Auto Civil Nº 268/2009, A...re de 2009

Última revisión
22/12/2009

Auto Civil Nº 268/2009, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4337/2008 de 22 de Diciembre de 2009

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico


Relacionados:

Tiempo de lectura: 5 min

Orden: Civil

Fecha: 22 de Diciembre de 2009

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 268/2009

Núm. Cendoj: 36057370062009200155

Núm. Ecli: ES:APPO:2009:1574A

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

AUTO: 00268/2009

AUDIENCIA PROVINCIAL DE

PONTEVEDRA

Sección 006

Domicilio : C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Telf : 986817388-986817389

Fax : 986817387

Modelo : AUT01

N.I.G.: 36038 37 1 2008 0601129

ROLLO : RECURSO DE APELACION (LECN) 0004337 /2008

Juzgado procedencia : JDO. 1A.INST.E INSTRUCCION N. 2 de REDONDELA

Procedimiento de origen : MONITORIO 0000114 /2008

RECURRENTE : Celia

Procurador/a : JOSE JAIME PEREZ ALFAYA

Letrado/a : JOSE SANTIAGO SANCHEZ OLIVEIRA

RECURRIDO/A : Eugenio

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados Ilmo/s. Sr/es.

Magistrado/s: D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou

NO NOME DO REI

o seguinte

AUTO Nº 268/09

En Vigo, a vinte e dous de decembro de dous mil nove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuizo Monitorio 114/08, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela , ós que correspondeu o rolo 4337/08, nos que aparece como parte apelante demandado Dª Celia , representada polo/a procurador/a D./D.ª JAIME PÉREZ ALFAYA e asistida do/da letrado/a D./D.ª SANCHEZ OLIVEIRA, e como parte contra a que se apela e demandada D./D.ª Eugenio ,, non persoado nesta instancia.

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1ª Instancia Núm. 2 de Redondela, con data do 23 de setembro de 2008, ditou un auto coa seguinte parte dispositiva:

"Se acuerda; El sobreseimiento de las presentes actuaciones de Procedimiento Monitorio nº 114/08 seguidas a instancia de Eugenio , representada por la Procuradora Sra. Erminia Alonso soliño, contra Celia , representado por el procurador Sr. Jaime Pérez Alfaya, archivándose las mismas una vez sea firme la presente resolución y sin expresa imposición de costas."

Segundo: Contra o dito auto, o/a procurador/a D./D.ª Jaime Pérez Alfaya, en representación de D./D.ª Celia , presentou un recurso de apelación que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: Formulada oposición á petición do proceso monitorio, con unha cuantía litixiosa superior a tres mil euros, o xulgado deu traslado do escrito de oposición ao peticionante para que, de conformidade co artº 818 da L. A. C . formulara demanda dentro do prazo dun mes, a contrar dende o traslado daquel escrito de oposición, que tivo lugar o día 24 de xullo de 2.008. Promovida demanda de xuizo ordinario o día 22 de setembro dese ano, o Xulgado de primeira instancia a estima como presentada dentro de prazo. E se alza contra desta decisión a parte peticionada, considerando que ao atoparmos ante o prazo sinalado por meses, debe computarse de data a data, e como o día 24 de agosto é inhábil o dies ad quem se traslada ata o día seguinte hábil, ou sexa, ata o 1 de setembro.

A Sala acorda rexeitalo recurso pois sen descoñecer os criterios dispares -incluso dentro da doutrina xurisprudencial- que existen a este respecto, se decide por excluir do prazo o mes de agosto, tanto polo postulado por actione como por razóns lóxicas.

En efecto, e en primeiro termo, non é pacífica a xurisprudencia sobre esta materia, pois fronte a outras resolucións (que resolven sobre o prazo para a interposición do recurso de revisión), a sentenza de data 29 d abril de 2004 proclama que "habiendo presentado la demanda de revisión el 6 de septiembre del año 2002, el plazo de caducidad no ha transcurrido, pues ha de atenderse al artículo 130 de la Ley de Enjuiciamiento Civil que fija los días hábiles, incluyendo como inhábil el mes de agosto".

E en segundo lugar, con independencia de que a tese que mantemos favorece obviamente o exercicio dos dereitos, de seguirse a tese contraria, de non excluir o mes de agosto, chegaríamos ao resultado abxurdo, e como tal xuridicamente inaceptable, de que iniciado o cómputo de dous prazos o día 31 de xullo, o máis pequeño, por exemplo, de cinco días para a formulación do recurso de reposición ex artº 452 da L. A. C ., remataría o día 5 de setembro, mentres que para un prazo moito maior, como o do mes para a promoción da demanda, no suposto de oposición á petición de proceso monitorio, de conformidade co artº 818. 2 da mesma Norma procesual, este último prazo fenecería o día 1 de setembro.

Segundo: As dúbidas xurídicas observadas nos levan a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Rexitámolo recurso de apelación formulado por Dª Celia contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Redondela o día 23 de setembro de 2008 , sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta é a nosa resolución, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia , de normalización lingüística.

PUBLICACIÓN: En la misma fecha fue leída y publicada la anterior resolución por el Ilmo. Sr/a. Magistrado que la dictó, celebrando Audiencia Pública. Doy fe.

DILIGENCIA: Seguidamente se procede a cumplimentar la notificación de la anterior resolución. Doy fe.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.