Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
01/11/2003

Revision. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense

Sector Autonómico. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2001

Tiempo de lectura: 4 min

Tiempo de lectura: 4 min

Resolución do 28 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector do transporte de mercadorías por estrada de Ourense. (Diario Oficial de Galicia num. 75 de 18/04/2001)

Preambulo

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector transporte de mercadorías por estrada de Ourense (código de convenio 3200435, publicado no BOP nº 196, do 26 de agosto de 2000) , na que se acorda a revisión salarial do citado convenio, con entrada nesta delegación provincial o día 13- 2- 2001, subscrito con data 7- 2- 2001, dunha parte, pola Asociación Autónoma de Empresas de Transporte de Mercancías por Carretera (Apetamcor) e a Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías, Axencias de Transporte de Carga Complementaria e Fraccionada de Ourense (Aetrans) , en representación da parte empresarial, e doutra, polas centrais sindicais UGT, CC. OO., CIG e USO, en representación dos traballadores do sector, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro

Ordena- la inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordena- lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro

Dispoñe- la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de febreiro de 2001. José Lage Lage Delegado provincial de Ourense

ACTA DA COMISIÓN PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE OURENSE PARA OS ANOS 2000- 2001

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Apetamcor:

- Isabel Martínez Leboreiro.

- María Velo García.

- Ana Isabel Gallego Cambeiro.

Aetrans:

- Camilo Rodríguez Lemos.

- David Suárez Pérez.

Pola parte sindical:

UGT:

- José Antonio Gómez Gómez.

- Serafín Alonso Álvarez.

CC. OO: Amador González Pumar.

CIG: Carlos Vázquez Castro.

USO: Mª Asunción de la Fuente Fernández.

En Ourense, sendo as 19 horas do día 7 de febreiro de 2001, reúnense os membros de comisión paritaria do convenio colectivo do sector de transportes de mercadoría por estrada da provincia de Ourense, para os anos 2000 e 2001 para actualizaren os salarios para o segundo ano de vixencia do convenio.

A representante empresarial sinala que segundo o establecido no artigo 12 do convenio colectivo de transportes de mercadoría por estrada da provincia de Ourense, para o segundo ano de vixencia, é dicir, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2001, aplicarase un incremento salarial equivalente ó IPC real do 31 de decembro de 2000.

Considerando que o IPC do 31 de decembro de 2000 foi do 4%, procede incrementar nesta porcentaxe as táboas salariais e as axudas de custo.

Tendo en conta isto chégase ós seguintes acordos:

1. Modificación do artigo 23º do convenio colectivo, actualizando a contía das axudas de custo.

Artigo 23º.- Axudas de custo. As axudas de custo que haberá que satisfacer ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidade de servicio serán:

- 3.640 pesetas por día dentro de Galicia.

- 4.680 pesetas por día no resto de España e Portugal.

- 6.760 pesetas por día no resto de Europa.

Alternativamente poderase fixar, se así o ten establecido a empresa, o sistema de gastos para xustificar.

2. Modificación da táboa salarial, incrementando a súa contía nun 4%.

ANEXO

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le- los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

Esta revisión salarial é asinada polas centrais sindicais UGT, CC. OO., CIG e USO, en representación da parte social e pola Asociación Autónoma de Empresas de Transporte de Mercancías por Carretera (Apetamcor) e aAsociación de Transporte de Carga Complementaria y Fraccionada de Ourense (Aetrans) en representación da parte empresarial.

E, sen máis puntos que tratar, levántase a sesión cando son as 19.30 horas no lugar e data indicados no encabezamento, levantándose para o efecto esta acta, que en proba de conformidade asinan os presentes por exemplar sextuplicado.