Última revisión
15/08/2003
Convenio Colectivo de Empresa de MEDITERRANEA DE CATERING, S.L. (CAFETERIA DA FACULTADE DE FILOLOXIA) (36003751012003) de Pontevedra
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Resolución do 2 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mediterránea de Cátering, S. L. (persoal ó servicio da cafetería da Facultade de Filoloxía e Traducción) . (Diario Oficial de Galicia num. 166 de 28/08/2003)
(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)
Para o ano 2004 tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC real o 31 de decembro de 2003.
O aboamento dos conceptos retributivos deste convenio, realizarase no último día do seu vencemento, a excepción das pagas extras que se aboan o día 15 dos meses de decembro, xullo e setembro.
Artigo 12º.-Antigüidade. A partir do 1 de abril do ano 2000, os traballadores e traballadoras afectados por este convenio xerarán trienios ó 5% en concepto de antigüidade. Estes trienios serán calculados sobre as táboas de retribucións vixentes en cada momento.
Artigo 13º.-Horas extraordinarias. Por regra xeral non se realizarán, en caso de necesidade xustificada, estas serán realizadas sempre poñéndose de antemán en coñecemento do representante legal dos traballadores e sendo compensadas en metálico aplicándolle-lo 75%.
Fórmula prezo hora: salario base+ antigüidade× 15/1.800 Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias. Establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, setembro e decembro, que serán aboadas os días 15 de cada un dos meses citados e estarán compostas por unha mensualidade de salario base máis a antigüidade, se é o caso.
Artigo 15º.-Complemento de nocturnidade. As horas traballadas entre as 22.00 e as 8.00 horas terán a consideración de nocturnas e serán aboadas cun incremento do 25% sobre o prezo da hora normal.
Artigo 16º.-Complemento de IT ou accidente. A empresa completará ata o 100% do salario convenio, en caso de accidente, baixa por enfermidade ou por hospitalización desde o primeiro día.
Artigo 17º.-Complemento de transporte. En concepto de complemento de transporte, os traballadores e traballadoras percibirán a contía de 45,5 euros durante once meses ó ano.
Artigo 18º.-Revisión salarial. No caso de que a 1 de xaneiro de 2005 algunha das categorías deste convenio teña un salario base inferior ó marcado para esa categoría no convenio colectivo provincial de hostalería de Pontevedra e ós que corresponda na sección terceira e categoría de 2 cuncas, este actualizarase co obxectivo de que ningún salario sexa inferior ós estipulados no dito convenio provincial.
Capítulo IV Dereitos sindicais
Artigo 19º.-Organización sindical dos traballadores e traballadoras na empresa.
A empresa considera os sindicatos debidamente implantados no seu seo como elementos básicos para canaliza-las relacións entre os traballadores e a empresa. Na súa consecuencia, a empresa respectará o dereito de tódolos seus traballadores e traballadoras que o desexen a sindicarse libremente, non sendo isto un obstáculo para a súa contratación.
A empresa recoñece o dereito dos traballadores e traballadoras afiliados a un sindicato a celebrar
reunións, recadar cotas e distribuír información sindical fóra das horas e lugar de traballo e sen perturba-la normal actividade da empresa.
Deberá existir un taboleiro de anuncios no que os sindicatos debidamente implantados nela poderán dar publicidade a informacións e comunicacións.
Os delegados de persoal e membros de comité de empresa como representantes legais dos traballadores, terán os dereitos e facultades que lles recoñece a lexislación vixente. Entre outras facultades deberán ser informados das propostas de sancións, calquera variación no cadro de persoal da empresa e vixiarán o cumprimento das disposicións vixentes.
Artigo 20º.-Garantías dos representantes dos traballadores. Os delegados de persoal e membros de comités de empresa, non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin no ano seguinte ó seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, se a causa de despedimento ou sanción se basea no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou sanción por faltas graves ou moi graves obedecese a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos á parte do interesado, os outros membros do comité de empresa, se é o caso. Os representantes dos traballadores non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desempeño da súa representación.
Artigo 21º.-Crédito horario. Os delegados de persoal ou membros de comités de empresa, disporán dun crédito horario mensual de 20 horas retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, que poderán ser acumuladas nun ou varios membros.
Artigo 22º.-Desconto en nómina de cota sindical. A empresa descontará a cota sindical ós traballadores e traballadoras afiliados ós sindicatos previo á súa correspondente autorización, sendo esta cota remitida ó sindicato correspondente.
Artigo 23º.-Asembleas. Os traballadores e traballadoras terán dereito a dispoñer dunha hora mensual para reunirse. Co ánimo de non dificulta-la organización do traballo, o tempo que se empregará en cada reunión non deberá supera-los 45 minutos e terá lugar no horario acordado entre a dirección e os delegados de persoal ou membros do comité de empresa.
Artigo 24º.-Sección sindical. Os sindicatos que acrediten ter máis do 50% de afiliación entre os traballadores do cadro de persoal, terán os dereitos que lle outorga a lexislación vixente.
Capítulo V Xornada de traballo, vacacións, licencias, permisos, excedencias
Artigo 25º.-Xornada de traballo. A xornada laboral durante a vixencia deste convenio será de 1.800 horas anuais, computando os 30 minutos de descanso como traballo efectivo. A súa aplicación será acordada entre os delegados de persoal e a empresa.
Artigo 26º.-Festivos. Os traballadores e traballadoras terán dereito a 14 días festivos que poderán ser acumulados ás vacacións anuais ou desfrutados en período distinto, neste caso serán respectados os días de descanso semanal.
Artigo 27º.-Descanso semanal. O descanso semanal dos traballadores e traballadoras afectados por este convenio, será de dous días ininterrompidos, e será sinalado pola empresa coa suficiente antelación non podendo ser variado sen consentimento dos traballadores afectados, salvo especiais circunstancias ou necesidades do servicio, mediando, se é o caso, aviso ó interesado con tempo suficiente.
Artigo 28º.-Vacacións. A empresa de acordo cos delegados de persoal, fixará as quendas correspondentes ás vacacións seguindo cada ano unha quenda rotatoria. A súa duración será de 30 días naturais podendo ser engadidos a estes os festivos anuais.
Se ó inicio das vacacións un traballador estivese de baixa por accidente ou enfermidade entendendo esta dentro do período de baixa, terá dereito ó seu desfrute nun novo período de acordo entre empresa e traballador.
Artigo 29º.-Licencias e permisos. Logo de solicitude dos traballadores ou traballadoras afectados, considerarase licencia retribuída polo tempo e nos casos seguintes:
a) Matrimonio do traballador ou traballadora: 15 días naturais.
b) Matrimonio de pais, fillos, irmáns e tíos:1 día natural ou 2 días naturais en caso de ser en distinta provincia.
c) Nacemento dun fillo: 4 días naturais.
d) Falecemento de cónxuxe, pais, fillos, avós e irmáns do traballador ou traballadora: 4 días naturais.
Enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica de cónxuxe, pais, fillos, avós e irmáns do traballador ou traballadora: con convivencia 4 días, sen convivencia 2 días e un máis en caso de distinta provincia.
e) Falecemento de tíos e sobriños:2 días naturais, con convivencia 3 días naturais.
f) Traslado de domicilio: 2 días laborables.
g) Permiso de lactación: as traballadoras por lactación dun fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller pola súa vontade, poderá substituír este dereito pola reducción da xornada normal dunha hora coa mesma finalidade.
h) Polo tempo indispensable cando por razón de enfermidade, o traballador ou traballadora, así como os fillos menores de 12 anos e as persoas dependentes, precisen a asistencia ó consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral e presentando o xustificante da dita asistencia. No caso do acompañamento de fillos e persoas dependentes, esta licencia terá un máximo de 6 visitas ó ano, considerándose as que superen esta cifra como licencia non retribuída.
i) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto.
j) Os traballadores e traballadoras terán dereito a ausentarse do seu posto de traballo e polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal (xulgados, notarios, etc.) . Será imprescindible a acreditación da asistencia.
Todo o anteriormente exposto é de aplicación ás parellas de feito, legalmente recoñecidas. As licencias descritas, serán de aplicación nos casos de consanguinidade e afinidade.
Tódalas licencias deberán solicitarse á empresa con xustificante de recepción, sempre que a circunstancia sexa previsible, se non fose así, bastaría coa comunicación telefónica. Os permisos e licencias serán xustificados a posteriori por parte do traballador ou traballadora cos xustificantes oportunos. (Pode desaparecer. Xa o di en cada unha das licencias) (antes era un artigo á parte) .
Os traballadores e traballadoras, terán dereito igualmente a desfruta-las licencias non retribuídas que estableza a lexislación vixente en cada momento.
Artigo 30º.-Excedencias. A empresa concederá a todo o persoal que o solicite e leve nela o tempo mínimo de 2 anos de servicio, excedencia voluntaria, a cal terá unha duraciónmínima de 6 meses e máxima de 3 anos, quedando a empresa obrigada a reincorporar automaticamente ó traballador excedente que o solicite coa antelación de 1 mes, tempo do aviso previo, co obxecto de que a empresa poida colocar a este persoal.
Artigo 31º.-Excedencia especial. A nai traballadora terá dereito a solicitar unha excedencia especial, ata que o seu fillo cumpra os 2 anos de idade, garantíndoselle a súa reincorporación inmediata, con reserva do posto de traballo e sen que afecte o dereito da excedencia voluntaria do artigo anterior. Este dereito é optativo para o pai traballador, podendo exercelo só un membro da parella, no caso de que ámbolos dous traballen na mesma empresa. A antigüidade só será computada durante o primeiro ano.
Capítulo VI Prevención de riscos laborais
Artigo 32º.-Comité de saúde laboral. De acordo coa Lei de saúde laboral, constitúese un comité de saúde laboral, a composición do cal se fará de acordo co que marca esta lei. Con carácter anual, este comité, elaborará un estudio de riscos e un plan para eliminalos. Os representantes deste comité disporán do mesmo crédito horario que os membros do comité de empresa ou delegados de persoal, co obxecto de facilita-la súa formación e funcións.
Artigo 33º.-Recoñecemento médico. Tódolos traballadores e traballadoras afectados polo presente convenio terán o dereito de someterse ó recoñecemento médico detallado na Lei de saúde laboral, polo menos unha vez ó ano, en data que determinará a empresa e de acordo cos representantes dos traballadores.
Artigo 34º.-Vestiarios. A empresa facilitará vestiarios adecuados e duchas ó seu persoal. Artigo 35º.-Roupa de traballo. Tódolos traballadores e traballadoras serán provistos de 2 uniformes completos unha vez ó ano e no primeiro mes deste.
Artigo 36º.-Cambios de posto por embarazo. As traballadoras embarazadas terán dereito a que se lles cambie ó posto de traballo máis acorde coa súa situación.
Capítulo VII Subrogación dos traballadores
Artigo 37º.-Adscrición do persoal. Primeiro: ó termo da concesión, os traballadores e traballadoras da empresa contratista saínte, pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen subrogará en tódolos dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguintes supostos:
-Traballadores ou traballadoras en activo que presten os seus servicios no dito centro sexa cal sexa a súa modalidade de contrato de traballo e cunha antigüidade mínima de tres meses.
-Traballadores ou traballadoras que con contrato de interinidade substitúan a algún dos traballadores ou traballadoras enunciados no punto anterior, independentemente da súa antigüidade.
-Traballadores ou traballadores de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporasen ó centro como consecuencia da ampliación da contrata.
Segundo: tódolos supostos anteriormente recollidos, deberán ser acreditados fidedigna e documentalmente pola empresa saínte á entrante, nun prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ó final deste artigo.
O indicado prazo contarase desde o primeiro momento en que a empresa entrante comunique fidedignamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra se-la nova adxudicataria do servicio. De non cumprir este requisito, a empresa entrante, automaticamente e sen máis formalidades, subrogarase de todo o persoal que presta os seus servicios no centro de traballo.
En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores só se extingue no momento en que se produza o dereito da subrogación desta á nova adxudicataria. Enténdese que os traballadores e traballadoras non poderán ser trasladados do centro de traballo a non ser que sexa por mutuo acordo entre as partes.
Terceiro: documentos que serán facilitados pola empresa saínte á entrante:
-Certificado do organismo competente de estar ó día do pagamento á SS/SS.
-Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.
-Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á SS dos tres últimos meses.
-Relación de persoal na que se especifique nome e apelidos, domicilio, número da Seguridade Social, antigüidade, xornada, modalidade de contratación e data de desfrute das vacacións.
-Copia do documento debidamente dilixenciado por cada traballador afectado no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte a súa liquidación de partes proporcionais dos seus haberes ata o momento da súa subrogación, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data de inicio do servicio como nova titular.
Cuarto: o empresario saínte estará obrigado a liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retributivos dos traballadores e traballadoras, co obxecto de que estes cobren integramente as pagas correspondentes.
Artigo final.-Partes asinantes. Pola empresa: Ricardo Santos Hernández. Polos representantes dos traballadores: Paloma Cabal Sepúlveda.
Por CC. OO.: Rosario Pérez Graña. Jorge Carneiro Penedo.
