Sentencia Civil Audiencia...io de 2003

Última revisión
23/06/2003

Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Rec 3108/ 2002 de 23 de Junio de 2003

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 13 min

Orden: Civil

Fecha: 23 de Junio de 2003

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL


Fundamentos

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCION SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3108/02

Procedimento de Orixen: ORDINARIO 1003/01

Organo de Procedencia: INSTANCIA SEIS DE VIGO

A SECCION SEXTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CON SEDE EN VIGO,

composta polos Iltmos Sres. Maxistrados: D. JAIME CARRERA IBARZABAL, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO E DÑA. MAGDALENA FERNANDEZ SOTO, Pronunciou

NO NOME DO REI

A seguinte

SENTENCIA

En Vigo a Vintitrés de Xuño de dos mil tres.

VISTO en grado de apelación ante a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do Xuicio ordinario 1003/01, procedentes do Xulgado de 1ª Instancia núm. 6 de Vigo, os que correspou o rolo 3108/02, nos que aparece como APELANTE-DEMANDANTE Inocencio Mariano Aurora Y Estefanía representados polo procurador JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO e asistidos do letrado LUIS MIGUEL PEREZ RODRIGUEZ e como APELADO-CODEMANDADO XESTION URBANISTICA PORNTEVEDRA SA. (SURPONSA) representado polo procurador JOSE RAMON CURBERA FERNANDEZ e como APELADOS-CODEMANDADOS Fermín , Rosa VIVIENDAS UNIFAMILIARES Y CONSTRUCCIONES SA. (VIUCONSA) representados pola procuradora PAZ BARRERAS VAZQUEZ e sendo o Maxistrado ponente o Iltmo. Sr. D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

PRIMEIRO.- Polo xulgado de Primeira Instancia Seis de Vigo con data oito de xullo de dous mil dous dictouse sentencia co seguinte fallo:

" Que estimando sólo en parte la demanda promovida por D. Inocencio D. Mariano Dña. Estefanía y Dña. Aurora condeno a D. Fermín a quele abone la suma de 9.665.982 pts.(58.093,72 euros),más los intereses del art. 576 de la LEC, absolviendo a dicho demandado del resto de las pretensiones dirigidas contra él y a Xestur SA. y resto de codemandados de todas con expresa imposición de las costas del juicio a la parte actora.

SEGUNDO.- Contra dita sentencia polo procurador JOSE ANTONIO FANDIÑO CARNERO en representación de Inocencio Estefanía Mariano Y Aurora formulouse recurso de apelación, que foi admitido en ambos efectos consonte ao disposto no artigo 455 da Lei de Axuizamento Civil.

TERCEIRO.- Na tramitación desta instancia cumprironse todalas prescripcións e termos legais.

PRIMEIRO.-A Sala acepta a liña argumental da sentencia apelada, en canto no se opoña á que de seguido se pasa a expor.

Ante todo convén puntualizar que o aquietamento da parte demandada co pronunciamento da sentencia recorrida, relativo a que se le condena a satisfacer á parte actora a suma que nesa resolución se sinala impide a este Tribunal entrar no examen dese pronunciamento.

Feita esa advertencia, escomenzamos por examinar os pedimentos que os actores apelantes fan no suplico da sua demanda, baixo os ordinais 4° (1 e 2 ), e 5° (1 e 2 ).

Neses parágrafos a parte actora ven fomular a pretensión resolutoria: A ) Do contrato de compraventa plasmado na escritura notarial de data 21 de xuño de 1.985, baixo o número de protocolo 1.530, por incumprimento pola respectiva parte demandada, os cónxuxes Fermín e Rosa , de duas condicións, unha, a de non ter pagado o precio estipulado pola venta dos predios, e a outra, por non terse aprobado - dentro do plazo pactado - polo Concello de Nigrán o Estudio de Detalle e Proxecto de Edificación. B ) Do contrato de compraventa da mesma data, co número de protocolo 1.529, subscrito coa demandada, Surponsa, tanto polo incumprimento por esta demandada desa segunda condición, como por non asumir o realizar pola sua conta, e ao seu exclusivo cargo a urbanización do PERI. Co corolario, nos dous casos, de que os demandados restitúan aos actores os fundos, e estes últimos a aquéles a parte do precio xa recibido. E para o caso de que a restitución dos predios resultase xa imposible, instan subsidiariamente que se condene aos demandados a aboar a parte do precio que ainda non pagaron.

Pois ben, o instituto da cousa xulgada impide que se poda entrar a examinar e resolver sobre a resolución das duas compraventas por incumprimento daquela condición, de terse aprobado dentro do plazo pactado o Estudio de Detalle e Proxecto de Edificación polo Concello. En efecto, entre as mesmas partes litigantes xa houbo un pleito anterior, seguido polo Xulgado de Primeira Instancia n° 6 de Vigo baixo o n° 380/89, no que recaíu sentencia o día 21 de decembro de 1.989, á postre firme, na que, no que aquí interesa, declarouse que a condición que estamos agora a discutir, plasmada naquelas escrituras públicas, se tiñan por cumpridas (polo efecto novatorio resultante do acordo plasmado no documento privado de 13 de abril de 1.987 ), e decidiuse, conseguintemente, tanto o rexeitamento da demanda reconvencional de resolución contractual, formulada polos hoxe apelantes, como a virtualidade das obrigas das partes, de pagar e recibir a parte do precio que restaba (folio 252 ).

Por outra banda, a venta plasmada na escritura n° 1.530 non se pode resolver pola causa alegada polos demandantes, de falta de pagamento do precio, dado que, como atinadamente advirte a sentencia apelada, non pode falarse de incumprimento contractual da compradora, por non aboar o precio, cando ese incumprimento - puramente material, pois xurídicamente non pode sosterse que así sexa - trae a sua orixe, precisamente, na negativa da vendedora a recibilo, a pesares de existir xa aquela declaración xudicial firme, que de xeito explícito dispón que "...como consecuencia de lo anteriormente dicho, D. Fermín puede satisfacer el resto del precio pendiente de pago con efectos liberatorios, y los vendedores D. Inocencio y sus hijos antes citados, están obligados a recibirlo, de manera que de no hacerlo llevarse a efecto la consignación... ", consignación esta última que foi logo intentada polos demandados.

Finalmente, a resolución da compraventa plasmada na escritura notarial n° 1.529 pola causa denunciada, de non realizar a parte demandada pola sua exclusiva conta e cargo o PERI, tampouco pode prosperar, pois ademais de non aparecer en absoluto acreditado o incumprimento que invócase, carecería de lexitimación a parte actora para formular esa solicitude (tal como sinala a sentencia apelada ), ao térselle expropiado o fundo n° 1, que se reservaba en propiedade, en virtude de acordo administrativo firme e inatacable.

Non sendo procedente a resolución das compraventas, as peticións, principais e subsidiarias, que nese senso formúlanse non poden ser acollidas.

SEGUNDO.- Baixo os ordinais n°s. 1° e 2° (e en íntima relación o n° 6 ), do suplico da demanda, os demandantes piden - dito resumidamente - que se declare que en virtude da novación operada nas duas compraventas, plasmadas naqueles instrumentos públicos de 21 de xuño de 1.985, polo documento privado de 13 de abril de 1.987, o aproveitamento edificatorio dos actores é de " un 40,80 % sobre a totalidade do polígono de actuación ", e instan igualmente que se declare que esa participación non foi respetada polos demandados compradores.

A sentencia apelada non entra examinar esas pretensións por entender que a parte actora carece de lexitimación, ou mellor dito, perdeu esa lexitimación ao térselle expropiadao - dito tamén de xeito sintético - o predio n° 1.

A Sala non comparte esa argumentación, entendendo, pola contra, que os actores conservan esa lexitimación, ou se se está a preferir, o interés que se invoca, que non desaparece pola expropiación operada. E elo porque ese interés é unha simple e pura consecuencia ou efecto do pactado libremente polas partes litigantes naqueles instrumentos, públicos e privado, de contido puramente civil ou particular, e totalmente alleo e independiente aos simultáneos e postreiros avatares administrativos do acto expropiatorio en particular, e do expedente administrativo urbanizatorio en xeral, que poidesen producirse. Ou dito de outra maneira, unha cousa é a relación xurídica que poida vencellar aos litigantes con terceiros (Xunta de Compensación, Concello de Nigrán... ), e outra moi distinta a relación xurídica creada entre os contendentes entre sí en virtude de contratos puramente privados e civilísticos, instrumentalizados nas escrituras públicas de 21 de xuño de 1.985, e no contrato privado de 13 de abril de 1.987, a vixencia dos cales, coas suas propias consecuencias, ten que perdurar á marxe daquela primeira relación, e con absoluta independencia dela.

Sentado o anterior, e estimando entón o Tribunal a persistencia da lexitimación dos actores respecto dos pedimentos que formular en esencia, que a sua cuota de participación na edificación é de un 40,80 % na totalidade do polígono ), é cuestión distinta que esa pretensión responda ou non ao acordado polas partes, cuestión que ao xuicio desta Sala faise merecente dunha resposta negativa polos seguintes motivos:

En primeiro termo, aceptado, e proclamado xudicialmente, o efecto novatorio puramente modificativo, e non extintivo, que supuso o documento privado de data 13 de abril de 1.987, respecto das escrituras notariais anteriores, debe partirse do criterio, derivado dos postulados de seguridade xurídica e de conservación dos negocios, de estar, en caso de dúbida, á menor modificación, que esixe, en todo caso, unha proba sólida, clara e cabal. E esa carga da proba non foi superada polos actores.

Pénsese que a modificación defendida polos demandantes é esencial, ou de unha importantísima relevancia de orde urbanística, e conseguintemente económica, ao incrementarse moi sensiblemente - de seguirse a tesis dos demandantes - o seu coeficiente de participación na urbanización. E ante esa considerable modificación, non parece tóxico entender que no devandito contrato privado de 13 de abril de 1.987 non se concretara clara e inequívocamente esa alteración.

Pola contra, e en segundo lugar, da lectura dese contrato non se infire en absoluto a versión dos actores. Así cando no mesmo se di que " los aprovechamientos edificatorios en cada una de las parcelas vienen siendo iguales a los que establecía el Estudio de Detalle ", que " los porcentajes se utilizarán para el reparto de cargas y beneficios no previstos ", que " aceptan los aprovechamientos reseñados y que corresponden a cada uno de las parcelas de las que son propietarios ", ou que " de lo que no se manifestara en este documento sigue vigente lo acordado en las escrituras públicas... " (folios 60 e 71 ), o que cabe colexir é precisamente o contrario ao sotido polos demandantes.

E en terceiro e último lugar, non se atopa ningunha xustificación a ese incremento da porcentaxe de participación na edificación dos actores cando é un feito admitido por todo-los contendentes (e así se fixo constar expresamente no contraro privado de 13 de abril de 1.987, no seu Exponendo V, ao folio 69 ), que a consecuencia das modificacións urbanísticas " se incrementan sensiblemente los costes de urbanización ".

En conclusión, a modificación sostida polos demandantes recorrentes carece do suficiente soporte probatorio, e, por ende, as pretensións declarativas dos mesmos non poden acollerse.

TERCEIRO.- A petición que a parte actora fai baixo o n° 3 do suplico da sua demanda tampouco merece coller mellor sorte, sen que sexan necesarios especiais e complexos razoamentos, pois nin se atopa o interés que a parte ten sobre esa declaración, nin menos ainda que algún dos litigantes demandados teñan amosado unha postura de contradicción ou opositora a ese suposto interés.

CUARTO.- Resta finalmente por examinar o último pedimento de fondo dos actores.

Interesan os demandantes que se declare que non procede descontar do xustiprecio do predio n° 1, da sua propiedade, os gastos de urbanización correspondentes ao devandito fundo, de 24.4000.945 pesetas. Ou o que é igual, estiman que eses gastos, como os de toda a urbanización, son de conta da codemandada, Surponsa, hoxe Xestur Pontevedra, S. A..

Salvado o escollo da falta de acción ou de lexitimación, tal como xa se sinalou no fundamento xurídico segundo da sentencia que se está dictar, a pretensión deducida leva ineludiblemente a interpretar os contratos das partes litigantes, plasmados nos tan repetidos instrumentos, público e privado. É decir, e pactándose inicialmente na escritura notarial de 21 de xuño de 1.985, n° de protocolo 1.529, que eses gastos eran na sua totalidade de conta da demandada, Surponsa (cláusula terceira a., ao folio 53 volto ), resta por examinar se a vontade dos contratantes foi a de modificar ou non ese acordo a traverso do documento privado de 13 de abril de 1.987.

Para elo é esencial e determinante a cláusula segunda deste último documento, que literalmente di que " los costes de urbanización que representan modificaciones del exponente IV serán costeadas - sic - proporcionalmente a los aprovechamientos de cada una de las parcelas en conjunto... ", folio 70 ). E nese exponente IV cítase na sua letra b ), como unha das modificacións do Estudio de Detalle inicial, que ven afectar ao predio n° 1, que lle correspondía en propiedade, a " ampliación del vial que rodea a la parcela n° 1, que pasa de 7 metros a 12 metros " (folio 68 ).

E esa cláusula ter que poñerse en relación coa primitiva cláusula terceira, letra b ), recollida na escritura notarial de 21 de xuño de 1.985, n° de protocolo 1.529 (folio 43 volto ), na que tamén literalmente se establecía que " Surponsa, S. A., se obliga a urbanizar, por su cuenta y a sua costa, totalmente la FINCA NÚMERO UNO DEL POLÍGONO... ".

E unha interpretación sistemática desas duas cláusulas, e partindo do criterio, xa sinalado, de que en todo acordo novatorio debe estarse, en caso de dúbida, ao menor alcance modificativo, conduce ao entendimento de que, por unha banda, sigue vixente o acordo primitivo, de que os gastos de urbanización do fundo n° 1 son de conta da demandada, Surponsa, S. A., e que por outra, e téndose alterado o vial dese predio, dándoselle maoir largura, os gastos desa ampliación deben " ser custeados proporcionalmente aos aproveitamentos de cada un dos predios en conxunto ", tal como disponse na específica e posterior cláusula segunda do documento de 13 de abril de 1.987. Acolléndose entón neste punto parcialmente o recurso formulado.

QUINTO.- A acollida parcial do recurso e da demanda, engadido elo á complexidade xurídica e probatoria observadas, complexidade en grande medida derivada da falta de precisión e claridade dos distintos acordos alcanzados polas partes contratantes, levan a non facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias (art°s. 394 e 398 da L. A. C. ).

Por todo o exposto, e pola Autoridade que a este Tribunal outorgan a Constitución e o Povo españois,

Que acollemos o recurso de apelación formulado por Inocencio Mariano , Estefanía e Aurora contra da sentencia dictada polo xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo o día oito de xullo de dous mil dous no único extremo de declarar que do xustiprecio do predio n° 1, propiedade doa actores, descontarase tan só os gastos de urbanización derivados da ampliación do vial de 7 metros a 12 metros de largura, gastos desa ampliación que corresponden nun 40,80 por cento aos demandantes. Todo elo sen facer unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das duas instancias.

Ésta é a nosa sentencia, que asinamos, e que redáctase en galego consonte ao establecido no art° 5.1.,2 e 3 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, de 8 de abril; e art°s 1,2,6,3, e 7.2.e da Lei 3/1983, de 15 de Xuño, da Comunidad Autónoma de Galicia, de Normalización Lingüística.

Notifíquese as partes facendolles saber que contra a presente non cabe recurso ordinario ningún.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.