Sentencia CIVIL Nº 112/20...zo de 2019

Última revisión
17/09/2017

Sentencia CIVIL Nº 112/2019, Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección 6, Rec 453/2018 de 01 de Marzo de 2019

nuevo

GPT Iberley IA

Copiloto jurídico

Relacionados:

Tiempo de lectura: 10 min

Orden: Civil

Fecha: 01 de Marzo de 2019

Tribunal: AP - Pontevedra

Ponente: ALFAYA OCAMPO, JUAN MANUEL

Nº de sentencia: 112/2019

Núm. Cendoj: 36057370062019100150

Núm. Ecli: ES:APPO:2019:712

Núm. Roj: SAP PO 712:2019

Resumen:
OTRAS MATERIAS MATRIMONIALES

Encabezamiento

AUD.PROVINCIAL SECCION N. 6

PONTEVEDRA

SENTENCIA: 00112/2019

N10250

C/LALÍN, NÚM. 4 - PRIMERA PLANTA - VIGO

Tfno.: 986817388-986817389 Fax: 986817387

BN

N.I.G.36057 42 1 2010 0002902

ROLLO: RPL RECURSO DE APELACION (LECN) 0000453 /2018

Juzgado de procedencia:XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 5 de DIRECCION000

Procedimiento de origen:MODIFICACION DE MEDIDAS SUPUESTO CONTENCIOSO 0000497 /2017

Recurrente: Carlos Francisco

Procurador: JOSE VICENTE GIL TRANCHEZ

Abogado: CARLOS PEREZ PARGA

Recurrido: Bárbara , MINISTERIO FISCAL

Procurador: MARIA ISABEL DOMINGUEZ QUINTAS

Abogado: INMACULADA FERNANDEZ-NESPRAL CERVERA

A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo,composta polos maxistrados D. D. JAIME CARRERA IBARZÁBAL, Presidente, D. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO e D. EUGENIO FRANCISCO MÍGUEZ TABARÉS,pronunciou

NO NOME DO REI

a seguinte

S E N T E N Z A Nº 112/19

Vigo, un de marzo de dous mil dezanove.

VISTOS en grao de apelación, ante a Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do xuízo Modificación Medidas 497/17 procedentes do Xulgado de 1ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 ós que correspondeu o rolo 453/18, nos que aparece como parteapelante e demandante D./D.ª Carlos Francisco , representada polo/a procurador/a D./D.ª JOSE VICENTE GIL TRÁNCHEZ e asistida do/da letrado/a D./D.ª CARLOS PÉREZ PARGA,e comoparte contra da que se apela e demandada D./D.ª Bárbara , representada polo/a procurador/a D./D.ª ISABEL DOMÍNGUEZ QUINTAS e asistida do/da letrado/a D./D.ª INMACULADA FERNÁNDEZNESPRAL CERVERA. Sendo parte nesta apelación óMINISTERIO FISCAL.

É o maxistradorelatorD. JUAN MANUEL ALFAYA OCAMPO, quen expresa o parecer da Sala.

Antecedentes

Primeiro:O Xulgado de 1.ª Instancia Núm. 5 de DIRECCION000 , con data do 13 de xullo de 2018, ditou unha sentenza coa seguinte parte dispositiva:

'En la demanda interpuesta por el Procurador de los Tribunales Sr. Gil Tránchez en nombre y representación de D. Carlos Francisco , contra Dña. Bárbara , representada por la Procuradora de los Tribunales Sra. Domínguez Quintas, y en el que ha intervenido el Ministerio Fiscal, DESESTIMO LA MISMA, absolviendo a la demandada de todos los pedimentos deducidos en su contra.

Las costas se imponen a la parte demandante.'

Segundo:Contra a dita sentenza o/a procurador/a D./D.ª JOSE V. GIL TRÁNCHEZ, en representación de D./D.ª Carlos Francisco , presentou un recurso de apelación, que foi admitido en ámbolos efectos, consonte o disposto no artigo 455 da Lei de axuizamento civil (LAC).

Logo de cumpri-los trámites legais, eleváronse as presentes actuacións á Audiencia Provincial de Pontevedra e correspondéronlle por quenda de reparto a esta Sección Sexta con sede en DIRECCION000 . Sinálase para a deliberación do presente recurso o día 28 de febreiro de 2019.


Fundamentos

Primeiro:O actor, que abandona nesta alzada a petición da custodia dos fillos, recurre e a sentenza ditada en primeira instancia, que desestima a segunda das súas pretensións, de reducción da pensión alimenticia para os fillos, dos 600 euros mensuais, establecida na sentenza de divorcio ditada o día 1 de setembro de 2011, a 200 euros. O demandante apelante fai pivotar a formulación sobre un pilar fundamental, como é a disminución dos seus ingresos, comparativamente cos obtidos ao tempo do divorcio, feito este que en unión dos gastos que ten que soportar, xustificarían o pedimento. A invocación pasa, xa que logo, polo exame das probas que obran na lite para así poder dilucidar se houbo unha alteración das circunstancias, que consonte á norma ( artigos 90.3 , 91, último inciso e 93 do CC ) ten que ser substancial, non meramente tanxencial ou menor, e dotada dunha certa estabilidade, pois para os cambios puramente puntuais non procede e revisión, máxime cando está en xogo o ben dos fillos menores, Norte fundamental a seguir na adopción de medidas que van directamente afectarlles.

Segundo: Ao tempo da ruptura matrimonial o demandante de modificación de medidas traballaba nunha entidade bancaria, percibindo uns ingresos mensuais líquidos entre 3.500 e 4.000 euros, e facía fronte a uns gastos (amortización de préstamos, aluguer...) en torno aos 1.900 euros, todo segundo declaración de feitos probados da correspondente sentenza de divorcio.

Certamente, a situación do agora recurrente mudou co pasado tempo, dado que no ano 2014 foi despedido do Banco, pasando logos por dúas situacións de desemprego (nas que viu percibir sucesivamente pensións en torno aos 1.000 e algo máis de 400 euros ao mes) para, na actualidade, traballar como autónomo, situación esta na que debemos estimar que os seus ingresos disminuiron. Máis sendo certo que houbo unha alteración relevanmte da súa situación laboral, a disminución patrimonial non resulta, en cambio, de tanto calado.

En efecto, e ainda que nos casos de traballadores autónomos resulta dificil en non poucos casos contificar as percepcións reais, pois non sempre coinciden coas declaradas a efectos fiscais, debemos deixar sentado que efectivamente houbo unha significada reducción dos seus ingresos. Sobre este extremo, do análese das declaracións tributarias achegadas á lite podemos colexir que está obter uns ingresos mensuais líquidos en torno aos 1000 euros mensuais. Pero non acaban aquí as fontes de ingresos do demandante. Concretamente, e en primeiro termo, como consecuencia do seu despedimento percibíu unha indemnización superior aos 151.000 euros, e en segundo lugar, posúe unha vivenda en aluguer pola que percibe sobre 400 euros ao mes, segundo podemos deducir dos correspodentes contratos de arrendamento e das declaracións do propio demandante ao ser interrogado. Por último,do exame das oportunas certificacións e extractos bancarios podemos colexir igualmente que o actor dispuña no ano 2015 dunha carteira de valores por importe duns 20.000 euros, e de fondos de investimento en torno aos 30.000 euros (folios 158 a 162).

En definitiva, o patrimonio do recurrente e os seus actuais ingresos (sobre 1400 euros ao mes), non xustifican a reducción da pensión alimenticia, que semella seguir ponderada ou adecuada igualmente as novas circunstancias, e partindo, claro é, da prevalencia do ben do menor, tal como xa expresamos e proclama a doutrina xurisprudencial.

Efectivamente, antes da reforma operada no código civil pola Lei de 2 de xullo de 2015, para que procedese acceder ao pedimento de modificación de medidas requeríase dunha mutación substancial das circunstancias, comparativamente coas concurrentes ao tempo de adoptarse a medida inicial. Substancialidade que conforme á doutrina científica e xurisprudencial presupuña que a alteración fora, por unha banda, importante ou significativa, non cativa, intrascendente ou menor, por outra, estable ou permanente, non meramente puntual e coxuntural e, en fin, imprevisible, pois para modificacións que se sabe que van acontecer xa poden -e deben- adoptarse as oportunas medidas correitoras. Agora ben, esta nota da substancialidade xa era relativizada pola xurisprudencia cando, como sucede no caso contemplado, estivésemos falar de medidas que afectaban directa e esencialmente ao fillo menor, xa que nestes supostos é o ben deste último o Norte fundamental a seguir. Ou se estase preferir, non requerírase unha modificación tan esencial das circunstancias para alterar a pertinente medida, se con esta modificación aténdese moito mellor ao benestar da prole. E inversamente, non procederá a modificación cando, existindo unha alteración circunstancial de certa significación -non absoluta ou excesiva, loxicamente-, a medida substitutoria propugnada implique un claro e desproporcionado prexuizo para a prole, en relación co menoscabo patrimonial sufrido polo proxenitor non custodio.

Neste senso, a sentenza do Tribunal Supremo de 9 de novembro de 2017 , despois de citar o artigo 90.3 do Código Civil , a teor do cal ' Las medidas que el Juez adopte en defecto de acuerdo o las convenidas por los cónyuges judicialmente podrán ser modificadas por los cónyuges judicialmente o por nuevo convenio aprobado por el Juez, cuando así lo aconsejen las nuevas necesidades de los hijos o el cambio de las circunstancias de los cónyuges.'. Engade que 'la transcrita redacción viene a recoger la postura jurisprudencial que daba preeminencia al interés del menor en el análisis de las cuestiones relativas a la protección, guarda y custodia, considerando que las nuevas necesidades de los hijos no tendrán que sustentarse en un cambio 'sustancial', pero si cierto ( sentencias 346/2016, de 24 de mayo , 529/2017, de 27 de septiembre ).

Por outra banda, e no tocante aos gastos que actualmente soporta o apelante, non encontramos unha diferencia significativa cos que tiña ao tempo do divorcio. Neste extremo, xa deixamos dito que os gastos anteriores oscilaban sobre os 1.900 euros ao mes (fundamentalmente polos catro préstamos e polo aluguer). Hoxe, o recurrente non paga aluguer (di que contribúe con 175 euros mensuais -no interrogatorio con 300- para a casa na que convive coa súa nova parella). Dous dos préstamos (realmente os de menor contía) está cancelados. En fin, o actor apelante xa non ten que satisfacer a pensión compensatoria establecida na sentenza de divorcio, de trescentos euros ao mes. Os gastos non son, xa que logo, máis elevados.

Polo o dito, o motivo do recurso non pode estimarse.

Terceiro: Non apreciamos que nin na primeira instancia nin nesta alzada concurra algunha circunstancia de excepción para prescindir do criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais de cada instancia dispoñen os artigos 394 e 398 da L. A. C.. Pola contra, non soamente non temos atopado ningunha seria dúbida, nin de feito nin xurídica, para desestimar a apelación e a demanda, senón que incluso apreciamos na pretensión do actor recurrente unha importante dose de temeridade, pois non pode considerarse en absoluto inadecuada unha pensión alimenticia de 600 euros ao mes, para dous fillos de dezaseis e quince anos de idade, e a cargo dun proxenitor que obtén un mínimo de ingresos declarados de 1.400 euros, e é posuidor dun patrimonio inmobiliario (unha casa, ademáis da constituio o domicilio familiar e hoxe ocupada pola nai e prole), e mobiliario, este por un importe aproximado de 200.000 euros, que debemos estimar que non foi concumido dado o tempo transcurrido, arredor de catro anos, dende a súa existencia. En último termo, o criterio da materia -sensible- na que encontrámonos, como para poder implicar unha excepción a aquel principio xeral do vencimento obxectivo, sería predicable para cando se pretenda algo beneficioso para os fillos, pero non cando, como sucede no caso contemplado, se intenta unha disminución -infundada- da pensión alimenticia para eles.

Cuarto: Non apreciamos que concurra algunha circunstancia de excepción, para deixar de aplicar o criterio xeral do vencimento obxectivo, que para as custas procesuais desta alzada senta o artigo 398 da L. A. C..

Por todo o exposto, e pola autoridade que a este Tribunal lle outorgan a Constitución e o pobo español,

Fallo

Que rexeitamos o recurso de apelación formulado por D. Carlos Francisco representado polo Procurador Sr. Gil Tránchez contra a sentenza ditada polo Xulgado de 1ª Instancia nº 5 de DIRECCION000 o día 13 de xullo de 2018, con expresa imposición das custas procesuais desta alzada á parte apelante.

Esta é a nosa sentenza, que asinamos, e que se redacta en galego consonte o establecido no art. 3.2 e 3 da Constitución española ; no art. 5.1 , 2 e 3 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril ; e nos arts. 1 , 2 , 6.3 , e 7.2 e 3 da Lei 3/1983 , do 15 de xuño, da Comunidade Autónoma de Galicia, de normalización lingüística.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución.

MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra a presente sentenza cabe interpoñer recurso de casación por tratarse dun proceso que presenta interese casacional, sobre a base do establecido no art.º 477 da LEC , debendo interpoñer dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma establecida no art.º 479 da LEC . Asímesmo cabe interpoñer recurso extraordinario por Infracción Procesual sobre a base do establecido no art.º 468 da LAC, debendo interponer dentro dos vinte días seguintes a súa notificación na forma establecido no artº 479 da LAC.

Devólvanselle os autos orixinais ó xulgado do que proceden, cun testemuño desta sentenza para o seu coñecemento e cumprimento.


Fórmate con Colex en esta materia. Ver libros relacionados.