Última revisión
18/02/2014
Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 453/2012 de 22 de Noviembre de 2013
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Tiempo de lectura: 9 min
Orden: Civil
Fecha: 22 de Noviembre de 2013
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Núm. Cendoj: 36057370062013100708
Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL
Encabezamiento
Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL
Idioma:
Gallego
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00764/2013
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
-
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2011 0008444
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000453 /2012 B
Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 11 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000529 /2011
Apelante: Gabriela
Procurador: LUIS CESAR TORRES GOBERNA
Abogado: MARIA DE LOS ANGELES GARCIA-PAZ PEREIRA
Apelado: MUTUA MADRILEÑA AUTOMOVILISTICA CIA
Procurador: MARIA JOSE TORO RODRIGUEZ
Abogado: CELSO CENDON GONZALEZ
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, D. Julio Picatoste Bobillo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 764/13
Vigo, vinte e dous de novembro de dous mil trece.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo ordinario 529/11 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 11 de Vigo ós que correspondeu o rolo 453/12, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Gabriela , representada polo/a procurador/a D./D.ª LUIS CESAR TORRES GOBERNA e asistida do/da letrado/a D./D.ª Mª ANGELES GARCÍA-PAZ PEREIRA, e como parte contra da que se apela e demandada MUTUA MADRILEÑA, representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª JOSÉ TORO RODRÍGUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CELSO CENDÓN GONZÁLEZ .
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 11 de Vigo, con data do 6 de marzo de 2012, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que ESTIMANDO parcialmente la demanda interpuesta por Gabriela contra la entidad aseguradora MUTUA MADRILEÑA, DEBO CONDENAR Y CONDENO a la entidad demandada a abonar a la actora la cantidad 764,63 ?, más los intereses del art. 20 LCS .Sin condena en costas.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª LUIS CESAR TORRES GOBERNA, en representación de D./D.ª Gabriela , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).
Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 21 de novembro de 2013.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro : Os motivos de discrepancia da actora apelante coa sentenza ditada en primeira instancia se concretan nos extremos seguintes: A) Non outorgamento dos oitenta días de curación, non impeditivos, a máis dos oitenta e dous xa recoñecidos. B) Non outorgamento do factor correitor do 10% polos días de baixa non impeditivos. C) Aplicación das contías do Baremo para o ano 2010, en lugar do correpondente á alta por curación, que se produciría no ano seguinte. D) Exclusión de determinados gastos. E) A non aplicación dos xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro á suma coa que a aseguradora amosou conformidade. F) A non imposición das custas procesuais a esta última. Motivos que procedemos examinar coa necesaria separación.Segundo : A decisión da primeira cuestión pasa lóxicamente pola determinanción do día da estabilidade lesional, é dicir, do intre a partir do cal xa non se poide conseguir unha melloría no estado do lesionado calquera que sexa o tratamento -mesmo rehabilitador- que se lle aplique. E sobre este punto existe diverxencia ou contradicción entre, por unha parte, o Dr. Jose Francisco , que foi proposto como testemuña pola parte demandante, e o Dr. Jesús Ángel , que informou como perito a instancia da aseguradora demandada. Pois ben, este Tribunal de apelación, despois de revisar estas dúas probanzas, en unión coa proba documental achegada á causa, acorda acoller -parcialmente- o motivo do recurso, dando maior valor probatorio ás manifestacións do primeiro Doctor. fronte aos do segundo, o que resulta, polo demáis prefectamente viable dende un punto de vista xurídico, dado o postulado de libre valoración da proba, e que non existe, en fin, unha prioridade da proba pericial sobre as probas testemuñal e documental, máxime se esta testemuña ten a mesma titulación de Médico e resulta presumible que teña semellantes coñecementos técnicos que aquel perito. E damos maior alcance probatorio ao relato do Doctor Jose Francisco que ao Doctor Jesús Ángel polas seguintes e ponderadas razóns: A) A primeira, porque o Doctor Jose Francisco foi o que tratou médicamente á lesionada, seguindo todo o seu proceso curativo ata que lle deu a alta definitiva, observándoa en moitas ocasións, contrariamente ao perito, Doctor Jesús Ángel , que auscultou á paciente tres veces soamente. B) Porque este último recoñece nas súas declaracións que el non fixo todas esas consultas, pois ten 'axudantes'. C) Porque non examinou á lesionada despois da última ocasión, o 30 de novembro de 2010, polo que moi mal pode ditaminar que non houbo melloría a partir desta última data, ao faltarlle o elemento comparativo do estado curativo posterior a aquel día. D) Derradeiramente, porque o Doctor Jose Francisco fai un relato máis coherente e polo miúdo, e con máis achegamento de datos e razóns de ciencia, fronte ao Doctor Jesús Ángel , máis escueto, escaso e ambiguo na expresión de explicacións no seu discurso.
Pois ben, tomando como punto de partida as declaracións do Doctor Jose Francisco , declaracións polo demáis refrendadas polos varios partes médicos de seguimento achegados á lite, e expresivos dos exames que periódicamente se foron practicando á lesionada por referido Doctor (en recoñecementos aproximadamente mensuais), debemos estimar que a través do tratamento farmacolóxico e rehabilitador que seguíse baixo as prescipcións dese Médico a partir do mes de novembro de 2010, logrouse unha melloría no estado de saúde, melloría que exclúe a tese da parte hoxe apelada (e da sentenza de primeira instancia), de que a curación acadouse o 30 dese mes e ano. Conclusións daquel Doctor que aparecen corroboradas polos partes médicos, nos que se describe, efectivamente, a melloría expresada, e moi concretamente que mellorou os niveis de movimento (sen dor) da extremidade lesionada. Sen embargo, dado que no parte de data 12 e xaneiro de 2011 (folio 19), xa se indica ou fala de melloría 'escasa', sen que, por último, existan novos partes expresivos dunha mellora efectiva, postreira a esa data, nela reseñamos o intre de curación definitiva por estabilidade das lesións. Conseguintemente, se engaden como días de curación non impeditivos outros corenta e tres.
Terceiro : A sentenza de primeira instancia non aplica o factor corrector, do dez por cento, aos días de curación non impeditivos. O motivo do recurso sobre este extremo se acolle, dado que como a lei non fai distinción entre días impeditivos e sen impedimento para traballar, para aplicar ese factor corrector, tampouo o órgano xudicial debe facer ese distingo.
Cuarto : Igualmente procede estimar o outro motivo da apelación, referido ao baremo a aplicar, pois se a alta definitiva sitúase no ano 2011, a este ano temos que estar. Por conseguinte, as sumas devengadas son a de 3.039,85 euros por días de curación con impedimento, e 3.718,75 polos días restantes, non impeditivos. Total 6.758,70 que mais o factor corrector do dez por cento lévanos á cifra definitiva de 7.434,57 euros a pagar polo concepto reseñado.
Quinto : É certo e o damos por acreditado que a lesionada fixo fronte co seu peculio particular aos gastos de rehabilitación, máis como reduce a reclamación aos últimos vinte días anteriores á alta definitiva, e eses últimos días se exclúen do proceso curativo, tal como quedou sentado, a petición non pode ser atendida.
Sexto : Leva razón a parte recurrente respecto dos xuros a devengar pola cantidade consignada. E é que: A) Non existía causa para oporse ao pagamento, alomenos por esa suma, dada, en último termo, a clara e indiscutida responsabilidade no sinistro do seu asegurado. B) De considerar que a parte prexudicada reclamaba máis do adebedado, debeu acudir a demandada ao procedimento de suficiencia, para que polo órgano xudicial se determinase a suma a consignar ou satisfacer, e non o fixo.
En resumo, as cantidades a pagar son a de 7.434,57 euros por días de curación, 2.597,43 euros por secuelas (dacordo co baremo, amén, do 2011, e incluido o factor corrector), e 294,92 euros por gastos, o que fai o total de 10.326,92 euros.
Sétimo :7) A estimación parcial do recurso e da demanda conduce a non facermos unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias (artigos 394 e 398 da L. A. C.).
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que con acollida parcial do recursro de apelacion e da demanda formulados por Dª Gabriela representada polo Procurador Sr. Torres Goberna condenamos á demandada MUTUA MADRILEÑA á que satisfaga á demandante a suma de 2.661,38 euros, cos xuros establecidos no artigo veinte da Lei de contrato de seguro , que devengaranse para a suma de 7.665,54 euros ata a data da consignación realizada o día 11 de novembro de 2011, e para a cantidade restante ata o completo pagamento. Non se fai unha especial declaración sobre as custas procesuais de ningunha das dúas instancias.Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN : Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Conforme á D.A. Décimo quinta da L.O.P.J ., para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no BANESTO, na conta deste expediente 0915000012045312.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
