Convenio Colectivo de Sector de LOUSA DE OURENSE E LUGO (82000215011993) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Galicia

Última revisión
31/05/2006

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Sector de LOUSA DE OURENSE E LUGO (82000215011993) de Galicia

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2006

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Resolución do 8 de maio de 2006, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo subscrito polas partes asinantes do convenio colectivo extraestatuario do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo. (Diario Oficial de Galicia num. 103 de 31/05/2006)

Preambulo

Visto o texto do acordo subscrito con data do 23 de marzo de 2006 entre o representante de UGT e secretario de organización de FIA-UGT-Ourense, e o presidente e representante da Asociación Gallega de Pizarristas, asinantes do convenio colectivo extraestatutario do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo, polo que se acorda dar unha nova redacción ao artigo 1º e á disposición derradeira oitava do referido convenio colectivo e que fan referencia, respectivamente, ao ámbito funcional, territorial e persoal, e á adhesión voluntaria de empresas e traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) , así como segundo teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, en relación co Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e demais normas de xeral e pertinente aplicación.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro

Ordenar a inscrición do devandito acordo no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo

Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro

Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2006. Pilar Cancela Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais

En Sobradelo de Valdeorras, o día vinte e tres de marzo de dous mil seis, reúnense en representación de UGT José Paradelo Arias, secretario de Organización de FIA-UGT-Ourense, e en representación da Asociación Gallega de Pizarristas, o seu presidente, Santiago Vázquez León, co obxectivo de dar nova redacción ao artigo primeiro e á disposición derradeira oitava do convenio colectivo extraestatutario asinado o pasado día dezasete de outubro do pasado ano entre as citadas entidades, ao teren sido declarados nulos pola sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do seis de marzo do ano que corre, que se seguiu en autos co nº 1/2006, sendo parte demandante o Sindicato Nacional de Comisiones Obreras de Galicia e como demandados Unión General de Trabajadores de Galicia e a Asociación Gallega de Pizarristas, e ao respecto adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro

O artigo 1º fica redactado como segue: «Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal. Este convenio extraestatutario regula as relacións de traballo entre as empresas representadas pola Asociación Gallega de Pizarristas nas provincias de Ourense e as de Lugo que se relacionan na acta da súa sinatura, e os traballadores desas empresas representadas pola central sindical UGT; así como as daquelas outras empresas e traballadores do sector da lousa que, desenvolvendo a súa actividade en Galicia e tendo ou non o seu domicilio social dentro desta comunidade, se adhiran de forma expresa ou tácita a este pacto».

Segundo

A disposición derradeira oitava fica redactada como segue:

«Disposición derradeira

Oitava.-Adhesión voluntaria de empresas e traballadores. Ao ser este un convenio colectivo extraestatutario, tanto as empresas non representadas pola patronal que o subscribe como os traballadores non afiliados ao sindicado asinante poderanse adherir expresa ou tacitamente a el quen calquera momento da súa vixencia».