Convenio Colectivo de Empresa de CROWN EMBALAJES ESPAÑA, S.L.U. (VIGO) de Galicia
Convenios
Convenio Colectivo de Emp...de Galicia

Última revisión
26/09/2006

-. Convenio Colectivo de Empresa de CROWN EMBALAJES ESPAÑA, S.L.U. (VIGO) de Galicia

Tiempo de lectura: 50 min

Tiempo de lectura: 50 min

Resolución do 19 de xullo de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Crown Embalajes España, S. L. U. (Diario Oficial de Galicia num. 186 de 26/09/2006)

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Crown Embalajes España, S. L. U., con nº de código 3600582, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 26-6-2006, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, en data 19-6-2006. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta

delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Concilición.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de xullo de 2006. Pedro Borrajo Rivas Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Colectivo para 2005/2007

Crown Embalajes España, S. L. U.-Fábrica de Vigo Capítulo I Consideracións xerais

Artigo 1º.-Ámbito. O presente convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servizos no centro de traballo de Crown Embalajes España, S. L. U., sito na baixada á Gándara nº 32, Coruxo-Vigo.

Artigo 2º.-Vixencia. O presente convenio colectivo terá unha duración de tres anos.

Logo do cumprimento dos requisitos legais que establezan as leis ao respecto, o presente convenio

entrará en vigor para todos os efectos o día 1 de xaneiro de 2005 e durará ata o 31 de decembro de 2007.

Considerarase prorrogado por un período dun ano máis, se non é denunciado legalmente por calquera das partes antes da data do seu vencemento. Non obstante, subsistirá o seu contido normativo e económico ata a entrada en vigor do novo convenio con excepción do artigo 44 do presente convenio (comité intercentros) que, en ausencia de acordo que o substitúa, non se prorrogará máis alá do 31 de decembro de 2007.

Artigo 3º.-Normas supletorias. Preeminencias. Serán: o Estatuto dos traballadores, a ordenanza laboral da industria metalgráfica ou acordo sectorial que a substitúa e os regulamentos de réxime interior deste centro de traballo.

O pactado neste convenio é preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, observarase o disposto na lexislación. O contido deste convenio establece un mínimo obrigatorio das condicións aquí pactadas.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos. Respectaranse as condicións superiores pactadas e os dereitos adquiridos tanto colectivos como individuais que se teñan establecidos neste centro de traballo, así como as condicións máis beneficiosas de todo o persoal a que afecte o presente convenio.

Artigo 5º.-Comisión paritaria de aplicación, arbitraxe e interpretación.

En cumprimento da lexislación vixente ao respecto, créase unha comisión paritaria, integrada por 5 representantes legais dos traballadores e igual número de persoas por parte da empresa Crown Embalajes España, S. L. U. Cada parte nomea un secretario-portavoz. A convocatoria das reunións corresponderá aos secretarios por instancia de parte, e nun prazo non superior a 10 días.

O cometido da citada comisión paritaria consistirá en informar e asesorar as partes interesadas sobre a interpretación e aplicación das cláusulas e preceptos deste convenio, así como das incidencias que se puideran producir con relación a este. A falta de acordo someterase a cuestión consultada á autoridade competente.

Para que os acordos da comisión paritaria sexan válidos, requirirase o acordo do 80% dos membros que a compoñen.

As funcións da comisión paritaria interpretativa serán as seguintes:

1) Interpretación da totalidade das cláusulas do convenio.

2) Arbitraxe da totalidade dos problemas que deriven da súa aplicación.

3) Vixilancia do cumprimento do pactado. 4) Outras actividades que tendan á maior eficacia

práctica do convenio. Artigo 6º.-Partes asinantes. Son partes asinantes deste convenio colectivo, o comité de empresa, en representación dos traballadores do centro de traballo, e a dirección da empresa que representa a parte empresarial.

Capítulo II Retribucións

Artigo 7º.-Incremento salarial. O incremento salarial para cada un dos anos é: Para o ano 2005 páctase IPC real máis 0,5 puntos (4,2% respecto aos salarios no 31 de decembro de 2004) .

Para os dous anos seguintes de vixencia aplicarase un incremento igual ao IPC previsto polo Goberno da nación máis 0,75 puntos.

Inclúese para os anos 2006 e 2007, cláusula de revisión na porcentaxe que o IPC real supere o previsto e a súa regularización farase nunha soa paga unha vez coñecido o dato correspondente a cada un dos anos.

Estes incrementos serán de aplicación a todos os conceptos económicos incluídos no presente convenio colectivo, con excepción daqueles cuxa negociación se remite habitualmente ao ámbito do comité intercentros (axudas de custo, compensación polo uso profesional do vehículo propio, seguro de vida, seguro de accidentes) nos cales se observará o pactado entre o comité intercentros e a Dirección de Recursos Humanos.

Artigo 8º.-Salario base. Establécese como salario base para cada categoría profesional para 2005 e 2006 o especificado na táboas que figuran no anexo I e anexo II respectivamente.

Os recollidos para o ano 2006 no anexo 2 estarán suxeitos á cláusula de revisión prevista no artigo 7º.

Os correspondentes ao ano 2007 serán os resultantes de aplicar o incremento previsto no artigo 7º aos existentes no 31 de decembro de 2006.

Artigo 9º.-Antigüidade. A antigüidade comezará a percibirse a partir do terceiro ano, a razón do 3% sobre o salario base de cada categoría. Anualmente incrementarase nun 1% ata o límite máximo do 30%.

Segundo establece o artigo 38 do Regulamento de Réxime Interior, xunto coa paga extraordinaria de Nadal, aboaranse, a partir do quinto ano de antigüidade, dous días de salario, incrementándose en dous máis cada tres anos ata o límite máximo de 10 días.

Artigo 10º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Crown Embalajes España, S. L. U. aboaralle ao seu persoal un complemento de asistencia e puntualidade equivalente ao 10% do salario base máis a antigüidade de cada categoría profesional.

Este complemento computarase por períodos semanais. A primeira falta de puntualidade non suporá a perda do complemento; a segunda dentro da semana suporá a perda do complemento do día; a partir da terceira falta de puntualidade na semana perderase o complemento de toda ela.

Esta normativa só poderá ser aplicada dúas veces ao mes.

Os olvidos de fichar no reloxo de control non serán considerados para efectos de descontos cando o xefe respectivo, mediante a súa sinatura nos impresos confeccionados para este fin, xustifique que o produtor estaba no seu posto de traballo ao inicio ou á terminación da xornada laboral.

Artigo 11º.-Mellora voluntaria. As melloras voluntarias para 2005 e 2006 serán as que se reflicten nos anexos III e IV respectivamente.

As melloras voluntarias do ano 2006 recollidas no anexo IV estarán suxeitas á cláusula de revisión que se establece no artigo 7º deste convenio.

As correspondentes ao ano 2007 serán as que resulten de incrementar na porcentaxe a que fai referencia o artigo 7º as existentes no 31 de decembro de 2006.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

a) Aboaranse 3 pagas extraordinarias: marzo, xuño e decembro.

b) O importe da paga de marzo para 2005 será de 1.064,69 euros para todas as categorías. Para os anos 2006 e 2007 serán de aplicación os incrementos previstos no artigo 7º.

c) O importe de cada unha das pagas de xuño e decembro será o equivalente a 30 días de salario real (Base + Antigüidade + P. A. P. + Mellora voluntaria) .

Artigo 13º.-Horas extraordinarias. 1) Non se poderán facer horas extraordinarias fóra do límite máximo previsto no Estatuto dos traballadores. A empresa informará mensualmente o comité do número de horas extraordinarias realizadas no mes precedente.

2) As fórmulas de compensación aplicables ás horas extraordinarias serán as seguintes:

a) Poderanse pagar ata 40 horas por persoa e ano, aos valores que figuran nos anexos V.

b) Unha redución de xornada en épocas de baixa demanda de traballo, equivalente ao tempo traballado como extraordinario, máis unha compensación

económica por hora realizada da metade do valor para a súa categoría segundo táboa do anexo V.

c) Unha redución da súa xornada de traballo en épocas de baixa demanda equivalente ao dobre do tempo traballado como extraordinario.

O máximo de horas extras pagadas sumando as que se aboen segundo a modalidade a) e as que se aboen segundo a modalidade b) non poderá superar o máximo previsto pola lei, é dicir, 80 por persoa e ano.

3) O valor da hora extra será o que resulte de aplicar a seguinte fórmula de cálculo:

H= salario día× (365+ 30+ 30) /xornada anual× 1,75. Sendo: H= valor da hora extra normal para cada categoría Salario día= resultado de sumar:

-Salario base da categoría.

-Antigüidade media de todo o persoal.

-P. A. P. correspondente.

-Mellora voluntaria media por categoría. Xornada anual= a que se fixe no calendario laboral de cada ano.

A antigüidade media do todo o persoal en 2005 é de 25 anos e a xornada anual de 1.688 horas.

O valor da hora extra nocturna será 1,25 h. O valor da hora extra festiva será 1,40 h. Non obstante o expresado nos parágrafos anteriores, os valores das horas extras por categoría para 2005 serán os que aparecen no anexo V e para 2006 e 2007 os que resulten de incrementar a estes valores o previsto no artigo 7º. En ambos os casos aplicarase a revisión que prevé o artigo 7º sempre que o IPC real supere o previsto.

4) Durante o período de inactividade do persoal fixo descontinuo, non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior ou estruturais, substituíndose por descanso segundo o convenio colectivo vixente.

Artigo 14º.-Nocturnidade. O complemento de nocturnidade en 2005 para o persoal que preste os seus servizos na quenda de noite será por hora traballada e para todas as categorías de 2,25 euros. Os valores para os anos 2006 e 2007 serán os que resulten de incrementar os correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º.

En ambos os casos aplicarase a revisión establecida no artigo 7º sempre que o IPC real supere o previsto.

Quedan excluídos deste artigo aqueles traballadores contratados ou trasladados doutros departamentos da fábrica para cometidos específicos durante a noite (vixilancia, porteiros, serenos) .

Todo traballador que sexa designado no taboleiro de anuncios para traballar na quenda de noite e sexa pasado ás quendas de día por petición da empresa, percibirá o complemento de nocturnidade de toda a semana.

Artigo 15º.-Complemento de distancia. Os traballadores acollidos ao presente convenio terán dereito a un complemento por día de asistencia do valor que teña o billete normal do transporte público urbano, sempre que a súa residencia estea situada fóra dun raio de 2 Km tomando como referencia este centro de traballo.

O traballador, ao ser admitido na empresa, sinalará e xustificará o lugar da súa residencia.

Artigo 16º.-Complemento de quenda de tarde. Os traballadores acollidos ao presente convenio que traballen na quenda de tarde, percibirán por día traballado un complemento de 0,26 euros en 2005 e o que resulte de incrementar o correspondente ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º en 2006 e 2007.

Aplicarase a revisión do artigo 7 en 2006 e 2007 sempre que o IPC real supere o previsto.

Os artigos 15 e 16, que aparecen no presente convenio colectivo, xa viñan sendo aplicados por figurar no Regulamento de réxime interior.

Artigo 17º.-Axuda de custos. Nos desprazamentos e estadías motivados por viaxes oficiais autorizadas pola empresa, as axudas de custos serán, para 2005 e 2006, segundo acordo do comité intercentros e a Dirección de Recursos Humanos:

2005: Axuda de custo completa (comida e cea) : 48,25 euros. Media axuda de custo (comida ou cea) : 26,80 euros.

Almorzo: 5,15 euros. Compensación por quilómetro: 0,34 euros.

2006: Axuda de custo completa (comida e cea) : 50,00 euros. Media axuda de custo (comida ou cea) : 27,80 euros.

Almorzo: 5,35 euros. Compensación por quilómetro: 0,36 euros.

Os gastos de transporte e aloxamento serán por conta da empresa.

Nos desprazamentos e estadías en países estranxeiros, as axudas de custos incrementaranse como mínimo nun 25%, exceptuando Portugal, onde terán o mesmo valor que para España.

Logo de comunicación ao Departamento de Persoal, a empresa asegurará aos traballadores que realicen estes desprazamentos e polo tempo que estes

duren, mediante un seguro complementario de accidente nas seguintes contías:

Morte: 48.080,97 euros. Invalidez permanente absoluta: 96.161,94 euros. Para 2007 aplicaranse os acordos que se pacten entre a empresa e o comité intercentros.

Artigo 18º.-Socorristas. Os socorristas percibirán por día de presenza a cantidade de 2,12 euros en 2005 e as que resulten de incrementar as correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º para 2006 e 2007.

As cantidades dos anos 2006 e 2007 estarán suxeitas á revisión do artigo 7º, sempre que o IPC real supere o previsto.

Estableceranse programas de formación continua. Os socorristas serán substituídos nos seguintes supostos:

a) Temporalmente, en caso de IT, sendo automaticamente substituídos por un suplente a ser posible da mesma sección.

b) Definitivamente, en caso de probada ineptitude. A falta de asistencia a dous cursos consecutivos sen causa xustificada será considerada ineptitude.

Artigo 19º.-Axuda a estudos. Aboaráselle a cada traballador con fillos cuxas idades estean comprendidas entre os 3 e os 20 anos a cantidade mensual de 18,20 euros en 2005 e as que resulten de incrementar as correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º en 2006 e 2007.

As cantidades de 2006 e 2007 estarán suxeitas á revisión do artigo 7º, sempre que o IPC real supere o previsto.

Comprende 12 meses do ano. A correspondente ao mes de xullo pagarase xunto á de agosto.

Aboarase así mesmo unha axuda para estudos posteriores, equivalente ao 40 % do importe da matrícula estatal, logo de xustificación.

Para renovar estas axudas, débese acreditar o aproveitamento nas materias obxecto de axuda, no curso anterior, xa sexa na convocatoria de xuño e/ou setembro.

Artigo 20º.-Axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriales.

Os traballadores beneficiarios da prestación por diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais da Seguridade Social, percibirán por parte da empresa, unha axuda económica por beneficiario de 152,59 euros/mes en 2005 e as que resulten de incrementar as correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º para os anos 2006 e 2007. Esta axuda é independente de calquera outra que

percibise por dereito. As cantidades correspondentes aos anos 2006 e 2007 estarán suxeitas á revisión do artigo 7º, sempre que o IPC real supere o previsto.

Os casos especiais que se poidan presentar serán estudados de forma individual entre comité e empresa.

Artigo 21º.-Bolsas para estudos. Para o persoal fixo do cadro que curse estudos de materias que teñan relación coa actividade da empresa, como enxeñaría técnica industrial, formación profesional, ciclos medios e superior nas ramas de matricería e moldes, máquinas ferramenta, electricidade e electrónica, informática, económicas, empresariais, enxeñaría superior, etc., a empresa concederá, logo de autorización da dirección, bolsas de estudos consistentes no aboamento do 75% do importe da matrícula estatal e unha bolsa de estudos que para 2005 será de até 161,38 euros e os valores que resulten de incrementar os correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º, en 2006 e 2007.

As cantidades sinaladas no parágrafo anterior estarán suxeitas á revisión fixada no artigo 7 sempre que o IPC real supere o previsto.

Para ter dereito a estas bolsas, xuntaráselle á solicitude o xustificante de matrícula con indicación das materias matriculadas. Para renovar estas bolsas, o interesado deberá acreditar o aproveitamento nas materias obxecto de axuda no curso anterior, nas convocatorias de exame de xuño e/ou setembro.

A empresa adaptará o horario do traballador ao dos seus estudos, dentro das posibilidades existentes.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria. A empresa aboará a diferenza entre a prestación pagada pola mutua patronal de accidentes de traballo e o salario do traballador, cando a situación de IT fose motivada por accidente de traballo. En caso de hospitalización por enfermidade común debidamente xustificada e mentres esta hospitalización dure, aboarase a diferenza entre o salario do traballador e a prestación aboada pola Seguridade Social. Así mesmo, e tras a conclusión do período de hospitalización, a empresa aboará ata o 100% do salario dos 21 días seguintes sempre que o absentismo xeral do centro de traballo non supere o 5%.

Os traballadores que a consecuencia dun accidente de traballo ou enfermidade profesional vexan diminuídas as súas facultades físicas ou intelectuais, terán preferencia para ocupar aqueles postos xa existentes acordes á súa categoría, máis adecuados á súa situación sobrevida, sempre e cando estean capacitados para iso.

Os casos que deste tipo se presenten serán tratados polo comité de seguridade e saúde á vista dos informes técnicos pertinentes.

Capítulo III Xornada laboral, vacacións e permisos

Artigo 23º.-Xornada laboral. A xornada anual para os anos 2005, 2006 e 2007 queda fixada en 1.688 horas efectivas. A súa distribución semanal será de 40 horas de traballo efectivo en xornadas diarias de 8 horas de luns a venres.

Con obxecto de que o cambio de xornada semanal realizado en 1995 de 38,33 horas a 40 horas e da xornada diaria de 7,666 a 8 non supoña incremento na xornada laboral considerada en cómputo anual, desfrutaranse doce días laborables de luns a venres, que serán fixados no calendario laboral correspondente, desfrutándose preferentemente as pontes naturais e o resto en épocas de baixa demanda de traballo.

Durante os anos 2006 e 2007, dous dos días fixados como compensación poderán ser, por petición individual de cada traballador, modificados sempre que a petición se efectúe por escrito, nun prazo previo non inferior a 72 horas e non afecte a máis do 5% dos traballadores da súa quenda e sección habitual de traballo.

Durante a vixencia do presente convenio, as paradas para tomar o bocadillo non se computarán como traballo efectivo.

Artigo 24º.-Quendas de traballo a 7 días. Mantemento de quendas de fin de semana integradas preferentemente por persoal fixo do cadro de persoal que voluntariamente o solicite e que reúna as condicións exixidas polo posto.

Estas quendas completaranse coa incorporación de persoal de nova contratación, con xornada de traballo de luns a domingo e até un número tal que o total do cadro de persoal sexa o requirido polo volume de produción previsto.

No caso de que co persoal contratado e o voluntario non se cubrisen as quendas necesarias, o comité e a dirección comprométense a negociar este punto.

Este artigo afectará os contratos realizados a partir do 1 de outubro de 1999, quedando os anteriores suxeitos ao artigo 23º.

1. Complemento de sábados, domingos e festivos (complemento SDF) .

Quen se integre nas quendas de traballo a 7 días recibirá o seguinte complemento por cada hora de presenza durante o ano 2005:

Categoría e euros: especialista 1ª: 6,87; oficial 3ª 7,07; oficial 2ª C: 7,38; oficial 2ª B: 7,45; oficial 2ª A: 7,54; oficial 1ª C: 7,94; oficial 1ª B: 7,98; oficial 1ª A 8,14; oficial 1ª FC/Of. 1ª Esp. litógrafo: 8,19; xefe de equipo: 8,94; xefe de quenda: 8,94.

O persoal eventual con categoría de especialista de 2ª cobrará 6,48 euros por hora de presenza.

Para o ano 2006 e 2007, estes valores incrementaranse na porcentaxe prevista no artigo 7º, aplicándose a cláusula de revisión se o IPC real supera o previsto.

2. Complemento de nocturnidade festiva. Quen se integre nas quendas de traballo a 7 días en horario nocturno recibirá cada sábado, domingo o festivo un complemento adicional de nocturnidade festiva de igual valor que o complemento de nocturnidade normal e con independencia deste.

3. Xornada de traballo. Durante a vixencia do convenio colectivo, a xornada de traballo para este persoal será de 1.664 horas de presenza e 1600 horas efectivas.

4. Paga de outubro. A paga de outubro creada nun convenio colectivo anterior como consecuencia da creación destas quendas de traballo e que percibe todo o persoal fixo mentres exista quenda de traballo a 7 días, terá un valor de 220 euros no ano 2005 e o que resulte de incrementar esta cantidade na porcentaxe prevista no artigo 7º durante os anos 2006 e 2007.

Para estes dous últimos anos, as cantidades estarán suxeitas á cláusula de revisión que establece o artigo 7º.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. Os traballadores acollidos ao presente convenio desfrutarán 24 días laborables de vacacións anuais retribuídas, de luns a venres. Estas vacacións desfrutaranse segundo calendario laboral acordado polos representantes dos traballadores e a empresa.

Estas vacacións tomaranse en función do calendario laboral pactado, distribuídas no período xullo-agosto a razón de 15 días laborables ininterrompidos.

2. As vacacións interromperanse cando o traballador contraia matrimonio durante elas.

Tamén se interromperán por situación de IT, segundo as seguintes regras:

a) Ata 6 meses en IT, terase dereito ao total dos días de vacacións pendentes.

b) Máis de 6 meses en IT, terase dereito á parte proporcional dos días pendentes.

3. As vacacións débense desfrutar dentro do ano ao que corresponden e soamente as que non se tomen por causa de accidente de traballo que pertenzan ao mes de decembro, poderán desfrutarse en xaneiro do ano seguinte.

4. As vacacións aboaranse segundo a lexislación vixente, (salario base, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, mellora voluntaria e a media dos complementos existentes no período transcorrido desde as últimas vacacións) .

Artigo 26º.-Permisos retribuídos. Percibirase a totalidade dos emolumentos nos seguintes supostos:

1. Falecementos. 1.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborables, en caso de falecemento de pais, fillos, cónxuxe, irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse en dous máis (naturais) , cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia, pero dentro da comunidade autónoma e tres días (naturais) se o desprazamento é fóra da comunidade autónoma, logo de notificación.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de xustificación, en caso de falecemento de pais, fillos ou cónxuxe. Para irmáns, netos ou avós, este día concederase cando formen parte da unidade familiar.

1.2. Dous días naturais en caso de falecemento de tíos e sobriños consanguíneos. En caso de afinidade, terán dereito ao tempo necesario para acudir ao enterro, logo de notificación e xustificación.

En caso de falecemento de primos, non se terá dereito a permiso retribuído, mesmo cando figure no Regulamento de réxime interno.

2. Maternidade. 2.1. Tres días, dos cales polo menos dous serán laborables, por parto de esposa ou nacemento ou adopción de fillos, que poderán ampliarse en dous máis (naturais) , cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia pero dentro da comunidade autónoma e tres días (naturais) se o desprazamento é fóra da comunidade autónoma, logo de notificación telefónica e posterior confirmación co libro de familia.

Cando por circunstancias anormais fose necesario, concederase un día máis, logo de notificación e xustificación.

3. Enfermidade grave de parentes. 3.1. Tres días laborables en caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe. En caso de ingreso hospitalario, estes días poderán desfrutarse total ou parcialmente tras a alta hospitalaria logo de comunicación do traballador.

3.2. Dous días naturais en caso de enfermidade grave de irmáns, netos ou avós, que poderán ampliarse nun día máis, se conviven na unidade familiar.

Os permisos correspondentes aos puntos 3.1 e 3.2 poderán ampliarse en dous días naturais, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto fóra da provincia de residencia pero dentro da comunidade autónoma e tres días (naturais) se o desprazamento é fóra da comunidade autónoma, logo de notificación.

3.3. Un día natural en caso de enfermidade grave de tíos consanguíneos.

4. Clínica de día. En caso de intervención cirúrxica ambulatoria realizada en centros públicos do propio traballador ou do cónxuxe, pais ou fillos cando estes últimos convivan no domicilio familiar, terase dereito ao día da intervención.

5. Matrimonio do empregado. 5.1. Dezasete días naturais, que poden ser ampliados en 10 máis, non retribuídos, en caso de que foran solicitados con anterioridade á data da voda.

5.2. Un día natural por matrimonio de fillos, irmáns ou pais.

6. Asistencia a consulta médica. O tempo que sexa necesario, sempre que sexa xustificado coa sinatura e o selo do médico a que asiste.

7. Lactación. Os traballadores con fillos lactantes terán dereito a unha pausa no seu traballo dunha hora por fillo menor de nove meses derivado de parto ou adopción múltiple e nos termos que establece o artigo 37.4º do R. D. L. 1/1995, que poderán dividir en dúas fraccións. O traballador, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución da xornada normal na cantidade indicada, coa mesma finalidade, durante seis meses.

8. Deberes públicos. O tempo necesario, no caso de obrigas legais ou decretadas por autoridades lexítimas, cando o traballador deba acudir a cumprir un deber público inescusable imposto pola lei ou disposicións administrativas, mediante xustificación.

9. Traslado do domicilio habitual. Un día. Os parentescos citados en todos os puntos 1.1, 3.1, 3.2, 4 e 5.2 entenderanse tanto en grao de consanguinidade como de afinidade.

As normas de aplicación destes permisos figuran no anexo VI.

Artigo 27º.-Permisos non retribuídos. En casos extraordinarios debidamente acreditados, outorgaranse permisos con carácter voluntario por parte da empresa, polo tempo que sexa preciso, atendendo ás circunstancias e sen dereito a retribución ningunha.

En caso de excedencia por maternidade aplicarase a lexislación vixente.

En caso de enfermidade grave de pais, fillos ou cónxuxe, a empresa concederá un permiso dun mes como máximo sen dereito a retribución. O traballador deberá solicitalo por escrito dirixido ao Departamento de Persoal expondo os motivos e xuntando a xustificación correspondente.

Poderanse tamén solicitar excedencias por períodos de tres meses prorrogables por outros tres, polos

motivos expostos no parágrafo anterior, seguindo o mesmo procedemento. Neste caso a reincorporación deberase solicitar por escrito cando non se esgote o tempo solicitado.

Capítulo IV Réxime de traballo

Artigo 28º.-Contratos de traballo. A empresa informará previamente o comité de empresa das causas que motivan a contratación de persoal fixo, temporal, eventual, en prácticas e en formación así como o chamamento ou cesamento no traballo dos traballadores fixos descontinuos.

Para a contratación de persoal acórdanse os seguintes criterios:

Cando exista necesidade de contratar persoal, terán preferencia, en igualdade de capacitación, os fillos ou familiares dos traballadores da empresa.

En caso de contratación de persoal fixo, terán preferencia en igualdade de capacitación, os fillos dos traballadores falecidos durante a vixencia do seu contrato de traballo coa empresa.

O comité terá acceso ás probas de aptitude para a contratación de persoal cualificado, así como as cualificacións obtidas polos opositores, sempre que as probas se realicen na empresa.

Así mesmo, recibirá copia básica de todos os contratos que se celebren, de acordo coa Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e comunicaranse as prórrogas dos contratos e as denuncias correspondentes a eles.

A empresa non contratará a tempo completo ningún traballador que teña outra actividade laboral retribuída nin persoas que perciban prestacións derivadas da súa vida laboral.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán:

Técnicos e titulados: 6 meses. Técnicos non titulados: 3 meses. Administrativos: 2 meses. Subalternos: 1 mes. Profesionais de oficio: 2 meses. Peóns e especialistas: 2 semanas. O contrato de traballo eventual por circunstancias da produción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos regulados no vixente artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses, de conformidade co artigo 24 do convenio colectivo interprovincial da industria metalgráfica.

O contrato de formación terá como obxectivo a formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio ou posto de traballo cualificado.

Terá unha duración máxima de 2 anos e mínima de 6 meses e cando se celebre por prazos inferiores

ao máximo establecido, poderá prorrogarse antes da súa terminación por acordo das partes e por períodos non inferiores a 6 meses ata o límite de 2 anos.

A idade do traballador contratado mediante o contrato de formación estará comprendida entre os 16 e 21 anos inclusive.

i) O período máximo de traballo dos traballadores fixos descontinuos será o que en cada momento sinale a lexislación vixente.

Artigo 29º.-Vacantes e revisións de categorías.

1. Suprímense as categorías de peón e traballos secundarios para o persoal fixo da empresa, quedando soamente para o persoal eventual.

2. Vacantes.

a) Os postos vacantes de superior categoría que se produzan na fábrica, serán ocupados de maneira preferente por persoal do seu cadro. Cando se trate de vacantes de igual ou inferior categoría, o comité será debidamente informado.

b) A convocatoria para cubrir estes postos farase pública no taboleiro de anuncios da empresa.

Artigo 30º.-Roupa de traballo. A empresa facilitará aos traballadores fixos ou eventuais as roupas necesarias para o exercicio do seu labor e cometido. A entrega non poderá ser inferior a dous equipamentos cada 12 meses.

Equipamento de verán: (entrega no mes de marzo) . Estará formado por pantalón e camisa ou bata.

Equipamento de inverno: (entrega no mes de setembro) . Estará formado por pantalón, camisa e cazadora ou bata.

Para a roupa de protección necesaria, aplicarase o que determine en cada caso o comité de seguridade e saúde da fábrica.

Artigo 31º.-Formación técnico-profesional.

a) A empresa promocionará a formación continua entre os seus traballadores con base nos acordos subscritos polo Goberno da Nación e os axentes sociais.

Cada traballador que asista a un curso de formación fóra da súa xornada laboral, percibirá unha compensación de 7,95 euros por cada hora lectiva máis 1,59 euros por día para cubrir gastos de desprazamento.

Os monitores percibirán 5,56 euros por hora lectiva, se o curso se imparte dentro da súa xornada laboral e o equivalente ao valor da hora extra para a súa categoría no caso de que se fixese fóra de tal xornada.

Os valores para 2006 e 2007 dos conceptos antes sinalados serán os que resulten de incrementar os correspondentes ao ano anterior na porcentaxe prevista no artigo 7º.

As cantidades para os anos 2006 e 2007 estarán suxeitas á revisión que establece o artigo 7º sempre que o IPC real supere o previsto.

b) Igualmente, a empresa facilitará, tendo en conta tanto os obxectivos de formación en materia de seguridade e saúde, como as súas necesidades de traballo noutras prioridades, a asistencia aos cursos que sobre seguridade e saúde ou outras materias preventivas poida convocar o ente autonómico. Nestes casos serán de aplicación as condicións establecidas no artigo 17º (axuda de custos) .

Artigo 32º.-Estruturas de categorías. De conformidade coas conclusións do proxecto Now-Luna e tratando de mellorar a situación das mulleres na empresa, desde o pasado 1 de xaneiro de 2000, todo o persoal con contrato fixo que estaba integrado na categoría de especialista de 1ª B pasou á de especialista de 1ª A.

Dado que desde aquel momento ningunha persoa con contrato fixo está dentro da categoría de especialista de 2ª, que foi destinada ao persoal de nova incorporación ou eventuais, o valor da mellora voluntaria que lle corresponde pasou a ser 0.

Artigo 33º.-Contratos en prácticas e para a formación. Os contratos en prácticas e para a formación que se subscriban terán como compensación económica unha porcentaxe do salario de convenio da categoría do 70% durante o primeiro ano de vixencia do contrato e do 90% no segundo ano de vixencia.

Capítulo V Aspectos sociais

Artigo 34º.-Seguro de vida. Manteranse as condicións actuais do seguro de vida.

a) Por falecemento ou incapacidade permanente dezaoito mil trinta con trinta e seis euros (18.030,36 euros) .

b) Por falecemento en accidente laboral dezaoito mil trinta con trinta e seis euros. (18.030,36 euros) .

c) Se transcorrido o prazo dun mes desde a data en que o empregado ou os seus beneficiarios concluísen o envío da documentación necesaria para a tramitación da prestación ante a compañía de seguros, esta non formalizase o pagamento e non concorrendo ningunha das causas de exclusión mencionadas na póliza, a empresa anticiparalles ao empregado ou aos seus beneficiarios o importe da prestación, coas seguintes condicións:

* Que quedase suficientemente acreditado o envío da mencionada documentación, ben porque se realizase a través da empresa, ou ben mediante acreditación documental suficiente da data de envío á compañía de seguros (xustificante de recepción, certificación, etc.) realizada directamente polo empregado ou os seus beneficiarios.

* Que os interesados (empregado ou beneficiarios) , se comprometan a reintegrar a cantidade anticipada, tan pronto reciban o importe da prestación obxecto do anticipo, por calquera vía.

* Que os interesados (empregado ou beneficiarios) , faculten a empresa mediante poder suficiente, para que en caso de necesidade de reclamar ante a xurisdición competente o pagamento da mencionada prestación, poidan nomearse avogados e procuradores que representen os intereses de ambos ante os tribunais. Neste caso, os gastos derivados de tal reclamación serán por conta da empresa.

* Elaboraranse modelos de recibo e apoderamento para facilitar a aplicación do pactado no presente artigo, así como relación de documentación preceptiva en cada caso.

Artigo 35º.-Vixilancias da saúde. De conformidade co artigo 22 da Lei de prevención de riscos laborais, a empresa garantiralles aos traballadores un servizo de vixilancia periódica da saúde en función dos riscos inherentes ao traballo.

A empresa, de acordo coa estrutura do seu Servizo de Prevención definida e presentada ao comité intercentros e ao comité de empresa, decidiu a contratación externa da función de vixilancia da saúde, que deberá contar cos recursos humanos, técnicos e materiais necesarios.

O servizo médico da empresa contará cun médico e un ATS titulados.

Os socorristas prestarán os seus servizos en caso de enfermidade ou ausencia de persoal dos servizos externos de vixilancia da saúde.

A empresa garantiralle ao persoal do seu cadro a vixilancia da saúde a intervalos periódicos mínimos anuais dependendo dos factores de risco a que está exposto cada traballador.

Artigo 36º.-Xubilacións. Ás persoas que pidan a xubilación voluntaria entre os 60 e 63 anos, a empresa comprométese a entregarlles unha indemnización no momento do cesamento, equivalente á diferenza entre o soldo bruto que estivese percibindo (base + antigüidade + P. A. P. + mellora voluntaria) e a cantidade que en concepto de xubilación lle fose asignada pola Seguridade Social. Esta diferenza mensual multiplicarase polo número de mensualidades que faltasen ata cumprir o xubilado os 65 anos.

Aqueles traballadores que teñan entre 58 e 60 poderán acollerse ás condicións arriba mencionadas, pero considerados como se tivesen 60 anos.

Ás persoas que se xubilen aos 63 ou 64 anos, a empresa comprométese a entregarlles unha indemnización equivalente á diferenza entre o soldo bruto no momento do seu cesamento (base + antigüidade + P. A. P. + mellora voluntaria) e o importe da indemnización que lles puidese corresponder logo dos trámites legais.

Todas as persoas ás que lles puidese interesar a xubilación anticipada, poderán elixir entre o anterior ou ben recibir un premio fixo das seguintes contías:

-De 58 a 61 anos: 8.125,65 euros.

-De 61 a 63 anos: 5.170,51 euros.

-De 63 a 64 anos: 4.431,86 euros.

-De 64 anos: 3.693,22 euros Estas cantidades estarán suxeitas á revisión que establece o artigo 7, sempre que o IPC real supere o previsto polo Goberno da Nación.

Artigo 37º.-Traslados. Aplicarase o disposto na lexislación vixente (Estatuto dos traballadores) e o que se acorde co comité Intercentros aplicable ao conxunto dos centros de traballo.

Artigo 38º.-Traballos nocivos, molestos e perigosos (ruídos) .

O comité de Seguridade e Saúde, coa asistencia do responsable de enxeñaría da planta, asegurará a xestión dos orzamentos aprobados cada ano en materia de seguridade e saúde (cun mínimo de 28,15 miles de euros) , así como a elaboración da proposta deles correspondentes ao ano seguinte. Este comité atenderá de forma moi especial a que as cantidades orzadas e aprobadas cada ano se realicen totalmente.

Artigo 39º.-Condicións ambientais do lugar e posto de traballo.

Establécese, como compensación polas condicións ambientais dos postos e lugar de traballo, as seguintes cantidades anuais brutas:

2005. Persoal directo de fabricación: 674,75 euros. Persoal de control de calidade: 573,53 euros. Persoal indirecto de fabricación: 472,32 euros. Persoal técnico e administrativo: 236,16 euros. As correspondentes ao ano 2006 e 2007 serán as resultantes de aplicar aos valores do ano precedente a porcentaxe prevista no artigo 7º incluíndo, de ser o caso, a aplicación da cláusula de revisión.

O contido deste artigo substitúe na súa totalidade calquera compensación polas condicións ambientais de posto ou lugar de traballo contida na Ordenanza laboral para a industria metalgráfica ou en calquera outra norma legal que puidese ser de aplicación.

Capítulo VI Cuestións sindicais

Artigo 40º.-Dereito de reunión dos traballadores fóra das horas de traballo.

Os traballadores poderán solicitar da dirección reunirse nun local da empresa, sempre que o pida un 25% do cadro de persoal.

Artigo 41º.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que lle será facilitada polo menos trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence Crown Embalajes España, S. L. U.

Coñecer o orzamento por partidas que anualmente confecciona a empresa.

Ao comité e delegados dos traballadores da empresa daráselles en cada reunión mensual ordinaria coa dirección información sobre produción e produtividade, vendas, stocks, contratación de persoal, investimentos, absentismo, ascensos e sancións sobre faltas graves e moi graves (neste caso a información darase con dous días de antelación como mínimo á data da súa aplicación) .

Así mesmo, a dirección do centro de traballo informará o comité das necesidades de contratación de servizos externos de conformidade co legalmente previsto (art. 42 do E. T.) .

Neste sentido, a dirección manifesta a súa intención de non utilizar servizos exteriores para a realización da actividade fundamental da empresa (fabricación de envases e tapas así como o mantemento preventivo das liñas de produción destes produtos) polo que, de producirse algunha modificación nesta política, será previamente comunicada aos representantes dos traballadores.

b) Recoñécese os comités e delegados do persoal como representacións colectivas dos traballadores na negociación dos convenios colectivos de empresa.

c) A empresa entregará mensualmente copia dos TC2.

d) Coñecer o balance, a conta de resultados, a memoria e os demais documentos que se lles dean aos accionistas e nas mesmas condicións que a estes.

e) Como desenvolvemento do Estatuto dos traballadores nos seus artigos 8 e 64, o comité de empresadisporá, polo menos trimestralmente, da información sobre a situación da evolución da contratación laboral, así como das previsións para o seguinte período. Para estes efectos, trasladaránselle os modelos de contratos, número de contratacións, prórrogas e liquidacións, e contratos efectivamente realizados coas súas prorrogas, salvando unicamente aqueles datos protexidos pola lexislación a que se refire o Estatuto dos traballadores e normas específicas de protección da intimidade e datos protexidos da persoa. O comité de empresa e a dirección desta poderán delegar estas funcións de control e seguimento en órgano establecido para estes efectos.

f) O comité de empresa disporá da información suficiente para colaborar no seguimento do réxime de chamamento dos traballadores fixos descontinuos, que en calquera caso procurará no posible e no marco do réxime organizativo empresarial, cargas de traballo equilibradas.

g) O comité de empresa coñecerá os criterios utilizados nos supostos de xubilacións anticipadas que se apliquen na empresa que, en calquera caso, respectarán o principio de non discrecionalidade, e axustándose ás previsións da normativa legal en vigor.

h) Controlar e vixiar as condicións de seguridade e saúde no desenvolvemento do traballo na empresa.

i) Dispor de 40 horas retribuídas ao mes para o desempeño da súa función sindical.

j) Os comités que o crean conveniente poderán acumular as horas previstas para o desenvolvemento das súas funcións sindicais nun ou varios compoñentes, sen superar o máximo total previsto.

k) Coñecer as probas de aptitude para ascensos, así como as cualificacións obtidas polos opositores.

l) En caso de mobilidade de persoal, informarase o comité con antelación suficiente.

m) Cando a empresa queira facer uso do dereito concedido no artigo 52.1º c) do Estatuto dos traballadores e conforme o procedemento previsto no artigo 53 do mesmo texto legal, deberá entregar, ademais da comunicación prevista na norma, e simultaneamente, unha memoria explicativa que faga referencia á causa de extinción, tanto ao traballador ou traballadores afectados como aos representantes dos traballadores na empresa.

Sen prexuízo da eficacia e executividade do acordo extinto, conforme o procedemento establecido na lei, os representantes dos traballadores emitirán informe motivado sobre a decisión empresarial e a causa extintiva alegada no prazo de quince días.

Dos informes a que se fai referencia no parágrafo anterior darase traslado á dirección da empresa para a súa unión ao expediente, entendéndose que transcorridos os prazos previstos para a súa emisión sen o facer, se desiste de tal dereito.

O procedemento previsto no presente artigo non suspenderá nin interromperá os prazos previstos no artigo 53.1 c) do Estatuto dos traballadores.

n) En caso de faltas graves ou moi graves seguirase este procedemento:

1) Notificación escrita dirixida ao interesado, dos feitos que se lle imputan, dándolle un período de cinco días laborables para que poida presentar as alegacións que considere oportunas.

2) Información ao comité de empresa e ao delegado sindical correspondente na mesma data, mediante copia do escrito entregado ao interesado, os cales poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

3) Transcorrido o prazo de cinco días que aparece no punto 1, o departamento de persoal, á vista dos informes recibidos da partes, procederá a decidir sobre o caso.

4) A decisión será comunicada ao interesado mediante escrito do que se entregará copia ao comité de empresae ao delegado sindical correspondente.

Artigo 42º.-Cota sindical. Por requirimento dos traballadores afiliados a centrais sindicais, a empresadescontará na súa nómina mensual o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización desta operación remitirá á dirección da empresa un escrito en que expresará con claridade a orde de desconto, a central sindical a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteriores detraccións, salvo indicación en contrario.

Artigo 43º.-Taboleiros de anuncios. A empresa porá á disposición do comité, e en lugar ben visible, polo menos un taboleiro de anuncios, no cal o comité colocará os escritos que encontre de interese, asinados e baixo a súa responsabilidade.

Artigo 44º.-Comité intercentros. Constitúese un comité intercentros que representará os traballadores de todos os centros de traballo do sector metalgráfico do Grupo Crown (antes Carnaudmetalbox) ,

existentes actualmente en España e os que se creen ou adquiran no futuro. Este comité intercentros estará constituído como máximo por 15 membros elixidos de entre e polos membros dos comités de empresa existentes nos centros de traballo, gardando a proporcionalidade dos resultados obtidos polos sindicatos nas eleccións sindicais considerados globalmente e garantindo a presenza de todas as empresas e centros de traballo existentes.

O comité intercentros dotarase dos órganos necesarios para o seu funcionamento, debendo contar como mínimo cun presidente e un secretario, elixido de entre os seus membros. Así mesmo, dotarase dun regulamento de funcionamento na súa primeira reunión, que deberá desenvolver todo o referente á composición, organización, funcións, reunións e relacións deste, debendo negociarse previamente coa dirección xeral do grupo aqueles aspectos que afecte.

Constituirase un pleno que integrará os compoñentes do comité intercentros, así como unha comisión de xestión cun máximo de cinco membros (incluíndo o presidente e o secretario) .

Este comité Intercentros terá análogas funcións e competencias ás dos comités de empresa, referidas ás actividades xerais do grupo. Ten capacidade como órgano colexiado para exercer as súas accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ao ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

Dentro das competencias do comité intercentros estará:

* Recibir información que lle será facilitada trimestralmente polo menos dentro da reunión do pleno, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence o grupo de empresas, sobre a situación da

produción e vendas das distintas empresas do grupo, sobre os seus programas de produción e evolución probable das empresas do grupo.

* Coñecer os balances, as contas de resultados, a memoria do grupo consolidada, así como os demais documentos que se lles dean a coñecer aos socios e nas mesmas condicións que a estes.

* Coñecer e emitir informe no prazo de 15 días, cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

* E igualmente nas decisións adoptadas por parte do empresario sobre as seguintes cuestións:

a) Reestruturacións de cadros de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais.

b) Traslados totais ou parciais dos traballadores, maquinaria ou instalacións.

c) Plans industriais (expedientes) .

d) Coñecer os puntos comúns dos traballadores do grupo en canto a xubilación, seguros de vida, axuda de custos, formación, etc. para a súa negociación.

E en xeral, todas aquelas competencias recollidas no artigo 64 de Estatuto dos traballadores para os comités de empresa, que previamente lle sexan conferidas por estes e negociadas coa dirección do grupo Crown, sempre que o afecte.

Os membros do comité Intercentros, ademais das garantías e dereitos que a lei lles atribúa aos membros dos comités de empresa, terán as seguintes garantías específicas:

* O presidente do comité intercentros poderá ter dedicación plena a tempo total, para o desenvolvemento das súas funcións.

* Dispor dos medios técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, facilitado pola empresa. Entre eles estará un local, que será sede do comité intercentros e estará situado na empresada cal sexa o presidente, así como un taboleiro de anuncios no mesmo lugar. (Este local será o mesmo do comité de empresa) .

* Serán aboados os gastos de viaxe e manutención, para as reunións que se celebren tanto no Pleno como da comisión de xestión, sendo estas:

-Unha reunión trimestral do Pleno.

-Unha reunión mensual (nos meses non coincidentes co Pleno) da comisión de xestión.

As citadas reunións serán dun só día incluídos os desprazamentos, sempre e cando a distancia e os medios o permitan.

Estas reunións serán en horas de traballo. * A ser asistidos no desempeño das súas funcións por asesores sindicais das centrais máis representativas.

De se producir algún acordo para os centros de traballo do Grupo Crown en España que modifique ou substitúa o contido deste artigo, tal acordo trasladarase na súa mesma data ao convenio, sen esperar á finalización da súa vixencia.

Artigo 45º.-Seccións sindicais. A empresa recoñece o dereito á existencia dentro dela de seccións sindicais conforme o seguinte:

a) Segundo artigo 8 da LOLS.

b) O delegado desta sección sindical non terá por que ser membro do comité.

Artigo 46º.-Dereitos e funcións das seccións sindicais e dos delegados sindicais.

Serán funcións dos delegados sindicais as seguintes:

a) Representar e defender os intereses do sindicato que representan e dos afiliados na empresa e servir de instrumento de comunicación entre a súa central sindical e a dirección da empresa.

b) Poderán asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e saúde e comités paritarios de interpretación, con voz e sen voto.

c) Terán acceso á mesma información e documentación que a empresa deba por á disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias en que legalmente proceda.

d) Posuirán as mesmas garantías e dereitos recoñecidos pola lei e o presente convenio colectivo que os membros do comité de empresa.

e) Serán oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten os traballadores en xeral e os afiliados ao seu sindicato.

f) Serán así mesmo informados e oídos pola empresa con carácter previo, acerca dos despedimentos e sancións que afecten os afiliados ao seu sindicato, en materia de reestruturación do cadro de persoal, regulación de emprego, traslado de traballadores, cando revista carácter colectivo ou do centro de traballo en xeral, e sobre todo proxecto ou acción empresarial que poida afectar substancialmente os intereses dos traballadores, así como sobre implantación ou revisión de sistemas de organización do traballo e calquera das súas consecuencias.

g) Poderán recadar cotas aos seus afiliados, repartir propaganda sindical e manter reunións con estes, todo fóra das horas efectivas de traballo.

Artigo 47º.-Asembleas en horas de traballo. O comité de empresa poderá convocar dúas asembleas ao ano, en horas de traballo, para tratar sempre asuntos relacionados co convenio colectivo e para outras cuestións transcendentes que afecten a totalidade do cadro de persoal.

O tempo empregado en cada asemblea, regulado por toque de sirena, será o seguinte :

1º quenda 1 hora 30 minutos. 2º quenda 1 hora. 3º quenda 1 hora. Quendas fin de semana 1 hora. Artigo 48º.-Bilingüismo. O presente convenio redactarase nos dous idiomas oficiais de Galicia, galego e español, co fin de potenciar a realidade do bilingüismo. Coa mesma intención, no ámbito da empresa procederase a redactar en ambos os idiomas os avisos, notas, comunicacións, etc., así como as notas e comunicados que se intercambien entre empresae comité. Non obstante, dado que o convenio se publica no Diario Oficial de Galicia

(DOG) en galego, os exemplares que se utilicen para o rexistro na consellería correspondente redactaranse en español, utilizando como texto en galego o que o mencionado diario oficial publique.

Artigo 49º.-Principio de igualdade/acoso sexual.

i) Formulación xeral. Como primeira concreción da súa iniciativa, as partes consideraron oportuno regular expresamente a problemática do acoso sexual nas relacións laborais, dando así unha nova dimensión á vinculación existente entre dereitos fundamentais e contrato de traballo, dado que aquel comportamento pode afectar a dereitos substanciais coma o de non-discriminación, artigo 14 da Constitución española, ou o de intimidade, artigo 18.1º desta, ambos en clara conexión co respecto debido á dignidade da persoa, artigo 10.1º da citada norma fundamental.

I.

1. Isto lévase a cabo por entender que esta non é tanto unha cuestión de sexualidade, aínda que se manifeste precisamente a través dela, canto, basicamente, de discriminación laboral por razón de sexo, con independencia de que logo se xeneralice a protección, incluíndo tanto as mulleres coma os homes como eventuais suxeitos pasivos. Nesta construción o acoso sexual é concibido como unha imposición indesexada de requirimentos sexuais no contexto dunha relación de poder desigual.

I.

2. En esencia pois, o acoso sexual discrimina fundamentalmente un grupo, as mulleres, conforme o seu sexo, e constitúe un comportamento que afecta e grava decididamente o seu status como traballadoras, polo que representa un serio obstáculo para a súa integración no mercado laboral ao limitalas dunha maneira na cal os homes non se ven normalmente limitados, o que contradí o principio de igualdade.

II. Concepto. Considerarase constitutiva de acoso sexual laboral calquera conduta, proposición ou requirimento de natureza sexual que teña lugar no ámbito de organización e dirección dunha empresa, respecto das que o suxeito activo saiba, ou estea en condicións de saber, que resultan indesexadas, irrazoables e ofensivas para quen as padece, cuxa resposta ante elas pode determinar unha decisión que afecte o seu emprego ou as súas condicións de traballo.

II.

1. A mera atención sexual pódese converter en acoso se continúa unha vez que a persoa obxecto desta deu claras mostras de rexeitamento, sexan do teor que fosen. Isto distingue o acoso sexual das aproximacións persoais libremente aceptadas baseadas, por tanto, no consentimento mutuo.

III. O acoso sexual de intercambio. Neste tipo de acoso constitutivo dunha auténtica chantaxe sexual-a aceptación do requirimento desta natureza convértese implícita ou explicitamente en condición de emprego, ben para acceder a el, ben para manter ou mellorar o status laboral alcanzado, sendo o seu rexeitamento a base para unha decisión negativa para o suxeito pasivo tanto nun coma noutro caso, co que se configura unha situación de quid pro quo.

Trátase dun comportamento en que, dun ou outro modo, o suxeito activo conecta de forma condicionante unha decisión súa no ámbito laboral, a contratación, a determinación das condicións de traballo en sentido amplo ou a terminación do contrato, á resposta que o suxeito pasivo dá aos seus requirimentos no ámbito sexual.

III.

1. En tanto que existen condicionamentos de traballo, as persoas que poden establecer tal tipo de conexión son aquelas que teñen poder para decidir sobre os termos do emprego ou da relación laboral do suxeito pasivo, é dicir, o empresario, persoa física, os directivos da empresa ou calquera outra persoa xerarquicamente superior á afectada que teña un mínimo poder para decidir sobre cuestións que incidan sobre o seu traballo.

Eventualmente, poden ser tamén suxeitos activos deste acoso determinados terceiros que estean en situación de influír dalgunha forma na decisión empresarial afectante, clientes, provedores, etc.

IV. O acoso sexual ambiental. Neste tipo de acoso, de consecuencias menos directas, o definitorio é o mantemento dun comportamento ou actitude de natureza sexual de calquera clase que produza un contexto laboral negativo para o suxeito pasivo, creando no seu contorno un ambiente de traballo ofensivo, humillante, intimidatorio ou hostil que acabe por interferir no seu rendemento habitual.

O afectado negativamente aquí é o propio contorno laboral entendido como condición de traballo en si mesmo. O suxeito pasivo vese sometido a tal tipo de presión no seu traballo, por actitudes de connotación sexual, que isto termina creándolle unha situación laboral insostible. A consecuencia negativa directa é normalmente persoal, de natureza psicolóxica e esta, pola súa vez, é causa dunha repercusión desfavorable na súa prestación laboral.

IV.

1. Suxeitos activos deste tipo de acoso poden ser os referidos no anterior artigo III. 1 pero, quizais máis propiamente os mesmos compañeiros de tra ballo en tanto que non posúen o poder de condicionamento

directo sobre o emprego da persoa afectada.

V. Dilixencias informativas previas. Con independencia das accións legais que se poidan interpor ao respecto ante calquera instancia administrativa ou xudicial, o procedemento interno de denuncia por acoso sexual deberá iniciarse sempre necesariamente por escrito, asinado polo suxeito pasivo, onde se detallarán as circunstancias de feito concorrentes, o suxeito activo do acoso, as condutas, proposicións ou requirimentos en que se puidese concretar e, en última instancia, as consecuencias negativas que del derivaron ou, de ser o caso, pretendían derivar.

V.

1. A presentación da denuncia dará lugar á inmediata apertura de dilixencias informativas previas por parte da empresa, especialmente encamiñadas, ademais de verificar a realidade das imputacións efectuadas, a impedir a continuidade do acoso denunciado así como a concreción de calquera tipo de represalias sobre o suxeito pasivo, para o que se articularán as medidas oportunas.

V.

2. A denuncia poderá tamén ser tramitada pola representación legal ou sindical dos traballadores, por petición da persoa asinante. De non ser así, daráselles inmediato traslado desta para o seu coñecemento e efectos, salvo que outra cousa se indicara expresamente na propia denuncia.

V.

3. Nas pescudas que se efectúen non se observará máis formalidade que a de dar trámite de audiencia a todos os intervenientes, practicándose cantas dilixencias se poidan considerar conducentes á elucidación dos feitos acaecidos.

V.

4. Durante este proceso, que deberá estar tramitado nun prazo máximo de sete días, gardarán todos os actuantes unha absoluta confidencialidade e reserva, por afectar directamente a intimidade e honorabilidade das persoas.

VI. Resolución. A constatación da existencia de acoso sexual no caso denunciado dará lugar, entre outras medidas, á apertura do expediente contraditorio a quen resulte ser suxeito activo daquel, sempre que estea dentro do círculo reitor e disciplinario da empresa.

Para estes efectos, o acoso sexual de intercambio será considerado sempre como falta moi grave. O acoso sexual ambiental poderá ser valorado como falta grave ou moi grave segundo as circunstancias do caso.

VI.

1. Se, por contra, resultara acreditada a falsidade da denuncia cursada, o expediente contraditorio incoaráselle a quen a asinase, valorándose a súa gravidade en función da do suposto acoso denunciado.

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)

ANEXO VI

Criterios de aplicación dos permisos retribuídos.

1. Falecementos. Punto 1.1.

-Consideraranse días laborables os que figuran no noso calendario laboral como tales, é dicir, de luns a venres salvo a quenda de fin de semana, en que se considerarán como laborables os días así sinalados polo seu calendario específico.

-Os días correspondentes ao permiso deberanse tomar a partir do día seguinte ao do falecemento.

O día do falecemento poderá ser considerado, por petición de beneficiario:

-ou como parte do permiso.

-ou, no caso de ausentarse do traballo, tomar ao seu cargo o tempo correspondente.

Punto 1.2.

-Considerarase tempo necesario para caso de afinidade, un máximo de tres horas.

-Servirá como xustificación a nota necrolóxica ou, en caso de non poder establecerse o parentesco por ela, unha certificación do párroco correspondente.

2. Maternidade. Punto 2.1.

-A consideración de día laborable será igual que no punto 1.1. de falecementos.

-Os días laborables que correspondan poderanse tomar dentro dos cinco seguintes á data do nacemento.

-A xustificación será a fotocopia da folla do libro de familia en que se reflicta o nacemento.

3. Enfermidade grave de parentes. Punto 3.1.

-O permiso poderase tomar dúas veces ao ano pola mesma causa de enfermidade, no caso de que o parentesco sexa cónxuxe ou fillos. Nos demais casos, unha soa vez.

Puntos 3.2 e 3.3. Serán de aplicación unha soa vez ao ano polo mesmo motivo de enfermidade.

4. Parellas de feito. En caso de parellas de feito legalmente recoñecidas, serán de aplicación os permisos retribuídos que este convenio lles recoñece aos matrimonios en caso de falecemento, maternidade ou enfermidade grave dos cónxuxes, fillos, pais ou irmáns.

5. Asistencia a consulta médica.

-Xustificación:

-ou ben polo boletín no cal se fagan constar as horas de entrada e saída, certificadas coa sinatura e o selo do médico a cuxa consulta se asista.

-ou, en caso de que non se reflicta a hora de entrada á consulta, tres horas como máximo.

-Os casos especiais serán estudados entre comité e dirección.

-Farase constar no boletín de asistencia a consulta médica o centro en que ten a consulta o interesado.

6. Traslado de domicilio habitual.

-O permiso desfrutarase o día en que se solicite o cambio de domicilio no concello.

-A xustificación será o resgardo da dita solicitude ou certificación equivalente do dito concello.