Convenio Colectivo de Sector de PANADERIA (32000265011982) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
29/05/2014

Revision. Convenio Colectivo de Sector de PANADERIA (32000265011982) de Ourense

Sector Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2014 en adelante

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Documento oficial en PDF(Páginas 12-12)

Resolucion de acordo de inscricion e publicacion da acta da Comision Negociadora na que se subscribe a revision salarial do Convenio de panaderias de Ourense para o ano 2014 (codigo convenio n.º 32000265011982) (Boletín Oficial de Ourense num. 121 de 29/05/2014)

Preambulo

Convenio ou acordo: panaderías

Expediente: 32/01/0024/2014

Data: 08/05/2014

Asunto: resolución de inscrición e publicación

Destinatario: Breixo Losada Valdés

Código de convenio n.º 32000265011982

Logo de ver o texto da acta de acordo da revisión salarial para o ano 2014 do Convenio colectivo de panaderías de Ourense, que foi subscrito o día 13/04/2014 polos/as integrantes da Comisión Negociadora do mencionado convenio (pola parte empresarial, a Asociación de Empresarios de Panaderías, e pola parte social, as centrais sindicais Confederación Intersindical Galega e Unión Xeral de Traballadores) e, de conformidade co que dispón o artigo 90 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, o Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, e o Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e as demais normas aplicables do dereito común, esta xefatura territorial acorda:

Primeiro.-

Ordenar a inscrición da acta de acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orden do 29 de outubro de 2010 (DOG 222, do 18 de novembro de 2010) e notificación ás representacións empresarial e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense.

Asdo.: José Selas Souto.

Acta final de revisión salarial 2014 do Convenio colectivo de panaderías de Ourense

En Ourense, cando son as 18.00 h do día 13 de abril, reúnense os membros da Comisión Negociadora do Convenio colectivo de panaderías de Ourense, formada polas persoas que a continuación se sinalan para proceder á revisión salarial do convenio para o ano 2014.

Pola CIG:

- Camilo Díaz Barreal

- Etelvino Blanco (asesor)

Pola UGT:

- Carlos Mach Tesouro (asesor)

Pola Asociación de Empresarios de Panaderías:

- Roberto González Sánchez

Acordo: O actual convenio colectivo incrementase nun 1%, sendo as táboas salariais as seguintes:

Oficial de pa: 30,35 €

Oficial de masa: 29,23 €

Oficial de mesa: 29,23 €

Axudante: 28,09 €

Mordomo: 29,23 €

Repartidor de pan a despachos: 29,23 €

Repartidor de pan a domicilio: 26,99 €

Oficial administrativo: 942,36 €

Chofer repartidor: 30,35 €

Plus horario: 28.28 €

Nocturnidade: 70,70 €

Revisión salarial: no ano 2014, no suposto de que o índice de prezos ao consumo (IPC) supere o 1,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso producido, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro.

As partes negociadoras deste Convenio colectivo de panaderías de Ourense autorizan a Breixo Lousada Valdés, con DNI 45355398-P, para presentar ante a Delegación Provincial de Traballo e Benestar Social de Ourense a presente revisión salarial e seguir todos os trámites para o efecto.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión, asinándose a correspondente acta de acordo.