Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
19/01/2009

Revision. Convenio Colectivo de Sector de COMERCIO DE LA PIEL (32000135011981) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001

Tiempo de lectura: 3 min

Tiempo de lectura: 3 min

Convenio colectivo do Comercio da Pel de Ourense (codigo de convenio n.º 3200135) (Boletín Oficial de Ourense num. 273 de 28/11/2001)

Preambulo

Unha vez visto o texto da acta da Comisión paritaria convenio colectivo do Comercio da Pel de Ourense (código de convenio n.º 3200135 - publicado no BOP número 138, do 18 de xuño de 2001), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de outubro de 2001, na que acordan a adaptación en euros das cantidades que se reflicten nas tábaoas salariais vixentes neste, subscrita o 30 de setembro de 2001 polos integrantes da Comisión paritaria do citado convenito, esta delegacion provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado mediante o Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, e Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósitos de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

Acorda:

Primeiro

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo obrante nesta delegación provincial, e notificárllelo ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro

Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 7 de novembro de 2001. O delegado provincial. Asdo.: José Lage Lage.

Reunida a Comisión paritaria do convenio colectivo do Comercio da Pel, acorda a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, quedan como segue:

Artigo 12.- Axudas de estudios.- Axuda mensual de 3,46 euros para os fillos dos traballadores que cursen BUP ou ensinanzas medias, e de 7,33 euros para estudios superiores. Aqueles traballadores que dende o ano 96 veñan percibindo, seguirano facendo ata que desapareza a causa que o motiva, e non se xerará a dita axuda para os que non a perciban ó atoparse xa incorporada ó salario.

Táboa salarial:

Xefe de división; 701,36 euros.

Encargado xeral e xefe de compras; 675,61 euros.

Xefe de sucursal ou almacén; 675,82 euros.

Xefe de sección mercantil; 650,25 euros.

Encargado; 637,48 euros.

Viaxante; 637,48 euros.

Dependente maior; 611,94 euros.

Dependente; 578,07 euros.

Axudante; 570,47 euros.

Mozo; 570,47 euros.

Xefe administrativo; 675,82 euros.

Contable; 638,14 euros.

Oficial administrativo; 611,94 euros.

Auxiliar administrativo; 570,47 euros.

Auxiliar de caixa maior; 578,08 euros.

Auxiliar de caixa; 441,79 euros.

Escaparatista; 668,16 euros.

Persoal de limpeza salario/hora; 4,01 euros.

E ó non haber máis asuntos que tratar, remata a sesión asinando a presente acta de acordo con tódolos asistentes.

Ourense, 22 de setembro de 2001.