Última revisión
12/12/1990
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 18 de Octubre de 2019
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Nº de sentencia: 504/2019
Núm. Cendoj: 36057370062019100486
Núm. Ecli: ES:APPO:2019:2249
Núm. Roj: SAP PO 2249:2019
Encabezamiento
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00504/2019
N10250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
EO
N.I.G.36057 48 1 2018 0000054
ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000417 /2019
Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 15 de VIGO
Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0001240 /2018
Recurrente: Fructuoso
Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO
Abogado: CLARA MARIA BEIRO CALVO
Recurrido: Sofía
Procurador: MARIA JESUS NOGUEIRA FOS
Abogado: MARIA TERESA RODRIGUEZ BERMUDEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, Presidente, Dª MAGDALENA FERNÁNDEZ SOTO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
S E N T E N Z A Nº 504/19
Vigo, a dezaoito de outubro de dous mil dezanove.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 1240/18 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 15 de Vigo ós que correspondeu o rolo 417/19, nos que aparece como parteapelante e demandante D. Fructuoso, representada de oficio polo procurador D. JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO e asistida de oficio da letrada D.ª CLARA MARÍA BEIRO CALVO,e como parte contra da que se apela e demandada D.ª Sofía, representada pola procuradora D.ª Mª JESUS NOGUEIRA FOS e asistida da letrada D.ª Mª TERESA RODRÍGUEZ BERMÚDEZ.
É o maxistrado relatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 15 de Vigo, con data do 2 de abril de 2019, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:
'Estimo parcialmente la demanda formulada, procediendo la modificación de las medidas que regulaban las relaciones familiares en el sentido de dejar sin efecto la pensión de alimentos del padre a favor de la hija y dejar sin efecto el derecho de uso y disfrute del que fuera inmueble conyugal a favor de la esposa y la hija, sin pronunciarse sobre una nueva atribución y entre que se produce la liquidación de gananciales se regirá la administración del inmueble por las reglas de la comunidad de bienes del art 392 y siguientes del Código civil.
Todo ello sin hacer expresa imposición de costas a ninguna de las partes.'
Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE F. VAQUERO ALONSO, en representación de D. Fructuoso, presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 17 de outubro de 2019.
Fundamentos
Primeiro.- A sentenza ditada en primeira instancia estima a demanda de modificación de medidas en dous extremos. Un primeiro, ao deixar sen efecto a pensión alimenticia para a filla e a cargo do pai demandante, no seu día establecida pola sentenza de divorcio ditada no ano 2009. E o segundo, deixando igualmente sen efecto a atribución do uso da vivenda que foi familiar á nai e filla. Máis como devandita resolución non concede especificamente o uso da vivenda ao actor, tal como este último tiña solicitado na demanda, reproduce nesta alzada esta petición, que basea na concurrencia de tres circunstancias, dunha parte, que a súa exconsorte non precisa da vivenda pois reside noutra localidade dende hai anos coa súa nova parella, coa que ten unha filla; doutra, que a filla habida co seu matrimonio coa demandada tampouco mora na vivenda nin ten xa agora ningún dereito a ela; e finalmente, que o hoxe apelante carece de vivenda propia, tendo que vivir nunha oficina de 25 metros cadrados, que disfruta en aluguer, e polo que satisface a suma mensual de 100 euros, actualizables anualmente de acordo co IPC. A parte demandada oponse a esa pretensión cos argumentos - esencialmente- de que o apelante dispón en realidade dunha vivenda en propiedade, herdada da súa nai, e de que o que pretende a parte apelante é evitar ou retrasar a liquidación da sociedade de gananciais mediante o gozo indefinido da vivenda, o que dificultaría a venda da mesma e a liquidación. Pois ben, indiscutida -e en todo caso acreditada- a primeira das circunstancias, a controversia xurde sobre as restantes, debendo partirse do Norte que para a adopción da medida postulada dispón o parágrafo terceiro do artigo 96 do código civil, a teor do cal poderá acordarse o uso da vivenda por parte daquel dos cónxuxes 'cuxo interese estea máis necesitado de protección'.
SEGUNDO.-Ante todo cómpre advertir que o pedimento da parte apelante, de que se lle atribúa o uso da vivenda familiar sen máis, é dicir, sen propor un límite temporal, non goza realmente do respaldo legal nin xurisprudencial. En efecto, e como proclama a sentenza do Tribunal Supremo de 27 de setembro de 2017 -e na que nela cítanse- 'na mayoría de edad por los hijos, como es el caso, puede adjudicarse el uso de la vivienda al cónyuge más necesitado de protección (conforme al tercer párrafo del art. 96 CC ), pero las mismas no confieren un derecho ilimitado ni justifican la atribución del uso de la vivienda por tiempo indefinido. La interpretación de la sala, a la que debe estarse para resolver el presente recurso de casación, es la de que el tercer párrafo del art. 96 CC no autoriza a imponer, a falta de acuerdo entre las partes, un uso indefinido e ilimitado de la vivienda familiar'.
'La adquisición de la mayoría de edad por los hijos da lugar a una nueva situación en la que debe estarse como interés superior de protección, cuando las circunstancias lo aconsejen, al del cónyuge más necesitado de protección, pero por el tiempo que prudencialmente se fije, de conformidad con lo dispuesto en el tercer párrafo del art. 96 CC ( sentencias 624/2011, de 5 de septiembre , 707/2013, de 11 de noviembre y 390/2017, de 20 de junio )'.
'Superada la menor edad de los hijos, la situación del uso de la vivienda familiar queda equiparada a la situación en la que no hay hijos a que se refiere el tercer párrafo del art. 96 CC y la adjudicación al cónyuge que esté más necesitado de protección no puede hacerse por tiempo indefinido, pues según la doctrina de la sala ello 'parece más una expropiación de la vivienda que una efectiva tutela de lo que la ley dispensa a cada una de las partes, fundada en un inexistente principio de solidaridad conyugal y consiguiente sacrificio del puro interés material de uno de los cónyuges en beneficio del otro, puesto que no contempla más uso en favor del cónyuge más necesitado de protección que el tasado por judicial ponderado en atención a las circunstancias concurrentes' ( sentencia 315/2015, de 29 de mayo )'.
Por outra banda, a previsión legal resulta aplicable tanto aos casos de que a vivenda sexa de propiedade exclusiva do outro cónxuxe como a aqueles outros nos que a vivenda ten natureza ganancial. Neste senso, establece a devandita sentenza de 27 de setembro de 2017 que 'esta doctrina es aplicable tanto cuando se adjudica el uso de la vivienda al 'cónyuge no titular' (al que literalmente se refiere el párrafo tercero del art. 96 CC ) porque la vivienda es privativa del otro como cuando la vivienda tiene el carácter de bien ganancial, como es el caso del presente recurso. Ya la sentencia 1067/1998, de 23 de noviembre , consideró aplicable el art. 96 párrafo tercero cuando la vivienda es ganancial, mediante una interpretación lógica y extensiva del precepto, y otras sentencias de esta sala así lo han venido entendiendo con posterioridad (sentencias 624/2011, de 5 de septiembre , 707/2013, de 11 de noviembre y 390/2017, de 20 de junio )'.
TERCERIRO.-Feitas as anteriores puntualizacións, e realizando, á luz das probas que figuran na causa, a necesaria comparativa de situacións dos cónxuxes -e prole-, para así determinar cal é o interese máis necesitado de protección, non observamos que exista un interese dabondo do agora apelante, que precise daquel amparo normativo. Ou se estase preferir, as circunstancias que rodean ao actor non teñen cabida no precepto.
Pénsese a este respecto: A) Que o demandante é propietario dunha vivenda herdada da súa nai, que nomeouno herdeiro único. B) Que sendo verdade que devandita vivenda estaba ocupada polo seu irmán, non é menos certo que este último foi demandado por aquel primeiro reclamándolle danos e prexuízos pola ocupación ilexítima da mesma, tendo obtido unha sentenza ao seu prol na que, no que agora ten interese, se condenaba ao seu irmán demandado a pagarlle, polo uso en exclusividade da vivenda, máis de 8.000 euros, así como outros 335,36 euros ao mes mentres non puxer fin a ese uso exclusivo. C) Que referida sentenza estimando a demanda reconvencional, dispuña a venda da vivenda en pública subasta e o reparto do prezo proporcionalmente á participación de cada condono (a do demandante moito maior). D) Que tanto unha como a outra decisión colocaban ao demandante nunha situación económica favorable, que se compadece mal coa necesidade que hoxe se propugna. E) Que pola a vivenda que o recurrente desfruta en réxime de aluguer paga tan só 100 euros mensuais, vivenda que pola súa extensión, de 25 metros cadrados, resulta inicialmente satisfactoria para as necesidade dunha persoa que vive soa. F) Que non apreciamos que o pagamento desa renda comprometa seriamente a economía do demandante, facendo entón necesario e perentorio o uso da vivenda que constituíu o domicilio conxugal, apelante que, de conformidade coa documentación unida á lite, resulta acredor dunha pensión por incapacidade de 506,88 euros ao mes (folio 332), suma á que debe engadirse, en fin, a obtida loxicamente pola venda da súa vivenda, ou polo aluguer da mesma. F) En último termo, e a pesar da maioría de idade da filla, non cabe descartar as súas necesidades de vivenda, pois non temos constancia doutro domicilio alternativo nin de que dispoña de recursos propios dabondo para facer fronte as súas necesidades, entre elas a dunha vivenda.
En resumo, non se demostra esa necesidade de protexer o interese do demandante xa que o mesmo dispón de recursos propios, ao que cabe engadir: A) Que estamos ante unha vivenda de natureza ganancial, e non privativa do apelante. B) Que a demandada veu satisfacer a carga hipotecaria que gravaba a vivenda do seu exconsorte, pola suma de 140 euros ao mes (sentenza de divorcio). C) Que a demandada resulta claramente acredora do seu marido, supondo un natural obstáculo para a realización dese crédito -e para a liquidación da sociedade de gananciais-, a permanencia do actor na vivenda, nunha situación que resulta presumible que este último trataría de perpetuar no tempo, tal como, polo demáis, podemos colexir do seu pedimento, incondicional e ilimitado.
Por todo o dito o recurso non pode prosperar.
CUARTO.-Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada sanciona o artigo 398 da L. A. C..
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por DON Fructuoso contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 15 de Vigo o día 2 de abril de 2019, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.
Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC, debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC. Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

