C. Colectivo , Revision. Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2010

Volver al Convenio Vigente

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 161 del 15/07/2019

    ...27000445011982... ...2700445... ...Primeira transformación da madeira... ...Primeira transformación da madeira lugo... ...Primeira transformación madeira lugo... ...Primera transformación de la madera... ...Primera transformación de la madera Lugo... ...Primera transformación madera Lugo... ...CONVENIOS COLECTIVOS Visto o acordo de revisión salarial para o ano 2019 do Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformación da Madeira de... ...Comisión negociadora...

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 114 del 21/05/2018

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DA PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA DE LUGO PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 96 del 28/04/2014

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 35 del 11/02/2012

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 46 del 26/02/2010

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Revision das taboas salariais para o ano 2009 do convenio colectivo para o sector primeira transformacion da madeira da provincia de Lugo. Codigo 2700445 PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 52 del 14/03/2007

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Revision das taboas salariais para o ano 2006 do convenio colectivo para o sector "Primeira transformacion da madeira da provincia de Lugo" (Codigo 2700445) PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 108 del 07/06/2005

    ...27000445011982... ...2700445... ...Primeira transformación da madeira... ...Primeira transformación da madeira lugo... ...Primeira transformación madeira lugo... ...Primera transformación de la madera... ...Primera transformación de la madera Lugo... ...Primera transformación madera Lugo... ...Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o ano 2004 do convenio colectivo para o sector da primeira transformación da madeira de... ...Depósito de convenios colectivos...

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 85 del 16/04/2005

    ...27000445011982... ...2700445... ...Primeira transformación da madeira... ...Primeira transformación da madeira lugo... ...Primeira transformación madeira lugo... ...Primera transformación de la madera... ...Primera transformación de la madera Lugo... ...Primera transformación madera Lugo... ...Relacións Laborais Convenios Colectivos Exp. 17/04 (Código 2700445) Convenio: Sector. Visto o acordo para a revisión das táboas salariais para o... ...Depósito de convenios colectivos...

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 23 del 03/02/2005

    ...27000445011982... ...2700445... ...Primeira transformación da madeira... ...Primeira transformación da madeira lugo... ...Primeira transformación madeira lugo... ...Primera transformación de la madera... ...Primera transformación de la madera Lugo... ...Primera transformación madera Lugo... ...Visto o texto do acordo asinado o día 12 de novembro de 2004 pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da primeira... ...Depósito de convenios colectivos...

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 243 del 18/12/2004

    ...Primeira transformación da madeira lugo... ...Primeira transformación madeira lugo... ...Primera transformación de la madera... ...Primera transformación de la madera Lugo... ...Primera transformación madera Lugo... ...Exp. 0017-2004 (Código 2700445) (Corrección de erros). Visto o texto do acordo asinado o día 12 de novembro de 2004, pola Comisión Negociadora do... ...Depósito de convenios colectivos... ...Convenio colectivo... ...Convenio colectivo...

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 91 del 12/05/2004

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Resolución do 27 de febreiro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira da provincia de Lugo. PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Boletín Oficial de Lugo nº 64 del 18/03/2004

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO ANUNCIO. Revision das taboas salariais do ano 2003 do convenio colectivo para o sector "PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA DA PROVINCIA DE LUGO" PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo

  • Código: 2700445
  • Código Nuevo: 27000445011982
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Lugo
  • Diario Oficial de Galicia nº 130 del 07/07/2003

    Convenio colectivo de Primera transformación de la madera. LUGO Resolución do 5 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo. PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA Convenio Colectivo de Sector de PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA (27000445011982) de Lugo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo (Codigo numero 27000445011982). Convenio afectado por 07/03/2022 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2020 Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DA PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA DE LUGO Convenio afectado por 21/05/2018 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2015 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo 28/04/2014 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2012 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo Convenio afectado por 11/02/2012 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2010 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para o sector " PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA",da provincia de Lugo (Codigo 2700445) Convenio afectado por 19/12/2008 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2007 No Vigente Documento oficial en PDF
C. Colectivo Convenio colectivo para o sector "PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA DA PROVINCIA DE LUGO" (Codigo 2700445) Convenio afectado por 15/02/2006 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2005 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 22 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector primeira transformación da madeira da provincia de Lugo. Convenio afectado por 13/12/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo para o sector PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA. Exp. 17/04 (codigo 2700445). 05/11/2004 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 17 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira da provincia de Lugo. Convenio afectado por 02/07/2003 Diario Oficial de Galicia 11/04/2002 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 23 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira da provincia de Lugo. 24/10/2001 Diario Oficial de Galicia 01/04/2001 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo. 10/08/2000 Diario Oficial de Galicia 01/04/2000 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira. 21/09/1999 Diario Oficial de Galicia 01/04/1999 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 3 de xullo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira. 26/08/1998 Diario Oficial de Galicia 01/04/1998 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 3 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira de Lugo. 08/08/1997 Diario Oficial de Galicia 01/04/1997 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 4 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da primeira transformación da madeira. 27/11/1996 Diario Oficial de Galicia 01/04/1996 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo , Revision Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo 11/02/2012 Boletín Oficial de Lugo 01/01/2010 Documento oficial en PDF
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Modificacion/Interpretacion Modificacion do convenio colectivo da primeira transformacion da madeira da provincia de Lugo 11/05/2013 Boletín Oficial de Lugo 27/03/2013 Documento oficial en PDF

Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformacion da Madeira de Lugo (Boletín Oficial de Lugo núm. 35 de 11/02/2012)

Preambulo

Visto o texto do "Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformación da Madeira de Lugo", asinado o día 10 de xaneiro de 2012, polos representantes da Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo e das centrais sindicais CCOO (40 %), UGT (30 %), CIG (20 %) e USO (10 %), como membros da Comisión Negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo.

Esta xefatura territorial, ACORDA:


PRIMEIRO:

Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.


SEGUNDO:

Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 1 de febreiro de 2012.

- A xefa do Servizo de Relacións Laborais, Matilde I. Alonso da Cunha


CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DA PRIMEIRA TRANSFORMACION DA MADEIRA DA PROVINCIA DE LUGO

 


Artigo Primeiro. Ámbito funcional

O presente convenio colectivo de traballo é de aplicación a tódalas empresas adicadas ás actividades de serradoiro de madeira, industria de chapa e parquet, así como remate de madeira (tarefas de tala e preparación da madeira antes da transformación no serradoiro), que se rixan polo III Convenio Colectivo Estatal da Madeira 2007-2011, coa excepción feita daquelas empresas que no día da data teñan aprobado convenio colectivo propio ou estén pendentes da súa aprobación.


Artigo Segundo. Ámbito persoal

Quedan comprendidas neste convenio tódolos traballadores das empresas incluídos no seu ámbito funcional, agás os menores de 16 anos que está prohibida a súa contratación.


Artigo Terceiro. Ámbito temporal

A duración do presente convenio será dende o 1º de xaneiro de 2010 ata o 31 de decembro do ano 2011, entrando en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, con efectos económicos dende o 1º de xaneiro do 2010, no seu caso, cas salvedades que se establecen no texto do Convenio.


Artigo Cuarto. Ámbito territorial

As disposicións do presente convenio son de aplicación ás empresas de Lugo e maila súa provincia, ós seus traballadores e as empresas que tendo o seu domicilio noutra provincia, os seus traballadores presten os servicios nesta. Do mesmo xeito quedan obrigadas cantas empresas poidan constituirse no futuro na provincia de Lugo e queden enmarcadas no ámbito funcional do presente acordo.


Artigo Quinto. Denuncia

O convenio prorrogarase por períodos anuais, agás na materia salarial, de non denunciarse por calquera das partes cunha antelación dun mes respeto a data do seu remate.


Artigo Sexto. Comisión paritaria

Para interpreta-lo contido do presente convenio, vixialo cumprimento e exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas e cuestións plantexados como consecuencia da aplicación do mesmo constituirase un Comité Mixto Paritario entre as partes asinantes desde convenio, que estará formado por catro representantes da Asociación Empresarial asinante, un da Central Sindical UXT, un da Central Sindical USO, un da Central Sindical CC.OO. e un da Central sindical CIG igualmente asinantes. Caso de non chegar a acordo a referida Comisión, ámbalas dúas partes sometense a competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación e maila Xurisdición competente.

A mencionada Comisión terá competencias en materia de desenvolvemento e mellora da seguridade e higiene no traballo e da formación profesional no sector na provincia de Lugo.


Artigo Séptimo. Compensación e absorción

As condicións que se establecen neste convenio, son compensables e absorbibles en cómputo anual, de conformidade coa lexislación vixente, respetándose as situacións persoais en igual forma, salvo a antigüidade consolidada de conformidade co establecido no artigo décimo sexto e cos límites establecidos no artigo décimo terceiro.


Artigo Oitavo. Xornada de traballo

A duración da xornada anual de traballo efectivo en todos os ámbitos do presente convenio colectivo será de 1.752 horas.

En aplicación das horas de xornada anual, terán consideración de días non laborais, os días 24 e 31 de decembro, a excepción de cambio dos mesmos por acordo entre empresa e traballador.

As empresas poderán distribuir a xornada establecida nos párrafos anteriores ó longo do ano mediante criterios de fixación uniforme ou irregular, afectando a uniformidade ou irregularidade ben a toda a plantilla ou de forma diversa por seccións ou departamentos, por períodos estacionais do ano en función das previsións das distintas cargas de traballo e desprazamentos da demanda. En todo caso a distribución irregular da xornada respetará os topes mínimos e máximos de distribución previstos no artigo 47 do Convenio Colectivo Estatal da Madeira.

Ós efectos dunha mellor organización do traballo, as empresas poderán establecer un calendario anual no que se recolla a distribución da xornada pactada ó longo do ano.


Artigo Noveno. Vacacions anuais

1º.- O período de vacacións anuais retribuídas, non sustituíbles por prestación económica, será de 30 dias naturais. Principiarán a disfrutarse sempre en días laborais, preferentemente entre o día 20 de xuño e o 30 de setembro.

2º.- O período do seu disfrute fixarase de común acordo entre o empresario e mailo traballador, que tamén poderán acorda-la división en dous períodos das vacacións totais.

Á falta de acordo estarase ó disposto nos convenios colectivos sobre planificacións anuais das vacacións, respetándose, en todo caso os seguintes criterios:

a) O empresario poderá excluir como período vacacional, aquel que coincida coa maior actividade productiva estacional da empresa, previa consulta cos representantes legais dos traballadores.

b) Por acordo entre o empresario e mailos representantes legais dos traballadores, poderanse fixa-los períodos de vacacións de todo o persoal, xa sexa en quendas organizadas sucesivamente, xa sexa con suspensión total da actividade laboral, sin máis excepcións cas tarefas de conservación, reparación e semellantes.

c) Cando exista un réxime de quenda de vacacións, os traballadores con responsabilidades familiares terán preferencia para que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares.

d) Si existise desacordo entre as partes, a Xurisdición competente fixará as datas de disfrute das vacacións, sendo a súa decisión irrecurrible. O procedemento será sumario e preferente.

e) O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas nas que lle corresponde disfrutalas vacacións dous meses antes, alomenos, da data de comenzo das mesmas.

A retribución a percibir por vacacións comprenderá o promedio da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de disfrute das vacacións, agás das horas extraordinarias e gratificacións extraordinarias.

Non se computará en ningún caso como período de vacacions, o tempo que o traballador permaneza hospitalizado, e polo período estricto da hospitalización, pero sempre que sexa posible o disfrute das vacacions dentro do ano natural.


Artigo Décimo. Permisos retribuidos

Os traballadores terán dereito os seguintes permisos retribuídos:

- Por matrimonio: 21 días naturais.

- Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: Tres días naturais, ampliables ata cinco naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

- Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós: Tres días naturais, ampliables ata cinco naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

- Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: Dous días naturais, ampliables ata catro naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

-Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos: Dous días naturais, ampliables ata catro naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

- Nacemento de fillo ou adopción: Tres días naturais, ampliables ata cinco naturais en caso de desprazamento superior a 150 Km.

- Cambio de domicilio habitual: Un día laborable.

- Deber inescusable de carácter público e persoal: O indispensable ou que marque a norma.

- Lactación ata nove meses: Ausencia de 1 hora ou dous fraccións de ½ hora; redución de xornada en media hora. Alternativamente substitución por redución de xornada ou acumulación en xornadas completas, por acordo co empresario, sempre que as necesidades da empresa o permitan.

- Traslado (art. 40 E.T.): Tres días laborables.

- Matrimonio de fillo, pai ou nai: O día natural.

- Funcións sindicais ou de representación de traballadores:

O establecido na norma.

- Renovación do DNI: O tempo indispensable.

- Recuperación do carné de conducir, con asistencia aos cursos necesarios, cando a súa perda estivese motivada por causa estritamente imputable á empresa:

O tempo indispensable.

Todas aslicenzas se gozarán en días consecutivos ou ininterrompidos.

O traballador terá dereito ata oito (8) horas de permiso retribuido ó ano, para asistir a consulta médica, e coa posterior ou anterior, xustificación da consulta. As horas que pola causa exposta superen as oito sinaladas, serán recuperadas, pactando coa empresa a forma da súa recuperación.

Previa a adecuada xustificación, o traballador terá dereito ata oito (8) horas de permiso retribuído ó ano, que serán non retribuídas e recuperables cando teñan que acomapañar a un fillo menor de dez anos, ou a un familiar co que conviva, e que se encontre impedido para acudir a consulta médica, sempre que non exista outro familiar en convivencia co menor ou co impedido e que poda asumir este cometido.

O preaviso será sempre obrigatorio, salvo supostos e situacións excepcionais e imprevisibles que non permitan preavisar da ausencia, en cuxo caso acreditarase no seu momento suficientemente.


Artigo Décimo Primeiro. Horas sindicais

Os delegados de personal disporán dun crédito mínimo de 16 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións.


Artigo Décimo Segundo. Salario

Son retribucións salariais as remuneracións económicas dos traballadores en diñeiro ou en especie que reciben pola prestación profesional dos servizos laborais por conta allea.

1º. Conceptos que comprenden as retribucións salariais:

a) Salario base.

b) Complementos salariais: Penosidade, toxicidade e peligrosidade, antigüidade consolidada, reducción do absentismo, pagas extraordinarias, horas extraordinarias.

2º. Complementos non salariais: As prestacións e indemnizacións da Seguridade Social, ou asimiladas a estas.

As indemnizacións, compensacións ou suplidos por gastos que o traballador tivera que realizar para o desempeño da súa actividade laboral, tales como ferramentas, roupa de traballo, gastos de viaxes ou locomoción, estancia, etc., así como calquera outra desta ou similar natureza ou obxecto.

As indemnizacións por cesamentos, desprazamentos, traslados, suspensións ou despedimentos.

O salario base, as pagas extraordinarias e das vacacións devengaranse por día natural e o resto dos complementos salariais por día de traballo efectivo, segundo os módulos e contías recolllidas na taboa anexa.

Enténdese por salario base a parte de retribución do traballador fixada por unidade de tempo. A contía do salario base será a que se especifica para cada un dos grupos profesionais nas táboas salariais anexas. Os salarios, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2010 son os que se recollen no Anexo I do presente Convenio.

Os salarios, para o período que vai dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2011 son os que se recollen no Anexo II do presente Convenio.

Os referidos salarios son resultado de aplicar os salarios mínimos garantizados previstos na Disposición Adicional Terceira do III Convenio Colectivo Estatal da Madeira co deslizamento ou retraso no seu período de aplicación durante un ano que posibilita tal Disposición para os convenios colectivos sectoriais de ámbito inferior, de xeito que, no ano 2010, aplícase a táboa de salarios mínimos garantizados correspondente ao ano 2009 e, no ano 2011, aplícase a táboa de salarios mínimos garantizados correspondente ao ano 2010.

Con independencia e sen perxuizo do anterior, con efectos do 1 de xaneiro de 2012, e habida conta do deslizamento ao que se fai referencia no parágrafo anterior, será de aplicación a táboa de salarios mínimos garantizados correspondente ao ano 2011, que igualmente se adxunta ao presente Convenio como Anexo III e elo con independencia do incremento salarial que proceda no ano 2012 conforme ao que se pacte na negociación do Convenio para dita anualidade.

As empresas aboarán aos traballadores os atrasos ou as diferencias salariais ás que, no seu caso, haxa lugar como consecuencia da publicación das táboas anexas nos seguintes prazos máximos:

Ata o 31 de marzo de 2012: o 50% dos atrasos aos que, no seu caso, haxa lugar.

Ata o 31 de outubro de 2012: o 50% restante dos atrasos aos que, no seu caso, haxa lugar.

No caso de extinción do contrato de traballo por calquera causa con carácter previo ao transcurso dos prazos máximos estabrecidos nos puntos anteriores, a totalidade dos atrasos aos que haxa lugar terán que estar abonados á data da extinción do contrato de traballo.


Artigo Decimo Terceiro. Complementos por penosidade, toxicidade ou perigosidade

1º. Aos traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuasen durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15%, aplicado ao tempo realmente traballado.

2º. As cantidades iguais ou superiores ao incremento fixado neste artigo, que estean establecidas ou se establezan polas empresas, serán respectadas sempre que foran concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, en cuxo caso non será esixible o pagamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisfacer os citados incrementos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3º. Se por calquera causa desaparecesen as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos non tendo por tanto o carácter consolidable.

A aplicación do presente artigo levarase a efecto de acordo co previsto na disposición transitoria primeira do III Convenio Colectivo Estatal da Madeira.


Artigo Décimo Cuarto. Reducción do absentismo

A redución do absentismo no ámbito laboral é un obxectivo compartido polas representacións sindical e empresarial, dado que os seus efectos negativos se proxectan sobre as condicións de traballo, o clima laboral, a produtividade e a saúde dos traballadores.

Co obxecto pois de combater este fenómeno que leva consigo unha perda de produtividade e incide negativamente nos custos laborais, prexudicando con iso a competitividade das empresas e a posibilidade de mellorar os niveis de emprego e rendas dos traballadores, a partires do 1 de xaneiro de 2008, nos supostos nos que o índice de absentismo, a título colectivo e individual (acumulativamente), non supere o 3% e o 4% respectivamente, durante o período de xaneiro a decembro de cada ano de vixencia do presente convenio colectivo, os traballadores percibirán, no mes de marzo do ano seguinte, e nun único pagamento, a cantidade bruta de 150 euros.

Nas empresas de menos de 30 traballadores, os índices de absentismo, colectivo e individual (acumulativamente), non deberán superar o 2% e o 3%, respectivamente, para dar dereito ao cobramento da cantidade mencionada anteriormente.

O devandito importe non será consolidable, nin absorbible, nin tampouco compensable.

Para o cómputo do absentismo teranse en consideración, exclusivamente, os períodos de IT por enfermidade común ou accidente non profesional e as ausencias inxustificadas.

O índice de absentismo resultante será notificado periodicamente (ao menos trimestralmente) aos representantes legais ou sindicais da empresa e, no seu defecto, á Comisión Paritaria do seu ámbito. O incumprimento deste trámite, non liberará a empresa do compromiso de aboar a cantidade indicada. Nas empresas de menos de 30 traballadores, de constatarse o dito incumprimento e logo de requirimento de representación de traballadores ou da Comisión Paritaria, o pagamento producirase igualmente se no prazo de 15 días hábiles, dende a recepción do requirimento, non se produce a devandita xustificación. O sistema recollido no presente artigo non será acumulable con calquera outro existente, a nivel de empresa ou por convenio, desta mesma natureza, respectándose os devanditos sistemas, salvo acordo coa representación dos traballadores, para a súa substitución polo presente convenio.


Artigo Decimo Quinto. Gratificacions extraordinarias

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento xornal superior ao mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengara o salario base.

Remuneración de pagas:

- Paga de verán, do 1 de xaneiro ao 30 de xuño.

- Paga de Nadal, do 1 de xullo ao 31 de decembro.

O importe de cada unha destas pagas, establécese en trinta días do salario recollido nas taboas salariaís anexas para cada unha das categorías, mais antiguedade.


Artigo Décimo Sexto. Complemento de antigüidade

Apartires do 30 de setembro de 1996 non se devengan por este concepto novos dereitos quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante os traballadores que tiveran xerado antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada a dita data. A contía mencionada figurará na nómina de cada traballador como complemento persoal baixo o concepto de "antigüidade consolidada" non sendo tal contía absorbible nin compensable.

A tales efectos indícase a continuación o importe do quinquenio consolidado para cada unha das categorías profesionais vixentes á data de consolidación da antigüedade:

CATEGORÍAS PROFESIONAIS

QUINQUENIO CONSOLID.

Encargado, Xefe de oficina

342,85

Oficial 1ª, Vixiante, serrador

335,71

Medidor, conductor, afilador, oficial 2ª, serrador de serra circular

330,82

Axudante

321,04

Peón especialista

319,98

Peón vixiante

318,26

Aprendiz/Traballador formación

254,93


Artigo Décimo Séptimo. Horas extras

Establécese que o prezo das horas extras, para o caso do seu pagamento, resultará incrementado no 20% do prezo da hora ordinaria.


Artigo Décimo Oitavo. Dietas

Todo traballador con dereiro a axudas de custo percibirá as contías que se indican a continuación ou ben gastos a xustificar, a elección da empresa.

Media axuda de custo: 11,00 euros (ONCE EUROS).

Axuda de custos Completa: 28,00 euros (VEINTIOCHO EUROS).


Artigo Decimo Noveno. Xubilacion

Os traballadores comprendidos no presente convenio que se xubilen cunha antigüidade de 5 anos na empresa terán dereito a 30 días de vacacións retribuidas e no caso de que xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa terán dereito a 60 días de vacacións retribuidas.


Artigo Vixesimo. Xubilacion voluntaria ós 64 anos

Os traballadores con 64 anos cumpridos, incluídos no ámbito persoal deste convenio, que desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, poderán facelo, estando, neste caso, a empresa obrigada a contratar outro traballador inscrito como demandante de eemprego, acolléndose a calquera das modalidades de contratación previstas na lexislación vixente.


Artigo Vixésimo Primeiro. Seguridade e hixiene

1º.- O traballador, na prestación dos seus servicios, terá dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e hixiene.

2º.- O traballador estará obrigado a cumplir e utilizar no seu traballo as medidas legais e regulamentarias de seguridade e higiene.

3º.- Na inspección e control das referidas medidas, que sexan de cumprimento obrigado polo empresario, o traballador terá dereito a participar por medio dos seus representantes legais no centro de traballo, se non se conta con órganos ou centros especializados competentes na materia, dacordo coa legislación vixente.

4º.- O empresario está obrigado a facilitar unha formación práctica axeitada en materia de seguridade e hixiene ós traballadores que contrate, ou cando cambien de posto de traballo ou teñan que aplicar unha nova técnica que poida ocasionar riscos graves para o propio traballador ou para os compañeiros ou terceiros, ben sea por servicios propios ou coa intervención dos servicios oficiais correspondentes. O traballador está obrigado a seguir ditas ensinanzas e a realiza-las prácticas cando se celebren dentro da xornada de traballo ou noutras horas, pero con desconto naquelas do tempo empregado nas mesmas.

5º.- Os órganos internos da empresa, competentes en materia de seguridade e higiene e, no seu defecto, os representantes legais dos traballadores no centro de traballo, que constaten un risco grave de accidente pola inobservancia da legislación aplicable á materia, requerirán o empresario por escrito para que adopte as medidas oportunas que fagan desaparecer o estado de risco; si a petición non fose atendida no prazo de catro días, dirixiranse a Autoridade competente; ésta si constatase a veracidade das circunstancias alegadas, mediante resolución fundada requerirá o empresario para que adopte as medidas de seguridade apropiadas ou suspenda as actividades na zona ou local de traballo.

Tamén poderá ordenar, cos informes técnicos precisos, a paralización inmediata da actividade si estimase un risco grave e inminente de accidente.

Si o risco de accidente fose inminente, a paralización das actividades poderá ser acordada por decisión dos órganos competentes da empresa en materia de seguridade ou polo setenta e cinco por cento dos representantes dos traballadores en empresas con procesos discontinuos, e da totalidade dos mesmos naquelas nas que o proceso sexa continuo; tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e maila Autoridade Laboral, a que en 24 horas anulará ou ratificará a paralización acordada.


Artigo Vigésimo Segundo. Roupa de traballo

A empresa facilitará ós traballadores dúas fundas ó ano, unha cada seis meses, así como todos aqueles artículos de seguridade que especifique a lexislación vixente, especialmente ós traballadores desprazados no monte que realicen funcións de poda ou tronzado entregaránselle botas axeitadas.


Artigo Vigésimo Terceiro. Recoñecementos medicos

Sempre que as mutuas patronais ou laborais que cubran os riscos de accidente de traballo en cada empresa, desexen realizar recoñocementos médicos sobre posibles enfermedades profesionais, así como cando o Gabinete de Seguridade e Higiene de Lugo propoña recoñecementos no sector, as empresas estarán obrigadas a facilitalo tempo necesario para realizar estos servicios médicos, previa a correspondiente citación por escrito na que deberá figurar día, hora e lugar de recoñecemento.

Cando os resultados do recoñecemento médico rutinario fagan ver a necesidade dunha atención máis especializada en materia de salud laboral, acudiráse ó Gabinete de Seguridade e Higiene de Lugo.


Artigo Vigésimo Cuarto. Poliza de seguros

As empresas afectadas polo presente convenio, estarán obrigados a concertar, con primas íntegras a seu cargo, unha póliza de seguro que cubra no caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social, os riscos de falecemento e invalidez permanente nos graos de total, absoluta e gran invalidez. As contías da citada póliza serán de 25.000 euros (VINTECINCO MIL EUROS) no caso de falecemento e 28.000 euros (VINTEOITO MIL EUROS) no caso de invalidez permanente en calquera dos seus tres graos.

Asimesmo extenderase a cobertura no caso de morte natural por continxencia común, coa cantidade de 7.000 euros (SETE MIL EUROS).

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida percibi-lo traballador da Seguridade Social, Mutualidade ou Montepío.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí establecido, considerarase como entrega a conta da indemnización que, no seu caso, puderan declarar con cargo á empresa, os Tribunais de Xustiza, compensándose ata donde aquela alcance.


Artigo Vigésimo Quinto. Vinculacion a totalidade

Como quera que as condicións pactadas no presente convenio colectivo son o resultado da adaptación do mesmo ó Convenio Colectivo Estatal da Madeira, si se dese o caso de que a xurisdicción competente anulase ou invalidase, habendo resolución firme, algúns ou tódolos seus pactos e polo tanto quedase sin efecto o Convenio Colectivo Estatal pola aplicación do seu artigo 16, o Convenio Colectivo Estatal deixará de rexir no futuro no que respecta ó presente Convenio Colectivo Provincial.

Por outra parte e no suposto de que a xurisdiccción competente estimase que algunha das condicións pactadas no presente convenio colectivo conculca a legalidade vixente ou lesiona gravemente intereses de terceiros e como queira que este convenio na súa redacción actual constitúe un todo orgánico indivisible, terase por totalmente ineficaz debendo reconsiderarse o seu contido íntegro pola Comisión Negociadora.


Artigo Vigésimo Sexto. Forma do contrato

A admisión de traballadores na empresa, a partir de a entrada en vigor do presente convenio, realizarase a través do contrato escrito.

Así mesmo, formalizaranse por escrito as comunicacións de prolongación ou ampliación destes e o preaviso da súa finalización, referidos aos contratos temporais.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes de comezar a prestación de servizos. No contrato escrito constarán: as condicións que se pacten, o grupo profesional en que queda encadrado o traballador e os demais requisitos formais legalmente esixidos. Unha vez rexistrado o contrato na oficina pública, entregarase copia ao traballador.

O ingreso ao traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades reguladas no Estatuto dos Traballadores, disposicións de desenvolvemento e no presente convenio.

As empresas estarán obrigadas a solicitar dos organismos públicos de emprego os traballadores que necesiten, cando así esixa a lexislación vixente, mediante oferta de emprego.

As empresas, previamente ao ingreso, poderán realizar os interesados as probas de selección (teóricas, prácticas, médicas e/ou psicotécnicas) que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuadas ao grupo profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.


Artigo Vixésimo Séptimo. Período de proba

Poderá concertarse, por escrito, un período de proba, que en ningún caso poderá exceder de:

a) Grupo 1 e 2: Seis meses.

b) Grupos 3 e 4: Dous meses.

c) Grupo 5: Un mes.

d) Grupo 6 e 7: Quince días hábiles.

Os traballadores que nun período de dous anos formalicen varios contratos de traballo, de carácter temporal, calquera que sexa a súa modalidade, para o mesmo grupo profesional e posto de traballo, e para a mesma empresa, ou grupo de empresas estarán exentos do período de proba.

No suposto de contratacións de duración igual ou inferior a tres meses, o período de proba non poderá exceder nunca do 50% da duración pactada.


Artigo Vixéximo Oitavo. Modalidades de contratación

As diferentes modalidades de contratación se rexirán, no ámbito de aplicación do presente Convenio, polo disposto no III Convenio Estatal da Madeira ou texto que o sustituia, así como na normativa laboral vixente.


Artigo Vigésimo Noveno. Incapacidade temporal

As empresas complementarán ata o 100% do salario pactado no convenio, as prestacións dos traballadores que se encontraran na situación de incapacidad laboral, derivada de accidente de traballo acaecido dentro da xornada laboral.

Igualmente, complementarase o 85% do salario total recollido na taboa salarial, dende ó día 60 de vixencia da situación de IT derivada de continxencias comuns, ate a súa finalización.


Artigo Trixesimo. Delegado sindical

1. Nas empresas cuxo cadro de persoal supere os 100 traballadores, e en concepto de mellora do disposto no artigo 10 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, os sindicatos con presenza nos órganos de representación unitaria, poderán nomear un delegado sindical, cos dereitos e obrigas que se deriven do devandito artigo.

Respectaranse, en todo caso, aquelas condicións máis favorables establecidas con anterioridade á entrada en vigor do presente convenio nos ámbitos inferiores.

A representación do sindicato na empresa exerceraa un delegado, nos termos previstos na Lei Orgánica 11/1985, de Liberdade Sindical. O sindicato que alegue posuír dereito a estar representado mediante titularidade persoal en calquera empresa, deberá acreditalo ante esta en forma fidedigna, recoñecendo esta, deseguido, ao citado delegado a súa condición de representante dosindicato a todos os efectos.

Os delegados sindicais terán as competencias, garantías e funcións recoñecidasnas leis ou normas que as desenvolvan.

2. O delegado sindical deberá ser o traballador que se designará de acordo cosestatutos do sindicato ou central a quen representa, terán recoñecidas as seguintes funcións:

Recadar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo e senperturbar a actividade normal da empresa.

Representar e defender os intereses do sindicato a quen representa e dos seus afiliados no centro de traballo, e servir de instrumento de comunicación entre o sindicato ou central sindical e a Dirección da empresa. Asistir ás reunións do Comité de Empresa do centro de traballo e Comité de seguridade e hixiene no traballo con voz e sen voto.

Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa poña a disposición do Comité de Empresa representándose as mesmas garantías recoñecidas pola Lei e o presente convenio aos membros do Comité de Empresa, e estando obrigado a gardar sixilo profesional en todas aquelas materias nas que legalmente proceda.

Será informado e oído pola Dirección da empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten, en xeral, os traballadores do seu centro de traballo, e particularmente aos afiliados ao seu sindicato que traballen no devandito centro.

O delegado sindical cinguirá as súas tarefas á realización das funcións sindicais que lle son propias, axustando, en calquera caso, a súa conduta á normativa legal vixente.

3. As seccións sindicais dos sindicatos máis representativos terán dereito á utilización dun local axeitado, no que poidan desenvolver as súas actividades, naqueles centros de traballo que se establezan nos convenios de ámbito inferior.

Participación nas negociacións dos convenios colectivos:

Aos delegados sindicais que participen nas Comisións Negociadoras de convenios colectivos, mantendo a súa vinculación como traballadores en activo dalgunha empresa, seranlles concedidos permisos retribuídos por estas co fin de facilitarlles o seu labor como negociadores e durante o transcurso da antedita negociación, sempre que a empresa estea afectada directamente polo convenio colectivo de que se trate.

Reunirse, fóra das horas de traballo e sen perturbar a actividade normal da empresa, cos traballadores desta afiliados ao seu sindicato.

Inserir comunicados nos taboleiros de anuncios, previstos para tal efecto, que pudiesen interesar aos afiliados ao sindicato e aos traballadores do centro.

Os delegados sindicais, sempre que non formen parte do Comité de Empresa, disporán dun crédito de horas mensuais retribuídas, en iguais termos e contido que os considerados neste convenio.


Artigo Trixesimo Primeiro. Normas Supletorias. No non recollido no presente convenio, serán de aplicación as normas xerais legais, e en especial o III Convenio Colectivo Estatal da Madeira.

Disposicións Adicionais

Disposición Adicional Única

As partes asinantes deste convenio consideran o Acordo Interprofesional Galego sobre dos procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo como a canle idóneo para a solución dos conflictos colectivos laborais.


ANEXO I: Táboa salarial 2010

Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformación da Madeira da Provincia de Lugo

Salario base día

Anual

Grupo III

Encargado Xeral

35,76

15.198,00

Grupo IV

Encargado

33,18

14.101,50

Grupo V

Afilador de 1ª

30,82

13.098,50

Aserrador de 1ª

Conductor

Delineante de 2ª

Oficial administrativo

Profesional de oficio de 1ª

Profesional de oficio de 2ª

Oficial de mantemento

Grupo VI

Afilador de 2ª

28,24

12.002,00

Apilador

Aserrador de 2ª

Auxiliar administrativo

Axudante

Axudante de aserrador

Canteador

Capataz de especialistas

Conductor de 2ª

Mecánico de 2ª

Motoserrista

Especialista

Vendedor

Medidor

Grupo VII

Canteador

25,65

10.901,25

Apilador

Aserrador de serra

Cablista

Ordeanza

Mozo

Persoal de limpeza

Apéndice

Aprendiz

23,26

9.885,50

Contrato formación

Recadeiro


ANEXO II: Táboa salarial 2011

Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformación da Madeira da Provincia de Lugo

Salario base día

Anual

Grupo III

Encargado Xeral

37,65

16.001,25

Grupo IV

Encargado

35,06

14.900,50

Grupo V

Afilador de 1ª

32,24

13.702,00

Aserrador de 1ª

Conductor

Delineante de 2ª

Oficial administrativo

Profesional de oficio de 1ª

Profesional de oficio de 2ª

Oficial de mantemento

Grupo VI

Afilador de 2ª

29,65

12.601,25

Apilador

Aserrador de 2ª

Auxiliar administrativo

Axudante

Axudante de aserrador

Canteador

Capataz de especialistas

Conductor de 2ª

Mecánico de 2ª

Motoserrista

Especialista

Vendedor

Medidor

Grupo VII

Canteador

26,82

11.398,50

Apilador

Aserrador de serra

Cablista

Ordeanza

Mozo

Persoal de limpeza

Apéndice

Aprendiz

23,82

10.123,50

Contrato formación

Recadeiro


ANEXO III: Táboa salarial con efectos dende o 1 de xaneiro de 2012

Convenio Colectivo Provincial da Primeira Transformación da Madeira da Provincia de Lugo

Salario base día

Anual

Grupo III

Encargado Xeral

39,53

16.800,25

Grupo IV

Encargado

36,71

15.601,75

Grupo V

Afilador de 1ª

33,88

14.399,00

Aserrador de 1ª

Conductor

Delineante de 2ª

Oficial administrativo

Profesional de oficio de 1ª

Profesional de oficio de 2ª

Oficial de mantemento

Grupo VI

Afilador de 2ª

31,06

13.200,50

Apilador

Aserrador de 2ª

Auxiliar administrativo

Axudante

Axudante de aserrador

Canteador

Capataz de especialistas

Conductor de 2ª

Mecánico de 2ª

Motoserrista

Especialista

Vendedor

Medidor

Grupo VII

Canteador

28,24

12.002,00

Apilador

Aserrador de serra

Cablista

Ordeanza

Mozo

Persoal de limpeza

Apéndice

Aprendiz

23,82

10.123,50

Contrato formación

Recadeiro

Nota aclaratoria: a presente táboa salarial terá eficacia dende o 1 de xaneiro de 2012 como consecuencia do deslizamento ao que se fai referencia no artigo 12 do Convenio, aínda que non é a táboa salarial do ano 2012 ao estar pendente de negociación o Convenio con vixencia para este exercicio 2012.

R. 0517