Última revisión
11/08/2016
Sentencia/Laudo. Convenio Colectivo de Empresa de KAUMAN, S.A.U. (36103802032016) de Pontevedra
Empresa Provincial. Versión Validez desde 11 de Agosto de 2016 en adelante
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Convenio Colectivo
Convenio afectado por
LAUDO ARBITRAL DA EMPRESA KAUMAN, SAU . (Boletín Oficial de Pontevedra num. 153 de 11/08/2016)
Visto o texto do laudo arbitral relativo ás discrepancias xurdidas pola interpretación xurídica do pacto de empresa de data 13 de febreiro do 2015, sobre o complemento de salarios establecido na empresa KAUMAN, SAU, que foi dictado o día 6 de xullo do 2016, e tivo entrada no rexistro telemático de convenios e acordos colectivos de traballo da xefatura territorial da consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo o 18 de xullo de 2016, de conformidade co disposto no art. 90, 2 e 3, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real Decreto 713/2010, de 28 de mayo, sobre rexistro e deposito dos convenios e acordos colectivos de traballo, artigo 24.4 do Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), e Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta xefatura territorial,
A C O R D A:
Primeiro.-Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18.10.2010).
Segundo.-Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.-Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
JOSE Ma CASAS DE RON, designado árbitro en escrito de promoción de procedemento de arbitraxe de data 10/05/2016, e acta de compromiso arbitral de data 15/06/2016, prevista no artigo 20 do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo (AGA), no conflito xurdido sobre a interpretación xurídica do pacto de empresa de data 13 de febreiro de 2015, sobre o complemento de salarios establecido na empresa KAUMAN, S.A.U (Expediente AGA 41/16), resolve os asuntos presentados ditando o seguinte laudo, baseándose nos seguintes
ANTECEDENTES
Son partes no procedemento, por unha banda, a representación empresarial integrada por Juan José Rey Fernández, administrador, Purificación Cameselle Méndez, asesora legal, en representación de Kauman, S.A.U. E por outra banda, o representante legal dos traballadores, Manuel Vila Bugarín, presidente do Comité de empresa, Enrique Martínez González, secretario do Comité de empresa, e Armando Guerra Iglesias, asesor sindical de CCOO.
O litixio estriba nun conflito de interpretación do acordo subscrito polo empresa e a representación sindical en data 3/02/2015. É un conflito xurídico de interpretación da norma que se dita en base ós seguintes antecedentes:
Primeiro.-A empresa Kauman ten un cadro de persoal de 59 traballadores, e afectados polo presente conflito 42. 0 convenio de aplicación é Convenio Estatal xeral para a industria química. Con data 3/02/2016 a empresa e a representación sindical chegou a un pacto e empresa de mellora do convenio colectivo cuns determinados incrementos salariais aplicables á masa salarial bruta de determinados grupos profesionais. Este incremento aplicarase con efectos de 1/01/2016, e o importe salarial resultante, será aplicable integramente ó denominado plus convenio.
Segundo.-A representación empresarial sinala, que a petición dos traballadores, chegaron a un acordo dunha subida engadida sobre o incremento do convenio colectivo, sobre a base de chegar a unha determinada porcentaxe de facturación. A empresa entende que se aplica sobre a masa bruta real, senda un acordo con mellora de estabilidade do emprego, sobre a base dun porcentaxe de aumento en xullo de 9 traballadores indefinidos, insistindo no fomento da estabilidade do emprego. En xaneiro de 2016 para estes novas traballadores indefinidos aplicase a suba, pero tendo en conta a data de 1/07/2015 por entender que este é o espiritual da negociación, que esta non falaba do convenio, que non se practica a suba a todos os grupos, que o acordo é unha negociación particular, e con mellora do convenio colectivo. Non é unha cuestión económica, senón unha cuestión de interpretación dos criterios establecidos no pacto.
Terceiro.-Polo representación sindical sinálase que o espello no que se mira o pacto, é o convenio colectivo de referencia, que é o de químicas; trátase dun convenio de empresa negociado e asociado ó marco xeral, que é o convenio xeral de químicas. Neste, masa salarial é o que a empresa gasta nos traballadores. E así é como é negociado o convenio xeral de químicas. E para calcular, a masa salarial bruta, homoxeinízase o ano completo, por ser este un concepto colectivo. Aínda que o acordo non o especifica, este está ligado ó convenio, e isto é un dato fundamental. En definitiva, os traballadores reclaman que os incrementos da masa salarial bruta se realicen conforme o convenio 23 do convenio xeral cando di que 'en cada empresa se calcularán en condiciones de homogeneidad respecto a los periodos objeto de compensación'. Elo implicaría que se 9 traballadores causaron alta o día 1/07/2015, segundo os traballadores homoxeneizar, como é a súa tese, segundo o convenio, deberíase reflexar o importe total nos salarios anuais correspondentes a estas nove persoas. Esta é a tese sindical, polo que non houbo acordo na reunión de 10/03/2016, ó entender a empresa que no acordo ou pacto de empresa non se especifica que a masa salarial será homoxeneizada deste xeito.
Cuarto.-Abertas as sesións de comparecencia, o árbitro entende perfectamente garantidos os principios de igualdade e contradición, e considérase informado tralas sesións de comparecencia das posicións das partes e das súas diferenzas. Así mesmo comunica ás partes, como fixo noutros conflitos, que coñecidas as peticións e ofertas recíprocas da negociación do convenio, vai partir da doutrina das últimas posicións. Ademais quere reflectir o árbitro que solicitou diversa información ás partes ó fin de poder decidir nas cuestións en litixio.
Quinto.-O árbitro, como xa adiantou, entende que estamos ante un conflito xurídico de interpretación da norma colectiva, como é o pacto asinado en febreiro de 2015 entre a empresa e a representación sindical. Poderíase dicir que ambas interpretacións poderían admitirse ou valorarse, porque por unha banda, certo é que o convenio xeral tala de homoxeneizar, pero tamén entender, tal como significa a empresa, que o dato fáctico é que os traballadores comezaron a súa prestación o 1 de xullo, co cal o ano 2015, é afectado na súa segunda metade.
Pois ben, sobre a base de que na interpretación das normas hai que aplicar as normas do artigo 3 do Código Civil, e no contexto no que os feitos se producen, e tamén significando que onde non se distingue, quen interpreta non debe distinguir, o árbitro establecerá catro elementos para basear a súa decisión. Un, e como primeiro, a propia literalidade do acordo, sen deixar de referencialo á norma que lle sirve de cobertura, que é o convenio xeral. En segundo lugar, as regras de proporcionalidade, de común aplicables para os cálculos cuantificables salaríais, que se fan os traballadores/as consonte ás seu tempo de prestación de servizos, e aplicable practicamente a todos os conceptos, tanto salariais como indemnizatorios, etc.; o terceiro, constatación do que é un pacto de mellora, pois efectivamente mellóranse condicións establecidas na norma de ámbito superior, e en cuarto lugar, que o elemento sobre o que xira o pacto, ademais da mellora salarial para determinados grupos, basease nunha asentación do emprego indefinido nun contexto moi volátil nas materias de mantemento ou mellora do emprego.
Literalmente o pacto establece un incremento sobre masa salarial bruta complementario ó que se acordou no convenio xeral para o ano 2016 (...) este incremento se aplicará con efectos 1/01/2016. A pregunta que ten que facerse o árbitro é, se é un precepto cego, que non teña en canta as datas de incorporación na empresa, que é o usual na materia no cálculo do pro rateo para os traballadores, ou é un concepto que ten que verse dentro do global de homoxeneización, se quere entenderse así, que establece o convenio xeral de químicas. O árbitro, neste primeiro punto, inclínase a pensar que o que debe de prevalecer é a realidade fáctica da prestación de servizos, realidade que é a ordinaria no dereito salarial laboral, con independencia de que, efectivamente, un convenio xeral trate de homoxeneizar para todos os traballadores determinadas cuestións. Pero entendendo o árbitro que non pode ser unha visión cega, pois por redución ó absurdo, se un traballador prestase servizos un so día no ano 2015, poderíase entender que tería dereitos como un traballador que traballara os 365 días do ano.
En segundo lugar, e ligado con isto, coincidiría o segundo dos parámetros utilizados que é o de proporcionalidade. Non se repite a anterior argumentación porque chegaríase exactamente á mesma conclusión de que unha norma colectiva, tanto o convenio como o pacto non poden, aínda que sexo normas colectivas, provocar incongruencias na súa aplicación. De aí o exemplo que poderíase cualificar dun absurdo, reflectido nas liñas anteriores.
A terceira cuestión é que é un pacto de mellora, pero un pacto de mellora causal co cuarto dos elementos que o árbitro utiliza, como é a mellora baseada nun incremento salarial, pero sobre unha mellora do emprego no seu vector de estabilidade. É dicir, o espírito do acordo, que por cedo, non se aplica a todos os grupos, é superar economicamente ó convenio colectivo de referencia, pero é unha negociación de empresa, que no ámbito dunha interpretación lóxica, parécese que se adecúa máis ca tese arbitral da literalidade, proporcionalidade, mellora para un colectivo de traballadores, que á súa vez é consecuencia dunhas xestións de mellora de emprego sobre a base de desprecarizar o mesmo.
Estos, son, en definitiva, os cinco argumentos, literalidade, proporcionalidade, mellora efectiva, emprego e a propia lóxica do pacto subscrito o 13/02/2015, que non é incompatible co esquema conceptual establecido no complexo marco colectivo do convenio xeral para a industria química, mais prevalecendo, neste caso, os criterios utilizados polo actuante.
Pois ben, os anteriores presupostos, contidos nos puntos precedentes, son os que serven ó árbitro a fin de decidir a solución neste conflito.
PARTE DISPOSITIVA
En base a todos ós anteriores antecedentes, e tendo en conta o establecido no punto segundo dos antecedentes, dítase o seguinte laudo, de conformidade coas normas previstas no art. 20 e seguintes do Acordo Galego para a Solución Extraxudicial de Conflitos Colectivos de Traballo:
A suba salarial establecida no pacto colectivo de 13/02/2015, no seu incremento sobre a masa salarial bruto aplicarase para os grupos referidos no citado acordo, con efectos de 1/07/2015 para ós 9 traballadores contratados nesta data.
O presente laudo poderá recorrerse ante a xurisdición social nos termos establecidos no apartado 5° do artigo 24 do AGA.
Dado en Vigo, 6 de xullo de 2016.-O árbitro, José Mª Casas de Ron.
Vigo, 26/07/2016.-O Xefe Territorial, Ignacio Rial Santomé.
