Última revisión
03/04/2025
Sentencia Civil 513/2024 Juzgado de Primera Instancia de Lugo nº 1, Rec. 57/2024 de 23 de diciembre del 2024
GPT Iberley IA
Copiloto jurídico
Relacionados:
Tiempo de lectura: 11 min
Orden: Civil
Fecha: 23 de Diciembre de 2024
Tribunal: Juzgado de Primera Instancia nº 1
Ponente: ELADIO PRIETO BELLAS
Nº de sentencia: 513/2024
Núm. Cendoj: 27028420012024100012
Núm. Ecli: ES:JPI:2024:770
Núm. Roj: SJPI 770:2024
Encabezamiento
SENTENCIA: 00513/2024
C/ ARMANDO DURAN S/N - LUGO
Equipo/usuario: EP
Modelo: S40000 SENT TEXTO LIBRE ART 206.1 3º LEC
Procedimiento origen: /
DEMANDANTE D/ña. Camilo
Procurador/a Sr/a. SABELA MOURELO PEREZ
Abogado/a Sr/a. ALVARO JOSE CATALAN JIMENEZ
D/ña. Segundo, GENERALI SA
Procurador/a Sr/a. ANTIGONA LOPEZ FERNANDEZ, ANTIGONA LOPEZ FERNANDEZ
Abogado/a Sr/a. MARIA GONZALEZ IGLESIAS, MARIA GONZALEZ IGLESIAS
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO 1
57-2024
Xuíz: Eladio Prieto Bellas.
Lugar: Lugo.
Data: 23-12-2024
Demandante: don Camilo (representado por dona Sabela Mourelo Pérez e asistido por don Álvaro José Catalán Jiménez).
Demandados: Generali SA e don Segundo (representados por dona Antígona López Fernández e asistidos por dona María González Iglesias).
Antecedentes
PRIMEIRO.- Dona Sabela Mourelo Pérez, en representación de don
Camilo, presentou demanda.
SEGUNDO.- Dona Antígona López Fernández, en representación de Generali SA e don Segundo, presentou escrito de contestación.
TERCEIRO.- Tivo lugar a vista contemplada na Lei.
Fundamentos
PRIMEIRO.- O demandante solicitou a condena dos demandados ao pagamento de 372,68 euros, máis xuros e custas.
Os demandados solicitaron a desestimación íntegra da demanda con imposición de custas ao demandante.
O demandante estableceu como fundamento das súas pretensións: 1) o 30-8-2023 o Renault Master matrícula NUM000, asegurado en Generali (póliza NUM001), realizou unha manobra de marcha atrás colisionando contra unha farola e provocando a posterior caída sobre o vehículo do demandante, marca e modelo Hyundai I30 CW GO CRDI 110CV B, matrícula NUM002; 2) o vehículo do demandante sufriu danos que non son obxecto deste proceso; 3) o vehículo NUM002 é propiedade do demandante; 4) o demandante celebrou contrato de arrendamento de Seat León con Autosbrea, tempo do 31-8-2023 a 3-9-2023, importe de 251,68 euros; o demandante celebrou contrato de arrendamento de HYUNDAI i30CW CRDI 1.6 110CV, do 11-9-2023 ata o 15-9-2023, por importe de 121 euros; 5) realizouse reclamación amistosa, tal e como establece o artículo 7 do Real Decreto Lexislativo 8-2004, a través dos convenios de indemnización directa; a demandada, se ben recoñeceu a súa responsabilidade no sinistro, non quere asumir o importe reclamado en concepto de gastos derivados da paralización do vehículo sinistrado; fíxose necesaria a reclamación xudicial.
Os demandados estableceron como fundamento das súas pretensións: 1) nada que opoñer ao feito primeiro da demanda; 2) nada que opoñer ao feito segundo da demanda; 3) nada que opoñer ao feito terceiro da demanda; 4) non se acreditou polo demandante a necesidade de arrendar vehículo de substitución; non consta que o vehículo sinistrado se dedicase a dar servizo a ningunha actividade empresarial; pluspetición (non consta número de horas de traballo nin traballos realizados); 5) a demandada non realizou oferta porque non se achegaron documentos acreditativos do prexuízo reclamado pola parte contraria, tendo o demandante dispoñibilidade e facilidade probatoria para acreditar estes extremos, se fosen certos.
O demandante propuxo, como medios de proba, documentos.
Os demandados propuxeron, como medios de proba, documentos.
Os medios de proba propostos foron admitidos.
Os demandados formularon recurso de reposición contra os documentos admitidos no acto.
A demandante formulou oposición ao recurso de reposición.
O recurso de reposición foi desestimado.
Os demandados non formularon protesta.
O demandante achegou: 1) fotografía; 2) solicitude peritación e reparación; 3) informe pericial; 4) declaración amistosa de accidente; 5) permiso de circulación; 6) factura arrendamento vehículo; 7) factura arrendamento vehículo; 8) certificado entrada e saída de taller; 9) reclamación sdm.
A demandada achegou: 1) poder.
SEGUNDO.- Considero que procede estimar a demanda. Consta que o 30-8-2023 tivo lugar accidente consistente en que o vehículo NUM000 (asegurado en Generali) deu marcha atrás e impactou contra farola que caeu sobre o NUM002. Consta que o NUM002, pertencente ao demandante, estivo en taller dende 31-8-2023 ata o 15-9-2023. Consta que o demandante alugou vehículo Seat León do 31-8-2023 ao 3-9-2023 por cuantía de 251,68 euros. Do mesmo modo, consta que o demandante alugou vehículo do 11-9-2023 ata o 15-9-2023 por 121 euros.
Tendo en conta o exposto, considero que procede, como xa expresei, estimar a demanda. O demandante ten dereito a ser indemnizado de todas as perdas que lle orixinou o accidente e, estando o seu
En relación con xuros, dado que non consta que ata o momento presente se teña feito ningún pagamento polos gastos de arrendamento de vehículo, sendo clara a procedencia de abonar os expresados ao demandante, considero que procede impoñer os xuros do art. 20 LCS e condenar, á demandada, ao pagamento, en relación con 372,68 euros, de xuros legais aumentados nun 50% dende o 30-8-2023 ata completo pagamento. No caso de non terse feito pago antes do 31-8-2025, os xuros serán, a partir desa data, do 20%.
TERCEIRO.- En relación cos feitos primeiro, segundo e terceiro da contestación (1) nada que opoñer ao feito primeiro da demanda; 2) nada que opoñer ao feito segundo da demanda; 3) nada que opoñer ao feito terceiro da demanda), só cabe sinalar que se teñen por admitidos os feitos aos que se refiren os 1, 2 e 3 da contestación.
En
En relación
CUARTA.- En materia de custas procesuais, examinados os arts. 394 LAC e 32 LAC, sendo a sentenza estimatoria, considero que procede condenar, á demandada, ao pagamento das custas orixinadas no presente proceso, non incluindo nas custas os dereitos e honorarios de procurador e avogado.
Fallo
Estimo a demanda.
Condeno á demandada a pagar, ao demandante, a cantidade de 372,68 euros e xuros legais aumentados nun 50% dende o 30-8-2023 ata completo pagamento. No caso de non terse feito pagamento antes do 31-8-2025, os xuros serán, a partir desa data, do 20%.
Condeno á demandada ao pagamento das custas orixinadas no presente proceso., non incluindo nas custas os dereitos e honorarios de procurador e avogado.
Contra esta sentenza non cabe recurso.
Notifíquese ás partes.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
