Convenio Colectivo de Emp...Pontevedra

Última revisión
26/12/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PORRIÑO. PERSOAL LABORAL (36104572012011) de Pontevedra

Empresa Provincial. Versión Validez desde 27 de Diciembre de 2013 en adelante

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Documento oficial en PDF(Páginas 11-18)

Modificacion diversos artigos do Convenio Colectivo para o Persoal Laboral ao Servizo do Concello de Porriño. Codigo de Convenio numero 36104572012011 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 246 de 26/12/2013)

Preambulo

CONVENIO OU ACORDO: CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO PORRIÑO

Código de Convenio número 36104572012011

Despois de examinar o Acordo da Comisión Negociadora polo que se modifican diversos artigos do Convenio Colectivo para o Persoal Laboral ao Servizo do Concello de Porriño, publicado no BOP nº 126 do día 01. 07. 2011, subscrito en representación da parte económica, por unha representación do Concello, e da parte social polo comité de empresa e por representantes dos sindicatos CSiF e CC. OO, en data 25 de outubro de 2013, e ratificado polo Pleno do Concello o 28 de outubro de 2013.

Primeiro. Dito Convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 8 de novembro de 2013.

Segundo. Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro. Que o artigo 90. 2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo. Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro. Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

esta xefatura territorial,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18. 11. 2010).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro. Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

MODIFICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DAS CONDICIÓNS DE EMPREGO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO PORRIÑO (PUBLICADO NO BOPDEPO N º 126 DE 01-07-2011 COMO CÓDIGO DE CONVENIO N º 36104572012011)

 
Artigo único.

Acórdase a modificación dos seguintes artigos e disposicións do Convenio Colectivo do persoal laboral do Concello de Porriño publicado no Boletín Oficial da Provincia d de Pontevedra nº 126 de 01-07-2011 como código de convenio nº 36104572012011.

1. O artigo 2 do Convenio pasa a ter a seguinte redacción: "O Convenio aplicarase a todo o persoal laboral fixo, indefinido e temporal, independentemente da duración e tipo de contrato, ao servizo do Concello de Porriño, en todo o que resulte compatible coa súa relación de emprego, e de conformidade coas particularidades e alcance, especificamente previstos, ao respecto das diferentes materias e previsións do presente Convenio. As dúbidas ou discrepancias que poidan xurdir, ao respecto do persoal a incluír no eido de aplicación do presente Convenio, nos termos do previsto no presente artigo, serán obxecto de estudo e tratamento no seo da Comisión Paritaria de Seguimento e Control. "

2. O apartado 1 do artigo 3 pasa a ter a seguinte redacción: "O presente Convenio Colectivo entrará en vigor segundo o establecido na lexislación sobre réxime local, abarcando o seu período de vixencia dende o 1 de xaneiro de 2. 011 ata o 31 de decembro de 2015 período que non obstante entenderase prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo convenio colectivo que substitúa ó anterior trala oportuna negociación. "

3. O artigo 18 pasa a ter o seguinte enunciado e redacción:

"CALIDADE DE SERVIZOS, REGULACIÓN E XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIAS

O Concello de Porriño e os órganos de representación legal dos seus traballadores potenciarán os instrumentos de regulación e xustificación de ausencias don persoal a través dos sistemas de control e xestión das mesmas que se estimen necesarios, potenciando, igualmente, as medidas de mellora dos sistemas e procedementos de calidade na prestación dos servizos públicos aos cidadáns.

Co fin de materializar e dar cumprida execución a dito compromiso, resultarán aplicables as seguintes previsións, sen prexuízo daquelas outras que en cada momento poidan ser obxecto de aprobación

1. O persoal virá obrigado a comunicar todas aquelas ausencias que se produzan, ao inicio da xornada laboral, mediante o correspondente aviso a unidade/servizo de pertenza, seguíndose igual procedemento no caso de ser causa sobrevida durante a xornada laboral. A partir do cuarto día de enfermidade será obrigada a presentación do parte de baixa. Devandito parte e os sucesivos de confirmación, coa periodicidade que regulamentariamente proceda, deberán presentarse na unidade competente en materia de persoal, no prazo máximo de tres días desde a súa expedición; así mesmo, unha vez expedido o parte de alta, a incorporación ao posto de traballo deberá realizarse o primeiro día hábil seguinte á data de dita alta, achegando nese momento o citado parte de alta.

2. As ausencias e faltas de puntualidade e permanencia do persoal que non queden debidamente xustificadas, conforme ao criterios sinalados, darán lugar á correspondente dedución proporcional de haberes. Non obstante, serán admisibles, como ausencias xustificadas, non dando lugar á dedución salarial, os casos de ausencia durante a totalidade dunha xornada ordinaria de traballo, e ata un máximo de seis días ao longo ano, por causa de enfermidade ou accidente, que non dean lugar a incapacidade temporal, dos que non poderá utilizar de xeito conxunto mais de tres días consecutivos, só tres poderán ter lugar en días consecutivos. Todo ilo sen prexuízo de que exista a obriga de que ditas ausencias deban ser comunicadas, con carácter inmediato, a unidade/servizo de pertenza, e obxecto de posterior xustificación, mediante declaración xurada ao respecto da causa da referida ausencia. Non obstante, no caso do persoal laboral temporal, só poderá facer uso deste tipo de ausencias xustificadas a partires do ano continuado, e ininterrompido, de prestación laboral no Concello, ou no caso de que a súa relación contractual teña unha duración prevista de, cando menos, un ano.

3. Non obstante, aquelas ausencias e faltas de puntualidade e/ou permanencia do persoal que non se deriven dos supostos sinalados no punto anterior, ou respecto das que non se poida achegar xustificación documental, e que non supoñan, acumuladamente, máis de oito horas ao mes, trinta horas ao ano, tamén terán a consideración de xustificadas, non procedendo, xa que logo, dedución retributiva ningunha; todo ilo sen prexuízo de que exista a obriga de que ditas ausencias deban ser comunicadas, con carácter inmediato, a unidade/servizo de pertenza. en todo caso, no momento en que se superen os devanditos cómputos horarios, ben sexan as oito horas en cómputo mensual, ou as trinta horas en cómputo anual, procederase á dedución retributiva proporcional, considerando, a tal efecto, a totalidade de horas de ausencia contabilizadas. Non obstante, no caso do persoal laboral temporal, só poderá facer uso deste tipo de ausencias xustificadas a partires do ano continuado, e ininterrompido, de prestación laboral no Concello, ou no caso de que a súa relación contractual teña unha duración prevista de, cando menos, un ano.

4. en calquera caso, das medidas que se adopten para reducir a regulación e xustificación de ausencias, informarase puntualmente á Comisión Paritaria de control e seguimento, así como aos órganos de representación legal dos traballadores. Aos efectos anteriores será entregada, trimestralmente, aos representantes dos traballadores, a relación de horas efectivamente realizadas polo persoal acollido a este Convenio, de conformidade cos datos subministrados a través dos sistemas de control que se implanten. "

4. Os apartados 2 e 3 do artigo 19 pasa a ter a seguinte redacción: "2. Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as dependencias públicas, agás para o servizo de rexistro e/ou atención ao público e para os servizos especiais do Concello. Os calendarios laborais incorporarán dous días de permiso cando os referidos 24 e 31 de decembro coincidan en festivo, sábado ou día non laborable. igualmente, os calendarios laborais tamén incorporarán, cada ano natural un día de permiso cando algunha ou algunhas festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído e non recuperable, e non substituíble pola Comunidade Autónoma, coincidan con sábado en dito ano Non obstante, no caso do persoal laboral temporal, só poderá facer uso deste tipo de permisos a partires do ano continuado, e ininterrompido, de prestación laboral no Concello, ou no caso de que a súa relación contractual teña unha duración prevista de, cando menos, un ano. Así mesmo, ademais do anterior, o persoal que traballe no rexistro ou en servizos especiais, ou que por necesidades do servizo teña que traballar estes días, terá dereito a un descanso de un día adicional de descanso, en compensación por cada día deste traballado, no ano seguinte, ou a súa compensación económica, de ser o caso, e nos supostos de imposibilidade de compensación en descanso, conforme aos criterios e contías fixados para os servizos extraordinarios de carácter festivo O día da festividade dos/as empregados/as Públicos da Administración Local se realizará unha xornada especial de 8:00 a 11:00 h. debendo permanecer cubertos, posteriormente, todos os servizos, con cando menos un empregado. Sé este día coincídese en sábado ou en domingo, a celebración trasladárase ó día hábil inmediatamente posterior ou anterior, de acordo coa representación sindical.

3. Os días de permiso por asuntos persoais, os días de permiso previstos no artigo 19. 2, así como os días de vacacións que se gocen de forma independente, poderán ser gozados nos días laborables que medien entre festivos e fin de semana, sempre que resulte compatible coa adecuada prestación do servizo afectado; en todo caso, dita posibilidade poderá ser gozada, polo persoal municipal, nun mínimo de dúas ocasións ao longo do ano, sen prexuízo de que dito goce quede condicionado ás necesidades do servizo. "

5. Os apartados 1 e 2 do artigo 20 queda redactado como segue:

"1. XORNADA ORDINARIA

A duración da xornada de traballo no Concello do Porriño será a que, en cada momento, estea establecida para a Administración Xeral do estado. Deste xeito, no momento de asinar o presente Convenio a xornada xeral de traballo do persoal ao servizo do Concello non poderá ser inferior ás 37 horas e media semanais de traballo efectivo, de promedio, en cómputo anual, equivalente a 1664 horas anuais, todo elo sen prexuízo das adecuacións e modificacións que, como consecuencia das previsións normativas que resulten de aplicación, en cada momento, nesta materia, sexa preciso realizar e, particularmente, no eido da conciliación da vida familiar e laboral.

Neste cómputo de xornada incluiranse as horas de asistencia aos cursos de formación programados ou autorizados polo correspondente órgano municipal para a capacitación e cualificación profesional ou para a adaptación a un novo posto de traballo e de asistencia obrigada.

a) A parte principal do horario, chamada tempo fixo ou estable, será de 30,00 horas semanais de obrigada presencia, a razón de 06,00 horas, de luns a venres a realizar entre ás 08,30 e ás 14,30 horas.

b) A parte variable do horario, o tempo de flexibilidade do mesmo, poderase cumprir entre ás 07,30 e ás 08,30 horas, ou entre ás 14,30 e ás 15,30 horas de luns a venres, tendo en conta especialmente a necesidade de conciliar a vida familiar e laboral, completándose a xornada en cómputo anual con horas de asistencia a cursos de formación, segundo as necesidades do servizo.

c) establecerase un horario de atención o público de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres en tódolos servizos do concello de Porriño.

d) A distribución anual da xornada non poderá alterar o número de días de vacacións que estableza a normativa en vigor.

e) … (queda sen contido)

f) A flexibilidade de horario será solicitada por escrito ó Alcalde ou Concelleiro/a en quen delegue, dando conta ó Comité de empresa u Delegados/as de empresa tanto da solicitude como da resolución.

g) Aqueles traballadores que realicen cursos de formación, nun máximo de 60 horas anuais, pertencentes ós Plans de Formación Continuada dos Organismos das distintas Administracións ou do propio Concello, e que teñan relación co posto de traballo, poderán adapta-lo seu horario de traballo para a asistencia ós mesmos, computando o tempo invertido neles como tempo de traballo efectivo.

h) Os criterios xerais que se veñen de sinalar, en materia de xornada, aplicaranse sen prexuízo das modificacións ou flexibilidades horarias autorizadas en desenvolvemento das disposición normativas vixentes ao respecto, e con independencia dos horarios específicos que se establezan nos servizos que, polas súas especiais características, non poidan adecuarse a estas regras xerais, de conformidade co fixado no Anexo iV do presente Convenio en todo caso, nos supostos nos que, polas especiais características do servizo ou do posto de traballo, non sexa posible esta distribución ordinaria da xornada, deberase garantir, en todo momento, o cumprimento dunha xornada equivalente, de tal xeito que a distribución concreta da mesma cumpra coa xornada mínima semanal referida ou, no seu caso, co equivalente anual de 1664 horas.

2. XORNADADE VERÁN:

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto (ámbolos dous inclusive) quedará establecido o horario de verán; perante este tempo reducirase a xornada de traballo nunha hora diaria. "

6. Suprímese o apartado número 3 do apartado c) do artigo 21 relativo ao límite de horas extraordinarias.

7. Os apartados 1, 2, 3 e 4 do artigo 24 pasan a ter a seguinte redacción:

"1. Recoñecese e ampárase o dereito, irrenunciable, de todo/a traballador/a ó gozará das vacacións regulamentarias.

1. 1. As vacacións terán a duración de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ó tempo de servizos efectivos, debéndose gozar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, con arranxo á planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou organismo, previa consulta cos representantes sindicais; a estes efectos os sábados non serán considerados días hábiles. Sen prexuízo do anterior se poderá solicitar o disfrute independentemente de ata 7 días hábiles por ano natural

2. Gozaranse, preferentemente e con carácter xeral, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, respectando sempre as necesidades do servizo

3. No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comeza-lo período vacacional en descanso semanal establecido. No calendario das vacacións do persoal de servizos con horarios específicos, organizados en quendas, consideraranse hábiles os día que figuren como laborables no seu calendario específico.

4. No suposto de baixa por maternidade, ou permiso maternal durante o desfrute das vacacións suspenderanse estas, reanudándose unha vez se produza a alta pola traballadora, de acordo coas necesidades do servizo.

Cando o período de vacacións previamente fixado ou autorizado, e cuxo disfrute non se iniciase, poida coincidir no tempo cunha situación de incapacidade temporal, risco durante a lactación, risco durante o embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade ou permiso acumulado de lactación, poderase gozar en data distinta.

Cando as situacións ou permisos indicados no parágrafo anterior impidan iniciar o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, estas poderanse gozar en ano natural distinto. No suposto de incapacidade temporal, o período de vacacións poderase gozar unha vez finalice a devandita incapacidade e sempre que non transcorresen máis de dezaoito meses a partir do final do ano en que se orixinasen.

Se durante o disfrute do período de vacacións autorizado, sobreviñese o permiso de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal, o período de vacacións quedará interrompido podendo gozarse o tempo que reste nun período distinto. No caso de que a duración dos citados permisos ou da devandita situación impida o disfrute das vacacións dentro do ano natural ao que correspondan, estas poderanse gozar no ano natural posterior"

8. elimínase o parágrafo d) do apartado 1 do artigo 25. Así mesmo os apartados 7, 10 e 18 do artigo 25 pasan a ter a seguinte redacción:

"7. Permiso por asuntos persoais:

1. Tres días ao ano, ou en forma proporcional ó tempo de servizos efectivos, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servizo. Sen prexuízo do anterior, e sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días por asuntos persoais así como, no seu caso, os días de permiso previstos no artigo 19. 2. , poderanse acumular aos días de vacacións que se disfruten de forma independente.

Se por causas de necesidades do servizo non puideran disfrutarse dentro do ano natural, poderase facer uso dos mesmos durante o mes de xaneiro de ano seguinte.

2. Os días asuntos propios non poderán ser compensados en metálico ó non disfrute dos mesmos.

(…)

10. Lactación:

a) A traballadora por lactación dun fillo menor de 12 meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. este dereito poderá substituírse por unha redución da xornada normal en media hora ó inicio e o final da xornada, ou nunha hora o inicio ou final da xornada, coa mesma finalidade. este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ámbolos dous traballasen. O persoal de carácter temporal tamén poderá disfrutar deste permiso, na súa modalidade de acumulación de xornadas - nos termos do exposto no apartado anterior - nas mesmas condicións que o restante persoal, sempre que se prevexa que a súa relación laboral se vai estender no tempo ata os doce meses do fillo. en caso contrario, ao non cumprirse esta circunstancia, o persoal temporal poderá acollerse a este permiso soamente na súa modalidade ordinaria dunha hora de ausencia diaria.

b) igualmente o/a traballador/a poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, ou ben por un crédito de horas, ou 4 semanas, podéndose aproveitar, en ámbolos casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade. este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores.

c) A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.

d) este permiso incrementarse proporcionalmente nos casos de parto múltiple. e) Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento. (…)

18. Por razón de matrimonio propio, os/as traballadores/as terán dereito a un permiso de 15 días naturais, que poderán sumarse ás vacacións anuais. "

9. O parágrafo a) do apartado 4 do artigo 27 queda redactado do seguinte xeito

" a) As licencias por asuntos propios, sen percibo de haberes, ata un máximo de tres meses cada dous anos, concederanse sempre que a ausencia do traballador non cause detrimento no rendemento efectivo do servizo, oída a Comisión Mixta de Seguimento e interpretación.

O persoal de novo ingreso só poderá solicitar esta licenza unha vez transcorridos dous anos desde o seu nomeamento ou contratación. O persoal de carácter temporal tamén poderá disfrutar desta licenza, nas mesmas condicións que o restante persoal, sempre que se prevexa que a súa relación laboral se vai estender no tempo, cando menos, ata a reincorporación tras a dita licenza; en caso contrario, ao non cumprirse esta circunstancia, dito persoal non poderá gozar desta licenza. "

10. Suprímese o artigo 38 que queda sen contido.

11. Modifícanse o parágrafo c) do apartado 1, o terceiro parágrafo do apartado 2 e o apartado 3 do artigo 44 que pasan a ter a seguinte redacción

"c) As pagas extraordinarias aboaranse co alcance, criterios e contías fixados polas disposicións normativas aplicables en cada momento.

O grao de interese, iniciativa o esforzo co persoal laboral desempeñe seu traballo e o rendemento ou resultados obtidos; O complemento de produtividade

Corresponde ao Pleno da Corporación determinar nos orzamentos a cantidade global destinada á asignación do complemento de produtividade, e os criterios de distribución de dita contía. Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de produtividade, con suxeición aos criterios establecidos polo Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir. Ao abeiro do disposto na Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto Básico do empregado Público, os criterios de distribución e asignación individual dos complementos de produtividade, serán obxecto de negociación coa representación sindical. As cantidades que perciba cada persoal laboral por este concepto serán de coñecemento público, tanto polos demais traballadores da Corporación como por parte da representación legal dos traballadores. "

3. Retribucións do persoal laboral contratado a través de subvención:

As retribucións do persoal laboral contratado con cargo a programas ou plans con substantividade propia - ao marxe da actividade ordinaria e habitual da Administración Municipal -, e que sexan obxecto de financiamento externo, serán, como máximo, as que se fixan no Anexo i do presente Convenio, salvo que as mesmas veñan determinadas pola propia orde de convocatoria ou norma reguladora de dita subvención, ou que esta prevea, de forma específica, a aplicación dun Convenio Colectivo diferente do presente"

12. Modifícanse os apartados 1 e 3 do artigo 50 que pasan a ter a seguinte redacción

"1. O Persoal do Concello de Porriño poderá percibir un anticipo de dúas mensualidades brutas, debéndose reintegra-lo devandito anticipo como máximo en 16 mensualidades; estes anticipos serán concedidos sen xuro ningún. A administración, a seu criterio, poderá ampliar o prazo de devolución.

No caso do persoal temporal, este só poderá acceder a este tipo de anticipos se a duración prevista da súa relación laboral resulta equivalente, cando menos, ao período de reintegro previsto. 3. O empregado público pode facer solicitude dun anticipo aínda que non se teña amortizado o anticipo anteriormente concedido. Coa concesión do novo anticipo serán amortizadas as cantidades pendentes de reintegrar correspondentes ao anticipo anterior de forma que en cada momento non haxa máis dun anticipo "vivo" ou pendente de reintegrar. Todos os anticipos están vinculados ó vencemento ou finalización do contrato do/a traballador/a".

13. Modifícase artigo 53 que pasa a ter a seguinte redacción

" 1. O Concello asegurará e abonará a todo o persoal en situación de incapacidade Temporal os seguintes complementos:

1. Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns:

a) Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día, inclusive, se lle recoñecerá un complemento retributivo do 50% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

b) Desde o carto día da situación de incapacidade temporal ata o día 20, inclusive, se lle recoñecerá un complemento retributivo do 75% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

c) A partires do día 21 se abonará un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

2. Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias profesionais (accidente laboral ou enfermidade profesional) e perante todo o período de duración da mesma, a percepción do 100% das retribucións que viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade.

3. Cando a situación de incapacidade temporal derive de continxencias comúns se lle recoñecerá, dende o inicio da IT, un complemento retributivo do 100% das retribucións que se viñera percibindo no mes anterior ao de causarse a incapacidade nas situacións a continuación sinaladas, que deberán ser formalmente acreditadas:

Hospitalización.

Intervención cirúrxica.

Risco por embarazo.

Maternidade.

Paternidade.

Risco perante a xactancia natural.

IT sen hospitalización provocada por enfermidades/patoloxías crónicas, dexenerativas, irreversíbeis e/ou incurábeis; nestes supostos, deberá achegarse informe/diagnóstico médico oficial que acredite que as situación de IT se deriva da devanditas enfermidades/patoloxías

4. Aos traballadores con contrato de traballo inferior a 1 ano lles será de aplicación a normativa da Lei da Seguridade Social".

14. Suprímese todo o contido do capítulo XViii relativo á Xubilación e acórdase introducir un novo artigo 79 no devandito capítulo coa seguinte redacción.

"Xubilación do persoal laboral.

No que atinxe á xubilación do persoal laboral incluído no eido de aplicación do presente Convenio, estarase ao disposto na normativa aplicable, en cada momento, ao persoal laboral ao servizo da Administración Local de Galicia, de conformidade coas condicións e requisitos establecidos no réxime da Seguridade Social que lle sexa igualmente aplicable. "

15. engádese unha nova cláusula adicional décima coa seguinte redacción.

"en todo o non regulado, de xeito específico, no presente Convenio, no tocante á xestión, tramitación, solicitude e goce de permisos e licenzas, estarase ao previsto nas instrucións sobre réxime de vacacións, permisos e licenzas contidas na Resolución da Dirección Xeral de Función Pública de 12 de marzo de 2013 ou, de ser o caso, naqueloutras instrucións que veñen a substituír á mesmas" 16. engádese unha nova cláusula adicional decimo primeira co seguinte contido.

"Ante unha resolución xudicial firme que estableza a improcedencia dun despido, o Concello do Porriño permitirá escoller entre a indemnización e/ou a readmisión unicamente aos empregados afectados que viñeran prestando servizos no Concello con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2005".

17. Modifícase o Anexo i do Convenio que pasa a ter a seguinte redacción.

"A seguinte táboa de retributiva será de aplicación co carácter de máximo ao persoal previsto no artigo 44. 3 do presente Convenio, así como ao persoal que, ao non atoparse adscrito e vinculado, formalmente, ao desenvolvemento de funcións de índole estrutural, de conformidade co previsto, ao efecto, pola RPT do Concello ou instrumento similar de ordenación de persoal vixente en cada momento, non lle resulte de aplicación o sistema retributivo fixado no Capítulo Xi do presente Convenio"

GRUPO

SALARIO

MAXIMO ANUAL

1

1. 109,05

22. 664,52

2

958,98

19. 581,48

3

720,02

14. 979,36

4

599,25

12. 659,64

5

548,47

11. 319,60

As cantidades, expresadas no cadro anterior, percibirán en 14 mensualidades, das que doce son ordinarias e dúas pagas extraordinarias

As pagas extraordinarias poderán prorratearse mensualmente ou se devengarán nos meses de xuño e decembro"

Disposición derradeira única:

A presente modificación entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Vigo, a 29 de novembro de 2013. A Xefa Territorial, María Rita Peón Fernández.