Convenio Colectivo de Empresa de LIMPIEZAS DOMICILIARIAS LUCENSES, S.L. de Lugo

Empresa Autonomico.

TIEMPO DE LECTURA:

Modificaciones/Revisiones
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Resolución do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 22/10/2003 Diario Oficial de Galicia
Convenio colectivo para a empresa 'LIMPIEZAS DOMICILIARIAS LUCENSES, S.L. PARA EL CENTRO REHABILITADOR S. RAFAEL EN CASTRO DE RIBERAS DE LEA' 02/08/2003 Boletín Oficial de Lugo
Resolución do 8 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L., para o centro de rehabilitación San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 20/09/2002 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea. 23/02/2001 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 16 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L., para o Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea. 08/02/2000 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 29/03/1999 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 27 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 28/03/1999 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 18 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador S. Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 10/02/1998 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 23 de decembro de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o centro de rehabilitación San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. 22/04/1997 Diario Oficial de Galicia
Resolución do 12 de decembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para el Centro de Rehabilitación San Rafael en Castro Riberas de Lea. 15/05/1996 Diario Oficial de Galicia

Resolución do 3 de xullo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea. (Diario Oficial de Galicia núm. 205 de 22/10/2003)
esa Limpiezas Domiciliarias Lucenses, S. L. para o Centro Rehabilitador San Rafael en Castro de Ribeiras de Lea (código 2700730) , da provincia de Lugo, asinado o día 12 de xuño de 2003 pola representación da citada esa e dos seus traballadores e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3ºdo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei dos Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, asícomo o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á DirecciónXeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de xullo de 2003. Ana Chao Vázquez Delegada provincial de Lugo

Convenio colectivo do persoal de limpeza do Centro Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea 2003 Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal. As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal de limpeza que presta os seus servicios no Centro Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea.

Artigo 2º.-Ámbito temporal. A vixencia do presente convenio iníciase o 1 de xaneiro de 2003 e remata o 31 de decembro de 2003, entendéndose automaticamente denunciado con dous meses de anticipación ófinal da vixencia.

Capítulo II Xornada, vacacións, horas extraordinarias e licencias Artigo 3º.-Xornada laboral. A xornada laboral establécese en cómputo anual, con criterio rotativo e distribución irregular, quedando regulada a prestación de servicios segundo os termos que se detallan:

Unha semana de 39.30 horas efectivas de traballo, de luns a sábado.

Dúas semanas de 33.30 horas, con diminución horaria de seis horas, establecendo a xornada laboral de luns a venres unha semana e a seguinte, de luns a sábado, con descanso compensatorio do sábado a semana seguinte.

Acórdase que a xornada de sábados e domingos serácuberta obrigatoriamente por cinco traballadoras.

A xornada realizarase de mañ á e tarde, en quendas rotatorias entre tódolos membros do cadro de persoal.

Igualmente, o traballo en domingos e festivos devengará dereito á percepción do complemento estipulado, así como compensación en descanso á semana seguinte.

Os días 24, 31 de decembro e Sábado Santo consideraranse con carácter xeral como xornada non laborable. Non obstante, nos casos en que sexa necesario por demandalo así a esa ou o organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios neste centro de traballo verase obrigado a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións:

A xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, terminando os traballos antes das 18.00 horas. Nestes casos a esa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar; ben economicamente ou a través do complemento de traballo en domingos e festivos previstos no artigo 15 bis do presente convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que pola natureza do traballo que desenvolven, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Artigo 4º.-Descansos. Todo traballador que en cómputo semanal realice 35 horas de traballo efectivo, terá dereito a 30 minutos de descanso computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O mencionado descanso desfrutarase da seguinte maneira:

Persoal en quenda de mañá: entre as 11.00 horas e as 11.30 horas.

Persoal en quenda de tarde: entre as 18.00 horas e as 18.30 horas.

Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos 30 minutos seguintes á metade da xornada.

Persoal en xornada de mañá e tarde: nos 30 minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións. O período de vacacións será de 31 días naturais e serán desfrutadas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, salvo petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas, terá dereito a desfrutar no citado ano un número de días proporcional ó tempo de servicios prestados.

O persoal deberá concretar durante o mes de marzo a petición de vacacións para que, unha vez pla nificadas as necesidades da esa e oída a representación

sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios antes do 1 de maio a relación definitiva das quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de desfrute entre os traballadores, se que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias. Soamente se realizarán por forza maior ou as estructurais, entendendo como tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retribuídos e por tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas. As establecidas na ordenanza laboral do sector e no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando con suficiente anticipación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

-18 días naturais por casamento.

-2 días naturais por cambio de domicilio.

-3 días por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de parente por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao. Se o feito ocorrese noutra provincia, o permiso se ampliará a 2 días máis.

-Polo tempo necesario ata un máximo de 20 horas anuais para asistir a consulta médica, podéndose fraccionar estas ausencias.

-Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

-9 días retribuídos para asuntos propios. Capítulo III Mellora das condicións de traballo

Artigo 8º.-Situacións particulares. Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico que o que viña realizando habitualmente, se for posible e existise tal posto.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos. A esa velará pola práctica de recoñecementos médicos iniciais e periódicos, conforme o establecido polas disposicións vixentes.

Pola súa parte, os traballadores veranse obrigados a someterse a cantos recoñecementos médicos dispoña a esa a cargo dela, tanto en situación activa como en situación de IT ou análoga.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector, efectuándose, se que sexa posible, dentro da xornada laboral do traballador e facendo entrega a este do resultado do recoñecemento.

Artigo 10º.-Roupa de traballo. A esa entregará ós traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo obrigatorio o cumprimento da entrega anual de dous uniformes. Así mesmo, entregaranse luvas, calzado e roupa de augas se que fose necesario e un par de zocos ó ano.

Capítulo IV Adscrición do persoal

Artigo 11º.-Subrogación do persoal.

Ó final da contrata de limpeza, os traballadores da esa contratista saínte pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da anterior adxudicataria con respecto a tódolos traballadores, calquera que sexa a situación na que se encontren e a modalidade do seu contrato de traballo, coa única excepción daqueles que fosen incorporados nos últimos catro meses, se a incorporación non se debe á ampliación da contra ou esixencia expresa de cliente.

Nun prazo de tres días hábiles a esa saínte deberá facilitar á entrante a seguinte documentación:

-Certificado do organismo competente de estar ó día no pagamento da Seguridade Social.

-Fotocopia das cinco últimas nóminas mensuais dos traballadores afectados.

-Fotocopia do TC-1 e TC-2 de cotización á Seguridade Social dos cinco últimos meses.

-Relación de persoal na que se especifique nome, apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade da súa contratación e data do desfrute das vacacións.

O esario saínte estará, así mesmo, obrigado a liquidar ó entrante as partes proporcionais dos conceptos retribuídos dos traballadores con obxecto de que estes poidan desfrutar completas as súas vacacións e cobrar integramente as pagas correspondentes.

O contrato de traballo entre a esa saínte e os traballadores só se extingue no momento no cal se produza a subrogación por parte da nova adxudicataria. A aplicación deste artigo será de obrigado cumprimento para as partes ás cales vincula: esa cesante, nova adxudicataria e traballador, sen que desapareza o seu carácter vinculante por efecto de que a esa adxudicataria do servicio o suspenda por un período inferior a dous meses.

Artigo 12º.-Salario. Durante o ano 2003 os traballadores afectados por este convenio percibirán os salarios establecidos en táboa anexa que reflicte un incremento do 3,5%.

Artigo 13º.-Complemento asistencia. Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 2003 a cantidade mensual de 39 euros por mes traballado efectivo.

Artigo 14º.-Complemento de transporte. Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 2003 a cantidade mensual de 45 euros por mes traballado efectivo.

Artigo 15º.-Complemento penoso e perigoso. Aboarase a cantidade resultante de aplica-lo 20% ó salario base de cada categoría profesional. Artigo 15º bis.-Complemento de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán 16 euros como compensación por cada domingo ou festivo traballado no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente convenio, lles puidesen corresponder.

Artigo 16º.-Complemento de nocturnidade. O incremento por traballo nocturno consistirá nun 25% do salario base, regulándose polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 17º.-Antigüidade. Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na esa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias. Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laboral anterior ó 25 de xullo e 22 de decembro respectivamente. Estas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Sen embargo, aquelas que veñan egando o devengo semestral terán que especificar nas nóminas relativas as gratificacións extraordinarias ó ego de tal devengo.

Artigo 19º.-Paga de beneficios. A paga de beneficios será de 30 días. Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo co salario base, máis antigüidade vixente no 31 de decembro do ano anterior.

O tempo en que o traballador permaneza en situación de IT terase en conta como tempo de traballo efectivo para o devengo da paga de beneficios.

Artigo 20º.-Anticipos. Os traballadores afectados por este convenio poderán solicitar anticipos á conta do seu salario cunha anticipación mínima de 48 horas á data de pagamento; a este respecto, a mesma queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 21º.-Pagamento da nómina. A esa deberá aboar dentro dos 6 primeiros días de cada mes os salarios devengados no mes anterior. Se o día de pagamento for inhábil, adiantarase ó día hábil inmediatamente anterior. Artigo 22º.-Vinculación á totalidade. Este convenio constitúe un todo orgánico e indivisible, polo que os acordos contados nel teñen validez considerados conxuntamente. Se algunha das súas partes for declarada sen efecto pola xurisdicción competente, deberase reconsidera-lo seu conxunto globalmente.

Artigo 23º.-Incapacidade temporal. Considéranse dous supostos:

-No caso de hospitalización correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

-Así mesmo, no caso de intervención cirúrxica con hospitalización mínima de 48 horas o/a traballador/a percibirá no período de convalecencia cunha duración máxima de 120 días naturais, un complemento ata o 100% do salario de convenio máis antigüidade.

-O/a traballador/a que cause baixa por accidente laboral acaecido no centro de traballo, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producise fóra do lugar de traballo, a esa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Capítulo V Acción social

Artigo 24º.-Xubilacións anticipadas. Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de alcanzaren a idade regulamentaria percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Ós 60 anos: 1.406,37 euros.

-Ós 61 anos: 1.250,11 euros.

-Ós 62 anos: 937,58 euros.

-Ós 63 anos: 468,79 euros. As cantidades mencionadas establécense para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ó tempo contratado. Capítulo VI Acción sindical

Artigo 26º.-Dereitos sindicais. Aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e na Lei de liberdade sindical.

O delegado de persoal desfrutará, como mínimo, de 15 horas sindicais ó mes distribuídas para tódolos efectos, das cales quedan excluídas as egadas para a asistencia á negociación colectiva.

Artigo 27º.-Póliza de accidentes. Para os traballadores a esa contratará unha póliza de seguros individual ou colectiva, que cubra en caso de:

-Morte ou invalidez total: 17.188,95 euros.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 18.751,58 euros.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión mixta paritaria. As partes asinantes deste convenio constituirán unha comisión paritaria coas funcións de interpretación, arbitraxe, conciliación e vixilancia de canto se estipula neste convenio, composta por un representante da esa e un en representación do sindicato asinante do presente convenio. As partes poderán levar ás reunións asesores con voz e sen voto. As discrepancias que se presenten serán sometidas á xurisdicción laboral. Segunda.-Normas subsidiarias. No non previsto este convenio observarase que dispón o convenio provincial de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas. Respectaranse as condicións máis beneficiosas que a título persoal puidese ter calquera persoa afectada polo convenio.

Cuarta.-Comisión negociadora. As partes asinantes comprométense a inicia-la negociación do novo convenio dentro do último cuadrimestre de vixencia do presente con anticipación suficiente de cara á elaboración dos orzamentos económicos do seguinte exercicio.

ANEXO

Táboa salarial ano 2003 (A) Categoría: encargado. S. base mes/día: 662,45. S. base anual: 7.949,38. P. extra ben. xul. Na.: 1.987,34. Compl. p. e p.: 1.589,87. Compl. transporte: 528. Compl. asistencia: 468. Total deveng.: 12.522,59.

Categoría: limpadora. S. base mes/día: 18,98. S. base anual: 6.927,21. P. extra ben. xul. Na.: 1.708,08. Compl. p. e p.: 1.366,46. Compl. transporte: 528. Compl. asistencia: 468. Total deveng.: 10.998,55.

Complemento transporte mensual: 45 euros. Complemento asistencia mensual: 39 euros.