Última revisión
05/06/2025
Sentencia Civil 168/2025 , Rec. 1191/2023 de 20 de marzo del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 44 min
Orden: Civil
Fecha: 20 de Marzo de 2025
Ponente: MARIA ISABEL SUAREZ GARCIA
Nº de sentencia: 168/2025
Núm. Cendoj: 15030420132025100004
Núm. Ecli: ES:JPI:2025:85
Núm. Roj: SJPI 85:2025
Encabezamiento
C/ CAPITAN JUAN VARELA, S/N ( ANEXO JUZGADOS-PLANTA BAJA)
Equipo/usuario: RL
Modelo: S40000 SENT TEXTO LIBRE ART 206.1 3º LEC
Procedimiento origen: /
DEMANDANTE D/ña. Reyes
Procurador/a Sr/a. NURIA ROMAN MASEDO
Abogado/a Sr/a. OTILIA SANCHEZ GARRIDO
DEMANDADO , DEMANDADO D/ña. ALUMINIOS BERES SL, REALE SEGUROS GENERALES SA
Procurador/a Sr/a. LUIS ANGEL PAINCEIRA CORTIZO, LUIS ANGEL PAINCEIRA CORTIZO
Abogado/a Sr/a. JOSE MANUEL GONZALEZ NOVO MARTINEZ, JOSE MANUEL GONZALEZ NOVO MARTINEZ
Ilma. Sra. Dona María Isabel Suárez García, Maxistrada Xuíz do Xulgado de 1ª Instancia número 13 de A Coruña e do seu Partido Xudicial, dita a seguinte:
A Coruña, a 20 de marzo de 2025.
Vistos, por min, en audiencia pública, os presentes Autos de Xuízo Verbal rexistrados co número indicado, de reclamación de cantidade, no importe de
Antecedentes
DOC. 1 Escritura de compravenda
DOC. 2 recibos luz
DOC. 3 informe pericial
DOC. 4 cartas reclamación
Repartida a este Xulgado en data de 26 de setembro de 2023, a medio de Decreto do día 21 de decembro de 2023, previa comprobación da competencia obxectiva e territorial e demais formalidades inherentes ó tipo de procedemento, acordouse admitir a trámite, artigos 399. 437 e seguintes da LAC, a demanda presentada pola procuradora Sra. Román Masedo, no nome e representación indicados, contra Aluminios Beres e contra REALE SEGUROS GENERALES para a reclamación do importe de CATRO MIL OITOCENTOS CINCUENTA E UN EUROS CON CORENTA E CINCO CÉNTIMOS DE EURO (#4,851.45€#), e nos termos dos artigos 437, 440, 442 e 496 da LAC, emprazar ó demandado para comparecer e contestar no prazo legal baixo apercibimento de rebeldía.
0 PODER REALE
00 PODER ALUMINIOS BERES SL
1 INFORME PERICIAL
2 OFERTA
Por dilixencia de ordenación do día 15 de marzo de 2024 acordouse ter por comparecido ó procurador Sr. Painceira Cortizo, na representación de REALE e ALUMINIOS BERES, por formulado asentimento parcial e por presentada contestación á demanda. A medio de providencia do día 3 de abril de 2024 acordouse a non procedencia de ditado de resolución polo asentimento parcial presentado.
Por dilixencia de ordenación do día 3 de abril de 2024 acordouse sinalar a vista, artigos 438, 440 a 442 da LAC, para o día 18 de marzo de 2025, coas advertencias legais correspondentes.
-Demandante: documentación e pericial de Jacinta.
-demandada: documentación e pericial de Carmelo.
A proba foi admitida. Acto seguido tivo lugar a súa práctica, as partes formularon conclusións e o acto quedou concluso cos autos vistos para o ditado da presente resolución.
Jacinta,
Demandante:
Demandada:
Carmelo,
Demandada:
Demandante: cando foi? Fun en outubro, iría no seguinte mes. Ademais do parqué que valora 3, tamén máis realizamos medicións humidade, ate detectar zona con humidade normal, acoutamos a zona a reparar. Creo que foron dous días de caída de auga. Caía pola parte alta da galería. Non sería válido deshumificador normal, tería que ser industrial. E cando se usa deshumificador normalmente o que se fai e por barreiras, plásticos e acoutamos a esa zona, incluso cun normal caseiro se podería usar a zona. Se acoutamos a zona poderíase usar un normal. O óptimo sería un industrial.
4000 máis IVE: totalmente desorbitado. A vivenda arriba e abaixo, valorouse en contía similar, é certo que tiñan menos danos, pero chegouse á acordo e reparouse.
Desocupación casa: si a casa se desocupa, unha das dúas cousas, ou se desocupa, ou mover o mobiliario.
Limpar: se retiras o mobiliario é limpa, o verniz ten que estar limpo. Pero a limpeza do verniz está incluída na colocación.
Estancia. Salón e a pequena galería, son 15 custe mínimo 200 euros e e 13..son 28 m.
Non valora todo o rodapé porque non é preciso facer cortes.
Si se paga a un profesional ha de incluírse o IVE.
Fundamentos
Atendido o artigo 216 da LAC, segundo o cal os tribunais civís decidirán os asuntos en virtude das aportacións de feitos, probas e pretensións das partes, sen prexuízo ou exceptuando os supostos nos que a Lei dispuña outra cousa en casos especiais. Atendido dito contido, dicimos, ha de recollerse a pretensión/s da parte/s.
A parte demandante reclama o importe de 4851.45€, polos feitos sucedidos o día 22 de outubro do ano 2022, cando a entidade demandada, asegurada en REALE, estaba a realizar obras de illamento térmico na fachada do edificio da DIRECCION000 Coruña, traballos que incluían a substitución de xanelas e galerías do mencionado edificio, sendo a encargada de realizar esta tarefa de substitución de galerías a mercantil ALUMIOS BERES S.L., producíndose na noite do 21 e durante a mañá do día 22 unha entrada de auga moi importante no piso da demandante, cuxa entrada de auga tivo lugar a través da galería recentemente cambiada e iso porque a empresa co demandada desmontara a chapa que cobre a cuberta da galería, deixando esta parte da cuberta ó descuberto. É de significar que tanto a noite do 21 como o día 22 houbo importantes episodios de choiva moi forte na zona.
Isto debeuse a un actuar neglixente da empresa de aluminios, quen non tomou as precaucións necesarias para evitar a entrada de augas.
O primeiro que se acordou pola dirección de obra e por parte da empresa codemandada é poñer un deshumificador para secar a auga do interior da vivenda, cuxo custo de consumo de luz foi asumido pola demandante. Achega os recibos de luz, que acreditan o consumo de devandito deshumificador. A primeira corresponde ó período anterior ó sinistro e as outras ós períodos en que se estivo secando o piso.
O importe da reparación dos danos causados na súa totalidade á demandante consecuencia do sinistro ascende á suma de 4851.45 euros, e iso segundo consta reflectido no informe pericial emitido pola arquitecta dona Jacinta.
A parte demandada, tras recoñecer as lexitimacións activa e pasiva, e recoñecer a existencia do sinistro, asentindo no importe de setecentos trinta e cinco euros con cincuenta céntimos de euro, 735.50€, oponse ó resto de consecuencias, con base no informe pericial emitido polo perito Sr. Carmelo. O custo dos danos causados pola auga a esta prexudicada ascendían a 735.50 euros sen IVE, cuxo desagregue é o seguinte:
-3 m2 de parqué: 165 euros
-Lixado e vernizado de parqué primeiros 15 m2: 260 euros
-Lixado e vernizado de parqué de madeira seguintes 13 m2: 208 euros
-3 ML de rodapé madeira maciza: 22.50 euros
-10 m2 de pintura plástica lisa en cor 80 euros
Non acepta a contía de IVE posto que non se probou que se soportou tal imposto. Desbota a necesidade de alugar un deshumidificador, xa que no resto de vivenda afectadas non foi necesario, polo que non se admite tal partida. De todos os xeitos, o custo do aluguer (42€/día), cando existen opcións no mercado por 9€/día, e o tempo instalado 30 días, é completamente excesivo. Non se achega factura do aluguer, polo que entendemos que é unha partida que non corresponde.
Sobre as facturas de consumo polo deshumidificador, normalmente compáranse consumos de facturas do mes reclamado, comparando o ano anterior e o presente, neste caso trátanse de facturas do mesmo ano, polo que non se pode realizar unha comparativa real. Así entende que do aportado, entre a primeira e a segunda factura e entre a terceira e a cuarta existe moita diferenza no importe do gas, o cal non sabemos se se tivo en conta para o cálculo do gasto, debido a que tampouco se explica a fórmula aplicada.
Non consideramos comparable unha factura de electricidade de setembro cunha de decembro, as horas de luz natural son completamente distintas, a temperatura e o clima varían (referímonos a que se podes usar estufas eléctricas), polo que non sería comparable. Ademais se nos fixamos en gráfico de barras incluído nas facturas onde pon "O teu consumo eléctrico dunha ollada", o gasto de novembro do 22 é practicamente simétrico ó de marzo de 2021, e o de xaneiro de 2023 é máis baixo que o de xaneiro de 2022. Non podemos comparar o mes de decembro debido a que o ano anterior é nulo, pero contando que o sinistro se produciu a finais de outubro, entendemos que o deshumidificador estaría activo de finais de outubro a finais de novembro, polo que o gasto de decembro e xaneiro pouco ten que ver.
Seguindo a liña das reclamacións, reclaman a substitución de todo o parqué, cando a zona danada é duns 3 m2, se non se salvou o resto do pavimento, para que poñer deshumidificador? De todos os xeitos o prezo do parqué é alto, debido a que recollen un prezo unitario de 85 € mentres que o seu perito valora en 55 €. Tampouco existe orzamento nin factura que o avale.
Sobre o rodapé, tan só se viu afectado o do interior da galería, reclaman 13,2 m sen xustificación, ademais o prezo case dobra o contemplado no informe desta parte.
En canto á pintura, que só afecta á galería, é case o dobre que o valorado.
O resto dos danos, movemento de mobiliario e inhabitabilidade, entendemos que non corresponden, posto que a vivenda podería ser habitable parcialmente, xa que o uso do salón non é indispensable, de todos os xeitos, se realmente existiu un traslado a un hotel por valor de 65 €/noite, non se achega factura nin xustificación. Por último, o movemento de mobiliario é excesivo.
Como manifestou na súa quenda de conclusións, non discute tanto a extensión de defectos, directos indirectos senón o prezo unitario tarima e rodapé, diferenza de 85€ a 50€. Tamén o aluguer 1205 euros non só máis elevado senón que en houbo tal partida. Ou tres días fora vivenda ou se moven mobles.
Son feitos non controvertidos que no mes de outubro de 2022 se realizaron obras de illamento térmico na fachada do edificio da DIRECCION000 Coruña, onde se sitúa a vivenda da demandante, traballos que incluían a substitución de xanelas e galerías do mencionado edificio, sendo a encargada de realizar esta tarefa de substitución de galerías a mercantil ALUMIOS BERES S.L., subcontratada pola contrata RUMIFER, como indicou a Directora de Obra no acto da vista. Tampouco se discute que na noite do 21 e durante a mañá do día 22 se produciu unha entrada de auga importante no piso da demandante, cuxa entrada tivo lugar a través da galería recentemente cambiada e iso porque a empresa co demandada desmontara a chapa que cobre a cuberta da galería, deixando esta parte da cuberta ó descuberto. Non se discute que na data indicada houbo importantes episodios de choiva moi forte na zona, ciclo xénese. Por tanto, non é discutido que a filtración de auga ó interior da vivenda da demandante se debeu a un actuar neglixente da empresa de aluminios, quen non tomou as precaucións necesarias para evitar a entrada de augas.
En efecto, o artigo 1902 do CC esixe para a súa prosperabilidade, a concorrencia de tres requisitos, fixados por Doutrina xurisprudencial plenamente consolidada, que son:
En primeiro lugar, unha acción ou omisión neglixente ou culposa imputable á persoa ou entidade a quen se reclama a indemnización, executada por ela, ou por quen se deba responder -de acordo do artigo 1903 CC-, sendo a culpa ou neglixencia -como sinalou a sentenza do TS de 9 de abril de 1963 (RX 1963\1964)- a omisión da dilixencia exixible no tráfico, mediante cuxo emprego podería terse evitado un resultado non querido, isto é, a realización non querida do suposto de feito legal, podendo revestir a conduta culposa, a forma de culpa consciente que se da cando, aínda recoñecendo que a propia conduta pode conducir a un certo resultado danoso, o axente ten, sen embargo, a esperanza de que nas circunstancias dadas aquel non se ha de producir, e a culpa inconsciente, na cal non se recoñece a posibilidade do resultado, por ignorar o axente que ten lugar o suposto de feito legal, podendo ter evitado a infracción mediante a dilixencia esixible no tráfico, sendo bastante nas dúas hipóteses que o resultado fora previsto como posible, ou que tivera que ser previsto, verosimilitude do resultado que non pode ser tan pequena que incluso á persoa que obre conforme ós seus deberes, non lle houbera feito desistir da acción. A previsibilidade do resultado é o presuposto lóxico e psicolóxico da evitabilidade do mesmo, cuxo aspecto obxectivo radica na dilixencia que poida esperarse de toda persoa en atención ós efectos dos seus actos ou omisións, e o subxectivo, na posibilidade dada a un suxeito determinado de prever as circunstancias na situación do caso concreto, debendo determinarse, en principio, a dilixencia esixible, segundo a clase de actividade de que se trate e da que poida e deba esperarse dunha persoa normalmente razoable e sensata, pertencente á esfera técnica do caso.
En segundo termo, a produción dun dano de índole material ou moral, que, en todo caso, ha de estar acreditado na súa realidade e existencia. Así a sentenza do TS de 29 de setembro de 1986, RX 1986\4922, sinalou que para o resarcimento dos danos é necesaria a proba deles de forma categórica, sen que sexan suficientes meras hipóteses ou probabilidades, pois os prexuízos reais e efectivos han de ser acreditados con precisión, de modo que só debe ser resarcido o prexuízo causado.
Finalmente, require a adecuada relación de causalidade entre a acción ou omisión culposa, e o dano ou prexuízo reclamado, establecendo neste tema a xurisprudencia, a doutrina da "causación adecuada", que esixe a necesidade de que os resultados danosos poidan imputarse causalmente ó axente, sendo consecuencia natural, adecuada e suficiente da determinación da vontade debendo entenderse por consecuencia natural, aquela que propicia, entre o acto inicial e o resultado danoso, unha relación de necesidade, conforme ós coñecementos normalmente aceptados, e debendo valorarse en cada caso concreto, si o acto antecedente que se presenta como causa ten a virtualidade suficiente para que do mesmo se derive, como consecuencia necesaria, o efecto lesivo producido, non sendo suficientes as simples conxeturas ou a existencia de datos fácticos que, por mera coincidencia, induzan a pensar nunha posible interrelación destes acontecementos, senón que é precisa a existencia dunha proba determinante relativa ó nexo entre a conduta do axente e a produción do dano, de tal forma que faga patente a culpabilidade que obriga a reparalo.
Probada a acción causante do dano, o discutido é o importe e alcance dos danos.
Partindo destas consideracións, a partido da parte demandante era, ademais de veciña do inmoble afectado, a Directora da Obra que se estaba a realizar. Como indica no seu informe, en canto foi avisada do sucedido e personada na obra, naquela condición de Directora, adoptou as seguintes medidas:
Una vez localizado el origen de los daños, procedo a tomar las siguientes medidas:
- Mandar a la empresa que proceda a cubrir dicho tejado para evitar que continúe
la entrada de agua. (Como he dejado claro, podía dar esa orden al ser la Directora
de Obra).
- Solicitar un deshumidificador industrial para secar el agua del interior de la vivienda
lo antes posible, puesto que al estar lloviendo dentro se corría el riesgo de que el
agua llegase a la vivienda inferior.
- Mandar levantar y retirar las piezas de parquet encharcadas de agua, las de la
galería y parte de las del salón para evitar que el agua siguiese corriendo al resto
de la casa.
Una vez levantadas esas tablillas para que el agua no siga corriendo, puedo constatar la
presencia de una gran cantidad de agua en el forjado de la vivienda, recomendando seguir
con el deshumidificador activo previo a la reparación del parquet. (Hay que tener en cuenta
que estuvo lloviendo en el interior de la vivienda durante dos días).
Antes de la reparación debe de tenerse en cuanta lo siguiente:
Una reparación de elementos y estancias de madera afectados por agua sin el secado
correspondiente y necesario no tiene sentido ya que el daño continúa y se agrava.
En este caso el parquet presenta un alto grado de humedad en las zonas afectadas,
galería y parte del salón, sin embargo, en las zonas aún no afectadas, pasillo y dormitorios,
la humedad del parquet está dentro de unos valores admisibles, (mediciones con
higrómetro).
El secado es fundamental en este tipo de siniestros, ya que sino la reparación no será
efectiva, el agua si está presente corre buscando una salida, afectando cada vez a más
superficie. El proceso de secado natural puede ir de 4 a 9 meses, pero se adelanta
utilizando deshumidificadores y calefactores al menos durante 45 días, realizando
mediciones hasta obtener una humedad máxima del 2% para realizar la reparación, siendo
posible que el tiempo de deshumidificador se amplie hasta 60 días.
Estas medidas non son discutidas pola parte demandada como realizadas. No acto da vista explicou que as ordes foron dirixidas á Contrata da Obra, RUAFER (salvo erro de comprensión de quen agora valora, porque non figura nos autos), non a sub contrata aquí demandada. O perito da parte demandada non discutiu nin criticou a viabilidade e lóxica do acordada. Polo demais, das explicacións da Directora de obra, son medidas destinadas a minimizar o alcance dos danos. O deshumificador a fin de absorber a auga que entrou e o levantamento das táboas para impedir que a auga corra por debaixo da estancia incrementando os danos.
Ambos peritos inspeccionaron a vivenda, tiraron fotos e fixeron medicións das estancias. E como indicaron as partes nas conclusións, as principais diferenzas están nos importes, máis que superficie contemplada. Sobre desta última, estímase que se han de tomar as medicións da perito e Directora de obra, en canto adoptou dende o minuto un as medidas antes indicadas, e explicou como se calcula a porcentaxe de superficie, 60%, pola tipoloxía da causa do dano, entrada importante de auga, e a escorrenta de dita auga pola estancia.
Sobre dos importes reclamados. A parte demandante reclama con base no informe pericial da Sra. Jacinta, que contempla as seguintes partidas e valores:
Informe pericial emitido por Sr. Carmelo:
Sobre da valoración do piso da demanda, xa que valora outras dúas vivendas afectadas, sinala:
Piso DIRECCION000 - Reyes
Cód. Descripción Uds. Valor Ud. IVA
M2 parquet madera iroko en espiga. 3 55,00 165,00 21% 199,65
Lijado y barnizado de parquet de madera mín. 15m2 1 260,00 260,00 21% 314,60
Lijado y barnizado de parquet de madera mín. 15m2 13 16,00 208,00 21% 251,68
Ml. De rodapié madera maciza 3 7,50 22,50 21% 27,23
M2 pintura plástica lisa en color (min. 10m2) 1 80,00 80,00 21% 96,80
TOTAL CONTINENTE Total(s/IVA) 735,50 Total (con/IVA)889,96
***Deshumificador. Esta medida, acordada pola dirección de obra, e racional, non pode ser acollida porque non se acredita o seu pago pola demandante. Outra cousa é o incremento na factura eléctrica, debidamente explicada pola directora de obra, e da que se achegan as facturas de consumo eléctrico co seu incremento. Dixo a perito que o consumo medio da vivenda estaba en 70€ mensuais; o incremento estímao en 2 euros diarios por trinta días. O propio perito da parte demandada afirmou que é un cálculo razoable. Tendo en conta que o consumo eléctrico non está condicionado pola estacionalidade, é dicir nin a calefacción é eléctrica, nin está dotada de aire acondicionado, polo que é racional que o incremento de electricidade é acorde á colocación dun deshumificador. Sobre a colocación dun deshumificador industrial, se ben o perito da parte demanda sostivo que era posible a colocación dun doméstico se a zona afectaba se acoutaba debidamente, tamén indicou que o propio era un industrial.
Está probada e é procedente a reclamación de 60.00€. non así o importe do aluguer do deshumificador ó non acreditarse que correra por conta e a cargo da demandante. Así o indicou a perito, que descoñecía quen se fixera cargo do pago.
***Sobre da substitución de tarima e parqué. Entende quen agora valora que as medicións da Directora de obra, amén de que non se afastan do ditaminado polo perito contrario, son as que han de ser atendidas. Sobre do seu custe: 85€/m ou 55€/m. A perito da parte demandante afirmou que en dito custe se incluía o beneficio industrial, e que ningunha obra se faría polo custe indicado de contrario. Ante a falta de proba complementaria, como serían presupostos de entidades de albanelería ou incluso prezos oficiais do sector, tendo en conta o encarecemento da man de obra no sector da construción, debemos concluír máis acertado e acorde ós prezos indicados pola Directora de obra. De igual modo sobre da pintura, onde, ademais, toma en consideración o estado anterior da obra, e na que como se constata na fotografía que sinalou no acto da vista, figuraba pintada de azul, polo que a cor ha de ser tamén valorada.
Por tanto, ha de estimarse a reclamación polos importes de substitución e lixado da tarima, e da pintura, na valoración dada pola Directora de obra, co beneficio industrial e IVE incluído, en canto imposto que necesariamente ha de ser deinvindicado:
1,263.10€ + 184.80€ + 426.24€ + 45.76€ + 109.56€= 2,029.46€
*** As últimas partidas:
Han de ser rexeitadas. As conclusións do perito da parte demandada son razoables e lóxicas. Ou se abandona a vivenda ou se moven os mobles, e o tipo de vernices aplicados hoxe en día non implican os cheiros que de contrario se manifestan, e máis contra unha parte da casa máis ventilada. O devastado e lixado indicado pola Dirección de obra sobre do po que se poda producir, inclúe a súa limpeza e entrega, máxime cando para vernizar ha de limparse de correcta a estancia para poder ser aplicado en forma debida. Por tanto, non se xustifica de forma correcta estas partidas.
A demanda ha de ser acollida parcialmente na forma indicada, a parte demandada ha de ser condenada por tanto ó pago dos importes indicados que superan o importe asentido de 735.50 euros, no importe de 2089.46€ (2029.46+60), sen prexuízo da franquía existente entre ambas.
Vistos os preceptos legais aplicados e os demais de xeneral e pertinente aplicación, polo exposto e pola autoridade que a este Xulgado lle outorga a Constitución española (artigo 117) e demais disposicións legais vixentes,
no nome da SÚA MAXESTADE, O REI,
Fallo
Notifíqueselle a presente resolución ás partes facéndolles saber que na súa contra
Así por esta a miña resolución, que se redacta en galego consonte ó establecido no artigo 3.2 e 3 da Constitución española; no artigo 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos artigos 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística, pronúncioo, mando e asino.
Los interesados quedan informados de que sus datos personales han sido incorporados al fichero de asuntos de esta Oficina Judicial, donde se conservarán con carácter de confidencial, bajo la salvaguarda y responsabilidad de la misma, dónde serán tratados con la máxima diligencia.
Quedan informados de que los datos contenidos en estos documentos son reservados o confidenciales, que el uso que pueda hacerse de los mismos debe quedar exclusivamente circunscrito al ámbito del proceso, que queda prohibida su transmisión o comunicación por cualquier medio o procedimiento y que deben ser tratados exclusivamente para los fines propios de la Administración de justicia.
Los datos personales que las partes conozcan a través del proceso deberán ser tratados por éstas de conformidad con la normativa general de protección de datos. Esta obligación incumbe a los profesionales que representan y asisten a las partes, así como a cualquier otro que intervenga en el procedimiento.
El uso ilegítimo de los mismos, podrá dar lugar a las responsabilidades establecidas legalmente.
En relación con el tratamiento de datos jurisdiccionales, los derechos de información, acceso, rectificación, supresión, oposición y limitación se tramitarán conforme a las normas que resulten de aplicación en el proceso en que los datos fueron recabados. Estos derechos deberán ejercitarse ante el órgano judicial u oficina judicial en el que se tramita el procedimiento, y las peticiones deberán resolverse por quien tenga la competencia atribuida en la normativa orgánica y procesal.
Es responsable del tratamiento de los datos el Letrado de la Administración de Justicia del órgano judicial, cuyos datos de contacto constan en el encabezamiento del documento.
Todo ello conforme a lo previsto en el Reglamento EU 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, en la Ley Orgánica 3/2018, de 6 de diciembre, de protección de datos personales y garantía de los derechos digitales y en el Capítulo I Bis, del Título III del Libro III de la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial.
