Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Sec... de Coruña

Última revisión
01/11/2003

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1997

Tiempo de lectura: 12 min

Tiempo de lectura: 12 min

Resolución do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da carpintería de ribeira. (Diario Oficial de Galicia num. 22500 de 18/11/1996)

Preambulo

Visto o expediente do convenio colectivo da Carpintería de Riberia que tivo entrada nesta delegación provincail o día 12-9-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería de Ribeira, e, da parte social, por UGT, CC. OO. e CIG o día 2-8-1996 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás represnetacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 1996. Mª Reyes Carabel Pedreira Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para as empresas de carpintería de ribeira da provincia da Coruña

 

CAPÍTULO I Extensión. Ámbito funcional

 
Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de ámbito provincial, aplicándose ás empresas que, na provincia da Coruña, están dedicadas á actividade de carpintería de ribeira.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Regulará as relacións laborais entre os traballadores e as empresas incluídas no seu ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.

Este convenio negóciase ó abeiro do convenio sectorial da madeira de ámbito estatal e vixencia de cinco anos, que servirá como norma complementaria no que nel non estea previsto. (Resolución do 22 de abril de 1996 da Dirección Xeral de Traballo publicada no BOE do 20 de maio de 1996) .

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

As condicións económicas para 1997 e 1998 establécense segundo o previsto no convenio colectivo estatal da madeira, logo da reunión da comisión negociadora. As revisións económicas dos anos 1999 e 2000 negociaranse no ámbito provincial entre as partes ó inicio dos anos citados.

Artigo 5º.-Denuncia.

Establécese como día límite para a denuncia deste convenio o 31 de decembro do ano 2000.

CAPÍTULO II Melloras económicas

 
Artigo 6º.

Respectaránselle a tódolos traballadores as situacións laborais actualmente consolidadas no seu conxunto, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 7º.-Salarios.

Establécense como salarios mínimos para cada categoría profesional, os que se reflicten no anexo I.

Artigo 8º.-Plus de transporte.

Establécese como plus de transporte a cantidade de 14.292 ptas. mensuais para tódalas categorías.

Artigo 9º.-Antigüidade.

A partir do 31 de decembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos, quedando, polo tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen ou xeren antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade manterán a cantidade consolidada ata a data. A dita contía quedará recollida na nómina de cada traballador como complemento persoal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, non sendo absorbible nin compensable. As contías serán as que figuran para as distintas categorías nas táboas anexas, por cada cinco anos de servicio, ata o límite da indicada data do 31 de decembro de 1996.

Artigo 10º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas que non entreguen ós seus traballadores as ferramentas necesarias para os seus traballos e fosen propiedade destes, aboarán como compensación ó seu desgaste, 206 pesetas semanais para as categorías de oficiais e axudantes, e 137 pesetas, tamén semanais, para os aprendices.

Artigo 11º.-Vacacións.

Fíxanse as vacacións anuais en 30 días naturais para cada categoría profesional das establecidas no presente convenio, aboándose estas co medio da totalidade da retribución percibida durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, de acordo coa táboa salarial que figura no anexo, así como a antigüidade e mailo plus de transporte que lle correspondese de estar traballando.

Todo traballador que enferme ou sufra un accidente non laboral mentres estea desfrutando das súas vacacións terá dereito a que se lle concedan a posteriori tantos días de vacacións como días laborables tivo que perder a causa da enfermidade ou accidente non laboral, ata completarlle a totalidade dos períodos de vacacións. Para facer uso deste dereito, o traballador deberá presentarlle á empresa os partes de baixa e alta expedidos polo médico facultativo da Seguridade Social.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas: Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño. Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro. As pagas extras aboaranse a razón de trinta días de salario base e antigüidade consolidada.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias, conforme os criterios anteriores, no momento de realiza- la liquidación dos seus haberes.

Artigo 13º.-Accidente de traballo e enfermidade.

As empresas aboaranlles ós productores accidentados no traballo, a partir do primeiro día de accidente, a diferencia entre a prestación económica que percibirán da Seguridade Social e o salario líquido que lles corresponda de acordo coas táboas salariais.

En caso de enfermidade, a dita prestación aboarase a partir do décimo día da baixa. No caso de hospitalización, a prestación outorgarase desde o primeiro día desta.

Artigo 14º.-Roupa de traballo.

As empresas entregaranlles ós traballadores dúas fundas ou pezas de roupa de traballo, nos días 2 de xaneiro e 2 de xullo . Ó cabo do ano pasarán a ser propiedade do traballador.

Artigo 15º.

Ó persoal eventual que no momento do asinamento deste convenio teña contrato en vigor, respectaráselle o incremento do 30% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Para o persoal eventual que ingrese na empresa durante a vixencia deste convenio o incremento será do 20% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Ás gratificacións de marzo, xullo e Nadal, como así mesmo, á parte proporcional de vacacións, incrementarase as referidas porcentaxes.

Ó persoal eventual que no momento do asinamento do presente convenio estea percibindo a compensación do 30%, e por calquera causa, rematase a súa relación laboral ou iniciase unha relación nova como eventual, nun prazo inferior a 90 días, terá dereito a seguir percibindo o 30%.

Artigo 16º.-Plus de traballos molestos, penosos e toxicidade.

As empresas aboarán un plus do 30% sobre os salarios do anexo I pola execución dos traballos seguintes:

-Renovación das bancadas das caldeiras e máquinas de vapor, sen limitación de tonelaxe ou da súa potencia.

-Do interior ou pintado do interior de sentinas, calquera que sexa o material que se vaia empregar.

-Pintado do interior de tanques combustibles de auga, calquera que sexa o material que se vaia empregar nos ditos traballos. No pintado de neveiras con materia bitusmática, brea, alcatrán ou pinturas.

-Renovación das calzadas, rolos ou bancadas de motores Diesel de 100 CV.

-Calquera traballo que se realice a unha distancia máxima de tres metros de caldeiras encendidas.

-Nas praias, en ramplas, en varadoiros, onde o traballador deba ter parte do corpo mergullado na auga, aínda dispoñendo do calzado e roupas adecuadas.

-Nos traballos que se realicen nas neveiras ou frigoríficos, sempre que as súas temperaturas sexan inferiores a 10 graos ou manteñan xeo no seu interior.

-Estes traballos entenderanse sempre en reparación. -En concepto de toxicidade, este plus do 30% aboaranllo ós seus traballadores as empresas dedicadas á construcción ou reparación de embarcacións de plástico.

-Así mesmo, este plus do 30% aboarase nos traballos que se realicen nos fondos das embarcacións planas de proa a popa, tales como barcazas, mexilloeiras, gánguiles ou dragas, sempre que estes traballos se realicen a unha altura inferior dun metro cincuenta centímetros do solo onde se efectúen os ditos traballos.

-O dito plus será do 120% cando se trate de traballos nos mastros e velame, que teñan que realizarse a máis de 10 metros de altura na cuberta da nave.

CAPÍTULO III

 
Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 1.796 horas durante o ano 1996, nos anos sucesivos reducirase en catro horas ata quedar establecidas en 1.780 horas no ano 2000.

A xornada semanal con carácter xeral será de 40 horas. As empresas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán establecer xornadas semanais distintas, coas limitacións establecidas no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

As empresas quedarán obrigadas a confeccionar un calendario laboral que deberá especifica- las xornadas laborables e as horas de cada unha delas, ata completa- lo número de horas pactado. As reduccións de xornada para adaptalas ó cómputo anual, deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. O calendario laboral deberá ser exposto ós traballadores no taboleiro de anuncios do 31 de xaneiro de cada exercicio.

Artigo 18º.-Reserva do posto de traballo ós traballadores en situación de baixa por invalidez provisional.

Os traballadores fixos que cesasen nas súas respectivas empresas por pasar á situación de invalidez provisional, terán dereito ó seren declarados de novo aptos para o traballo, a seren integrados nos postos de traballo, que con carácter normal ocupaban nas empresas nas datas que causaron baixa.

Para o cumprimento do establecido no parágrafo anterior será preciso que o traballador o solicite da súa empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude para o traballo, quedando en virtude de certificación médica acreditativa de tal aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no termo dos quince días seguintes á data na que o traballador formulase a súa petición de reingreso.

Se o traballador non solicitase da empresa a reincorporación do seu posto de traballo, dentro do prazo que sinala o parágrafo anterior, entenderase que fai renuncia expresa do seu dereito á reincorporación, quedando a empresa liberada da obriga de reserva- la praza.

Aqueles traballadores que expresamente ingresen nas empresas para ocupa- la vacante temporal dos traballadores que pasasen á situación de invalidez provisional, terán a condición de interinos.

Artigo 19º.-Acción asistencial nas empresas- xubilación.

A todo o persoal da empresa que, levando como mínimo cinco anos de antigüidade nela e tendo cumprida a idade mínima para a pensión, solicite e obteña da mutualidade a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación a ela, consistente no importe dunha mensualidade da retribución asignada para a súa categoría profesional na táboa de salarios do presente convenio, incrementada cos aumentos por antigüidade.

Artigo 20º.-Axuda por falecemento.

En caso de falecemento dun traballador, debido a enfermidade común ou accidente laboral, as empresas completarán ata un mes a axuda por defunción que, con carácter xeral, establece o Decreto do 2 de marzo de 1955 e nas condicións e formas que establece o citado decreto.

Artigo 21º.-Comisión paritaria.

Estará formada polos señores:

-Parte empresarial: Domingo Lago Martínez Manuel Romero Senande Gerardo Triñanes Martínez

-Parte social: Ramón Calvo Romero (UGT) Ezequiel Cancela Martínez (CIG) Juan María García Blanco (CC. OO.)

Artigo 22º.-Melloras económicas.

As melloras económicas establecidas no presente convenio non poderán ser absorbidas durante a súa vixencia polas que voluntariamente veñan outorgando as empresas.

Artigo 23º.-Seguro de accidentes.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente, total ou morte por accidente, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións.

Por morte: 2.500.000 pesetas. Por invalidez total ou absoluta: 3.000.000 pesetas. As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros, non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cubran.

Convenio colectivo para as empresas de carpintería de ribeira da provincia da Coruña, 1996

Táboas salariais

Mes Día

Encargado 97.090 3.192

Oficial de primeira 93.318 3.068

Oficial de segunda 91.311 3.002

Axudante 85.258 2.803

Peón 83.646 2.750

Plus de transporte 14.292

Remuneración en cómputo anual

Encargado: 1.530.764.

Oficial de primeira: 1.477.956.

Oficial de segunda: 1.449.858.

Axudante: 1.365.116. Peón: 1.342.548.

Táboas antigüidade

Categorías 1 Quin. 2 Quin. 3 Quin. 4 Quin. 5 Quin. 6. Quin. 7 Quin.

Encargado 3.611 7.171 10.705 14.137 17.673 21.207 24.740

Oficial 1ª 3.470 6.889 10.282 13.574 16.974 20.361 23.753

Oficial 2ª 3.403 6.753 10.080 13.306 16.629 19.955 23.283

Axudante 3.191 6.332 9.448 12.460 15.575 18.689 21.804

Peón 3.064 6.075 9.063 11.945 14.933 17.919 21.503