Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense
Convenios
Convenio Colectivo de Sec...de Ourense

Última revisión
25/02/2008

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA (32000435011990) de Ourense

Sector Provincial. Versión anterior. NO VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2008

Tiempo de lectura: 17 min

Tiempo de lectura: 17 min

Convenio colectivo provincial de transportes de mercadorias por estrada da provincia de Ourense, anos 2008-2009. Codigo de convenio n.º 3200435 (Boletín Oficial de Ourense num. 45 de 23/02/2008)

Preambulo

Unha vez visto o texto do Convenio colectivo provincial de transportes de mercadorías por estrada da provincia de Ourense, anos 2008- 2009, (código de convenio n.º 3200435) subscrito o día 17 de decembro de 2007, dunha parte, en representación da parte empresarial, polos representantes da Asociación Autónoma de Empresas de Transportes de Mercancías por Carretera (APETAMCOR) e a Asociación de Empresarios de Transportes de Mercancías, Agencias de Transporte de Carga Completa y Fraccionada de Ourense (AETRANS), e doutra, en representación dos traballadores/as do sector, polo representante da central sindical Unión Xeral de Traballadores (UXT), e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial acorda:

Primeiro.- Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.- Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 28 de xaneiro de 2008. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

Convenio colectivo provincial de transportes de mercancías por estrada da provincia de Ourense, anos 2008 e 2009

Primeiro

Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta Delegación Provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro

Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 28 de xaneiro de 2008. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE TRANSPORTES DE MERCANCÍAS POR ESTRADA DA PROVINCIA DE OURENSE, ANOS 2008 E 2009

 
Artigo 1.- Ámbito territorial e funcional.

Este convenio será de aplicación en toda a provincia de Ourense, para tódalas empresas e o seu persoal laboral encadradas nos seguintes apartados do Acordo xeral para empresas de transporte de mercancías por estrada e os seus grupos ou categorías profesionais correspondentes:

a) Operadores de transporte

b) Transporte de mercancías

c) Transporte de mobles e mudanzas.

As normas contidas neste convenio afectan a tódolos traballadores fixos, eventuais ou temporais de calquera clase que desempeñen as súas funcións nas empresas encadradas nos apartados citados. Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados para traballos específicos que non tendo o carácter de fixos, interinos, eventuais ou temporais realicen o seu traballo baseado na aceptación de minutas ou orzamento.

Artigo 2.- Vixencia e duración.

Este convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día 1 de xaneiro de 2008, estendendo a súa duración ata o 31 de decembro de 2009. Non obstante, o convenio prorrogarase tacitamente se non é denunciado por algunha das partes con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia.

Artigo 3.- Comisión paritaria e AGA.

Crearase unha comisión paritaria como órgano interpretativo para a vixilancia e cumprimento do convido, integrada por cinco membros de cada unha das partes asinantes deste convenio.

A comisión paritaria, como órgano interpretativo para a vixilancia e cumprimento do convenio, estará integrada por cinco membros de cada unha das partes asinantes deste convenio. Serán funcións específicas da comisión mixta as seguintes:

a) Interpretación do convenio

b) Vixilancia do cumprimento do convenio

c) Establecemento de procedementos para solucionalas discrepancias no seo da propia comisión

d) Establecemento de procedementos voluntarios de solución de conflitos colectivos, concretamente ámbalas dúas partes acordan someterse ás disposicións contidas no AGA, Acordo Interprofesional Galego, sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo.

Artigo 4.- Compensación e absorción.

Tódalas melloras económicas e de traballo que se implantan en virtude deste convenio serán compensables e absorbibles, en cómputo anual e ata onde alcancen, con todas aquelas melloras voluntarias que teñan concedidas as empresas, tanto se son pagadas en metálico como en especie. Sen prexuízo da facultade de amplialas melloras establecidas neste convenio, as empresas que aboen ó seu persoal salarios superiores ós esixidos regulamentariamente non estarán obrigadas a aplicalas elevacións que se fixen nestas estipulacións, salvo na contía necesaria para suplilas diferenzas.

As disposicións legais futuras que impliquen variación económica dalgún ou de tódolos conceptos retributivos unicamente terán eficacia práctica se, globalmente considerados e sumados ós vixentes con anterioridade ó convenio, superaran o nivel deste. No caso contrario, consideraranse absorbidas polas melloras pactadas.

Artigo 5.- Período de proba.

A duración máxima do período de proba, que deberá concertarse por escrito, será de 6 meses para os técnicos titulados e de 2 meses para os restantes traballadores.

Artigo 6.- Ceses voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servizo á empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento desta, para cumprilos seguintes prazos de aviso previo:

- Persoal titulado: 2 meses.

- Persoal técnico non titulado e administrativo: 1 mes.

- Persoal subalterno, aprendices e peóns: 15 días.

O incumprimento da obrigación de aviso previo coa referida antelación dará dereito á empresa a descontar da liquidación do traballador unha contía equivalente ó importe do seu salario diario por cada día de retraso no aviso.

Artigo 7.- Contrato para a formación laboral.

Debido ás necesidades de cualificación dos traballadores do sector e do acordo co establecido no apartado c), do parágrafo segundo, do artigo 11 do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, a duración máxima dos contratos de formación laboral realizados ós traballadores afectados por este convenio será de tres anos.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós contratos asinados a partir da entrada en vigor deste convenio como ós xa vixentes con anterioridade.

Os traballadores contratados nesta modalidade recibirán, durante o primeiro ano de vixencia do contrato, as retribucións establecidas pola lexislación vixente, e o tempo restante pasarán a percibilo salario da categoría profesional á que estiveran adscritos.

Artigo 8.- Contrato eventual por circunstancias da produción.

De acordo co previsto no artigo 15, 1, b) do Estatuto dos traballadores e atendendo ás especiais circunstancias do sector, a duración máxima do contrato eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos será de 12 meses nun período de 18.

A dita duración máxima será aplicable tanto ós contratos asinados a partir da entrada en vigor deste convenio como ós xa vixentes con anterioridade.

Artigo 9.- Contratación indefinida.

Durante a vixencia deste convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que foran concertados con carácter temporal ou por tempo determinado, acolleranse ó disposto no apartado b), parágrafo 2º, da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida, pola que os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 10.- Xornada laboral.

A xornada laboral será a imposta pola Comunidade Económica Europea, recollida nos regulamentos da CEE, números 3.820/85 e 3.821/85. No non previsto neste artigo ateranse ó disposto no Acordo xeral para as empresas de transportes de mercancías por estrada (BOE do 29 de xaneiro de 1998) e no Real decreto 1561/1995.

Artigo 11.- Licenzas.

Concederanse de acordo co establecido nas disposicións legais e serán:

a) 15 Días naturais en caso de casamento

b) 2 Días en caso de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual

d) Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado estarase ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

e) Os traballadores, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións de media hora. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal a unha hora coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser gozado indistintamente polo pai ou a nai no caso de que ambos traballen.

f) Os que por razóns de garda legal teñan ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico ou sensorial que non desempeñe outra actividade retribuída, terán dereito a unha redución da xornada de traballo coa diminución proporcional do salario entre un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

g) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Artigo 12.- Salario.

A táboa salarial será a que figura no anexo I deste convenio e estará formada polo salario base mensual, gratificación de actividade e gratificación de transporte. En 2009 o salario base e a gratificación de actividade incrementarase na cantidade que resulte de aplicar ós salarios de 2008 o IPC real a 31 de decembro máis o 1,50%.

Artigo 13.- Antigüidade.

Este convenio colectivo non inclúe, dentro da súa estrutura salarial, o complemento de antigüidade, polo tanto, a configuración deste complemento queda establecida do modo seguinte:

Os traballadores contratados a partir do 1 de agosto de 2000 non xeran aumentos periódicos polo concepto de antigüidade. Tampouco xeran incrementos periódicos por antigüidade aqueles que, aínda que foran contratados nun momento anterior, non a tiveran adquirido o 1 de agosto de 2000.

Aqueles traballadores que na data de entrada en vigor deste convenio viñeran cobrando algunha cantidade en concepto de antigüidade, manterana conxelada para anos sucesivos, como complemento "ad personam", percibíndose en columna salarial independente e non sendo compensable nin absorbible con ningún outro incremento do convenio.

Artigo 14.- Gratificación de actividade.

Tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio percibirán, en concepto de gratificación de actividade, a cantidade mensual que de acordo coa súa categoría profesional se fixa na táboa salarial incluída no anexo I.

Artigo 15.- Gratificación de transporte.

Tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio percibirán en concepto de gratificación de transporte a cantidade de 40,00 euros mensuais, de acordo co que se establece a táboa salarial incluída no anexo I. Esta cantidade non será incrementada no segundo ano de vixencia do convenio.

Artigo 16.- Pagas extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias de 30 días de salario base e antigüidade consolidada, denominadas paga extraordinaria de xullo, paga extraordinaria de Nadal e paga de beneficios ou paga de marzo.

A paga extraordinaria de xullo farase efectiva dentro do mes de xullo, de acordo cos salarios vixentes o 30 de xuño inmediatamente anterior. A paga extraordinaria de Nadal farase efectiva antes do 22 de decembro de acordo cos salarios vixentes o 30 de novembro inmediatamente anterior. Ámbalas dúas pagas poderán ser rateadas de mutuo acordo entre a empresa e o traballador.

A paga de beneficios ou paga de marzo renderase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro de cada ano, facéndose efectiva antes do día 15 de marzo do ano seguinte. Esta paga poderá ser rateada naquelas empresas nas que ata a data o viñeran efectuando ó longo do ano.

Artigo 17.- Traballos de categoría superior.

Se por conveniencia da empresa se destina a un produtor a traballos de categoría superior á que teña atribuída durante un período superior a seis meses nun ano ou a oito durante dous anos, o traballador poderá reclamalo ascenso, ou, en calquera caso, a cobertura da vacante. Durante o tempo de prestación do servizo o traballador percibirá a retribución da categoría á que circunstancialmente queda adscrito.

Artigo 18.- Traballos de categoría inferior.

Se por conveniencia da empresa se destina a un produtor a traballos de categoría inferior a aquela na que estea adscrito, isto só poderá ser posible pola existencia de necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade produtiva e a mobilidade non poderá prexudicala súa formación profesional. Durante o dito período o produtor conservará o xornal correspondente a súa categoría.

Artigo 19.- Persoal con capacidade diminuída.

As empresas deberán acomodalo persoal que tivese diminuída a súa capacidade pola idade e outras circunstancias antes da súa xubilación ou retiro, destinándose a outros traballos adecuados ás súas condicións, sempre que exista praza vacante. O persoal acollido a esta situación non excederá do cinco por cento do total da categoría respectiva.

Artigo 20.- Horas extraordinarias.

Estarase ó disposto en cada momento sobre réxime de horas extraordinarias no sector do transporte.

Artigo 21.- Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano, destes polo menos 15 días sen interrupción, podendo, non obstante, e a petición do traballador, pactarse coa empresa a forma do seu goce, trala audiencia previa neste caso do Comité de Empresa ou Delegado de Persoal. O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle corresponden dous meses antes, polo menos, do comezo delas.

Artigo 22.- Festividade de Noiteboa.

Todo o persoal que traballe o día 24 e 31 de decembro a partir das 21: 00 horas e ata as 6: 00 da mañá do día seguinte percibirá por este día o seu salario normal incrementado no 200 por cen.

Artigo 23.- Axudas de custo.

As axudas de custo para satisfacer ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidade do servizo serán:

- 30,00 Euros por día dentro de Galicia.

- 35,00 Euros por día no resto de España e Portugal.

- 46,00 Euros por día no resto de Europa. Alternativamente poderá fixarse, se así o ten establecido a empresa, o sistema de gastos para xustificar.

Artigo 24.- Póliza de seguros.

As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste convenio establecerán para tódolos traballadores unha póliza de seguros de morte e incapacidade permanente por accidente de traballo que garanta ós seus traballadores 20.030,00 euros, en caso de morte, e 26.040,00 euros, en caso de incapacidade permanente. As empresas que á data da publicación deste convenio non dispoñan de póliza de seguro deberán subscribila no prazo máximo de 30 días contados a partir da súa publicación no BOP. As empresas que xa dispoñan de póliza de seguro a favor dos seus traballadores deberán actualizala cobertura desta ás contías anteriormente citadas no prazo de 60 días contados a partir da súa publicación no BOP.

Artigo 25.- Carné de conducir.

Os condutores que como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta dela, se lles retire o carné de conducir por tempo non superior a 6 meses, serán asignados durante este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servizos dos que dispoña a empresa, e seguirá percibindo o salario correspondente a súa categoría.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos casos de reincidencia dentro da vixencia do convenio, quedando excluídos deste beneficio os condutores privados do carné de conducir a consecuencia do consumo de drogas ou inxestión de bebidas alcohólicas, así como os casos nos que a privación do per miso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir allea á empresa ou como consecuencia da comisión de delitos dolosos.

Artigo 26.- Incapacidade temporal.

No suposto de IT derivada de enfermidade común, a empresa completará a partir do vixésimo día e durante un período máximo de dous meses a percepción do cen por cen do salario base establecido nas táboas que figuran no anexo I deste convenio. E no caso de accidente laboral, a percepción será dende o primeiro día ata un período máximo de tres meses, completando a empresa ata o 100 por 100 do salario base establecido nas táboas que figuran no anexo deste convenio. O complemento a que se refire o parágrafo anterior só poderá percibirse unha vez ó ano.

Artigo 27.- Muller traballadora.

Respectarase no seu traballo o disposto na Lei 39/1999, do 5 de novembro, sobre a conciliación da vida laboral e familiar.

Artigo 28.- Prendas de traballo.

As empresas porán a disposición do persoal, luvas para manipular ferro, materias e obxectos que requiran a protección das mans e proverá ós que efectúen traballos á intemperie, de roupas de auga e botas adecuadas.

É obrigación da empresa facilitar ós traballadores de movemento dúas prendas de traballo idóneas para o desempeño do seu cometido e a súa reposición no momento que sexa necesario. As citadas prendas cumprirán as condicións esixidas na Lei 31/1995 sobre prevención de riscos laborais.

Artigo 29.- Garantías sindicais.

Recoñécense as garantías sindicais conforme co establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

DISPOSICIONS FINAIS

 
Disposición final primeira.

No non previsto neste convenio estarase ó que determina o Acordo xeral para as empresas de transporte de mercancías por estrada, publicado no BOE, do 29 de xaneiro de 1998, e no Estatuto dos traballadores.

Disposición final segunda.

Este convenio fírmano UXT, en representación da parte social e la Asociación Autónoma de Empresas de Transportes de Mercancías por Estrada (APETAMCOR) e a Asociación de Empresarios de Transportes de Mercancías, Axencias de Transporte de Carga Completa e Fraccionada de Ourense (AETRANS) en representación da parte empresarial.

Anexo I

Táboas salariais (2008)

Categoría; salario base; gratificación de actividade; gratificación de transporte

Condutor; 665,00 €; 90,00 €; 40,00 €

Mecánico; 665,00 €; 90,00 €; 40,00 €

Condutor-repartidor; 665,00 €; 90,00 €; 40,00 €

Mozo de taller; 605,00 €; 40,00 €; 40,00 €

Mozo de almacén; 605,00 €; 40,00 €; 40,00 €

Administrativo; 605,00 €; 40,00 €; 40,00 €

Copyright © 2008 Iberley Información Legal S.L.