Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
02/08/2010

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PONTEVEDRA. PERSONAL LABORAL (36004222012008) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión Validez desde 02 de Agosto de 2010 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 18-19)

Modificacion do artigo 42 do III convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE PONTEVEDRA, con nº de codigo 3604222 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 146 de 02/08/2010)

Preambulo

CONVENIOS COLECTIVOS

Vista a acta de modificación do artigo 42 do III convenio colectivo do persoal laboral do CONCELLO DE PONTEVEDRA, con nº de código 3604222, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 13-042010, subscrito en representación da parte económica por unha representación do concello e da parte social pola representación sindical dos traballadores, en data 22-10-2009, e aprobada polo Pleno do concello en sesión ordinaria do día 23-032010, e de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/81, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, este departamento territorial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordenar o seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación, no "Boletín Oficial" da provincia.

CONCELLO DE PONTEVEDRA

En Pontevedra, a vinte e dous de outubro de dous mil nove, para a sinatura da modificación acordada, por unanimidade, pola Comisión Negociadora (Mesa Xeral Conxunta de Negociación), na sesión do día 22 de outubro de 2009, do texto do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra que foi aprobado, por maioría, na sesión da Comisión Negociadora que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2007 e aprobado polo Pleno do Concello na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de abril de 2007, reúnense na sala de xuntas da Casa do Concello, dunha parte:

En representación da Administración municipal, José Antonio García Lores, Concelleiro de Goberno delegado da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica.

De outra, en representación das organizacións sindicais asinantes:

- Miriam Viñas Cochón, en representación da organización sindical UGT-FS.

- Rosa Campos Briones, en representación da organización sindical CIG.

- Juan Rodríguez Prado, en representación da organización sindical CSI-CSIF.

- Carlos Pino Serrano, en representación da organización sindical CC.OO.

Ambas partes, Administración municipal e organizacións sindicais asinantes, asinan a modificación do texto do convenio negociada e aprobada na Comisión Negociadora (Mesa Xeral Conxunta de Negociación), engadindo un novo parágrafo ao artigo 42 do III Convenio Colectivo do Concello de Pontevedra, que é do seguinte teor literal:

"Recoñécese ao persoal laboral do Concello de Pontevedra a totalidade dos servizos indistintamente prestados na Administración do Estado, autonómica ou local previos ao seu ingreso".

No lugar e data no encabezamento reflectidos, asinan a devandita modificación do III Convenio Colectivo para o persoal laboral do Concello de Pontevedra, o representante da Administración municipal e os representantes das organizacións sindicais asinantes.

Pola Administración municipal, José Antonio García Lores.-Por UGT, Mirian Viñas Cochón.- Por CIG, Rosa Campos Briones.-Por CSI-CSIF, Juan Rodríguez Prado.-Por CC.OO, Carlos Pino Serrano.

Vigo, a 18 de maio de 2010.-A xefa territorial, Carmen Bianchi Valcarce. 2010005856