Última revisión
18/02/2014
Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 403/2013 de 04 de Noviembre de 2013
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 04 de Noviembre de 2013
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Núm. Cendoj: 36057370062013100746
Resumen:
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES
Encabezamiento
Resumen:
CUMPLIMIENTO OBLIGACIONES
Idioma:
Gallego
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00716/2013
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2012 0011911
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000403 /2013 B
Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 12 de VIGO
Procedimiento de origen: FAML.GUARD,CUSTDO ALI.HIJ ME NO R NO MATRI NO C 0001045 /2012
Apelante: José
Procurador: ROSARIO DIAZ MOURE
Abogado: JOSE MANUEL OTERO RODRIGUEZ
Apelado: MINISTERIO FISCAL, Esmeralda
Procurador: JOSE FRANCISCO VAQUERO ALONSO
Abogado: MARIA JOSEFA FERNANDEZ FERNANDEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados , D Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo eD. Eugenio Francisco Míguez Tabarés pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 716/13
Vigo, catro de novembro de dous mil trece.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo More Uxorio 1045/12 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 12 de Vigo ós que correspondeu o rolo 403/13, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª José , representada de oficio polo/a procurador/a D./D.ª ROSARIO DÍAZ MOURE e asistida de oficio do/da letrado/a D./D.ª JOSE MANUEL OTERO RODRÍGUEZ, e como parte contra da que se apela e demandante D./D.ª Esmeralda , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE FRANCICO VAQUERO ALONSO e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª JOSEFA FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, sendo parte nesta apelación o MINISTERIO FISCAL .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 12 de Vigo, con data do 28 de febreiro de 2013, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que estimando la demanda interpuesta por la representación procesal de Esmeralda freten a José , declaro procedentes las siguientes medidas, ASÍ: Se atribuye la guarda y custodia de la menor Lucía a su madre; siendo compartida la patria potestad entre ambos progenitores.Se establece el siguiente régimen de visitas paternofilial: Fines de semana alternos, desde el viernes por la parte, con recogida en la parada del autobús en Ramallosa, hasta el domingo a las 20 h., en que la menor será llevada al domicilio de su madre.
Días intersemanales, martes y jueves, con recogida de la menor, por la tarde, en la parada del bus en Ramallosa hasta las 20 h. en que será devuelta al domicilio de la madre.
La mitad de las vacaciones de Navidad, Semana Santa y Verano; correspondiendo a la madre la primera mitad en los años pares y la segunda en los impares y al padre a la inversa; con las siguientes puntualizaciones.
La recogida del menor será a las 11h. del primer día de vacaciones y finalizará a las 11h. del último día de vacaciones.
En las vacaciones de navidad, en todo caso, el primer periodo corresponderá Nochebuena y Navidad y el segundo fin de año y Reyes.
En las vacaciones escolares de verano corresponderá a la madre el mes de julio y al padre el mes de agosto en los años pares y a la madre el mes de agosto y al padre el de julio en los años impares.
Ambos padres podrán comunicarse con su hija telefónica o informáticamente con libertad, respetando el horario del menor.
Todo ello se llevará a cabo dentro de criterios de flexibilidad y acuerdos que lleguen los padres, atendiendo siempre prioritariamente le interés de Lucía.
Se fija en concepto de pensión de alimentos a favor de Lucía y a cargo del padre, José , la cantidad de 100 euros mensuales hasta el mes de agosto, a partir de esa fecha y hasta que no tenga un trabajo remunerado, la de 150 euros mensuales, a ingresar en los cinco primeros días de cada mes en la cuenta bancaria que designe Esmeralda , con actualización anual de coformidad al IPC.
Los padres abonarán por mitad los gastos extraordinarios que genere su hija.
En el plazo de dos días a partir de la notificación de ésta sentencia, José devolverá a Esmeralda los siguientes enseres: estufa de leña de hierro fundido modelo Parlor, cama de matrimonio con canapé, cama completa y armario de la hija, placa vitrocerámica, horno de teka, campana extractora de teka, frigorífico -Combi Teka. Para dicha devolución, el demandado permitirá el acceso a la actora a su vivienda, donde se encuentran dichos enseres.
Todo ello sin especial declaración en cuanto a las costas causadas.' Con data do 8 de marzo de 2013, ditou un Auto Aclaratorio coa seguinte parte dispositiva: 'Acuerdo: ACLARAR la SenTencia dictada con fecha 28 de febrero, en los siguientes términos, donde dice : ' párrafo/s sexto del fundamento de Derecho Sexto : por todo lo expuesto, entiendo ajustado que José , mientras no tenga un trabajo remunerado, abone en concepto de pensión alimenticia para su hija el mínimo vital de 100 euros mensuales hasta que finalice, el próximo mes de agosto, el pago del préstamo bancario que, con la actora, concertó con NovaCaixaGalicia Banco. A partir de dicha fecha, abonará la cantidad de 150 euros al mes. Y en la parte dispositiva : Se fija en concepto de pensión de alimentos a favor de Lucía y a cargo del padre, José , la cantidad de 100 euros mensuales hasta el mes de agosto, a partir de esa fecha y hasta que no tenga un trabajo remunerado, la de 150 euros mensuales, a ingresar en los cinco primeros días de cada mes en la cuenta bancaria que designe Esmeralda , con actualización anual de conformidad al IPC.', DEBE DECIR : párrafo/s sexto del Fundamento de Derecho Sexto : Por todo lo expuesto, entiendo ajustado que José , mientras no tenga un trabajo remunerado, abone en concepto de pensión alimenticia para su hija al mínimo vital del 100 euros mensuales hasta que finalice, el próximo mes de mayo, el pago del préstamo bancario, que con la actora, concertó con NovaCaixaGalicia Banco. A partir de dicha fecha, abonará la cantidad de 150 euros al mes. Y en la parte dispositiva : Se fija en concepto de pensión de alimentos a favor de Lucía y a cargo del padre, José , la cantidad de 100 euros mensuales hasta el mes de mayo, a partir de esa fecha y hasta que no tenga un trabajo remunerado, la de 150 euros mensuales, a ingresar en los cinco primero días de cada mes en la cuenta bancaria que designe Esmeralda , con actualización anual de conformidad del IPC.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª Rosario Díaz Moure, en representación de D./D.ª José , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 31 de outubro de 2013.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : O demandado apela a sentenza ditada en primeira instancia interesando, en primeiro termo, que se decrete a nulidade de actuacións e a devolución da causa ao Xulgado, para que proceda resolver sobre a petición da custodia -exclusiva- da filla, que solicitou na primeira instancia, imputando, en definitiva, a aquela resolución o vicio de incongruencia omisiva.A petición da parte non pode acollerse polas seguintes razóns: A) Porque para salvar o defecto apuntado dispoñen as partes litigantes da solución procesual do complemento das sentenzas, sancionada polo artigo 215 da L. A. C., da que non se fixo uso. B) Porque a omisión pode ser colmada na segunda instancia a través do pertinente recurso de apelación, no que, o Tribunal de apelación, se estima efectivamente vulnerada a normativa reguladora das sentenzas, poiderá facer a correspondente declaración nese sentido, e deberá remediar a infracción cometida, completando, no seu caso, a carencia observada na sentenza recurrida sen que, contrariamente, caiba hoxe a devolución do preito ó Xulgado para que resolva a esas fins, de conformidade co disposto no artigo 465. 2. da L. A. C.
Segundo : O demandado recurrente remítese no recurso ao suplicado no escrito de contestación á demanda, no que, pola remisión, a súa vez, ao feito cuarto deste último escrito, solicitaba a custodia - exclusiva para el- da filla, Lucía. A controversia desta alzada sobre a cerna do asunto queda así circunscrita a ese extremo, se a custodia da menor debe concederse á nai ou ao pai. Pois ben, este Tribunal, despois de revisar de xeito coherente, crítico e polo miudo as probanzas achegadas aos autos, acorda manter a medida da custodia materna, establecida pola sentenza recurrida, tomando sempre como Norte obrigado o ben da menor, fin fundamental a preservar. E as razóns desa decisión, esencialmente coincidentes coas daquela sentenza, son as que deseguido reseñamos. E é que, sen descoñecer a boa relación da menor cos dous proxenitores, e que os mesmos poiderían inicialmente asumir as obrigas inherentes á garda e custodia en semellantes termos e resultados, existen determinados factores que fan inclinarmos hacia á nai.
En primeiro termo, e malia que atopámonos ante unha nena de soamente once anos de idade, a mesma foi explorada, e manifestou que quería quedar coa nai, sen prexuizo de ver naturalmente ao pai, engade. Os desexos da menor deben respectarse se os demáis datos apoian ese posicionamento, como así ocurre.
En efecto, e en segundo lugar, a filla goza dunha situación estable e moi satisfactoria, tanto no aspecto afectivo e de comunicación co seu contorno, como nas vertentes de estudos e actividades extraescolares, sendo preciso conservar a toda costa esa favorable coxuntura, que poidería verse prexudicada co cambio de custodia, propugnado polo pai apelante.
Por último, ven existindo un apoio da familia materna nas tarefas afectantes á menor, que non observamos con tanta intensidade por parte da familia paterna, máis alonxada xeográficamente, por outra banda, da filla. As dificultades, entón, que poider xurxir sobre a atención da menor, derivadas do traballo da nai, ademáis de ser as comúns que se prantexan nestes casos, son perfectamente superables, recurrindo, precisamente, a aquel soporte da familia materna.
En definitiva, razóns de seguridade no ben da menor aconsellan a atribución da custodia á nai, medida, polo demáis, en grande medida compatíbel dos desexos, respectables e plausibles, do pai, ao establecerse ao seu favor un amplísimo réxime de comunicación coa filla.
O recurso non se acepta.
Terceiro : A natureza da cuestión debatida, sumada ás dúbidas serias que se nos presentaron sobre tal cuestión, aconsellna que non fagamos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. José representado pola Procuradora Sra. Díaz Moure contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 12 de Vigo o día 28 de febreiro de 2013, sen facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais desta alzada.Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN : Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
NOTA INFORMATIVA : Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANESTO, na conta deste expediente 0915000012040313.
