Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE BRION. PERSONAL LABORAL Y FUNCIONARIO de Coruña
Convenios
Convenio Colectivo de Emp... de Coruña

Última revisión
02/01/2013

Modificacion/Interpretacion. Convenio Colectivo de Empresa de CONCELLO DE BRION. PERSONAL LABORAL Y FUNCIONARIO de Coruña

Empresa Provincial. Versión VIGENTE. Validez desde 22 de Diciembre de 2012 en adelante

Tiempo de lectura: 2 min

Tiempo de lectura: 2 min

Convenio Colectivo
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2013-01-02
Boletín:
Boletín Oficial de A Coruña
F. Vigor:
2012-12-22
Convenio afectado por
Tipo:
Modificacion/Interpretacion
F. Publicación:
2013-01-02
Boletín:
Boletín Oficial de A Coruña
F. Vigor:
2012-12-22

Complemento de prestacion ao persoal funcionario e laboral en situacion de incapacidade temporal (Boletín Oficial de A Coruña num. 1 de 02/01/2013)

O Pleno do Concello en sesión de data 21 de decembro de 2012 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º) Aprobar os complementos retributivos en concepto de mellora voluntaria da acción protectora da Seguridade Social correspondente ás situacións de incapacidade temporal (IT), conforme ás seguintes normas:

1. Aboarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais e polas continxencias comúns que xeren:

-. Hospitalización. Neste caso, cando a situación de IT teña comezado antes da hospitalización e esta teña orixe no mesmo proceso patolóxico aboarase o 100% das retribucións desde o inicio da IT.

-. Intervención cirúrxica e recuperación postoperatoria.

-. Lesións graves ou enfermidades incapacitantes (entendendo por tales as lesións muscoesqueléticas ou óseo-musculares que imposibiliten notablemente a mobilidade).

-. Enfermidades recollidas no anexo do Real Decreto 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

-. Enfermidade común durante o embarazo.

2. Nos casos de incapacidade temporal por enfermidade común ou accidente non laboral o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras:

a) Desde o primeiro día da situación de incapacidade temporal ata o terceiro día inclusive aboarase un complemento ata acadar o 50% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

b) Desde o cuarto día da situación de incapacidade temporal ata o vixésimo día inclusive aboarase un complemento ata acadar o 75% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

c) A partir do día vinte e un aboarase un complemento ata acadar o 100% das retribucións ordinarias que correspondería percibir.

3. As referencias a días incluídas no presente acordo entenderanse realizadas a días naturais.

2º) O presente acordo entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa adopción.

3º) Mediante resolución da Alcaldía resolveranse as cuestións de interpretación e desenvolvemento que se susciten en relación coa aplicación do contido do presente acordo.

4º) Ordenar a publicación do presente acordo no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 21 de decembro de 2012.

O Alcalde.

Asd. José Luis García García.

2012/16104