Sentencia Civil Nº 1001/2...re de 2011

Última revisión
23/12/2011

Sentencia Civil Nº 1001/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 4151/2010 de 23 de Diciembre de 2011

Relacionados:

Tiempo de lectura: 9 min

Orden: Civil

Fecha: 23 de Diciembre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 1001/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011101010

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:3328

Resumen:
MATERIAS NO ESPECIFICADAS

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 01001/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 4151/10

Procedemento de orixe: CAMBIARIO 99/09

Órgano de procedencia: 1ª INSTANCIA Nº 9 DE VIGO

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 1001/11

Vigo, vinte e tres de decembro de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Cambiario 99/09 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 9 de Vigo ós que correspondeu o rolo 4151/10, nos que aparece como parte apelante e demandado GABRAT S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª GISELA ÁLVAREZ VÁZQUEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª BEATRIZ SENRA GONZÁLEZ, e como parte contra da que se apela e demandante WELL DONE TRADING S.L., representada polo/a procurador/a D./D.ª MARÍA BLANCO SUAREZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª EDUARDO GIMENO YESTE .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 9 de Vigo, con data do 28 de setembro de 2009 , ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Desestimo íntegramente la oposición formulada por Gabrat, SL contra la ejecución despachada en éstos autos a instancia de Well Done Tranding, SL y declaro procedente que la ejecución siga adelante por la suma despachada; con expresa condena en costas al ejecutado."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª Gisela Álvarez Vázquez, en representación de GABRAT S.L., presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 15 de decembro de 2011.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro: Promovido xuizo cambiario -con fundamento nunha obriga de pagamento-, a primeira cuestión que suscítase é a referida a se fronte a esa acción pode opoñer o debedor non só a excepción de contrato non cumprido , ou de incumprimento total e esencial, senón tamén a de incumprimento parcial do contrato causal subxacente. Pois ben, fronte á postura que podemos chamar tradicional, que admite tan só a primeira posibilidade, foi gañando predicamento a segunda, ainda que nos seus inicios con certas limitacións, ao establecerse que se ningunha dúbida cabe que en caso de que exista incumprimento absoluto ten que entenderse aceptable no xuizo cambiario a excepción de contrato non cumprido , tamén o é para o caso de que o incumprimento, por máis que sexa parcial , sexa esencial, é dicir alcance tal grao de intensidade cualitativa ou cuantitativa que poda determinarse que en esencia o contrato no foi cumprido porque non se deu satisfacción ás pretensións da parte contratante que emitíu o documento que se pretende facer valer no acto do xuizo. E xa é hoxe común -cando non maioritaria- a tese opositora dual, construida ao abeiro da lexislación vixente ( art. 826 en relación cos artºs. 440 e 443 da L.A.C .), ao entender que a remisión ás normas reguladoras do desenvolvimento da vista no xuizo verbal transformaría o procedimento cambiario en un proceso declarativo, no que non existe limitación ningunha de medios de proba nin de actos alegatorios.

Pois ben, esta segunda posición é a que ven mantendo esta Sala a partir da sentenza de 29-6-2.006, na que temos declarado , e a citamos literalmente, que "Hay un hecho incontestable, y es que, con arreglo al art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque, al que se remite el 824.2 de la L.E.C., el deudor cambiario puede oponer al tenedor de la letra, (en este caso, del pagaré), además de las excepciones netamente cambiarias , aquellas otras basadas en sus relaciones personales con él. De este modo, a través de estas excepciones, podrá traerse al proceso la relación jurídico material o causal subyacente, siempre que tales excepciones afecten al ámbito de las relaciones entre demandado y demandante; en consecuencia, el librado demandado (demandado cambiario) podrá hacer emerger, por encima de la relación cartular , la subyacente y esgrimir las excepciones derivadas de todo el contenido propio de esa relación jurídico material. Siendo así, no cabe entender que, en la actual regulación, no pueda la defensa del obligado desplegar todos los efectos que dimanen del negocio causal y entre ellas la excepción que concierne a una insatisfactoria ejecución o cumplimiento defectuoso del contrato (sea en tiempo, cantidad o calidad); la literalidad del art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque no contiene restricción alguna al ámbito posible de discusión y debate en torno a la relación jurídico-material en conflicto, en este caso , el contrato de arrendamiento de obra del art. 1544 del CC . A la vista de la redacción del vigente art. 67 de la Ley Cambiaria y del Cheque, no se ve razón alguna para que la excepción de cumplimiento parcial o defectuoso del contrato -"exceptio non rite adimpleti contractus"- quede fuera de las posibilidades de defensa del librado demandado en el ámbito del actual proceso cambiario , cuando la demanda para el pago de la letra (en este caso, del pagaré), es promovida por la otra parte interviniente en la que fue relación jurídico-material subyacente. Ninguna razón hay ya para acudir a las consabidas y tradicionales referencias a la sumariedad y estrechez de cauce procesal, razones admisibles en el anterior juicio ejecutivo, pero no en el actual cambiario en lo concerniente a las excepciones extracambiarias vinculadas al negocio subyacente y esgrimibles en cuanto propias de las relaciones personales librador-librado, (en este caso, tenedor del pagaré- firmante del pagaré) ámbito del que no hay ya inconveniente para entender que estamos ante un proceso declarativo por más que sea de carácter especial".

Segundo : Incumbindo á obrigada cambiaria a proba da excepción de contra non cumprido ou de cumprimento defectuoso do mesmo , ex artº 217 da L. A. C ., en relación coa presunción de existencia e licitude da causa, disposta polo art 1277 do Código Civil, coincidimos coa apreciación do xulgador a quo , quen estima, despois de proceder a unha valoración das probas que obran na causa, que aquela primeira non deu debido cumprimento a esa carga probatoria, limitándonos entón a abundar simplemente sobre a apreciación das probas.

Pois ben, aparece como absolutamente insuficiente para xustificar o suposto incumprimento que se invoca a proba pericial aportada , tanto por razóns formais como de fondo. Así, e por unha banda, o perito que rinde o ditame escrito, non refrendou este ditame mediante a correspondente asistencia ao acto do xuizo, co que este instrumento de proba resulta inservible por elementais e insoslaiables postulados de contradicción e defensa. E ante a imposibilidade de asistencia ao xuizo do perito, a parte pudo interesar a súa chamada para un intre posterior, e non o fixo. Máis é que, en segundo termo , de ningún xeito se colixe dese informe a inidoneidade dos bancos deportivos que se postula. En efecto, a primeira denuncia, relativa á existencia de esquinas vivas e de aristas cortantes, non sería causa oponible , como desvirtuadora da eficacia da obriga de pagamento pois: A) A perigosidade de ese feito se salvaría facilmente cos complementos protectores , por exemplo, coa tapas plásticas ou gomas que se di no informe. B) Non hai proba de que estes complementos formasn parte da subministración de materiais contratada. C) En todo caso , a parte agora recorrida procedeu entregar eses elementos. E polo que fai, en segundo termo, á falta de estanquiedade e a entrada de auga a través dos distinos elemento de cubrición, nin se demostra que sexa un defecto propiamente dito, con exclusión entón dun defecto de colocción, que fan os empregados da agora apelante (por exmplo, non apretar suficientemente os parafusos, foto cuarta do folio 134), nin resulta tampouco demostrado que ese suposto defecto non fose doadamente superable con un selado a base de silicona ou de outro material , como unha operación máis, complementaria e habitual de estes casos. A insuficiencia probatoria é patente, e non aparece salvada por ningunha outra proba (descartamos a testemuñal por insubstancial e interesada en canto procedente de persoas vencelladas laboralmente coa reorrente). En último termo , e segundo a proba documental aportada pola parte hoxe recorrida (folios 143 e seguintes), proba documental que ignoramos se foi considerada polo perito, a mercadoría gozaba dos correspondentes certificados de calidade. Finalmente, a invocación da parte, relativa á natureza, fixa ou móbil, dos asentos contratados, tampouco goza do correspondente respaldo probatorio.

Terceiro : Non atopamos circunstancia ningunha de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo , disposto para as custas procesuais desta alzada polo artº 398, en relación co artº 394, ambos da L. A. C ..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación promovido por GABRAT S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia nº 9 de Vigo o día 28 de setembro de 2009 , con expresa imposición das custas procesuais de esta alzada á parte recorrente.

Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da L.E.C., debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC .

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1, 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2 , 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.