Última revisión
05/06/2025
Sentencia Civil 46/2025 , Rec. 1501/2022 de 23 de enero del 2025
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 56 min
Orden: Civil
Fecha: 23 de Enero de 2025
Ponente: MARIA ISABEL SUAREZ GARCIA
Nº de sentencia: 46/2025
Núm. Cendoj: 15030420132025100001
Núm. Ecli: ES:JPI:2025:82
Núm. Roj: SJPI 82:2025
Encabezamiento
C/ CAPITAN JUAN VARELA, S/N ( ANEXO JUZGADOS-PLANTA BAJA)
Equipo/usuario: MG
Modelo: N04390 SENTENCIA DE TEXTO LIBRE ART 447 LEC
Procedimiento origen: /
DEMANDANTE D/ña. WATERSOAP CANIZAS S.L.
Procurador/a Sr/a. MARIA DEL MAR GUTIERREZ MARCOS
Abogado/a Sr/a. PATRICIA FERNANDEZ TOBIO
DEMANDADO D/ña. Justo
Procurador/a Sr/a. JESUS ANGEL SANCHEZ VILA
Abogado/a Sr/a.
Ilma. Sra. Dona María Isabel Suárez García, Maxistrada-Xuíza do Xulgado de 1ª Instancia número 13 de A Coruña e do seu Partido Xudicial, dita a seguinte:
A Coruña a 23 de xaneiro de 2025.
Vistos, por min, en audiencia pública, os presentes Autos de Xuízo Verbal rexistrados co número indicado, de acción de demanda de reclamación de cantidade por responsabilidade extra contractual, no importe de TRES MIL CATROCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON CORENTA E OITO CÉNTIMOS DE EURO (3496.48€), no que foron partes:
Antecedentes
0 poder watersoap, s.l.
1 contrato de arrendamento
2 escritura de división horizontal
3 nota rexistro
4 informe pericial
5 carta reclamación
Por Decreto do día 11 de maio de 2023 examinada a demanda e a competencia obxectiva e territorial, e demais formalidades inherentes ó tipo de procedemento, acordouse a incoación do procedemento como xuízo verbal e admitir a trámite da demanda presentada pola procuradora Sra. Gutiérrez Marcos, na representación de WATERSOAP CAÑIZAS, S.L., para a reclamación do importe de TRES MIL CATROCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS CON CORENTA E OITO CÉNTIMOS DE EURO (3496.48€), contra Justo con DNI NUM000, e Carla con DNI NUM001, en canto propietarios da vivenda sita na DIRECCION000., A Coruña, en virtude de responsabilidade extra contractual e o consecuente traslado da demanda á parte demandada coas advertencias legais oportunas, emprazándoa nos termos dos artigos 437, 440, 442 e 496 da LAC para comparecer e contestar no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES a contar dende o día seguinte á súa notificación, baixo apercibimento de rebeldía.
A medio de Auto de data 21 de xuño de 2023 acordouse ter por desistida da demanda fronte a Carla.
Por Dilixencia de Ordenación do día 21 de xuño de 2023 acordouse ter por comparecido e parte ó procurador Sr. Sánchez Vila, na representación de Justo, e por contestada a demanda, así como deixar os autos pendentes de sinalar, artigo 438, 440 e 442 da LAC. Por dilixencia de ordenación do día 4 de xullo de 2023 os autos foron sinalados para o día 14 de xaneiro de 2025, convocando ás partes coas advertencias legais correspondentes.
Demandante: documental; Testemuña do Consorcio de Compensación de Seguros, conforme ó disposto no artigo 381 da LAC e xa incorporado ós autos, e pericial Eloisa.
Demandada: interrogatorio da demandante; documental; testemuña da presidenta da CCPP; Secretario Administrador da CCPP, da entidade DIRECCION002., e Beatriz.
A proba foi admitida, sempre que puidese ser practicada no acto da vista.
De seguido tivo lugar a súa práctica. O acto quedou concluso e os autos vistos para o ditado da presente resolución.
Eloisa.
Demandante:
Demandada:
Romualdo
Demandada:
Demandante:
-Parte demandante:
-Parte demandada:
Hechos
Son feitos probados, á vista da proba practicada, que:
1º. Watersoap Canizas S.L.U é arrendataria do local sito en Calle Río Brexa n.º 4 -baixo Dereita, 15660, Cambre.
Watersoap Canizas S.L.U ten por obxecto social "outras actividades de limpeza (CNAE: 8129) e outro comercio ó por menor de artigos novos en establecementos especializados (CNAE:4778)2, e ten fixado o seu domicilio social na rúa Río Breixa 2, 2ºD A Barcala, Cambre, segundo publica o BORME, número 143 de 27 de xullo de 2020.
2º. Candido, con DNI NUM000, xunto coa súa esposa Carla, é propietario da vivenda sita no DIRECCION000 de Cambre, en DIRECCION004.
Carla faleceu o 10/05/2021, deixando outorgado testamento ante a notario de Culleredo Dª Mª Cruz Nieto Peñamaría, de data 15/06/2021, polo que lega ó seu esposo o usufruto universal e vitalicio de toda a súa herdanza, sen necesidade de inventario, e institúe herdeira á súa filla Maite.
3º. O día 13 de setembro de 2021, sobre as 20.00 horas, producíronse inundacións que afectaron a toda a comarca de A Coruña, coincidentes coa preamar e precedidas dunha fortísima tromba de auga que durou uns 25 minutos, segundo se fixeron eco todos os medios periodísticos.
4º. O Consorcio de Compensación de Seguros abriu o expediente NUM004. En dito expediente, o Consorcio de Compensación de Seguros desestimou a petición de WATERSOAP CAÑIZAS, SL, en atención ó informe Pericial dos servizos colaboradores desta entidade. Segundo o devandito informe, rexistráronse filtracións a través do teito (forxado que divide a planta baixa da primeira) asolagando parcialmente o establecemento. Sen inundación exterior nin entrada de auga desde a rúa.
A causa de denegación do expediente NUM004 segundo lle comunicou ó asegurado o Consorcio de Compensación de Seguros:
Fundamentos
Alega a parte demandante que como consecuencia da caída importante de auga, e a consecuencia do deficiente estado de limpeza e mantemento do sistema de evacuación de pluviais da terraza anexa á vivenda do piso DIRECCION000, vivenda inmediatamente superior ó local da entidade demandante, produciuse a acumulación de grandes cantidades de auga de choiva, producíndose unha inundación no baixo dereita, propiedade da demandante. A terraza cuxo atasco é causante das filtracións é un elemento común de uso e goce privativo, tal e como se desprende das escrituras de división horizontal. Achega un informe pericial, asinado pola perito Sra. Eloisa que fixa a causa dos danos na filtración de auga procedente da parte superior do local, e valora o importe dos danos.
A parte demandada oponse á reclamación formalizada na súa contra, por falta de lexitimación pasiva, ó ser a CCPP a titular da terraza e non existir proba da falta de limpeza ou mantemento alegado de contrario, xa que a perito non puido comprobar ó seu estado. Tamén se opón ó importe dos danos reclamados.
Atendidas as posturas, non se discute a lexitimación activa da parte demandante. Consta achegado o título de arrendo do local afectado, doc.1 da demanda. Non se discute tampouco, unha vez desistida a acción contra a que no Rexistro da Propiedade, doc.3 da demanda, tamén figuraba como titular, que o demandado é propietario do 50% da vivenda DIRECCION000, A Coruña, e ostenta o usufruto vitalicio da outra parte, en virtude de disposición testamentaria.
Tampouco se discute que a terraza da que fai uso o demandado, anexa á súa vivenda, é un elemento común pero de uso privado, doc.2 da demanda.
O que se discute é, en consecuencia, a causa e por tanto responsabilidade dos danos reclamados e o seu importe. Á parte demandante corresponde probar causa, danos e importe, artigo 217 da LAC.
En efecto, dispón o artigo 9 da Lei de Propiedade Horizontal no seu apartado 1º que son obrigacións de cada propietario:
b) Manter en bo estado de conservación de propio piso ou local e instalacións privativas, en termos que non prexudiquen á comunidade ou ós outros propietarios, resarcindo os danos que ocasione polo seu descoido ou o das persoas por quen deba responder.
Pola súa banda, o artigo 1902 do CC esixe para a súa prosperabilidade, a concorrencia de tres requisitos, fixados por Doutrina xurisprudencial plenamente consolidada, que son:
Cobra, sen dúbida, importancia relevante o informe pericial. Artigo 348 da LAC. Só se achega un informe pericial, o emitido a instancia da parte demandante, sometido a crítica no acto da vista. Comeza o informe pericial describindo o obxecto da súa pericia; describe o local, e sobre da base da visita xirada o día 4/10/2021, vai efectuando unha descrición das estancias. Incluso sinala a perito que se auxiliou das fotografías e vídeos amosados por persoal do baixo do momento da entrada de auga, e que lle permiten a perito corroborar a entrada de auga, punto de entrada de auga, e punto de caída, o que se conforma cos danos que observa. Toda a descrición vaina acompañando a perito de fotos da estancia e dos puntos nos que observa o dano, ó tempo que o explica. Así di informe:
Se trata de un bajo comercial que se desarrolla en planta baja de un edificio plurifamiliar. Construcción sólida con materiales estándar, calidad media, en núcleo urbano. Tiene una superficie construida de 69 m2, destinados en su totalidad a uso comercial (local para lavado de mascotas). El local data de 1994 (según referencia catastral NUM007).
Según informa el propietario, sufrieron una inundación debido a filtraciones procedentes del piso superior, coincidiendo con un episodio de lluvias intensas.
El objeto de este informe es establecer los daños y posible origen.
Los daños se localizan en falso techo, pintura de paramentos y pavimento.
Se gira visita de inspección el pasado 4 de Octubre de 2021, siendo recibida por los encargados del local.
Nos indican que el día 13/09/2021, coincidiendo con un episodio de lluvia intensa, sufrieron una inundación parcial en su local debida a la entrada de agua a través del techo. El local se sitúa en la planta baja; sobre él se encuentra el DIRECCION000.
Realizamos inspección visual del local, comenzando por la estancia principal para atención al público (5x8 m2). Los daños se concentran principalmente en la parte trasera, a unos 8m de la fachada, siendo especialmente graves cerca de la esquina izquierda. Los encargados nos indican que la caída de agua fue más intensa en esa zona, aunque se produjeron goteras en múltiples puntos (focos de luz, encuentro de techo con pared del fondo, encuentro de techo con pared derecha). Nos muestran fotografías y vídeos que confirman su relato.
Se observan manchas leves por humedad en varias placas de escayola del falso techo, próximas a los encuentros con la pared. Los daños coinciden con las zonas donde los clientes indican que la caída de agua fue más intensa. Al levantar parcialmente una de las placas, comprobamos que el falso techo dispone de una capa de aislante tipo lana mineral. Entendemos que dicho material ha perdido sus propiedades aislantes tras verse expuesto a grandes cantidades de agua.
...
Accedemos a continuación al cuarto trasero para uso de empleados (5x5 m2). Los encargados nos explican que en esta estancia no se produjeron goteras procedentes del piso superior: los daños se deben a la entrada de agua desde la estancia principal del local, a través de la puerta y los huecos de paso de instalaciones. Se comprueba que los únicos desperfectos se dan en tarima, y que se concentran cerca de la puerta de paso a la estancia principal.
En visita pericial, intentamos acceder a la vivienda situada sobre el local ( DIRECCION000). Pese a no disponer del contacto del vecino, sí conseguimos contactar con la presidenta de la comunidad de propietarios y con la administración de fincas (gestoría S2M - 981650938); ellos contactaron con varios vecinos de la DIRECCION003, para solicitarles que nos permitieran acceso a sus viviendas.
El propietario del DIRECCION000 no reside allí desde hace varios meses, por lo que no es posible visitar esta vivienda. Sin embargo, sí conseguimos acceder al DIRECCION005. Pese a que esta vivienda no se sitúa sobre el local afectado, es simétrica respecto al DIRECCION000; lo cual nos permite entender la distribución de este piso.
Ante a imposibilidade de acceder á vivenda DIRECCION000, segundo indica a perito porque lle indican que non viven nela, visita a vivenda DIRECCION005 de idéntica disposición de estancias. Desta visita extrae a disposición da vivenda DIRECCION000, que unido ó punto de caída de auga no local, lle permite concluír:
Se efectúan mediciones en el DIRECCION005, tanto de la vivienda como de su terraza. Tras extrapolar estas medidas al DIRECCION000, concluimos que los puntos de filtración de agua al local se sitúan en el interior de la vivienda, cerca del encuentro con la terraza; pero no en la propia terraza.
Finalmente, a perito, tendo en consideración ó observado no local valorado. A disposición do piso DIRECCION005, idéntica á do DIRECCION000, e por tanto, a disposición deste piso e terraza sobre do local da demandante, unido ás manifestacións da propietaria DIRECCION005, lévalle a concluír que se trata dun feito puntual, que non ten explicación na construción da terraza nin no sistema de evacuación, xa que de ser así o episodio de filtración non sería puntual como foi, e por tanto, por vía de descarte, conclúe que a entrada de auga ten lugar dende a terraza á vivenda e de aí ó local inferior, considerando que se produce a entrada como explicación polo atasco do desaugue da terraza:
Se revisa la terraza del DIRECCION005, encontrándola en un buen estado general. El diseño del sistema de evacuación de aguas y el desagüe son, en apariencia, adecuados. Se pregunta a la propietaria del piso si ha tenido algún problema con el desagüe de las lluvias: nos indica que no, ni siquiera durante episodios de lluvia intensa.
Visto que el incidente se produjo de forma puntual, coincidiendo con un episodio de lluvia intensa, concluimos que la causa reside en el sistema de evacuación de aguas pluviales.
Durante la visita observamos un colector de pluviales que discurre por el falso techo del local. Se descarta que el origen de los daños sea una rotura del mismo: la entrada de agua se hubiera repetido en días de lluvia posteriores, lo cual no ha sucedido.
Asimismo, se descarta un fallo en la impermeabilización de la terraza del DIRECCION000, ya que los puntos de entrada de agua al local no se sitúan bajo la misma.
Vista la situación de los puntos de entrada de agua al local, entendemos que la causa del incidente fue la inundación de la vivienda del DIRECCION000, debido a la entrada de agua de lluvia en la misma. Siendo la causa de esta inundación la incapacidad del sistema de desagüe de la terraza del DIRECCION000 para recibir la gran cantidad de lluvia caída el día 13/09/2021. Dado que la terraza del DIRECCION005, totalmente idéntica en su diseño, no tuvo este problema, se descarta que exista un error en el dimensionado de los conductos de evacuación.
Teniendo en cuenta todo lo anterior, y descartadas otras posibles causas, se concluye que el motivo de los daños en el local fue la inundación del DIRECCION000, causada por un atasco del sistema de desagüe de la terraza de esta vivienda. Dado que no hemos podido acceder a esta terraza, no podemos afirmar si este atasco se debe a un accidente puntual, o tiene su origen en una falta de limpieza y mantenimiento.
Esta mesma conclusión a sostivo no acto da vista. Onde, tras manter a súa consideración técnica e conclusión, aclarou que tivo coñecemento da entrada de auga no ascensor do edificio pero que son causas e motivos diferentes. Sostivo que o seu intento de comunicación coa propiedade do DIRECCION000 non foi directa senón a través da CCPP e da Administradora. E indicou que si é posible a entrada de auga polo forxado dependendo dos materiais de acabado. A preguntas da parte demandada sobre da causa indicou
...
Outro elemento probatorio foron as testemuñas, por escrito e no acto da vista:
*Sobre da testemuña que depuxo no acto da vista, o Secretario Administrador da CCPP, manifestou que non tiña coñecemento de que existise queixa polo estado das terrazas, ou dos danos no baixo. Tampouco que se lle contactara para comunicarse coa propiedade do DIRECCION000. Pero tamén que na oficina hai unha Magdalena, en concreto dúas, e non podía aclarar se existiron chamadas telefónicas (a perito indica o teléfono da Administración co que se contactou), nin o correo electrónico co despacho de avogados Vento.
*O Consorcio de Compensación de Seguros recoñece que abriu o expediente NUM004. En dito expediente, o Consorcio de Compensación de Seguros desestimou a petición de WATERSOAP CAÑIZAS, SL, en atención ó informe Pericial dos servizos colaboradores da entidade. Segundo o devandito informe, rexistráronse filtracións a través do teito (forxado que divide a planta baixa da primeira) asolagando parcialmente o establecemento. Sen inundación exterior nin entrada de auga desde a rúa.
A causa de denegación do expediente NUM004 segundo lle comunicou ó asegurado o Consorcio de Compensación de Seguros:
Tamén recoñeceu a existencia de outro expediente que afectou ó ascensor e si atendeu.
Polo que conclúe que vista a situación dos puntos de entrada de auga ó local, entende que a causa do incidente foi a inundación da vivenda do DIRECCION000, debido á entrada de auga de choiva na mesma. Sendo a causa desta inundación a incapacidade do sistema de desaugadoiro da terraza do DIRECCION000 para recibir a gran cantidade de choiva caída o día 13/09/2021. Dado que a terraza do DIRECCION005, totalmente idéntica no seu deseño, non tivo este problema, descarta que exista un erro na dimensión dos condutos de evacuación.
É certo que fala dun atasco do sistema de desaugadoiro da terraza desta vivenda, e só a modo de hipótese di que por accidente puntual ou ten a súa orixe nunha falta de limpeza e mantemento.
Situada a causa na vivenda da parte demandada, esta parte non achega proba que desacredite nalgunha medida esta conclusión. Como puidera ser acreditar dalgunha forma a falta de entrada de auga á vivenda. Sen dito elemento, o informe pericial da demandante é concluínte na causa, ó que resulta apoiado no criterio de exclusión que permitiu tamén ó Consorcio rexeitar a reclamación. É certo que no informe aludido polo Consorcio fálase de entrada de auga polo forxado como causa.
Non se pode considerar, ó igual que fixo o Consorcio, como un fenómeno extraordinario porque en idéntica situación na vivenda DIRECCION005 non pasou. E a entrada de auga no oco do ascensor, si acollida polo Consorcio, nada ten que ver coa entrada de auga que nos ocupa, ó ter lugar pola vía pública.
Por tanto, aínda que se tratou dun fenómeno de importante choiva, como indicou a perito máis que pola caída en si, polo tempo de duración, non se pode estimar que sexa un fenómeno imprevisible ou extraordinario incluso para Galicia.
Estimo, por tanto, co informe pericial e sen contradición coa proba documental da parte demandada, acreditada a causa dos danos: entrada de auga a través da vivenda da parte demandada e procedente á súa vez da terraza.
En canto ós danos. A parte demandada achaca ó informe pericial a inclusión de danos que non proceden da entrada de auga procedente da vivenda superior. Así critica do informe tanto os metros de pintado do local, como tamén os metros de superficie do parqué e o rodapé. A perito explicou que contemplou o pintado dos paramentos afectados, pero que é certo que incluíu outros por razóns estéticas, para que exista continuidade da pintura. Respecto da tarima, é certo que non comprobou se había tarima igual á existente no mercado, pero que si é precisa a súa substitución. Tanto respecto da pintura como da tarima excluíu outra posible causa dos danos, xa que respecto dos tramos non afectados, puido comprobar o bo estado no que se atopaban. E así preguntada pola actividade do local, lavado de animais, e onde, por tanto, se manipula auga, sostivo que non se trataba de danos en puntos ou zonas, senón coincidentes coa entrada e caída da auga polo episodio do 13 de setembro de 2021.
Novamente, o informe pericial foi sometido a contradición, contén unha valoración conforme a mercado dos danos. Se ben é certo que non consta unha desagregación completa dos metros, a explicación da perito foi clara e non hai outra proba que permita contradicir esa valoración.
A demanda ha de ser acollida nos seus termos.
Vistos os preceptos legais aplicados e os demais de xeneral e pertinente aplicación, pola Autoridade outorgada pola Constitución e demais Leis Orgánicas,
Fallo
Notifíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que dado o importe da contía
Así por esta a miña resolución, que se redacta en galego consonte ó establecido no artigo 3.2 e 3 da Constitución española; no artigo 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos artigos 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística, pronúncioo, mando e asino.
Los interesados quedan informados de que sus datos personales han sido incorporados al fichero de asuntos de esta Oficina Judicial, donde se conservarán con carácter de confidencial, bajo la salvaguarda y responsabilidad de la misma, dónde serán tratados con la máxima diligencia.
Quedan informados de que los datos contenidos en estos documentos son reservados o confidenciales, que el uso que pueda hacerse de los mismos debe quedar exclusivamente circunscrito al ámbito del proceso, que queda prohibida su transmisión o comunicación por cualquier medio o procedimiento y que deben ser tratados exclusivamente para los fines propios de la Administración de justicia.
Los datos personales que las partes conozcan a través del proceso deberán ser tratados por éstas de conformidad con la normativa general de protección de datos. Esta obligación incumbe a los profesionales que representan y asisten a las partes, así como a cualquier otro que intervenga en el procedimiento.
El uso ilegítimo de los mismos, podrá dar lugar a las responsabilidades establecidas legalmente.
En relación con el tratamiento de datos jurisdiccionales, los derechos de información, acceso, rectificación, supresión, oposición y limitación se tramitarán conforme a las normas que resulten de aplicación en el proceso en que los datos fueron recabados. Estos derechos deberán ejercitarse ante el órgano judicial u oficina judicial en el que se tramita el procedimiento, y las peticiones deberán resolverse por quien tenga la competencia atribuida en la normativa orgánica y procesal.
Es responsable del tratamiento de los datos el Letrado de la Administración de Justicia del órgano judicial, cuyos datos de contacto constan en el encabezamiento del documento.
Todo ello conforme a lo previsto en el Reglamento EU 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, en la Ley Orgánica 3/2018, de 6 de diciembre, de protección de datos personales y garantía de los derechos digitales y en el Capítulo I Bis, del Título III del Libro III de la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial.

