Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
14/02/2013

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2013

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Calendario laboral para o ano 2013, do convenio colectivo do Sector de Marmores e Pedras da provincia de Pontevedra. Codigo de Convenio numero 36000965011981 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 32 de 14/02/2013)

Preambulo

Convenio o Acordo: MARMOLES Y PIEDRAS

Código de Convenio número 36000965011981

Visto o Acordo da Comisión Negociadora pola que se aproba o calendario laboral para o ano 2013, do convenio colectivo do Sector de MÁRMORES E PEDRAS da provincia de Pontevedra, suscrito, en representación da parte económica, por unha representación da Asociación Galega de Graniteiros e da parte social polas Centrais Sindicais UGT, CC.OO e CIG, en data 30.11.2012.

Primeiro.Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 04.12.2012.

Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010)

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución a Mesa Negociadora do mesmo.

ACTA DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO DE MÁRMORES E PEDRA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA, 30 DE NOVEMBRO DE 2012

A S I S T E N T E S

UGT

Francisco Javier Comesaña Figueroa

Antonio Costas Iglesias

Delfín A. Pensado Vilariño

CIG

Alberto Fernández Campo

Ricardo Arias Alén

Lorenzo González Fernández

CC.OO.

Francisco Estevez Rodríguez

Olegario Oliveira Collazo

Esteban López Ramírez

Manuel Taboas Rodríguez

CLUSTER DEL GRANITO

Gabriel Miguel Rubio

Javier Blanco Silva

Eliseo López Alonso

Yolanda González

José Angel Lorenzo Ramírez

En O Porriño a 30 de novembro de 2012, reúnense as persoas que figuran á marxe citadas nas representacións que se indican, no Centro Tecnolóxico do Granito, co obxecto de establecer o calendario laboral para o ano 2013, correspondente ao sector de Mármores e Pedras na Provincia de Pontevedra.

Para cumprir a xornada anual de 1.738 horas acórdase fixar como días festivos de convenio para o ano 2013 os seguintes:

1 abril

12, 26 de xullo

16 de agosto

23, 24, 26, 27, 30 y 31 de decembro

Ademais dos días sinalados anteriormente, por coincidir o festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos nos seguintes concellos: 2 de abril: Meis, Pazos de Borbén, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vigo, Fornelos de Montes, Meaño e Soutomaior

29 de xullo: Covelo, A Lama, O Rosal e Valga

19 de agosto: Arbo, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Mondariz, Valga, Vigo e Vilagarcía.

As datas establecidas anteriormente, poderán modificarse de común acordo dos representantes dos traballadores e os empresarios.

Para dar cumprimento a xornada anual de 1.738 horas, as dúas horas de traballo efectivo pendentes realizaranse conforme as necesidades que se establezan en cada unha das empresas.

Os asinantes facultan a José Angel Lorenzo Ramírez para que, en representación desta Comisión Negociadora realice as xestións oportunas ante a autoridade laboral para que se proceda á publicación deste acordo.

Asinase a presente polos asistentes en sinal de conformidade.

Vigo, a 21 de enero de 2013.A Xefa Territorial, María Rita Peón Fernández.