Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
26/09/2011

Calendario. Convenio Colectivo de Sector de MARMOLES E PEDRAS (36000965011981) de Pontevedra

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2011

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Acordo da Comision negociadora do convenio colectivo do sector de "Marmores e Pedras" da provincia de Pontevedra, polo que se establece o calendario laboral para o ano 2011. Codigo de Convenio numero 36000965011981 (Boletín Oficial de Pontevedra num. 185 de 26/09/2011)

Preambulo

CONVENIO MARMOLES Y PIEDRAS

Código de Convenio número 36000965011981

Visto o Acordo da Comisión negociadora do convenio colectivo do sector de "Mármores e Pedras" da provincia de Pontevedra, polo que se establece o calendario laboral para o ano 2011, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Graniteros de Galicia, e da parte social polas centrais sindicais UGT, CC.OO e CIG, en data 30.11.2011.

Primeiro.Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 19.05.2011.

Segundo.Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en perxuizo de terceiros.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

Primeiro.Que o artigo 90.2 y 3 do Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.

Segundo.Real Decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.

Terceiro.Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

Esta xefatura territorial,

A C O R D A:

Primeiro.

Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010, (DOG nº 222, do 18.11.2010).

Segundo.

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Terceiro.Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.

Xefa Departamento Territorial, Mª Carmen Bianchi Valcarce.

ACTA DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO CONVENIO DE MÁRMORES E PEDRA PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA, 30 DE NOVEMBRO DE 2010

ASISTENTES

UGT

Francisco Javier Comesaña Figueroa

CIG

Alberto Fernandez

Lorenzo González Fernández

José Manuel Corbacho González

Manuel A. Vázquez Martínez

CC.OO.

Francisco Estevez Rodríguez

AGG

Gabriel Miguel Rubio

Javier Blanco Silva

Alfredo Briales de Porcioles

En O Porriño a 30 de novembro de 2010, reúnense as persoas que figuran á marxe citadas nas representacións que se indican, no Centro Tecnolóxico do Granito, co obxecto de establecer o calendario laboral para o ano 2011, correspondente ao sector de Mármores e Pedras na Provincia de Pontevedra.

Para cumprir a xornada anual de 1.738 horas acórdase fixar como días festivos de convenio para o ano 2011 os seguintes:

7 de xaneiro 25 de abril 16 de maio 24 de xuño 22 de xullo 12 de agosto 31 de outubro 5, 7 e 9 de decembro

Ademais dos días sinalados anteriormente, por coincidir o festivo local con día non laborable, fíxanse os seguintes festivos nos seguintes concellos:

10 de enero: Illa de Arousa e Pontecesures

14 de enero: Vilanova de Arousa

26 de abril: Meis, Pazos de Borbén, Portas, Ribadumia, Sanxenxo e Soutomaior

23 de xuño: Caldas de Reis, Cerdedo, A Estrada, Nigrán, Oia, Poio e Valga

15 de xullo: Bueu, O Grove, Marín e Moaña

11 de agosto: Fornelos de Montes

23 de setembro: Poio

As datas establecidas anteriormente, poderán modificarse de común acordo dos representantes dos traballadores e os empresarios.

Para dar cumprimento a xornada anual de 1.738 horas, as dúas horas de traballo efectivo pendentes realizaranse conforme as necesidades que se establezan en cada unha das empresas. Os asinantes facultan a José Angel Lorenzo Ramírez para que, en representación desta Comisión Negociadora realice as xestións oportunas ante a autoridade laboral para que se proceda á publicación deste acordo.

Asinase a presente polos asistentes en sinal de conformidade.

Vigo, a 15 de xullo de 2011.A Xefa do Dpto. Territorial, Mª Carmen Bianchi Valcarce.