Convenio Colectivo de Empresa de LIMACO EMPRESA DE INSERCION, S.L.U. (32000940012006) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
14/03/2005

Convenio Colectivo de Empresa de LIMACO EMPRESA DE INSERCION, S.L.U. (32000940012006) de Ourense

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Revision Salarial para o ano 2005 do Convenio Colectivo de ambito inferior a empresa Limaco (codigo de convenio n. º 3200940) (Boletín Oficial de Ourense num. 56 de 10/03/2005)

Unha vez visto o texto da acta da xuntanza da Comisión Paritaria de Seguimento do convenio colectivo de ámbito inferior á empresa Limaco, con carácter de convenio franxa, para o grupo de traballadores da actividade de asesoría e servizos ás empresas da provincia de Ourense (código de convenio n. º 3200940, publicado no BOP n. º 146 do 27- 6- 2002), na que se acorda a súa revisión salarial para o ano 2005, que subscribiron con data do 21 de xaneiro de 2005 os membros da citada Comisión Paritaria de Seguimento integrada: en representación da parte empresarial, D. ª Begoña González Tesouro; e da parte social, o delegado de persoal, D. Eduardo González Tombo; e de conformidade co disposto no artigo 90. 2 º e 3 º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial acorda:

Primeiro. - Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. - Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro. - Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de febreiro de 2005.

O delegado provincial.

Asdo.: José Lage Lage.

Acta da xuntanza da comisión paritaria de seguimento do convenio de ámbito inferior á empresa Limaco (con carácter de convenio franxa) para o grupo de traballadores da actividade de asesoría e servicios á empresas

Dunha banda, D ª Begoña González Tesouro, con DNI 44460346, en nome da empresa como administradora única desta.

Doutra banda, Eduardo González Tombo, con DNI 34966371, delegado de persoal, en nome e representación dos traballadores da empresa.

O obxecto da xuntanza é o de negociar e aprobala nova táboa salarial para o ano 2005.

Tralas deliberacións e debate, ambas partes acordan aprobala táboa salarial para o ano 2005, a cal se engade á presente acta. A dita táboa terá unha vixencia comprendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2005.

Sen nada máis que tratar ambas partes sinan a presente acta e o seu anexo en Ourense, o 21 de xaneiro de 2005

Anexo á acta de data 21 de xaneiro de 2005 correspondente á xuntanza da mesa paritaria de seguimento

Táboa salarial ano 2005 Categorías e salario mínimo (incluídas s dúas pagas extras)

Grupo; categoría; posto; mínimo retribución anual euros

Grupo un; Directivos; directivos; 14381.44 euros

Grupo dous; Técnicos e administrativos; técnicos, administrativos; 8250.37 euros

Grupo tres; Persoal de apoio; auxiliares técnicos, auxiliares administrativos, ordenanzas, peóns, mozos de carga e descarga, 7182 euros

Grupo catro; Persoal en formación; persoal en prácticas, aprendices (*); 7182 euros

* En proporción ó tempo de traballo efectivo Complementos sociais por nacemento dun fillo; 300,50 euros