Convenio Colectivo de Emp...AL de Lugo

Última revisión
24/07/2012

C. Colectivo. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE BARREIROS. PERSOAL LABORAL de Lugo

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 24 de Julio de 2012 en adelante

Tiempo de lectura: 105 min

Tiempo de lectura: 105 min

Convenio Colectivo
Tipo:
C. Colectivo
F. Publicación:
2012-07-24
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2012-07-24
Convenio afectado por
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2019-06-21
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2019-04-30
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2017-01-27
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2016-12-29
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2016-07-28
Boletín:
Boletín Oficial de Lugo
F. Vigor:
2016-07-28
Documento oficial en PDF(Páginas 1-35)

Convenio colectivo para o persoal laboral do concello de barreiros, da provincia de Lugo (Boletín Oficial de Lugo num. 170 de 24/07/2012)

Preambulo

Visto o texto do convenio colectivo para o PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE BARREIROS, da provincia de Lugo, asinado o día 8 de xuño de 2012, por parte do Concello, o Sr. Alcalde-Presidente e pola parte social o comité de empresa, delegada sindical de UXT, CCOO e UXT e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Xefatura Territorial, ACORDA:

PRIMEIRO: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Xefatura, así como o seu depósito.

SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Lugo, 12 de xullo de 2012.

- Xefa do servizo de Relacións Laborais, Matilde I. Alonso da Cunha

CONVENIO COLECTIVO PARA A REGULACIÓN DAS CONDICIÓNS LABORAIS E DE EMPREGO DO PERSOAL LABORAL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DO CONCELLO DE BARREIROS (LUGO)

ÍNDICE

BASE I.- Disposicións Xerais

Artículo 1. 1.

Representación e lexitimidade

Artículo 1. 2.

Ámbito territorial

Artículo 1. 3.

Ámbito funcional

Artículo 1. 4.

Ámbito persoal

Artículo 1. 5.

Ámbito temporal, vixencia e denuncia

Artículo 1. 6.

Obxecto

Artículo 1. 7.

Carácter

Artículo 1. 8.

Condicións máis beneficiosas

Artículo 1. 9.

Irrenunciabilidade

Artículo 1. 10.

Aplicación favorable

Artículo 1. 11.

Aplicación directa

Artículo 1. 12.

Publicidade do Convenio Colectivo

Artículo 1. 13.

Conflitividade laboral

BASE II.- Autonomía Local

Artículo 2. 1.

Autonomía local.

BASE III.- Seguimento e Control

Artículo 3. 1.

Comisión Paritaria do Concello de Barreiros (Lugo).

BASE IV.- Negociación Colectiva

Artículo 4. 1.

Do dereito á negociación colectiva.

Artículo 4. 2.

Mesa Xeral de Negociación

Artículo 4. 3.

Obxecto da negociación

Artículo 4. 4.

Principio de boa fe

BASE V.- Dereitos e Deberes

Artículo 5. 1.

Dereitos e deberes.

BASE VI.- Calidade dos servicio e absentismo laboral

Artículo 6. 1.

Calidade dos servizos e absentismo laboral.

BASE VII.- Solución extraxudicial de conflictos colectivos

Artículo 7. 1.

Solución extraxudicial de conflitos colectivos.

BASE VIII.- Asistencia e permanencia no traballo

Artículo 8. 1.

Calendario Laboral

Artículo 8. 2.

Calendarios de servizos especiais

Artículo 8. 3.

Xornada Laboral

Artículo 8.3.1.- Tipos de xornada

8.3.1.1.- Xornada ordinaria.

8.3.1.2.- Xornada partida.

8.3.1.3.- Xornada nocturna.

8.3.1.4.- Xornada especial.

Artículo 8.3.2.- Horarios especiais con reducción de xornada.

Artículo 8.3.3.- Tempo de traballo efectivo.

Artículo 8.3.4.- Servizos extraordinarios fora da xornada laboral.

Artículo 8.3.5.- Réxime de especial dedicación.

Artículo 8.3.6.- Traballo en período nocturno e festivo.

Artículo 8.3.7.- Pausa mínima entre cada xornada.

Artículo 8.3.8.- Descanso mínimo semanal.

Artículo 8. 4.

Vacacións anuais, permisos e licencias.

Artículo 8.4.1.- Vacacións anuais.

Artículo 8.4.2.- Permisos.

Artículo 8.4.3.- Licencias.

Artículo 8. 5.

Concreción do cómputo dos permisos e licencias

Artículo 8. 6.

Excedencia por coidado de fillos

Artículo 8. 7- Incapacidade Temporal

BASE IX.

SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA, PROVISIÓN DE POSTOS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS.

Artículo 9. 1.

Oferta de Emprego Público

Artículo 9. 2.

Principios xerais de acceso

Artículo 9. 3.

Proceso selectivo

Artículo 9. 4.

Selección do persoal laboral temporal

Artículo 9. 5.

Promoción Interna

Artículo 9. 6.

Sistemas de Promoción

Artículo 9. 7.

Promoción do persoal laboral fixo

Artículo 9. 8.

Relacións de postos de traballo

Artículo 9. 9.

Provisión de postos de traballo

Artículo 9. 10.

Mobilidade entre Administracións Públicas

Artículo 9. 11.

Segunda actividade

Artículo 9. 12.

Incompatibilidades

Artículo 9. 13.

Situacións administrativas

Artículo 9. 14.

Uso da lingua galega

BASE X.- Sistema retributivo

Artículo 10. 1.

Estrutura retributiva

Artículo 10.1.1.- Retribucións básicas.

Artículo 10.1.2.- Retribucións complementarias.

Artículo 10. 2.

Homoxeneización do complemento de destino

Artículo 10. 3.

Complementos específicos

Artículo 10. 4.

Complemento de produtividade

Artículo 10. 5.

Gratificacións

Artículo 10. 6.

Indemnizacións por razóns de servizo

Artículo 10.6.1.- Gastos de desprazamento.

Artículo 10.6.2.- Indemnización por asistencia.

Artículo 10.6.3.- Axudas de custo.

Artículo 10.6.4.- Indemnización especial.

Artículo 10. 7.

Gratificación especial

Artículo 10. 8.

Nómina

BASE XI.- Acción Social

Artículo 11. 1.

Constitución dun Fondo Social.

Artículo 11. 2.

Anticipos.

Artículo 11. 3.

Asistencia xurídica.

Artículo 11. 4.

Seguros.

BASE XII.- Réxime disciplinario

Artículo 12. 1.

Réxime disciplinario.

BASE XIII.- Consolidación de emprego temporal e procesos de funcionarización

Artículo 13. 1.

Consolidación de emprego temporal.

Artículo 13. 2.

Procesos de funcionarización.

BASE XIV.- Formación NA ADMINISTRACIÓN LOCAL

Artículo 14. 1.

Obxectivos.

Artículo 14. 2.

A Mesa de Formación Continua.

Artículo 14. 3.

Os Plans de Formación. Contido.

Artículo 14. 4.

Carácter dos Plans de Formación.

Artículo 14. 5.

Detección de necesidades, análise e avaliación dos Plans.

Artículo 14. 6.

Acceso ós Plans de Formación.

BASE XV.- PLAN DE IGUALDADE

Artículo 15. 1.

Medidas que promoven a igualdade (Plan de igualdade).

Artículo 15. 2.

Obxectivos.

BASE XVI.- Saúde e Seguridade.

Artículo 16. 1.

Introdución.

Artículo 16. 2.

Servizos de Prevención.

Artículo 16. 3.

Consulta e participación.

Artículo 16. 4.

Comité de Seguridade e Saúde.

Artículo 16. 5.

Delegados de Prevención.

Artículo 16. 6.

Roupa de Traballo

BASE XVII.- Dereitos e Garantías Sindicais

Artículo 17. 1.

Principio Xeral.

Artículo 17. 2.

Garantías e facultades dos representantes dos traballadores.

Artículo 17. 3.

Capacidade.

Artículo 17. 4.

Competencias.

Artículo 17. 5.

Exercicio do dereito de reunión ou asemblea. Requisitos.

CLÁUSULAS ADICIONAIS

CLÁUSULA MODIFICATORIA CLÁUSULA DEROGATORIA

ANEXO I. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS.

A normativa vixente que regula as condicións de traballo dos empregados/as ao servizo da administración local galega caracterízase principalmente pola variedade de convenios propios ou de sector ou ausencia de regulación específica, no caso de boa parte do persoal sometido ao réxime laboral.

Deste xeito, na administración local galega configúrase na actualidade un marco de relacións laborais totalmente incardinado entre as distintas entidades locais e mesmo totalmente diferentes en función da natureza do vinculo contractual de que se trate (persoal estatutario ou laboral).

Conscientes desta realidade, que está a xerar non poucos problemas no momento de poñer en práctica procesos de xestión de recursos humanos nas entidades locais galegas, en aras da mellora na organización e na prestación dos servizos públicos locais, a Administración Local do Concello de Barreiros (Lugo) e os sindicatos mais representativos, prantexaronse recompilar nunha regulamentación única con carácter de mínimos, as condicións de traballo e de emprego do persoal local.

As partes concertantes basean esta actuación no carácter representativo do Concello de Barreiros e dos sindicatos mais representativos respecto do persoal, e na lexitimidade que lle outorga a lexislación básica que regula os dereitos de participación e negociación das condicións de traballo dos empregados/as públicos (Lei 9/87, de 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ao servizo das administracións públicas e Real Decreto Lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores), lexitimidade que emana directamente do dereito constitucional á negociación colectiva (artigos 28 e 37).

O obxectivo do presente Convenio Colectivo non é outro que o da regulación das condicións de emprego do conxunto do persoal laboral da administración local do Concello de Barreiros cunha única regulación válida.

Polo tanto, o Convenio Colectivo regula os aspectos básicos das condicións de emprego tales como o ingreso, promoción, provisión de postos, retribucións, dereitos sindicais, réxime disciplinario, prestación de servizos, tomando como antecedente de referencia o Acordo da FEGAMP - sindicatos e o Acordo Estatal FEMP - sindicatos sobre condicións de traballo na función pública local, que a día de hoxe está aínda por aplicar ou desenvolver en boa parte das administracións locais galegas.

Na mesma liña de homoxeneizar as condicións de traballo dos empregados públicos locais, as partes asinantes coinciden na necesidade de continuar desenvolvendo procesos formativos comúns ás entidades locais galegas, que permitan paralelamente equiparar tamén -na medida do posiblea cualificación e preparación técnica de todos/as os/as traballadores/as, o que sen dúbida redundará na mellora na calidade dos servizos prestados aos cidadáns. Neste sentido potenciarase a elaboración de Plans de Formación agrupados.

Non cabe dúbida que este acordo permitirá axilizar os procesos de negociación nos distintos ámbitos e facilitar a tarefa de redacción e elaboración de documentos, sen prexuízo da concreción que proceda determinar en cada caso en función das características específicas de cada entidade local, e partindo do principio do respecto polas condicións de traballo máis beneficiosas establecidas ou que se pretendan establecer en calquera ámbito concreto.

Por todo isto e de conformidade co disposto nas leis e normativa legal aplicable, as partes negociadoras acordan a subscrición da proposta de Convenio Colectivo das condicións de emprego do persoal laboral ao servizo da administración local do Concello de Barreiros, facendo constar que ámbalas partes, Administración Local e Sindicatos, consideran necesaria a elaboración dunha Lei Marco ou Estatuto que regule o sector, en aras dunha homoxeneización máis xusta. Por iso entenden o presente documento como un Convenio de mínimos, que se formula nas seguintes bases articuladas.

O presente Convenio Colectivo adáptase a lexislación existente antes mencionada e concretamente ao establecido na vixente Lei 9/2003, do 23 de Decembro, de medidas tributarias e administrativas, modificacións que teñen carácter de lexislación básica, así como no establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega de igualdade entre homes e mulleres (DOG nº 149 - Martes, 3 de agosto de 2004). Por tratarse do persoal laboral, a lei básica na que se deberá apoiar este convenio é o Estatuto dos Traballadores e Traballadoras.

Todo o texto do convenio deberá rexerse polo principio de igualdade e a tutela contra a discriminación, tendo en conta o groso da Lei 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres (BOE do 23 de marzo).

En concreto, teranse en conta os seguintes apartados da mesma.

TÍTULO I: (art.5) igualdade de trato e de oportunidades (..) nas condicións de traballo; TÍTULO II (art.33); no art. 48: medidas específicas para previr o acoso sexual e o acoso por razón de sexo no traballo; TÍTULO V: o principio de igualdade no emprego público, no cap. I (art. 51): criterios de actuación das Admóns. Públicas. No tocante a temas de conciliación, o TÍTULO IV (cap. II: Igualdade e conciliación). Tamén se reflicte este tema na Disposición Adicional Décimo Primeira: Modificacións do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores/as, a cal recolle as melloras dalgúns dos dereitos dos traballadores/as en materia de permisos, excedencias, licenzas,..

BASE I.- DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.1.- Representación e lexitimidade.

As partes que concertan este Convenio Colectivo das condicións laborais e de emprego do persoal laboral do Concello de Barreiros son a Administración Local do Concello de Barreiros e a Central Sindical Comisións Obreiras (CCOO) e Unión Xeral de Traballadores (UXT), constituídos en Mesa Xeral de Negociación da Administración Local deste concello, ao abeiro do establecido na Lei 9/87 de Órganos de Representación na Administración e Real Decreto 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 1.2.- Ámbito territorial.

Este Convenio Colectivo será de aplicación no Concello de Barreiros, trala negociación colectiva no seu ámbito respectivo.

Artigo 1.3.- Ámbito funcional.

Inclúense expresa e exclusivamente a administración do Concello de Barreiros.

Artigo 1.4.- Ámbito persoal.

O Convenio Colectivo será de aplicación ao persoal laboral da Administración Local do Concello de Barreiros, independentemente da duración e tipo de contrato, en todo aquilo que non se opoña á norma específica que ampare a súa adscrición.

Artigo 1.5.- Ámbito temporal, vixencia e denuncia.

1.- O Convenio Colectivo entrará en vigor o día en que apareza publicado no BOP, en todos ou algúns do seus térmenos, abarcando o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2013, data na que entenderase prorrogado por anos naturais de non existir denuncia dalgunha das partes, ata a entrada en vigor do novo Convenio Colectivo que substitúa ó anterior trala oportuna negociación.

2.- Ámbalas partes conveñen que o Convenio Colectivo se considerará denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de inicia-las negociacións e deliberacións do novo acordo en data non posterior a un mes contado a partir da data de denuncia.

Artigo 1.6.- Obxecto.

O Convenio Colectivo regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de traballo do persoal laboral da Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros.

Artigo 1.7.- Carácter.

O presente Convenio Colectivo entenderase como de mínimos, pretende ter un carácter mínimo e necesario para tódolos efectos no sentido de que as condicións pactadas neste constitúen un todo orgánico.

Artigo 1.8.- Condicións máis beneficiosas.

Manteranse a nivel de entidades concretas ou persoas determinadas, condicións que superen ó Convenio Colectivo e estean recoñecidas con anterioridade a este, respectando en todo caso os principios de condicións máis beneficiosas.

As condicións do presente Convenio teñen carácter supletorio da normativa vixente nesta materia. En todos caso as melloras establecidas ou que se establezan noutras administracións de calquera rango que afecten no seu ámbito ao persoal das Administracións Locais, serán de aplicación ao persoal do Concello de Barreiros, consonte ó principio de norma máis favorable ou condición mais beneficiosa. Artigo 1.9.- Irrenunciabilidade.

Terase por nula e por non feita, a renuncia por parte dos traballadores, de calquera beneficio establecido no Convenio Colectivo.

Artigo 1.10.- Aplicación favorable.

Como norma xeral unha vez aplicado o Convenio Colectivo, tódalas condicións establecidas no Convenio Colectivo, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade, en canto ó sentido e alcance, deberán ser interpretadas e aplicadas do xeito que resulte máis beneficioso para os empregados públicos locais da Administración Local do Concello de Barreiros.

Artigo 1.11.- Aplicación directa.

As partes signatarias do Convenio Colectivo ó nivel que sexa, comprométense á aplicación directa deste e a non promover cuestións que puideran supoñer modificacións das condicións pactadas no texto.

Artigo 1.12.- Publicidade do Convenio Colectivo.

Con independencia da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a publicidade do presente Convenio Colectivo efectuarase por conta da Administración Local do Concello de Barreiros, enviando polo menos un exemplar a cada empregado público afectado.

Artigo 1.13.- Conflitividade laboral.

Antes de acudir á outras instancias legalmente contemplables e de adoptar medidas disciplinarias ou actitudes conflitivas de carácter colectivo, as partes asinantes do Convenio Colectivo comprométense a esgotar a vía do diálogo dentro da propia institución, acudindo en todo caso á respectiva Comisión Paritaria da Administración Local do Concello de Barreiros.

BASE II.- AUTONOMÍA LOCAL

Artigo 2.1.- Autonomía Local.

1.- Todo o contido do presente Convenio Colectivo baséase no marco da Autonomía da negociación colectiva das Corporacións Locais, arrincando, polo tanto, da Autonomía e Autoorganización destas conforme á Lei.

2.- Así mesmo, baséase no carácter de representatividade que teñen as Organizacións Sindicais de acordo coa lexislación aplicable vixente.

BASE III.- SEGUIMENTO E CONTROL

Artigo 3.1.- Comisión Paritaria do Concello de Barreiros.

1.- Dentro dos quince días seguintes á entrada en vigor de este acordo, constituírase unha Comisión paritaria de control e seguimento, integrada polo Alcalde-Presidente e os membros da corporación que se designe, e por parte dos sindicatos, un representante, de cada un dos sindicatos que teñan maior representatividade do Concello máis o Delegado de Persoal ou membro do comité de empresa.

2.- A Comisión paritaria de control e seguimento téra as seguintes funcións:

a) Interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do acordo.

b) Vixiar o cumprimento do pactado e denunciar, no seu caso, os incumprimentos.

c) Estudiar, propor e, cando proceda, resolver aquelas cuestións ou reclamacións que, de común acordo, lle sexan sometidas polas partes.

d) Actualizar o contido de presente acordo para adaptalo ás modificacións que poidan derivarse de cambios normativos ou de acordos ou pactos subscritos entre as administracións públicas e os sindicatos.

e) Facer o seguimento e, no seu caso, desenvolvemento da aplicación do acordo. A tal efecto a Comisión emitirá, cando o considere conveniente, un informe sobre estes extremos.

f) Asegura-la non discriminación da muller, controlando a igualdade de trato, os posibles abusos, agresións de orde sexual, laborais, físicas ou psíquicas, tanto por parte dos compañeiros de traballo, como dos superiores

g) Impedir a realización de toda conducta abusiva ou de violencia psicolóxica que se realice de xeito sistemático sobre un traballador, manifestada especialmente a través de reiterados comportamentos, palabras ou actitudes que lesionan a dignidade ou integridade psíquica do mesmo e que poñan en perigo ou degraden as súas condicións de traballo.

h) Aprobar un regulamento interno no que se concretará o seu réxime de funcionamento e as funcións a desenvolver.

i) Calquera outra función que expresamente se lle atribúa no Acordo ou que de común acordo, as partes consideren conveniente.

Artigo 3.2.- Réxime de funcionamento:

1. A comisión paritaria reunirase con carácter ordinario semestralmente e de xeito extraordinario cando o solicite polo menos o 50% dos seus compoñentes.

2. A comisión paritaria poderá utilizar os servizos ocasionais ou permanentes de asesores, con voz pero sen voto.

3. A comisión paritaria contará cun secretario, que será un técnico designado polo Concello e que actuará na mesma con voz pero sen voto.

4. As convocatorias das sesións da Comisión paritaria realizaraas o secretario, co visto e prace dos voceiros,mediante citación por escrito na que conste, lugar, data e hora, así como a orde do día. A convocatoria enviarase ás partes cunha antelación mínima de sete días hábiles, respecto da data prevista de celebración, no caso de sesións ordinarias, e de dous días naturais para o caso de sesións extraordinarias.

5. A orde do día das sesións da comisión será fixada polo secretario, co visto e prace dos voceiros.

6. Para que as sesións da Comisión paritaria poidan celebrarse validamente será precisa a asistencia de polo menos o 51% dos seus membros, así como do secretario ou de quen substitúa no cargo.

7. Os acordos deberán adoptarse por mais do 50% de cada unha das dúas represetanción, sendo de carácter obrigatorio e vinculantes para ambas partes.

8. De cada xuntanza e a o seu remate, o secretario da comisión redactará a correspondente acta na que haberá de constar o lugar, data e hora de comezo e remate da reunión, nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os acordos adoptados cun resumo das opinións emitidas e a expresión dos votos. A correspondente acta así redactada pasaráse inmediatamente á aprobación e sinatura de todolos asistentes.

9. As Actas das sesións arquivaranse nun rexistro que custodiará o secretario, baixo a súa responsabilidade, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexítimamente interedad.

10. Cando ámbalas partes así o consideren, crearanse comisións de traballo específicas para tratar temas concretos e predeterminados.Estas comisións elaborarán dictames que logo serán presentados á Comisión paritaria, no sendo estes vinculantes senón meramente informativos.

11. As comunicacións oficiais da Comisión verificaranse sempre directamente e por escrito, sen que poidan admitirse traslados e reproducións a través doutras instancias.

BASE IV.- NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Artigo. 4.1.- Do dereito á negociación colectiva.

Os empregados públicos ó servizo desta Administración Local, terán dereito á participación na determinación das súas condicións de traballo conforme á lexislación vixente aplicable e no disposto nos seguintes artigos.

Artigo 4.2.- Mesa Xeral de Negociación.

Na Administración Local do Concello de Barreiros constituírase unha Mesa Xeral de Negociación formada pola representación da entidade local e os sindicatos máis representativos nos termos que sinala a lexislación vixente, sen prexuízo das facultades, se é o caso, do Comité de Empresa, e que será o encargado de negociar a asunción do Convenio Colectivo.

A Mesa de Negociación reunirase como mínimo 1 vez ó ano. Recoméndase a constitución dunha Mesa Xeral de Negociación única para funcionarios e laborais para os efectos sinalados.

Artigo 4.3.- Obxecto da negociación.

Ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 9/87 de 12 de xuño e artigo 85 do RD 1/1995 do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores, serán obxecto de negociación no ámbito respectivo de cada mesa de negociación, entre outras, as seguintes materias:

a) O incremento de retribucións do persoal obxecto deste Convenio Colectivo nos orzamentos ordinarios anuais do Concello de Barreiros, dentro dos límites da lexislación orzamentaria do Estado

b) A determinación e aplicación das retribucións

c) A preparación e deseño dos programas de oferta de emprego público

d) A clasificación de postos de traballo

e) A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento

f) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción do persoal

g) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación

h) Medidas sobre seguridade e saúde laboral

i) As materias de índole económica, de prestación de servizos, sindical, asistencial e cantas outras afecten ás condicións de traballo e ao ámbito de relacións laborais do persoal e representantes sindicais coa entidade

j) A preparación de propostas sobre medidas de implementación da igualdade ou a posta en marcha dun plan de igualdade, se é o caso.

Artigo 4.5.- Principio de boa fe.

En todo caso as negociacións realizaranse sempre baixo o principio de boa fe.

BASE V.- DEREITOS E DEBERES

Artigo 5.1.- Dereitos e deberes.

No relativo ós dereitos e deberes dos empregados públicos locais estarase ó disposto pola lexislación vixente aplicable ó respecto.

BASE VI - CALIDADE DOS SERVICIOS E ABSENTISMO LABORAL

Artigo 6.1.- Calidade dos servizos e absentismo laboral.

A Administración Local do Concello de Barreiros e os sindicatos asinantes deste Convenio Colectivo, potenciarán os instrumentos de control e redución do absentismo laboral, a través da proposta, entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos da calidade na prestación do servizo público a cidadanía, da medición do absentismo laboral e seguimento deste, realizando os estudios necesarios sobre as causas e adoptando se é o caso das medidas que sexan procedentes para a súa redución, podendo procederse, sempre previa audiencia ó interesado/a, o desconto automático, calculado conforme ó establecido para o persoal laboral, das retribucións correspondentes ó tempo de traballo nos casos de falta inxustificada de asistencia e/ou puntualidade.

Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias que, se é o caso, puideran corresponder.

Das medidas que se tomen para reducir o absentismo nesta Entidade Local, esta procederá a informar puntualmente á Mesa Xeral de Negociación e, no seu ámbito ós representantes legais dos traballadores.

BASE VII - SOLUCIÓN EXTRAXUDICIAL DE CONFLICTOS COLECTIVOS.

Artigo 7.1.- Solución extraxudicial de conflitos colectivos.

Unha vez recoñecido o dereito á negociación colectiva no marco das Administracións Públicas pola lexislación vixente aplicable, establécese como mecanismo de resolución e mediación nos posibles conflitos colectivos ou discrepancias significativas e insolubles, o diálogo e a negociación, a mediación e a arbitraxe. Recóllese neste Convenio Colectivo a recomendación da súa aplicación conforme ós seguintes presupostos:

1) A Administración Local do Concello de Barreiros e os Sindicatos máis representativos na Comunidade Autónoma de Galicia, poderán acordar a creación, configuración e desenvolvemento de sistemas de solución extraxudicial de conflitos colectivos.

2) Os conflitos a que se refire o apartado anterior poderán ser os derivados da negociación dos Pactos e Acordos, os derivados da aplicación e interpretación destes e, en xeral, os derivados da negociación, aplicación e interpretación dos acordos sobre as materias sinaladas nos artigos 30 e 31.2 da Lei 9/87, excepto para aquelas materias para as que exista reserva formal de Lei.

3) Esgotadas as vías de negociación e diálogo, a resolución extraxudicial de conflitos deberá levarse a cabo por procedementos de mediación e arbitraxe.

A mediación será obrigatoria cando o solicite unha das partes e as propostas de solución que ofrezan o mediador ou mediadores poderán ser libremente aceptadas ou rexeitadas polas partes.

Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar conxuntamente encomendar a un terceiro a resolución do conflito exposto, comprometéndose de antemán a acepta-lo contido desta.

4) O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma eficacia xurídica e tramitación dos pactos e acordos regulados por lei, sempre que quen houbera adoptado o acordo ou subscrito o compromiso arbitral tivese a lexitimación que lles permita acordar, no ámbito do conflito, un pacto ou acordo conforme ó previsto pola lei.

Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso contra a resolución arbitral no caso de que non observaran no desenvolvemento da actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando a resolución versara sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta contradiga a legalidade vixente.

5) A utilización destes sistemas efectuarase conforme os procedementos que regulamentariamente sexan determinados tralo acordo coas Organizacións Sindicais representativas conforme ó regulado actualmente a este respecto.

6) Este acordo e mecanismo de resolución extraxudicial de conflitos, e o seu contido, poderá ser aplicado en todo conflito xurdido no marco da Administración Local do Concello de Barreiros, independentemente do tipo de vinculación xurídica dos empregados públicos ós que lles afecte este.

BASE VIII.- ASISTENCIA E PERMANENCIA NO TRABALLO

Artigo 8.1.- Calendarios laborais.

1.- O calendario laboral ordinario será o que se estableza polos organismos competentes da administración central, autonómica e local, dentro das súas respectivas competencias e afecten ó conxunto da administración local de Galicia e a esta entidade local do Concello de Barreiros en particular.

2.- Os días 24 e 31 de decembro gozarán do carácter de festivo de convenio, para os empregados públicos locais da administración local do Concello de Barreiros, e considerados como días festivos para tódolos efectos se así se acorda en negociación colectiva que cada ano terá que producirse ao efecto. En caso de non chegar a acordo satisfactorio para ámbalas dúas partes, estarase o que aos efectos ditamine a administración autonómica da Xunta de Galicia para os seus empregados públicos. Así mesmo, o día de Santa Rita será celebrado como día da patroa dos empregados públicos de Administración Local. No caso de que a festividade de Santa Rita (22 de maio) coincida en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó día en que esta se celebre por acordo da comisión. No caso de que as festividades dos días 24 e 31 de decembro, coincidan en sábado, domingo ou festivo, trasladaranse ó día hábil anterior ou posterior. Na negociación anual fixarase o persoal que asumirá as tarefas de rexistro municipal nesas datas.

3.- Na Mesa de Negociación da administración local do Concello de Barreiros poderanse establecer, con cargo aos días de licenza por asuntos particulares e en función do calendario, un número de pontes ao ano, que se gozarán alternativamente polo persoal, de tal maneira que se asegure o mantemento do funcionamento óptimo dos servizos.

Artigo 8.2.- Calendarios de servizos especiais.

1.- Os servizos desta administración local que pola súa peculiaridade teñan que organizarse en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as traballadores/as.

2.- Nos servizos nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre todo o persoal adscrito ao servizo, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo, e procurando que ningún traballar/a permaneza na quenda de noite máis de dous meses consecutivos, agás adscrición voluntaria.

3.- Os calendarios laborais específicos de cada servizo serán negociadas cos representantes sindicais na administración local do Concello de Barreiros. Os calendarios laborais elaboraranse antes do 15 de decembro de cada ano e deberán permanecer expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo. Só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas así o requiran.

4.- Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais deberá ser acordada por consenso entre a representación do concello e do persoal e debidamente motivada e argumentada, e notificarase coa antelación oportuna aos interesados e aos órganos de representación do persoal.

O cambio obrigado dun traballador/a ou grupo de traballadores/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do servizo. En todo caso deberán ser oídos/as os interesados/as e negociado co órgano de representación dos traballadores e a representación sindical.

O Cambio voluntario dun traballador dentro das quendas preestablecidas non terá máis limitacións que a pertenza á mesma categoría profesional, corpo ou escala e a previa comunicación ao responsable do servizo cunha antelación de 24 horas.

5.- Os calendarios de servizos especiais poderán dispoñer un sistema de quendas, atendendo á dispoñibilidade de persoal e ós servizos a realizar, respectando, en todo caso, o descanso entre xornadas, que non poderá ser inferior a 12 horas, así como, cando menos, 2 fins de semana de descanso ó mes. A xornada non excederá en cómputo anual do que se sinale para o resto do persoal.

6.- Entenderase por distorsión horaria o prexuízo do/a traballador/a que teña que prestar servizo alternativamente en quendas variables de mañá, tarde ou noite. A distorsión horaria será retribuída nas condicións e contías que se establezan no capítulo de retribucións do presente Convenio Colectivo.

Artigo 8.3.- Xornada laboral.

8.3.1.- Tipos de xornada

8.3.1.1.- Xornada ordinaria.

1.- A xornada ordinaria de traballo máxima establécese, por imperativo legal, en 37,5 horas semanais, en cómputo anual. Non obstante, os asinantes do presente Convenio Colectivo comprométense a aplicar as oportunas modificacións regulamentarias co obxecto de que a devandita xornada ordinaria poida quedar establecida en 35 horas semanais, na medida en que as disposicións legais así o permitan. As 2,5 horas que restan do total das 37,5 horas semanais serán destinadas a formación dos traballadores.

2.- A xornada ordinaria de traballo no Excmo. Concello de Barreiros, queda establecida en 1.647 horas en cómputo anual.

3.- Recoméndase que a xornada se realice con carácter ordinario de luns a venres, respondendo a calquera dos seguintes criterios:

a) Xornada continuada: de 8:00 h. a 15:00 h. de luns a venres.

b) Xornada flexible: A administración local do Concello de Barreiros recoñece o dereito do persoal ao seu servizo con fillos e fillas menores de oito anos ou con familiares dependentes, que necesiten a asistencia doutras persoas, á flexibilidade na súa xornada de traballo dentro dun horario de referencia, determinado, por petición da persoa interesada, polo/a responsable de persoal ou o/a Sr/Sra. Alcalde/sa, axustándose sempre ás necesidades do servizo, e, se as necesidades do servizo o admiten, recoñeceráselle o máis amplo horario de referencia posible.

8.3.1.2.- Xornada partida.

Este tipo de xornada, ten o carácter de variante da xornada ordinaria por necesidades do servizo na que, unha parte da mesma será prestada pola mañá e o resto de xornada completarase pola tarde. En todo caso, deberán respectarse os seguintes principios:

a) Non poderá exceder en tempo de traballo efectivo diario e en cómputo anual ao establecido para a xornada ordinaria

b) O horario de referencia estará comprendido entre as 8:00 h. da mañá e as 22:00 horas da noite

c) Deberá constar especificamente este tipo de xornada na RPT ou documento equivalente da entidade local

d) Terá necesariamente unha compensación económica que deberá ser establecida mediante negociación e, de ser o caso, formará parte do Complemento Específico do posto

e) Entre a primeira parte da xornada e a segunda, necesariamente haberá un descanso mínimo de dúas horas

f) Seralle de aplicación, coa adaptación necesaria, o mesmo criterio de flexibilidade horaria que para a xornada ordinaria.

8.3.1.3.- Xornada nocturna.

Terá esta consideración toda aquela xornada que se desenrole entre as 22:00 da tarde e as 8:00 da mañá do día seguinte. En todo caso, deberán respectarse os seguintes principios:

a) Non poderá exceder en tempo de traballo efectivo diario e en cómputo anual ao establecido para a xornada ordinaria

b) Deberá constar especificamente este tipo de xornada na RPT ou documento equivalente da entidade local

c) Terá necesariamente unha compensación económica que deberá ser establecida mediante negociación e, de ser o caso, formará parte do Complemento Específico do posto

d) Seralle de aplicación, coa adaptación necesaria, o mesmo criterio de flexibilidade horaria que para a xornada ordinaria.

8.3.1.4.- Xornada especial.

Nos servizos ou unidades que, polas súas especiais características, non poidan adaptar o seu horario á xornada ordinaria, xornada partida ou xornada nocturna poderán acordar por consenso das partes na Mesa Xeral de Negociación, outro tipo de xornada que se adapte ás necesidades especiais a satisfacer en cada servizo. En todo caso, deberán respectarse os seguintes principios:

a) Non poderá exceder en tempo de traballo efectivo diario e en cómputo anual ao establecido para a xornada ordinaria

b) Deberá constar especificamente este tipo de xornada na RPT ou documento equivalente da entidade local

c) Terá necesariamente unha compensación económica que deberá ser establecida mediante negociación e, de ser o caso, formará parte do Complemento Específico do posto

d) Seralle de aplicación, coa adaptación necesaria, o mesmo criterio de flexibilidade horaria que para a xornada ordinaria.

Os servizos municipais que, polas súas características especiais, poderán solicitar e acordar xornada especial son os que de seguido se relacionan:

- Servizo de augas - Atención á dependencia e axuda a domicilio - Gardería - Servizo de vías e obras

8.3.2.- Horarios especiais con reducción de xornada.

Durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de agosto (ámbolos dous inclusive), así como no período de duración do nadal (do 23 de Decembro ó 6 de Xaneiro, ámbolos dous inclusive) quedará establecida unha redución da xornada de traballo nunha hora diaria, de carácter recuperable, sendo o horario establecido de 08:00h a 15:00h de Luns a Venres. Na Mesa de Negociación acordaráse cómo se aplicará esta reducción segundo o tipo de servizo e o seu horario.

Asi mesmo, poderá establecerse unha reducción de xornada en días ou semanas concretos do ano, con motivo de celebración de festas patronais do concello.

8.3.3.- Tempo de Traballo efectivo.

1.- Xeral

a) Todo o persoal en réxime de xornada continuada, nocturna e especial, gozará dunha pausa de trinta minutos na xornada, computándose como de traballo efectivo.

b) O persoal en réxime de xornada partida, gozarán de dúas pausas de 15 minutos, distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, e no medio de cada unha delas respectivamente, computándose como de traballo efectivo

c) O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar e gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir coas normas de seguridade e hixiene. d)Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de recollida ou reunión establecido ou Centro de control tanto na entrada como na saída do traballo. 2.- A xornada do traballador/a con fillos de ata doce meses de idade, reducirase nunha hora diaria, por motivos de lactación. No caso de traballar ámbolos dous cónxuxes, poderán utilizar esa hora de ausencia indistintamente un ou outro dos proxenitores. O mesmo dereito terán os pais en caso de adopción e máis acollida dun neno/a (ata os doce meses).

O traballador/a poderá partir a redución da xornada, en dúas partes entre o principio e o final da xornada diaria.

8.3.4.- Servizos extraordinarios fora da xornada laboral.

1.- Xustificación:

a) Con carácter xeral, prohíbese a realización de horas extraordinarias estruturais

b) Poderanse realizar servizos extraordinarios fóra da xornada ordinaria de traballo por razóns de prevención ou reparación de sinistros ou danos, imprevistos, ausencias, acumulación de tarefas, interrupcións do servizo, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias excepcionais derivadas das actividades propias do servizo público, cando non sexa posible atender estas situacións coa redistribución dos efectivos do cadro de persoal

c) A atención dos servizos extraordinarios fora da xornada normal de traballo que respondan as características definidas no parágrafo anterior, excluídas as motivadas por razóns de forza maior, terá carácter voluntario, sen que ninguén poida ser obrigado a facelas nin represaliado pola súa negativa

d) Especificamente, terán a consideración de servizos extraordinarios as horas necesarias para asistir a xuízos ou comparecencias fóra da xornada de traballo derivadas da prestación do servizo, como tres horas e media extraordinarias si o xuízo ou comparecencia ten lugar na mesma localidade, e de sete horas si se trata dunha localidade distinta, sen prexuízo da xustificación oportuna

e) Igualmente, consideraranse horas extraordinarias as consumidas polo persoal que realice traballo por quendas na espera do relevo correspondente.

2.- Autorización:

a) Os responsables dos servizos ou unidades administrativas, ante un suposto dos previstos no apartado b), emitirán con carácter preceptivo e previo o correspondente informe-proposta de realización de servizos extraordinarios indicando as causas que os xustifican, a data e hora de realización, a previsión do número de horas e a relación do persoal afectado. Este informe enviarase ao alcalde ou ao concelleiro delegado para recadar a autorización previa, que deberá formalizarse mediante decreto da Alcaldía e será amosada aos traballadores/as afectados antes da realización dos servizos extraordinarios.

b) Os responsables dos servizos ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización de servizos extraordinarios, así como da veracidade dos condicionamentos aludidos en apartados anteriores que xustifiquen a súa realización.

3.- Control:

a) Para os efectos de control e compensación, sempre que un traballador/a ou grupo de traballadores/as realice servizos extraordinarios fóra da súa xornada ordinaria, o responsable do servizo elaborará unha relación mensual na que figure a identificación dos traballadores/as, as horas traballadas, a data da súa realización e a cuantificación das horas realizadas en total, que será exposta no taboleiro de anuncios e enviada á subunidade de persoal, entregándoselle unha copia aos traballadores/as afectados. A subunidade de persoal enviará outra copia ás seccións sindicais representadas no Comité de empresa.

Co fin de repartir equitativamente os traballos realizados fóra da xornada ordinaria, nos servizos especiais estableceranse listas do persoal ordenado por categorías profesionais e alfabeticamente. As tarefas extraordinarias asignaranse pola orde correlativa que figura na lista. Ningún traballador/a repetirá na quenda de dispoñibilidade ata que sexa esgotada pola totalidade dos da lista, a salvo de baixas laborais ou calquera outra causa que implique suspensión na prestación do servizo.

Se, chegado o momento de realizar tarefas extraordinarias, o traballador/a que lle corresponde por orde de lista non pode atendelas por coincidírenlle co servizo ordinario, manterase no mesmo lugar da lista.

b) Establécese o seguinte límite de horas extraordinarias:

- 2 horas diarias cando supoñan prolongación de xornada.

- 14 horas mensuais - 80 horas anuais

Cando en calquera servizo municipal se exceda de 800 horas extraordinarias anuais, crearase unha nova praza no cadro de persoal.

4.- Compensación:

a) A realización de traballos fóra da xornada ordinaria compensaranse preferentemente con horas libres, a razón de unha hora e media por cada hora extraordinaria traballada. As horas de compensación acumularanse preferentemente ata chegar a completar xornadas laborais enteiras. En todo caso, o persoal terá dereito a dispoñer dos días libres de compensación no prazo dos dous meses seguintes á data da realización.

Cando os servizos extraordinarios se realicen en domingo, festivo ou de noite compensaranse en todo caso con dúas horas por cada hora traballada, e tres horas si concorren as dúas circunstancias.

Cando dispoñer de horas libres para compensar a realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento do servizo, a compensación horaria poderá substituírse pola remuneración económica, nas contías que para cada nivel se estableza no capítulo de retribucións.

Neste suposto, o responsable do servizo deberá formular a proposta de compensación económica, facendo constar as razóns que desaconsellan a compensación horaria, concretando a identificación dos traballadores/as afectados e o número de horas realizadas. A resolución da proposta corresponderá ao Alcalde ou órgano no que delegue.

De ser o caso, o pagamento das horas extraordinarias procurarase incluír na nómina do mes seguinte ao da data da resolución.

b) A Comisión de seguimento desta entidade revisará a aplicación práctica dos procedementos de xustificación, autorización e compensación definidos no artigo 10.5 do presente Convenio Colectivo.

8.3.5.- Réxime de especial dedicación.

1.- O réxime de especial dedicación implicará:

a) A dispoñibilidade por razóns de servizo para o desenvolvemento dunha xornada adicional anual de 163 horas dispoñibles fóra do horario e quenda ordinarios

b) A incompatibilidade para o exercicio de calquera outra actividade lucrativa, pública ou privada, consonte o establecido pola Lei 53/84 de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, e no capítulo correspondente do presente texto.

2.- Na Mesa Xeral de Negociación da Administración Local do Concello de Barreiros determinaranse os postos de traballo suxeitos ao réxime de especial dedicación e a compensación correspondente.

8.3.6.- Traballo en período nocturno e festivo.

Entenderase por traballo en período nocturno, o efectuado entre as 10 da noite (22:00 p.m.) e as 8 da mañá (8:00 a.m.).

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22:00 horas do véspera e as 24:00 horas de cada domingo ou festivo.

As horas que se realicen en horario nocturno ou festivo compensaranse mediante a súa retribución específica ou a redución da xornada que corresponda, segundo se estableza especificamente en cada entidade local.

A compensación horaria por traballos nocturnos e festivos será acumulable.

8.3.7.- Pausa mínima entre cada xornada.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servizo municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediaran como mínimo 12 horas.

8.3.8.- Descanso mínimo semanal.

Os empregados públicos desta administración local terán dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido que, como regra xeral, comprenderá a tarde do sábado e o domingo completo, agás nos servizos que funcionan os sete días da semana.

Artigo 8.4.- Vacacións anuais, permisos e licenzas.

No referente a licenzas, vacacións e permisos tomarase como referencia o disposto na lexislación da CC.AA. de Galicia ao efecto para os seus empregados públicos.

Sen prexuízo do anterior, concretamente para o persoal laboral da administración local do Concello de Barreiros, no presente Convenio Colectivo contemplase o seguinte: 8.4.1.- Vacacións anuais.

1.- As vacacións, de carácter obrigatorio, terán a duración dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais por ano completo de servizo ou en forma proporcional ó tempo de servizos efectivos, debéndose gozar de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte en períodos mínimos de 5 días hábiles consecutivos, de acordo coa planificación que se efectúe por parte da dirección de cada departamento ou organismo, previa consulta cos representantes sindicais, a estes efectos os sábados non serán considerados días hábiles.

No suposto de ter completado os anos de antigüidade na admón. reflectidos no cadro posterior terase dereito ó goce dos seguintes días de vacacións anuais

a) 15 anos de servizo..........23 días hábiles

b) 20 anos de servizo..........24 días hábiles

c) 25 anos de servizo.......... 25 días hábiles

d) 30 ou máis anos de servizo...26 días hábiles.

2.- Gozaranse preferentemente e con carácter xeral entre ó 15 de xuño e ó 15 de setembro, respectando sempre as necesidades do servizo.

3.- No caso do persoal que traballa a quendas, non poderá comezar o período vacacional en descanso semanal establecido.

4.- Cando as vacacións coincidan con IT derivada do embarazo, (..) ou cun período de suspensión do contrato por maternidade/paternidade, terase dereito a utilizalas nunha data distinta (..) aínda que rematara o ano natural ao que correspondan.

5.- O plan de vacacións anuais será elaborado antes do 1 de abril de cada ano, para a súa negociación cos representantes dos traballadores, de modo que cada traballador poida coñecer as datas que lle correspondan, polo menos con dous meses de antelación á data do comezo daquelas. De non ter feita a correspondente solicitude por parte do traballador, antes do 1 de abril, a propia entidade reservase o dereito de designarlle os días a disfrutar.

6.- Preferencia para o goce do período de vacacións anuais:

- A Administración Local do Concello de Barreiros recoñece o dereito preferente á elección do período de vacacións a favor das mulleres xestantes ao seu servizo, e polo tanto a elección en primeiro lugar a mulleres e homes con fillas ou fillos menores de seis anos ou maiores dependentes ao seu coidado.

- Nos servizos onde poidan producirse colisión de intereses respecto ó goce das vacacións, organizaranse as quendas de forma obrigatoria, de xeito rotativo, comezando polo traballador con maior antigüidade, en caso de persistir empate, aplicarase a orde alfabética de primeiro apelido e nome, comezando pola letra que cada ano se establece a nivel xeral para os procesos selectivos das distintas administracións públicas.

7.- As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador/a ou sexa declarado este en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non teña gozado ou completado na súa totalidade o goce do período vacacional.

8.- No suposto de producirse colisión de intereses entre o traballador/a afectado pola enfermidade ou por accidente e aqueles outros do seu mesmo servizo, que xa as teñen programadas, terán estes últimos preferencia sobre aquel, que en todo caso haberá de supeditarse ás necesidades do servizo.

9.- O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, trala solicitude dos/as interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros no ámbito das quendas establecidas.

Artigo 8.4.2.- Permisos.

Seguirase as directrices marcadas pola lexislación vixente no tocante ás reducións, permisos e licenzas de traballadores e traballadoras, ademais das seguintes:

1) O pai traballador poderá gozar dun permiso retribuído de 8 días laborables, ou 10 se o parto é múltiple, que sumados ao establecido pola lei e o E.T. como norma xeral (13+2) e que totalizan 23 días (25 se é parto múltiple), que se computarán desde o nacemento, adopción de fillo/a ou acollemento preadoptivo ou permanente. No caso de que o pai non poida exercer este dereito por calquera razón, a nai poderá utilizar este permiso, con carácter ininterrompido desde a finalización da licenza de maternidade. 2) Por enfermidade grave ou falecemento dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade 3 días, e 5 días si o suceso se produce fora da localidade.

Ademais aplicaranse os seguintes permisos retribuídos:

a) Falecemento: - Irmáns, xenros e noras: 2 días hábiles. - Avós, cuñados, netos e sogros: 2 días hábiles. (Estes permisos serán de 4 días hábiles sempre que o suceso se produza fora da localidade de residencia.) - Tíos, sobriños e curmáns: polo tempo necesario para o enterramento e funeral, (máximo 1 día hábil).

b) Enfermidade grave:

Cónxuxe, parella de feito, convivinte (acreditando tal situación) ou fillos, pais, irmáns, xenros e noras, avós, cuñados, netos e sogros do mínimo establecido por Lei, ata un máximo de 15 días retribuíbles, supeditados neste caso á decisión da Alcaldía, oída a representación sindical.

Para estes efectos considerarase coma graves as enfermidades ou accidentes que cumpran os seguintes requisitos:

- No caso de enfermidade, que requira internamento hospitalario.

- No caso de accidente, parte expedido por facultativo no que figure a prognóstico de grave ou moi grave. - No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do solicitante, (acreditando tal situación co Censo, Padrón municipal ou informe médico), e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atende-lo enfermo. A duración deste permiso será de dous días. - En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida familiar, o Alcalde, seguindo a normativa, autorizará permisos, redución de xornadas ou xornadas especiais en tanto se soluciona a situación.

3) Permiso para acompañamento á consulta médica a menores de 12 anos e maiores de 70 anos, ou familiares ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade e que convivan no mesmo domicilio e parellas de feito e convivintes (acreditando tal situación) e que teñan unha discapacidade superior ó 33%, polo tempo necesario e debendo xustificarse con parte de asistencia á consulta.

4) Permiso por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico durante a xornada de traballo, os traballadores/as terán dereito a permiso, sempre que estea debidamente xustificado, e sempre que non se poida acudir fóra do horario de traballo.

Quen por razón de garda legal, teña ó seu coidado directo algún menor de 8 anos, a un ancián ou a un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha actividade retribuída ou no perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terán dereito a unha redución da xornada total ordinaria entre ó menos un oitavo e a metade da súa duración, sufrindo a conseguinte diminución proporcional das retribucións.

5) Por traslado de domicilio: 1 día hábil si o suceso se produce sen cambio de residencia, non podendo repetirse o permiso neste concepto máis dunha vez ó ano.

6) Permiso para asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así coma probas selectivas que se celebren dentro da xornada normal de traballo, 1 día, ampliándose polo tempo necesario e imprescindible cando se celebren fóra do termo municipal.

No caso de que o exame se celebre fóra da xornada normal de traballo, deberá mediar un tempo mínimo de dúas horas entre a finalización da xornada e o comezo do exame.

Deberán ser autorizados polo Alcalde ou Delegado de Persoal e deberán xustificarse cun certificado de asistencia no que conste a data de celebración e o tempo de duración, que deberá ser presentada nos cinco días seguintes á data do exame.

7) Permiso por asuntos persoais nove días ao ano, sen necesidade de xustificación, respectando sempre as necesidades do servizo. 8) Polo tempo preciso para cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal. Para a realización destes deberes os traballadores terán dereito ó permiso polo tempo necesario para o seu cumprimento, sempre e cando non se poidan facer fóra da xornada normal de traballo, e deberán acreditalo documentalmente.

9) Permisos non retribuídos. Por asuntos propios poderanse conceder licencias sen retribuír, dunha duración determinada que non poderá exceder de tres meses cada dous anos.

Artigo 8.4.3.- Licenzas.

Seguirase as directrices marcadas pola lexislación vixente no tocante ás reducións, permisos e licenzas de traballadores e traballadoras, ademais das seguintes:

1) Licenzas por matrimonio ou comezo de vida en común:

a) Por razón de matrimonio propio ou comezo de vida en común, o traballador/a terá dereito a unha licenza de 15 días naturais, que poderán sumarse ás vacacións anuais

b) Por matrimonio de parentes, (pais, irmáns, fillos, netos ou avós do interesado), 1 día.

2) Licenza por maternidade, adopción, acollida dun mínimo dun ano de duración e paternidade.

a) Período de licenza por maternidade será de dezaseis semanas ininterrompidas ampliables no caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O permiso distribuirase a opción da traballadora con carácter pre ou post-parto, segundo a conveniencia da interesada e sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, de ser o caso, da parte que reste do permiso. No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar porque o outro proxenitor goce da parte da licenza que a nai estime, sempre que non sexan as 6 semanas de descanso obrigado, este período será ininterrompido salvo que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai, supoña un risco para a súa saúde

b) A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o embarazo, un posto de traballo ou xornada distinto/a ao seu, sempre que, segundo prescrición médica o posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou a do feto. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin diminución dos seus dereitos económicos. Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á reincorporación ao seu destino orixinal. Cando o cambio de posto non sexa posible, procederase á suspensión de contrato por risco (Segundo a modificación da LOIEHM á Lei de prevención de riscos)

c) Nos casos de adopción e acollemento, se o fillo adoptado ou acollido é menor de 6 anos, a licenza terá unha duración máxima de 16 semanas contadas, a elección do traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se ben a constituír a adopción. Se o fillo adoptado ou acollido é maior de 6 anos e se trate de discapacitados ou minusválidos físicos ou psíquicos, a licenza terá unha duración de dúas semanas máis, podendo gozalo indistintamente o pai ou a nai. No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar o dereito

d) A traballadora, por lactación dun fillo menor de doce meses, terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. A traballadora, por vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Tamén terá a posibilidade de acumular en xornadas completas o dito permiso. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai e polo pai no caso de que ámbolos dous traballasen

e) A traballadora embarazada terá dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, previo aviso á autoridade competente en materia de persoal, e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo

f) A Administración Local do Concello de Barreiros recoñécelle ao persoal ao seu servizo o complemento ata o cen por cen da base reguladora do subsidio económico por risco durante o embarazo, así como durante a lactación.

3) Licenza por realización de estudios.

a) O persoal terá o dereito e o deber de realizar cursos de perfeccionamento e promoción profesional sobre materias relativas ao posto de traballo que ocupa, ou para poder acceder a outro distinto e/ou de superior categoría

b) Poderá concederse licenza para realizar estudios ou cursos en materia directamente relacionada coa función pública, despois de solicitalo presentando no rexistro xeral e con fundamento na xustificación na súa asistencia e da necesidade ou non para o servizo que preste o/a traballador/a. No caso de concederse con carácter de Comisión de Servizos o/a traballador/a terá dereito a percibir toda a súa remuneración e as indemnizacións previstas.

Artigo 8.5.- Concreción do cómputo dos días de permiso ou licenza.

Nas referencias feitas no presente Capítulo a días de permiso ou licenzas, entenderanse feitas a días hábiles, agás que o feito que provoca o permiso se inicie en fin de semana, nese caso empezará a computar o inmediato luns seguinte e no relativo a permisos por asuntos propios que se entenderán sempre como días laborables.

En todo caso os días de permiso por: traslado de domicilio, asistencia a exames, matrimonio de parentes, enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares deberán de coincidir necesariamente co día no que se produza o evento, sempre que non tivera concluída a súa xornada laboral.

Artigo 8.6.- Excedencia por coidado de fillos.

O persoal laboral terá dereito a un período de excedencia, non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, por adopción ou por acollida, a contar dende a data de nacemento deste ou da adopción. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que porá fin ó que se viñera gozando. Cando o pai e a nai traballe, só un deles poderá exercitar este dereito.

O tempo de goce da excedencia contemplada no presente artigo computará para os efectos de antigüidade. Para os efectos de cotización na Seguridade Social estarase ao disposto no Real Decreto 2064/1995, de 22 de decembro, e normativa concordante.

Artigo 8.7.- Incapacidade Laboral.

As enfermidades que impidan o normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licenza por incapacidade temporal que estará regulada polo disposto na lexislación vixente aplicable, por enfermidade común, os tres primeiros días sen cobrar do cuarto o decimo quinto día de baixa médica o 60% da base reguladora e a partir do décimo sexto día de baixa ata a alta médica o 75% da base reguladora. En caso de accidente de traballo será o 75% da base reguladora dende o primeiro día de baixa médica ata a alta.

O Concello de Barreiros completará ás percepcións salariais dos empregados durante a situación de incapacidade temporal, ata o 100%, das súas retribucións mensuais nos casos de:

• Tumores malignos.

• Accidentes cardiovasculares.

• Infarto de miocardio.

• Anxina de peito.

• Transplantes.

• Risco durante o embarazo.

A enfermidade deberá acreditarse co parte de baixa expedido polo facultativo correspondente, indicándose así a petición da licenza por enfermidade que será concedida automaticamente. Tal parte de baixa será imprescindible a partir do cuarto día de ausencia ao traballo e deberá ser entregado pola persoa interesada ou outra persoa no seu nome, no Negociado de Persoal desde o cal se dará traslado inmediato á Alcaldía. Con independencia do anterior, e sen prexuízo da comunicación escrita, a persoa traballadora enferma comunicará telefonicamente a súa ausencia o primeiro día da mesma ó Xefe de Servizo correspondente, ou, non sendo posible, no Rexistro Xeral do Concello, para a oportuna reorganización do servizo.

BASE IX.- SELECCIÓN, PROMOCIÓN INTERNA, PROVISIÓN DE POSTOS E SITUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

Artigo 9.1.- Oferta de Emprego Público.

A Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros, adaptará as súas ofertas de emprego público os seguintes criterios:

1) As prazas do Cadro de Persoal dotadas orzamentariamente que non sexan susceptibles de ser cubertas por persoal da Corporación constituirán a Oferta de Emprego Público, que será obxecto de negociación na Mesa de Negociación.

2) Nas Ofertas de Emprego Público deberá figurar o número porcentual que a lexislación vixente reserva a persoas con minusvalía, especificando a denominación e características das prazas.

3) Cando, en cómputo anual e por grupos ou categorías profesionais, se exceda de 800 horas extraordinarias, deberá crearse unha nova praza no cadro de persoal.

4) Tódalas prazas ofertadas deben obedecer o principio de non discriminación e de igualdade de oportunidades e de trato.

Artigo 9.2.- Principios xerais de acceso á Administración Local.

O ingreso do persoal laboral ao servizo da Administración Local Galega realizarase a través da Oferta de Emprego Público, con total respecto aos principios básicos de acceso á Administración Pública, de conformidade cos postulados constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, establecendo como mecanismos de garantía os seguintes:

1) Publicidade da convocatoria nos Diarios Oficiais que procedan, e recomendase que polo menos se publique nun xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal fixo, e no BOP e nun xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal temporal; en todo caso para este último tipo de persoal, e como mínimo, as convocatorias serán expostas e publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

2) Nas probas eliminatorias garantirase o anonimato dos aspirantes naquelas probas en que sexa posible.

3) As bases xerais de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así como para a promoción interna e provisión de postos de traballo serán negociadas na Mesa Xeral de Negociación.

4) Os Tribunais de Selección serán colexiados e estarán integrados, de conformidade co establecido no Art. 60 da Lei 7/2007 de 12 de abril (EBEP), por un número impar de membros, non inferior a tres, cos seus respectivos suplentes, e atendendo aos seguintes criterios:

a) Os tribunais de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home

b) O persoal de elección ou de designación política, o persoal interino e o persoal eventual non poderá formar parte dos tribunais de selección

c) A pertenza aos tribunais de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén

d) Na medida en que iso sexa posible, por razóns de titulación do persoal do Concello, formarán parte dos tribunais de selección traballadores do Concello. En todo caso, a información dos órganos de representación do persoal estará garantida a través do acceso previo e inmediato a toda a documentación existente no proceso selectivo. Así mesmo, se a lexislación nesta materia cambia e permitise a participación dos representantes dos traballadores como membros dos tribunais selectivos, incluiríanse automaticamente en todas as convocatorias a partir dese momento. 5) En ningún caso poderá constituír como mérito para acceder á Administración Pública o ter desempeñado un posto de traballo con carácter eventual de libre designación. 6) Para poder participar nos procesos selectivos convocados na Administración Local será necesario reuni-los seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española, ou a dun Estado membro da Unión Europea nos termos previstos na lexislación vixente

b) Estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela no prazo de presentación de solicitudes

c) Posuí-la capacidade funcional necesaria para ó desempeño das tarefas habituais da Escala ou praza correspondentes

d) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder da idade de xubilación forzosa, salvo naqueles Corpos ou Escalas que teñan determinada por Lei outra idade de ingreso ou xubilación

e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.

Artigo 9.3.- Proceso selectivo.

1.- En todo caso estarase ao disposto no Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos EE.PP. civís da Administración Xeral do Estado, e ao Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos EE.PP. da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén estarase nesta materia ao disposto no Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.- A extensión e profundidade dos programas adecuaranse aos niveis de titulación esixidos e á especialidade profesional da correspondente Escala, subescala ou grupo de clasificación e categoría profesional de persoal laboral.

Artigo 9.4.- Selección do persoal laboral temporal.

1.- A selección e contratación do persoal laboral temporal farase de acordo co sistema selectivo que cada Administración Pública determine, respectando os principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade, axustándose ás normas de xeral aplicación a este tipo de persoal. O referido sistema deberá permiti-la máxima axilidade na selección, en razón da urxencia requirida para ó desempeño transitorio dos postos de traballo ou das funcións correspondentes. 2.- Para a selección de persoal laboral temporal, as convocatorias de prazas por quenda libre para persoal fixo poderán prever a constitución de listas de espera dos aspirantes, tendo en conta a estes efectos as puntuacións obtidas nas distintas probas selectivas ou a valoración dos servizos prestados en postos de natureza semellante nas administracións públicas. Igualmente, cando non existan listas de espera dispoñibles, poderase proceder á convocatoria dun proceso concursal para constituílas.

As listas de espera serán públicas e substituiranse automaticamente polas correspondentes ao último proceso selectivo de prazas fixas que se realice.

O persoal será nomeado directamente mediante decreto da Alcaldía pola orde correlativa que figure nas listas.

3.- Os servizos prestados temporalmente poderán terse en conta cara o acceso a prazas fixas do cadro de persoal, nos termos que establezan as bases específicas de cada convocatoria.

Artigo 9.5.- Promoción interna.

1.- A promoción interna consiste no acceso desde Corpos ou Escalas dun grupo de titulación a outro do inmediato superior ou no acceso a Corpos ou Escalas do mesmo grupo de titulación.

A promoción profesional haberá de constituír un instrumento indispensable nun modelo avanzado de carreira profesional na Función Pública.

2.- Como criterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:

a) A promoción deberá ser o instrumento para incrementar a capacidade de traballo dos empregados públicos e, en definitiva, os niveis de motivación e integración

b) A promoción deberá basearse no esforzo persoal, o historial profesional e a carreira, a formación e cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto de consideración a antigüidade

c) De acordo con estes criterios, no ámbito da Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros, deberán efectuarse procesos de promoción, separados dos de ingreso, que se desenvolverán en convocatorias independentes

d) Efectuarase mediante o sistema de concurso-oposición con suxeición aos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

3.- Requisitos:

Para participar en probas de promoción interna o persoal laboral deberá posuír unha antigüidade de, polo menos, dous anos no Corpo ou Escala á que pertenzan o día da finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e posuír a titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ao Corpo ou Escala ao que aspire a ingresar.

No suposto de promoción do Corpo ou Escala equivalente o Grupo D de persoal funcionario ao C de persoal funcionario poderase eximir do requisito de titulación cando se trate de persoal laboral cunha antigüidade de dez anos nun Corpo ou Escala do equivalente o Grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de formación, de conformidade coa Disposición Adicional novena do Real Decreto 364/95, de 10 de marzo.

Eximirase aos candidatos daquelas materias cuxo coñecemento fose acreditado suficientemente nas probas de ingreso aos corpos, escalas ou grupo profesional de orixe. Para fixar esta excepción tomarase como referencia a última convocatoria.

Tan so deberán superar unha proba práctica aqueles candidatos que pertenzan a un corpo, escala ou grupo profesional cuxo desempeño profesional non permita supoñer un coñecemento dos cometidos propios do corpo, escala ou grupo profesional de destino.

Os aspirantes que na quenda de promoción interna superaran as probas pero, ao non reunir méritos suficientes, non obtiveran praza ou posto, quedarán exentos da realización das probas na seguinte convocatoria. Na promoción do equivalente ao grupo D ao C de funcionarios, e sempre que non existan convocatorias de acceso libre para elo, esta exención estenderase as dúas seguintes convocatorias.

Artigo 9.6.- Sistemas de promoción.

1.- O sistema de promoción será o de concurso-oposición. A promoción dentro dun mesmo grupo de titulación poderá facerse polo sistema de Concurso de xeito motivado e negociado, e as reclasificacións por reasignación de efectivos tamén pola superación de Cursos específicos.

2.- Os procesos de promoción interna regularanse basicamente polos mesmos procedementos que os indicados para o ingreso, polo que se estará ao disposto no Regulamento Xeral de Ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos EE.PP. civís da Administración Xeral do Estado, e ao Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos EE.PP. da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén estarase nesta materia ao disposto no Decreto 95/1991 do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Como norma xeral a fase de concurso terá como puntuación máxima o 40% da puntuación máxima posible da fase de oposición.

Artigo 9.7.- Promoción do persoal laboral fixo.

1.- Cando existan categorías de persoal laboral que desempeñen funcións afíns as de Corpos ou Escalas de funcionarios, o ingreso nestes Corpos ou Escalas poderán efectuarse mediante o sistema de concurso-oposición, valorándose na fase de concurso a experiencia e o historial profesional destes candidatos.

2.- A estes efectos o persoal laboral cuxas funcións sexan afíns as desempeñadas por funcionarios do grupo E, terán o mesmo tratamento que estes para o acceso ao grupo D.

3.- Os Plans de Emprego poderán establecer criterios específicos sobre a funcionarización, en especial sobre as oportunidades dos candidatos e as probas selectivas.

Artigo 9.8.- Relacións de Postos de Traballo.

1.- Ao abeiro do disposto no artigo 16 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de Medidas para a reforma da Función Pública, as Entidades Locais formarán a relación dos postos de traballo existentes na súa organización

2.- As relacións comprenderán, conxunta ou separadamente, os postos de traballo do persoal laboral, e o número e as características dos que poidan ser ocupados por persoal eventual.

3.- Nas relacións de postos de traballo incluiranse en todo caso a denominación e características esenciais dos postos, os requisitos esixidos para o seu desempeño, os complementos e a categoría profesional e réxime xurídico aplicable.

Entre as características esenciais dos postos de traballo e os requisitos esixidos para o seu desempeño deberán figurar necesariamente o tipo de posto, o sistema de provisión e os grupos, corpos ou escalas ás que deban adscribirse e, no seu caso, a titulación académica e formación específica necesarias para o correcto desempeño do posto. Igualmente poderán especificarse aquelas condicións particulares que se consideren relevantes no contido do posto ou no seu desempeño.

4.- As relacións de postos de traballo serán públicas.

5.- As relacións de postos de traballo utilizarán unha linguaxe non sexista.

Artigo 9.9.- Provisión de Postos de Traballo.

A Administración Local do Concello de Barreiros, adaptará as súas relacións de postos de traballo aos seguintes criterios:

1) A provisión de postos de traballo a desempeñar polo persoal laboral, requirirán que os correspondentes postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo.

2) A provisión de postos de traballo realizarase a través dos sistemas de libre designación, concurso específico ou concurso de méritos, que será o sistema xeral.

3) Os postos de traballo provistos mediante concurso ou concurso específico poderán ser removidos por causas sobrevidas, derivadas dunha alteración no contido do posto realizada a través das relacións de postos de traballo ou prevista nestas que modifiquen os supostos que serviron de base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño manifestada por rendemento insuficiente que impida realizar con eficacia as funcións atribuídas ó posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal, mediante resolución motivada do órgano que efectuou o nomeamento.

4) As bases e convocatorias publicaránse nos Boletíns ou Diarios Oficiais que veñan esixidos pola normativa aplicable en cada momento, e conterán necesariamente:

a) Denominación, localización, nivel de complemento de destino e complemento específico.

b) Requisitos esixidos para o seu desempeño, entre os que unicamente poderán figurar os contidos nas relacións de postos de traballo

c) Prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso poderá ser inferior a 15 días hábiles, contando a partir da publicación.

5) Baremo.- Méritos: Avaliaranse como tales:

a) Antigüidade

b) Cursos de formación e perfeccionamento (relacionados sempre coas funcións do posto a que se aspira)

c) Titulacións académicas superiores, excluíndo as que serviron para obter outra superior, ou complementarias das que se esixen para acceso ao grupo relacionadas coas funcións propias do posto de traballo e outras homologadas por organismos oficiais, relacionadas coas funcións propias do posto

d) Coñecemento do idioma galego

e) Carreira administrativa

f) No caso de empate terá preferencia para que lle sexa adxudicado o posto o que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro, de persistir o empate terá preferencia o de maior idade.

Artigo 9.10.- Mobilidade entre Administracións Públicas.

Unha vez rematada a quenda de promoción profesional e con cargo ás prazas que vaian ser obxecto de convocatoria libre, poderanse atender peticións de traslado formuladas por traballadores doutras Administracións Públicas. En todo caso, será requisito imprescindible para a concesión deste tipo de traslado que a Administración de orixe teña regulado un sistema de reciprocidade que tamén o permita.

Artigo 9.11.- Segunda actividade.

1.- Todo o persoal adscrito á Administración Local do Concello de Barreiros estará obrigado a desempeñar tódalas funcións inherentes ao seu cargo e posto de traballo, (1ª actividade), mentres non existan causas razoables que imposibiliten o desempeño normal destas, (2ª actividade).

Con este punto de partida, na definición de 2ª actividade, faise necesario determinar cales son as causas razoables que posibilitarán o paso a escala de 2ª actividade, o que se poderá facer:

a) Voluntariamente: (para protección civil, bombeiros e persoal de recollida de lixo), cando se cumprisen ós 55 anos de idade ou 25 anos de servizos efectivos nas situacións de servizo activo, servizos especiais ou excedencia forzosa

b) De oficio: cando estea adscrito en servizos de urxencia, (protección civil, bombeiros), e fosen cumpridos os 55 anos de idade, (o/a traballador/a afectado/a poderá neste caso tamén renunciar ao dereito de pase a segunda actividade, e continuar no seu posto, excepto por razóns xustificadas, oída a representación sindical)

c) Por insuficiencia das aptitudes psicofísicas: cando estea incapacitado para o exercicio da súa función habitual, sempre que non sexa causa de xubilación anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a 2ª actividade requirirá o exame dun tribunal médico.

2.- A Corporación Local determinará anualmente os postos de 2ª actividade que formen parte dunha escala auxiliar, dentro da relación de postos de traballo, os cales serán negociados coa representación legal dos traballadores, dentro do último trimestre de cada ano, creándose vacantes cando o requiran as necesidades do servizo.

Excepto cando sexa de oficio, o persoal interesado no pase a 2ª actividade, deberá formular a correspondente solicitude antes do mes de setembro do ano anterior, dirixida ao Órgano competente ou a Alcaldía - Presidencia que corresponda.

Unha vez encadrado na escala de 2ª actividade conservaranse a totalidade das retribucións que se viñan percibindo, salvo que o pase se tramitase de forma voluntaria polo interesado, (punto 1).

Artigo 9.12.- Incompatibilidades.

A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo aplicaráselle o réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas vixentes na materia.

Artigo 9.13.- Situacións administrativas.

Estarase ao disposto nas disposicións vixentes aplicables.

Artigo 9.14.- Uso da lingua galega.

1.- Os traballadores/as de toda a Administración Local do Concello de Barreiros, teñen o dereito e o deber de desenvolver a súa actividade laboral e profesional no idioma Galego, como Lingua propia da Comunidade Autónoma de Galicia, e en particular da Administración Local, e polo tanto acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.

2.- A Administración Local do Concello de Barreiros proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un coñecemento adecuado da lingua galega. Os traballadores/as desta administración local teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e especialización do idioma galego, dentro do horario de traballo.

3.- O tempo investido na asistencia ós devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo. No caso de que os cursos de galego, non se realicen dentro dun plan de formación lingüística do persoal ao cargo desta entidade local ou non sexan organizados por ela, esta administración local aboará se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas de custo e gastos de desprazamento pertinentes.

BASE X.- SISTEMA RETRIBUTIVO

Artigo 10.1.- Estrutura retributiva.

A estrutura retributiva do persoal laboral ao servizo deste concello axustaráse ás retribucións que cada ano estableza a Lei de Orzamentos Xerais do Estado para os funcionarios e elaborarase baixo os seguintes conceptos retributivos:

10.1.1.- Retribucións básicas.

1.- Soldo, que se asigna en función de cada un dos grupos en que se organizan os corpos, escalas, clase ou categorías.

2.- Antigüidade/Trienios, consistente nunha cantidade igual para cada grupo, por cada tres anos de servizo no corpo ou escala, clase ou categoría de pertenza.

3.-Pagas extraordinarias, que serán de dúas ao ano, abonándose en xuño e decembro. A contía das mesmas adaptarase ao que estableza na lei de presupostos xerais do Estado. No caso de que o abono das pagas extraordinarias deba regularizarse para axustarse á lexislación básica vixente, a mesma faráse coa redistribución das contías que proceda garantíndo de maneira expresa a non perda de poder adquisitivo en cómputo anual. Recoñeceranse os trienios correspondentes ós servicios prestados antes da entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público, que terán efectos retributivos únicamente a partir da entrada en vigor do mesmo.

10.1.2.- Retribucións complementarias.

A súa contía total recollerá as asignacións do persoal laboral que figuran, entre outras, como:

a) Dificultade técnica, b)Especial dedicación, c) Incompatibilidade, d) Responsabilidade, e) Perigosidade, f) Penosidade, g) Nocturnidade, h) Dispoñibilidade horaria i) Complemento de convenio

10.1.3.- Redistribución das retribucións.

A estrutura retributiva do persoal laboral ao servizo deste concello unificaráse e asemellarse a estrutura retributiva do persoal funcionario, para o que, e previo acordo negociado que deberá afectar a todo o persoal do ámbito de aplicación deste Convenio Colectivo, tenderá a elaborarse baixo os seguintes conceptos retributivos:

- Complemento de Destino - Complemento Específico. - Complemento de Produtividade - As gratificacións por servizos extraordinarios - As indemnización por razón de servizo

Artigo 10.2.- Homoxeneización do Complemento de Destino. En aras dunha necesaria equiparación en materia de complementos de destino, na administración local deste concello normalizarase ata os seguintes niveis mínimos aplicables a todo o persoal laboral desta entidade local.

Grupo

Nivel mínimo

I

22

II

18

III

16

IV e V

14

VI e VII

12

Consecuentemente, todos os postos de traballo que teñan asignado ou na súa equiparación salarial resulten cun nivel inferior aos niveis mínimos que se establecen, tenderán a ser equiparados nos sucesivos orzamentos deste concello, de tal xeito que se adecúen a estes no prazo máximo de catro anos, a contar dende a publicación definitiva do presente Convenio Colectivo.

A Mesa Xeral de Negociación determinara as condicións e outros prazos nos que a aplicación dos niveis mínimos se fagan efectivos.

Artigo 10.3.- Complementos específicos.

1.- O Complemento específico está destinado a retribuír as condicións particulares dos postos de traballo en atención á súa especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade ou penosidade. A súa contía total recollerá precisamente as asignacións que noutro tipo de estruturas de nóminas do persoal laboral figuran como Complemento de: convenio, dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade, perigosidade, penosidade, nocturnidade,.. Na valoración da dedicación e penosidade dos postos de traballo teranse en conta especificamente as tarefas desempeñadas en réxime de especial dedicación, en horarios nocturnos, festivos ou en réxime de distorsión horaria, nos termos establecidos no capítulo VIII deste acordo.

2.- En ningún caso poderá asignarse mais dun complemento específico a cada posto de traballo, aínda que ao fixalo poderán tomarse en consideración conxuntamente dúas ou mais das condicións particulares que poidan concorrer nun posto de traballo.

3.- O establecemento ou modificación do Complemento Específico esixirá, con carácter previo, que pola Corporación se efectúe unha valoración previa do posto de traballo atendendo ás circunstancias expresadas no número anterior e negociadas coa representación sindical dos traballadores e ratificada na Mesa Xeral de Negociación.

4.- Efectuada a valoración, o Pleno da Corporación determinará as contías que corresponden a cada posto de traballo, que serán incluídas nas relacións de postos. Tódolos complementos deben recoller o principio de igualdade de trato e non discriminación

Artigo 10.4.- Complemento de Produtividade.

1.- O complemento de produtividade está destinado a retribuír o especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa con que o traballador/a desempeña o seu traballo.

2.- Corresponde ao Pleno de cada Corporación, previa negociación na Mesa Xeral de Negociación, determinar nos orzamentos a cantidade global destinada á asignación do Complemento de Produtividade, e os criterios de distribución de dita contía.

Corresponde ao Alcalde/sa - Presidente/a da corporación, mediante resolución motivada, a distribución de dita contía entre os diferentes programas ou áreas e a asignación individual do Complemento de Produtividade, con subxección aos criterios establecidos polo Pleno, sen prexuízo das delegacións que poida conferir.

3.- Ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 9/87 de órganos de representación, os criterios de distribución e asignación individual dos complementos de produtividade, serán obxecto de negociación coa representación sindical.

4.- As cantidades que perciba cada traballador/a por este concepto serán de coñecemento público, tanto polos demais traballadores/as do concello como dos representantes sindicais e en ningún caso poderán ser fixas na súa contía nin periódicas no seu abono

Artigo 10.5.- Gratificacións.

1.- As gratificacións, que en ningún caso poderán ser fixas na súa contía nin periódicas no seu abono, deberán responder a servizos extraordinarios realizados fora da xornada normal de traballo.

2.- Tal e como se establece no artigo 8.3.4.- Servizos extraordinarios fora da xornada laboral, a retribución dos servizos extraordinarios terá carácter excepcional, debendo ser compensados preferentemente en tempo libre. En todo caso, cando se dean situacións de excepcionalidade previstas no dito artigo que impiden a compensación en tempo libre, os servizos extraordinarios serán retribuídos co seguinte criterio:

- Cada hora extraordinaria traballada dentro da xornada laborable e diúrna retribuirase co valor dunha hora normal.

- Cada hora extraordinaria traballada en horario nocturno retribuirase co valor dunha hora normal incrementado no 50%.

- Cada hora extraordinaria traballada en sábados non laborables, días libres, domingos e festivos, retribuirase co valor dunha hora normal incrementada nun 100%.

- Cando concorran as dúas circunstancias de festividade e nocturnidade, os incrementos acumularanse ate un 150% sobre o valor da hora normal.

3.- O valor da hora normal de traballo será o resultado de dividir a retribución anual bruta de cada traballador/a (deducidos os trienios e a produtividade) entre 1.647 (xornada laboral en cómputo anual).

Artigo 10.6.- Indemnizacións por razóns de servizo.

10.6.1.- Gastos de desprazamento.

Terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades a pagar ao persoal polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servizo encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta da Entidade utilizando o medio de transporte que se determine, procurando que o desprazamento se efectúe por liñas regulares de transporte.

Para o seu pago estarase ao disposto en cada momento para a Administración Xeral do Estado en materia de Dietas e Kilometraxe, actualmente regulado polo RD 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón del servizo.

10.6.2.- Indemnización por asistencia.

Indemnizarase a asistencia a sesións de tribunais ou Comisións de selección para o acceso ou promoción no emprego público, sempre que teñan lugar fóra da xornada laboral.

As contías serán as que se establezan en cada momento la lexislación estatal ou autonómica aplicable en cada momento.

10.6.3.- Axudas de custo.

Entenderase por axuda de custo a cantidade que se pagará polos gastos orixinados cada día pola estancia e manutención fóra da residencia habitual por razóns de servizo.

Estas contías actualizaranse automaticamente de acordo á lexislación estatal.

10.6.4.- Indemnización especial.

Que se define como a compensación que corresponde polos danos, perdas ou gastos extraordinarios que se produzan sobre o patrimonio do empregado/a por razón ou como consecuencia dos servizos encomendados.

As contías das indemnizacións por razóns de servizo establecidas neste artigo, serán actualizadas anualmente nas contías que para estes efectos determine a normativa estatal.

Artigo 10.7.- Gratificación especial.

Para todo o persoal que por necesidades do servizo, se vexa obrigado a traballar as noites dos días 24 e 31 de Nadal, deberán compensarse cunha gratificación especial, igual ao valor dobre dunha xornada normal de traballo efectivo.

Artigo 10.8.- Nómina.

Tódalas percepcións do persoal laboral da Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros realizaranse a través da nómina, establecéndose a prohibición de facelo doutro xeito. O cobro da nómina deberá poder efectuarse antes do cuarto día de cada mes. A nómina deberá conter tódolos datos persoais precisos e os conceptos retributivos detallados e en concreto, sempre de xeito claro, o importe bruto, as deducións e o importe líquido, procurando a maior transparencia e claridade posibles.

Artigo 10.10.- Exclusión.

Estas percepcións económicas non serán obligatoriamente aplicables a aqueles contratos de duración non superior a un ano formalizados por razóns de interese social e que conten con unha subvención directamente vinculada aos mesmos. Tamén terán un réxime de retribucións especial aqueles traballadores que a contía das súas retribucións estivese pactada por hora de traballo.

BASE XI.- ACCIÓN SOCIAL.

Artigo 11.1.- Constitución dun Fondo Social.

1.- Ao abeiro do presente Convenio Colectivo a Administración Local do Concello de Barreiros, durante a vixencia do presente acordo poderá constituír un fondo social consignando orzamentariamente, o equivalente a unha partida inicial de 3000€ que se irá incrementando anualmente na mesa de negociación para financiar accións e programas de carácter social.

2.- As accións financiables con cargo a este fondo serán obxecto de negociación na Mesa Xeral de Negociación do ámbito respectivo e, se é o caso, cos delegados de persoal ou Comité de Empresa.

A título orientativo, ás accións que poderán ser obxecto de financiamento poderán consistir en subvencións de garderías, sanitarias (oftalmolóxica, odontolóxica,..), por estudos, diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, compra de vivenda,..

3.- As contías e as normas de xestión regularanse por un regulamento ou normas de xestión de acción social, que deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación.

Artigo 11.2.- Anticipos.

O persoal desta administración local no ámbito de aplicación do presente Convenio Colectivo poderá, previa solicitude no departamento de persoal, percibir un anticipo extraordinario do seu salario e sen xuro, nunha contía máxima equivalente o salario a percibir con cargo as duas pagas extras de Xuño e Decembro.

Artigo 11.3.- Asistencia Xurídica.

A Administración Local do Concello de Barreiros, garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a tódolos traballadores que a precisen por razón de conflitos con terceiros derivados da prestación do servizo.

Artigo 11.4.- Seguros.

1.- A Administración Local do Concello de Barreiros asumirá as posibles responsabilidades civís que puideran derivarse da prestación do servizo dos traballadores propios, excepto no caso de neglixencia debidamente probada. Para estes efectos, a Administración Local do Concello de Barreiros deberá subscribir unha póliza que garanta unha cobertura adecuada por este concepto.

2.- Do mesmo xeito a Administración Local do Concello de Barreiros, deberá concertar unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os seus traballadores, que cubra os riscos de morte e incapacidade laboral permanente e invalidez absoluta, total e a gran invalidez. Con este fin recadará ofertas-orzamentos de varias entidades, co obxecto de establecer os importes concretos de indemnización, que deberán ser negociados coa representación sindical. Este seguro preveráse nos orzamentos para o exercicio 2013.

BASE XII.- RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 12.1.- Réxime disciplinario.

1.- O persoal local poderá ser sancionado pola comisión das faltas tipificadas, e a través do procedemento establecido no Real Decreto Lexislativo 781/86, de 18 de abril, Real Decreto 33/1986, de 10 de xaneiro e Decreto 94/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de Réxime Disciplinario dos funcionarios da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O persoal laboral desta administración local do Concello de Barreiros utilizará esta mesma norma como referencia.

O réxime disciplinario establecido enténdese sen prexuízo da responsabilidade civil ou penal en que poidan incorre-los traballadores, a cal se fará efectiva na forma que determine a Lei.

2.- As faltas cometidas polos traballadores/as no exercicio dos seus cargos poderán ser: Moi graves, graves e leves, tal e como se establece na lexislación á que se fai referencia.

3.- As persoas responsables, sancións disciplinarias, extinción de responsabilidade disciplinaria, tramitación (disposicións xerais, ordenación, iniciación, desenvolvemento e terminación), xunto coas disposicións adicionais, transitorias e derrogatoria; configurarán no seu conxunto o procedemento disciplinario.

4.- En todo caso garantirase a audiencia do/a interesado/a e a presentación pola súa parte das alegacións que estime oportunas ao longo do procedemento así como a audiencia dos órganos de representación sindical nos momentos procesuais importantes: incoación, prego de cargos e proposta de resolución.

BASE XIII.- CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN.

Conscientes da existencia nas Entidades Locais que integran a Administración Local dun importante volume de emprego temporal que responde a necesidades de carácter permanente e estrutural, así como dun importante grupo de traballadores laborais fixos que, de acordo coa normativa vixente ocupan postos que deberían estar reservados a persoal funcionario, co obxectivo de solventar as situacións aludidas, formulase o presente articulado de consolidación de emprego temporal e funcionarización de persoal laboral, de conformidade coa lexislación vixente aplicable, para a súa aplicación na Administración Local do Concello de Barreiros.

Artigo 13.1.- Consolidación de emprego temporal.

1.- Co obxectivo de axiliza-los procesos de consolidación de emprego temporal de natureza estrutural e permanente, o Concello comprométese a elaborar e aprobar no prazo mais breve posible, unha Relación de Postos de Traballo, proceso no que se garantirá a participación do persoal. Na mesma avaliarase a situación laboral do Concello e proporase a creación das correspondentes prazas co fin de incluír as mesmas na oferta de emprego público. Antes da súa aprobación polo Pleno do Concello a RPT será negociada cos representantes sindicais.

2.- Co fin de garantir e facilitar os procesos de consolidación de emprego temporal, na primeira Oferta de Emprego Público que se aprobe trala publicación da RPT e nun proceso específico separado do de ingreso, incluiránse tódolos postos de traballo de carácter permanente que estableza a RPT que estean ocupados por persoal temporal.

3.- En tanto non se aprobe a correspondente Oferta de Emprego Público destinada a consolidar o emprego temporal, o Concello comprométese, na medida en que a capacidade económica do Concello o permita, a asegurar a continuidade da vinculación contractual daqueles traballadores que teñan contrato laboral en vigor na data de aprobación deste Convenio e xa estiveran contratados antes do 1 de xaneiro de 2005, sempre que a súa vinculación non responda a funcións ou tarefas de carácter coxuntural e non permanente, e non dependa exclusiva e íntegramente de financiamento alleo.

4.- A consolidación de emprego deberá realizarse de acordo coas necesidades de planificación estratéxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá conlevar a recolocación e traslados de prazas e postos precisos, de conformidade coas necesidades dos servizos e ao abeiro dos procedementos de provisión previstos.

5.- A convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino e consolidación do emprego temporal estrutural e permanente efectuarase de acordo cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, mediante o sistema de concursooposición. Na fase de concurso valoraranse, entre outros méritos e singularmente, a experiencia nos postos de traballo obxecto da convocatoria ou noutros de similares características, así como a experiencia en calquera posto desenvolvidos no Concello. As bases da convocatoria de prazas que deban ser obxecto de consolidación serán negociadas coa representación sindical.

6.- O contido das probas gardará relación cos procedementos, as tarefas e as funcións habituais dos postos obxecto de cada convocatoria.

Artigo 13.2.- Procesos de funcionarización.

Os procesos de funcionarización responden á necesidade de adaptar á normativa vixente o réxime xurídico (funcionario, laboral), dos postos de traballo das entidades locais. Esta adaptación reviste un maior interese despois da publicación da Lei 5/97 da Administración Local de Galicia que determina os postos que poden ser desempeñados en réxime laboral, precisando a regulación contida no artigo 15 da Lei 30/84. De acordo co sinalado, a Mesa Xeral de Negociación da Administración Local do Concello de Barreiros, con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e relacións de postos de traballo, poñerán en práctica as seguintes medidas:

1) A Mesa de Negociación desta Administración Local revisará e concretará na Relación de Postos de Traballo aqueles que estando desempeñados por persoal laboral deban ser desempeñados por persoal funcionario, de acordo coa normativa vixente, adscribindo os postos á Escala e grupo correspondente. 2) De acordo coa normativa vixente, e trala negociación sindical, estudaranse os correspondentes procesos de funcionarización que serán aplicables ao persoal laboral que ocupe postos de traballo que deban desempeñarse en réxime funcionarial. Ós procesos de funcionarización seranlles aplicados como mínimo os seguintes criterios:

a) Seralles de aplicación o proceso de funcionarización e, en consecuencia, poderán participar neste, aqueles traballadores contratados en réxime laboral á entrada en vigor da Lei 23/1988 que modifica o artigo 15 da Lei 30/1984 que ocupen un posto que deba ser desempeñado en réxime funcionarial

b) Para acceder ás correspondentes prazas de persoal funcionario os aspirantes deberán reunir os requisitos xerais de acceso á Función Pública Local, de acordo coa normativa vixente

c) As probas selectivas serán adecuadas ao nivel profesional do Corpo ou escala correspondente

d) As convocatorias poderán ser sectorizadas e esixiranse coñecementos relacionados coas tarefas que se desenvolvan na área de actividade correspondente

e) Procurarase facilitar ao persoal afectado formación axeitada ás esixencias dos correspondentes procesos selectivos

f) Os Plans de Emprego poderán establecer criterios específicos en particular sobre as oportunidades dos candidatos para concorrer ás probas selectivas

g) Os procesos de funcionarización non poderán afectar ás expectativas do persoal funcionario e laboral en materia de mobilidade e promoción.

BASE XIV.- FORMACIÓN NAS ENTIDADES LOCAIS.

Artigo 14.1.- Obxectivos.

A Formación dos empregados públicos nas entidades locais, tanto a continua como a inicial, constitúe un valor fundamental para calquera proxecto que queira afrontar a modernización destas.

Neste contexto a formación debe ser considerada como unha necesidade e unha obrigación, constituíndo un factor básico para incrementar a motivación e a integración dos empregados públicos e un mecanismo eficaz e indispensable para articular a mobilidade e a promoción.

É manifesta, pois, a importancia da formación nos momentos actuais para desenvolver unha administración local máis eficaz, polo que as súas principais funcións serán as seguintes:

- Unha función de adaptación permanente á evolución das profesións e do contido dos postos de traballo e, polo tanto, de mellora das competencias e cualificacións indispensables para incrementar a eficacia e a calidade dos servizos que prestan as administracións públicas e o persoal ao seu cargo. - Unha función de promoción que permita a un gran número de empregados públicos evita-lo estancamento na súa cualificación profesional. - É unha función de axeitamento e integración das previsións dos plans de emprego, entendidos como mecanismo de planificación estratéxica dos recursos humanos.

En virtude do exposto, as partes asinantes neste Convenio Colectivo, constituirán a Mesa de Formación Continua da administración local do Concello de Barreiros e os sindicatos.

Unha vez sexa asinado este Convenio Colectivo, en todo caso, nun prazo non superior a tres meses, a Mesa de Formación Continua, elaborará un regulamento de funcionamento que garanta a participación en tódolos procesos de formación continua que se deriven da súa actuación.

Artigo 14.2.- A Mesa de Formación Continua.

A Administración Local do Concello de Barreiros e os sindicatos asinantes deste Convenio Colectivo consideran que a coparticipación de todos os axentes no desenvolvemento da formación é a mellor garantía para unha maior eficacia en canto a resultados, para proporcionar así aos cidadáns uns servizos públicos de calidade, posibilitando a súa adaptación aos continuos cambios e axeitándoos ás novas demandas sociais.

En consecuencia co devandito, recoñecen a importancia da Mesa de Formación co obxecto da participación e seguimento dos plans e programas de formación con tres funcións esenciais:

- Aprobación e elaboración de estudios previos para o desenvolvemento dos plans e programas de Formación Continua.

- A detección, valoración e análise das necesidades formativas no campo da administración local deste concello. - Seguimento e avaliacións dos plans de formación.

Artigo 14.3.- Os Plans de Formación. Contido.

Os plans de formación que se presenten diante da Mesa de Formación Continua terán, como mínimo, o seguinte contido:

a) Obxectivos e descrición das accións a desenvolver

b) Ámbito de aplicación do plan: unidades administrativas e administracións ás que afecta

c) Colectivo afectado e número de participantes

d) Calendario previsto de execución

e) Custo estimativo das distintas actividades formativas

f) Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade

g) Modalidade de xestión das actividades formativas. Terase en conta a conciliación da vida familiar e laboral, facilitando na medida do posible, que os cursos se impartan dentro do horario laboral

h) Criterios de avaliación do plan de formación.

Artigo 14.4.- Carácter dos Plans de Formación.

Así mesmo, nos plans de formación continua elaborados pola Mesa de Formación Continua, recolleranse primordialmente accións de formación dirixidas aos empregados e empregadas locais, que polas características da súa entidade (tamaño, dispersión xeográfica, ..) non teñen capacidade suficiente para elaborar o seu propio plan, de xeito que cunha boa coordinación non se repitan e solapen accións para poucos destinatarios, senón que cheguen a todos.

Artigo 14.5.- Detección de necesidades, análise e avaliación dos plans.

A administración local do Concello de Barreiros e as centrais sindicais asinantes deste Convenio Colectivo, a través da Mesa de Formación Continua, realizarán a detección de necesidades e a súa análise de formación no campo desta administración local, co obxectivo de que os plans de formación unha vez avaliados, se elaboren en congruencia cos obxectivos e as prioridades da organización, e se integren na planificación estratéxica da administración á que pertenzan.

Artigo 14.6.- Acceso aos plans de formación.

1.- Tódolos empregados públicos locais, deberán ter a posibilidade de acceder aos plans de formación continua das súas entidades, así como a plans agrupados que engloben a esta administración local.

2.- En todo caso, os/as traballadores/as disporán dun mínimo de 40 horas anuais para dedicar á formación, que serán computadas como tempo de traballo efectivo.

3.- Aqueles traballadores que realicen cursos de formación de carácter oficial pertencentes os plans de formación continuada da FEMP, FEGAMP, EGAP, deste concello, organizados por sindicatos,.., poderán adaptar o seu horario de traballo para a asistencia aos mesmos, computando o tempo invertido neles como tempo de traballo efectivo.

4.- Quen, muller ou home, estea utilizando ou utilizase, nos últimos dous anos, unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha redución de xornada ou unha excedencia para o coidado de familiares terá un dereito preferente a participar nos cursos formativos que teñan acceso ben por programación de plans propios de formación ou por participación en plans agrupados nos que participe a administración local do Concello de Barreiros. (adaptación do Art. 45 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes).

BASE XV.- PLAN DE IGUALDADE.

Artigo 15.1.- Medidas que promoven a igualdade (Plan de igualdade).

A Lei orgánica 3/2007 para a igualdade recolle a necesidade de elaboración de plans de igualdade (art. 45) baseados nunha diagnose previa da situación. Estes plans fixarán os obxectivos concretos de igualdade, as estratexias que cómpre adoptar para conseguilos, así como o establecemento de sistemas eficaces de seguimento e avaliación dos obxectivos fixados mediante indicadores fiables.

O Concello de Barreiros, concretará un Plan de Igualdade, para o que iniciará as xestións necesarias para recibir o apoio técnico e económico coas axudas contempladas no artigo 12 da Lei do traballo en igualdade de mulleres e homes de Galicia, coa solicitude ao departamento da administración autonómica competente en materia de traballo a subvención da contratación de persoal especializado destinado a asesorar na elaboración do Plan de Igualdade para este Concello.

O documento resultante será, previa ratificación na Mesa Xeral de Negociación do Concello de Barreiros, incorporado como anexo ao presente Convenio Colectivo e terá o mesmo rango e vixencia do propio convenio no que se integra.

Tras a implantación do plan de igualdade, o Concello de Barreiros solicitará dos organismos autorizados para tal efecto que promovan o recoñecemento de distintivo a favor da igualdade desta administración local.

Artigo 15.2.- Obxectivos.

O Concello de Barreiros no seu plan de igualdade apostará por unha serie de medidas destinadas a fomentar a igualdade de oportunidades real e efectiva entre mulleres e homes no seu traballo, os seus obxectivos son a inclusión neste Convenio Colectivo de medidas de acción positiva sobre: acceso ao emprego, estabilidade na contratación, formación, diversidade profesional, promoción profesional, retributiva, xornada e permisos (ordenación do tempo de traballo para favorecer, en termos de igualdade entre homes e mulleres, a conciliación laboral, persoal e familiar), así como as medidas axeitadas a evitar e previr a discriminación directa, discriminación indirecta, acoso sexual e acoso por razón de sexo, incorporando o protocolo de actuación ante a existencia desas situacións e recollendo o acoso sexual como falta disciplinaria grave.

BASE XVI.- SAÚDE E SEGURIDADE

Artigo 16.1.- Introdución.

A Lei de Prevención de Riscos Laborais supón unha novidade importante para a protección dos riscos profesionais dos traballadores tanto no ámbito privado como no público. Neste último, constitúe un avance cualitativo de primeira magnitude ó ter contemplado dentro do ámbito da administración pública a protección dos riscos laborais como unha actuación única, indiferenciada e coordinada, que debe chegar a tódolos empregados públicos sen distinción do réxime xurídico que rexa a súa relación profesional coa administración pública.

Non obstante, existen e mantéñense algunhas peculiaridades referidas ó ámbito das administracións públicas locais en canto á determinación e composición de certos órganos de participación e representación que demandan unha adecuación do contido da Lei de Prevención de Riscos Laborais á realidade orgánica e funcional das administracións locais.

Nese sentido, a coexistencia dos órganos de representación fixados pola Lei 9/87, como son as Xuntas de Persoal e os Comités de Empresa, cumpre elabora-lo seguinte acordo de carácter xeral para a adecuación dos Capítulos IV e V da Lei 31/95, de 8 de novembro, ás administracións locais.

En todo caso:

a) Será de aplicación para todo o persoal laboral da administración local do Concello de Barreiros, a actual normativa vixente en materia de saúde laboral, Lei de Prevención de Riscos Laborais (Lei 31/1995 de 8 de novembro)

b) Como premisa xenérica entendemos que a acción en saúde laboral debe estar dirixida ao control dos riscos nos lugares de traballo. É, en esencia, facer prevención

c) Na administración local do Concello de Barreiros haberá como mínimo 1 delegado de prevención, sexa cal fose o seu número de cadro de persoal

d) O Concello de Barreiros facilitará os medios necesarios para que os seus empregados públicos poidan facer unha revisión médica anual, completa e gratuíta, con inclusión de probas médicas específicas para aqueles colectivos que así se recomende

e) Esta administración local e os sindicatos asinantes deste Convenio Colectivo, velarán puntualmente polo estrito cumprimento da normativa aplicable á recollida na Lei de Prevención de Riscos Laborais

f) Para tal fin constituirase unha Comisión de seguimento en materia de saúde laboral, formada por un representante por cada un dos sindicatos asinantes deste Convenio Colectivo e o mesmo número en representación da administración local do Concello de Barreiros

g) Esta Comisión terá competencias de avaliación, información e recomendación, e poderá asumir as competencias dos Comités de Saúde, se é o caso, o non existir tales comités, por non ter cadro de persoal suficiente

h) Reunirase anualmente de xeito ordinario, e de forma extraordinaria sempre que existisen motivos razoados e razoables que así o determinen

i) A Comisión, por unanimidade dos seus membros presentes, poderá denunciar calquera actividade debida á falta de medidas de seguridade e hixiene, que puideran supoñer risco inmediato de accidente ou quebranto grave da saúde, non podendo ningún empregado ser obrigado a traballar en tales condicións, en tanto en canto non se adopten as medidas necesarias para a corrección de tales circunstancias

j) Os compoñentes da Comisión por parte dos sindicatos disporán do tempo empregado no desempeño do seu cometido como membros desta, e sempre que a convocatoria se corresponda cunha reunión de carácter ordinario ou extraordinario, de tal xeito que para tódolos efectos ese tempo será considerado dentro da xornada ordinaria de traballo, debendo contar para tal utilización de tempo coa xustificación por escrito e anticipada polo menos con 48 horas polo presidente desta

k) A Comisión de entre os seus membros nomeará un secretario/a, que será o encargando/a de convocar de xeito ordinario ou, se fose preciso, de xeito extraordinario as reunións desta

l) Para convocar unha reunión extraordinaria da Comisión será preciso a solicitude, por escrito, cando menos de 1/3 dos seus compoñentes.

Artigo 16.2.- Servizos de prevención.

1.- En cumprimento do deber de prevención de riscos profesionais, os órganos competentes en materia de persoal, determinarán tras negociación coas organizacións sindicais asinantes deste Convenio Colectivo, e en función da estrutura organizativa e territorial dos seus organismos, así como do tipo de riscos presentes no sector e a incidencia destes nos empregados públicos, o tipo de servizo de prevención máis axustado ás súas características.

2.- Os órganos competentes en materia de persoal poderán designar un ou varios empregados públicos para ocuparse da actividade de prevención de riscos profesionais, constituír un servizo de prevención ou concertar o dito servizo cunha entidade especializada, tras negociación coas organizacións sindicais asinantes deste Convenio Colectivo. Cando se opte pola designación de empregados públicos para a realización de actividades de prevención, esta deberá ser negociada cos órganos de representación do persoal.

3.- As funcións dos servizos de prevención axustaranse ó disposto no artigo 31 da Lei 31/95, de Prevención de Riscos Laborais.

Artigo 16.3.- Consulta e participación.

1.- No ámbito específico para o exercicio da función de participación en materia preventiva será, con carácter xeral, o dos comités de empresa e os delegados de persoal, sen prexuízo das adaptacións que sexan necesarias en función dos comités de seguridade e saúde que se creen.

2.- Na administración local do Concello de Barreiros e os seus organismos autónomos, no ámbito específico para a función de participación en materia preventiva será o do Comité de Empresa ou delegados de persoal correspondentes.

3.- A representación sindical terá dereito a participar en cada entidade nos procesos de determinación, selección e contratación -se procededos sistemas de prestación da cobertura de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, todo elo sen perxuicio das determinacións establecidas na Lei de Contratos do sector Público.

Artigo 16.4.- Comité de Seguridade e Saúde.

1.- O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación, destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e avaliación de prevención de riscos na Administración Local.

2.- Con carácter xeral, constituirase un único Comité de Seguridade e Saúde no ámbito dos órganos de representación do Persoal Laboral ao servizo desta Administración Local, que estará integrado polos Delegados de Prevención designados no dito ámbito, tanto para o persoal con relación de carácter administrativo como para o persoal laboral, e por representantes da Administración en número non superior ó de Delegados.

3.- Non obstante o sinalado nos apartados anteriores, poderán constituírse Comités de Seguridade e Saúde ou Delegados de Prevención específicos noutros ámbitos, cando as razóns da actividade e o tipo de frecuencia dos riscos así o aconsellen, tras acordo do respectivo Comité de Seguridade e Saúde correspondente.

4.- A constitución do Comité de Seguridade e Saúde farase proporcionalmente ao número de efectivos do persoal funcionario e laboral existente no ámbito de representación correspondente. Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde participarán, con voz pero sen voto, os Delegados Sindicais e os responsables técnicos.

5.- O Comité de Seguridade e Saúde reunirase semestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións neste. O Comité de Seguridade e Saúde adoptará as súas propias normas de funcionamento.

Artigo 16.5.- Delegados de Prevención.

1.- Os Delegados de Prevención, de acordo co disposto no artigo 35.4 da Lei 31/95, de 8 de novembro, serán designados polas organizacións sindicais con representación nos ámbitos dos órganos de representación do persoal.

2.- A designación dos delegados de prevención deberá realizarse de entre aqueles traballadores que sexan membros do Comité de Empresa ou delegados de persoal correspondentes ao ámbito de representación, e no seu defecto de entre o persoal laboral do ámbito correspondente.

3.- O número de Delegados de Prevención que poderán ser designados axustarase á Escala establecida no artigo 35.2 da Lei 31/95 de 8 de novembro:

Ata 49 traballadores: 1 Delegado de prevención

De 50 a 100 traballadores: 2 Delegados de prevención

De 101 a 500 traballadores: 3 Delegados de prevención

De 501 a 1.000 traballadores: 4 Delegados de prevención

De 1.001 a 4.000 traballadores: 1 Delegados de prevención a maiores (por cada 1000 traballadores ou fracción)

De 4.001 en diante: 8 Delegados de prevención

4.- O tempo utilizado polos delegados de prevención para o desempeño das funcións previstas no artigo 36 da Lei de Prevención de Riscos Laborais será considerado como de exercicio de funcións de representación, para efectos de utilización do crédito de horas mensuais retribuídas previsto na letra e) do artigo 68 do Estatuto dos Traballadores e a letra d) do artigo 11 da Lei 9/87 de Órganos de Representación, e artigo 10.3 da LOLS. Os empregados públicos designados como delegados de prevención que non desfrutarán de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa designación contarán co mesmo crédito horario cós membros dos órganos unitarios de representación da cada ámbito. En defecto do dito órgano, corresponderalle o crédito horario en proporción ao número de empregados públicos, cara o que dirixe a súa actividade preventiva.

5.- Os órganos competentes proporcionarán aos delegados de prevención os medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o exercicio das súas funcións.

6.- A formación deberá ser facilitada pola administración polos seus propios medios ou mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.

7.- O tempo dedicado á formación en materia de prevención será considerado como tempo de traballo para tódolos efectos.

Artigo 16.6.- Roupa de Traballo

1.- O Concello de Barreiros facilitará a todo o persoal ó seu servizo, de acordo cos representantes do persoal laboral, a roupa de traballo e calzado profesional homologado e de uso obrigatorio ou que se considere necesario para o adecuado desempeño das funcións propias do posto de traballo. Tamén facilitará os equipos de protección individual axeitados para o desempeño das súas funcións, cando as condicións e a natureza do traballo o requiran.

2.- Os equipos de protección individual deberán empregarse cando os riscos non se poidan evitar ou non se poidan limitar por medios técnicos de protección colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo. Os equipos de protección individual repoñeranse sempre que sexa preciso.

3.- O Concello de Barreiros facilitará cada ano, naqueles postos que resulte preciso, un equipamento completo de inverno e outro de verán, que serán entregados en outubro e maio respectivamente. No caso de rotura dalgún dos elementos do equipo, este será substituído. (Neste punto, propoñemos que se asigne unha cantidade económica por persoa que formaría parte dunha partida orzamentaria única. Posteriormente, os traballadores farían as peticións concretas da roupa de traballo, sen que necesariamente sexa un equipamento completo, que precisan mediante comunicación á persoa encargada da dotación presupostaría para despois facer un único pedido por temporada a través do encargado de xestionalo) Achegase Anexo Vestiario do Persoal

BASE XVII.- DEREITOS SINDICAIS

Artigo 17.1.- Principio Xeral.

A Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros que asume este Convenio Colectivo recoñece e aplicará a Lei Orgánica 11/85, de 2 de agosto, de Liberdade Sindical (LOLS) modificada pola Lei Orgánica 14/94, de 19 de maio, así como a Lei 9/1987, de 12 de xuño, de Órganos de Representación, Determinación das Condicións de Traballo e Participación do Persoal ao Servizo das Admóns. Públicas, á Lei 9/1987, de 12 de Maio (LORP), de Representación, Determinación das Condicións de Traballo, e Participación do Persoal ao servizo das Admóns Públicas e o establecido no Estatuto dos Traballadores respectivamente, en todo o referido a este, así como o Convenio 151 da OIT, de 27 de xuño de 1978, sobre a protección do dereito de sindicación e os procedementos para determinar as condicións de emprego nas Admóns. Públicas. Asemade na Administración Local de Galicia, e en virtude deste Acordo Marco negociado coa FEGAMP, poderán establecerse bolsas de horas sindicais.

Artigo 17.2.- Garantías e facultades dos representantes dos traballadores.

Os membros dos órganos de representación electos terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do órgano competente nos supostos de seguirse procedemento disciplinario a un deles, sen prexuízo do/da interesado/a que se regule no dito procedemento

b) Expresar individualmente e colexiadamente, con liberdade, as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír as informacións de interese profesional, laboral e social. Para estes efectos, a Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros disporá a colocación ás súas expensas de taboleiros de anuncios para a exposición con carácter exclusivo para os órganos de representación, de calquera información do tipo da anteriormente reseñada, en tódolos centros de traballo pertencentes a dita Entidade Local, en lugares adecuados e visibles do centro, de forma que se garanta a publicidade máis ampla do que se expoña. Así mesmo, a autoridade ou órgano competente desta Entidade Local deberá facilitarlles aos órganos de representación a utilización de medios e materiais de traballo para a confección das informacións antes citadas, sempre que se efectúe de forma racional e moderada e non prexudique o normal funcionamento dos servizos

c) Non poder ser sancionados disciplinariamente nin discriminados no seu traballo, promoción económica ou profesional, nin trasladados con carácter forzoso en razón precisamente do desempeño da súa representación, durante o seu mandato, nin dentro dos dous anos seguintes a expiración deste

d) Dispoñer dun número de horas mensuais das correspondentes á súa xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa escala que establece a normativa legal. Non obstante o anterior, o presente Convenio Colectivo establece a maiores, un número mínimo de 15 horas mensuais para a representación sindical. No cómputo das asignacións horarias excluirase o tempo investido na asistencia a sesións de Comisións Informativas ou órganos da entidade ou a reunións por esta promovidas e a negociacións colectivas de ámbito funcional da Entidade

e) Utilizar para a súa actividade un local facilitado para o efecto pola entidade, unha vez rematado o edificio de servicios múltiples municipal, que posúa unhas características e equipamento que satisfagan as diversas necesidades que en canto a capacidade, dotación, material e localización física puideran presentarse. En todo caso cando exista Comité de Empresa, e en función do espazo dispoñible, habilitarase un local cos medios necesarios para tal fin

f) Serlles admitida a súa abstención ou recusación no suposto de ser designados como instrutor/a ou secretario/a nun expediente disciplinario.

Artigo 17.3.- Capacidade.

Os órganos de representación terán capacidade xurídica para exercer accións administrativas ou xurídicas en todo o relativo ó ámbito das súas competencias por decisión maioritaria dos seus membros.

Artigo 17.4.- Competencias.

Os órganos de representación sindical terán as seguintes competencias:

a) Recibir a máis completa información dos asuntos que afecten ó persoal da Administración Local do Concello de Barreiros, isto por conduto dos responsables de persoal desta

b) Investigar e informarse, por iniciativa propia, de tódalas cuestións que afecten ó persoal agás os que afecten á intimidade persoal da respectiva Entidade Local, dispoñendo para tal fin de acceso, consulta e reprodución gratuíta de toda a documentación relativa ás ditas cuestións, por simple solicitude ou obter autorización por escrito para o efecto. Neste sentido, os xefes das dependencias ou servizos nos que obre documentación relativa ós ditos asuntos, veranse obrigados a facilitala permitindo a súa consulta e reprodución, sen prexuízo das garantías que se estime oportuno adoptar para evita-lo extravío dos documentos, así como das responsabilidades nas que os solicitantes puideran incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional

c) Recibir información completa previa e inmediata relativa ós procesos selectivos que se realicen no Concello. No caso de que a lexislación aplicable o permitise, formar parte dos Tribunais de Selección en ditos procesos selectivos

d) Participar e colaborar así como informar xunto cos delegados de prevención, en materia de prevención de riscos laborais e determinación das condicións de traballo

e) Convocar reunións de persoal ou asembleas de traballadores durante a xornada de traballo. Neste sentido, están lexitimados para convocar reunións ou asembleas de persoal da Administración Local do Excmo. Concello de Barreiros, de sector ou no seu conxunto:

- Organizacións sindicais, ou a través dos delegados sindicais. - Órganos de representación electos. - Calquera colectivo público, sempre que o seu número non sexa inferior o 40% do colectivo afectado.

Artigo 17.5.- Exercicio do dereito de reunión ou asemblea. Requisitos.

O exercicio do dereito de reunión ou asemblea tanto de afiliados a unha sección sindical ou de persoal en xeral aterase os seguintes requisitos:

a) Formularse cunha antelación mínima de corenta e oito horas, salvo en casos excepcionais

b) Sinalar a hora, lugar e data da celebración

c) Remitir datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convocar a reunión ou asemblea

d) Se no prazo de 24 horas seguintes á data na que se rexistrou a solicitude de autorización, o/a Sr/Sra. Alcalde/sa-Presidente/a ou Concelleiro/a de persoal da entidade local non formulara obxeccións por escrito ao respecto, poderá celebrarse sen outro requisito posterior

e) As reunións e asembleas poderán ter carácter xeral ou realizarse por servizos, dependencias ou centros de traballo

f) Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de traballo, salvo a seguridade de instalacións e dependencias e que a súa realización teña lugar cando se atopen abertos os lugares de reunión ou a súa apertura non supoña dificultades importantes

g) Tamén poderán realizarse reunións e asembleas de traballadores dentro da xornada laboral, tendo en conta a seguinte táboa como límite:

Nº de traballadores do concello. Nº de horas anuais.

Ata 30 ……………………………………………… 8

De 31 a 100 ………………………………………. 10

De 101 a 250 ………………………………………. 12

Máis de 250 ………………………………………… 15

CLAÚSULAS ADICIONAIS

 
D.A. 1ª

As partes asinantes deste Convenio Colectivo, conscientes das situacións indicadas na exposición de motivos en relación coa dispersión da normativa vixente en materia de función pública local, consideran necesaria a elaboración dunha nova Lei ou Estatuto da Función Pública Local que, con carácter de normativa básica e vinculante sirva de marco regulador das condicións de emprego no sector.

D.A. 2ª

Nas convocatorias de promoción interna a prazas de persoal de oficios encadradas no grupo D ou equivalente, esixirase como único requisito para os aspirantes pertencentes ao grupo E estar en posesión do título esixido para o ingreso na praza de procedencia.

D.A. 3ª

As partes asinantes coinciden en que, no novo marco legal que debe regular a función pública local galega, os corpos dos servizos de extinción de incendios e salvamento deberán dotarse con persoal que reúna un grao de cualificación importante, polo que, o persoal pertencente á escala executiva destes corpos deberá clasificarse no grupo III, sendo esixible para o ingreso a titulación correspondente. Para estes efectos, negociaranse as condicións retributivas en que esta integración deba levarse a cabo.

D.A. 4ª

As medidas de xestión dos cadros de persoal que se derivan da aplicación deste Acordo poderán desenvolverse en cada entidade local a través de Plans de Emprego ou Plans de Xestión de Recursos Humanos, nos que os procesos de promoción interna ou funcionarización levaranse a cabo separadamente das Ofertas de Emprego Público.

CLAÚSULA MODIFICATORIA

As modificacións puntuais e parciais de pouca entidade que, no futuro, se pretendan introducir a este Convenio, poderán acordarse pola Mesa Xeral de Negociación do Excmo. Concello de Barreiros, sen a necesidade de denuncia previa deste Acordo.

CLAÚSULA DEROGATORIA

 
D.D UNICA

Quedan derogados todos cantos acordos municipais en materia de persoal, regulamentos de réxime interno e/ou calesquera outra disposición anterior existan no Excmo. Concello de Barreiros ó presente Convenio ou que se opoñan a este texto.

ANEXO I. - VESTIARIO DO PERSOAL

SERVIZO:

Este documento contiene un PDF, para descargarlo pulse AQUI

R. 3129