Sentencia Administrativo ...re de 2016

Última revisión
06/01/2017

Sentencia Administrativo Nº 566/2016, Tribunal Superior de Justicia de Galicia, Sala de lo Contencioso, Sección 4, Rec 15092/2016 de 23 de Noviembre de 2016

Relacionados:

Tiempo de lectura: 15 min

Orden: Administrativo

Fecha: 23 de Noviembre de 2016

Tribunal: TSJ Galicia

Ponente: FERNANDEZ LEICEAGA, FERNANDO

Nº de sentencia: 566/2016

Núm. Cendoj: 15030330042016100568

Núm. Ecli: ES:TSJGAL:2016:8697

Resumen:
ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

Encabezamiento

T.S.X.GALICIA CON/AD SEC.4

A CORUÑA

SENTENCIA: 00566/2016

-Equipo/usuario: IL

Modelo: N11600

PLAZA GALICIA S/N

N.I.G:15030 33 3 2016 0000245

Procedimiento: PO PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0015092 /2016 /

Sobre:ADMINISTRACION TRIBUTARIA Y FINANCIERA

De D./ña.ORTOVEDRA SL

ABOGADOJOSE FRANCISCO PITA ANDREU

PROCURADORD./Dª. BEGOÑA MILLAN IRIBARREN

ContraD./Dª. TRIBUNAL ECONOMICO-ADMINISTRATIVO REGIONAL DE GALICIA

ABOGADO ABOGADO DEL ESTADO

PROCURADOR D./Dª.

RELATOR: D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

NO NOME DE EL-REI

A Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciou a

SENTENZA

Ilmos./as. Sres./as. D./Dª

JOSE MARIA GOMEZ E DIAZ CASTROVERDE-PTE

JUAN SELLES FERREIRO

FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA

MARIA DEL CARMEN NÚÑEZ FIAÑO

A CORUÑA, vinte e tres de novembro dous mil dezaseis.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 15092/2016, pende de resolución ante esta Sala, presentado por ORTOVEDRA SL, representado polo procurador Dª Millan Iribarren, dirixido polo letrado Dº.Pita Andreu, contra o acordo de 26.11.2015 do TEAR . É parte a Administración demandada o TEAR/AEAT , representado polo letrado do Estado

É relator o Ilmo. Sr. D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA.

Antecedentes

PRIMEIRO. -Admitiuse a trámite o recurso, e practicáronse as dilixencias oportunas, presentado o recorrente a súa demanda, na que solicitou que se acollera integramente o recurso.

SEGUNDO. -Conferido traslado á parte demandada, solicitouse a desestimación do recurso, de conformidade cos feitos e fundamentos de dereito consignados na contestación da demanda.

TERCEIRO.- Recibíndose o asunto a proba e declarado concluso o debate escrito, quedaron as actuacións sobre a mesa para resolver.

CUARTO. -Na sustanciación do recurso observáronse as prescricións legais, sendo a súa contía 19.563,45 EUROS.


Fundamentos

PRIMEIRO.-O acto que se recorre é o acordo de 26.11.2015 do TEAR que rexeita a reclamación económico administrativa contra a liquidación do I.Sociedades ano 2009: non lle admiten a cantidade de 41.393,02 euros aplicada coma amortización DA 11ª Real Decreto Legislativo 4/2004 .

A recorrente realizou obras de acondicionamento e instalación dun local con destino á venda de materia ortopédico no baixo da r/José Millán núm.4 Pontevedra, con base na licenza núm. 34436/09 de 28.06.2010.

O certificado final de obra - de 10.10.2011- sitúa o remate o 26.10.2010; o contrato de aluguer é de 30.06.2010, o alta eléctrica é de 26.07.2010, o pagamento da taxa de autorización sanitaria de maio de 2010 e o anuncio das novas instalacións é de 07.11.2010.

SEGUNDO.-O recurso baséase en: a) falta de competencia da oficina xestoria, b) a liquidación incumpre o criterio da DXT e c) a entrada en funcionamento do almacén tivo lugar no ano 2009.

Verbo da cuestión A. O recorrente entende que a oficina de xestión non cumpre o límite que establece o artigo 136 c Lei 58/2003 dado que para poder avaliar se procedía ou non a amortización da DA 11 do almacén era imprescindible o examen da contabilidade onde figuraría: a) se o almacén foi contabilizado separadamente do local de venda, e b) o valor polo que se contabilizó; inclusive no requerimento inicial solicitóuselle a achega do sistema de amortización contable utilizado, o que evidencia a necesidade de examninala contabilidade.

Aínda que contestaremos a controversia suscitada verbo das competencias dos órganos de xestión da AEAT, adiantamos que - de xeito intelixente- o recorrente desenfoca a controversia dado que parte, coma se fose unha realidade indubidable, de que falarmos de dúas construcción: a) almacén e b) local de venda, susceptibles de uso independente e de amortización separada, e nada desto resulta da documentación do expediente

Aínda que no escrito de 27.07.2013 fala dun almacén con acceso independente á rúa, nada desto acredita e o plano xuntado identifica o almacén coma distribución e só reflicte a unión interior co local de atención ó público. O contrato de aluguer só identifica un acceso. A licenza de actividade fala dun local único de 282.80 m2. Desta licenza tamén resulta que os 282.80 m2 son parte dunha finca catastral - 0078009NG3907N0036WL- de maior tamaño ( 394 m2 ), polo que falarmos dunha soa finca catastral ( e non de dúas: a) local e b) almacén ).

O certificado final de obra é único e sitúa o remate no 26.10.2010. Outro tanto compre dicir do contrato de subministro de enerxía eléctrica e demais documentos xuntados.

Coma dato curioso - que non é salientado pola AEAT- temos que o contrato de alguer é de 30.06.2010 que é cando se pon a disposición de ORTOVEDRA SL, en tanto que as obras de acondicionamento iniciáronse no ano 2009.

Con estes datos temos que falar dunha sóa obra nun local, que se remata o 26.10.2010, sen que existan dúas unidades independentes, susceptibles, polo tanto, dun uso diferente: a licenza de actividade é única e pola actividade de ortopedia, sendo indiferente coma distribúa internamente o local o recorrente, e dita cuestión pode resolvela o órgano de xestión sen precisar do exame da contabilidade do recorrrente. Non estarmos, polo tanto., no caso dun activo que está formado por partes separables por natureza, que presenten unha vida útil diferente, sempre que sexan significativas, e que deberán contabilizarse por separado cada unha desas partes y amortizar cada unha delas de forma individualizada, atendendo a súa vida útil.

Do dito resulta o órgano de xestión non superou os límites do artigo 136 2 c Lei 58/2003 tal e coma o interpreta a xurisprudenza e doutrina, nin tampouco para realizala liquidación era preciso examinala contabilidade do recorrente.

A Administración non pode requirir a achega de contabilidade mercantil , nin para examinar a realidade material dos asentos contables nin para constatar simplemente a coincidencia cos datos declarados. Pois no caso de que sexa necesaria para a regularización o exame da contabilidade mercantil a Administración deberá poñer fin ao procedemento de comprobación limitada e iniciar un procedemento inspector que inclúa o obxecto da comprobación limitada. Tribunal Superior de Xustiza de C. Valenciana, (Sala do contencioso-administrativo, Sección 3ª) Sentenza núm. 1035/2013 de 9 xullo (JT 2013, 1575) . Véxase tamén a Resolución do TEAC de 13 maio 2014 (JT 2014, 855) , na que se declarou, en relación á procedencia de seguir un procedemento de xestión tributaria (comprobación limitada) para acordar unha regularización en virtude do art. 108 Lei do Mercado de Valores , que dado que para determinar se resulta de aplicación a excepción á regra xeral de exención prevista para as transmisións de títulos é imprescindible examinar a documentación contable das entidades intervenientes enténdese improcedente utilizar, para iso, a vía da comprobación limitada na que está vedado, por lei, a análise da contabilidade mercantil.

Con todo existe a posibilidade que a interesada achega voluntariamente a contabilidade mercantil como proba para as súas pretensións. A este respecto, disponse no 136.2.c) da LGT que cando no curso do procedemento o obrigado tributaria achega, sen mediar requirimento previo para o efecto, a documentación contable que entenda pertinente ao obxecto de acreditar a contabilización de determinadas operacións, a Administración poderá examinar dita documentación, aínda que aos sós efectos de constatar a coincidencia entre o que figure na documentación contable e a información da que dispoña a Administración Tributaria, precisándose que o exame desta documentación non impedirá nin limitará a posterior comprobación das operacións a que a mesma se refire nun procedemento de inspección.

Á vista do disposto no art. 136 da LGT , relativo ao procedemento de comprobación limitada, a través do mesmo hase de servir o órgano de xestión dunha serie de 'medios' ou realizar determinadas 'actuacións' que acouta o precepto; así, non poderá requirir a terceiros información sobre movementos financeiros, non poden realizarse fóra das oficinas da Administración (salvo as excepcións que indica o precepto), etc. Pero iso non significa que estea limitada nos feitos para comprobar, pois cabe estendelos á comprobación do feito impoñible e cualificacións para fixar a base; as limitacións operan para os órganos de xestión, pero non así para o interesado, que pode achegar documentos, entre eles libros contables, se o estima conveniente: STSJ de Castela-A Mancha núm. 200/2015 de 16 marzo (JT 2015, 840) .

En idéntico sentido pronunciouse o TEAC en Resolución do 29 de novembro de 2012 núm. 3186/2011 (JT 2013, 29) , na que se afirmou ?logo de sinalar que vistas as consideracións formuladas nas SSTS de 24 setembro 2012 (RJ 2012 , 9414) e 1 decembro 2011 (RJ 2012, 3571) , resulta incuestionable que ao amparo e no seo dun procedemento de comprobación limitada, non pode requirirse por parte da Administración tributaria a achega da contabilidade mercantil ? precisouse que cuestión distinta é que sexa o propio obrigado tributario quen, para o efectivo exercicio do seu dereito de defensa, achega voluntariamente a contabilidade mercantil como proba das súas pretensións. Se devandito obrigado achega a contabilidade mercantil ante os órganos de aplicación dos tributos durante o desenvolvemento do procedemento de comprobación limitada, sendo esta achega voluntaria, e a comprobación pode efectuarse xustificada e motivadamente sen necesidade de proceder ao exame da contabilidade, a regularización poderá levar a cabo no seo dun procedemento de comprobación limitada, non sendo necesario nestes casos o inicio dun procedemento inspector, quedando vedadas así posibles prácticas procesuais que coa soa achega voluntaria da contabilidade, impidan de facto aos órganos de xestión levar a cabo as funcións que teñen atribuídas e que si poidan efectuarse de forma procedente a través da comprobación limitada.

A competencia dos órganos de xestión para practicar liquidacións provisionais paralelas do Imposto sobre Sociedades, comprobando e corrixindo os erros en que se incorra o contribuínte ao realizar as declaracións tributarias non produce desviación de poder. Pois a minoración das bases negativas a compensar e a práctica da liquidación da base negativa resultante do Imposto sobre Sociedades non implica un pronunciamiento sobre a contabilidade que determina esas bases negativas STSJ Illas Baleares núm. 313/2010 de 23 abril (JT 2010, 576) , tese esta que xa fora mantida pola Sentenza da Audiencia Nacional de 29 outubro 2009 (JUR 2009, 451841) .

Así, por tanto, o alcance das facultades de comprobación dos órganos de xestión han de delimitarse respecto das actuacións inspectoras, en especial en relación ao exame da documentación contable. De tal maneira que o requirimento ao suxeito pasivo para a achega de documentos que sustentasen os ingresos e imputacións a terceiros respecto dos seus rendementos de actividades económicas e dos que o órgano xestor xa tiña información na súa poder sería competencia do órgano de xestión. TSJ Illas Baleares (Sala do contencioso-administrativo, Sección 1ª), sentenza núm. 5/2011 de 17 xaneiro (JT 2011, 238) , do mesmo xeito que, por exemplo, comprobación da procedencia da dedución á dotación á reserva para investimentos en Canarias ao non haber requirido que se examinase a contabilidade do interesado. TS (Sala do contencioso-administrativo, Sección 2ª), sentenza de 17 febreiro 2014 (RJ 2014, 857) .

Con esta conclusión xa teriamos contestadas - en parte- as cuestións A-C, se ben respecto desta última, e coa finalidade de dar resposta exhaustiva ó suscitado polo recorrente compre desenvolvelo razoamento antes indicado.

O recorrente sostén que o ALMACÉN debe amortizarse separadamente - de xeito obrigatorio- do resto do local xa que ten un custo proporcionalmente elevado e unha vida útil diferente do resto do activo, e que está acreditado que entrou en funcionamento no ano 2009. Dita pretensión resulta do RD 1514/2007: 2.1.Amortización.

As amortizacións haberán de establecerse de maneira sistemática e racional en función da vida útil dos bens e do seu valor residual, atendendo á depreciación que normalmente sufran polo seu funcionamento, uso e goce, sen prexuízo de considerar tamén a obsolescencia técnica ou comercial que puidese afectalos.

Amortizarase de forma independente cada parte dun elemento do inmobilizado material que teña un custo significativo en relación co custo total do elemento e unha vida útil distinta do resto do elemento.

Os cambios que, no seu caso, puidesen orixinarse no valor residual, a vida útil e o método de amortización dun activo, contabilizaranse como cambios nas estimacións contables, salvo que se tratase dun erro.

Cando de acordo co disposto no apartado seguinte proceda recoñecer correccións valorativas por deterioración, axustaranse as amortizacións dos exercicios seguintes do inmobilizado deteriorado, tendo en conta o novo valor contable. Igual proceder corresponderá en caso de reversión das correccións valorativas por deterioración.

Un vez mais o recorrente fai manifestación aparentemente indubidables que non acredita; indica que o almacén representa 2/3 partes do valor total, descoñecéndose onde obtén dito dato; dato que é contraditorio co feito de que o local de atención ó público ( con despachos, talleres,... ) ten uns 172 m2 e o almacén de 111.

A esto engadimos que non estarmos ante unha parte do inmovilizado material cun custo significativo e unha vida útil distintada do propio elemento, é dicir, non existe un almacén e un local, senón un só local con destino a ortopedia que o recorrente distribúe para o servizo do negocio nunha zona que usa coma almacén, noutras coma despacho,sala de probas .... De feito dispón doutro almacén de 6,05 m2 e non sostén que sexa posible a amortización independente, e non é equiparable a súa situación á comparada dun avión e cun parque eólico.

Tamén e consonte coa Regra 3ª.H do PXC a amortización só podería estenderse polo período de vida do contrato de aluguer e, polo tanto, sería idéntica para a parte destinada a local e a almacén (A amortización destes investimentos realizarase en función da súa vida útil que será a duración do contrato de arrendamento ou cesión incluído o período de renovación cando existan evidencias que soporten que a mesma se vai a producir, cando esta sexa inferior á vida económica do activo), polo que non existiría a diferencia pretendida.

Tampouco - e unha vez mais estarmos ante outro pronunciamento rotundo sen probas- resulta acreditado o uso do almacén no ano 2009; non só non admitimos que sexa posible o seu uso independente do resto do local, xa que é un elemento - un espacio físico- auxiliar da actividade de ortopedia, senón que o único que resulta acreditado é que a obra rematouse o 26.10.2010 ( certificado final de obra ), sen que o certificado da empresa constructora ( fala de remate da obra de almacén en decembro de 2009 ) sexa relevante xa que non estarmos ante obras con substantividade propia ( a propia factura de 70.216,96 euros de 21.12.2009 non independiza as actuacións e tampouco as posteriores ); tampouco o envio de material para a ortopedia no ano 2009 é determinante: poden almacenarse no novo local e utilizarse no antigo ( coma resulta do cartel que reflicten as fotos ).

Verbo do incumprimento da CV 1544-09.Esta consulta é sobre criterios xerais do novo plan xeral contable e ó preguntado ( no que aquí interesa ) contesta:En efecto, o PGC establece a amortización independente daquelas partes dun elemento do inmobilizado material cun custo significativo e unha vida útil distinta da do propio elemento.

Tal e como se sinalou anteriormente, segundo establece o artigo 10.3 do TRLIS, a base impoñible do Imposto sobre Sociedades toma como punto de partida o resultado contable determinado de acordo co Código de Comercio e demais normas de desenvolvemento. Pola súa banda, o artigo 11 do TRLIS limítase a establecer condicións á amortización contabilizada, de maneira que, neste caso concreto, a amortización independente dun elemento do inmobilizado material correctamente realizada segundo os criterios contables, será igualmente válida a efectos fiscais, sempre que se corresponda cunha depreciación efectiva nos termos establecidos no citado artigo. Así, será válida aquela depreciación que resulte da aplicación de calquera dos métodos de amortización previstos no citado artigo 11 do TRLIS, incluída a aplicación das táboas de amortización oficialmente aprobadas en cada parte do elemento do inmobilizado material que contablemente amortizouse de forma independente, na medida en que ditas táboas diferencien a parte dese elemento pois, en caso contrario, o exceso de amortización sobre o que resulte de aplicar o coeficiente máximo de amortización ao elemento o seu deducibilidad estaría condicionada á súa xustificación.

Do dito resulta que o acordo da AEAT non incumpre os termos desta consulta, que se limita a reflectila redacción do PXC.

Polo dito rexeitámolo recurso.

TERCEIRO.-Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros para cubrilos custos da asistenza xurídica da administración, de conformidade co disposto no artigo 139 da Lei Xurisdicional .

VISTOS os artigos citados e demais de pertinente aplicación,

Fallo

Que REXEITÁMOLO recurso contencioso-administrativo presentado por ORTOVEDRA SL contra a resolución de 26.11.2015 do TEAR (Liquidación I.Sociedades ano 2009, exped. 36/1886/2013). Impoñenselle as custas ata a contía máxima de 1.500 euros.

Notifíquese ás partes e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución. Contra esta resolución teñen un recurso de casación ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo. Devandito recurso haberá de prepararse ante a Sala de instancia no prazo de trinta días, contados desde o seguinte ao da notificación da resolución que se recorre, en escrito no que, dando cumprimento aos requisitos do artigo 89 da Lei Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa , tómese en consideración o disposto no punto III do Acordo da Sala de Goberno do Tribunal Supremo de data 20 de abril de 2016, sobre extensión máxima e outras condicións extrínsecas dos escritos procesuais referidos ao recurso de casación (B.Ou.E. do 6 de xullo de 2016).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

PUBLICACION. - A sentenza anterior foi lida e publicada o mesmo día da súa data, polo Ilmo. Sr. Maxistrado Relator D. FERNANDO FERNÁNDEZ LEICEAGA ao estar a celebrar audiencia pública a Sección 004 da Sala do Contencioso-Administrativo doTribunal Superior de Xustiza de Galicia. Dou fe. A CORUÑA, vinte e un de novembro dous mil dezaseis.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.