Última revisión
09/04/2014
Sentencia Civil Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 713/2012 de 24 de Enero de 2014
nuevo
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Texto
Relacionados:
Voces
Jurisprudencia
Prácticos
Formularios
Resoluciones
Temas
Legislación
Tiempo de lectura: 6 min
Orden: Civil
Fecha: 24 de Enero de 2014
Tribunal: AP - Pontevedra
Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL
Núm. Cendoj: 36057370062014100041
Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL
Encabezamiento
Resumen:
RESPONSABILIDAD EXTRACONTRACTUAL
Idioma:
Gallego
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6
PONTEVEDRA
SENTENCIA: 00036/2014
AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6 de PONTEVEDRA
N01250
C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO
Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387
N.I.G. 36057 42 1 2011 0002392
ROLLO: RECURSO DE APELACION (LECN) 0000713 /2012 B
Juzgado de procedencia: XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 8 de VIGO
Procedimiento de origen: PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000155 /2011
Apelante: Carlos Miguel
Procurador: MARIA ROSA MARQUINA TESOURO
Abogado: ANA BELEN GARCIA CAMPELO
Apelado: JOMERO, S.L.
Procurador: ANA MARIA PAZO IRAZU
Abogado: JAVIER LOIS BASTIDA
A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados , D. Jaime Carrera Ibarzábal, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Julio Picatoste Bobillo, pronunciou
NO NOME DO REI
a seguinte
SENTENZA Nº 36/14
Vigo, vinte e catro de xaneiro de dous mil catorce.
VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 155/11 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 8 de Vigo ós que correspondeu o rolo 713/12, nos que aparece como parte apelante e demandado D./D.ª Carlos Miguel , representada polo/a procurador/a D./D.ª ROSA MARQUINA TESOURO e asistida do/da letrado/a D./D.ª ANA B. GARCÍA CAMPELO, e como parte contra da que se apela e demandante JOMERO S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª ANA PAZO IRAZU e asistida do/da letrado/a D./D.ª JAVIER LOIS BASTIDA.
É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.
Antecedentes
Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 8 de Vigo, con data do 24 de maio de 2012, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva: 'Que estimando la demanda formulada en autos de juicio ordinario nº 155/2009 (dimanante de Monitorio) por la Procuradora Doña Ana Pazo Irazu, en nombre y representación de 'JOMERO, S.L.', contra Don Carlos Miguel , sobre incumplimiento contractual, debo condenar y condeno al demandado a abonar a la actora la cantidad de SEIS MIL TRESCIENTOS NO VENTA Y SIETE EUROS CON CUARENTA Y CINCO CENTIMOS (6.397,45 euros), incrementada con el interés legal del art. 7.2 de la Ley 3/2004, de 29 de diciembre , desde la fecha del requerimiento de pago en el proceso monitorio, con condena en costas de la parte demandada.' Segundo: Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª ROSA MARQUINA TESOURO, en representación de D./D.ª Carlos Miguel , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 23 de xaneiro de 2014.
Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.
Fundamentos
Primeiro: Os distintos motivos de discrepancia do demandado recurrente coa sentenza de primeira instancia, que estima integramente a demanda, deben rexeitarse sen paliativos pois: A) Os vicios que invoca o apelante para exonerarse do pagamento da débeda, ademáis de non cubrir mínimamente o importe desa débeda, nin ser denunciados oportunamente, ao tempo da entrega dos materiais nin ningún intre posterior, ata a contestación á presente demanda, non aparecen en absoluto acreditados. Contrariamente, a proba testemuñal ofrecida, e non desvirtuada, descartan os vicios apuntados. B) As partidas que se din non subministradas, e incluidas na factura NUM000 , polo montante de 177,37 euros tan só (fronte aos máis de seis mil euros reclamados), aparecen amparadas, por unha banda, polos albaráns que obran aos folios 41 e 50 e, en último termo, pola propiedade. C) Non atopamos o erro de suma que se di. Pola contra, as facturas de lite, números NUM001 , NUM002 , NUM000 , NUM003 e NUM004 suman exactamente os 6.397,43 euros obxecto da reclamación (441,43+262,44+4.634,08+332,43+727,07). E tendo sumado a Sala todas as partidas da factura número NUM000 , non atopamos a diferenza de 177,37 euros reseñada. D) En definitiva, a débeda e o seu quantum aparecen xustificados dabondo, tanto polas facturas e albaráns, debidamente contrastados pola proba testemuñal e contabilidade da empresa actora, como, ao carón deses instrumentos de proba, por dous feitos indiciarios como son, por unha banda, as tres obrigas de pagamento achegadas aos autos, que malia que non asinadas, foron libradas pola parte demandada e entregadas á demandante -entrega recoñecida por aquela primeira-, e por outra, pola oposición, ambigua, vaga e, en fin, xurídicamente inadmisibel, do demandado ao anterior proceso monitorio, alegando sen máis concreción 'pluspetición e a improcedencia da reclamación...'.Segundo: As custas procesuais desta alzada deben imporse ao recurrente, non só por aplicación do criterio obxectivo do vencimento, que nesta materia establece o artigo 398, en relación co artigo 394, ambos da L. A. C., senón tamén porque observamos coa formulación do recurso unha evidente finalidade dilatoria de cumprir as súas obrigas para coa demandante.
Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,
Fallo
Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por D. Carlos Miguel representado pola Procuradora Sra. Marquina Tesouro contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 8 de Vigo o día 24 de maio de 2012, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte epelante.Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.
Notifíqueselles ás partes a presente resolución.
MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interponer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguirntes a súa notifiacción na forma establecido no artº 479 da LAC.
Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.
