz e sen voto, un traballador/a designado pola Presidencia.

A este órgano corresponderanlle as seguintes funcións:

a) Participación, programación e seguimento do plan de formación.

b) Propoñelos cursos de capacitación profesional que considere precisos en cada servicio.

c) Velar por que se respecte o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación.

Se os cursos de formación teñen lugar dentro da xornada laboral poderanse considerar como tempo de traballo efectivo.

TÍTULO VI CAPÍTULO I PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

ARTIGO 62. PRINCIPIOS XERAIS

O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo ten dereito a unha protección eficaz da súa integridade física e a unha axeitada política de saúde laboral tal e como se recolle na Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Así mesmo, terán dereito a participar na formulación da política de prevención no seu centro de traballo a través dos delegados de prevención.

De conformidade co establecido no art. 38 da Lei 31/95 e o art. 5 do Real decreto 1488/1998, do 10 de xullo, de adaptación da lexislación de prevención de riscos laborais á Administración Xeral do Estado, crearase un comité de seguridade e saúde laboral como órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións do Concello en materia de prevención de riscos.

Igualmente, en virtude do disposto na Lei 31/95 e Real decreto 1488/98, do 10 de xullo, o Concello de Pontevedra creará un servicio de prevención propio ou manterá o actual servicio de prevención alleo para realizalas actividades preventivas que sexan necesarias co fin de garantir unha axeitada protección da seguridade e saúde dos traballadores/as, asesorando e asistindo para iso ó empresario, ós traballadores/as e ós seus representantes.

O Concello garantirállela a formación e información necesaria en materia preventiva ós traballadores/as en activo e ós de novo ingreso, na aplicación de novas técnicas, equipos de traballo, maquinaria, etc. organizando, para os efectos e dentro das súas posibilidades, cursos de formación.

O Concello adoptará as medidas pertinentes para que tódolos traballadores/ as teñan un recoñecemento médico anual.

A política de seguridade e saúde laboral planificarana anualmente tódolos servizos ou centros dependentes do Concello nos que se realizará a valoración de riscos, co fin de poñer en práctica as medidas preventivas e/ou correctoras que se han adoptar.

A normativa sobre saúde laboral será de aplicación a tódolos traballadores/ as que presten servizos en calquera dos centros dependentes deste Concello.

No que respecta ás obras que execute o Concello estas axustaranse ó disposto no Real decreto 1627/97, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción ou normas que o substitúan.

Así mesmo, esta norma será de aplicación naquelas empresas que realicen obras para o Concello esixíndose no contrato un estudio de seguridade e saúde da obra.

ARTIGO 63. DEREITO Á PROTECCIÓN FRONTE ÓS RISCOS LABORAIS

Os traballadores/as terán dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. Este dereito supón a existencia dun correlativo deber do empresario de protección ós traballadores/as fronte ós riscos laborais.

Este deber de protección constitúe igualmente un deber das Administracións Públicas respecto ó persoal ó seu servicio.

Os dereitos de información, consulta e participación, formación en materia preventiva, paralización da actividade no caso de risco grave e inminente e vixilancia do seu estado de saúde, nos termos previstos na Lei 31/95, forman parte do dereito dos traballadores/as a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.

No cumprimento do deber de protección, o Concello deberá garantila seguridade e a saúde dos traballadores/as ó seu servicio en tódolos aspectos relacionados co traballo. Para estes efectos, no marco das súas responsabilidades, o Concello realizará a prevención de riscos laborais mediante a adopción de cantas medidas sexan necesarias para a protección da seguridade e a saúde dos traballadores/as, coas especialidades que se recollen nos artigos 15 a 28 da Lei 31/95, ambos incluídos, en materia de avaliación de riscos, información, consulta e participación e formación do persoal, actuación en casos de emerxencia e de risco grave e inminente, vixilancia da saúde, e mediante a constitución dunha organización e dos medios necesarios nas condicións establecidas no capítulo IV desta mesma Lei.

O Concello desenvolverá unha acción permanente co fin de perfeccionalos niveis de protección existentes e disporá o necesario para a adaptación das medidas de prevención sinaladas no parágrafo anterior ás modificacións que poidan experimentar as circunstancias que incidan na realización do traballo.

Así mesmo, deberá cumprilas obrigas establecidas na normativa sobre prevención de riscos laborais.

As obrigas dos traballadores/as, establecidas na Lei 31/95, a atribución de funcións en materia de protección e prevención ós traballadores/as ou ós servizos de empresa e o recurso ó concerto con entidades especializadas para o desenvolvemento de actividades de prevención, complementarán as actuacións do Alcalde, sen que por iso o eximan do cumprimento do seu deber nesta materia, sen prexuízo das accións que se poida exercitar, no seu caso, contra calquera persoa.

O custo das medidas relativas á seguridade e á saúde no traballo non deberán recaer en modo ningún sobre os traballadores/as.

ARTIGO 64. SERVICIO DE PREVENCIÓN

De conformidade co previsto na Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e no Real decreto 39/97, do 17 de xaneiro, o Concello creará un servicio de prevención propio ou manterá o actual servicio de prevención alleo.

ARTIGO 65. DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Os delegados/as de prevención son os representantes dos traballadores/as con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

Serán designados por e de entre os/as representantes do persoal no ámbito dos órganos de representación previstos nas normas ás que ser refire o art. 34 da Lei 31/95 e consonte á escala que sinalada no art. 35 deste mesmo texto legal.

O tempo utilizado polos delegados/as de prevención para desempeñalas súas funcións será considerado como de exercicio de funcións de representación para os efectos da utilización do crédito horario. Non obstante, considérase como tempo de traballo efectivo, sen imputación ó crédito horario, o empregado polo delegado/a de prevención para asistir ás reunións do Comité de seguridade e saúde, así como a calquera outra convocada polo Concello en materia de prevención de riscos e o tempo destinado ás visitas dos inspectores de Traballo.

ARTIGO 66. COMPETENCIAS DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

Son competencias dos delegados/as de prevención:

Exercer un labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

Promover e fomentala cooperación dos traballadores/as na execución da normativa sobre a prevención de riscos laborais.

Ser consultados polo Concello, con carácter previo á súa execución, acerca das decisións adoptadas que poidan incidir nas condicións de traballo, especialmente no caso das relativas á introdución de novas tecnoloxías.

ARTIGO 67. FACULTADES DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN

No exercicio das competencias e funcións atribuídas ós delegados/as de prevención, estes estarán facultados para:

Acompañar ós técnicos nas avaliacións de carácter preventivo no medio de ambiente do traballo.

Ter acceso, coa excepción da información persoal de carácter médico confidencial, ós documentos e informes relativos ás condicións de traballo que serán de relevancia para o exercicio das súas funcións.

Elaborar un informe de actividades, no que se detallará a súa actuación no centro de traballo e as anomalías atopadas en materia preventiva, así como medidas de prevención que se propoñen, todo iso sen prexuízo dos informes que se emiten nos supostos de danos para a saúde dos traballadores/as.

Recibir información do Concello dos danos para a saúde dos traballadores/as unha vez que se teña coñecemento da súa produción, podendo presentarse, aínda fóra da xornada laboral, no lugar dos feitos para coñecelas súas circunstancias.

Propoñela adopción de medidas preventivas, incluíndo a realización de avaliacións das condicións do medio de traballo, así como as medidas dirixidas a melloralos niveis de protección da saúde dos traballadores/as.

Propoñer no comité de seguridade e saúde o debate, no seu propio seo, da adopción de medidas preventivas.

Propoñerlle á Corporación municipal para que esta, a través do Alcalde, acorde a paralización das actividades de existiren riscos inminentes para a saúde dos traballadores/as. No caso de que non se leve a cabo tal paralización o delegado de prevención poderá acudir á autoridade laboral para que no prazo máximo de 24 horas esta anule ou ratifique a procedencia da paralización.

Os informes que deban emitir os delegados de prevención deberán elaborarse nun prazo de dez días, ou o tempo imprescindible cando se trate de adoptar medidas dirixidas a prever riscos inminentes. Transcorrido o prazo sen ter emitido o informe, o Concello poderá poñer en práctica a súa decisión.

A decisión negativa do Concello a adoptalas medidas propostas polo delegado/ a de prevención deberá ser motivada.

ARTIGO 68. COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

Constituirase no Concello de Pontevedra un Comité de Seguridade e Saúde, formado polos delegados/as de prevención, dunha parte, e polo Concello e/ou os seus representantes en número igual ó de delegados/as, doutra. Para tal fin presupostarase anualmente unha cantidade para atendelas necesidades que deriven da súa posta en marcha e funcionamento.

Os membros do Comité que non sexan delegados/as sindicais disporán dos permisos necesarios para a realización do seu cometido e asistencia ás reunións. Non poderán ser trasladados nin sancionados durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano inmediatamente seguinte á expiración do seu mandato, salvo no caso de que este se produza por renovación ou dimisión, e que o traslado ou a sanción se basee na acción do traballador/a no exercicio de representación.

Así mesmo, non poderán ser discriminados/as na súa promoción económica ou profesional en razón, previamente do desempeño da súa representación.

Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde participarán, con voz e sen voto, os delegados/as sindicais e os responsables técnicos da prevención no Concello que non estean incluídos na súa composición. Nas mesmas condicións poderán participar nas reunións do Comité traballadores/as desta Administración municipal que conten cunha especial cualificación ou formación respecto de cuestións concretas que se debatan neste órgano, e técnicos/as en prevención alleos á empresa, sempre que así o solicite algunha das representacións do Comité.

Así mesmo, poderán participar con voz pero sen voto os delegados/as de Prevención de empresas privadas que teñan concertados servizos co Concello.

O Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite calquera das partes, previa xustificación que así o acredite. O Comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

O Comité de Seguridade e Saúde terá as seguintes competencias:

Participar na elaboración e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos no Concello. Para tal efecto, no seu seo debateranse, antes da súa posta en práctica no referente á súa incidencia na prevención de riscos, os novos métodos de traballo, a apertura de novos locais e as modificacións nos locais e equipos de traballo, na medida que esta poida repercutir na saúde e a seguridade dos traballadores/as.

Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos, informando á Corporación das deficiencias existentes a fin de que se proceda á súa corrección.

No exercicio das súas competencias o Comité de Seguridade e Saúde estará facultado para:

Coñecer directamente a situación relativa á prevención de riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto as visitas que estime oportunas.

Coñecer cantos documentos e informes que obren na administración municipal relativos ás condicións de traballo, incluídos os relativos ó almacenamento e eliminación de residuos perigosos, sexan de relevancia para o cumprimento das súas funcións.

Coñecer e analizalos danos para a saúde dos traballadores/as co obxecto de valoralas súas causas e propoñelas medidas preventivas oportunas.

Seguilo desenvolvemento das inspeccións e investigacións que a estes efectos leven a cabo os órganos administrativos competentes, salvo que a súa interpretación poida prexudicala eficacia da súa actuación.

CAPÍTULO II EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL

ARTIGO 69. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS)

Á marxe da roupa de traballo facilitada ós traballadores/as que ocupen un posto que non entrañe riscos, o Concello estará obrigado a facilitar equipos de protección individual para protexer ó traballador de situacións inseguras durante a realización do seu traballo.

Trala avaliación dos riscos do posto de traballo, o servicio de Prevención elixirá o EPI que considera máis axeitado para cada tipo de risco.

Tódolos EPIS adquiridos polo Concello deberán levalo etiquetado CE de conformidade co fabricante, podendo o traballador/a negarse a recollelo equipo de protección se non cumpre este requisito.

Os EPIS revisaranse periodicamente por parte do servicio de Prevención substituíndo os que non cumpran os requisitos de revisión.

Ós traballadores/as que non utilicen EPIS para desempeñalas súas funcións facilitaráselles roupa de traballo e calzado profesional homologado, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran. Como mínimo todo o persoal terá dereito a dúas prendas de traballo por temporada (ano), que lle será entregada nos catro primeiros meses do ano.

TITULO VII CAPITULO I ASISTENCIA SANITARIA

ARTIGO 70. ASISTENCIA SANITARIA

1. A prestación de asistencia sanitaria a tódolos traballadores/as do Concello outorgarase segundo os termos e as condicións establecidas na lexislación vixente.

2. De conformidade co acordado polo pleno da Corporación municipal nas sesións de 29 de xaneiro e 24 de xullo de 1996, este Concello complementa a asistencia sanitaria dos traballadores/as, integrados no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante contrato formalizado con Compañía de Seguros.

CAPÍTULO II BENEFICIOS SOCIAIS

ARTIGO 71. MELLORAS SOCIAIS

Só poderán disfrutar das melloras sociais reguladas neste capítulo os traballadores/as dependentes do Concello de Pontevedra, quedando excluídos aqueles que se atopen expresamente excluídos do ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo, así como o persoal laboral temporal non incluído na Relación de Postos de Traballo. Con independencia da súa dotación orzamentaria, a xestión e distribución dos créditos destinados a beneficios sociais realizarase de forma conxunta entre funcionarios/as e traballadores/as laborais de maneira que o nivel das prestacións a recibir de forma individual por cada traballador/a ou funcionario/a do Concello de Pontevedra sexa idéntico. Co obxecto de mellorar a dotación económica das partidas incluídas neste capitulo de beneficios sociais destinaranse 21. 000 euros no ano 2007 ós distintos conceptos de beneficios sociais aquí incluídos, que xa aparecen distribuídos nos artigos seguintes, e 21. 000 euros no ano 2008 que deberán ser distribuídos no momento de negociación dos orzamentos do ano 2008.

As contías establecidas neste Capítulo abranguen tanto a funcionarios como laborais sen que teñan dereito a ningunha outra contía por tales conceptos.

As partidas orzamentarias que recollan axudas para próteses, axuda de estudos, plan de pensións e asistencia médica estarán vinculadas orzamentariamente.

ARTIGO 72. AXUDA PARA PRÓTESES

O concello habilitará un crédito global de 16. 020 euros no ano 2007 para a concesión de axudas para próteses a todos/as os/as traballadores/as e funcionarios/as acollidos ó convenio e ós seus fillos.

ARTIGO 73. ANTICIPOS

Os funcionarios/as e traballores/as do Concello de Pontevedra poderán recibir anticipos de ata tres (3) mensualidades dos seus haberes cun máximo de ata 4. 000 euros. Con tal fin o Concello habilitará anualmente unha partida global de 90. 151,82 euros no orzamento xeral do Concello destinada a todos/as os/as traballadores/as e funcionarios/as acollidos ó convenio.

A partir do mes seguinte á data de percepción do anticipo detraerase da nómina do funcionario/a ou traballador/a en cuestión a cantidade que resulte de dividila contía global do anticipo entre o número de mensualidades que correspondan ó importe que teña solicitado, de acordo coa seguinte escala:

Anticipo de unha mensualidade: Reintegro en 12 mensualidades

Anticipo de dúas mensualidades: Reintegro en 16 mensualidades

Anticipo de tres mensualidades: Reintegro en 20 mensualidades

Estes anticipos solicitaranse a través do Rexistro Xeral do Concello, e concederanse con arreglo á data de entrada neste.

Non se tramitarán novas solicitudes de anticipos ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade.

Serán incompatibles a percepción simultánea de anticipo e préstamo, salvo caso extraordinario e xustificado que apreciará libremente a Alcaldía.

ARTIGO 74. PRÉSTAMOS SEN INTERESE

Poderán concederse préstamos sen interese ata unha contía máxima de 9. 015,18 euros ós funcionarios/as e traballadores/as deste Concello. Estes préstamos terán por obxecto financialos seguintes gastos:

Gastos destinados á compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ata 9. 015,18 euros.

Gastos destinados a melloras de vivenda ou compra de garaxe que reúnan as características anteriores, ata 3. 005,00 euros.

Para tal fin consignarase anualmente unha partida orzamentaria global dotada con 42. 070,85 euros, para todos/as os/as traballadores/as e funcionarios/ as acollidos ó convenio.

Estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, correspondente a dividila contía concedida entre 60 mensualidades.

A Comisión Paritaria arbitrará as normas correspondentes para a concesión destes préstamos, garantindo a equidade daquelas e fixando os requisitos e xustificacións documentais necesarios, correspondendo a resolución definitiva á Alcaldía.

Non se concederán máis préstamos se o interesado/a non ten amortizado outros que lle teñan sido concedidos, ou outro tipo de anticipo ou préstamo, salvo causa de especial transcendencia apreciada pola Comisión Paritaria.

Serán incompatibles a percepción simultánea de anticipo e préstamo, salvo caso extraordinario e xustificado que apreciará libremente a Alcaldía.

ARTIGO 75. AXUDA DE ESTUDIOS

O Concello habilitará un crédito global de 40.060 euros no ano 2007 para a concesión de axudas de estudios a todos/as os/as traballadores/as e funcionarios/as acollidos ó convenio e ós seus fillos.

A Comisión Paritaria elaborará os módulos de axudas de estudios para os distintos niveis educativos acomodándoas ó crédito existente. Corresponde ós órganos de goberno do Concello a aprobación das bases reguladoras da convocatoria pública de axudas e a resolución do procedemento.

ARTIGO 76. PLAN DE PENSIÓNS E ASISTENCIA MÉDICA

Co fin de mellorar o benestar social do seu persoal e en aplicación das disposicións xerais sobre promoción de plans de pensións por parte das administracións públicas o Concello habilitará unha partida de 151. 000 euros no ano 2007 para asistencia médica e plan de pensións. O plan de pensións e a asistencia médica terán carácter voluntario e os beneficiarios estarán suxeitos ás estipulacións previstas nos seus respectivos regulamentos ou pregos. As cantidades aplicadas ó plan de pensións son incompatibles coas cantidades aplicadas á asistencia médica e, en consecuencia, ningún funcionario/a ou traballador/ a do Concello poderá ser beneficiario/a das dúas prestacións, agás que poida facelo pola súa exclusiva conta no que respecta a asistencia médica.

Asistencia médica. A contía asinada anualmente a asistencia médica será a que corresponda de prorratear o crédito global habilitado entre o número de funcionarios/as e traballadores/as acollidos a asistencia sanitaria no mes de outono do ano anterior ó orzamento que corresponda. En aplicación deste criterio, no ano 2007 habilitarase unha partida de 121. 000 euros para asistencia médica. Os/As funcionarios/as e traballadores/as que obtén pola asistencia médica deberán aportar a parte da prima que non cubra a aportación do Concello.

Plan de pensións. A contía asinada anualmente a este concepto será a que resulte de prorratear o crédito global habilitado entre o número de funcionarios/as e traballadores/as non acollidos a asistencia sanitaria no mes de outono do ano anterior ó orzamento que corresponda. En aplicación deste criterio, no ano 2007 habilitarase unha partida de 30. 000 euros para o plan de pensións. O Concello comprométese, como entidade xestora, a aportar un importe de dezaoito euros (18,00) ó mes por cada funcionario/a ou traballador/a en doce (12) pagas. Esta cantidade deberá ser complementada por cada participe do plan nunha contía de cando menos dezaoito euros (18) ó mes.

Os traballadores que non optasen nin pola asistencia sanitaria, nin polo plan de pensións poderán, a petición propia, monetarizar na súa nómina a aportación do concello que lles correspondería de ser participes do plan de pensións, coa finalidade de que poidan constituír o seu propio plan de pensión ou sistema de aforro individual.

O funcionario/a ou traballador/a que obtase por algunha das opcións anteriores non poderá cambiar de situación ata o ano seguinte, debendo comunicalo ós servizos do Concello antes de outono do ano anterior. De forma transitoria, dado que o plan de pensión esta actualmente póndose en marcha, os traballadores e funcionarios non acollidos a asistencia sanitaria poderán optar ó longo do ano 2007 ó plan de pensión ou a súa monetarización. Esta opción deberá realizarse por escrito e surtirá efecto dende o momento da súa comunicación.

ARTIGO 77. GASTOS DE SEPELIO

O Concello subsidiará os gastos de sepelio dos funcionarios/as e traballadores/as en activo coa cantidade de 902,00.

ARTIGO 78. ASESORAMENTO E DEFENSA XURÍDICA

O Concello prestará asesoramento e defensa xurídica ós traballadores/as nas circunstancias que así o esixan, como consecuencia do desenvolvemento da súa función, sempre que o feito que motive a asistencia fose debido a actuacións do traballador/a no exercicio do seu cargo. En tal caso, na aplicación do establecido neste artigo, ditaminará con carácter previo a Comisión Paritaria Mixta.

ARTIGO 79. SEGUROS

O Concello manterá as actuais pólizas de seguros que garanten a cobertura das responsabilidades civís que puidesen derivarse da prestación de servizos polos empregados do Concello e a actual póliza de seguro colectivo de accidentes ou enfermidades profesionais que cubre os riscos de morte e incapacidade permanente.

ARTIGO 80.

Os/As funcionarios/as e traballadores/as do Concello de Pontevedra que obtén por xubilarse anticipadamente recibirán unha subvención, por unha soa vez e polo referido feito, de acordo coa seguinte escala:

IDADE XUBILACIÓN PRIMA XUBILACIÓN

60 anos 15. 000 euros

61 anos 12. 000 euros

62 anos 9. 000 euros

63 anos 6. 000 euros

64 anos 3. 000 euros

ARTIGO 81.

Os /As funcionarios/as e traballadores/as poderán acumular ás vacacións correspondentes ao último ano previo a data de xubilación un permiso retribuído de 1 día natural por cada ano completo de servizos prestados ao Concello de Pontevedra

TÍTULO VIII CAPÍTULO I

ARTIGO 82. CLÁUSULA DE GARANTÍA SALARIAL

A finais do ano 2008, período de vixencia deste acordo, realizarase unha revisión salarial daquelas retribucións que teñan sufrido perda de poder adquisitivo en relación co incremento que sufra o IPC real no mesmo período de vixencia, adaptándoas ao IPC. A efectos desta revisión salarial considerarase globalmente a evolución do importe total de sumar as retribucións básicas, complemento de destino e complemento específico.

TÍTULO IX CAPITULO I CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN

ARTIGO 83. PRINCIPIO XERAL

Conscientes da existencia no Concello de Pontevedra de prazas laborais temporais que responden

a programas financiados pola Xunta de Galicia, así como de traballadores/as laborais que, de acordo coa normativa vixente, ocupan postos que deberían estar reservados a persoal funcionario, co obxectivo de solventar as situacións aludidas establecese o seguinte plan de consolidación de emprego temporal e funcionarización de persoal laboral.

Os procesos de consolidación ou funcionarización non deberán supor aumento nin diminución de efectivos.

ARTIGO 84. CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

Co obxectivo de axilizar os procesos de consolidación de emprego temporal o Concello comprométese a converter en prazas laborais fixas aquelas de carácter permanente que non dependan de financiación allea.

O Concello comprometese a transformar en contratos laborais indefinidos aqueles contratos laborais temporais que teñan unha antigüidade de 7 anos, cando así sexa solicitado, por escrito, polo titular do contrato e o permita a lexislación vixente.

A consolidación de emprego deberá realizarse de acordo coas necesidades de planificación estratéxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá conlevar a recolocación e traslado de prazas e postos precisos, de conformidade coas necesidades dos servizos e ao abeiro dos procedementos de provisión previstos neste convenio.

A convocatoria dos procesos selectivos para a consolidación de emprego temporal efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, mediante os sistemas de concursooposición ou concurso. Nas fase de concurso valoraranse, entre outros méritos e singularmente, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria e noutros de similares características, así como a experiencia en calquera outro posto desenvolvido no Concello de Pontevedra. As bases da convocatoria de prazas que deban ser obxecto de consolidación deberán ser negociadas coa representación sindical.

A puntuación obtida na valoración de servizos prestados polo persoal ó que se refire o apartado anterior poderá chegar ó 45% do máximo acadable nas probas selectivas correspondentes.

ARTIGO 85. PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN

Os procesos de funcionarización responden a necesidade de adaptar á normativa vixente o réxime xurídico funcionarial ou laboral dos posto de traballo do Concello, de conformidade coas previsións contidas na Lei de Administración Local de Galicia e neste convenio.

O Concello, previa negociación coa representación sindical, definirá na relación de postos de traballo aqueles postos de deberán ser desempeñados por persoal funcionario e que, en consecuencia, deben ser obxecto de funcionarización.

A convocatoria dos procesos selectivos de funcionarización efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, mediante os sistemas de concursooposición ou concurso. Nas fase de concurso valoraranse, entre outros méritos e singularmente, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria e noutros de similares características, así como a experiencia en calquera outro posto desenvolvido no Concello de Pontevedra. As bases da convocatoria de prazas que deban ser obxecto de consolidación deberán ser negociadas coa representación sindical.

A puntuación obtida na valoración de servizos prestados polo persoal ó que se refire o apartado anterior poderá chegar ó 45% do máximo acadable nas probas selectivas correspondentes.

DISPOSICIÓNS FINAIS

Primeira. A aplicación do presente Convenio Colectivo non poderá supoñer que o persoal traballador ó que lle sexa de aplicación poida acadar mellores condicións de traballo, económicas, etc. debendo, polo tanto, estar equiparado.

Segunda. Dado o longo proceso de negociación do Convenio Colectivo e o conseguinte retraso na súa aprobación e o maior esforzo realizado polos traballadores/as do Concello de Pontevedra dende o inicio do ano 2006 pola aplicación da Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, habilitarase no ano 2007 unha paga de produtividade por este maior esforzo dos traballadores por importe de 526,2 euros por traballador, mais 15 euros por día festivo traballado no ano 2006 e 30 euros por día traballado nos meses de xaneiro e febreiro do ano 2007.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira. Solución extraxudicial dos conflitos. Sen prexuízo das atribucións dos órganos de goberno do Concello, os representantes sindicais terán o deber de intentala resolución extraxudicial dos seguintes conflitos:

a) Conflitos sobre intereses comúns dun grupo xenérico de empregados/as e que versen sobre aplicación e interpretación dunha norma estatal, dun acordo ou pacto.

b) Conflitos xurdidos durante a negociación de acordos e pactos debidos a discrepancias substanciais adecuadamente constatadas, que motiven o bloqueo da negociación correspondente por un período de cando menos seis meses, que contará desde o inicio desta.

c) Conflitos que dean lugar á convocatoria dunha folga ou que se susciten sobre a determinación dos servizos esenciais para a comunidade que deban manterse durante esta situación.

Quedan excluídos do ámbito deste acordo os conflitos que versen sobre seguridade social, así como as reclamacións individuais dos empregados públicos.

Cando o conflito se refira a interpretación e aplicación deste acordo, requirirá o previo sometemento a Comisión Paritaria.

Para resolvelos conflitos establécense os procedementos de mediación e arbitraxe.

O procedemento de mediación será obrigatorio sempre que o demanden calquera das partes e no caso de folga.

O mediador será designado de común acordo entre as partes, sen prexuízo de que se a FEMP ou a FEGAMP constitúe unha Comisión Paritaria de Arbitraxe da Función Pública Local, se solicite desta a designación do mediador. No caso de empregados laborais solicitarase da lista do Consello Galego de Relacións Laborais.

Se se producise acordo, este formalizarase por escrito na oportuna acta; de non ser posible, soamente se consignará a falta de acordo, así como as razóns alegadas por cada unha das partes.

En canto a arbitraxe é o sistema a través do cal as partes acordan encomendar a un terceiro a resolución do conflito presentado, comprometéndose por adiantado a aceptalo contido deste.

A designación dos árbitros a efectuará a Comisión Paritaria antes indicada e entre tanto non se constitúa, o Consello Galego de Relacións Laborais.

En canto a eficacia da proposta de mediación aceptada ou, de selo caso, do laudo arbitral ditado terán o mesmo valor normativo que os pactos considerados no Artigo 35. 2, da Lei 9/1987, do 12 de xuño, polo que obrigarán directamente as partes.

Non obstante cando a mediación ou arbitraxe afecten a temas que deban ser obxecto dun acordo dos previstos no dito Artigo 35, por se refiren á materias que sexan competencia do ConcelloPleno, o acordo de mediación ou laudo correspondente deberá ser aprobado expresa e formalmente, polo dito órgano de goberno para alcanzar validez eficacia.

De ser rexeitado, a resolución denegatoria deberá ser motivada, de conformidade co establecido no art. 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Segunda. A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio aplicaráselle o réxime de incompatibilidades, de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia, así como o sinalado no anexo ó proxecto organizativo.

Terceira. A efectos deste acordo regulador considéranse graos de consanguinidade e afinidades os seguintes:

Primeiro grao: Cónxuxe, fillos/ as, pais, nais, sogros/as.

Segundo grao: Netos/as, avós/as dos cónxuxes, irmáns/ás e cuñados/as.

Terceiro grao: Sobriños/as, tíos/as, bisavós/as, bisnetos/as de ámbolos cónxuxes. Cuarto grao: Primos/as.

Cuarta. A efectos deste acordo regulador considerase parellas de feitos aquelas persoas que sen seren cónxuxe convivan co titular do dereito e o poidan acreditar por calquera medio válido en dereito.

Quinta. horarios e descanso: 1. O horario de tódolos/as traballadores/as do Concello de Pontevedra, será, en xeral, de 07: 50 horas a 15,00 horas, con unha marxe de dez minutos á entrada.

2. En xeral, considérase que os domingos e festivos son días de descanso para o persoal do Concello de Pontevedra

3. O persoal adscrito ás Brigadas e de servizos especiais prestará os seus servizos segundo os horarios establecidos polo órgano competente para cada caso.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogado o II Acordo Regulador/Convenio Colectivo, aprobado polo pleno na sesión que tivo lugar o día 9 de maio de 2002, así como aqueles acordos adoptados polo pleno da corporación municipal, resolucións da Alcaldía e demais disposicións que se opoñan ou contradigan o disposto neste Convenio Colectivo, agás as disposicións aprobadas polo Pleno da corporación como anexo ó proxecto organizativo vixente, relativas a incompatibilidades, importe horas extraordinarias, complemento de produtividade e adscricións provisionais individualizadas.

Non obstante, no suposto de impugnación ou anulación, total ou parcial, do presente acordo regulador colectivo permanecerán en vigor, total ou parcialmente, as disposicións contidas no II acordo regulador/convenio colectivo.

ANEXO I HORAS EXTRAORDINARIAS

TÁBOA DE IMPORTE DE HORAS NORMAIS O valor/hora do importe das horas extraordinarias será o seguinte, as que serán incrementadas nun 50% cando foran realizadas en día festivo ou horario nocturno:

NIVEL

CONTÍA EN EUROS

12

10,10

13

10,76

14

11,42

15

11,87

16

12,17

17

12,47

18

12,80

20

13,46

22

14,81

24

16,11

25

16,47

26

16,83

28

 17,49

30

 18,18

No lugar e data no encabezamento reflectidos, asinan o III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, o representante da Administración municipal e os representantes das organizacións sindicais asinantes:

POLA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

Xosé Luis Veiga Lage.

POR UGT

Juan José Graña Novegil.

POR CIG

Rosa Campos Briones.

POR CSICSIF

Juan Rodríguez Prado. Vigo, a 31 de agosto de 2007. O Delegado provincial, Pedro Borrajo Rivas. 2007008465