Última revisión
01/07/2011
C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE PORRIÑO. PERSOAL LABORAL (36104572012011) de Pontevedra
Empresa Provincial. Versión Validez desde 01 de Enero de 2011 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Convenio Colectivo
Convenio afectado por
Convenio colectivo do persoal laboral do Concello do Porriño. Codigo de Convenio numero 36104572012011 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 126 de 01/07/2011)
CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO PORRIÑO
Código de Convenio número 36104572012011
Visto o Acordo da Comisión Negociadora pola que se aproba o texto do convenio colectivo das condicións de traballo do persoal laboral do Concello de Porriño, subscrito en representación da parte económica, por unha representación do concello, e da parte social polo Comité de Empresa en data 29.12.2010, sendo ratificado polo Pleno, na mesma data.
Primeiro.Dito Convenio foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 13.04.2011.
Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Esta xefatura territorial,
A C O R D A:
Primeiro.
Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)
Segundo.
Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.
CONVENIO COLECTIVO DAS CONDICIÓNS DE EMPREGO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO PORRIÑO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O obxectivo do presente convenio colectivo non é outro que o da regulación das condicións de emprego do conxunto do persoal laboral do Concello do Porriño.
Por todo iso e de conformidade co disposto nas leis e normativa legal aplicable, as partes negociadoras acordan a subscrición do Convenio Colectivo das condicións de emprego do persoal laboral ó servizo do Concello do Porriño.
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1º.ÁMBITO TERRITORIAL
Este Convenio Colectivo será de aplicación no Concello de Porriño que o asume na súa totalidade, trala negociación colectiva ó nivel correspondente.
Artigo 2º.ÁMBITO PERSOAL
O Convenio aplicarase ó persoal laboral fixo, indefinido e temporal independentemente da duración e tipo de contrato.
Artigo 3º.ÁMBITO TEMPORAL, VIXENCIA E DENUNCIA
1.Opresente Convenio Colectivo entrará en vigor segundo o establecido na lexislación sobre réxime local, abarcando o seu período de vixencia dende o 1º de xaneiro de 2.011 ata o 31 de decembro de 2.012, período que non obstante entenderase prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das partes ata a entrada en vigor do novo convenio colectivo que substitúa ó anterior trala oportuna negociación.
2.Ámbalas partes conveñen que o Convenio se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo convenio en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.
Artigo 4º.OBXECTO
Este convenio ten por obxecto regular e establece-las normas que han de desenvolve-las condicións de traballo do persoal laboral do Concello do Porriño, modificando, substituíndo ou renovando aquelas materias nas que se producisen alteracións, no marco da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma. Esta normativización lévase a cabo suxeitándose ó orzamento xurídico e de conformidade cos principios de legalidade e eficacia.
Artigo 5º.CARÁCTER
As condicións pactadas e comprendidas no presente Convenio forman un todo orgánico e indivisible e, a efectos da súa aplicación práctica, será considerado globalmente e conxuntamente vinculadas a totalidade. As partes asinantes do Convenio comprométense á aplicación directa do mesmo e a non promover cuestións que puidesen supoñer modificacións das condicións pactadas en prexuízo dos/as traballadores/as.
Artigo 6º.CONDICIÓNS MÁIS BENEFICIOSAS
As melloras establecidas noutras disposicións de carácter xeral, que se dicten con posterioridade ou anterioridade e que non se reflicten neste Convenio despois da súa aprobación, serán de aplicación segundo o principio de norma máis favorable ou condicións máis beneficiosa para os/as traballadores/as, sen exclusión de situacións singulares, instando á Comisión Mixta para que defenda a aplicación das melloras ou condicións beneficiosas.
Poderán manterse a nivel de persoas determinadas, condicións que superen ó Convenio e estean recoñecidas con anterioridade a este sempre que non contraveñan a normativa legal de aplicación.
Como norma xeral unha vez aplicado o Convenio, e trala consulta á Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento, tódalas condicións establecidas no convenio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ó sentido e alcance, deberán ser interpretadas e aplicadas polo Concello, do xeito que resulte máis beneficioso para o Persoal Laboral do Concello de Porriño.
Artigo 7º.IRRENUNCIABILIDADE
Terase por nula e non por feita, a renuncia por parte dos/as traballadores/as, de calquera beneficio establecido no Convenio.
Así mesmo, unha vez aplicado este Convenio, tacharase de nulidade e sen ningún efecto, calquera outro convenio, resolución ou cláusula que impliquen condicións menos beneficiosas para o Persoal Laboral do Concello de Porriño.
Artigo 8º.APLICACIÓN DIRECTA
As partes signatarias do Convenio ó nivel que sexa, comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.
Artigo 9º.PUBLICIDADE DO CONVENIO COLECTIVO
Con independencia da súa aprobación polo Pleno Municipal, será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e remitido á oficina pública a que fai referencia a Lei Orgánica 11/85 de 2 de agosto. A publicidade do devandito efectuarase por conta do Concello, asegurándose que todos e cada un dos/as traballadores/as deste Concello dispoñan dun exemplar gratuíto do mesmo.
Artigo 10º.CONFLICTIVIDADE LABORAL E SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS
Antes de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflictivas de carácter colectivo, as partes asinantes do Convenio comprométense a esgota-la vía do diálogo, dentro da propia institución, ou acudindo en todo á O Consello Galego de Relacións Laborais, ou a calquera outro organismo competente na materia.
CAPÍTULO II.SEGUIMENTO E CONTROL
Artigo 11º.COMISIÓN PARITARIA MIXTA DE CONTROL E SEGUIMENTO DO CONVENIO COLECTIVO
1.Paraexaminar e resolver, no seno da propia Comisión, cantas cuestións se deriven da interpretación, vixilancia, control e aplicación do Convenio, a Mesa Negociadora deste, designa, de entre os seus compoñentes signatarios, unha Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento do Convenio, coa configuración seguinte:
Estará constituída por 3 representantes dos/as traballadores/as laborais, designados polo Comité de Empresa e polo mesmo número de membros por parte do Concello do Porriño. Por cada unha das partes procederase ó nomeamento dun titular e dun suplente. Tanto o Concello como o Comité de Empresa nomearán un voceiro.
2.AComisión Paritaria Mixta estará asistida polo Secretario Xeral da Corporación, ou funcionario en quen delegue, designado polo Concello, que deberá levantar actas das sesións, as cales serán aprobadas na seguinte sesión e actuará de fedatario con voz pero sen voto, dos acordos adoptados. Así mesmo o secretario terá as funcións seguintes:
2.a) Convocar ás partes coa antelación e forma debida.
2.b) Dar entrada, rexistrar e distribuír, entre os membros da Comisión, as consultas e solicitudes recibidas.
2.c) Levar un Rexistro das actas aprobadas e librar certificacións dos acordos adoptados.
2.d) Cantos outros cometidos lle sexan encomendados pola Comisión Paritaria de Control e Seguimento para o mellor funcionamento desta.
3.AComisión Paritaria de Control e Seguimento, no seno da propia Comisión, terá as seguintes funcións:
3.a) Interpretación auténtica do texto do Convenio, na súa aplicación práctica.
3.b) Resolución definitiva para as partes solicitantes ou implicadas de cantos asuntos e reclamacións se sometan á súa decisión respecto a calquera das condicións establecidas no Convenio.
3.c) Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado no Convenio segundo as oportunas recomendacións e interpretacións.
3.d) Denuncia do incumprimento do Convenio.
3.e) Estudio da evolución das relacións entre as partes signatarias do Convenio.
3.f) Informe referente a extensión e o grao de aplicación do Convenio, dificultades encontradas e propostas de superación destas.
3.g) Emitir informes cando así lle sexa solicitado, en relación coas propostas de clasificación e valoración de postos de traballo antes da súa aprobación polos órganos competentes deste Concello.
3.h) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do Convenio ou veñan establecidas no seu texto.
3.i) Calquera outra que, se é seu caso, poidan serlle atribuídas ó amparo de disposicións que no futuro se promulguen.
4.APresidencia desta Comisión asumírase polo Alcalde do Concello ou polo/a Concelleiro/a en que delegue.
A Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento poderá utiliza-los servizos ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.
5.AComisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento recibirá cantas consultas e reclamacións lle sexan formuladas por escrito respecto a cuestións da súa competencia, pero tan só polas vías procedimentais seguintes:
5.a) Por medio das Centrais Sindicais máis representativas e as signatarias do Convenio.
5.b) A través de solicitude escrita realizada polo Persoal Laboral do Concello de Porriño.
6.AComisión reunirase:
6.a) Con carácter ordinario, semestralmente o día que oportunamente se sinale.
6.b) Con carácter extraordinario cando o soliciten polo menos o 50% dos seus compoñentes.
6.c) As sesións da Comisión Paritaria celebraranse no enderezo desta, aínda que poderán efectuarse tamén en calquera outro lugar, tralo acordo dos voceiros, estando a asistencia a elas reservada ós membros e asesores correspondentes.
7.Asconvocatorias das diversas sesións da Comisión Paritaria Mixta, as realizará o/a secretario/a, por Orde da presidencia, mediante citación por escrito na que conste, lugar, data e hora, así como a orde do día, por calquera das formas permitidas pola Lei, ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de que convoque a sesión ordinaria, e dous días naturais para o caso en que se cite á sesión extraordinaria.
8.Aorde do día das diversas sesións da Comisión Paritaria Mixta será fixada polo Presidente, co visto e prace dos voceiros, conforme ó disposto en acordo previo entre os respectivos voceiros.
9.Entodo caso, os membros da Comisión e asesores/as das partes que teñan a condición de Empregados/as Públicos/as en activo, terán dereito ó correspondente permiso retribuído por todo o tempo necesario para a celebración das sesións convocadas como tales membros ou asesores.
O tempo invertido polos/as delegados/as de persoal do Concello nas reunións da Comisión Paritaria Mixta, non será computado como horas sindicais.
10.Paraque as sesións da Comisión Paritaria Mixta poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de, polo menos, o 50% dos compoñentes de cada unha das partes da Comisión, así como a do secretario/a ou dos que ós substitúan nos seus cargos, en primeira convocatoria, establecéndose unha segunda convocatoria do 25% de cada parte, ½ hora máis tarde.
11.Decada xuntanza e ó seu remate, o secretario/a da Comisión redactará a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados con opinión sintética das opinións emitidas e a expresión dos votos.
12.Asactas das sesións da Comisión Paritaria Mixta arquivaranse nun Rexistro que custodiará o secretario/a, baixo a súa responsabilidade no Concello, tendo que expedi-las certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.
13.Nocaso de non haber acordo entre as partes da Comisión Paritaria Mixta, estas someterán as súas diferencias a unha conciliación ou arbitraxe.
14.Odictame da Comisión Paritaria Mixta notificarase ás partes implicadas.
15.Candoámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo restrinxidas para tratar temas concretos e predeterminados. Estas comisións elaborarán os dictames que logo serán presentados á Comisión Paritaria Mixta, non sendo estes vinculantes senón meramente informativos.
16.As partes asinantes do Convenio, colaborarán coa Comisión Paritaria Mixta facilitando canta axuda e información lles sexa requirida, en virtude do cumprimento do pactado no texto do Convenio.
17.Ascomunicacións oficiais da Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproduccións a través doutras instancias.
19.AComisión Paritaria Mixta constituirase ós quince días da sinatura do Convenio.
Denunciado este Convenio e ata a entrada en vigor dun novo, a Comisión Mixta continuará exercendo as súas funcións, ata a constitución da nova Comisión Mixta de Seguimento e interpretación.
CAPÍTULO III.NEGOCIACIÓN COLECTIVA
ARTIGO. 12º.DO DEREITO Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA DO PERSOAL LABORAL
O Persoal Laboral ó servizo do Concello do Porriño, terán dereito á participación na determinación das súas condicións de traballo conforme á lexislación vixente aplicable e no disposto nos seguintes artigos.
Artigo 13º.MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN
1.Coafinalidade de posibilita-la participación dos empregados públicos na determinación das súas condicións de traballo, no Concello do Porriño constituirase unha Mesa de Negociación na que estarán presentes os representantes do Concello, as organizacións sindicais máis representativas e o Comité de Empresa ou Delegados/as de Persoal.
2.AMesa de Negociación será a encargada de negocia os futuros Convenios Colectivos para o Persoal Laboral.
3.Acomposición da Mesa de Negociación será paritaria.
4.AMesa de Negociación reunirase como mínimo 1 vez ó ano.
5.Asdecisións tomaranse por maioría de máis do 50% dos compoñentes de cada unha das partes da Mesa.
6.Deacordo co establecido no artigo 36.3 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público constituirase unha Mesa Xeral de Negociación no Concello de Porriño para a negociación de todas aquelas materias e condicións de traballo comúns ó persoal funcionario, estatutario e laboral. As materias e condicións de traballo comúns serán as establecidas ó abeiro do disposto no artigo 85 do RD 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores e 37 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.
7.Asímesmo o Concello de Porriño poderá adherirse ós acordos alcanzados dentro da Comunidade Autónoma de Galicia ou ós acordos alcanzados nun ámbito supramunicipal.
Artigo 14º.PRINCIPIO DA BOA FE
En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio da boa fe.
Artigo 15º.OBXECTO DA NEGOCIACIÓN
Ó abeiro do disposto no artigo 37 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público e artigo 85 doRD 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores, serán obxecto de negociación:
1.NaMesa Xeral de Negociación do Concello, as seguintes materias:
a) A aplicación do incremento das retribucións do persoal ó servizo do Concello nos orzamentos ordinarios anuais do Concello, dentro dos límites da lexislación presupostaría do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) A determinación e aplicación das retribucións complementarias.
c) As normas que fixen os criterios xerais en materia de acceso, carreira, provisión, sistemas de clasificación de postos de traballo, e plans e instrumentos de planificación de recursos.
d) As normas que fixen os criterios e mecanismos xerais en materia de avaliación do desempeño.
e) Os plans de Previsión Social Complementaria.
f) Os criterios xerais dos plans e fondos para a formación e promoción interna.
g) Os criterios xerais para a determinación de prestacións sociais
h) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.
i) Os criterios xerais de acción social.
j) As que así se establezan na normativa de prevención de riscos laborais.
k) As que afecten as condicións de traballo e as retribucións dos/as empregados/as públicos/as, coia regulación esixa norma con rango de Lei.
l) Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público.
m) As referidas a calendario laboral, horarios, xornadas, vacacións, permisos, mobilidade funcional e xeográfica, así como os criterios xerais sobre a planificación estratéxica dos recursos humanos, naqueles aspectos que afecten a condicións de traballo dos/as empregados/as públicos/as.
n) A regulación e determinación concreta, en cada caso, dos sistemas, criterios, órganos e procedementos de acceso ó emprego público e á promoción profesional.
2.NaXunta de Persoal, Comité de Empresa ou Delegados/as de Persoal, as seguintes materias:
a) O establecemento dos calendarios laborais de cada servizo do Concello.
b) Os Criterios de distribución das vacacións dos diferentes servizos do Concello.
c) Ás medidas sobre a seguridade e saúde laboral dos/as Empregados/as Públicos Funcionarios do Concello.
d) A roupa de traballo anual.
e) Conxuntamente coa Mesa Xeral de Negociación das materias do punto 1 deste apartado.
CAPÍTULO IV.DEREITOS E DEBERES
Artigo 16º.DEREITOS E DEBERES
1.Norelativo ós dereitos e deberes do Persoal Laboral do Concello de Porriño estarase ó disposto pola lexislación vixente aplicable ó respecto.
2.Especificamente, a Corporación recoñece o dereito á folga do Persoal Laboral do Concello de Porriño, conforme ó establecido no Art. 28.2 da Constitución Española, R.D.Lei 17/1977, de 4 de marzo, e normativa especifica.
O Persoal Laboral do Concello de Porriño poderán exercer ó Dereito a Folga nos termos e cos requisitos establecidos na Constitución Española e pola lexislación vixente.
CAPÍTULO V.SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS
Artigo 17º.SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS
Unha vez recoñecido o dereito á negociación colectiva no marco das Administracións Públicas pola lexislación vixente aplicable (Lei 9/1987 modificada polas Leis 7/1990, 18/1994 e 21/2006), e especialmente na Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, establécese como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflictos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación, a mediación e a arbitraxe.
Recóllese neste Convenio Colectivo a recomendación da súa aplicación conforme ós seguintes presupostos:
1.OConcello de Porriño e os Sindicatos máis representativos na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán acorda-la creación, configuración e desenvolvemento de sistemas de solución extraxudicial de conflictos colectivos.
2.Osconflictos a que se refire o apartado anterior poderán se-los derivados da negociación dos Pactos e Acordos, os derivados da aplicación e interpretación destes e, en xeral, os derivados da negociación, aplicación e interpretación dos acordos sobre as materias sinaladas na Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, excepto para aquelas materias para as que exista reserva formal de Lei.
3.Ossistemas poderán estar integrados por procedementos de mediación e arbitraxe. A mediación será obrigatoria cando o solicite unha das partes e as propostas de solución que ofrezan o mediador ou mediadores poderán ser libremente aceptadas ou rexeitadas polas devanditas.
Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar voluntariamente encomendar a un terceiro a resolución do conflicto exposto, comprometéndose de antemán a acepta-lo contido desta.
4.Oacordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación dos Pactos e Acordos regulados por Lei, sempre que quen houbera adoptado o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lles permita acordar, no ámbito do conflicto, un Pacto ou Acordo conforme ó previsto pola Lei.
Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non observaran no desenvolvemento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versara sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta contradiga a legalidade vixente.
5.Autilización destes sistemas efectuarase conforme os procedementos que regulamentariamente sexan determinados tralo acordo coas Organizacións Sindicais representativas conforme ó regulado actualmente a este respecto.
6.Paratodo iso o Concello poderá solicitar da FEGAMP o compromiso de ofrecer a través da Comisión Paritaria do Convenio Colectivo, unha vez sexa este asinado, os seus servizos encamiñados a mediar ou propoñer mediador ou mediadores, para os posibles conflictos. En todo caso será a Comisión Paritaria do Concello de Porriño, a que terá en primeiro termo as competencias para propoñer e designar un mediador ou mediadores.
CAPÍTULO VI.CALIDADE DOS SERVIZOS E ABSENTISMO LABORAL
Artigo 18º.CALIDADE DE SERVIZOS. ABSENTISMO LABORAL
A Corporación Municipal e os Sindicatos asinantes deste Convenio, potenciarán os instrumentos de control e reducción do absentismo laboral, a través da proposta, entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos da calidade na prestación do servizo público á cidadanía, da medición do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as causas e adoptando se é o caso, as medidas que sexan procedentes para a súa reducción, podendo procederse, sempre previa audiencia ó/á interesado/a, o desconto automático, calculado conforme ó establecido para o persoal funcionario, das retribucións correspondentes ó tempo de traballo nos casos de falta inxustificada de asistencia e/ou puntualidade. Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias que, se é o caso, puideran corresponder.
Das medidas que se tomen para reduci-lo absentismo informarase puntualmente á Comisión Paritaria.
CAPÍTULO VII.ASISTENCIA E PERMANENCIA NO TRABALLO
O calendario e a xornada laboral serán establecidos seguindo os criterios establecidos na normativa estatal e autonómica de aplicación tendo en conta en outras a normativa vixente sobre xornadas e horarios contidos na Resolución de 15 de novembro de 2002 da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello de Ministros de 15 de novembro de 2.002, polo que se aproba o acordo Administración - Sindicatos para o período 2003 - 2004, para a modernización e mellora da Administración Pública, na Resolución de 10 de marzo de 2003, da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola que se dictan instruccións sobre xornada e horarios de traballo do persoal civil ó servizo da Administración do Estado(BOE 13/03/2005) de aplicación subsidiaria na Administración Local tal e como se establece no artigo 94 da Lei de Bases de Réxime Local, e na Orde do Ministerio de Administracións públicas APU/1818/2005, de 15 de xuño, pola que se introducen melloras nas condicións de xornada e horarios de traballo do persoal civil ó servizo da Administración Xeral do Estado onde se modifican a xornada de verán e a compensación de festivos.
Artigo 19º.CALENDARIO LABORAL
1.Ocalendario laboral será o que se estableza polos organismos competentes da Administración Central, Autonómica e Local, e o instrumento técnico a traveso do cal realizase a distribución da xornada e fixación dos horarios de todo o persoal laboral do Concello do Porriño.
2.Osdías 24 e 31 de decembro terán a consideración de inhábiles a efectos laborais para todo o persoal, e considerados como días festivos. Permanecerán pechadas as oficinas públicas, agás para rexistro e para os servizos especiais do Concello.
Cando estes días coincidan en sábado ou domingo o calendario laboral contemplará dous días adicionais máis de asuntos propios.
Así mesmo, ademais do anterior, o persoal que traballe no rexistro ou en servizos especiais, ou que por necesidades do servizo teña que traballar estes días terá dereito a un descanso de dous días adicionais de permiso en compensación no ano seguinte, ou a súa compensación como gratificación por servizos especiais en día festivo (horas extras festivas).
O día de Santa Rita será considerado como día especial dos/as Empregados/as Públicos da Admon Local, por ser o día da súa patroa. Se establece unha xornada especial de 8:00 a 11:00 h. debendo permanecer cubertos posteriormente tódo-los servizos cun empregado por departamento. O persoal que por necesidades do servizo teña que traballar ditas horas concedéranse noutro día ou acumuláranse a outras horas de compensación. Sé este día coincídese en sábado ou en domingo, a celebración trasladárase ó día hábil inmediatamente posterior ou anterior, de acordo coa representación sindical.
Para os servizos especiais o sistema de traballo dos días de Santa Rita, 24, 31 de decembro e 5 de Xaneiro, faranse da forma establecida no último ano, mediante rotación e estará composto o servizo por unha parte de garda e outra presencial. Calquera modificación que se pretenda realizar neste servizo terá que ser negociada co Xunta de Persoal.
3.Estableceransetres pontes ó ano, das que se desfrutarán dous, de tal maneira que non queden os servizos descubertos de persoal, ó igual que no punto anterior, o persoal que, por necesidades do servizo non poida desfrutar algún destes pontes compensaráselle con dous días.
4.Osservizos que pola súa peculiaridade teñan que organizarse en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as persoal laboral.
5.Nosservizos nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servizo, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo, e procurando que ningún traballar/a permaneza no quenda de noite máis de dous meses consecutivos, agás adscrición voluntaria.
6.Oscalendarios laborais específicos de cada servizo serán negociados co Comité de Empresa e/ou Delegados de Persoal do Concello do Porriño.
Os calendarios laborais elaboraranse antes do 15 de decembro de cada ano e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas así o requiran.
No calendario laboral estableceranse quendas rotatorios ou a convir nun estudio de pontes ó longo do ano, de tal maneira que non queden os servizos descubertos de persoal.
7.Calqueramodificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser debidamente motivada e argumentada, e notificarase coa antelación oportuna ós interesados e ós órganos de representación do persoal. Naqueles supostos nos que non se establezan os correspondentes calendarios, serán de aplicación directa as normas do presente Convenio.
O cambio obrigado dun traballador/a ou grupo de traballadores/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do servizo. En todo caso deberán ser oídos/as os interesados/as e o órgano de representación sindical.
O Cambio voluntario dun traballador dentro das quendas preestablecidas non terá máis limitacións que a pertenza á mesma categoría profesional, corpo ou escala e a previa comunicación ó responsable do servizo cunha antelación de 24 horas.
8.Oscalendarios de servizos especiais poderán dispoñer un sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e ós servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, así como, cando menos, 2 fins de semana de descanso ó mes. A xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal.
9.Entenderasepor distorsión horaria o prexuízo do/a traballador/a que teña que prestar servizo alternativamente en quendas variables de mañá, tarde ou noite. A distorsión horaria será retribuída nas condicións e contías que se establezan no capítulo de retribucións do Convenio Colectivo do Concello do Porriño.
Artigo 20º.XORNADA LABORAL
1.XORNADAORDINARIA
A xornada de traballo en cómputo anual establécese en 1.575 horas e realizaranse preferentemente, de luns a venres de 8,00 h a 15,00 horas. a) A parte principal do horario, chamada tempo fixo ou estable, será de 30,00 horas semanais de obrigada presencia, a razón de 06,00 horas, de luns a venres a realizar entre ás 08,30 e ás 14,30 horas.
b) A parte variable do horario, o tempo de flexibilidade do mesmo, poderase cumprir entre ás 07,30 e ás 08,30 horas, ou entre ás 14,30 e ás 15,30 horas de luns a venres, tendo en conta especialmente a necesidade de conciliar a vida familiar e laboral completándose a xornada en cómputo anual con horas de asistencia a cursos de formación segundo as necesidades do servizo.
c) Establecerase un horario de atención o público de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres en tódolos servizos do concello de Porriño.
d) A distribución anual da xornada non poderá alterar o número de días de vacacións que estableza a normativa en vigor.
e) O persoal da Policía Local e dos servizos da Administración Especial disporán dun cuadrante homoxéneo que se anexará ao convenio ou o acordo regulador.
f) A flexibilidade de horario será solicitada por escrito ó Alcalde ou Concelleiro/a en quen delegue, dando conta ó Comité de Empresa u Delegados/as de Empresa tanto da solicitude como da resolución.
g) Aqueles traballadores que realicen cursos de formación nun máximo de 60 horas anuais pertencentes ós Plans de Formación Continuada dos Organismos das distintas Administracións ou do propio Concello, e que teñan relación co posto de traballo, poderán adapta-lo seu horario de traballo para a asistencia ós mesmos, computando o tempo invertido neles como tempo de traballo efectivo.
2.XORNADADE VERÁN:
Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto (ámbolos dous inclusive) quedará establecido o horario de verán; perante este tempo reducirase a xornada de traballo nunha hora diaria. De oito treinta a catorce treinta horas.
3.DENTRODA XORNADA:
a) Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa de 30 minutos na xornada, computándose como de traballo efectivo.
b) O persoal en réxime de xornada partida, gozará de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas respectivamente, computándose como de traballo efectivo. Esta interrupción non poderá afectar á prestación do servizo e poderá efectuarse ás 10,00 e ás 12,30 horas.
c) O tempo de traballo computarase de modo que tanto os 5 minutos anteriores ao comezo como ós 5 minutos posteriores ao remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo ó necesario para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene.
d) Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de recollida ou reunión establecido ou Centro de control tanto na entrada como na saída do traballo.
4.REDUCCIÓNDA XORNADA:
a) A xornada dos/as traballadores/as do Concello de Porriño con fillos de ata doce meses de idade, reducirase nunha hora diaria, por motivos de lactación. No caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada. O mesmo dereito terán os pais en caso de adopción dun neno, (ata os doce meses). Os/as traballadores/as do Concello de Porriño poderá partir a reducción da xornada, en dúas partes entre o principio e o final da xornada diaria. Regulamentariamente determinarase a diminución da xornada de traballo e a reducción proporcional de retribucións (Apartado engadido pola lei 12/2001, do 9 de xullo).
b) Os/as traballadores/as do Concello de Porriño que teña ó seu coidado algún fillo discapacitado físico ou psíquico, ou ascendentes de primeiro grao, terán dereito a unha reducción da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario, entre ó menos unha hora e un máximo da metade da duración da xornada.
c) Os/as traballadores/as os que lle falten menos de cinco anos para cumprir a idade de xubilación forzosa, poderán obter, a súa solicitude, a reducción da súa xornada de traballo ata un medio, coa reducción de retribucións que se determine regulamentariamente, sempre que as necesidades do servizo o permitan.
Dita reducción da xornada poderá ser solicitada e obtida, de maneira temporal, por aqueles traballadores que a precisen en procesos de recuperación por razóns de enfermidade, sempre que as necesidades do servizo o permitan. (Apartado engadido pola lei 22/1993, de 29 de decembro).
Artigo 21º.SERVIZOS EXTRAORDINARIOS FÓRA DA XORNADA LABORAL
a) Xustificación:
1.Poderanserealizar servizos extraordinarios fóra da xornada ordinaria de traballo por razóns de prevención ou reparación de sinistros ou danos, imprevistos, ausencias, acumulación de tarefas, interrupcións do servizo, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias excepcionais derivadas das actividades propias do servizo público, cando non sexa posible atender estas situacións coa redistribución dos efectivos do cadro de persoal.
2.Aatención dos servizos extraordinarios fóra da xornada normal de traballo que respondan ás características definidas no parágrafo anterior, excluídas as motivadas por razóns de forza maior, terá carácter voluntario, sen que ninguén poida ser obrigado a facelas nin represaliado pola súa negativa.
3.Especificamente, terán a consideración de servizos extraordinarios as horas necesarias para asistir a xuízos ou comparecencias fóra da xornada de traballo derivadas da prestación do servizo. Compensáranse 40€ si o xuízo ou comparecencia ten lugar no Concello de Porriño, e de 80€ si se trata dunha localidade distinta, sen prexuízo da xustificación oportuna. Cando os/as traballadores/as sexan saíntes da quenda da noite, poderá elexir entre non efectuar a quenda ou efectúala e recibir a compensación correspondente.
Igualmente, consideraranse horas extraordinarias as consumidas polo persoal que realice traballo por quendas na espera do relevo correspondente, excepto os primeiros 59 minutos.
b) Autorización:
Os responsables dos servizos ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización de servizos extraordinarios, así como da veracidade dos condicionamentos aludidos en apartados anteriores que xustifiquen a súa realización.
c) Control:
1.Para os efectos de control e compensación, sempre que un/ha traballador/a ou grupo de traballadores/as realice servizos extraordinarios fóra da xornada normal, o responsable do servizo elaborará unha relación mensual na que figure a identificación dos/as traballadores/as, as horas traballadas, a data da súa realización e a cuantificación das horas realizadas en total, que será exposta no taboleiro de anuncios do persoal e enviada á unidade de persoal, entregándoselle unha copia ós/as traballadores/as afectados/as e outra ós representantes legais dos/as traballadores/as. 2.Co fin de repartir equitativamente os traballos realizados fóra da xornada normal, nos servizos especiais estableceranse listas do persoal, ordenado por categorías profesionais e alfabeticamente. As tarefas extraordinarias asignaranse pola orde correlativa que figura na lista. Ningún/ha traballador/a repetirá na quenda de dispoñibilidade ata que sexa esgotada pola totalidade dos da lista, a salvo de baixas laborais ou calquera outra causa que implique suspensión na prestación do servizo.
Se, chegado o momento de realizar tarefas extraordinarias, o traballador/a que lle corresponde por orde de lista non pode atendelas por coincidírenlle co servizo ordinario, manterase no mesmo lugar da lista.
3.Establéceseo seguinte límite de horas extraordinarias:
• 2 horas diarias cando supoñan prolongación de xornada.
• 14 horas mensuais
• 80 horas anuais
Cando en calquera servizo municipal se exceda de 800 horas extraordinarias anuais, agás ás debidas a forza maior ou emerxencia crearase unha nova praza no cadro de persoal.
d) Compensación:
A realización de traballos fóra da xornada ordinaria compensaranse con horas libres, a razón de:
• Unha hora e media por cada hora extraordinaria traballada de luns a venres de mañá ou de tarde.
• Dúas horas por cada hora extraordinaria traballada en sábado, domingo, festivo ou de noite.
As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais enteiras. En todo caso, o persoal terá dereito a dispoñer de dous días libres de compensación no prazo dos dous meses seguintes á data da realización, se ás horas realizadas non ten sido compensadas no dito prazo.
Excepcionalmente, cando dispoñer de horas libres para compensar a realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento do servizo, a compensación horaria poderá substituírse pola remuneración económica, nas contías que para cada nivel se estableza no capítulo de retribucións.
Neste suposto, o responsable do servizo deberá formular a proposta de compensación económica, facendo constar as razóns que desaconsellan a compensación horaria, concretando a identificación dos/as traballadores/as afectados/as e o número de horas realizadas. A resolución da proposta corresponderá ó Alcalde ou órgano no que delegue.
De ser o caso, o pagamento das horas extraordinarias procurarase incluír na nómina do mes seguinte ó da data da resolución.
Artigo 22º.TRABALLO EN PERÍODO NOCTURNO E FESTIVO
1.Aquenda de noite será rotatorio como norma xeral para tódolo persoal laboral adscritos ós servizos que o requiran.
2.Entenderasepor traballo en período nocturno, o efectuado entre as 10 da noite (22,00 horas.) e as 6 da mañá (06,00 horas).
3.Entenderasepor traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22,00 horas da véspera e as 24,00 horas de cada domingo ou festivo.
4.Axornada que se realice en horario nocturno compensaranse mediante a súa retribución específica, que queda establecida en 30€ por día. As noites dos días 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro terán unha retribución específica de 40€ por cada noite.
Artigo 23º.SERVIZOS DE ADMÓN. ESPECIAL E DE URXENCIA
1.Estes Servizos disporán dun sistema de quendas, atendendo á disponibilidade de persoal e ós servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, así como 2 fins de semana de descanso ó mes. Ó persoal que, por necesidades do servizo non poida gozará estes dous fins de semana compensaráselle con dous días máis de asuntos propios ó longo do ano.
2.Asúa xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal.
3.Ohorario de prestación do servizo será negociado polo Concello, cos representantes dos traballadores, oídos os empregados afectados, e se prestan servizo en días inhábiles, terase dereito a dous días de descanso compensatorio dentro da mesma semana, e de non ser posible, os/as traballadores/as serán compensados economicamente con gratificacións extraordinarias ou productividade.
4.Teráa consideración de hora extraordinaria, cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada de traballo semanal e anual, regulándose o seu aboamento ou compensación neste Convenio Colectivo.
Artigo 24º.VACACIÓNS ANUAIS
1.Recoñecesee ampárase o dereito, irrenunciable, de todo/a traballador/a ó gozará das vacacións regulamentarias.
1.1.As vacacións terán a duración dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ó tempo de servizos efectivos (2,5 días por mes traballado), debéndose gozar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o 15 de xaneiro do ano seguinte en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, con arranxo á planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou organismo, previa consulta cos representantes sindicais; a estes efectos os sábados non serán considerados días hábiles.
Se a opción do período vacacional é a do mes natural, este deberá comezar no primeiro día hábil do mes.
1.2.Nosuposto de haber completado os anos de antigüidade na Administración reflectidos no cadro posterior terase dereito ó gozar dos seguintes días de vacacións anuais:
15 anos de servizo........... 23 días hábiles
20 anos de servizo........... 24 días hábiles
25 anos de servizo........... 25 días hábiles
30 ou máis anos de servizo.... 26 días hábiles.
Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ó cumprimento da antigüidade referenciada.
2.Gozarásepreferentemente e con carácter xeral entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, respectando sempre as necesidades do servizo. Os disfrutes vacacionais, que solicitados neste período fosen negados por necesidades do servizo, se complementaran con 1 día por semana ou período mínimo consecutivo a mais do período vacacional.
3.Nocaso do persoal que traballa a quendas, non poderá comeza-lo período vacacional en descanso semanal establecido.
4.Nosuposto de baixa por maternidade, ou permiso maternal durante o desfrute das vacacións suspenderanse estas, reanudándose unha vez se produza a alta pola traballadora, de acuerdo coas necesidades do servizo.
As enfermidades ou accidentes que se produzan no período vacacional non suspenderán nin interromperán este, salvo que a súa gravidade esixise de internamento hospitalario e que impliquen unha diminución efectiva do tempo de vacacións desfrutado por debaixo das tres semanas, tempo mínimo fixado polo convenio 132 da Organización Internacional do Traballo, ratificado por España por Instrumento do 16 de xuño de 1972 (BOE do 5 xullo de 1974) que forma parte do ordenamento interno en virtude dos artigos 96 da Constitución e 1.5º do Código Civil.
5.Oplan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano, excepto os servizos especiais que será elaborado antes do 1 de marzo, para a súa negociación cos representantes dos/as persoal laboral, de modo que cada Empregado/a Público poida coñece-las datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data do comezo daquelas.
6.Nosservizos onde poidan producirse colisión de intereses respecto ó disfrute das vacacións, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, e se procederá do xeito seguinte:
a) Procurarase que a distribución das quendas, unha vez establecidos os criterios polo xefe da unidade ou servizo, salga dunha proposta de acordo adoptada polos traballadores, garantindo en todo caso unha adecuada atención ás necesidades do servizo.
b) De non chegarse a dito acordo, elixirán quenda de vacacións en primeiro lugar aqueles traballadores que teñan nenos en idade escolar, e en segundo lugar os máis antigos no servizo respectivo, determinando neste caso un sistema rotativo para anos sucesivos, dentro de cada unidade ou servizo. Para a súa aplicación deberá quedar constancia escrita.
7.Nosuposto de producirse colisión de intereses entre o/a traballador/a afectado/a pola enfermidade ou por accidente e aqueles outros do seu mesmo servizo, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servizo.
8.Odereito a vacacións non é susceptible de compensación económica nin en todo nin en parte. Non obstante, o persoal que cese perante o transcurso do ano, terá dereito ó abono do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non disfrutadas.
Excepcionalmente, se por necesidades do servizo debidamente constatadas e avaladas mediante informe do xefe do servizo ou unidade, no que se faga constar o motivo ou motivos polos que un/ha traballador/a non puidera disfrutar durante o ano natural o período de vacacións que lle corresponda, poderá facelo de maneira continuada durante o primeiro trimestre do ano inmediatamente seguinte. De darse esta circunstancia, se complementarán a súas vacacións en 4 días hábiles mais.
9.Ocalendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos/as interesados/as, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidos.
10.Calqueramodificación do cadro de vacacións deberá ser comunicada con un mes de antelación a data do inicio do período vacacional, ós xefes do servizo e ós/as afectados/as en cuestión.
11.Fixadasas vacacións do/a traballador/a para unha época concreta, se na data de inicio das mesmas estivese aquel/a disfrutando unha licencia por enfermidade, quedará en suspenso o plan de vacacións aprobado para os/as traballadores/as afectados/as, debendo formularse nova proposta nos termos contidos no presente artigo. No caso de que o/a traballadora estivera disfrutando a súa quenda vacacional e se vira afectado por internamento hospitalario ou convalecencia por enfermidade, a súa quenda vacacional quedaría interrompida, e logo de formular nova proposta concederanse os días que restan por disfrutar da súa quenda.
12.Osdías de vacacións ó ano, poderán disfrutarse de forma continuada en calquera época do ano. Se por accidente laboral non puideran disfrutarse no ano anterior, igualmente se recoñece a todo o persoal laboral do concello o dereito previsto polo Convenio Internacional da OIT (Organización Internacional do Traballo nº 132 de 24-06-1970. BOE 05-07-1974) de poder disfrutar as vacacións ordinarias retribuídas durante os 18 meses seguintes a finalización do ano.
13.Recoñeceseo dereito á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillas e fillos menores de dezaseis anos ou maiores dependentes ao seu coidado. 14.Ospermisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo, poderanse acumular ao período de vacacións, mesmo despois do remate do ano natural ao que aqueles corresponda.
Artigo 25º.PERMISOS
Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento, recoméndase o
1.Polofalecemento, accidente ou enfermidade graves dun familiar [Cónxuxe, parella de feito, convivente ou fillo] (acreditando tal situación):
a) Por nacemento, acollida ou adopción dun fillo e polo falecemento, accidente ou enfermidade graves dun familiar [Cónxuxe, parella de feito, convivente (acreditando tal situación), ou fillo] dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade do posto de traballo, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade do posto de traballo.
b) Cando se trate do falecemento, accidente ou enfermidade graves dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de 2 días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade do posto de traballo e 4 días hábiles cando sexa en distinta localidade do posto de traballo.
c) Cando se trate do falecemento, dun familiar dentro do terceiro o máis graos de consanguinidade ou afinidade, o permiso será polo tempo necesario para o enterramento e funeral. (Máximo 1 día).
d) Para estes efectos considerarase coma graves as enfermidades ou accidentes que cumpran os seguintes requisitos:
• No caso de enfermidade, que requira internamento hospitalario.
• No caso de accidente, parte expedido por facultativo que especifique a necesidade de internamento hospitalario.
• No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do/da solicitante, (acreditando tal situación co Censo, Padrón municipal ou informe médico), e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atende-lo enfermo. A duración deste permiso será de dous días.
• En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida familiar, o Alcalde, poderá autorizar permisos, reducción de xornadas ou xornadas especiais en tanto se soluciona a situación, de acordo coa representación sindical. Graos de consanguinidade e afinidade.
Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI
2.Pararealizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos que se determine.
GRAOS TITULAR CÓNXUXE
1 O GRAO PAIS SOGROS FILLOS XENRO/NORA
2 O GRAO ABÓS IRMÁNS CUÑADOS NETOS
3 O GRAO BISABÓS TÍOS SOBRIÑOS BISNETOS
4 O GRAO CURMÁNS
3.Permisopara acompañamento á consulta ou revisións médicas aos fillos e fillas, persoas maiores o seu cargo, ou familiares ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade e que convivan no mesmo domicilio e parellas de feito e convivintes (acreditando tal situación) e que teñan unha discapacidade superior ó 33%, polo tempo necesario e debendo xustificarse con parte de asistencia á consulta ou revisión.
4.Permisopor acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico durante a xornada de traballo, os/as traballadores/as terán dereito a permiso, sempre que estea debidamente xustificado, e sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.
5.Portraslado de domicilio, sen cambio de residencia 1 día hábil na mesa localidade e 2 días hábiles se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está composta por dous o máis membros, o permiso será de dous días hábiles sen cambio de localidade e de catro se existe cambio.
6.Permisopara asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, probas selectivas e demais probas definitivas de aptitude durante os días da súa realización.
7.Permisopor asuntos personais:
1. Nove días ó ano, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servizo. Estes días non poderán acumularse en ningún caso ás vacacións anuais retribuídas. Se por causas de necesidades do servizo non poideran disfrutarse dentro do ano natural, poderase facer uso dos mesmos durante o mes de xaneiro de ano seguinte.
2. Ademais dos días de libre disposición establecidos, os/as empregados/as públicos/as do Concello terán dereito ó disfrute de 2 días adicionais ó cumprir o sexto trienio, incrementándose en 1 día adicional por cada trienio cumprido a partires do octavo.
3. Os días asuntos propios non poderán ser compensados en metálico ó non disfrute dos mesmos.
8.Paraa realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto polas traballadoras embarazadas.
9.Polotempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal e por deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral.
Para tal efecto consideraranse deberes inescusables de carácter público e persoal os seguintes:
a) A expedición ou renovación do DNI, pasaporte, carné de conducir e demais xestións ante organismos oficiais.
b) Citacións de xulgados, comisarías, Subdelegación do Goberno, concellos, etc.
c) A asistencia os tribunais ou comisións de selección ou comisións de valoración como vogal ou asesor técnico.
10.Lactación:
a) A traballadora por lactación dun fillo menor de 12 meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha reducción da xornada normal en media hora ó inicio e o final da xornada, ou nunha hora o inicio ou final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ámbolos dous traballasen.
b) Igualmente a traballadora poderá solicitar a substitución do tempo de lactación por un permiso retribuído que acumule en xornadas completas o tempo correspondente, ou ben por un crédito de horas, ou 4 semanas, podéndose aproveitar, en ámbolos casos, en calquera momento, despois do gozo do permiso de maternidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente por un ou outro dos proxenitores, no caso de que ámbolos dous traballasen.
c) A cantidade de horas incluídas no crédito será o resultado de contabilizar o total de horas ás que se tería dereito se se dispuxese do permiso de lactación na súa modalidade dunha hora de ausencia.
d) Este permiso incrementarse proporcionalmente nos casos de parto múltiple. e) Nos supostos de adopción ou acollemento, este dereito computarase durante o primeiro ano desde a resolución xudicial ou administrativa de adopción ou acollemento.
11.Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera causa deban permanecer hospitalizados a continuación do parto, a traballadora ou traballador terán dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dous horas percibindo as retribucións íntegras. Así mesmo terán dereito a reducir a súa xornada de traballo ata un máximo de dúas horas, coa diminución proporcional das súas retribucións.
12.Por razons de garda legal, cando o empregado público teña o coidado directo de algún menor de doce anos, de persoa maior que requira especial dedicación, o de unha persoa con discapacidade que no desempeñe actividade retribuída, terá dereito a reducción da sua xornada de traballo, coa diminución das súas retribucións que corresponda.
Terá o mesmo dereito o empregado público que precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poda valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.
13.Porser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grado, o empregado público terá dereito a solicitar unha reducción de ata 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.
Si houbera máis dun titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de disfrute de esta reducción poderase ratear entre os mesmos, respectando en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, de dous meses.
14.Ás traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, polo tempo necesario para a súa práctica e logo de xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.
15.Os/as empregados/as públicos do Concello de Porriño terán dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo o xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días.
16.Paraacompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ao parto, os empregados público/as terán dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos.
17.Nossupostos de accidente ou enfermidade moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, acollido/acollidas ou familiares conviventes, e para atender o seu coidado, os empregados públicos terán dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.
Artigo 26º.PERMISOS POR MOTIVOS DE CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL E POR RAZÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
En todo caso concederanse os seguintes permisos coas correspondentes condicións mínimas:
a) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso se ampliará en dous semanas máis no suposto de discapacidade do/a fillo/a e, por cada fillo/a a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso se distribuirase a opción dA empregada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai, ó outro proxenitor poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatamente posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos proxenitores traballen, a nai ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que ó outro proxenitor disfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de xeito simultáneo ou sucesiva co da nai. Ó outro proxenitor poderá seguir disfrutando do permiso de maternidade inicialmente cedido, anque no momento previsto para a reincorporación da nai ó traballo esta se encontre en situación de incapacidade temporal. Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, á suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas o das que correspondan no caso de discapacidade do fillo o de parto múltiple. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa o a tempo parcial, cando ás necesidades do servizo ó permitan, e nos termos que regulamentariamente se determinen. Durante el disfrute de este permiso se poderá participar en los cursos de formación que convoque la Administración. No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar porque o pai desfrute de ata catro das últimas semanas da licencia, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai, supoña un risco para a súa saúde.
b) Permiso por adopción o acollemento, tanto preadoptivo como permanente o simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado o acollido e por cada fillo, a partires do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. Ó cómputo do prazo contarase a elección dos/as persoal laboral, a partir da decisión administrativa o xudicial de acollemento o a partir da resolución xudicial pola que se constituíu á adopción sen que en ningún caso un mesmo menor poda dar dereito a varios períodos de disfrute deste permiso. No caso de que ambos proxenitores traballen, o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán disfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos. Nos casos de disfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma dos mesmos non poderá exceder das dezaseis semanas o das que correspondan no caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor adoptado ou acollido. Este permiso poderá disfrutarse a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades de servizo ó permitan, e nos termos que regulamentariamente se determine. Si fora necesario o desprazamento previo dos proxenitores ao país de orixe do adoptado, nos casos de adopción ou acollemento internacional, se terá dereito, ademais, a un permiso de ata dous meses de duración, percibindo perante este período exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozarse de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses. Con independencia do permiso de ata dous meses previsto no parrafeo anterior e para o suposto contemplado en dito paragrafo, o permiso por adopción o acollemento, tanto preadoptivo como permanente o simple, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constituía a adopción ou a decisión administrativa o xudicial de acollemento. Perante o disfrute deste permiso se poderá participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente o simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan no Código Civil ou nas Leis civís das Comunidades Autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento simple unha duración no inferior a un ano.
c) Permiso de paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun/ha fillo/a: terá unha duración de trinta días naturais, a disfrutar polo pai ou ó outro proxenitor a partires da data do nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constituía a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais. Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambos os proxenitores fosen persoal laboral do Concello de Porriño, o permiso poderase distribuír á opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración. Este permiso es independente do disfrute compartido dos permisos contemplados nos apartados a) e b). A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permiso previstos nas alíneas a) e b) nos seguintes supostos:
• Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do devandito permiso.
• Se a filiación paterna non estivese determinada.
• Cando os proxenitores non estivesen casados nin estivesen unidos de feito en análoga relación de afectividade.
• Cando en resolución xudicial citada en proceso de nulidade, separación ou divorcio, iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo ou da filla que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ao ser unha delas a nai biolóxica, a que non sexa terá dereito ao permiso de paternidade nos termos fixados nesta alínea. Nos casos previstos nos apartados a), b), e c) o tempo transcorrido perante o disfrute destes permisos se computará como de servizo efectivo a tódolos efectos, garantirá a plenitude de dereitos económicos da empregada pública e, no seu caso, doutro proxenitor empregado público, perante todo o período de duración do permiso, e, no seu caso, perante os períodos posteriores ao disfrute deste, si de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determina en función do período de disfrute do permiso. Os/as traballadores/as que teñan feito uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez finalizado o período de permiso, a reintegrarse ao seu posto de traballo en termos e condicións que non lles resulten menos favorables ao disfrute do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que haberán podido ter dereito perante a súa ausencia.
d) Permiso por razón de violencia de xénero sobre os/as traballadores/as: as faltas de asistencia do persoal laboral víctimas de violencia de xénero, totais o parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións en que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde segundo proceda. Así mesmo, os/as traballadores/as víctimas de violencia sobre a muller, para facer efectiva súa protección ou seu dereito de asistencia social integral, terán dereito a reducción da xornada con diminución proporcional da retribución, ou a reordenación do tempo de traballo, a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible o de outras formas de ordenación do tempo de traballo que sexan aplicables, nos termos que para estes supostos estableza a Administración Pública competente en cada caso.
e) Os/as traballadores/as do Concello de Porriño que teñan fillos/as con discapacidade terán dereito a ausentarse do traballo polo tempo indispensable para asistir a reunións de coordinación do seu centro educativo, ordinario de integración ou de educación especial, onde reciba atención, tratamento o para acompañalo si a de recibir apoio adicional no ámbito sanitario ou social.
Artigo 27º.LICENCIAS
1.Licenciaspor matrimonio:
c) Por razón de matrimonio propio, os/as traballadores/as terán dereito a unha licencia de 15 días naturais, que poderán sumarse ás vacacións anuais. d) Por matrimonio de parentes(país, irmáns, fillos, netos ou avós do interesado), o/a traballador/a disfrutará dunha licencia de 1 día, sempre que estes se produzan en días laborais
2.Licenciapor maternidade, adopción, acollemento e paternidade.
f) A empregada xestante terá dereito a ocupar durante o embarazo, un posto de traballo ou xornada distinto/a ó seu, sempre que, segundo prescrición médica o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos. Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á reincorporación ó seu destino orixinal
g) A empregada embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias.
h) Regulamentariamente determinarase a diminución da xornada de traballo e a reducción proporcional de retribucións (Apartado engadido pola lei 12/2001, do 9 de xullo).
3.Licenciapor realización de estudios.
3.a) Os/As traballadores/as terán o dereito e o deber de realizar cursos de perfeccionamento e promoción profesional sobre materias relativas ó posto de traballo que ocupa, ou para poder acceder a outro distinto e/o de superior categoría.
3.b) Poderá concederse licencia para realizar estudios ou cursos en materia directamente relacionada coa función pública, despois de solicitalo presentando no rexistro xeral e con fundamento na xustificación na súa asistencia e da necesidade ou non para o servizo que preste o/a Empregado/a Público. No caso de concederse con carácter de Comisión de servizos o/a o/a Empregado/a Público terá dereito a percibir toda a súa remuneración e as indemnizacións previstas.
4.Licenciassen soldo.
a) As licencias por asuntos propios ó Empregados Públicos, sen percibo de haberes, ata un máximo de tres meses cada dous anos, concederanse sempre que a ausencia do traballador non cause detrimento no rendemento efectivo do servizo, oída a Comisión Mixta de Seguimento e Interpretación.
b) No caso de que dita licencia fose a ser denegada, antes da resolución definitiva daráse audiencia ó interesado a través do servizo correspondente.
Artigo 28º.EXCEDENCIAS.
1.Os/as laborais/as con alomenos unha antigüidade de 1 ano teñen dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo no menor de catro meses e no maior de cinco anos. Este dereito só poderá ser exercitado polo mesmo traballador si han transcorrido catro anos dende o remate da anterior excedencia.
2.Excedenciapara o coidado de fillas, fillos e familiares:
As persoas funcionarias de carreira terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a tres anos, para coidar cada filla ou fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción ou acollemento permanente ou en proceso de adopción, que se contará desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.
Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a tres anos, para o coidado dunha persoa familiar que estea ao seu cargo, ata o segundo grao inclusive de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade non se poida valer por si mesma e non desempeñe actividade retribuída.
O período de excedencia será único por cada persoa causante. Cando unha nova persoa causante dese orixe a unha nova excedencia, o inicio do período desta poñerá fin ao que se viñese gozando.
Esta excedencia constitúe un dereito individual das persoas funcionarias. No caso de que dúas persoas funcionarias xerasen o dereito a gozala pola mesma persoa causante, a Administración poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas relacionadas co funcionamento dos servizos. O tempo de permanencia nesta situación será computable para os efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime da Seguridade Social que sexa aplicable.
O posto de traballo desempeñado reservarase, cando menos, dous anos. Ao transcorrer ese período, a devandita reserva será a un posto na mesma localidade e de igual retribución.
As persoas funcionarias nesta situación poderán participar nos cursos de formación que convoque a Administración.
3.Porrazón de violencia sobre os/as traballadores/as: Os/as traballadores/as do Concello de Porriño, víctimas de violencia de xénero, para faceren efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terán dereito a solicitar a situación de excedencia durante seis meses sen ter que prestar un tempo máximo de servizos previos e sen que sexa esixible prazo de permanencia nela.
Durante os seis primeiros meses terán dereito á reserva do posto de traballo que desempeñasen, e o devandito período será computable para os efectos de antigüidade, carreira e dereitos do réxime de Seguridade Social que sexa aplicable.
Cando as accións xudiciais o esixisen, poderase prorrogar este período por tres meses, cun máximo de dezaoito, con idénticos efectos aos sinalados anteriormente, para o fin de garantir a efectividade do dereito de protección da víctima.
Durante os dous primeiros meses desta excedencia, o Persoal Funcionario terán dereito a percibir as retribucións íntegras e, se é o caso, ás prestacións familiares por fillo ao seu cargo.
5.Outras excedencias: A aplicación doutras excedencias rexeranse pola normativa vixente en cada momento,máis favorable para os/as empregados/as públicas.
Artigo 29º.COMÚN A PERMISOS E LICENCIAS
Nas referencias feitas no presente Capítulo a días de permiso ou licencias, entenderanse feitas ao establecido en cada apartado, agás os relativos a permisos por asuntos propios, que se entenderán como laborais.
CAPÍTULO VIII.SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA, PROVISIÓN DE POSTOS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS
Artigo 30º.PRINCIPIOS XERAIS DE ACCESO Á ADMINISTRACIÓN LOCAL E SISTEMAS DE SELECCIÓN
1.No proceso Selectivo, en todo caso estarase ó disposto na Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, no Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ó servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos laborais civís da Administración Xeral do Estado, e ó Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección do persoal da Administración Local e o establecido na Lei
En concordancia coa normativa mencionada, tamén estarase nesta materia ó disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, Lei de Administración Local de Galicia.
2.O ingreso do persoal ó servizo da Administración Local realizarase a través da Oferta de Emprego Público, con total respecto ós principios básicos de acceso á Función Pública, de conformidade cos postulados constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, establecendo como mecanismos de garantía os seguintes:
2.1.Paraos procesos de selección de Persoal interino, as bases das probas selectivas, así como as correspondentes convocatorias, publicaranse no B.O.P. e no D.O.G. O anuncio das convocatorias publicarase no B.O.E. Para os procesos de selección de contratación de Persoal interino, superior a 1 ano, as bases das probas selectivas así como as correspondentes convocatorias publicaranse no B.O.P. O anuncio da convocatoria publicarase nos xornais que establezan as bases xerais en vigor en cada momento.
Para os procesos de selección de contratación de Persoal interino, inferior a 1 ano, as bases das probas selectivas así como as correspondentes convocatorias publicaranse no Taboleiro de Edictos do Concello e remitirase un exemplar á Oficina de Emprego correspondente. O anuncio da convocatoria publicarase nun xornal de tirada provincial.
2.2.Nasprobas eliminatorias garantirase o anonimato dos aspirantes naquelas probas en que sexa posible.
2.3.Asbases xerais de cada convocatoria, así como para a promoción interna e provisión de postos de traballo serán negociados na Mesa Xeral de Negociación do Concello do Porriño. As bases xerais do persoal interino serán comunicadas a representación legal dos traballadores.
2.4.OsTribunais e/ou Comisións de Selección estarán integrados, de conformidade co establecido na Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, no Decreto 364/95, de 10 de marzo, de ingreso do Persoal ó servizo da Administración do Estado, por un numero impar de membros, non inferior a 5, con seus respectivos suplentes, debendo posuír a totalidade destes un nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o ingreso no grupo profesional do que se trate. Na súa composición debe atenderse ao artigo 36 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes.
2.5.Parapoder participar nos procesos selectivos convocados na Administración Local será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público ou lexislación vixente en cada momento.
2.6.Oscontratos de persoal interino que teñan a súa orixe nunha subvención das distintas administracións públicas competentes, rexeranse polas normas recollidas na correspondente orde de convocatoria. As bases de selección se elaborarán especificamente para cada un destes procesos, e recollerán e valorarán axeitadamente as especiais circunstancias que se deriven das devanditas ordes, tales coma prazos de execución, requisitos dos/as candidatos/as, méritos a valorar e, no seu caso, contidos e tipoloxía das probas de selección entre outros aspectos. A elaboración destas bases e o desenvolvemento dos procesos de selección será competencia dos técnicos dos programas nos que se inclúan as diferentes políticas de contratación, en colaboración cos técnicos dos departamentos nos que se producirá a correspondente incorporación laboral.
Artigo 31º.CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO E FUNCIONARIZACIÓN
1.O Concello de Porriño e o seu Goberno, dará prioridade en materia de oferta pública e ingreso á consolidación e reconversión do emprego temporal, indefinido e interino existente, por razóns estructurais, en fixo coa inequívoca intención de reducir as actuais taxas de temporalidade e interinaxe ata uns índices máximos do 10%.
3.Como criterio xeral, tódolos postos e prazas de carácter estructural cubertos con persoal temporal, indefinido e interino, anteriores o 1 de xaneiro de 2005, terán a consideración de postos consolidables por razóns estructurais, e por tanto susceptibles de ser sometidos á oferta pública durante a vixencia deste Acordo Regulador/convenio colectivo.
A Convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino ou consolidación do emprego temporal estructural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade e mediante os sistemas selectivos de concurso - oposición ou concurso.
Na fase de concurso serán valorados, entre outros méritos, o tempo de servizos e a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria prestados no Concello de Porriño. Para realizar esta valoración será requisito estar en situación de servizo activo neste Concello no posto de traballo obxeto da convocatoria, con contrato ininterrumpido de traballo vixente de carácter temporal ou indefinido ou ben en situación de interinidade ininterrumpida dende antes do 1 de xaneiro de 2005. A fase de oposición consistirá nunha ou nunhas probas prácticas que gardarán relación cos procedementos, tarefas e funcións habituais dos postos obxecto da consolidación e convocatoria.
4.Asbases xerais e específicas de tódalas convocatorias que respondan a criterios de consolidación, funcionarización e promoción serán previamente negociadas cos/as Delegados/as de Persoal Electos/as e Sindicatos máis representativos.
5.Os/as traballadores/as que non superasen a consolidación de emprego terán dereito a dúas oportunidades a máis e se manterán prestando servizo no concello coa condición de laboral indefinido a extinguir nun novo posto do mesmo grupo de clasificación que lle será asignado polo Concello e que non supoña duplicidade de postos de traballo
Os/as traballadores/as que non superasen a funcionarización permanecerán prestando servizo no concello no seu posto de traballo coa condicion de Laboral fixo a extinguir.
Artigo 32º.OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO
1.Asnecesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da Oferta de emprego público, o a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, ó que comportará a obrigación de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ata un dez por cen adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria dos mesmos. En todo caso, a execución da oferta de emprego público o instrumento similar deberá desenrolarse dentro do prazo improrrogable de tres anos.
2.Odo Concello de Porriño, previa negociación cos representantes sindicais, aprobará e publicará anualmente no BOP dentro do prazo de 1 mes desde a aprobación do presuposto a oferta de emprego público o instrumento similar.
3.Deacordo co establecido no artigo 37.1 e o artigo 61.7 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, as bases xerais e especificas das convocatorias dos distintos procesos selectivos serán negociadas coa Mesa Xeral de Negociación.
Artigo 33º.RELACIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO
1.Segundoo disposto no Titulo V. Ordenación da actividade profesional da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, as Adm. Públicas formarán a relación dos postos de traballo existentes na súa organización
2.Asrelacións de postos de traballo serán públicas.
Artigo 34º.PROMOCIÓN PROFESIONAL DOS/AS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS
1.Os/as empregados/as públicos do Concello de Porriño terán dereito a promoción profesional.
2.Apromoción profesional é o conxunto ordenado de oportunidades de ascenso e expectativas de progreso profesional conforme aos principios de igualdade, mérito e capacidade.
A tal obxecto o Concello de Porriño promoverá a actualización e perfeccionamento da cualificación profesional dos/as seus empregados/as públicos.
3.Opresente Convenio Colectivo regulará a promoción profesional que poderán consistir, entre outras, na aplicación illada ou simultánea dalgunha ou algunhas das seguintes modalidades:
a) Promoción ou carreira horizontal, que consiste na progresión de grado, categoría, escalo ou outros conceptos análogos, sen necesidade de cambiar de posto de traballo e de conformidade co establecido na letra b) do artigo 17 e no apartado 3 do artigo 20 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.
b) Promoción ou carreira vertical, que consiste no ascenso na estructura de postos de traballo polos procedementos de provisión establecidos no Capítulo III do Título V da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. c) Promoción interna vertical, que consiste no ascenso dende un corpo o escala dun Subgrupo, ou Grupo de clasificación profesional no suposto de que este non teña Subgrupo, a outro superior, de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.
d) Promoción interna horizontal, que consiste no acceso a corpos ou escalas do mesmo Subgrupo profesional, de acordo co disposto no artigo 18 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público.
4.Os/as empregados/as públicos do Concello de Porriño poderán progresar simultaneamente nas modalidades de promoción ou carreira horizontal e vertical.
Artigo 35º.PROMOCIÓN OU CARREIRA HORIZONTAL DOS/AS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS
Terase en conta o que se estableza nos regulamentos de desenrolo do Estatuto Básico do Empregado Público na Administración do Estado e na Administración da Xunta de Galicia.
Artigo 36º.PROMOCIÓN OU CARREIRA VERTICAL DOS/AS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS
1.Deacordo co establecido no artigo 17 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público no concello de Concello de Porriño a provisión de postos de traballo realizarase a través dos sistemas de libre designación, concurso específico ou concurso de méritos, que será o sistema xeral.
2.Asbases e convocatorias serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia ou da Comunidade Autónoma, e o anuncio das convocatorias no Boletín Oficial do Estado, e conterán necesariamente:
a) Denominación, localización, nivel de complemento de destino e complemento específico.
b) Requisitos esixidos para o seu desempeño, entre os que unicamente poderán figurar os contidos nas relacións de postos de traballo.
c) Prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso poderá ser inferior a 15 días hábiles, contando a partir da publicación.
3.Baremo.Méritos: Avaliaranse como tales:
a) Antigüidade.
b) Cursos de formación e perfeccionamento (relacionados sempre coas funcións do posto a que se aspira).
c) Titulacións académicas superiores, excluíndo as que serviron para obter outra superior, ou complementarias das que se esixen para acceso ó grupo relacionadas coas funcións propias do posto de traballo e outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto.
d) Coñecemento do idioma galego.
e) Carreira administrativa.
f) No caso de empate terá preferencia para que lle sexa adxudicado o posto o que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro, de persisti-lo empate terá preferencia o de maior idade.
4.Os/as empregados/as públicos/as unicamente poderán ser removidos por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto realizada a través das relacións de postos de traballo ou prevista nestas que modifiquen os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ó posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal, mediante resolución motivada do órgano que efectuou o nomeamento.
Artigo 37º.PROMOCIÓN INTERNA VERTICAL E HORIZONTAL DOS/AS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS
1.Apromoción interna se realizará mediante procesos selectivos que garantisen o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade así como os contemplados no artigo 55.2 da Lei 7/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público
2.Comocriterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:
a) A promoción deberá se-lo instrumento para incrementa-la capacidade de traballo dos/as empregados/as públicos e, en definitiva, os niveis de motivación e integración.
b) A promoción deberá basearse no esforzo profesional, o historial profesional e a carreira, a formación e cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto de consideración a antigüidade.
c) De acordo con estes criterios, no Concello de Porriño, deberán efectuarse procesos de promoción, separados dos de ingreso, que se desenvolverán en convocatorias independentes.
d) Efectuarase mediante os sistemas de CONCURSO-OPOSICIÓN ou CONCURSO con suxeición ós principios de igualdade, mérito e capacidade.
3.Requisitos:
Para participar en probas de promoción interna os/as empregados/as públicos/as deberán posuír os requisitos esixidos para o ingreso, ter unha antigüidade de, alomenos, dous anos de servizo activo no inferior Subgrupo, ou Grupo de clasificación profesional, no suposto de que este no teña Subgrupo, á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó grupo profesional ó que aspire a ingresar.
No suposto de promoción dos/as empregados/as públicos de Corpos, Escalas ou Grupos Profesionais de peóns, axudantes, oficiais de 2ª, etc. ó inmediato superior de oficiais de 1ª, poderase eximir do requisito de titulación cando se trate de persoal cunha antigüidade de dez anos nun Grupo asimilable ó D (de funcionarios), ou o E de funcionarios ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación, de conformidade coa Disposición Adicional novena do Real Decreto 364/95, de 10 de marzo.
Eximirase ós candidatos daquelas materias cuxo coñecemento fose acreditado suficientemente nas probas de ingreso ós corpos, escalas ou grupo profesional de orixe. Para fixar esta excepción tomarase como referencia a derradeira convocatoria.
Tan so deberán superar unha proba práctica aqueles candidatos que pertenzan a un corpo, escala ou grupo profesional cuxo desempeño profesional non permita supoñer un coñecemento dos cometidos propios do corpo, escala ou grupo profesional de destino.
Os aspirantes que na quenda de promoción interna houberan superado as probas pero, ó non reunir méritos suficientes, non obtiveran praza ou posto, quedarán exentos da realización das probas das dúas seguintes convocatorias nun período de 4 anos.
4.Convocaranseun mínimo de 75% e ata o 100%, por promoción interna, das prazas vacantes na Oferta de Emprego Público correspondente.
5.Candoexistan categorías de Empregados/as Públicos que desempeñen funcións afíns as de Corpos ou Escalas de funcionarios, o ingreso nestes Corpos ou Escalas poderán efectuarse mediante o sistema de concurso/oposición, valorándose na fase de concurso a experiencia e o historial profesional destes candidatos.
6.Aestes efectos os/as empregados/as públicos cuxas funcións sexan afíns as desempregadas por funcionarios do extinto grupo E, terán o mesmo tratamento que estes para o acceso o grupo C2 o asimilable.
7.Os/as empregados/as públicos, poderán acceder á promoción interna polo sistema de concurso, sempre e cando se traten de postos ou prazas de similar categoría. 8.Comonorma xeral valorarase o concurso cun máximo de 40% da puntuación total, e co 60% restante a fase de oposición.
A puntuación de cada un dos conceptos enunciados no baremo non poderá exceder en ningún caso do 40% da puntuación máxima total, ni ser inferior ao 10% da fase do concurso
9.AFASE DE OPOSICIÓN e a FASE DE CONCURSO, destes procesos serán negociados cos representantes dos traballadores do Concello e Sindicatos mais representativos
Artigo 38º.CAUSAS DE DESPIDO
En consonancia coas necesidades de rendabilización e control do gasto e efectivos, transparencia nas determinacións e decisións dentro das Administracións Públicas e aceptación - aplicación para o traballador, do principio de condicións máis beneficiosas, ante unha resolución xudicial firme, que estableza a improcedencia dun despido, o Concello do Porriño, Entidade Local afectada, permitirá ó despedido escoller entre a indemnización e a readmisión, salvo informe desfavorable da representación sindical.
O Concello do Porriño renuncia ós procedementos de regulación de emprego e á excedencia forzosa como formas de reducción de planeilla.
Artigo 39º.SEGUNDA ACTIVIDADE
1.Todoo persoal adscrito ó Concello do Porriño estará obrigado a desempeñar todalas funcións inherentes ó seu cargo e posto de traballo, (1ª actividade), mentres non existan causas razoables que imposibiliten o desempeño normal destas, (2ª actividade). Con este punto de partida, na definición de 2ª actividade, faise necesario determinar cales son as causas razoables que posibilitarán o paso a escala de 2ª actividade, o que se poderá facer:
a) VOLUNTARIAMENTE: (para policías locais, bombeiros e persoal de recollida de lixo), cando se cumprisen ós 55 anos de idade ou 25 anos de servizos efectivos nas situacións de servizo activo, servizos especiais ou excedencia forzosa.
b) DE OFICIO: cando estea adscrito en servizos de urxencia, (policía local, bombeiros), e fosen cumpridos os 55 anos de idade, (o traballador/a afectado poderá neste caso tamén renunciar ó dereito de pase a segunda actividade, e continuar no seu posto, excepto por razóns xustificadas, oída a representación sindical).
c) POR INSUFICIENCIA DAS APTITUDES PSICO-FÍSICAS: cando estea incapacitado/a para o exercicio da súa función habitual, sempre que non sexa causa de xubilación anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a 2ª actividade requirirá o exame dun tribunal médico.
d) A Corporación Local determinará anualmente os postos de 2ª actividade que formen parte dun determinado Grupo Profesional, dentro da relación de postos de traballo, os cales serán negociados coa representación legal dos traballadores, dentro do último trimestre de cada ano, creándose vacantes cando o requiran as necesidades do servizo.
Excepto cando sexa de oficio, o persoal interesado no pase a 2ª actividade, deberá formular a correspondente solicitude antes do mes de setembro do ano anterior, dirixida ó Órgano competente ou a Alcaldía - Presidencia que corresponda.
Unha vez encadrado na escala de 2ª actividade conservaranse a totalidade das retribucións que se viñan percibindo, salvo que o pase se tramitase de forma voluntaria polo interesado, (punto 1).
Artigo 40º.INCOMPATIBILIDADES
A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio, aplicaráselle o réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia.
Artigo 41º.SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS
Estarase ó disposto nas disposicións vixentes aplicables para a Función Pública.
Artigo 42º.USO DA LINGUA GALEGA
Os/As traballadores/as do Concello do Porriño, teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma Galego, como Lingua da Comunidade Autónoma, e en particular da Administración Local, e polo tanto acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.
O Concello do Porriño proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da Lingua Galega. Os/As traballadores/as do Concello de Porriño teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego, dentro do horario de traballo.
O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.
No caso de que os cursos de Galego, non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal ó cargo da Entidade Local ou non sexan organizados por esta, este aboará se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas de custo e gastos de desprazamento pertinentes.
CAPÍTULO IX.GRUPOS PROFESIONAIS
Artigo 43º.GRUPOS PROFESIONAIS
1.Opersoal ó servizo do Concello do Porriño afectado por este Convenio, e en atención ás funcións que realiza, se clasifica nos Grupos e niveis mínimo e máximo que a continuación se indican:
Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI
2.Atatanto non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios para o acceso a función pública seguirán sendo válidos os títulos universitarios oficiais vixentes na normativa de aplicación.
Transitoriamente, os grupos de clasificación existentes ata o de agora no Concello se integrarán nos Corpos, Escalas e Grupos de clasificación profesional de funcionarios e laborais previstos neste artigo, de acordo coas seguintes equivalencias:
Grupo A(actual): Subgrupo A1(novo)
Grupo B(actual): Subgrupo A2(novo)
Grupo C(actual): Subgrupo C1(novo)
Grupo D(actual): Subgrupo C2(novo)
Grupo E(actual): Agrupacións profesionais(novo).
O persoal laboral do subgrupo C1 que reúnan a titulación esixida poderán promocionar o Grupo A sen necesidade de pasar polo novo Grupo B.
3.Oorganigrama da planeilla do persoal laboral do Concello do Porriño establecerase por servizos ou departamentos que se deberán relacionar na Relación de Postos de Traballo (RPT).
O Concello comprometese a facer a RPT unha vez se aprobe o convenio e haxa partida presupostaría que se consignará na primeira proposta de presupostos.
CAPÍTULO X.SISTEMA RETRIBUTIVO
Artigo 44º.ESTRUCTURA RETRIBUTIVA.
A estructura retributiva dos/as persoal laboral ao servizo do Concello de Porriño tenderá a unificarse baixo os seguintes conceptos retributivos:
1.Retribuciónsbásicas: son as que retribúen ao persoal laboral segundo a adscrición do seu corpo ou escala ou grupo a un determinado Subgrupo ou Grupo de clasificación profesional, no suposto de que no teña Subgrupo, e por súa antigüidade no mesmo. Dentro delas están comprendidas os compoñentes de soldo e trienios e das pagas extraordinarias.
a) Soldo: asignado a cada Subgrupo o Grupo de clasificación profesional, no suposto de que este no teña Subgrupo.
b) Os trienios: que consisten nunha cantidade, que será igual para cada Subgrupo o Grupo de clasificación profesional, no suposto de que este no teña Subgrupo, por cada tres anos de servizo. Aos efectos retributivos será de aplicación os do derradeiro grupo ou subgrupo consolidado
c) As pagas extraordinarias: serán de dúas ao ano (nos meses de xuño e decembro) cada unha polo importe de unha mensualidade de retribucións básicas e da totalidade das retribucións complementarias, salvo as establecidas para o grao de interese, iniciativa o esforzo co os/as persoal laboral desempeñen seu traballo e o rendemento ou resultados obtidos, e dos servizos extraordinarios prestados fora da xornada normal de traballo.
2.Retribuciónscomplementarias: son as que retribúen as características dos postos de traballo, a carreira profesional ou ó desempeño, rendemento ou resultados alcanzados polos/as persoal laboral. A contía e estructura das retribucións complementarias dos/as persoal laboral do Concello de Porriño se desenrolarán de acordo co seguinte:
A progresión alcanzada polo persoal laboral dentro do sistema de carreira administrativa do artigo anterior(O complemento de destino).
A especial dificultade técnica, responsabilidade, dedicación, incompatibilidade esixible para o desempeño de determinados postos de traballo ou ás condicións na que se desenrola o traballo(O complemento específico).
O grao de interese, iniciativa o esforzo co persoal laboral desempeñe seu traballo e o rendemento ou resultados obtidos (O complemento de productividade).
Corresponde ao Pleno da Corporación determinar nos orzamentos a cantidade global destinada á asignación do complemento de productividade, e os criterios de distribución de dita contía. Corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Corporación a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do complemento de productividade, con suxeición aos criterios establecidos polo Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir. Ao abeiro do disposto na Lei 3/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, os criterios de distribución e asignación individual dos complementos de productividade, serán obxecto de negociación coa representación sindical, en todo caso terase en conta o establecido no artigo referente a "Incentivos non fixos. Plus extrasalarial." As cantidades que perciba cada persoal laboral por este concepto serán de coñecemento público, tanto polos demais traballadores da Corporación como dos representantes sindicais.
Os servizos extraordinarios prestados fora da xornada normal de traballo. (As gratificaciónspor servizos extraordinarios). A retribución dos servizos extraordinarios terá carácter excepcional, debendo ser compensados preferentemente en tempo libre. En todo caso, cando se dean situacións de excepcionalidade previstas no dito artigo que impiden a compensación en tempo libre, os servizos extraordinarios serán retribuídos co seguinte criterio:
Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI
O valor das horas extraordinarias actualizarase anualmente de conformidade co porcentaxe de incremento xeral de retribucións que se fixe nos orzamentos xerais do Estado de cada ano para tódolos/as empregados/as públicos.
3.Retribuciónsdo persoal laboral contratado a través de subvención:
As solicitudes de subvencións e/ou axudas para a contratación de persoal laboral das diferencias administracións públicas recollerán as equiparacións salariais cos grupos, subgrupos e/ou categorías profesionais de referencia na Rpt do Concello.
No caso de que as subvencións e/ou axudas obtidas para estes salarios sexan inferiores ós establecidos para os grupos, subgrupos e/ou categorías profesionais de referencia no cadro persoal estable do Concello, compensarase esta diferencia con cargo ós orzamentos municipais.
Artigo 45º.RECOÑECEMENTO DE SERVIZOS PREVIOS
Recoñécese a tódolos traballadores do concello de Porriño a totalidade dos servizos indistintamente prestados polos mesmos en calquera Administración Pública.
Se considerarán servizos efectivos tódolos indistintamente prestados ás esferas de calquera Administración Pública, tanto en calidade de funcionario, como os prestados en réxime de contratación administrativa ou laboral.
O devengo dos respectivos trienios efectuarase, previo recoñecemento formal individualizado por órgano municipal competente e a instancia do interesado, aplicando ós mesmos o valor que corresponda os do corpo, escala, planeilla ou praza con funcións análogas as desempeñadas durante o tempo de servizos prestados que se recoñezan.
Cando os servizos computables a que se refiren os parágrafos anteriores, non cheguen a completar un trienio, serán considerados como prestados nesta Administración, para así ser tidos en conta, a efectos de trienios, seguindo a orde cronolóxica da prestación dos servizos sucesivos.
Para a concreta aplicación das prescricións contidas no presente artigo, se utilizarán por aplicación analóxica, as previsións contidas no Real Decreto 1.461/1.982, de 25 de xuño, polo que se dictan normas de aplicación da Lei 70/1.978, de 26 de decembro, de recoñecemento de servizos previos na Administración Pública.
Artigo 46º.NON DISCRIMINACIÓN EN MATERIA DE RETRIBUCIÓNS E OUTROS.
Entenderanse nulos e sen efecto os preceptos regulamentarios, as cláusulas dos convenios colectivos, os pactos individuais e as decisións unilaterais do Concello que conteñan discriminacións desfavorables por razón de idade ou cando conteñan discriminacións favorables ou adversas no emprego, así como en materia de retribucións, antigüidade, xornada e demais condicións de traballo por circunstancias de sexo, orixe, estado civil, raza, condición social, ideas relixiosas ou políticas, adhesión ou non a sindicatos e ó seus acordos, vínculos de parentesco con outros traballadores na empresa e lingua dentro do Estado español.
Artigo 47º.NÓMINA
Tódalas percepcións do persoal laboral realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutro xeito. O cobro da nómina deberá poder efectuarse o último día do mes, derivándose responsabilidades noutro caso. A nómina que se deriva do Libro Rexistro de Persoal, deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados e en concreto, sempre de xeito claro, o importe bruto, as deduccións e o importe líquido, procurando a maior transparencia e claridade posibles.
Artigo 48º.NORMAS COMÚNS AS GRATIFICACIÓNS POR SERVIZOS ESPECIAIS OU INCENTIVOS
a) Quedarán condicionadas á efectiva prestación dos servizos que se retribúen.
b) Non crearán dereitos adquiridos para o traballador e se suspenderán ó cesar no desempeño do posto de traballo que a teña asignada.
c) Mensualmente, os xefes remitirán á Unidade de Persoal, nos impresos facilitados ó efecto, para súa inclusión na nómina, relación valorada na que se faga constar os traballadores que prestaran o servizo.
d) Non suspenderán o percibo das gratificacións fixas, as situacións de licencia regulamentaria, excepto se o tempo efectivamente traballado durante o trimestre correspondente fora inferior á totalidade deste, debido a baixa por enfermidade común ou accidente, soamente se abonará a parte proporcional.
CAPÍTULO XI.CONDICIÓNS ECONÓMICAS E SOCIAIS
Artigo 49º.CONSTITUCIÓN DUN FONDO SOCIAL
O Concello do Porriño que subscribe este Convenio constituirá un fondo social para o persoal laboral, consignado Orzamentariamente cada ano, a negociar na Mesa Xeral de Negociación e se é o caso, cos Delegados de Persoal ou Comité de Empresa, para facer fronte ás condicións sociais que se acorden ou outras a maiores que existan.
Terá dereito as axudas derivadas do fondo social, o persoal laboral en activo no momento da convocatoria, polos gastos da unidade familiar e o persoal laboral que no momento da convocatoria leven no concello un ano no período de dous anos.
En todo caso a concesión de calquera tipo de axuda derivada do fondo social, tan so poderá ser satisfeita tanto en tempo como en forma, por acordo do órgano competente do Concello previa proposta da Comisión Paritaria que se constituirá ó efecto.
Contemplaranse como Anexo ó presente Convenio as Bases do Fondo Social.
Artigo 50º.ANTICIPOS:
1.OPersoal do Concello de Porriño poderá percibir un anticipo de dúas mensualidades brutas, debéndose reintegra-lo devandito anticipo como máximo en 16 mensualidades; estes anticipos serán concedidos sen xuro ningún. A administración,a seu criterio, poderá ampliar o prazo de devolución.
2.Desdeo mes seguinte á percepción do anticipo detraerase da nómina do/a traballador/a en cuestión, a cantidade correspondente a dividi-la contía global do anticipo entre o número de mensualidades para a súa devolución.
3.O/A traballador/a non poderá solicitar un novo anticipo ata que non remate a amortización do anteriormente solicitado. Todos os anticipos están vinculados ó vencimento ou finalización do contrato do/a traballador/a
4.Anegociación concreta e os criterios de reparto serán encomendados á Comisión Paritaria Mixta, e serán incluídos como anexo a este Convenio.
5.OConcello establecerá para todos/as Empregados/as Públicos un saldo vivo anual para anticipos de 25.000€.
Artigo 51º.ASISTENCIA XURÍDICA
1.OConcello do Porriño, garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a tódolos/as traballadores/as que a precisen por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servizo.
2.Asímesmo asume as posibles responsabilidades civís que puideran derivarse de prestación do servizo dos/as traballadores/as propios/as, excepto no caso de neglixencia debidamente probada.
3.Paraestes efectos, o Concello poderá subscribir unha póliza que garanta unha cobertura adecuada por este concepto.
Artigo 52º.SEGUROS E PLANS DE PENSIÓNS
1.OConcello de Porriño asume as posibles responsabilidades civís que puideran derivarse de prestación do servizo dos/as persoal laboral propios/as, excepto no caso de neglixencia debidamente probada.
2.Paraestes efectos, o Concello deberán subscribirá unha póliza que garanta unha cobertura adecuada polo concepto de responsabilidade civil.
3.Domesmo xeito, o Concello de Porriño, concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para o seu persoal laboral, que cubra os riscos de morte, incapacidade laboral transitoria e/ou permanente. Con este fin recadará ofertas - presupostos de varias entidades, co obxecto de establecelos importes concretos de indemnización, que deberán ser negociados coa representación sindical.
4.Deacordo co artigo 29 da Lei 3/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, o Concello destinará o porcentaxe da masa salarial que se fixe nas correspondentes leis de Presupostos Xerais do Estado a financiar apartacións a plans de pensións de emprego ou contratos de seguro colectivo que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación.
Artigo 53º.RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS EN PROCESOS DE BAIXA POR ENFERMIDADE OU ACCIDENTE
O Concello asegurará a todolo persoal laboral a percepción do 100% das súas retribucións, incluídos tódolos conceptos por calquera situación de incapacidade temporal, xa sexa de enfermidade, accidente, ou accidente laboral.
Os partes de baixa e alta derivados expediranse en modelo oficial e dentro dos prazos establecidos regulamentariamente na normativa da Seguridade Social, en todo caso a partir do terceiro día de baixa e nas 24 horas seguintes da alta.
CAPÍTULO XII.RÉXIME DISCIPLINARIO
Artigo 54º.RÉXIME DISCIPLINARIO
O réxime disciplinario e o procedemento para a imposición de sancións será o disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación que sexa de aplicación en cada momento para o persoal laboral das administracións públicas.
CAPÍTULO XIII.FORMACIÓN E PROMOCIÓN PROFESIONAL
Artigo 55º.OBXECTIVOS
Os principios e normas de actuación que rexerán a Formación Profesional do Persoal Laboral do Concello de Porriño contéñense nos seguintes puntos:
1.ACorporación, con carácter xeral e anualmente, establecerá un plan de formación para os empregados municipais, coincidente coas necesidades corporativas, dentro do plan de acción municipal. Especialmente recollerá aquelas actuacións que se consideren precisas para unha reciclaxe e adaptación profesional as novas tecnoloxías. O Departamento de Persoal, será o responsable da coordinación de cursos e programas formativos.
2.ACorporación, directamente ou en réxime de concerto con centros oficiais ou concertados, organizará cursos de capacitación profesional para a adaptación dos traballadores as modificacións técnicas operadas nos postos de traballo, así como cursos de reconversión profesional, para asegura-la estabilidade do/a traballador/a nun suposto de transformación ou modificación funcional.
3.Aspartes asinantes neste Convenio, constituirán a Mesa Paritaria Mixta de Formación e Promoción Profesional integrada por representantes da Corporación e representantes dos/as traballadores/as, que será informada e emitirá dictame sobre a planificación de cursos.
4.OComité de Empresa e as Seccións Sindicais poderán propoñer programas de actividades formativas, sendo dictaminadas pola Comisión de Formación.
5.Nestecontexto a Formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obrigación, constituíndo un factor básico para incrementa-la motivación e a integración dos/as empregados/as públicos e un mecanismo eficaz e indispensable para articula-la mobilidade e a promoción, por elo e en función das prioridades que sinale o Concello do Porriño, as partes recoñecen a necesidade de realizar un maior esforzo nesta materia.
6.OConcello, a través do seu Presuposto Xeral, e mediante a participación nos Fondos para a Formación Continua nas Administracións Públicas, manterá ó efecto, aulas para o desenrolo de cursos de formación.
7.Parafacilita-la formación e a reciclaxe profesional, o Concello de Porriño, no marco do Convenio 140 da OIT, adoptará os mecanismos necesarios de permisos ou licencias reflectidos no capítulo de "permisos e licencias " deste Convenio.
8.Opersoal comprendido no ámbito de aplicación do presente Convenio realizará os cursos de capacitación profesional ou reciclaxe para a adaptación a un novo posto de traballo que, a proposta da Comisión de Formación, determine o Concello do Porriño, co devengo, no seu caso, das indemnizacións que legalmente procedan.
9.O conxunto das accións formativas derivadas do Plan de Formación desta Administración Municipal e dos Plans para a Formación Continua das Administracións Públicas, realizárase de conformidade coa distribución horaria que decida a Comisión de Formación e Selección de cada unha das accións formativas que, en desenrolo dos plans de formación propios ou para formación continua, se convoquen.
10.Acorporación comprometese a instar ás Xefaturas de Servizo para que impulsen, na medida das posibilidades da propia Administración, a adecuación das ferramentas e útiles de traballo asignadas ós/ás traballadores/as para unha mellor calidade no servizo.
11.A corporación Municipal trasladará toda a información que chegue ó Concello ó Comité de Empresa e Seccións Sindicais de tódalas convocatorias de cursos de formación relacionadas coa Función Pública Municipal, tanto se son convocadas pola propia Corporación, por outras Administracións, como por entidades públicas e privadas.
Unha vez sexa asinado este Convenio, en todo caso, nun prazo non superior a tres meses, a Mesa de Formación Continua, elaborará un regulamento de funcionamento que garanta a participación en tódolos procesos de formación continua que se deriven da súa actuación, ou calquera outra á que se teña acceso
Artigo 56º.OS PLANS DE FORMACIÓN. CONTIDO.
Os plans de formación que se presenten diante da Mesa de Formación Contínua terán, como mínimo, o seguinte contido:
• Obxectivos e descrición das accións a desenvolver.
• Ámbito de aplicación do plan: Unidades Administrativas e Administracións ás que afecta.
• Colectivo afectado e número de participantes.
• Calendario previsto de execución.
• Custo estimativo das distintas actividades formativas.
• Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade.
• Modalidade de xestión das actividades formativas.
• Criterios de avaliación do plan de formación.
Artigo 57º.ACCESO ÓS PLANS DE FORMACIÓN.
Tódolo Persoal Laboral do Concello de Porriño, terá a posibilidade de acceder ós plans de formación continua da súa Entidade, así como a plans agrupados que engloben á súa Administración Local.
CAPÍTULO XIV.SAÚDE E SEGURIDADE: APLICACIÓN DA LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS DE GALICIA
Artigo 58º.INTRODUCCIÓN
Ámbalas dúas partes comprométense a respectar os dereitos e cumprir as obrigas derivadas da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais para o Concello
Artigo 59º.ÁMBITO DE APLICACIÓN
O disposto no presente Convenio será de aplicación xeral ó persoal laboral do Concello do Porriño e ós seus Organismos Autónomos, si os houbera.
Artigo 60º.O COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
Constituírase un Comité de Seguridade e Saúde integrado paritariamente polos delegados de prevención que estableza a Lei e polo mesmo número de representantes municipais elixidos polo Alcalde.
Ademais poderán participar nas súas reunións os restantes delegados sindicais e os responsables técnicos da prevención no Concello que non conten coa condición de representantes do Concello.
Artigo 61º.RECOÑECEMENTOS MÉDICOS PERIÓDICOS
O Persoal Laboral do Concello de Porriño do Concello do Porriño terán dereito a que se lles realicen recoñecementos médicos anuais de conformidade coa lexislación vixente.
Ademais, no caso de que o/a traballador/a así o requira, e sempre que a doenza teña relación co desempeño do seu traballo, se deberán realizar ampliacións dese recoñecemento en aspectos específicos, mediante a consulta cun especialista no area correspondente (oculista, otorrino, dermatólogo, etc.)
CAPÍTULO XV.DEREITOS SINDICAIS
Artigo 62º.PRINCIPIO XERAL
1.OConcello do Porriño que asume este Convenio recoñece e aplicará a Lei Orgánica 11/85, de 2 de agosto, de Liberdade Sindical (LOLS) modificada pola Lei Orgánica 14/94, de 19 de maio, e o establecido no Estatuto dos Traballadores respectivamente, en todo o referido a este, así como o Convenio 151 da OIT, de 27 de xuño de 1978, sobre a protección do dereito de sindicación e os procedementos para determinar as condicións de emprego nas Admóns. Públicas.
2.OPersoal Laboral do Concello de Porriño incluído no ámbito de aplicación deste Convenio teñen dereito a participar na Administración Municipal, nos termos fixados na Lei, a través dos órganos de representación regulados neste artigo.
3.Arepresentación dos/as traballadores/as corresponde ós membros do Comité de Empresa e as Seccións Sindicais.
Artigo 63º.GARANTÍAS E FACULTADES DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES
Os membros dos órganos de representación electos terán as seguintes garantías e facultades:
1.Audienciado órgano competente nos supostos de seguirse procedemento disciplinario a un deles, sen prexuízo do/da interesado/a que se regule no dito procedemento.
Apertura de expediente contradictorio no suposto de sancións por faltas graves ou moi graves, no que serán oídos, aparte do interesado, o Comité de Empresa ou restantes delegados de persoal.
2.Expresarindividualmente e colexiadamente, con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír as informacións de interese profesional, laboral e social, comunicándoo ó Presidente da Entidade.
3.Nonpoder ser sancionados disciplinariamente nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, nin trasladados con carácter forzoso en razón precisamente do desempeño da súa representación, durante o seu mandato, nin dentro do ano seguinte a expiración deste.
Prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo respecto dos demais traballadores, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.
4.Dispoñerdo crédito horario mensual legalmente establecido das correspondentes á súa xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o exercicio das súas funcións de representación.
Sen rebasalo número total de horas sindicais e os distintos membros do Comité de Empresa, ou delegados de persoal poderán acumular as horas en un ou varios dos seus compoñentes, podendo quedar relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.
5.Poderutilizar para as actividades propias de representación, previa autorización (asembleas, reunións, etc.), un local facilitado para o efecto pola Entidade que posúa unhas características e equipamento que satisfagan as diversas necesidades que en canto a capacidade, e localización física puideran presentarse.
6.Oacceso e libre circulación polas dependencias da súa unidade electoral, sen que entorpeza o normal funcionamento das correspondentes unidades ou servizos e a distribución libre de todo tipo de publicacións, xa se refiran a cuestións profesionais ou sindicais.
7.Serllesadmitida a súa abstención ou recusación no suposto de ser designados como instructor/a ou secretario/a nun expediente disciplinario.
Artigo 64º.CAPACIDADE
Recoñécese ó Comité de Empresa, colexiadamente por decisión maioritaria dos seus membros, lexitimación para iniciar como interesados, os correspondentes procedementos administrativos e exercitalas accións en vía administrativa ou xudicial en todolo relativo ó ámbito da súas funcións.
Os membros do Comité de Empresa, e este no seu conxunto, observarán sixilo en todolo referente a temas en que a Administración sinale expresamente o carácter reservado, aún despois de expiralo seu mandato. En todo caso, ningún documento reservado entregado pola Administración poderá ser utilizado fora do estricto ámbito da Administración ou para fins distintos ós que motivaron a súa entrega.
Artigo 65º.COMPETENCIAS
1.Osórganos de representación sindical terán as seguintes competencias:
f) Recibi-la información dos asuntos que afecten ó persoal do Concello de Porriño, isto é por conducto dos responsables de persoal deste.
g) Investigar e informarse, por iniciativa propia, de tódalas cuestións que afecten ó persoal agás os que afecten á intimidade persoal do persoal do Concello, dispoñendo para tal fin de acceso, consulta e reproducción gratuíta da documentación relativa ás ditas cuestións. Neste sentido, os xefes das dependencias ou servizos nos que obre documentación relativa ós ditos asuntos, poderán facilitala permitindo a súa consulta e reproducción, sin prexuízo das garantías que se estime oportuno adoptar para evita-lo extravío dos documentos, así como das responsabilidades nas que os solicitantes puideran incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional.
h) Formar parte ou designar ós seus representantes en cantos tribunais de selección de persoal laboral teñan lugar no Concello de Porriño, ou para promoción interna, exercendo de pleno dereito con voz e voto. Para tal fin os representantes dos traballadores, a través do Comité de Empresa ou como representación unitaria, nomearán un traballador/a de igual ou superior categoría ó posto ou postos ofertados, podendo ser ou non un dos delegados, para que integren o tribunal.
i) Participar e colaborar así como informar xunto cos delegados de prevención, en materia de prevención de riscos laborais e determinación das condicións de traballo.
j) Habendo sido informada previamente a Alcaldía, convocar reunións de persoal ou asembleas de traballadores durante a xornada de traballo. Neste sentido, están lexitimados para convocar reunións ou asembleas de persoal dunha Entidade Local, de sector ou no seu conxunto:
1º. Ás organizacións sindicais, ou a través dos delegados sindicais.
2º. Os órganos de representación electos.
3º. Calquera colectivo público, sempre que o seu número non sexa inferior o 40% do colectivo afectado.
Artigo 66º.EXERCICIO DO DEREITO DE REUNIÓN OU ASEMBLEA. REQUISITOS E LUGAR
1.OPersoal Laboral do Concello de Porriño poderá exercer o seu dereito a reunirse, cos requisitos e condicións prevenidos no Capítulo II do Título II do R.D. Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
A asemblea será presidida, en todo caso, polo Comité de Empresa ou polos delegados de persoal mancomunadamente, que serán responsables do normal desenrolo da mesma, así como da presencia na asemblea de persoas non pertencentes á empresa. Só poderá tratarse nela de asuntos que figuren previamente incluídos na orde do día.
2.Apresidencia comunicará á Corporación a convocatoria.
3.Aconvocatoria, con expresión da orde do día proposto polos convócantes, formularse cunha antelación mínima de dous días hábiles, no rexistro municipal, debéndose este acusar recibo.
Sinalará a hora, lugar e data da celebración.
4.Olugar de reunión será o centro de traballo, se as condicións do mesmo o permiten, e a mesma terá lugar fora das horas de traballo, salvo acordo ca Corporación. O Concello deberá facilitar o centro de traballo para a celebración da asemblea, salvo nos seguintes casos:
a. Se non se cumpren as disposicións desta Lei.
b. Se non transcurriran alomenos dous meses dende a última reunión celebrada.
c. Se aún non se resarcira ou afianzara o resarcimento polos danos producidos en alteracións ocorridas nalgunha reunión anterior.
d. Peche legal da empresa.
As reunións informativas sobre convenios colectivos que lles sexan de aplicación non estarán afectadas polo párrafo b).
5.Remitirdatos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convoca-la reunión ou asemblea. Notificaranse ó Concello os nomes das persoas que non pertenzan á empresa e que vaian a asistir SEN VOZ NEN VOTO á asemblea, e acordáranse con este as medidas oportunas para evitar prexuízos na actividade normal do Concello. 6.Cando por traballar en quendas, por insuficiencia dos locais ou por calquera outra circunstancia, non poidera reunirse simultaneamente toda a planeilla sen prexuízo ou alteración no normal desenrolo da producción, as diversas reunións parciais que haxa que celebrar consideráranse como unha soa e datadas no día da primeira.
7.Siantes das vintecatro horas anteriores a data de celebración da reunión non se formulasen obxeccións mediante resolución motivada, poderá celebrarse sen outro requisito.
8.Nonexistirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, salvo a seguridade de instalacións e dependencias e que a súa realización teña lugar cando se atopen abertos os lugares de reunión ou a súa apertura non supoña dificultades importantes.
Tamén poderán realizarse reunións e asembleas de traballadores dentro da xornada laboral, habendo obtido con anterioridade permiso da Alcaldía.
Artigo 67º.REGULACIÓN DAS SECCIÓNS SINDICAIS
1.OPersoal Laboral do Concello de Porriño afiliado a un sindicato poderá, no ámbito do Concello ou Centro de Traballo, constituír Seccións Sindicais de conformidade có establecido polos propios Estatutos do Sindicato a que pertenza, así como o establecido na Lei Orgánica 11/1985 DE 2 DE AGOSTO DE LIBERDADE SINDICAL.
2.AsSeccións Sindicais que podan constituírse ó amparo da normativa mencionada anteriormente, estarán representadas a tódolos efectos por Delegados Sindicais elixidos por e entre os seus afiliados no Concello.
3.Onúmero de delegados por cada Sección será o que estableza a lexislación vixente.
4.OsDelegados Sindicais, que teñan legalmente constituída unha Sección Sindical acreditada no Concello do Porriño, e no suposto de que non formen parte do Comité de Empresa terán as mesmas garantías e dereitos que os establecidos para os membros do Comité, así como os seguintes:
a) Ter acceso á mesma información que a Corporación poña a disposición do Comité de Empresa, estando obrigados así mesmo a gardar sixilo profesional naquelas materias nas que legalmente proceda.
b) Asistir as reunións do Comité de Empresa e dos demais órganos internos da Corporación en materia de Seguridade e Hixiene, con voz pero sen voto.
c) Ser oídos polo Concello previamente á adopción de medidas de carácter colectivo que afecten ós/as traballadores/as en xeral e ós seus afiliados en particular, e especialmente nas sancións a estes últimos.
Artigo 68º.PRÁCTICAS ANTISINDICAIS
1.Seránnulos e sen efecto os preceptos regulamentarios, cláusulas do Convenio, os pactos individuais e as decisións unilaterais que conteñan ou supoñan calquera tipo de discriminación no emprego ou nas condicións de traballo, sexan favorables ou adversas, por razón da adhesión ou non a un sindicato, ós seus acordos ou ó exercicio en xeral de actividades sindicais.
2.Seráde aplicación o establecido nos artigos 12, 13, 14 e 15 da Lei Orgánica de 2 de agosto de Liberdade Sindical.
Artigo 69º.REGULAMENTO DE RÉXIME INTERIOR E PARTICIPACIÓN
No estudio e desenrolo dos Regulamentos de Réxime Interior, así como nas modificacións dos mesmos, darase participación ó Comité de Empresa e as Seccións Sindicais legalmente constituídas, estudiando as peculiaridades de cada servizo. As garantías establecidas para os representantes sindicais, deberán ser recollidas en dito Regulamento.
Artigo 70º.COTA SINDICAL
A requirimento dos/as traballadores/as afiliados a centrais sindicais ou sindicatos, que ostenten a representación a que se refire o Capítulo VI "Dereitos Sindicais", o Concello descontará na nómina mensual dos/as traballadores/as, o importe da cota sindical correspondente.
O traballador interesado na realización de tal operación, remitirá un escrito á Unidade de Persoal no que se expresará con claridade a orde de desconto, a central ou sindicato a que pertence, a contía da cota, así como o número da conta corrente ou libreta, na que debe ser transferida a correspondente cantidade. O Concello efectuará as anteditas detraccións, salvo indicación contraria, durante o período de un ano.
Artigo 71º.TABOLEIROS DE ANUNCIOS, LOCAIS E MEDIOS DE IMPRESIÓN
1.Nasdependencias municipais, habilitárase un local con dotación de material adecuado para uso das organizacións sindicais ou membros do Comité de Empresa, coia utilización instrumentalizarase mediante Convenio entre elas.
2.OConcello disporá en tódolos centros de traballo a colocación, ás súas expensas, de taboleiros de anuncios sindicais de dimensións suficientes e espacios visibles, un para información do Comité Empresa ou Órgano de Representación e outro para información das organizacións sindicais. A súa posta en práctica levarase a cabo polos responsables de cada centro de acordo cos membros do Comité de Persoal.
3.OConcello ampara o dereito a publicar e distribuír os informes e acordos que se consideren necesarios para o conxunto dos traballadores.
O Comité de Empresa poderá utilizalos medios de reproducción gráfica da Corporación para a realización da súa labor, coas limitacións que marca a Lei, sen que elo perturbe a normal realización dos traballos propios desas dependencias municipais. Pola Comisión de Seguimento e Interpretación valorárase o custe da utilización, a efectos da súa posible repercusión en función da contía.
CAPÍTULO XVI.PRENDAS DE TRABALLO
Artigo 72º.PRENDAS DE TRABALLO
1.Concarácter obrigatorio e gratuíto, o Concello do Porriño, proporcionará a tódolos traballadores/as que, por as funcións que realizan o necesiten, roupa e calzado de traballo adecuado e que se axústen a partida presupostaría.
2.OPersoal Laboral do Concello de Porriño virá obrigado á utilización das prendas que con carácter preceptivo se estableza para determinados postos de traballo e actividades, sendo obriga dos superiores inmediatos o velar polo seu efectivo cumprimento.
3.Asprendas de traballo a entregar ó persoal ó servizo do Concello, serán dos seguintes tipos:
a) Prendas que con carácter xeral, de forma periódica e ca obrigatoriedade de ser utilizadas, se entreguen ós traballadores que se atopen no desempeño do seu traballo, nos servizos que se determinen. Estas prendas, a súa vez, terán o carácter de uniforme para os servizos que o precisaren, ou de prendas singularizadas, no resto dos casos.
b) Prendas de traballo de carácter opcional para o persoal técnico de Administración Especial. En tódolos casos os xefes dos servizos e unidades nas cales presten os seus servizos persoal con dereito a prendas de traballo, formularán ca debida antelación e de acordo coas necesidades, proposta de adquisición que será informada polo Comité de Seguridade e Saúde con carácter previo á confección, por parte do Servizo de Contratación, do correspondente Pliego de Cláusulas Administrativas - Particulares e de Prescricións Técnicas. Así mesmo aquel órgano será informado pola Mesa de Contratación das propostas de adxudicación dos contratos de adquisición. 4.As prendas de traballo, serán normalizadas para tódolos servizos e unidades, polo que a calidade e prezo se refire, sen prexuízo de atender propostas de compras excepcionais se a prestación do servizo así o require.
5.Tódalasprendas de traballo, excepto prendas de uniforme, levarán anagrama ou logotipo identificativo do Concello do Porriño.
Artigo 73º.PRENDAS DE ENTREGA PERIÓDICA
1.Aefectos da protección do Persoal Funcionario, o Concello do Porriño anualmente entregará as prendas de protección en dúas entregas entre os meses de abril e setembro.
CON CARÁCTER XERAL:
• 1 Anorak cada dous anos, un pantalón de frío e un xersei para tódolos/as Empregados/as Públicos do servizos exteriores e do pavillón de deportes.
• Roupa de verán: 1 Chaqueta ou chaquetilla curta, 2 camisas de manga curta, 2 pantalóns, 2 pares de zapatos de verán e alomenos 2 pares de luvas.
• Roupa de inverno: 1 Chaqueta ou Chaquetilla, 2 camisas de manga longa, 2 pantalóns, 1 par de botas de goma, 1 par de botas ou 1 par de zapatos de inverno, 1 traxe de augas e alomenos 2 pares de luvas.
• Adaptarase ás prendas a cada servicio
Ao persoal de cada servicio se lle entregará a roupa adecuada o mesmo tendo en conta o establecido na Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995 de 8 de novembro), e normativa sobre Prevención de Riscos Laborais.
PERSOAL DA POLICIA LOCAL
A Policía Local, terá un tratamento específico en todo o referinte á roupa e utensilios de traballo, que en todo caso serán satisfeitos polo Concello regulamentariamente, con prestancia e de xeito suficiente para o axeitado funcionamento do servizo, e que se distribuirá segundo a Orde que sobre uniformidade se estableza na normativa vixente en cada momento.
PERSOAL ASCRITO O CONCELLO EN SITUACIÓN DE COLABORACIÓN SOCIAL
As mesmas prendas que o resto do persoal laboral, segundo os traballos, ou servizos de utilidade social que redundan en beneficio da comunidade ós que estea adscrito en colaboración social temporal.
2.O persoal do concello que teña que utilizar roupa de traballo subministrada polo mesmo, estará obrigado a coidar, manter limpa e no mellor estado posible a mesma, debendo solicitar outra prenda ou prendas cando por desgaste ou accidente, esta ou estas non estean en condicións axeitadas para ser utilizadas.
3.Aroupa de traballo que por accidente ou outras causas xustificadas quedase inutilizable, será substituída inmediatamente polo concello, debendo o/a Empregado/a Público entregala prenda ou prendas inservibles. Así mesmo deberán devolver aquelas prendas que conteña o anagrama ou logotipo do Concello, unha vez finalice á relación laboral que os vincula ó mesmo
Artigo 74º.EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
1.OConcello do Porriño proporcionará ó Persoal Laboral equipos de protección individual adecuados para o desempeño das súas funcións e velará polo uso dos mesmos cando pola natureza dos traballos realizados sexan necesarios.
2.Asímesmo, entenderase que estes equipos só irán destinados a aquel Persoal Laboral que de forma ordinaria necesiten seu emprego. En ningún caso se considerarán de concesión xeral para tódolos integrantes do servizo, de maneira que só se dotará do equipo, de forma preventiva, para cando se dé a circunstancia da súa posible utilización.
Artigo 75º.PRENDAS DE CARÁCTER OPCIONAL
O persoal técnico de Administración Especial, que realice funcións na vía pública con asiduidade, poderá solicitar do seu xefe correspondente as prendas que para os mesmos se determinan, esto é, anorak e botas, con carácter xeral.
Artigo 76º.NORMAS XERAIS DE UTILIZACIÓN DE PRENDAS
1.Tanto as prendas de entrega periódica, como as de seguridade no traballo, serán de uso obrigatorio durante as horas de servizo, que deberá conservar o/a traballador/a nas mellores condicións de limpeza e presentación, sen prescindir de ningún dos distintivos característicos do mesmo, e introducir neles modificación algunha, prohibíndose a súa utilización fora do horario de traballo.
2.Sedotarán de armario e vestiario adecuado ós Servizos Municipais, que utilicen prendas de traballo, sinaladas no presente Convenio.
3.Opersoal que utilice prendas ou equipos de protección e sempre de acordo a súa formación e seguindo as instruccións dos seus superiores deberá ateñerse ás normas que sobre este material se conteñen no R.D. 773/1997, sobre equipos de protección individual, en canto á utilización e coidados.
4.Polosxefes dos servizos e as unidades, sen prexuízo das competencias atribuídas pola lexislación vixente ós Delegados de Prevención, se adoptarán as medidas oportunas, que garantan a aplicación das normas sobre utilización das prendas reguladas no presente Convenio e no R. D. antes citado, e proporán, cando sexa necesario, as eventuais modificacións ás mesmas, dando conta ó Comité de Seguridade e Saúde das irregularidades observadas.
5.Osprazos de utilización das prendas e uniformes, así como a especificación dos mesmos, son os establecidos neste Convenio. Poderá esixirse a entrega da prenda usada ó recibir a prenda nova. A entrega farase, en todo caso, no primeiro semestre do ano en curso.
6.Opersoal laboral carácter temporal e colaboradores deberán devolver a roupa de traballo entregada unha vez finalice á relación laboral que os vincula ó Concello.
CAPÍTULO XVII.INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVIZO
Artigo 77º - INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DO SERVIZO
1.Paraos traballadores municipais que por razón dos cometidos propios dos postos de traballo que desempeñen, se vexan obrigados a desprazarse, dentro e fora do casco urbano, O Concello disporá o sistema de transporte, de conformidade co establecido na normativa vixente e Bases de Execución do Presuposto Xeral do Concello do Porriño e, no seu caso, Plan de Formación Municipal.
2.Odesprazamento deberá ser ordenado polo xefe do servizo co Vº Bº do Concelleiro Delegado, agás casos de urxencia.
Artigo 78º.PARTICIPACIÓN EN TRIBUNAIS DE OPOSICIÓN OU OUTROS ÓRGANOS ENCARGADOS DA SELECCIÓN DE PERSOAL
Ós efectos de percepción de asistencias, os órganos de selección déste Concello se clasifican de conformidade co establecido na Normativa Vixente en cada momento.
CAPÍTULO XVIII.XUBILACIÓN
Dentro da política de fomento de emprego e equiparación do persoal laboral ou funcionario, establecérase a xubilación obrigatoria para todo o persoal laboral ó cumprir os 65 anos de idade. O anterior sen prexuízo de que o/a traballador/a poida permanecer no posto de traballo o tempo necesario para ter cuberto ó período mínimo de cotización e cumprir os demais requisitos esixidos pola lexislación de Seguridade Social para ter dereito a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva.
Artigo 79º.XUBILACIÓN PARCIAL
En materia de xubilación parcial estarase o establecido no art 166 da Lei Xeral da Seguridade Social, segundo a nova redacción dada pola Lei 24/2001 e a Lei 35/2002, en consonancia có disposto no artigo 12.6 do Estatuto dos Traballadores, segundo redacción dada polo Real Decreto Lei 1571998 desenrolado polos artigos 8 a 17 do Real Decreto 1447/1999 e loa Lei 12/2001 de 9 de xullo, así cómoo establecido na Lei 3/2007 de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público ou normativa vixente en cada momento.
Segundo estas normas o Concello de Salvaterra do Miño estará obrigado a atender as solicitudes que presenten o persoal laboral en materia de xubilación parcial, cando reúna as condicións xerais da Seguridade Social coa excepción da idade, que haberá de ser inferior, en, como máximo, cinco anos á esixida, esto es, 60 anos, reducindo a súa xornada de traballo e ó seu salario de entre un mínimo do 25% e un máximo de 85% substituíndo ós solicitantes por persoal seleccionado en base ó previsto no presente Convenio Colectivo por un contrato de relevo cun/na Traballador/a desempregado/a cuxa duración será igual á do tempo que reste o/a laboral/a substituído para chegar a idade de xubilación, co límite máximo de 65 anos.
Artigo 80º.XUBILACIÓN ANTICIPADA
De acordo co Real Decreto 1194/1985, de 17 de xullo, o Concello do Porriño establece a xubilación anticipada os 64 anos co carácter xeral como medida de fomento de emprego, para todo o persoal laboral que o solicite.
CLÁUSULAS ADICIONAIS
CLÁUSULAS ADICIONAL PRIMEIRA:
Este Convenio, entrará en vigor, en tódalas súas cláusulas, apartados e articulado, o día 1º do mes de xaneiro de 2.011 independentemente da data de aprobación polo Pleno ou da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
CLÁUSULAS ADICIONAL SEGUNDA:
A Corporación comprometese a adoptar as medidas oportunas en materia de orzamentos que permitan garantir o cumprimento de tódolos aspectos económicos do presente Convenio.
CLÁUSULAS ADICIONAL TERCEIRA:
O Concello facilitará, en todo o que de é dependa, a permuta do posto de traballo con outros concellos, cando así o solicite calquera traballador, Persoal Laboral.
CLÁUSULAS ADICIONAL CARTA:
O Concello comprometese a facer a RPT unha vez se aprobe o convenio e se habilite unha partida presupostaría para tal fin.
CLÁUSULAS ADICIONAL QUINTA:
En desenvolvemento do exposto neste Convenio en relación coa promoción interna, abrirase un proceso de revisión dos cadros de persoal laboral previo á aprobación dos orzamentos ordinarios, cara a determinar as prazas que, en función das tarefas que veñen desempeñando, a especial cualificación ou dificultade técnica, os requisitos esixidos para o desempeño, etc., son susceptibles de transformar en prazas de grupo superior e provéalas mediante procesos de promoción interna.
Do mesmo xeito, revisaranse os postos de traballo desempeñados por persoal temporal susceptibles de consideralos fixos no cadro de persoal, procedendo á dotación das prazas e postos do cadro que proceda e programando a súa inclusión nas ofertas de emprego, tendo en conta as Sentencias polas que os Xulgados do Social declaran persoal indefinido a determinados traballadores e tendo en conta aqueles postos de traballo que se encontran nunha situación igual o similar a establecida nas ditas sentencias.
CLÁUSULAS ADICIONAL SEXTA:
As medidas de xestión dos cadros de persoal que se derivan da aplicación deste Acordo poderán desenvolverse polo Concello do Porriño a través de Plans de Emprego ou Plans de Xestión de Recursos Humanos, nos que os procesos de promoción interna ou funcionarización levaranse a cabo separadamente das Ofertas de Emprego Público.
CLÁUSULAS ADICIONAL SÉTIMA:
Durante a vixencia deste Acordo Regulador independentemente dos acordos económicos reflectidos no mesmo, tódalas retribucións do persoal do concello, veranse automaticamente incrementadas desde o primeiro mes de cada ano, e como mínimo, na cantidade que resulte da aplicación do I.P.C. cos límites legalmente previstos polo Goberno Central na Lei de Presupostos Xerais do Estado para os empregados/as das Administracións Públicas.
CLÁUSULA ADICIONAL OITAVA
O Concello de Porriño terá a obligación e os/as empregados/as públicos/as o dereito a recibir a formación dun curso básico de prevención en riscos cunha duración mínima de 60 horas a realizar durante a xornada laboral e que terá a tódolos efectos consideración de tempo traballado.
Así mesmo o Concello de Porriño terá a obligación e os/as empregados/as públicos/as o dereito a participar nos simulacros de emerxencias como prevención de riscos laborais en todo-los centros e organismos autónomos dependentes do Concello.
CLAÚSULA ADICIONAL NOVENA
O Concello de Porriño velará pola efectiva aplicación do principio de igualdade de trato entre os seus traballadores e traballadoras, entendido como a total ausencia de discriminacións, directa ou indirecta, por razón de sexo, e especialmente as derivadas da maternidade, a sunción de obligacións familiares e o estado civil, de conformidade co previsto no artigo 3 da LO 3/2007, de 22 de marzo para a igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Nos aspectos non recollidos expresamente neste Convenio Colectivo, estarase o previsto na LO 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mullerers e homes.
Nos mesmos termos o Concello de Porriño facilitará o seu persoal os coñecementos necesarios para a implantación dunha linguaxe non sexista na Administración Local e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas segundo o previstos no art.14.11 da LO 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
ANEXO I.RETRIBUCIÓNS DOS/AS EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS CONTRATADOS/AS A TRAVÉS DE SUBVENCIÓN OU CONTRATADOS POLO CONCELLO E QUE NON TEÑAN CATEGORÍA DE REFERENCIA NA RPT DO CONCELL DE PORRIÑO
Este anexo só será de aplicación para a contratación mediante subvencións ou contratados polo propio concello e que non sexa posible a aplicación do Sistema Retributivo do Capítulo XI deste Convenio:
Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI
ANEXO II.INCREMENTOS POR ANTIGÚEDADE
1.Os/As empregados/as públicos/as do CONCELLO DE PORRIÑO se lle incrementará un nivel de complemento de destino cada trienio devengado ao cumprimento do 6º trienio tendo en conta o nivel máximo legal establecido, tal e como se recolle no artigo 43 deste convenio, respectando a xerarquía dentro do grupo de clasificación.
2.Tódalascantidades establecidas como complementos de productividade de caracter fixo e periódico, recollidas nas bases de execución orzamentaria pasarán ao complemento especifico por ser o mais adecuado a súa natureza, segundo acordo plenario. (base nº 28. apartado productividade, no seu punto 4)
ANEXO III.FONDO SOCIAL.
Dentro desta partida darase prioridade as axudas segundo o articulado neste anexo, en todo caso a Comisión que se crea para o seu reparto terá a potestade de cambiar as prioridades en caso de non ter partida económica para tódalas axudas.
Artigo 1º.BOLSA DE AXUDA DE ESTUDIOS PARA TRABALLADORES
Se concederán bolsas de axuda de estudios ós traballadores do Concello do Porriño, de conformidade coas normas seguintes:
1.Acontía das axudas comprenderá o 100% do importe das taxas académicas e do 75% do importe dos libros de texto destinado á adquisición dos mesmos. O traballador deberá xustifica-lo pago tanto das taxas académicas como a adquisición dos libros de texto mediante a presentación da factura orixinal e xustificante do pagamento das taxas. Así mesmo, xunto ca solicitude deberá achegar certificado de matriculación do centro de estudios escollido a tal efecto, entendéndose centros de estudios de caracter oficial ou privado, ou fotocopia compulsada da matricula do curso onde se reflexará o curso no que está matriculado.
2.Nocaso de que o traballador este exento, por calquera motivo, de aboar cantidade algunha en concepto de matrícula, se lle concederá o 75% para adquisición de libros de texto, previa xustificación do custo mediante presentación de factura orixinal.
3.Ostraballadores municipais unha vez terminado o ciclo de estudios por completo, poderán solicitar axudas por estudios para outro nivel de formación. No suposto de que o traballador non concluía un ciclo de estudios, non poderá solicitala axuda para o inicio de outro.
4.Ostraballadores municipais poderán solicitar horario flexible para estudios, se ben deberán compensalas horas perdidas para tal fin. En todo caso, quedará condicionada a licencia a que a súa ausencia no traballo sexa compatible coa normal prestación do servizo e previo informe do xefe do servizo respectivo.
Artigo 2º.BOLSA DE AXUDA DE ESTUDIOS PARA OS FILLOS E CÓNXUXES DE TRABALLADORES
Concedéranse bolsas de axuda de estudios para o cónxuxe e os fillos do traballador, de conformidade cas normas seguintes:
1.Nocaso de que os beneficiarios das axudas sexan o cónxuxe ou os fillos, e estes perciban retribucións salariais por algunha actividade, non terán dereito a axuda por estudios, deberán, en todo caso, de xustificala situación de parado sen dereito a retribucións salariais, para ter dereito a percibila axuda, mediante un certificado do INEM ou organismo que así o acredite, sempre e cando os fillos do traballador superen a idade de 18 anos.
2.Acontía das axudas comprenderá o 100% do importe das taxas académicas e do 75% do importe dos libros de texto destinado á adquisición dos mesmos. Deberán xustificalo pago tanto das taxas académicas como a adquisición de libros de texto mediante a presentación da factura orixinal e xustificante do pagamento das taxas. Así mesmo, xunto coa solicitude deberá achegar certificado de matriculación do centro de estudios, entendéndose centros de estudios de caracter oficial ou privado, escollido a tal efecto, ou fotocopia compulsada da matricula do curso onde se reflexará o curso no que está matriculado.
3.Nocaso de que estean exentos, por calquera motivo, de aboar cantidade algunha en concepto de matrícula, se lle concederá o 75% para adquisición de libros de texto, previa xustificación do custo mediante presentación de factura orixinal.
4.Entodo caso, quedan condicionadas as axudas para os fillos e os cónxuxes do traballador ao importe das mesmas, que non poderán superar as cantidades seguintes:
Gardería: 90 € anuais.
Preescolar 150 € anuais.
Primaria e FP 1 200 € anuais.
ESO, Bachiller, COU e FP 2 300 € anuais.
Universidade 400 € anuais.
Artigo 3º.PRESTACIÓNS DO TRABALLADOR E FAMILIARES
O Persoal do Concello de Porriño terá dereito a percibi-las prestacións que a continuación se especifican, sempre e cando xustifique o feito referido en cada unha delas:
1. PRESTACIONS FAMILIARES
| PRESTACIÓNS FAMILIARES |
IMPORTE |
| a) Por matrimonio |
300,00 € |
| b) Por nacemento de fillo |
500,00 € |
| c) Minusválidos menores de 18 anos: por fillo a cargo, ou irmáns sobre os que se exerce a tutela legal. |
200,00 € trimestrais |
2. AXUDAS MÉDICAS
A) PRESTACIÓNS DENTARIAS
| CONCEPTO |
IMPORTE |
| Implantes, tratamentos periodentais ou quirúrxicos, calquera outro |
75% FRA. |
B) PRESTACIÓNS OCULARES
| CONCEPTO |
IMPORTE |
| Cristais, lentes de contacto, monturas, calquera outro |
75% FRA. |
C) PRESTACIÓNS PARA XORDOS
| CONCEPTO |
IMPORTE |
| Audífono |
75% FRA. |
D) PRÓTESIS ORTOPÉDICAS
| CONCEPTO |
IMPORTE |
| Calzado ortopédico, incluído planeillas |
100,00 € |
| Planeillas ortopédicas ou taloneras |
35,00 € |
E) VEHÍCULOS PARA MINUSVÁLIDOS
| CONCEPTO |
IMPORTE |
| Adaptación vehículo |
400,00 € |
Se considera con carácter xeral fillo a cargo a aquel que viva có beneficiario e ás súas expensas, ou que viva có beneficiario e as súas percepcións non superen os 5.000 € anuais.
Se considerará, que o fillo non está a cargo do beneficiario cando traballe por conta propia ou anexa, ou sexa perceptor dunha pensión contributiva a cargo dun réxime público de protección social distinta da pensión de orfandade, sempre e cando, superen os 5.000 €/anuais.
A percepción da asignación económica por fillo ou irmá suxeito a tutela minusválidos, será incompatible ca condición destes como pensionistas de invalidez ou xubilación na súa modalidade non contributiva, así como coa de beneficiario das pensións asistenciais reguladas en calquera dos réximes públicos de protección social, agás que estas fosen de menor contía á aquí establecida, en cuxo caso se recoñecerá a diferencia.
A Axuda Familiar será a mesma que corresponda ó persoal ó servizo da Administración do Estado, e se regulará polo disposto na Lei 26/1.990, de 20 de decembro e o Real Decreto 356/1.991, de 15 de marzo, polo que se desenrola en materia de prestacións por fillo a cargo, a Lei citada.
Artigo 3º.ASISTENCIA MÉDICA
Considérase beneficioso para tódolo Persoal do Concello de Porriño e para o normal cumprimento dos horarios laborais, a firma dun convenio cunha mutua que cubra tódalas areas da saúde, e que conte coa posibilidade de elección entre varios especialistas. O Concello comprométese a presentar varias opcións de mutualidades que cubran a asistencia médico - farmacéutica, e a firma do convenio mais beneficioso para O Persoal do Concello de Porriño. Se establecerá o pago ao 50% entre Concello e traballadores.
Artigo 4º.PÓLIZA DE SEGUROS
Solicitar un Seguro Combinado de Plan de Pensións. A partires da aprobación do CONVENIO colectivo establecerase a apartación fixa por parte do Concello dunha cantidade igual para tódolos empregados, e cada beneficiario, cando menos, aportará a mesma cantidade con liberdade de acrecentar a título persoal as súas cotas.
A póliza de seguros deberá garantir outros riscos ben sexan derivados de accidente de traballo ou enfermidade común, tendo por referencia o mínimo establecido na seguinte táboa:
| RISCOS CUBERTOS |
IMPORTE |
| Morte por causa común |
7.200,00 € |
| Morte por accidente laboral |
30.000,00 € |
| Invalidez permanente total por causa común |
14.000,00 € |
| Invalidez permanente total por accidente laboral |
34.000,00 € |
| Invalidez permanente absoluta por causa común |
20.000,00 € |
| Invalidez permanente absoluta por accidente laboral |
40.000,00 € |
Excluídas asistencia médica e farmacéutica.
As posibles economías que poidan producirse nas primas das pólizas respectivas se destinarán a incrementalos capitais asegurados por sinistro no período inmediatamente seguinte de renovación das pólizas.
Artigo 5º.ACCESO AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA O FOMENTO DO DEPORTE.
O Persoal do Concello de Porriño terá, de forma gratuíta, acceso as instalacións deportivas municipais para a realización de actividades que tendan ó fomento do deporte entre os empregados municipais, sempre que non se prexudiquen os servizos de prestación deportiva ós cidadáns. Para un mellor control e coordinación, o traballador presentará solicitude no rexistro municipal no que figurará o centro deportivo onde se quere realizar a actividade deportiva. O Concello comprométese a creación dun carné para o/a traballador/a a fin de facilitalo acceso as instalacións deportivas.
(Siguen firmas, ilegibles.O Sr. Alcalde.Por CC.OO.Pola C.I.G.Por CSI-CSIF.Por U.G.T. Os Delegados/as do Concello.
Vigo, 15 de xuño de 2011.A Xefa Departamento Territorial, Mª Carmen Bianchi Valcarce.
