...

Última revisión
12/12/1990

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Civil

Fecha: 18 de Octubre de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 502/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100482

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2231

Núm. Roj: SAP PO 2231:2019

Resumen:
ARRENDAMIENTOS-MUEBLES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00502/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

EO

N.I.G.36057 42 1 2018 0010760

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000423 /2019

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 1 de VIGO

Procedimiento de origen:PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000664 /2018

Recurrente: BANCO SANTANDER S.A.

Procurador: JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO

Abogado: OSCAR JOSE SURIS REGUEIRO

Recurrido: FYNEKO REAL ESTATE INVESTIMENT

Procurador: PURIFICACION RODRIGUEZ GONZALEZ

Abogado: JAIME CARRERA RAFAEL

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 502/19

Vigo, a dezaoito de outubro de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 664/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 1 de Vigo ós que correspondeu o rolo 423/19, nos que aparece como parte apelante e demandado BANCO SANTANDER S.A., representada polo procurador D. JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistida do letrado D.OSCAR J. SURÍS REGUEIRO,e como parte contra da que se apela e demandante FYNEKO REAL ESTATE INVESTIMENT S.L., representada pola procuradora D.ª PURIFICACIÓN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ e asistida do letrado D.ª JAIME CARRERA RAFAEL.

É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 1 de Vigo, con data do 26 de marzo de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'Estimando íntegramente la demanda promovida por la representación de Fyneko Real Estate Investiment S.L. contra Banco Santander, debo condenar a la demandada a abonar la cantidad de 100.000 euros, más intereses legales; y al pago de las costas procesales.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE A. FANDIÑO CARNERO, en representación de BANCO SANTANDER S.A., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de outubro de 2019.


Fundamentos

Primeiro:Sen prexuízo da relativa diversidade de contido e efectos de cada aval a primeiro requerimento, diversidade derivada loxicamente do principio da autonomía da vontade das partes contratantes, a doutrina describe este instituto como unha garantía independente tan sinxela na súa estrutura (reclamable 'a primeira demanda') como eficaz en canto á protección que brinda ('sen excepcións'). Aquela sinxeleza, que é condición indispensable da súa eficacia, sole contrastar coa complexidade da operación económica subxacente. Con ocasión dun contrato, en trance de rematarse, unha das partes obtén do banco o compromiso de emitir a favor da outra parte unha garantía pagadeira á primeira solicitude desta, sen que caiba opoñer excepcións derivadas das relacións base, nin tampouco das que podan surxir da relación entre o garante e o ordeante da garantía. E se destacan como caracteres desta garantía a facilidade extrema da reclamación do beneficiario; a independencia ou autonomía da obrigación de pago asumida polo garante, constituíndose como obriga distinta, autónoma e independente, desconectada das vicisitudes que puideran afectarlle, derivadas da relación base, xeralmente multilateral, e de natureza extraordinariamente complexa; a posibilidade de existencia da garantía aínda que a operación asegurada non constitúa aínda un verdadeiro contrato, en sentido técnico, ou o contrato en que cristalice sexa nulo; finalmente, o aseguramento do beneficiario fronte aos riscos típicos ou atípicos que afecten á relación (xurídica ou meramente económica) de base, en cuxa virtude emítese a garantía. Así, a garantía independente protexe ao beneficiario fronte aos riscos de impagamento, execución serodia, incapacidade técnico-profesional, de forza maior, riscos xurisdicionais, de cambio, etc.. A causa-función da garantía -engade a doutrina- consiste en atribuir ao beneficiario un aseguramento puro líquido, absolutamente eficaz, dun determinado resultado económico, idealmente globalizado, que se espera conseguir dunha operación económica determinada, constitúa ou non un contrato válido e con independencia das vicisitudes que agora ou no futuro poderán derivarse del.

Pola súa banda, a doutrina xurisprudencial destaca igualmente a limitación da posibilidade de excepcionar do garante fronte ao beneficiario, circunscribindo esas excepcións ás derivadas, exclusivamente, da garantía propiamente dita, sen que, pola contra, se poidan traer a colación ás excepcións que poidan existir entre ordeante e beneficiario, e sen prexuízo, finalmente, do xogo dos límites derivados da boa fe, do abuso do dereito e do fraude.

Como advirte a sentenza do Tribunal Supremo de 14 de novembro de 1989, 'toda interpretación que trate de dar a la palabra garantía el sentido de la obligación accesoria de fianza o de aplicar la excusión que le es característica desvirtúa la naturaleza de la relación compleja a la que venimos haciendo mérito, de ahí que el garante no pueda oponer al beneficiario que reclama el pago otras excepciones que las que deriven de la garantía misma, siendo suficiente la reclamación del beneficiario frente al garante para entender que el obligado principal no ha cumplido, si bien en aras del principio de la buena fe contractual ( art. 1258 CC) se permita al garante, caso de contienda judicial, probar que el deudor principal ha pagado o cumplido su obligación con la consiguiente liberación de aquél, produciéndose así una inversión en la carga de la prueba ya que no puede exigirse al beneficiario que acredite el incumplimiento del obligado principal'.

No mesmo senso, a sentenza de 1 de febreiro de 2.007 proclama que 'en esta modalidad contractual de garantía el garante no puede oponer al beneficiario que reclama el pago otras excepciones que las que derivan de la garantía misma. La característica del aval a primer requerimiento, según reiterada jurisprudencia de esta Sala, es la de dar nacimiento a una obligación de garantía que pierde su carácter accesorio de la obligación principal (la obligación del garante es independiente de la obligación del garantizado y del contrato inicial), por lo que no es menester que para la efectividad de la garantía se demuestre el incumplimiento de la obligación garantizada, sino que basta con la reclamación del deudor para hacer efectivo el cumplimiento de ésta. Como recuerda a STS de 9 de diciembre de 2005 , este tipo de garantías ha sido adoptado en las Reglas uniformes sobre garantías a demanda (documento aprobado el 3 de diciembre de 1991), de la International Chamber of Comerce, y en la Convención de las Naciones Unidas sobre Garantías Independientes y cartas de crédito contingentes, aprobada por la Asamblea General de la ONU en 1995'.

Mais engade aquela resolución de 2007 que 'de la jurisprudencia que acaba de citarse se desprende que el aval a primer requerimiento, como garantía atípica admisible en nuestro ordenamiento jurídico en virtud del principio de autonomía de la voluntad ( arts. 7 y 1255 del Código civil [CC ]), no puede desvincularse en cualquier circunstancia -al menos cuando no se ha incluido la cláusula 'sin excepciones'- de la obligación garantizada que constituye su objeto, pues la exigencia del carácter expreso de la fianza (art. 1827), aplicable a esta modalidad contractual, determina que la obligación del garante no pueda extenderse más allá de lo que constituye su objeto (según declara expresamente la STS de 27 de septiembre de 2005, recurso 80/1999) y frente a la reclamación el avalista puede oponer aquellas excepciones derivadas de la propia garantía, entre ellas las que se fundan en una clara inexistencia o cumplimiento de la obligación garantizada, cuya prueba le corresponde, pues así lo exigen los principios de buena fe contractual ( art. 1258 CC) y prohibición del ejercicio abusivo de los derechos ( art. 7.2 CC), ya que en semejantes circunstancias la ejecución de la garantía sería abusiva o fraudulenta y susceptible de ser paralizada mediante la exceptio doli [excepción de dolo], que constituye una limitación que afecta incluso a los negocios abstractos, categoría en la que ni siquiera parece que pueda incluirse el aval a primer requerimiento, a falta de una expresa regulación legal, dado el tenor del art. 1277 CC'.

Nese posible contexto fraudulento o Tribunal Supremo ven entón admitir 'que el garante puede oponer al beneficiario el pago del deudor, si lo conoce; es decir, se le deja la posibilidad de ejercitar la ' exceptio doli' o límite al ejercicio abusivo del derecho ( sentenza de 17 de febreiro de 2000). Ou como reseña a de 10 de xuño de 2014 'la jurisprudencia ha admitido la posibilidad de paralizar la ejecución de la reclamación del beneficiario mediante la alegación y prueba por el garante de la ' exceptio doli' , en supuestos de la clara inexistencia de la obligación garantizada, para evitar una situación de enriquecimiento injusto'.

Segundo:Como antecedentes dignos de mención para unha mellor comprensión da controversia e para un mellor acerto na súa resolución debemos traer a colación os seguintes feitos e circunstancias.

O día 30 de xuño de 2017 celébrase un contrato de arrendamento para uso distinto de vivenda entre a entidade Fyneko Real Estate Investiment Trust, S.L. -no sucesivo Fyneko- como arrendadora, e Laymar, S. A. como arrendataria, polo prazo de cinco anos e cunha renda inicial de 7.000 euros mensuais mais o IVE.

En documento separado do anterior e coa mesma data, o antiguo Banco Popular Español, S. A. (hoxe Banco de Santander, S. A.) presta un aval a primeiro requerimento pola suma máxima de 100.000 euros, como garantía, e citamos literalmente, 'do pagamento das rendas e calquera obligación de contido económico, así como dos danos e desperfectos que se poideran ocasionar no inmoble descrito no expósito I do contrato de arrendamento, segundo contrato subscrito polas partes con data 30 de xuño de 2017'.

Cómpre igualmente reseñar que na mesma data, pero con anterioridade -loxicamente- á subscrición dos dous documentos anteriores, os contratos de arrendamento e de aval, Laymar, S. A., a través de escritura pública vendeu a Fyneko a nave industrial -inmediatamente arrendada por esta a aquela- polo prezo de 700.000 euros, que satisface a compradora Fyneko a través de tres obrigas de pagamento bancarias nominativas emitidas contra a conta que esta última tiña aberta na entidade Banco Sabadell, S. A (folio 35).

Ante o impagamento das rendas, a contar dende arredor do mes de decembro de 2017, a arrendadora formula contra a arrendataria demanda de desafiuzamento por impago das rendas e de reclamación de rendas, que deu lugar ao proceso número 134/2018, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 7 de Ponferrada, proceso que rematou e foi arquivado en virtude dun 'acordo de resolución' de data 20 de xullo de 2018, do que cabe agora salientar os seguintes contidos: A) Conveñen as partes a resolución contractual recoñecendo a eficacia do decreto ditado en tal sentido polo órgano xudicial. B) Se entregan á arrendadora as chaves do local. C) A arrendataria recoñece adebedar á arrendadora as seguintes cantidades e conceptos: Primeiro, 65.000 pesetas correspondentes ás rendas impagadas. Segundo, a cantidade de 329.000 euros, en concepto da indemnización derivada da resolución por incumprimento do contrato, en virtude do indicado na estipulación segunda do mesmo. E terceiro, os gastos e custas derivadas do proceso de desafiuzamento.

En virtude da demanda reitora desta lite a arrendadora, Fyneko, reclama os 100.000 euros do avalista, ante o incumprimento contractual observado pola arrendataria no pagamento das rendas.

Oponse o demandado a esta pretensión invocando, por unha banda, que a garantía non cubría o total reclamado, e por outra, a exceptio doli. Na tese do demandado, e sen prexuízo de ampliar deseguido a súa argumentación, o aval tan só cubría o pagamento das rendas, non outros conceptos, e 'existiría unha operación abusiva e fraudulenta levada a cabo de consuno, entre a entidade arrendataria e arrendadora, que así obtiña unha substanciosa compensación económica a través do aval prestado polo meu representante...' (feitos segundo e terceiro do escrito de contestación).

Non obstante esa alegación, o demandado amosa a súa conformidade parcial coa reclamación, soamente polo importe de 51.260 euros, en concepto de rendas impagadas.

A sentenza de primeira instancia estima a demanda, condenado ao demandado ao pagamento dos 100.000 euros, e recurre esta resolución este último, quen reproduce nesta alzada o mesmo discurso argumental.

Terceiro:A primeira invocación do demandado apelante, de que o aval non cubría o suposto litixioso non resulta estimable dado os termos amplos e abarcantes da garantía. E é que fronte ao sostido polo recurrente, a garantía comprendía o pagamento das rendas 'e calquera obligación de contido económico', así como os danos e desperfectos que se poideran causar no inmoble alugado. Esa expresión, laxa, aberta e sen restriccións, é palmariamente reveladora de que o aval está garantindo non soamente o pagamento das rendas, senón tamén de todas as demáis continxencias de orde patrimonial, vencelladas co contrato de aluguer, entre as que se atoparían, tamén e consecuentemente, as sancións de orde económica que o propio contrato establecía, concretamente na súa estipulación segunda, a teor da cal ,e no caso de resolución contractual por incumprimento do arrendatario das súas obrigas, debería indemnizar ao arrendador polo importe das rendas pendentes de vencer ata o máximo de cinco anos, contido contractual que temos que entender que era plenamente coñecido do avalista, non sóa porque o contrato de aluguer aparece explicitamente mencionado no documento de aval, senón tamén porque non se cuestiona realmente este extremo, e que, en fin, resultaría deducible do cobramento por parte do avalista dun crédito quer ostentaba contra Laymar, S. A.. Volveremos sobre este último punto.

CUARTO.-Non aparece acreditado o comportamento fraudulento que o avalista recurrente imputa ao actor arrendador e ao arrendatario avalado. Neste senso non atopamos ningún elemento indiciario dabondo para realizar tal afirmación. E é que a compra da nave industrial por parte da demandante, Fyneko, a Laymar, S. A, realizada a través da escritura notarial de 30 de xuño de 2017, para inmediatamente -na mesma data- arrendala aquela primeira a esta segunda, aparece xustificada dentro dun contexto económico desfavorable para Laymar, S. A, que precisaba de liquidez para facer fronte as súas débedas, tenza de liquidez que lograba, precisamente, co prezo obtido pola venda da nave, conservando á vez o disfrute da mesma a través do contrato de aluguer.

Existe, por outra banda, outro feito que a xeito de presunción vehemente, apoia a bondade da operación principal e do aval. Estamos falar que na mesma data do 30 de xuño de 2017 se constitúe un piñor sobre fondos de investimento pertencentes a Laymar, S. A., por valor de 104.730,82 euros, para garantir naturalmente os resultados do aval e da súa posible aval (folio 132).

Por último, a afirmación da sentenza de instancia (que o demandado apelante non pon en cuestión no escrito de recurso), no senso de que co prezo, de 700.000 euros, obtido pola venda da nave pola vendedora Laymar, S. A., esta fixo fronte a un préstamo de 200.000 euros, contraído co Banco Popular Español (por un simple erro material a resolución fala do Banco Pastor), ademáis de ser un feito máis expresivo do coñecemento do aval pola entidade bancaria, implica igualmente o recoñecemento da dificultosa situación económica pola que pasaba Laymar, S. A., o que ven xustificar unha vez máis a total operación emprendida, e dotar de contido e sentido a prestación do aval.

Por todo o dito, o recurso non pode prosperar pois, derradeiramente, non se aprecia o enriquecemento indebido da parte actora, mediante o alegato dun arrendamento postreiro da nave que en absoluto resulta probado.

Quinto.-Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por BANCO DE SANTANDER, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo o día 26 de marzo de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.