Última revisión
07/02/2025
Sentencia Civil 586/2024 , Rec. 280/2022 de 07 de noviembre del 2024
Relacionados:
Tiempo de lectura: 93 min
Orden: Civil
Fecha: 07 de Noviembre de 2024
Ponente: MARIA ISABEL SUAREZ GARCIA
Nº de sentencia: 586/2024
Núm. Cendoj: 15030420132024100005
Núm. Ecli: ES:JPI:2024:610
Núm. Roj: SJPI 610:2024
Encabezamiento
C/ CAPITAN JUAN VARELA, S/N ( ANEXO JUZGADOS-PLANTA BAJA)
Equipo/usuario: D
Modelo: N04390 SENTENCIA DE TEXTO LIBRE ART 447 LEC
Procedimiento origen: /
DEMANDANTE D/ña. Alfredo
Procurador/a Sr/a. MARTA DIAZ AMOR
Abogado/a Sr/a. MIGUEL ANGEL MARTIN TRILLO
DEMANDADO , DEMANDADO , DEMANDADO , DEMANDADO , DEMANDADO D/ña. Sebastián, Santiaga , Fermín , Blanca , COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DIRECCION000 A CORUÑA
Procurador/a Sr/a. MARIA SANMARTIN RUZO, MARIA SANMARTIN RUZO , MARIA SANMARTIN RUZO , MARIA SANMARTIN RUZO , AMALIA MOSQUERA HERRERO
Abogado/a Sr/a. JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS, JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS , JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS , JESUS MARIA SANCHEZ CAMPOS , ANA MARIA CRECENTE MASEDA
Ilma. Sra. Dona María Isabel Suárez García, Maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de A Coruña e do seu Partido Xudicial, ditou a seguinte:
A Coruña a 7 de novembro de 2024
Vistos, por min, en audiencia pública, os presentes Autos de Xuízo Ordinario rexistrado cos número arriba indicado, sobre responsabilidade por danos causados por filtración de augas, no que son partes:
Antecedentes
Acompaña á demanda, a medio de copia, nos termos dos artigos 264 e concordantes da LAC, os seguintes documentos, segundo o seu propio índice:
A anterior demandada foi repartida a este Xulgado conforme ás normas de reparto, artigo 167 LOPX, o día 14 de marzo de 2022. A medio de dilixencia de ordenación do día 30 de marzo de 2022 acordouse o rexistro da demanda co número de autos arriba indicado.
O día 4 de maio de 2022 ditouse Decreto de admisión da demanda presentada pola procuradora Sra. Díaz Amor, na representación de Alfredo, con DNI NUM000, asistido polo letrado Sr. Don Miguel Ángel Martín Trillo, contra a COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DIRECCION000 de A Coruña, contra Sebastián e de Santiaga, e contra Fermín e Blanca, logo do exame da competencia obxectiva e territorial e demais formalidades legais inherentes ó tipo de procedemento, acordando, conforme ós artigos 399, 404, 405 e concordantes da LAC o emprazamento da parte demandada no prazo de VINTE días hábiles para comparecer e contestar, baixo apercibimento de rebeldía nos termos do artigo 496 da LAC.
1 APODERAMIENTO
2 LIBRO ACTAS
3 BUROFAXES FEBRERO 2019
4 EMAILS
5 BUROFAX MAYO 2021
6 BUROFAX AGOSTO 2021
Por dilixencia de ordenación do día 7 de xullo de 2022 acordouse ter por parte no procedemento e por contestada a demanda pola CCPP DIRECCION000, coa representación legal e procesual acreditada.
1 CERTIFICACIÓN
2 DOCUMENTO NOTARIAL MANIFESTACIÓN OBRA NUEVA Y DIVISIÓN HORIZONTAL
3 INFORME PERICIAL
O día 3 de outubro de 2022 foi positivo o emprazamento de Fermín e Blanca.
A medio de Dilixencia de Ordenación de data 7 de novembro de 2022 acordouse ter por comparecido e parte á procuradora Sra. Sanmartín Ruzo, na representación indicada, e por presentada en tempo e forma a contestación oposición, así como a declaración de rebeldía, ex artigo 496 da LAC de Fermín e Blanca. As partes foron convocadas, artigo 414 da LAC, para o acto de Audiencia previa para o día 7 de setembro de 2023.
-Demandante: documental, declaración de testemuñas: Urbano, pericial: Secundino e Natalia.
-CCPP demandada: documental, declaración de testemuña Salome; pericial Ismael.
- Sebastián e Santiaga: interrogatorio do representante legal da CCPP, documental.
A proba foi admitida, e o acto de vista adiado ó 17 de xaneiro de 2024 ás 11:00, deixando ás partes convocadas cos apercibimentos correspondentes. Solicitada a suspensión, foi sinalado para o día 16/10/2024.
Chegado o día da vista, compareceron as partes por medio das súas representacións legais e procesuais. Aberto o acto tivo lugar a práctica da proba e as partes formularon conclusións, quedando o acto concluso e os autos vistos para o ditado da presente.
Hechos
Apreciando en conciencia a proba practicada consistente na documentación achegada polas partes, a declaración de testemuñas e peritos, indicados nos antecedentes da presente, decláranse feitos probados os seguintes:
Está inscrito no Rexistro da Propiedade, ó Libro NUM006, Folio NUM007, Leira NUM008.
O baixo está alugado a Urbano con DNI NUM009, en virtude do contrato formalizado en data de 1 de setembro de 2017, por un prazo de quince anos. O baixo está dedicado a actividade comercial consistente nun ximnasio.
Aínda que na escritura de división horizontal se facía constar a existencia dun piso DIRECCION003 (finca número NUM010, rexistral número NUM011), co paso do tempo, o propietario, facendo uso da facultade establecida no artigo 2º dos Estatutos da Comunidade, procedeu a dividir o mesmo en dúas fincas independentes (rexistrais NUM012 e NUM011), de tal maneira que a terraza expresada no parágrafo anterior está separada por un pequeno murete ou peto de ladrillo divisorio. Na descrición que delas se fai no Rexistro da Propiedade, non se di sobre que parte, proporción ou superficie do patio (situado ás súas costas) lles corresponde tal uso.
Nas escrituras de propiedade dos pisos DIRECCION001 e DIRECCION002, ó describir os lindes, dise
Di a Escritura:
Di na acta, punto 4º
A xunta celebrouse o día 12 de febreiro de 2019. A propiedade do DIRECCION001 asistiu por representación. Asistiu o arrendatario do baixo, pola propiedade do baixo asistiu o letrado Sr. Martín Trillo, e o perito Sr. Secundino.
Fundamentos
*****A parte demandante formula reclamación contra a CCPP e contra os veciños, por canto a primeira é titular do elemento común, e os veciños usuarios obrigados conforme ó artigo 4 do Estatuto da Comunidade de propietarios, Estatuto que, en todo o non previsto expresamente se remite á Lei de Propiedade Horizontal.
Sostén a parte demandante que dende o ano 2018 o local comercial, baixo, do que é propietario o demandante sofre de filtracións que proveñen da parte superior do baixo. Parte superior que é unha terraza correspondente ós NUM010 pisos que conforman o andar primeiro do edificio.
Con data 4.2.2019 convocouse xunta de propietarios do edificio DIRECCION000, figurando como punto 1º da orde do día o seguinte:
A xunta celebrouse o día 12 de febreiro de 2019. A propiedade do DIRECCION001 asistiu por representación. Asistiu o arrendatario do baixo, pola propiedade do baixo asistiu o letrado Sr. Martín Trillo, e o perito Sr. Secundino.
Afirma a demandante que ó longo do ano 2019 remitiu diversos correos á Administración do edificio DIRECCION000, nos que se fai ver o malestar pola falta de solucións a pesar de que avanza o verán do ano 2019 sen iniciarse a execución de obra algunha sobre as terrazas dos Sebastián. A Xestoría Carlos Manuel omite dar resposta. Durante o ano 2020, a parte demandante seguiu esixindo a execución das obras contidas no informe de don Secundino, sendo así que en setembro de tal ano, a Xestoría Carlos Manuel remitiu un correo ós veciños indicando que, como a empresa Asper non acometera os traballos acordados, por circunstancias alleas ó baixo, os veciños dos DIRECCION003 "procederon a arranxar as terrazas", quedando pendente o tema das baixantes. Correo que é contestado o 29 de setembro, indicando que non era certo que se executou traballo ningún de levantado, illamento e impermeabilización das terrazas, requiríndolles para que tales traballos fosen executados tal e como foron acordados por xunta.
Con data 20.4.2021 remítese burofax lembrando esta cuestión, burofax que se recibe pola Xestoría Carlos Manuel ó día seguinte.
Chegado o inverno do ano 2021, os problemas de filtracións seguen existindo, segundo acredítase co informe pericial emitido pola arquitecto técnico Natalia, de data 30.12.21.
A perito afirma comparecer no local do que é propietario o demandante, en datas 15 e 22 de novembro, e igualmente, no DIRECCION004 do edificio; comprobando a
Sostén que se ben o demandante considerou que debía de deixar á comunidade para que tratase de adoptar medidas cos propietarios dos Sebastián Santiaga, pois do informe pericial do Sr. Ismael, podíase deducir a existencia, sequera de forma superficial e indiciariamente, dunha falta de mantemento que, de ser emendado, podería implicar unha solución ó seu problema, e cónstalle que a terraza do DIRECCION002 foi parcialmente acondicionada, pois pintouse con pintura cloro caucho, insuficiente. Pese a iso, nunca renunciou ó exercicio de accións fronte á Comunidade.
É evidente, por tanto, que o informe emitido por don Secundino foi dado por bo tanto pola comunidade como por -polo menos- a propietaria do DIRECCION001, tanto na análise que facía das causas das filtracións e condensacións que afectaban ó baixo, como das medidas para adoptar para solucionalas.
É evidente, igualmente, que aínda que a comunidade de propietarios descargaba nos propietarios dos Sebastián a obrigación que con levaba executar as obras expresadas en tal informe, o demandante non renunciaba a exercitar as accións que puidesen asistirlle fronte á comunidade en canto titular do elemento no que se orixinaban tales filtracións.
Desde o momento en que se adopta o acordo comunitario, e co fin de evitar incrementar os prexuízos que xa se estaban ocasionando ó arrendatario do baixo, o propietario do baixo, a través da súa filla Covadonga, preocupouse de facilitar a tarefa á que se comprometeu a representante do DIRECCION001 (quen argumentaba certa dificultade de asumila, dado que manifestou residir fóra da cidade da Coruña, e diversas ocupacións laborais) solicitando non un senón varios orzamentos para levar a cabo as obras especificadas no informe do Sr. Secundino.
Resalta a parte demandante que o expresado informe, do Sr. Secundino, foi redactado co fin de facilitar tanto á comunidade como ós propietarios dos Sebastián Santiaga solicitar orzamentos de reparación, pois nel facíanse constar os distintos apartados conforme ós cales se debía executar a obra. En proba do anterior, achega os orzamentos emitidos polas empresas "Asper" (13,990.00 € máis IVE), "Lonfebe" (22,279.47 € máis IVE), "Bertullo" (12,700.00 € máis IVE) e "Desenvolve" (17,892.32 € máis IVE).
*****A CCPP oponse a demanda por canto a orixe dos danos é un uso deficiente da terraza, polo a súa reparación debe de ser asumida pola veciños co demandados. Invoca tamén a teoría dos actos propios, por canto existe un acordo, alcanzado en xunta do 12 de febreiro de 2019, non impugnado por ningunha das partes, polo que os propietarios dos DIRECCION002 e DIRECCION001, comprometéronse a executar as obras nos termos interesados no escrito de demanda.
A obrigación de mantemento das terrazas, recae única e exclusivamente, sobre os propietarios que nas súas leiras privativas teñan terrazas, exonerándose á Comunidade hoxe demandada, de calquera obrigación de mantemento, o que evidencia a nula responsabilidade da CCPP. tal como reza a escritura os propietarios que nas súas fincas privativas teñan terrazas, terán a obrigación inescusable de telas sempre en perfecto estado de conservación, evitando en todo tempo as filtracións e humidades que poidan causar prexuízos ós propietarios dos locais situados nas plantas inferiores de tales terrazas. Sendo obrigación dos devanditos propietarios sufragar todos os gastos que motiven as reparacións que haxan de efectuarse pola devandita causa.
Así, e á vista dos problemas filtracións trasladados polo hoxe demandante, con data de 15 de febreiro de 2018, celebrouse xunta xeral ordinaria. Na mesma, e como logo sería tónica habitual, acudiu o actor representado polo seu Letrado, o mesmo compañeiro que asina o escrito de demanda. Foi precisamente este, doc.2, o que puxo de manifesto a responsabilidade exclusiva dos propietarios dos inmobles DIRECCION002 e DIRECCION001, naquel momento hoxe codemandados, nos feitos axuizados.
É dicir, tan pronto se trasladan á Comunidade os problemas de humidades, esta convoca unha xunta, na que é a propia demandante, representada en dita xunta polo seu Letrado, asinante da demanda, a que pon de manifesto a exclusiva responsabilidade dos propietarios nos danos denunciados. Polo tanto, a Comunidade despregou todos os medios ó seu alcance, ata o punto de encargar, e sufragar, á súa costa, o informe pericial que se acompaña de contrario como documento número cinco.
Isto é, a Comunidade non se desentendeu das súas obrigacións, senón que puxo todos os medios ó seu alcance, para dilucidar a orixe das filtracións, medios que evidenciaron a súa nula responsabilidade nos feitos descritos, tendo en conta que o informe é claro ó atribuír a orixe das filtracións, a un deficiente estado de conservación das terrazas, da exclusiva responsabilidade dos propietarios das vivendas, naquel momento hoxe co demandados.
É máis, como expresamente se recoñece de contrario, canto menos una das vivendas realizou traballos de impermeabilización. Se os mesmos, executados polo propietario, resultaron insuficientes e/o defectuosos, só a este compete a súa adecuación ós defectos denunciados.
A Comunidade tratou de que os propietarios, hoxe co demandados, desen cumprimento á acta aprobada en xunta de febreiro de 2019. A tal fin, con data 23 de abril de 2019, celebrouse Xunta Xeral Extraordinaria, cuxo segundo punto da orde do día resulta ser: información sobre cumprimento acordo adoptado en Xunta Xeral ordinaria de data 12/02/2019 por parte dos propietarios do DIRECCION002 e DIRECCION001; xunta á que o demandante acudiu representado polo seu Letrado. Na mesma, esta presente a propietaria do DIRECCION002 que informa que procedeu a retirar o lavadoiro que tiña na terraza e colocar tea asfáltica na zona. Fronte a isto, a Comunidade insiste en que isto non é o acordado en xunta ordinaria de 12/2/2019 polo que deberá executar as obras que se indicaban no informe do arquitecto, exposto en dita xunta, coordinándose coa propietaria da DIRECCION001.
A máis diso o anterior, e a maiores do previo requirimento a medio dos burofaxes do 25 de febreiro de 2019 achegados e do practicado a medio de xunta do 23 de abril de 2019, requiriuse ós propietarios dos DIRECCION003 a medio de numerosas chamadas telefónicas, burofaxes en idéntico sentido remitidos no mes de maio de 2019, proba diso o mail do 19 de abril de 2021, que se acompaña como documento 4 e a súa posterior contestación do 24 de maio, así como os burofaxes do 3 de maio e 9 de agosto de 2021, remitidas ó propietario do DIRECCION002, documentos cinco e seis. Requirimentos que se repetiron a medio de burofaxes de 2021.
Con data 29 de marzo de 2022, celébrase Xunta Xeral Ordinaria, na que como punto oitavo da orde do día, recóllese: acordos a adoptar respecto diso do incumprimento do acordo adoptado en Xunta Xeral Ordinaria de data 12/2/19 e 23/4/2019 por parte do DIRECCION002 e DIRECCION001".
Tal como se recolle na acta, en maio do 2019 enviouse burofax ós Sebastián pola Comunidade solicitando o cumprimento do acordo de Xunta de data 12/2/2019. Posteriormente e tras varias reunións e avisos telefónicos a ambos os DIRECCION003 para que procedesen a reparar as terrazas privativas, remitíuselles novo burofax en maio de 2021 requiríndolles procedesen a reparar conforme informe técnico as terrazas indicadas. Por mor da recepción do burofax, de forma separada, acudiron os propietarios de ambos os DIRECCION003 ás oficinas da Administración, en xuño de 2021, o DIRECCION002 indicou que xa realizou obras en terraza e a DIRECCION001 indicou que as realizaría en agosto de 2021, dado que estaba pendente de confirmación por empresa da que ambos os DIRECCION003 tiñan orzamentos solicitados.
A CCPP en ningún momento fixo deixamento das súas funcións, e tratou, por todos os medios, de que os propietarios dos DIRECCION003 desen cumprimento ó acordo adoptado, dando reiteradamente mostras da súa vontade no devandito sentido.
*****Os veciños do DIRECCION001 compareceron para se opor por canto, a filtración ten lugar por un elemento construtivo, común, en concreto polo esgotamento do material de impermeabilización. E iso sobre pasa a súa obriga de conservación e mantemento.
*****Finalmente, os co demandados Fermín e Blanca non compareceron no procedemento situándose en posición de rebeldía procesual, perdendo a oportunidade de expor a súa posición ante a pretensión exercitada. O que non implica nin recoñecemento de feitos nin asentimento.
Consecuentemente, é controvertida a condena de facer. Non se discute que existen filtracións e que estas teñen a orixe que determinou o perito Sr. Secundino. Tampouco se discute que as obras que han de ser realizadas son as indicadas polo perito.
En conclusións as partes, en síntese sostiveron:
CONCLUSIÓNS:
DEMANDANTE: incuestionable , solución do Sr. Secundino foi aceptado por todas as partes, CCPP (Secretaria CCPP e Actas) os propietarios das vivendas, a solución do Sr. Secundino é correcta. Isto non é controvertido. Nó gordiano é de quen é a responsabilidade de un ou de outro, o que non é discutible, é a causa; agora dise que hai ximnasio e condensación, pé un feito ex novo, porque non se invocou antes, non hai pericial nese sentido.
Mala impermeabilización e defectuoso ou incorrecto mantemento do mesmo.
Nó gordiano de quen é a responsabilidade. CCPP cláusula Escritura horizontal labores de mantemento de propietarios corresponde ... os propietarios obrigados a reparar para evitar filtracións e humidades, eu fixen o conducente para que iso se levase a cabo. Que se di polos propietarios persoados, falamos dun elemento común, os elementos que serven a propietarios,.. incluso ... a min non me corresponde, corresponde á CCP porque é elemento común, , doutrina actos propios compareceu e aceptou a execución desas obras, pero pasa o tempo e cando se lle ofrece os presupostos, mándalle cartas, pero dende o ano 2018 o demandante problemas de condensación e filtracións,
Procesualmente posibilidade de presentar feitos novos, demanda dende o ano 2021 e celebramos no 2024, pero non a través dunha testemuña, non se introduce o perito, que fixe a IAE .
Responsabilidade solidaria por que: porque non é posible, porque hai problema de condensacións e filtracións, falta de mantemento e problema de deterioro estrutural do edificio. En plano teórico pode argumentarse, hai elemento común, e unha obriga asumida estatutariamente, en que porcentaxe é responsable un ou outro, non nos corresponde probala, se hai concorrencia de circunstancias e
XP neste sentido, AP 921/12/20211 da Pontevedra, a falta de imputar responsabilidade, .. solidaria.
Doutrina Actos Propios que invoca a CCPP, pero non o desenvolve ben, non é certo que só se dirixiu ós propietarios, os burofax, vostedes requíranlle, peor eu non renuncio a reclamar as responsabilidades que procedan, artigo 10.1.c da LPH.
Falta de mantemento brutal. Concorrencia de causas.
Subsidiariamente, en caso de acollerse postura da CCPP ou a propietarios, non se impoñan as custas a esta parte, xa que se xustifica a chamada ó preito das partes, a non imposición das custas.
CCPP: Informe Técnico da Edificación, polo propietario en rebeldía, á CCPP non ten medios para acreditar obras de un terceiro, e que non se comunican á CCPP 435.1 LEC, solicita se nos permita como dilixencia final do informe pericial...
Teoría dos actos propios non só do baixo, senón que de quen realiza as obras. Se asumo unhas obras iso ten unha transcendencia. ....
Posible desafección dos elementos comúns, invocación XP, contestación en debate xurídico, non hai unha soa factura ou testemuña, só cuestións xurídica, sobre a titularidade de petos.
Obrigación da escritura horizontal, clara a obriga dos propietarios, Sentenzas da AP de A Coruña 2/2024, 339/2022 suposto idéntico, unha vez atribuída responsabilidade mantemento, non cabe entrar en máis discusión. 12/2/ 20219, 4/2021 , AP ST 28/11/2023, 291/2022 di obriga que se asume que se reitera ó longo das vías previas e é executiva. O propietario do baixo tamén ten acción contra eles.
En terceiro lugar, exoneración responsabilidade 22/4/2024 supostos idénticos. Falta de mantemento non se discute. Si se di que limpeza, non se acredita. "teoría da oportunidade" non estaríamos aquí nesas magnitudes.
Acta de marzo de 2022, un dos propietarios que si se comprometeu pero cambiou de obrigación, limpeza mantemento e impermeabilización.
Non articula a petición subsidiaria na demanda, sobre da imposición das custas. Coñece o estatuto e a obrigación. 25/9/2020 AP Coruña solidariedade cando non imputación, déficit de mantemento.
Sebastián e Santiaga: ratifica ó exposto na contestación á demanda. Certos danos baixo comercial, certo acordos CCPP de responsabilidade propietarios de obras terraza.
TS dixo o que hai que facer nos casos, EESS obriga de mantemento dun elemento común, que o é, porque é o teito do local 80/2024, 23 de xaneiro, di que de quen é a obriga de facer a obra "sirven cubierta, mal estado del a estrutura o forjado...CCP asumir coste reparación".
Pero tamén debe terse en consideración o Estatuto de división horizontal que consta na Escritura pública de división horizontal outorgado no ano 1972, data de construción do edificio. Segundo dito Estatuto, doc.2 da demanda:
Desta forma, segundo os documentos que acreditan a propiedade (doc.3 e 4 da demanda respecto dos propietarios co demandados) consta acreditado e non discutido que, respecto da conformación do edificio, no que aquí interesa:
Está inscrito no Rexistro da Propiedade, ó Libro NUM006, Folio NUM007, Finca NUM008.
Sobre o baixo do que é propietario o Sr. Alfredo, existe no momento actual unha terraza á altura do DIRECCION003, que constitúe a cuberta daquel; construída ó abeiro do disposto no artigo 3º dos Estatutos Comunitarios no que se establece que
O baixo está alugado a Urbano con DNI NUM009, en virtude do contrato formalizado en data de 1 de setembro de 2017, por un prazo de quince anos. O baixo está dedicado a actividade comercial consistente nun ximnasio. Achégase así o doc.21 da demanda e así o depuxo no acto da vista o arrendatario.
Nas escrituras de propiedade dos pisos DIRECCION001 e DIRECCION002, ó describir os lindes, dise
De igual modo que sucede co baixo, aínda que na escritura de división horizontal se facía constar a existencia dun piso DIRECCION003 (finca número NUM010, rexistral número NUM011), co paso do tempo, o propietario, facendo uso da facultade establecida no artigo 2º dos Estatutos da Comunidade, procedeu a dividir o mesmo en dúas fincas independentes (rexistrais NUM012 e NUM011), de tal maneira que a terraza expresada no parágrafo anterior está separada por un pequeno murete ou peto de ladrillo divisorio. Na descrición que delas se fai no Rexistro da Propiedade, non se di sobre que parte, proporción ou superficie do patio (situado ás súas costas) lles corresponde tal uso.
Con esta situación fáctica, sucede que dende finais de 2017, o arrendatario do local propiedade do demandante sofre filtracións. Non se discute que ditas filtracións se producen, e que a causa está no ditaminado polo perito Sr. Secundino. Nas actas comunitarias, tanto as achegadas pola parte demandante, como no bloque documental 2 achegado pola CCPP demandada, consta que:
*Con data 4 de febreiro de 2019 convócase xunta de propietarios do edificio DIRECCION000, figurando como punto 1º da orde do día o seguinte:
A xunta celebrouse o día
Segundo o informe pericial do Sr. Secundino, de xaneiro de 2019, doc.8 da demanda (modifícase o formato empregado a fin de destacar o aquí discutido):
Informe pericial Sr. Ismael:
No acto da vista, o perito Sr. Secundino á pregunta de se é posible deslindar a responsabilidade, incorrecto mantemento e en que medida teñen razón de ser no paso do tempo no que é o deterioro nos elementos construtivos, sostivo que non é posible porque unha cousa encadea a outra, o deterioro é por si o paso do tempo, non se pode dilucidar. O deterioro débese ós dous factores: o paso do tempo e a falta de mantemento. Asemade á pregunta formulada respecto da solución proposta: Nova terraza, novo morteiro... solución construtiva complexa, se é mantemento ou obra nova, respondeu que son as dúas cousas, lámina impermeabilizante protexida con baldosas, e despois o illamento para condensación xa falamos máis de obra nova porque non existía.
O Sr. Ismael sostivo que picar o morteiro e colocar a tela asfáltica é impermeabilizar. Considera que entra dentro do concepto "mantemento".
Non discutida a existencia de filtracións, o que se discute é quen é responsable de realizar as obras fixadas no informe do perito Sr. Secundino:
*Demandante formúlaa contra propietarios e CCPP
*CCPP é dos propietarios dos DIRECCION003 conforme ós Estatutos e conforme ós Acordos da CCPP non impugnados, e segundo o que se lle expuxo polo letrado da parte demandante á CCPP nas Xuntas xa que asistiu a todas.
*Propietarios comparecidos: é un elemento común o que hai que reparar non só é obriga dos propietarios.
*Unha das mencionadas pola CCPP: Sentenza da AP de A Coruña sección 4 do 9 de xaneiro de 2024 ( ROJ: SAP C 49/2024 - ECLI:ES:APC:2024:49 ) Sentenza: 2/2024 Recurso: 339/2022, da que é Relatora: MARIA ZULEMA GENTO CASTRO, que di así:
*Sentenza mencionada polos co demandados comparecidos. STS, Civil sección 1 do 23 de xaneiro de 2024 ( ROJ: STS 171/2024 - ECLI:ES:TS:2024:171) Sentenza: 80/2024 Recurso: 5139/2019, da que é Relator: PEDRO JOSE VELA TORRES. Nesta resolución ó Alto Tribunal valora a demanda dun comuneiro que ante a negativa da comunidade de propietarios, reparou a súa terraza de uso privativo que é á vez cuberta do edificio, porque producía continuos danos á vivenda de abaixo por filtracións de auga e reclama agora á comunidade o custo da reparación. En primeira instancia desestimouse a demanda ó considerar que as normas estatutarias atribuían o gasto ó propietario usuario da terraza e non á comunidade, e que o demandante non impugnou o acordo da comunidade que denegou asumir o custo da reparación, que quedou así validado. O recurso de apelación foi desestimado pola AP que considerou que a cuberta dos edificios ten o carácter de elemento común, e que a xurisprudencia recoñeceu que un elemento común por natureza poida verse desafectado, pasando a ser privativo, o que, neste caso, deducíase da declaración de obra nova, que ó describir a edificación, establecía que as terrazas estaban adscritas como anexos inseparables a cada unha das vivendas. Confirmou que, de acordo cos estatutos, os gastos de reparación das terrazas correspondían ós propietarios das vivendas. Interposto recurso de casación estímase ó declarar que as terrazas son elemento común se tamén son cuberta do edificio e a comunidade debe asumir o custo da reparación e a indemnización dos danos e prexuízos que o mal estado da estrutura ou forxado ocasionase aínda que non se impugnase o acordo. E razoa así:
Recóllese na Acta respecto deste punto 4º da orde do día
A partir de aquí, o que resulta das Actas é que se atribúe a responsabilidade ós propietarios polos Acordos da Xunta. E é certo que non son, ou non consta, impugnados polos propios propietarios.
O artigo cuarto do Estatuto atribúe ós propietarios do DIRECCION003:
O perito Sr. Secundino cuxo informe é asumido por todas as partes, incluída a parte non comparecida á vista das Actas, no acto da vista concluíu que non só a falta de mantemento é a causa da filtración polas terrazas.
Así a preguntas da CCPP dixo que o mantemento non foi efectivo para evitar a humidade. Preguntado se o mantemento fose óptimo teríase producido a entrada e auga? Non é o sistema máis adecuado o dar pintura, é posible que os seguise presentando, se non se fai corrección completa a fondo con protección, porque o cloro caucho quedou á vista, iso é pisable. Estas afirmacións, segundo consta no seu informe pericial, teñen lugar porque unha das terrazas, ante as primeiras manifestacións de filtracións e logo das primeiras xuntas neste sentido, procedeu ó pintado da terraza con pintura de cloro caucho. O perito estima que esta labor, sendo de mantemento non sería suficiente, e entende que a labor ten que ser máis profunda. Coherente con iso, a preguntas da parte demandante sostivo que non é posible deslindar responsabilidade por incorrecto mantemento e en que medida teñen razón de ser no paso do tempo no que é o deterioro nos elementos comúns ou construtivos, porque unha cousa encadea a outra. O deterioro débese ós dous factores o paso do tempo e a falta de mantemento.
Sobre o prazo interesado pola parte demandante, dous meses. Tendo en conta que o tipo de obra require de bo tempo, e que este ten lugar, normalmente, no verán, esta ha de ser a data límite, tendo en conta a data dende que a que o arrendatario do local sofre de filtracións.
Vistos os preceptos legais aplicados e os demais de xeneral e pertinente aplicación, pola Autoridade que a esta Xulgadora lle outorgan a Constitución e demais Leis Orgánicas,
Fallo
a)Comunidade de propietarios (CCPP) DIRECCION000, A Coruña, con CIF NUM001 representada pola procuradora Sra. Mosquera Herrero,
b) Sebastián, con DNI NUM002 e Santiaga, con DNI NUM003, representados pola procuradora Sra. Sanmartín Ruzo
c) Fermín, con DNI NUM004 e Blanca, con DNI NUM005, en situación de rebeldía procesual,
En consecuencia,
Todo iso coa imposición das custas procesuais á parte demandada de maneira, igualmente, solidaria.
Notifíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolles saber que na súa contra
Así por esta a miña resolución, que se redacta en galego consonte ó establecido no artigo 3.2 e 3 da Constitución española; no artigo 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril; e nos artigos 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Los interesados quedan informados de que sus datos personales han sido incorporados al fichero de asuntos de esta Oficina Judicial, donde se conservarán con carácter de confidencial, bajo la salvaguarda y responsabilidad de la misma, dónde serán tratados con la máxima diligencia.
Quedan informados de que los datos contenidos en estos documentos son reservados o confidenciales, que el uso que pueda hacerse de los mismos debe quedar exclusivamente circunscrito al ámbito del proceso, que queda prohibida su transmisión o comunicación por cualquier medio o procedimiento y que deben ser tratados exclusivamente para los fines propios de la Administración de justicia.
Los datos personales que las partes conozcan a través del proceso deberán ser tratados por éstas de conformidad con la normativa general de protección de datos. Esta obligación incumbe a los profesionales que representan y asisten a las partes, así como a cualquier otro que intervenga en el procedimiento.
El uso ilegítimo de los mismos, podrá dar lugar a las responsabilidades establecidas legalmente.
En relación con el tratamiento de datos jurisdiccionales, los derechos de información, acceso, rectificación, supresión, oposición y limitación se tramitarán conforme a las normas que resulten de aplicación en el proceso en que los datos fueron recabados. Estos derechos deberán ejercitarse ante el órgano judicial u oficina judicial en el que se tramita el procedimiento, y las peticiones deberán resolverse por quien tenga la competencia atribuida en la normativa orgánica y procesal.
Es responsable del tratamiento de los datos el Letrado de la Administración de Justicia del órgano judicial, cuyos datos de contacto constan en el encabezamiento del documento.
Todo ello conforme a lo previsto en el Reglamento EU 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, en la Ley Orgánica 3/2018, de 6 de diciembre, de protección de datos personales y garantía de los derechos digitales y en el Capítulo I Bis, del Título III del Libro III de la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial.

