Última revisión
04/01/2023
-. Convenio Colectivo de Empresa de FUNDACIÓN INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (FIDIS) ?centro de trabajo en Lugo, Calle Ulises Romero, s/n? (27100030022022) de Lugo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Convenio Colectivo
Convenio afectado por
Adhesión das traballadoras e traballadores do centro de traballo en Lugo, rúa Uises Romero, s/n, da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), ao convenio colectivo con código número 15101012012021 (Boletín Oficial de Lugo num. 3 de 04/01/2023)
XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE DE LUGO.
SERVIZO DE APOIO AO EMPREGO, EMPRENDEMENTO E ECONOMÍA SOCIAL
Anuncio
CONVENIOS COLECTIVOS
Código 27100030022022
Visto o texto do acordo de adhesión das traballadoras e traballadores do centro de traballo en Lugo, rúa Uises Romero, s/n, da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), ao convenio colectivo con código número 15101012012021 da citada Fundación; e de conformidade co mesmo, que foi asinado o día 28 de novembro de 2022 pola representación da empresa e polo representante das persoas traballadoras no citado centro e máis co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade
ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Lugo, 28 de decembro de 2022.- A xefa territorial, Pilar Fernández López.
Reunidos por unha parte, en representación dos traballadores, Andrés Blanco Hortas, con DNI 33542887D, delegado electo no centro de traballo da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) situado na rúa Ulises Romero S/N, Lugo CP 27003, e en representación da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS), Isabel Lista García con DNI 44812997G.
ACORDAN
Adherir ás traballadoras e traballadores do centro de traballo anteriormente nomeado da provincia de Lugo ao convenio colectivo da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) con código de convenio 15101012012021.
e este acordo remítese copia a D. Ignacio Bouzadas Gil DNI 35468859F, do Consello Galego de Relacións Laborais, para o rexistro de este acordo na plataforma REGCON así como todos os rexistros e ámbitos correspondentes.
Lugo, 28 de novembro do 2022.- Andrés Blanco Hortas Isabel Lista García.
R. 4015
