Convenio Colectivo de Empresa de PANADERIA TITO, S.L. (32001032012004) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Ourense

Convenio Colectivo de Empresa de PANADERIA TITO, S.L. (32001032012004) de Ourense

Tiempo de lectura: 11 min

Convenio colectivo da empresa de Panaderia Tito SL de Ourense, codigo de convenio n. º 3201032 (Boletín Oficial de Ourense num. 244 de 21/10/2004)

Unha vez visto o texto do convenio colectivo da empresa de Panadería Tito SL de Ourense, código de convenio n. º 3201032, que foi subscrito con data do 3 de setembro de 2004 por don Sergio Souto Domínguez en representación da empresa e polo delegado de persoal, don Enrique Outomuro Outomuro, en representación dos traballadores; e de conformidade co disposto no artigo 90.2 º e 3 º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial acorda:

Primeiro. - Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo. - Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación ( UMAC)

Terceiro. - Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no diario oficial de Galicia.

Ourense, 17 de setembro de 2004. O delegado provincial. Asdo. : José Lage Lage. Convenio para a empresa Panadería Tito SL de Ourense.

Artigo 1. - Ámbito de aplicación. As disposicións incluídas no presente convenio regularán durante a súa vixencia as relacións laborais que nel se establecen entre a empresa panadería Tito SL e o seu persoal.

Artigo 2. - Ámbito persoal. O presente convenio afectará á totalidade do persoal da empresa.

Artigo 3. - Vixencia e duración. A duración do presente convenio será de 1 ano, desde o 01- 09- 2004 ata o 31- 08- 2005.

Prorrogarase de ano en ano, a non ser que sexa denunciado por unha das partes, polo menos con dous meses de antelación ó termo da súa vixencia. Ó remate deste convenio manterán súa vixencia tódalas súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4. - Compensación e absorción As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas, ata onde chegue o cómputo anual, con aqueloutras que se puideran establecer por disposición legal ou que establecese a empresa, a non ser que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5. - Comisión paritaria Para resolvelas dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio, constituirase unha comisión mixta composta polos vogais que interviron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6. - Xornada de traballo A xornada de traballo será de 40 horas semanais, prestadas de luns a domingo. O persoal que realice xornada continuada, disporán de 15 minutos de descanso para comelo bocadillo, contabilizándose como traballo efectivo. Tódolos traballadores terán dereito a día e medio de descanso non interrompido.

Artigo 7. - Definición das categorías profesionais. A. Oficial de pa: será aquel traballador que verificará as funcións inherentes á cocción, comezando pola posta a punto do forno para introducilo pan, a realización deste, coidado dos instrumentos necesarios para o traballo no forno e o funcionamento das caldeiras.

Adquirirán a categoría profesional aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de polo menos 8 años.

B. Oficial de masa: é o traballador que ten ó seu cargo os traballos de amasado e preparación dos lévedos, vixiando á súa vez o bo funcionamento e o estado das amasadoras, efectuando a limpeza ou encargando de que a fagan os axudantes ou aprendices sempre baixo a súa vixilancia.

Adquirirán a categoría profesional os traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de 6 años como mínimo.

C. Oficial de mesa: é o traballador que ten como función primordial de confeccionalas pezas de pan e o seu entaboamento.

Adquirirán a categoría aqueles traballadores que teñan unha antigüidade mínima de 3 anos na empresa.

D. Axudante: é o traballador que acredita a súa suficiencia pasados dous anos como mínimo de aprendiz na industria, e ten a función de auxiliar indistintamente ó oficial de pa, ó de mesa ou nos traballos de confección das pezas, para alcanzar unha perfección nos seus coñecementos que lle permitan ocupar postos de categoría superior.

Adquirirán esta categoría profesional os traballadores que teñan unha antigüidade na empresa de polo menos 2 anos.

E. Limpador: é o traballador encargado da limpeza dos utensilios de traballo e das instalacións da empresa.

F. Peón: é o traballador maior de 20 anos encargado de efectualos labores para os que se require unicamente o emprego da forza física, como trasladar a man ou en carreta, fariña, leña, carbón e ocupacións similares.

G. Dependente e axudante: é o traballador encargado de realizalas vendas, con coñecementos prácticos dos artigos cuxo despacho lle está confiado, de forma que poida orientar ó público nas súas compras.

Artigo 8. - Vacacións. Todo o persoal da empresa gozará de 30 días naturais de vacacións ó ano; a súa contía será dunha mensualidade a salario real.

As vacacións gozaranse 15 días continuos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, os 15 días restantes, segundo o disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do seu gozo.

Artigo 9. Retribución do día de San Honorato. Aboaranse a cada traballador da empresa 24,10 euros polo día de San Honorato ( 16 de maio) . Este día non se considera festivo, a excepción de que así fora pola natureza do día.

Artigo 10. - Pagas extraordinarias Todo o persoal desta empresa ten dereito a tres pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade de salario base, antigüidade e 15% beneficios.

Estas pagas serán aboadas nas datas seguintes

a) paga de verán, antes do 20 de xullo

b) paga de Nadal, antes do 20 de decembro

c) paga de San Honorato, antes do 16 de maio.

Artigo 11. - Antigüidade. O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servizo na empresa. Os aumentos realizaranse na seguinte proporción:

- Dous bienios na cantidade do 5% sobre o salario base.

- Catro quinquenios do 10% sobre o salario base. Os aumentos por antigüidade non poderán supoñer máis do 50% do salario base.

Artigo 12. - Paga de beneficios. O persoal dedicado á elaboración de pan percibirá mensualmente o importe do 15% do salario base correspondente a cada mes.

Artigo 13. Roupa de traballo. A empresa está obrigada a facilitar ós seus empregados roupa de traballo adecuada ó posto que desempeñen e que só se poderá utilizar durante as horas de traballo. A entrega das prendas de traballo farase dúas veces ó ano.

Artigo 14. - Complemento en caso de enfermidade ou accidente.

En caso de enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, a empresa completará o salario ata o importe íntegro das súas retribucións, ata un límite de 12 meses.

Artigo 15. - Póliza de accidentes A empresa queda obrigada a concertar un seguro a favor de todo o persoal, que cubra os seguintes riscos:

12.020,24 euros en caso de morte por calquera causa. 15.025,30 euros en caso de incapacidade para todo tipo de traballo e invalidez absoluta.

A indemnización que perciba o traballador con cargo ó seguro, considerarase como entrega a conta da indemnización que puideran declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, unha vez que exista a resolución definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16. - Premio por antigüidade. Aqueles traballadores que leven traballando polo menos 10 anos na empresa e que causen baixa nesta de forma voluntaria entre os 60 ós 64 años, terán dereito a gozar de vacacións retribuídas según a escala seguinte:

- De 180 días para os que cesen ós 60. - De 120 días para os que cesen ós 61. - De 90 días para os que cesen ós 62. - De 60 días para os que cesen ós 63. - De 30 días para os que cesen ós 64.

Artigo 17. - Revisión salarial. Os salarios que figuran no presente convenio, serán revisados anualmente sempre de acordo co índice do custo da vida publicado tódolos anos polo Instituto Nacional de Estatística.

Artigo 18. - Licenzas e permisos. Corresponderá permiso retribuído a soldo real nos seguintes casos:

Matrimonio ou constitución de parella de feito: 15 días naturais.

Matrimonio fillos: 1 día natural Nacemento de fillo: 3 días naturais. Enfermidade grave, hospitalización ou accidente de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais, que se ampliarán a 4 se necesitan desprazarse fóra da provincia.

Por falecemento de cónxuxe: 4 días naturais Por falecemento de parentes hasta segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais, que se ampliarán a 4 se necesitan desprazarse fóra da provincia.

Por traslado de domicilio: 1 día

Artigo 18. - Atrasos Os atrasos pagaranse nunha mensualidade que se fará efectiva no mes seguinte á sinatura do convenio.

Artigo 19. - Revisión medica Todo o persoal, terá dereito a unha revisión médica anual cargo da empresa. Os resultados serán entregados ós interesados.

Artigo 20. - Período de proba. Seguirase o disposto na lexislación vixente

Artigo 21. - Contratación O contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulado polo artigo 15.1. b do Estatuto dos traballadores, terá unha duración máxima de 12 meses, dentro dun período de 18 meses.

Artigo 22. - Mobilidade funcional. Con independencia da adquisición da categoría profesional polo transcurso do tempo sinalado no artigo anterior, todo traballador terá dereito ó ascenso a unha categoría superior se, como consecuencia da mobilidade funcional o traballador estivera realizando funcións de categoría profesional superior ás d súa categoría profesional, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos; neste caso o traballador ascendería automaticamente á categoría profesional que estivera desempeñando durante ese período, tal como sinala o artigo 39 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

A empresa poderá encomendar ós seus traballadores realización de cometidos de categoría inferior á súa por razóns técnicas, de organización ou de produción que o xustifiquen por un tempo imprescindible para a súa realización, tal como se sinala igualmente no artigo 39 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Artigo 23. - Partes sinantes As partes sinantes do presente convenio son: pola empresa don Sergio Souto Domínguez, con DNI: 34546352- F e en representación dos traballadores don Enrique Outumuro Outumuro, con DNI: 44463193- F.

Anexo I Táboa salarial

Oficial de pa: 22,81 euros diarios Oficial de masa: 22,22 euros diarios

Oficial de mesa: 21,80 euros diarios Axudante: 21,25 euros diarios.

Portador de pan a despachos: 21,80 euros diarios

Repartidor de pan a domicilio: 20,51 euros diarios

Chofer repartidor : 22,81 euros diarios.

Enténdese por chofer repartidor o que se despraza a distintas poboacións.

Limpador : 16,93 euros diarios.

Peón: 16,93 euros diarios.

Oficial administrativo : 707,49 euros mensuais.

Dependente e axudante: 616,67 euros mensuais.

Só para o persoal de elaboración

a) Aboaranse 42,60 euros nos meses traballados en concepto de servizo nocturno.

b) Aboaranse 13,58 euros nos meses traballados en concepto de gratificación de horario.

c) Os traballadores terán dereito a percibir 1 kg de pan, incluído o período de vacacións, baixas de enfermidade ou accidente. O valor do kg de pan para efectos de cotización é de 0,60 euros.