Última revisión
25/02/2026
Sentencia Civil 552/2025 Audiencia Provincial Civil de Pontevedra nº 3, Rec. 197/2024 de 17 de noviembre del 2025
Relacionados:
Tiempo de lectura: 40 min
Orden: Civil
Fecha: 17 de Noviembre de 2025
Tribunal: Audiencia Provincial Civil nº 3
Ponente: IGNACIO DE FRIAS CONDE
Nº de sentencia: 552/2025
Núm. Cendoj: 36038370032025100553
Núm. Ecli: ES:APPO:2025:3017
Núm. Roj: SAP PO 3017:2025
Encabezamiento
Modelo: N10250 SENTENCIA
CALLE ROSALIA DE CASTRO Nº 5 - 2º DCHA.
Equipo/usuario: MI
Recurrente: DIRECCION000
Procurador: JOSE LUIS GOMEZ FEIJOO
Abogado: FRANCISCO JAVIER ORBAIZ PICOS
Recurrido: MI CASA CONSTRUCCION Y REHABILITACION SL
Procurador: SUSANA SANCHEZ BARREIRO
Abogado: FRANCISCO JAVIER RIAL LAVIA
Cuenta Depósitos y Consignaciones en entidad BANCO SANTANDER.
Cuenta Expediente:
Beneficiario: AUD.PROVINCIAL SECCION N. 3 DE PONTEVEDRA
Para ingresos por transferencia IBAN: ES55 0049 3569 9200 0500 1274. Concepto:
Pontevedra, 17 de novembro de 2025
Foron vistos en grao de apelación ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de
É o maxistrado relator don
Antecedentes
Con data do 12 de xaneiro de 2024 pronunciouse un auto aclaratorio da sentenza, cuxa parte dispositiva di:
Fundamentos
Nesta, no que á demanda respecta, por unha banda entendíase acreditada a execución dos traballos cuxo importe se reclama, con excepción da instalación de estadas colgantes, porque non foron montadas finalmente, e da partida de estadas para canlón, porque pagou a demandada directamente ao operario; e, por outra banda, non se entendía acreditado que estivesen mal executados. En relación coa reconvención, considera o xulgador que non se pode reclamar o prezo de montaxe das súas propias estadas, pois, debido a que a demandante non instalou as estadas colgantes, exclúese o seu dereito a cobrar o prezo pactado no contrato por isto, polo que non existe prexuízo para a demandada reconveniente; que non existe proba da rotura de tellas; e que os danos e perdas derivados da entrada de auga nun dos pisos que se estaban a reparar non xerou aínda prexuízo ningún á reconveniente, pois nin tivo que facer fronte a pagamento ningún polo dito concepto, nin se declarou a súa responsabilidade por tales danos.
Estamos ante un recurso de apelación en que se mesturan discrepancias coa valoración da proba efectuada na instancia con críticas infundadas ao labor do xulgador de instancia, nun ton que excede o lexítimo dereito de defensa da parte, e centradas fundamentalmente na motivación da sentenza, insinuando que existe ausencia de motivación, pero sen solicitar a nulidade da sentenza por tal razón. Calquera lector desapaixonado da sentenza pode comprobar que está exhaustivamente motivada, e que o que a parte apelante expresa son discrepancias co razoado e resolto polo xulgador. A alegación de falta de motivación carece de sustento ningún, o que, unido á ausencia da petición coherente coa alegación de falta de motivación, que sería a nulidade da sentenza, determina que non volvamos facer referencia á cuestión, limitándonos a abordar as discrepancias expostas no recurso co razoado na instancia.
Practicamente a totalidade do recurso xira ao redor do erro na valoración da proba en que, a xuízo da apelante, incorreu o xulgador de instancia. A este respecto, a STS do 4 de abril de 2015 establece:
Ao noso xuízo, na sentenza valóranse correctamente as probas documental, pericial e testemuñal practicadas e alcánzanse as conclusións que antes expuxemos, con razoamentos que compartimos e que non poden ser substituídos polas subxectivas afirmacións que efectúa a parte recorrente.
A apelante expresa, en primeiro lugar, as súas discrepancias coa seguinte afirmación do xulgador de instancia:
Alega a apelante que non se pode dar tal asunto por certo, senón que isto é o que plasmaron as partes no contrato, e que o xulgador está a dalo por feito, pero, no momento de perfección do contrato, a apelante nin tiña un guindastre montado, nin outras estadas, polo que se trata de meras "posibilidades", que non foron probadas.
A alegación non se sostén. O xulgador obtén unha conclusión razoable dos termos do contrato. A apelante discrepa, pero non expón os medios de proba que permitirían acadar unha conclusión contraria, isto é, que, malia os termos do contrato, a apelante non tiña instalados nin un guindastre nin outras estadas.
A alegación é completamente infundada. Malia o afirmado, na exposición de feitos da contestación non se fai sequera remisión ao informe pericial respecto aos defectos. Compartimos co xulgador de instancia que resulta necesaria unha exposición, sequera sexa sucinta, dos diversos defectos da obra que xustifican a invocación da excepción. E non entendemos as queixas da parte apelante cando, pese á incompleta redacción da súa contestación, o xulgador, xenerosamente, presume que existe unha remisión tácita ao informe pericial, e procede a abordar a alegación.
A Sala comparte e asume as acertadas consideracións do xulgador de instancia sobre o ditame pericial:
Chama a atención a exacerbada queixa da parte apelante pola remisión do xulgador aos parágrafos resaltados na contestación á reconvención, cando na súa contestación á demanda nin sequera se expresou tal remisión ao seu ditame pericial. En todo caso, non nega a realidade das referidas expresións, nin argumenta en contra delas. Expoñemos, a seguir, algunhas delas que permiten constatar a parcialidade e a falta de rigor do perito, que incluso inclúe afirmacións propias da proba testemuñal e que non pode coñecer como perito, e realiza tarefas de contraalegación propias da función do letrado, e incluso en ocasións se converte en xuíz:
Malia iso, a apelante realiza unha esaxerada, inxusta e infundada crítica ao xulgador, impropia dun escrito forense, que nin sequera contén razoamento ningún que desvirtúe o razoado por aquel.
Alega a apelante que o perito non foi obxecto de tacha. Porén, isto non implica que o xulgador non deba valorar o ditame consonte as regras da sa crítica, como esixe o artigo 348 da LAC, o que comprende valorar a razón de ciencia das conclusións do perito e calquera circunstancia derivada do seu ditame que afecte á súa credibilidade.
Estamos ante alegacións novas non introducidas en forma na contestación á demanda, onde nada se dicía sobre este concreto prexuízo por percibir menos do pactado, nin tampouco nas alegacións complementarias na audiencia previa, polo que se incorreu en
Debe lembrarse que a configuración do recurso de apelación, aínda que permite ao tribunal de segunda instancia coñecer na súa integridade do proceso, impide a formulación na alzada de cuestións que non fosen oportunamente suscitadas na instancia. Así se infire do establecido no artigo 456 da LAC, que vincula claramente o recurso aos
Neste senso, a STS do 18 de decembro de 2014 (ROJ: STS 5727/2014) indica:
Así as cousas, non se pode revisar o criterio xudicial plasmado na sentenza de primeira instancia baseándose en cuestións non esgrimidas nin na contestación á demanda, nin no trámite de alegacións complementarias na audiencia previa.
Isto debe poñerse en conexión coas discrepancias que, a continuación, se expresan sobre as valoracións do xulgador da proba testemuñal, indicando que
Comezando pola referencia á ausencia de perfís, debemos indicar que estamos outra vez ante alegacións novas non introducidas en forma na contestación á demanda, na cal nada se dicía ao respecto, nin tampouco nas alegacións complementarias na audiencia previa, polo que tampouco se podería examinar nesta segunda instancia.
Só se se entende, de forma xenerosa, que o contido do ditame pericial integra os feitos da demanda, malia a ausencia dunha remisión específica a aquel, podería abordarse tal cuestión.
Pero, neste caso, debemos lembrar que, polas razóns anteriormente expostas, a proba pericial non é de utilidade, polo que cómpre aterse ao resto da proba practicada, sen que indique en todo caso a apelante cales son os medios probatorios que permiten chegar a conclusións contrarias ás alcanzadas polo xulgador de instancia, compartindo a Sala a valoración da proba testemuñal efectuada por este:
Aínda que a apelante o ignore no recurso, na sentenza explícase con claridade por que a declaración do Sr. Carlos non resulta proba suficiente para acreditar os defectos, dado o seu interese no litixio pola súa condición de socio da entidade apelante. É máis, entendemos que, pola dita condición de socio, formaba parte da entidade, polo que a súa declaración no proceso só se podía producir por vía de interrogatorio de parte, a teor do establecido no artigo 309.1 da LAC, e, xa que logo, só a instancias da parte contraria (art. 301 da LAC), e non por vía da proba testemuñal proposta pola sociedade de que forma parte.
A alegación debe ser rexeitada polas claras e contundentes razóns expostas polo xulgador de instancia:
DIRECCION000
O razoamento é tan claro que non require engadir máis nada.
Non se ofrece explicación ningunha sobre o resultado da proba practicada para desvirtuar a conclusión alcanzada polo xulgador de instancia de que a apelante non probou que os operarios da demandante romperon tellas e non as repararon, polo que non se pode acoller o motivo ou alegación.
Procede, en definitiva, desacoller o recurso de apelación examinado.
A impugnación debe ser parcialmente acollida, pois, en efecto, o desacollemento da reconvención debe comportar a imposición á parte reconveniente das custas derivadas da súa reconvención, pero non a totalidade das custas da primeira instancia, porque, no que á demanda se refire, debido a que foi acollida parcialmente, non procede facer especial pronunciamento sobre custas, de forma que cada parte debe aboar as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.
No caso litixioso, ao se desacoller o recurso, procede impoñer as custas deste á parte recorrente, sen que proceda facer imposición das custas derivadas da impugnación, xa que esta foi acollida parcialmente.
Tras seren vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,
Fallo
Impóñense a DIRECCION000, as custas derivadas da apelación da sentenza.
Non se fai imposición das custas derivadas da impugnación da sentenza.
Acórdase a perda do depósito constituído para apelar.
Procédase á devolución do depósito constituído para impugnar a sentenza.
Notifíquese esta resolución ás partes.
MODO DE IMPUGNACIÓN: contra esta resolución cabe interpoñer un
O escrito de interposición deberá aterse ás formalidades do Acordo do 8 de setembro de 2023, da Sala de Goberno do Tribunal Supremo, publicado no BOE do 21 de setembro mediante o Acordo do 14 de setembro de 2023, da Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre extensión e outras condicións extrínsecas dos escritos de recurso de casación e de oposición civís.
Consonte a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, agás que a parte recorrente sexa beneficiaria de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
Unha vez firme, expídase un testemuño desta resolución, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.
Así, por esta nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.

