C. Colectivo. Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña

Sector Autonomico. Versión VIGENTE. Validez desde 01 de Enero de 2004 hasta 01 de Enero de 2004

TIEMPO DE LECTURA:

  • Código: 1500235
  • Código Nuevo: 15000235011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 90 del 11/05/2005

    ...Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña... ...15000235011981... ...1500235... ...Carpinteria De Ribeira... ...Carpinteria Ribeira CORUÑA... ...Carpintería Ribeira CORUÑA... ...Carpintería de Ribeira... ...(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)... ...Comisión Paritaria... ...Depósito de convenios colectivos... ...Comisión negociadora...

  • Código: 1500235
  • Código Nuevo: 15000235011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Boletín Oficial de A Coruña nº 99 del 03/05/2005

    Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA Coruña Revision salarial do convenio colectivo do sector de carpinteria de Ribeira CARPINTERIA DE RIBEIRA Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña Visto o expediente revisión salarial do convenio colectivo do sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Con...

  • Código: 1500235
  • Código Nuevo: 15000235011981
  • Tipo: Sector
  • Ámbito: Coruña
  • Diario Oficial de Galicia nº 5100 del 14/03/2000

    Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA Coruña Resolución do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de abril de 1999 e o 31 de marzo de 2000 no convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira da provincia da Coruña. CARPINTERIA DE RIBEIRA Convenio Colectivo de Sector de CARPINTERIA DE RIBEIRA (15000235011981) de Coruña Visto o expediente de revisión salarial para o período comprendido entre o 1-4-1999 e o 31-3-2000 no convenio colectivo do sector da carpintería de...
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor Vigencia PDF
C. Colectivo Resolución do 20 de xullo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para as industrias do sector da carpintaría de ribeira. Convenio afectado por 06/09/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004 Vigente
C. Colectivo Convenio colectivo para as industrias do sector de carpinteria de Ribeira 03/08/2004 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2004 No Vigente
C. Colectivo , Correccion Resolución do 20 de novembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da corrección de erros do convenio colectivo de comercio de carpintería de ribeira. Convenio afectado por 11/12/1996 Diario Oficial de Galicia 01/04/1996 No Vigente
C. Colectivo Resolución do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da carpintería de ribeira. 18/11/1996 Diario Oficial de Galicia 01/01/1997 No Vigente
Convenio Colectivo
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
C. Colectivo Resolución do 20 de xullo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para as industrias do sector da carpintaría de ribeira. 06/09/2004 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004
Convenio afectado por
Tipo Título F. Publicación Boletin F. Vigor PDF
Revision Resolución do 6 de abril de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de carpintaría de ribeira. 11/05/2005 Diario Oficial de Galicia 01/01/2004
Revision Revision salarial do convenio colectivo do sector de carpinteria de Ribeira 03/05/2005 Boletín Oficial de A Coruña 01/01/2004

Resolución do 20 de xullo de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para as industrias do sector da carpintaría de ribeira. (Diario Oficial de Galicia núm. 173 de 06/09/2004)

Visto o expediente do convenio colectivo das industrias do sector de carpintaría de ribeira (código convenio 1500235) , que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-7-2004 e subscrito pola parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Carpintería de Ribeira e pola parte social por CC. OO. o día 20-5-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de xullo de 2004. Cristina Azpilcueta González Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo para as empresas de carpintaría de ribeira da provincia da Coruña 2004-2006

Capítulo I Extensión.-Ámbito funcional.

Artigo 1º.-Ámbito territorial. O presente convenio é de ámbito provincial, aplicándose ás empresas que, na provincia da Coruña, están dedicadas á actividade de carpintaría de ribeira. Artigo 2º.-Ámbito persoal. Regulará as relacións laborais entre os traballadores e as empresas incluídas no seu ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.-Vixencia e duración. Este convenio negóciase ao abeiro do convenio sectorial da madeira de ámbito estatal, que servirá como norma complementaria no que nel non estea previsto, e ten unha vixencia de 3 anos (1-1-2004 ao 31-12-2006) .

Artigo 4º.-Incremento salarial e cláusula de garantía salarial.

Para o ano 2004, o incremento salarial pactado é dun 8%, que se calculará sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-2000.

Para o ano 2005, o incremento salarial pactado é o IPC real de 2004 máis 1,25% sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-2004.

Para o ano 2006, o incremento salarial pactado é o IPC real de 2005 máis 1,25% sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-2005.

No suposto de que o incremento real do índice de prezos ao consumo (IPC) o 31-12-2004, supere o 2,25%, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso da dita porcentaxe.

Artigo 5º.-Denuncia. Establécese como día límite para a denuncia deste convenio o 31 de outubro do ano 2006.

Capítulo II Artigo 6º Respectaránselles a todos os traballadores as situacións laborais actualmente consolidadas no seu conxunto, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 7º.-Salarios. Establécense como salarios mínimos para cada categoría profesional, os que se refliten no anexo I.

Artigo 8º.-Complemento de transporte. Establécese como complemento de transporte a cantidade de 102,28 euros mensuais para todas as categorías.

Artigo 9º.-Complemento de antigüidade. Todos os traballadores que teñen dereito ao complemento de antigüidade consolidada seguirano mantendo na súa contía.

Artigo 10º.-Vacacións. Fíxanse as vacacións anuais en 30 días naturais para cada categoría profesional das establecidas no presente convenio, aboándose estas coa media da totalidade da retribución percibida durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, de acordo coa táboa salarial que figura no anexo, así como a antigüidade e mailo complemento de transporte que lle correspondese de estar traballando.

Todo traballador que enferme ou sufra un accidente non laboral mentres estea desfrutando das súas vacacións terá dereito a que se lle concedan a posteriori tantos días de vacacións como días laborables tivo que perder a causa da enfermidade ou accidente non laboral, ata completarlle a totalidade dos períodos de vacacións. Para facer uso deste dereito, o traballador deberá presentarlle á empresa os partes de baixa e alta expedidos polo médico facultativo da Seguridade Social.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias. Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal e devengaranse por semestres naturais e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas: Paga de verán: do 1 de xaneiro ao 30 de xuño. Paga de Nadal: do 1 de xullo ao 31 de decembro. As pagas extras aboaranse a razón de trinta días de salario base e antigüidade consolidada.

Ao persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias, conforme os criterios anteriores, no momento de realizar a liquidación dos seus haberes.

Artigo 12º.-Accidente de traballo e enfermidade. As empresas aboaranlles aos produtores accidentados no traballo, a partir do primeiro día de accidente, a diferenza entre a prestación económica que percibirán da Seguridade Social e o salario líquido que lles corresponda de acordo coas táboas salariais.

En caso de enfermidade, a dita prestación aboarase a partir do décimo día da baixa. No caso de hospitalización, a prestación outorgarase desde o primeiro día desta.

Artigo 13º.-Roupa de traballo. As empresas entregaranlles aos traballadores dúas fundas ou pezas de roupa de traballo, nos días 2 de xaneiro e 2 de xullo. Ao cabo do ano pasarán a ser propiedade do traballador.

Artigo 14º.Ao persoal eventual que no momento do asinamento deste convenio teña contrato en vigor, respectaráselle o incremento do 30% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Para o persoal eventual que ingrese na empresa durante a vixencia deste convenio, o incremento será do 20% sobre o salario que figura na táboa para a súa categoría.

Ás gratificacións de xullo e Nadal, como así mesmo, á parte proporcional de vacacións, incrementarase as referidas porcentaxes.

Ao persoal eventual que no momento do asinamento do presente convenio estea percibindo a compensación do 30%, e por calquera causa, rematase a súa relación laboral ou iniciase unha relación nova como eventual, nun prazo inferior a 90 días, terá dereito a seguir percibindo o 30%.

Artigo 15º.-Complemento de traballos molestos, penosos e toxicidade.

As empresas aboarán un complemento do 30% sobre os salarios do anexo I pola execución dos traballos seguintes:

-Renovación das bancadas das caldeiras e máquinas de vapor, sen limitación de tonelaxe ou da súa potencia.

-Do interior ou pintado do interior de sentinas, calquera que sexa o material que se vaia empregar.

-Pintado do interior de tanques combustibles de auga, calquera que sexa o material que se vaia empregar nos ditos traballos. No pintado de neveiras con materia bitusmática, brea, alcatrán ou pinturas.

-Renovación das calzadas, rolos ou bancadas de motores diesel de 100 CV.

-Calquera traballo que se realice a unha distancia máxima de tres metros de caldeiras acesas.

-Nas praias, en ramplas, en varadoiros, onde o traballador deba ter parte do corpo mergullado na auga, aínda dispoñendo do calzado e roupas adecuadas.

-Nos traballos que se realicen nas neveiras ou frigoríficos, sempre que as súas temperaturas sexan inferiores a 10 graos ou manteñan xeo no seu interior.

-Estes traballos entenderanse sempre en reparación.

-En concepto de toxicidade, este complemento do 30% aboaránllelo aos seus traballadores as empresas dedicadas á construción ou reparación de embarcacións de plástico.

-Así mesmo, este complemento do 30% aboarase nos traballos que se realicen nos fondos das embarcacións planas de proa a popa, tales como barcazas, mexilloeiras, gánguiles ou dragas, sempre que estes traballos se realicen a unha altura inferior dun metro cincuenta centímetros do solo onde se efectúen os ditos traballos.

-O dito complemento será do 120% cando se trate de traballos nos mastros e velame, que teñan que realizarse a máis de 10 metros de altura na cuberta da nave.

Capítulo III Artigo 16º.-Xornada de traballo. A duración da xornada anual de traballo efectivo en todos os ámbitos deste convenio colectivo será para o ano 2004 de 1.768 horas; para o ano 2005, será de 1.764 horas e para o ano 2006 será de 1.760 horas.

A xornada semanal con carácter xeral será de 40 horas. As empresas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán establecer xornadas semanais distintas, coas limitacións establecidas no artigo 43 do convenio colectivo estatal da madeira.

As empresas quedarán obrigadas a confeccionar un calendario laboral que deberá especificar as xornadas laborables e as horas de cada unha delas, ata completar o número de horas pactado. As reducións de xornada para adaptalas ao cómputo anual deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. O calendario laboral deberá ser exposto aos traballadores no taboleiro de anuncios do 31 de xaneiro de cada exercicio.

Artigo 17º.-Reserva do posto de traballo aos traballadores en situación de baixa por invalidez provisional.

Os traballadores fixos que cesasen nas súas respectivas empresas por pasar á situación de invalidez provisional, terán dereito ao seren declarados de novo aptos para o traballo, a seren integrados nos postos de traballo, que con carácter normal ocupaban nas empresas nas datas que causaron baixa.

Para o cumprimento do establecido no parágrafo anterior será preciso que o traballador o solicite da súa empresa dentro do mes seguinte á data da súa declaración de aptitude para o traballo, quedando en virtude de certificación médica acreditativa de tal aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no termo dos quince días seguintes á data na que o traballador formulase a súa petición de reingreso.

Se o traballador non solicitase da empresa a reincorporación do seu posto de traballo, dentro do prazo que sinala o parágrafo anterior, entenderase que fai renuncia expresa do seu dereito á reincorporación, quedando a empresa liberada da obriga de reservar a praza.

Aqueles traballadores que expresamente ingresen nas empresas para ocupar a vacante temporal dos traballadores que pasasen á situación de invalidez provisional, terán a condición de interinos.

Artigo 18º.-Acción asistencial nas empresas-xubilación. A todo o persoal da empresa que, levando como mínimo cinco anos de antigüidade nela e tendo cumprida a idade mínima para a pensión, solicite e obteña do INSS a xubilación regulamentaria, a empresa entregaralle un premio de vinculación a ela, consistente nun mes de vacacións.

Artigo 19º.-Comisión paritaria. Estará formada por:

-Parte empresarial: Domingo Lago Martínez. Manuel Romero Senande.

-Parte social: Celestino Pérez Vázquez (UGT) . Santiago Huertas Pozurama (CC. OO.) . Artigo 20º.-Melloras económicas. As melloras económicas establecidas no presente convenio non poderán ser absorbidas durante a súa vixencia polas que voluntariamente veñan outorgando as empresas.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes. As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permanente, total ou morte por accidente, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións.

Por morte: 15.000 euros. Por invalidez total ou absoluta: 18.000 euros. As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros, non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cubran.

ANEXO I

Esta norma conten táboas, se desexa consultalas pulse AQUI

(Para poder le-los documentos é necesario o lector Adobe Acrobat)