Convenio Colectivo de Empresa de PANADERIA TITO, S.L. (32001032012004) de Ourense

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 17 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Panadería Tito, S. L. de Ourense. 29/11/2004 Diario Oficial de Galicia
Convenio colectivo da empresa de Panaderia Tito SL de Ourense, codigo de convenio n. º 3201032 21/10/2004 Boletín Oficial de Ourense
Convenio colectivo de la empresa Panaderia Tito SL de Ourense, codigo de convenio n. º 3201032 21/10/2004 Boletín Oficial de Ourense

Resolución do 17 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa Panadería Tito, S. L. de Ourense. (Diario Oficial de Galicia núm. 232 de 29/11/2004)
Panadería Tito, S. L. de Ourense, código nº 3201032, que se subscribiu con data 3 de setembro de 2004 por Sergio Souto Domínguez, en representación da empre polo delegado de persoal, Enrique Outomuro Outomuro, en representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 17 de setembro de 2004. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a emprPanadería Tito, S. L. de Ourense

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación. As disposicións incluídas neste convenio regularán durante a súa vixencia as relacións laborais que nel se establecen entre a emprPanadería Tito, S. L. e o seu persoal. Artigo 2º.-Ámbito persoal. Este convenio será de aplicación a todo o persoal da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia e duración. A duración deste convenio será dun ano, desde o 1-9-2004 ata 31-8-2005.

Prorrogarase de ano en ano, a non ser que sexa denunciado por unha das partes, polo menos con dous meses de antelación ao remate da súa vixencia. Á finalización deste convenio manterán a súa vixencia todas as súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte.

Artigo 4º.-Compensación e absorción. As melloras resultantes deste convenio serán compensadas e absorbidas, ata onde chegue o cómputo anual, con aqueloutras que se puidesen establecer por disposición legal ou que establecese a empresa, a non ser que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 5º.-Comisión paritaria. Para resolver as dúbidas que puidesen xurdir sobre a aplicación do convenio constituirase unha comisión mixta composta polos vogais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Xornada de traballo. A xornada de traballo será de 40 horas semanais, prestadas de luns a domingo. O persoal que realice xornada continuada disporá de 15 minutos de descanso para comer o bocadillo, contabilizándose como traballo efectivo. Todos os traballadores terán dereito a día e medio de descanso ininterrompido.

Artigo 7º.-Definición de categorías profesionais. Oficial de pa: é o traballador que verifica as funcións inherentes á cocción, comezando pola posta a punto do forno para introducir o pan, a realización deste, coidado dos instrumentos necesarios para o traballo no forno e o funcionamento das caldeiras. Adquirirán esta categoría profesional aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na emprde polo menos 8 anos.

Oficial de masa: é o traballador que ten ao seu cargo os traballos de amasado e preparación das levaduras, vixiando ao mesmo tempo o bo funcionamento e o estado das amasadoras, efectuando a limpeza ou encargándose de que verifiquen axudantes ou aprendices, baixo a súa vixilancia. Adquirirán esta categoría profesional aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na emprde polo menos 6 anos.

Oficial de mesa: é o traballador que ten como función primordial a confección de pezas de pan e entaboamento delas. Adquirirán esta categoría profesional aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na emprde polo menos 3 anos.

Axudante: é o traballador que acredita a súa suficiencia, pasados dous anos como mínimo de aprendiz na industria e ten o cometido de auxiliar indistintamente ao oficial de pa e o de mnos labores de confección de pezas, para alcanzar unha perfección nos seus coñecementos que lle permita ocupar postos de categoría superior. Adquirirán esta categoría profesional aqueles traballadores que teñan unha antigüidade na emprde polo menos 2 anos.

Limpador: é o traballador encargado da limpeza dos utensilios de traballo e das instalacións da empresa.

Peón: é o traballador maior de 20 anos encargado de efectuar labores para as que se require unicamente esforzo físico, tales como trasladar a man ou en carretilla fariña, leña, carbón e ocupacións similares.

Dependente e axudante: é o traballador encargado de realizar as vendas, con coñecementos prácticos dos artigos cuxo despacho lle está confiado, de forma que poida orientar o público nas súas compras.

Artigo 8º.-Vacacións. Todo o persoal da emprdesfrutará 30 días naturais de vacacións ao ano; a súa contía será dunha mensualidade a salario real.

As vacacións desfrutaranse 15 días continuos entre o 1 de xuño e o 30 de setembro e os 15 días restantes, segundo o disposto no artigo 38 do Estatuto dos traballadores.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute.

Artigo 9º.-Retribución do día de Santo Honorato. Aboaránselle a cada traballador 24,10 euros polo día de Santo Honorato (16 de maio) . No se considera festivo este día coa excepción de se o fose pola natureza do día.

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias. Todo o persoal desta emprten dereito a tres pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade de salario base, antigüidade e 15% beneficios.

Estas pagas serán aboadas nas datas seguintes:

a) Paga de verán, antes de 20 de xullo.

b) Paga de Nadal, antes do 20 de decembro.

c) Paga de Santo Honorato, antes do 16 de maio. Artigo 11º.-Antigüidade. O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servizo na empresa, consistentes en 2 bienios do 5% e 4 quinquenios do 10%, calculados ambos sobre o salario base.

Os aumentos por antigüidade non poden superar o 50% do salario base.

Artigo 12º.-Paga de beneficios. O persoal dedicado á elaboración de pan percibirá mensualmente o importe do 15% do salario base correspondente a cada mes.

Artigo 13º.-Roupa de traballo. A emprestá obrigada a facilitar aos seus traballadores roupa de traballo adecuada ao posto que van desempeñar e que só se utilizará durante as horas de traballo.

A entrega da roupa de traballo farase dúas veces ao ano.

Artigo 14º.-Complemento en caso de enfermidade ou accidente.

En caso de enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, a emprcompletará o salario ata o importe íntegro das súas retribucións, ata un límite de 12 meses.

Artigo 15º.-Póliza de accidentes. A emprqueda obrigada a concertar un seguro a favor de todo o persoal, que cubra os seguintes riscos:

-12.020,24 A en caso de morte por calquera causa.

-15.025,30 A caso de incapacidade para todo tipo de traballo e invalidez absoluta.

A indemnización que perciba o traballador con cargo a seguro considerarase como entrega á conta da indemnización que puidesen declarar con cargo á empros tribunais de xustiza, unha vez que exista resolución definitiva, sobreseemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.-Premio por antigüidade. Os traballadores con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, que causen baixa voluntaria entre os 60 e 64 anos de idade, terán dereito a gozar de vacacións retribuídas segundo a escala seguinte:

De 180 días para os que cesen aos 60 anos. De 120 días para os que cesen aos 61 anos. De 90 días para os que cesen aos 62 anos. De 60 días para os que cesen aos 63 anos. De 30 días para os que cesen aos 64 anos.

Artigo 17º.-Revisión salarial. Os salarios que figuran neste convenio serán revisados anualmente sempre de acordo co índice do custo da vida publicado todos os anos polo Instituto Nacional de Estatística.

Artigo 18º.-Licenzas e permisos. Corresponderá permiso retribuído a soldo real nos seguintes casos:

-Matrimonio ou constitución de parella de feito: 15 días naturais.

-Matrimonio de fillos: 1 día natural.

-Nacemento de fillo: 3 días naturais.

-Enfermidade grave, hospitalización ou accidente de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais, que se ampliarán a 4 se necesitan desprazarse fóra da provincia.

-Por falecemento de cónxuxe: 4 días naturais.

-Por falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais, que se ampliarán a 4 senecesitan desprazarse fóra da provincia.

-Por traslado de domicilio: 1 día. Artigo 18º.-Atrasos. Os atrasos pagaranse nunha mensualidade, que se fará efectiva no mes seguinte á sinatura do convenio.

Artigo 19º.-Revisión médica. Todo o persoal terá dereito a unha revisión médica anual a cargo da empresa. Os resultados serán entregados aos interesados.

Artigo 20º.-Período de proba. Seguirase o disposto na lexislación vixente. Artigo 21º.-Contratación. O contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou excesos de pedidos, regulado polo artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, terá unha duración máxima de 12 meses, dentro dun período de 18 meses.

Artigo 22º.-Mobilidade funcional. Con independencia da adquisición da categoría profesional polo transcurso do tempo sinalado no artigo anterior, todo traballador terá dereito ao ascenso a unha categoría superior se, como consecuencia da mobilidade funcional, este viñese realizando funcións de categoría superior ás da súa categoría profesional, por un período superior a seis meses durante un ano ou oito meses durante dous anos; neste caso o traballador ascenderá automaticamente á categoría profesional correspondente ao traballo que viñese realizando no dito período, tal como sinala o artigo 39 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

A emprpoderalles encomendar aos seus traballadores a realización de cometidos de categoría profesional inferior á súa por razóns técnicas, organizativas ou de produción que o xustifiquen e polo tempo imprescindible para a súa realización, tal como se sinala igualmente no artigo 39 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Artigo 23º.-Partes asinantes. As partes asinantes deste convenio son: pola empresa, Sergio Souto Domínguez, con DNI: 34546352-F, e en representación dos traballadores, Enrique Outumuro Outumuro, con DNI: 44463193-F.

ANEXO I

Táboa salarial Oficial de pa: 22,81 euros diarios. Oficial de masa: 22,22 euros diarios. Oficial de mesa: 21,80 euros diarios. Axudante: 21,25 euros diarios. Portador de pan a despachos: 21,80 euros diarios. Repartidor de pan a domicilios: 20,51 euros diarios. Chofer repartidor: 22,81 euros diarios. Enténdese por chofer repartidor o que se despraza a distintas poboacións. Limpador: 16,93 euros diarios. Peón: 16,93 euros diarios. Oficial administrativo: 707,49 euros mensuais. Dependente e axudante: 616,67 euros mensuais.

Só para o persoal de elaboración:

a) Aboaranse 42,60 euros nos meses traballados en concepto de servizo nocturno.

b) Aboaranse 13,58 euros nos meses traballados en concepto de gratificación de horario.

c) Os traballadores terán dereito a percibir 1 kg de pan, incluído o período de vacacións, baixas enfermidade ou accidente. O valor do kg de pan para efectos de cotización é de 0,60 euros.