Sentencia Civil Nº 1004/2...re de 2011

Última revisión
23/12/2011

Sentencia Civil Nº 1004/2011, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 3250/2010 de 23 de Diciembre de 2011

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Civil

Fecha: 23 de Diciembre de 2011

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 1004/2011

Núm. Cendoj: 36057370062011101012

Núm. Ecli: ES:APPO:2011:3330

Resumen:
IMPUGNACION ACUERDOS SOCIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 01004/2011

AUDIENCIA PROVINCIAL

SECCIÓN SEXTA

SEDE EN VIGO

CIVIL

Rolo: 3250/2010

Procedemento de orixe: Ordinario 884/2009

Órgano de procedencia: Instancia núm. 6 de Vigo

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo, composta polos maxistrados D. Julio Picatoste Bobillo, Presidente, D. Juan Manuel Alfaya Ocampo e D. Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

SENTENZA Nº 1004/11

Vigo, vinte e tres de decembro de dous mil once.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Ordinario 884/2009 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 6 de vigo ós que correspondeu o rolo 3250/2010, nos que aparece como parte apelante e demandante D./D.ª Santiago , representada polo/a procurador/a D./D.ª Mª José Toro Rodríguez e asistida do/da letrado/a D./D.ª Lourdes Carballo Fidalgo, e como parte contra da que se apela e demandado- impugnante COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DIRECCION000 , NUM000 de Vigo, representada polo/a procurador/a D./D.ª Manuel Castells López e asistida do/da letrado/a D./D.ª Dominga Castiñeiras Madarnas .

É o maxistrado relator D. Juan Manuel Alfaya Ocampo, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro: O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 6 de Vigo, con data do 12/01/2/2009, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

"Que debo desestimar y desestimo la demanda presentada por D. Santiago, representado por la Procuradora Sra. Toro Rodríguez contra COMUNDIAD DE PROPIETARIOS DE DIRECCION000 Nº NUM000 DE VIGO, representada por el Procurador de los Tribunales Sr.Castells, con imposición de costas a la actora" .

Por auto de fecha 15/2/2010 se dicto auto con la siguiente parte dispositiva:

"Se aclara la sentencia nº 30/2010 , dictada por este juzgado, en los presentes autos de Ordinario 844/2009, suscitados por la Procuradora Dª MARIA JOSE TORO RODRIGUEZ, en nombre y representación de D. Santiago, frente la la COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE LA C/ DIRECCION000 Nº NUM000 DE VIGO, representada por el PROCURADOR D. MANUEL CASTELLS LOPEZ. En el sentido de hacer consar que la fecha de la misma es la de "DOC.E. DE FEBRERO DE DOS MIL DIEZ."

Segundo: Contra a dita sentenza o/a Procurador/a D./D.ª...Mª José Toro Rodríguez, en representación de D./D.ª Santiago , presentou un recurso de apelación , que foi admitido en ámbolos efectos , consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC ).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta sección Sexta con sede en Vigo. Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 15/12/2011.

Terceiro: Na tramitación desta instancia cumpríronse tódalas prescricións e termos legais.

Fundamentos

Primeiro : O actor, propietario do soto do edificio, impugna o acordo da Comunidade de Propietarios demandada, adoptado en Xunta Xeral Extraordinaria celebrada o día 5 de marzo de 2009, e notificado a aquel primeiro o día 31 dese mesmo mes, a través da demanda reitora de este preito, formulada o día 30 de xuño do ano indicado. O acordo comunitario cuestionado consistíu en decidir que "todos os propietarios do inmoble sen excepción debían contribuir aos gastos de instalación do ascensor" , mentres que na escritura notarial de Propiedade Horizontal de data 26 de outubro de 1970 se dispuña, no que agora ten interese, que "non obstante os locais números un e dous quedan liberados de participar nos gastos que , por todos os conceptos, ocasionen os portais, as escaleiras os ascensores e as porterías" (folio 31). A Comunidade demandada se opón á pretensión do demandane invocando, por unha banda , que este útimo non se atopaba ao corrente no pagamento das cuotas comunitarias, e por outra, que a acción estaba caducada. A sentenza de primeira intancia aprecia esta última excepción.

Segundo : Efectivamente , o artº 18. 2. , parágrafo segundo, da Lei de Propiedade Horizontal exixe para que un propietario poda impugnar un acordo da Xunta que estea ao corrente no pagamento da totalidade das débedas vencidas coa Comunidade ou proceder previamente á consignación xudicial das mesmas, agás do suposto de impugnación de acordos da Xunta relativos ao establecimento ou alteración de cuotas de participación a que refírese o artº 9 entre propietarios. Máis non deducimos do actuado que o actor incumprise ese mandato dado que do exame das distintas certificacións expediidas pola Comunidade (folios 68, 79, 80 e 81) , así como da acta da Xunta Xeral Extraordinaria de 5 de marzo de 2009 , o que coleximos é que aquel non fixo fronte, precisamente, ás cuotas ou derramas extraordinarias acordadas para amortizar os gastos de instalación de ascensor, pero sí ás cuotas ordinarias. Así resulta da indicación da suma ou cuota -adebedada- de 96,21 euros mensuais, e da satisfacción, pola contra, de 12 euros ao mes, cifra esta última que debemos entender , loxicamente, como comprensiva da cuota ordinaria. En definitiva , o sentido do acordo, obrigando ao demandante a satisfacer esa cuota extraordinaria, viña supoñer na práctica unha alteración da súa cuota de participación nos gastos xerais de conservación do inmoble, disposta no título constitutivo da propiedade horizontal, atopándonos entón ante a excepción que aquel precepto establece á norma xeral, de estar o propietario impugnante ao corrente no pagamento das débedas coa Comunidade.

Terceiro : Tampouco pode aceptarse que a acción exercitada se atope caducada, dado que notificado o acordo de lite ao actor - ausente da Xunta de 5 de marzo de 2009- o día 31 dese mes e ano, a demanda formulada o día 30 de xuño se atopaba dentro do prazo de caducidade de tres meses, establecido polo artº 18. 3. da L. P. H .. Norma esta última que nada ten que ver coa contida no artº 17. 1ª , parágrafo cuarto, que limítase dispoñer o efecto "de que se computarán como votos favorables ao acordo" os de aqueles propietarios ausentes da Xunta debidamente citados, quen, unha vez informados do acordo adoptado, non manifesten a súa discrepancia no prazo de trinta días, pero sen que a inobservancia de este precepto poda pechar o exercicio da acción impugnatoria , para o que estarán, en definitiva, lexitimados, de conformidade co artº 18. 2 ., os propietarios "ausentes por calquera causa", sen distinción polo lexislador entre os que manifestaran ou non a súa discrepancia anteriormente. E se a lei non establece ese distingo, tampouo a parte nin o órgano xudicial poden facelo.

Cuarto : Entrando entón agora na cerna do asunto , a acción imugnatoria ten que ser forzosamente estimada dado que o título constitutivo do rèxime de propiedade horizontal exclúe aos donos dos sotos deses gastos. En efecto , lembramos esa estipulación, conforme á cal "o local número un -é decir, o soto do actor- queda liberado de particpar nos gastos que, por todos os conceptos, ocasionen os portais, as escaleiras , os ascensores e as porterías". A expresión "por todos os conceptos" non deixa lugar a dúbidas, se a mesma a contemplamos, derradeiramente , dentro dun contexto construtivo no que o soto da parte demandante non ten acceso ao portal no que se ubica o ascensor, nin utiliza, conseguintemente, este elemento en ningunha cirunstancia.

Ao razoado non se opón a doutrina do Tribunal Supremo, sentada na sentenza citada pola Comunidade demandada , de data 18 de decembro de 2008 , pois esta Resolución comprende un suposto de feito totalmente distinto ao agora contemplado dado que, en efecto, e por unha banda, naquela resolución, a diferenza da que estamos ditar, non había unha cláusula na escritura de propiedade horizontal, que exonerara expresa e específicamente a algún propietario dos gastos de ascensor , e por outra, estábase tratar na sentenza do alto tribunal da instalación "ex novo" do ascensor , fronte ao presente suposto, no que se substituiu simplemente o ascensor primitivo por un novo -debemos entender, non por imposición legais, senón pola mera antigüidade e deterioro do primitivo-.

Moi pola contra, a que sí resulta de aplicación é a sentenza do mesmo tribunal, de data 18-11-2009, ao axuizar un caso exactamente coincidente co actual. En efecto, e como proclama explicitamente esa Resolución , "la cuestión litigiosa se centra principalmente en la declaración de nulidad del acuerdo de la Junta de Propietarios , donde se aprueba la sustitución de los ascensores y el prorrateo a todos lo copropietarios de los gastos, al existir en las normas de la Comunidad una cláusula de exoneración de los gastos de portal y ascensor a los demandantes, en su calidad de propietarios de los sótanos, bajos y entresuelos". Sentenza que reseña, no que para nós ten interese, que "el Título Constitutivo excluye a las plantas bajas y entresuelos de los gastos de ascensor, con apoyo en su imposibilidad de uso; por demás , el Título utiliza el término genérico de "gastos", y cabe concluir que hace referencia tanto a los ordinarios como a los extraordinarios, porque, donde la regla citada no distingue, no existe justificación para interpretar lo contrario".

Quinto : Por todo que se acaba de expoñer debemos acoller o recurso do actor e a súa demanda , e rexeitar a impugnación da parte demandada.

Sexto : A estimación do recurso de apelación formulado polo actor e da demanda reitora de este preito conleva impoñer á demandada as custas procesuais da primeira instancia, e non facermos unha especial declaración sobre as de esta alzada, derivadas de ese recurso. E o rexeitamento da impugnación da sentenza de primeira instancia, promovida pola demandada, conduce a impoñer á mesma as custas procesuais de esta segunda instancia, orixinadas por referida impugnación ( artºs. 394 e 398 da L. A. C .).

Por todo o exposto , e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que con estimación do recurso de apelación e da demanda formulados por Santiago representado pola Procuradora Sra. Toro Rodríguez, e rexeitando a impugnación da sentenza de primeira instancia, promovida pola demandada Comunidade de Propietarios DIRECCION000 nº NUM000 de Vigo representada polo Procurador Sr. Castells López, declaramos a nulidade do acordo da Xunta de propietarios de data 5 de marzo de 2009, relativo á aprobación dos gastos de substitución do ascensor, acordo do que deberá entenderse excluido na contribución a eses gastos ao soto propiedade do demandante. Impoñemos á Comunidade demandada as custas procesuais da primeira instancia , e as de esta alzada, derivadas estas da súa impugnación. E non facemos unha especial pronuncia sobre as custas de esta segunda instancia, orixinadas polo recurso de apelación presentado polo demandante.

Esta é a nosa sentenza , que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1, 2, 6.3, e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución. Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da L.E.C., debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC .

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.

Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.