Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de AYUNTAMIENTO DE CORISTANCO. PERSONAL LABORAL Y FUNCIONARIO de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 28 de Enero de 2016 en adelante

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Modificacion/Interpretacion Dias adicionais por antiguidade 28/01/2016 Boletín Oficial de A Coruña 28/01/2016 Documento oficial en PDF

Dias adicionais por antiguidade (Boletín Oficial de A Coruña núm. 18 de 28/01/2016)

'5.- REGULACIÓN DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS E ASUNTOS PROPIOS POR ANTIGÜIDADE DO PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL.

Primeiro: Permiso por asuntos particulares por antigüidade

O persoal laboral e funcionario dependente do Concello de Coristanco, terán dereito ao gozo de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo.

Os días por asuntos particulares poderán acumularse aos días de vacacións que se poden gozar de forma independente.

Segundo: Días adicionais de vacacións por antigüidade

O persoal laboral e funcionario dependente do Concello de Coristanco, terá dereito e gozo dos seguintes días das vacacións anuais, ao completar os anos de antigüidade que a seguir se indican:

Quince anos de servizo: vinte e tres días hábiles.

Vinte anos de servizo: vinte e catro días hábiles.

Vinte cinco anos de servizo: vinte e cinco días hábiles.

Trinta ou máis anos de servizo: vinte e seis días hábiles.

Terceiro: Período de desfrute

Os días referidos ao permiso por asuntos particulares por antigüidade e os días adicionais de vacacións por antigüidade, correspondentes ao ano 2015, poderán gozarse ata o día 30 de abril de 2016'.

Coristanco, 11 de xaneiro de 2016

O alcalde

Amancio Lavandeira Suárez.

2016/212