Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS VINICOLAS, ALCOHOLEIRAS, LICOREIRAS E...835011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de INDUSTRIAS VINICOLAS, ALCOHOLEIRAS, LICOREIRAS E SIDREIRAS E O SEU COMERCIO (15000835011981) de Coruña

Sector Autonómico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2000 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 18 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña. (Diario Oficial de Galicia num. 10600 de 01/06/2000)

Preambulo

Visto o expediente de revisión salarial do ano 1999 e táboas salariais para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de industrias vinícolas, licoreiras, sidreiras e o seu comercio da provincia da Coruña (código 1500835) , que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-4-2000, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada pola Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos, e da parte social, por UGT e CC. OO. o día 3-4-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de abril de 2000. Mª Reyes Carabel Pedreira Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio provincial de industrias vinícolas, alcoholeiras, licoreiras, sidreiras e o seu comercio, da Coruña

Asistentes: Pola parte empresarial:

Asociación Provincial de Mayoristas y Embotelladores de Vinos.

Gabriel Egaña Dorronsoyo. Víctor Robla.

Pola parte social: Roberto Veira, UGT. Alfonso Quintana, CC. OO.

Ámbalas partes recoñécense lexitimidade para integra-la comisión paritaria e asumi-las súas funcións.

O obxecto da reunión é realiza-las modificacións salariais pertinentes para o ano 2000, de acordo co establecido no artigo 22 (contía das retribucións) do convenio colectivo vixente.

Acorda:

1.

Efectua-la revisión salarial debida á diferencia entre o IPC real 1999, do 2,9%, fronte ó previsto do 1,8%. Procede aumenta-la táboa salarial nun 1,1%, o cal se fará efectivo con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1999 e se reflectirá na táboa anexa, a cal servirá de base para actualiza-las táboas do ano 2000.

2.

Actualiza-las táboas salariais para o ano 2000, nun 2,50%, tal e como se di nese mesmo artigo, de acordo co IPC previsto, 2% máis 0,50%, e reflectirase na táboa anexa.

Así mesmo, autorízase a Roberto Veira López para que proceda ó seu rexistro e publicación.

Ás 13 horas levántase a sesión e asínase este escrito en sinal de conformidade.

A Coruña, 3 de abril de 2000.

ANEXOI-II

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)