Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Última revisión
18/02/2004

Convenio Colectivo de Empresa de LIMACO EMPRESA DE INSERCION, S.L.U. (32000940012006) de Ourense

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico



Revision salarial das taboas para o ano 2004 do Convenio Colectivo de ambito inferior a empresa Limaco, Empresa de Insercion SLU ( con caracter de convenio franxa) para o grupo de traballadores da actividade de asesoria e servicios a empresa, ( Codigo de Convenio 3200940, publicado no BOP n. º 146, do 27-6-2002). (Boletín Oficial de Ourense num. 34 de 11/02/2004)

Unha vez visto o texto da acta da xuntanza da Comisión Paritaria de Seguimento do Convenio Colectivo de ámbito inferior á empresa Limaco, Empresa de Inserción SLU ( con carácter de convenio franxa) para o grupo de traballadores da actividade de asesoría e servicios á empresa, ( Código de Convenio 3200940, publicado no BOP n. º 146, do 27- 6- 2002) , onde se acorda a revisión salarial das táboas para o ano 2004, para citada empresa, ( Código de Convenio 3200940, publicado no BOP n. º 146, do 27- 6- 2002) , onde se acorda a revisión salarial das táboas para o ano 2004, para a citada empresa, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería a de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, o día 23 de xaneiro de 2004, suscrito pola dirección da empresa, en represetnación da parte económica e polo delegado de persoal, en representación da parte social, en data 19 de xaneiro de 2004, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial, acorda:

Primeiro. - Ordenala súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. - Ordenalo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación ( UMAC) .

Terceiro. - Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de xaneiro de 2004. O delegado provincial. Asdo. : José Lage Lage. Acta da xuntanza da comisión paritaria de seguimento do convenio colectivo de ámbito inferior á empresa Limaco, Empresa de Inserción SLU ( concarácter de convenio franxa) para o grupo de traballadores da actividade de asesoría e servicios á empresa

Dunha banda, no nome da empresa, o seu administrador único, Miguel Ángel Rodríguez Ojea.

Doutra banda, no nome dos traballadores, o delegado de persoal Eduardo González Tombo.

O obxecto da xuntanza é aprobala táboa salarial para o ano 2004.

Da comezo a xuntanza tomando a palabra o representante dos traballadores que formula as reivindicacións dos seus compañeiros, a continuación expón o seu punto de vista o representante empresarial e tralo oportuno debate ambas partes acordan aprobala táboa salarial que figura como anexo á presente acta, a cal terá vixencia entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de nadal de 2004.

Levantándose a continuación a sesión, sendo as 20: 00 horas do día 19 de xaneiro de 2004.

Anexo ó acta de data 19 de xaneiro de 2004 correspondente á xuntanza da mesa paritaria de seguimento

Táboa salarial ano 2004

Categorías e salario anual mínimo ( incluídasas dúas pagas extra)

Grupo/categoría; Posto; Mínimo Retribución Anual

Grupo un: directivos; directivos; 14.381,44 euros

Grupo dous: Técnicos e Administrativos; Técnicos, Administrativos; 8.250,37 euros

Grupo tres: Persoal de Apoio; Auxiliares técnicos, auxiliares administrativos, ordenanzas, peóns, mozos de carga e descarga; 6.447 euros

Grupo catro: Persoal en formación; persoal en prácticas, aprendices* ;6.447 euros

* En proporción ó tempo de traballo efectivo

Complementos sociales polo nacemento dun fillo: 300,50 euros