Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
12/01/2015

C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Empresa de MULTISERVICIOS AEROPORTUARIOS, S.A. (SERVICIO P.M.R. SANTIAGO DE COMPOSTELA) de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 8 min

Tiempo de lectura: 8 min

Documento oficial en PDF(Páginas 24-26)

Resolucion da Xefatura Territorial da Coruña pola que se ordena o rexistro e publicacion do acordo sobre condicions laborais da empresa Multiservicios Aeroportuarios, S.A. (Boletín Oficial de A Coruña num. 6 de 12/01/2015)

Preambulo

Visto expediente de inscrición do acordo subscrito o 19 de novembro de 2014 pola representación da empresa MULTISERVICIOS AEROPORTUARIOS, S.A., e o representante legal dos traballadores, sobre determinadas condicións laborais do persoal adscrito ao servizo a persoas coa mobilidade reducida (PMR), de conformidade co disposto no artigo 2.1 h) do R.D. 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e na Orde de 29 de outubro de 2010 pola que se crea o Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia

ESTA XEFATURA DE TRABALLO E BENESTAR RESOLVE:

1º.

Ordenar a súa inscripción no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoman de Galicia.

2º.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

A Coruña, 22 de decembro de 2014.

Xefa do Departamento Territorial da Coruña

M.ª PILAR CARIDAD ALONSO

ACORDO DE CENTRO DO SERVIZO DE P.M.R., AEROPORTO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CELEBRADO ENTRE MULTISERVICIOS AEROPORTUARIOS S.A. E A REPRESENTACIÓN LEGAL DOS TRABALLADORES

En Santiago de Compostela, a 19 de novembro de 2014, na sede do Consello Galego de Relacións laborais, en presenza de D. Celso Araújo Castro, xefe de Servizo de Negociación Colectiva e Xestión de Convenios do referido Consello.

REUNIDOS

Pola empresa, don Jesús González Alonso, con DNI 36.136.154-A, en calidade de xerente da empresa MULTISERVICIOS AEROPORTUARIOS, S.A:

Pola plantilla, don Rafael Peña Vidal, con DNI 44.848.946-G, en calidade de representante legal dos traballadores no Centro de PMR do Aeroporto de Santiago de Compostela.

MANIFESTAN

Que ambas partes, recoñecéndose plena capacidade para obrar e en nome e representación da empresa e da plantilla respectivamente, mostran conformidade para chegar aos seguintes,

ACORDOS

 
1) XORNADA DE TRABALLO ANUAL.

A xornada anual vira establecida segundo as funcións desenvolvidas polo persoal:

Supervisores.-Realizarán unha xornada anual de 1.792 horas con 16 días laborais de desfrute por exceso de xornada. Garantirase para este colectivo o desfrute de dúas fins de semana libres ao mes.

Condutores.-Realizarán unha xornada anual de 1.752 horas con 21 días laborais de descanso por exceso de xornada. Garantirase para este colectivo o desfrute de unha fin de semana libre de cada tres.

Axentes.-Realizarán unha xornada anual de 1712 horas con 26 días laborais de descanso por exceso de xornada. Garantirase para a este colectivo o desfrute de unha fin de semana libre ao mes.

2) VACACIÓNS.

Ambas partes comprométense a elaborar de común acodo o calendario anual de vacacións, cunha antelación mínima de dous meses antes do desfrute dos mesmos por parte do traballador. Consistirán en 30 dias naturais ao ano, sendo o seu desfrute fraccionado en dúas quincenas. Garantizaranse sempre una quincena nos meses de verán que abarca desde o mes de maio ata o mes de septembro. Computarán a estos efectos a quincena de nadal así como a quincena correspondiente a semana santa.

3) CONCEPTO E REMUNERACIÓNS VARIABLES.

Plus de supervisión.-Acórdase unha cantidade de 90 euros a devengar en 14 mensualidades para os traballadores adscritos a esta función.

Plus de nocturnidade: traballos comprendidos entre as 22.00 horas e as 06.00 horas, de 1,25 euros por cada hora traballada neste horario.

Plus domingo traballado: fíxase a cantidade de 2,50 euros por cada hora traballada en xornada de domingo.

Plus festivo traballado: acórdase o abono de 4 euros por cada hora traballada en xornada festiva.

Quendas partidas: terán un caracter excepcional e limitarase a un máximo do 10 por cento da xornada anual podéndose partir a xornada un mínimo de 1 hora e un maximo de 4 horas entre xornadas, abonando a cantidade de 8,50 euros por cada xornada fracionada a realizar.

4) CONTRATACIÓN.

Acórdase a transformación do contrato eventual de don Manuel Vigo Tarrio en indefinido a tempo parcial, con xornada de 20 horas semanais. Antes de acudir a unha contratación eventual externa por necesidades do servicio, os traballadores a tempo parcial terán un dereito preferente de ampliación das súas xornadas, sempre que o soliciten por escrito.

Co fin de garantir a estabilidade no emprego fíxase un mínimo do 75 por cento da plantilla indefinida, tomando como referencia a estos efectos o mes de menos actividade do ano. Os contratos de relevo en caso de xubilacións parciais transformaranse en indefinidos unha vez se produza a xubilación defenitiva da persoa relevada.

Para futuras contratación terán preferencia o persoal que realizara prácticas neste servizo salvo que non reúnan os requisitos necesarios para o posto a cubrir.

5) TÁBOAS SALARIAIS.

Para o ano 2014 acórdase as mesmas táboas salariais de 2013.

Acórdase para todos os traballadores con máis de tres anos de antigüedade no centro P.M.R. s de Santiago de Compostela a progresión ao nivel 3, establecido nas táboas salariais do sector nun 50% para o ano 2015 e o outro 50% para o ano 2016. Para o ano 2016 aplicaranse as táboas salaríais de referencia no convenio de sector. Para o 2015 unha vez coñecido o IPC real do ano, se este resultara superior o 2,5%, se efectuaría una revisión dos importes para a regularización da diferencia entre o IPC resultante e o referido 2,5%, con carácter retroactivo dende o 1 de xaneiro do 2015.

Acórdase a súa vez a progresión ao 4.º nivel retributivo a todos aqueles traballadores que aculen una antigüidade de 6 anos, a contar dende 1 de xaneiro de 2011 e cumpran os requisitos establecidos no convenio de sector nesta materia.

Táboas salariais provisionáis para o ano 20151

Grupo laboral

Nivel de entrada

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 4

Técnicos gestores

21.287,27

21.328,89

21.647,27

22.844,27

Administrativos

13.936,15

16.503,96

16.752,08

17.680,20

Servicios auxiliares

13.800,39

16.343,34

16.589,04

17.508,13

1Regularizarase se o IPC do 2015 fose superior o 2,5% pola diferencia entre o IPC e o 2,5%

Táboas salariais provisionais para o ano 20162

Grupo laboral

Nivel de entrada

Nivel 2

Nivel 3

Nivel 4

Técnicos gestores

21.287,27

21.328,89

21.965,65

22.844,27

Administrativos

13.936,15

16.503,96

17.000,19

17.680,20

Servicios auxiliares

13.800,39

16.343,34

16.834,74

17.508,13

2Regularizarase en función do convenio colectivo xeral do sector de servizos de asistencia en terra en aeroportos.

DISPOSICIÓNS COMÚNS

 
D.C. UNICA

Para o resto de materias se aplicarán as recollidas no Estatuto dos Traballadores e no Convenio Colectivo Estatal de servizos de asistencia en terca (Handling).

Expresamente se quere reiterar a vixencia da cláusula de subrogación do convenio colectivo de sector que se dá por reproducida como parte integrante deste acordo.

DISPOSICIONES FINALES

 
D.F. UNICA.

Este acordo terá efectos desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2016 prorrogable ano a ano salvo denuncia expresa por calquera das partes con un mes de antelación manténdose o mesmo en vigor ata novo acordo que o substitúa.

Este acordo foi ratificado pola asemblea de traballadoras/es do centro e adxúntase o presente acordo.

Acórdase delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

A empresa A representación dos traballadores

2014/14054