Convenio Colectivo de Sec...Pontevedra

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de HOSTELERIA (36000765011982) de Pontevedra

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 1998

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Resolución do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de hostelería. (Diario Oficial de Galicia num. 13000 de 08/07/1998)

Preambulo

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de hostelería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-5-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Asociación Provincial de Hospedaje de Pontevedra e a Asociación Provincial de Salas de Fiesta, e da parte social, polas centrais sindicais UGT e CC. OO., o 15-4-1998, de conformidade co disposto no artigo 25 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-

Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-

Ordena-lo seu depósitoo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-

Dispoñe-la súa publicción no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de xuño de 1998. Antonio Coello Bufill Delegado provincial de Pontevedra

Convenio hostelería provincia Pontevedra Táboas salariais ano 1998.

Táboas 87+

Nivel 2.1% IPC 98 1 146.368 2 141.056 3 138.345 4 133.466 5 131.298 6 129.672 7 127.503 8 125.335 9 122.624 10 120.456 11 118.287 12 116.661 13 114.493 14 112.324 15 109.614 16 107.445 17 105.819

Nivel 2.1% IPC 98 18 103.108 19 101.482 20 99.314 21 97.145 22 94.977 23 92.266 24 90.098 25 88.472 26 85.760 27 53.245 28 68.609